O Concello de Arbo, aínda que conta cunha importante rede de saneamento, ten pendente de execución algúns ramais da rede de saneamento que se incorporarán á rede xeral, en concreto, neste intre, trátase dun ramal que permita conectar o barrio de Rial-Cotiño coa rede xeral.
As obras, que arrancaron os pasados días, foron supervisadas polo rexedor do Concello de Arbo, Horacio Gil.
O Consistorio pretende dotar de saneamento a algúns barrios de Cequeliños que actualmente non contan con este servizo, para iso contan cunha financiación da vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo da Xunta de Galicia, por un importe de 31.610,12 € para dar resposta ás demandas dos veciños do Barrio de Cotiño, na parroquia de Cequeliños, en Arbo.
No ano 2017, o Concello de Arbo, realizaba obras de acondicionamento de mina e a ampliación do Vial do Rial, que comunica o lugar de Cotiño co de Rial, dous barrios da Parroquia de Cequeliños, donde se comtempla tamén o arranxo da fonte e o lavadoiro sito no mesmo lugar, moi utilizado polos veciños da zona.
“Como xa se indicou, o saneamento en Arbo aínda require incrementar a rede de colectores, pois hai barrios e lugares que non dispoñen de rede. No caso da parroquia de Cequeliños, considerase conveniente, facer a conexión da zona de Rial-Cotiño ata a rede xeral, para ampliar a rede a mais núcleos ata chegar o saneamento integral do Concello”, informa o rexedor de Arbo, Horacio Gil.