O novo convenio da Área de Rehabilitación Integral, ARI, do Concello de Tui, asinado o pasado día 1 en Santiago entre o Ministerio de Mobilidade e Axenda Urbana, a Xunta de Galicia e o Concello de Tui permitirá por en marcha a 15º Fase de actuacións no Conxunto Histórico de Tui.
Nesta nova fase investiranse na rehabilitación de vivendas dentro da ARI 158.500 €, dos que o Goberno Central aporta 63.400 €, o Concello 20.500 € e a Xunta de Galicia 16.383 €. Os 58.217 € restantes corren a cargo dos beneficiarios das axudas.
Na actualidade a Oficina de Rehabilitación da ARI ten en marcha tres fases (12ª, 13ª e 14ª), sumando este mes a 15ª fase, que permitirá a rehabilitación de oito vivendas no Conxunto Histórico de Tui.
Da Fase 12ª están executadas todas as actuacións e estase pendente das últimas xustificacións para dala por rematada. A Fase 13ª ten en marcha catro actuacións, que se prevé rematen no primeiro trimestre de 2022.
Aprobada a Ordenanza reguladora das Axudas, estase traballando dende a Oficina de Rehabilitación na Convocatoria e apertura de prazo para a solicitude de axudas da 14ª Fase, que se prevé sexa publicada no prazo aproximado dun mes. Posteriormente procederase á unha nova Convocatoria con cargo á 15ª Fase recentemente asinada.
O venres 17 de decembro celébrase o Día da Edición no Calendario do Libro e da Lectura de Galicia.
As Bibliotecas Municipais de Redondela considérana unha data moi significativa arredor da figura de Xela Arias, escritora que desenvolveu unha labor moi importante a prol da edición na lingua galega dende o seu traballo no selo Xerais.
Para festexar esta efeméride e pechar así o calendario de actividades que teñen desenvolvido este ano a carón da homenaxeada do Día das Letras Galegas, e que valeronlles o Premio de Innovación Bibliotecaria de Galicia 2021, únense coa Escola de Música de Chapela para facer un pequeno e moi emotivo concerto co seu alumnado.
Proxectarase en primeiro lugar o vídeo Buscando a Xela, que realizou para a biblioteca a actriz e contadora Raquel Queizás.
A continuación o concerto, que estará formado por tres grupos de cámara. Estes tocarán diferentes temas en homenaxe a Xela Arias, con arranxos musicais de Andrés Álvarez, director da Banda de Música de Chapela, ademáis dun tema de composición propia.
Para conformar estes tres grupos de cámara, a Escola de Música organizouun concurso entre todo o seu alumnado, para o que se presentaron máis de 20 participantes. A cita é o venres 17, ás 20:00 h. no auditorio do Multiúsos de Chapela. A entrada será libre, ata completar as localidades.
A actuación, que correrá a cargo dos alumnos e alumnas do 4º curso do centro, terá lugar o vindeiro mércores, 15 de decembro, a partir das 18.00 horas. Un ano máis non esquece o seu espírito solidario e convida ao público asistente a traer un quilo de alimentos non perecedoiros para entregar ao banco municipal de alimentos, que xestiona o departamento de Benestar Social.
Afinan os violíns, guitarras e todos os instrumentos para que soen á perfección o vindeiro sábado nesta tradicional cita para eles como é o Concerto de Nadal, no que mostran ao público as súas aptitudes e a súa capacidade como futuros e futuras músicos e músicas moitos deles e delas.
Acompañados polos seus profesores, o alumnado realizará varias intervencións individuais que completarán o programa cunha intervención ensemble de guitarras, outra de violíns e de ventos. Como é habitual tamén se poderá gozar da actuación do coro. O peche da actuación correrá a cargo de toda coa tradicional panxoliña que cada ano regalan nas súas actuacións.
Ao acto asistirá o alcalde de Gondomar, Paco Ferreira, así como representantes do goberno local. O rexedor lembra “que é fundamental o labor que se realiza no conservatorio onde mozos e mozas descobren moitas veces a súa verdadeira vocación, o centro que foi trampolín de músicos e músicas que levan xa o nome de Gondomar por toda España”.
O domingo 12 de decembro disputábase, na piscina – 25 metros – do complexo deportivo Álvaro Piñeiro de Ponteareas, o Campionato Galego de Longa Distancia. O CN Galaico, Pontevedra, fíxose coa vitoria nas clasificacións individual masculina e feminina e como consecuencia alzouse tamén co título de Campión galego de longa distancia en categoría conxunta. Acompañaron no podio conxunto o CN Ferrol, no segundo chanzo, e o CN Ponteareas en 3ª posición.
Na piscina do condado déronse cita os nadadores de longa distancia máis destacados, que afrontaban 2 km (os máis novos) e 3km (os máis veteranos). A pesar destas distancias, algunhas probas concluíron con poucos segundos de diferenza entre os primeiros clasificados, que se decidiron nun emocionante sprint final.
Á entrega de trofeos acudiron, na sesión de mañá, o presidente da Federación galega de natación, Carlos Touriño e na sesión de tarde, Miguel Bouzó, concelleiro de Deportes do Concello de Ponteareas.
Paula Otero ( CN Arteixo), Eva Pardo ( CN Ferrol) e Andrea Domínguez ( CN Ponteareas)
Categoría Absoluta
María de Valdés (CN Liceo), Ana Pérez (CN Galaico) e Ana Veiga (CN Arteixo)
Na Categoría masculina, os podios quedaron conformados:
Distancia 2000m
Categoría infantil
Teo Alonso (CN Rías Baixas), Xoel Cubeiro (CN Liceo) e Sergi Navarro (CN Ferrol)
Distancia 3000m
Categoría Júnior-1
Mario Méndez (CN Rías Baixas), Santiago Avilés (AD Fogar)
Categoría Absoluto
Cristian Fernández (CN Galaico), José Moure (CN Ourense) e Lucas Fernández (CN Ponteareas)
A próxima cita autonómica será o campionato de natación absoluto, a final de mes, que pechará o calendario competitivo deste ano.
Pola súa banda, a piscina municipal de Ponteareas e o CN Ponteareas despídense cun ata logo das competicións, debido a que volverán acoller e organizar a primeira cita galega do 2022, o campionato galego Máster, programado para a fin de semana do 15 e 16 de Xaneiro. A comarca do condado, epicentro deportivo do sur de Pontevedra.
Baixo o lema “agora máis ca nunca apoia ao comercio local”, o Concello de Arbo pon en marcha un ano máis a campaña “comprar en Arbo ten premio”, en colaboración coa asociación de comerciantes do municipio, na que participan máis de noventa establecementos da localidade arbense.
Os negocios repartirán entre os seus clientes rifas polas súas compras. En total imprimíronse preto de 150.000 rifas. En canto a números, repartiranse ao redor de 3000 euros en premios: un vale de 500 euros, un vale de 250 euros, un vale de 150 euros, tres vales de 100 euros e 25 vales de compra de 50 euros. O sorteo efectuarase en xaneiro, repartindo os vales para descontar nos comercios, bares, restaurantes e empresas de Arbo que participan na Campaña de Nadal, aos agraciados no sorteo.
Coa posta en marcha desta campaña, o Concello de Arbo e os seus comercios pretenden atraer a un maior número de clientes e fidelizar aos seus compradores máis habituais. Sinalando ademais a importancia de apoiar o pequeno comercio local tan importante para Arbo e que é a base da economía de moitos arbenses “Comprar en Arbo xera postos de Traballo é Riqueza ao municipio”.
O alcalde do Concello de Arbo, Horacio Gil, anima a que “os arbenses e os visitantes desfruteden da vila, especialmente atractiva nesta época do ano, e que aproveiten para realizar todas as compras nos comercios de Arbo, nas empresas, a que visiten os nosos locais de hostalería, bares, restaurantes, casas de turismo rural, as nosas adegas, nos que poderen degustar todos os marabillosos produtos, e porque non, a desfrutar dunha fascinante experiencia nunha das nosas empresas de turismo de aventura, encontrándovos, aínda que sexa con mascarilla e mantendo as distancias de seguridade, con todos os vosos veciños e veciñas para desexarlles un Bo Nadal”, remata o rexedor.
O Rosal xa desfruta do seu ecoparque O Sobreiral, un novo espazo que combina lecer e inclusividade no centro do municipio. O Concello estreouno cun magosto no que participaron moitos veciños e que contou coa axuda da U.D Ribera, O Club Ciclista O Rosal, a Agrupación Musical do Rosal e o Acanor Novás Valinox. A alcaldesa, Ánxela Fernández, definiu a inauguración deste espazo como un “gran día no que os rosaleiros e rosaleiras gañan un espazo de gran valor natural para o desfrute das familias con xogos inclusivos, musicais, de equilibrio e biosaudables nun entorno inmellorable”.
Durante a xornada moitos rosaleiros e rosaleiras, entre eles, moitos nenos, xa desfrutaron dun lugar onde se pode vivir e sentir a natureza dentro dun conxunto de sobreiras, carballos e pinos de máis de 4.000 metros cadrados no que se integran espazos destinados á primeira infancia con xogos sensoriais e de motricidade, unhas pequenas gradas para o desfrute da veciñanza, xogos tradicionais e xogos que fomentan a creatividade, especialmente de carácter musical vinculados co gran valor patrimonial que a música ten no municipio, como se demostrou na inauguración do espazo cunha exhibición musical dos percusionistas da Agrupación Musical do Rosal
“O ecoparque O Sobreiral é un pulmón de vitalidade para o centro do concello”, destaca a alcaldesa, xa que está a tan só 50 metros da Praza do Calvario, e é unha zona verde que aposta pola biodiversidade integrando todos os elementos na contorna natural con mobiliario de madeira: bancos corridos, gradas, butacas, escaleiras, ramplas de acceso e xogos están completamente mimetizados coa cor das cortizas das árbores.
Dende o Concello animan aos rosaleiros e rosaleiras a desfrutar ao máximo deste espazo, así como “tamén invitamos á veciñanza doutros concellos, xa que non hai ningún espazo similar na comarca”.
O pasado sábado, 11 de decembro, Galicia mobilizouse masivamente a prol das montañas e do rural galego e en contra da actual invasión eólica que ameaza o territorio. Máis de 5000 persoas participaron nas 22 mobilizacións convocadas por toda Galicia pola coordinadora galega “Eólica Así Non” para este Día mundial das Montañas co gallo de reivindicar diante das administracións públicas a preservación destes ecosistemas fronte a actual vaga eólica, baixo o lema “Na defensa das montañas. Eólica Así Non”.
Como xa acontecera o pasado 5 de xuño na Praza do Obardoiro de Santiago de Compostela, a resposta da sociedade galega foi contundente. A multitude congredada desta volta en diferentes localidades do país volveu reclamar a paralización urxente, real e efectiva dos case 300 parques eólicos que se atopan actualmente en tramitación e que se prevén instalar. Máis de 170 entidades que fan parte da coordinadora, entre colectivos e plataformas veciñais, de afectados, ecoloxistas, culturais, sociais ou políticas, rexeitan a falaz e inútil moratoria anunciada polo goberno, por non ter ningún efecto sobre os actuais proxectos en tramitación e que só pretende confundir a opinión pública e desmobilizar a sociedade.
Desde a coordinadora “Eólica así non” enténdese que o éxito desta gran mobilización debe obrigar a reconsiderar un cambio no modelo de implantación eólica e, por extensión, un cambio de modelo enerxético, no que se aposte polas enerxías renovables, pero non co fin de satisfacer as ansias especulativas do lobby enerxético e á costa de sacrificar o territorio, senón pensando no interese xeral. O novo modelo de implantación da enerxía eólica debería estar fundamentado na soberanía enerxética, no fomento do aforro e da eficiencia enerxética, no autoconsumo e na xestión pública do recurso ao servizo da sociedade galega.
Tamén fíxose fincapé sobre o irreparable impacto que estes preto de 300 proxectos eólicos, xunto coas súas liñas de evacuación e outras infraestruturas asociadas, terían sobre a rede de montañas galegas. Estes ecosistemas, que constitúen o principal obxectivo de ocupación das promotoras eólicas, representan un papel fundamental no desenvolvemento e resiliencia da nosa sociedade. As montañas son a principal fonte de auga e de alimento, son refuxio das especies e hábitats de maior interese para facer fronte ao quecemento global, regulan o clima e controlan a erosión do solo, son paisaxe e reservorios do noso patrimonio cultural,… En definitiva, son unha peza clave para o equilibrio ecolóxico de Galicia, polo que a súa destrución estaría poñendo en risco o futuro e o das vindeiras xeracións.
Concentración “Eólica así non” en Gondomar
Diversidade de actos na defensa das montañas
Nesta xornada de defensa das montañas, a coordinadora “Eólica así non” convocou a sociedade galega en 22 enclaves xeográficos repartidos nas catro provincias galegas: Bembibre-Val do Dubra, Carral, Coristanco, Ferrol, Mazaricos (provincia A Coruña); Antas de Ulla, Becerreá, Chantada, O Courel, Foz, Lugo, Meira, Vilalba (provincia de Lugo); A Lama, Bueu, Cerdedo, Gondomar, Marín, Pontevedra, Vila de Cruces (provincia de Pontevedra); Castro Caldelas e Laza (provincia de Ourense).
Algunhas das consignas máis proclamadas nesta xornada de concentracións foron “Eólicos si, pero non así”, “Montañas sagradas, aldeas habitadas”, “O Capital bótanos do rural”, “Non, non, non a esta invasión; non, non, non á colonización”, “Que nos escoiten, queremos vivo o monte” ou “Non ao espolio do noso Patrimonio”.
A meirande parte dos actos celebrados nesta xornada discorreron en forma de concentración reivindicativa na que se leu o manifesto “Na Defensa das Montañas. Eólica Así Non”. Porén, nalgúns casos, como o de Bembibre (Val do Dubra), Ferrol, Cerdedo ou Antas de Ulla houbo manifestacións ou percorridos a pé que cortaron o tráfico de varias estradas. Nas mobilizacións convocadas para A Lama, Mazaricos, Marín e Gondomar realizáronse subidas aos montes ou montañas máis emblemáticos destas áreas en cuxos cumios se prodeceu á lectura do manifesto. As mobilizacións máis concorridas foron as de Bembibre (Val Do Dubra), Ferrol, Marín, Gondomar, seguidas de Pontevedra, Lugo, Foz, Vila de Cruces, Cerdedo, Carral e Meira.
En Lugo, Foz e Vilalba os actos estiveron acompañadas polo son das gaitas tradicionais e tamén se fixeron recitais poéticos, e en Castro Caldelas amenizouse a xornada reivindicativa cunha chocolatada. Na concentración de Becerreá leu o manifesto o veciño da Fonsagrada e protagonista de “O que Arde”, Amador Arias, e en Pontevedra sumouse á mobilización o alcalde da cidade. Na andaina polo monte de Gondomar hoube unha especial presenza dos clubes de montaña. Na península do Morrazo, os actos terán lugar ao longo de toda a xornada, completándose a andaina de pola mañá no concello de Marín, cunha palestra e magosto pola tarde en Bueu. E no concello de Laza celebraranse en sesión de tarde, a partir das 16 horas. A última hora, tívose que desconvocar a concentración en Seoane do Courel por motivos de prevención fronte a incidencia da Covid-19.
Ao longo desta semana tamén amosaron o seu apoio ás mobilizacións convocadas pola Coordinador Eólica Así Non persoas recoñecidas da cultura galega como Miguel de Lira, Xurxo Souto, a Banda da Loba, Adela Figueroa, Lois Pérez ou Benedita Sánchez, entre outras.
A Deputación de Pontevedra, a través de SmartPeme, oferta esta próxima semana sete novas accións formativas impartidas de xeito online e enmarcadas na carteira de obradoiros que se imparten de forma telemática. As accións versarán sobre Google Analytics, o packaging sostible, a fabriación dixtal ou a fotografía con teléfono móbil.
Este luns 13 Esther Garcinuño, diplomada en Ciencias Empresariais con especialidade de márketing, exporá as claves que ofrece “Google Analytics para a toma de decisións” coa definición de obxectivos ou as métricas e KPI para a toma de decisións. O martes 14 terán lugar dous obradoiros no marco de SmartPeme. Baixo o título de “Fabricación dixital. Debuxo con Onshape VII – Proxecto final I” daranse a coñecer as tecnoloxías implicadas no proceso de fabricación da man do experto universitario en robótica Manuel Freire. O mesmo día Laura Taboada, titulada superior en Ensinos Artísticos de Deseño Gráfico, impartirá un obradoiro sobre “Fotografía gastronómica co teléfono móbil”.
O mércores 15 Laura Carrera, graduada en Publicidade e Relacións Públicas, afondará no “Dropshipping: como vender en liña sen investimento material”, e Guillermo Nass, Técnico Superior Universitario en Deseño Gráfico Publicitario, ensinará as persoas as claves que ofrecen os “Plugins de WordPress para mellorar a túa web”. Para rematar a semana, o xoves 16 impartiranse outros dous talleres. No primeiro deles o experto universitario en robótica Manuel Freire continuará a liña do obradoiro que impartirá o martes cun novo taller titulado “Fabricación dixital. Debuxo con Onshape VIII – Proxecto final II”. O derradeiro dos obradoiros da semana tratará sobre “Packaging, todo o que necesitas saber para o teu e-commerce” no que se apostará por un packaging sostible e pola estratexia de envíos.
As persoas interesadas poden inscribirse a través do sitio web de SmartPeme na url de cada evento. Tamén é posible facelo enviando un correo ao enderezo [email protected] ou no teléfono 886 202 020.
A Oficina Municipal de Turismo do Concello de Tui ten rexistrado nesta primeira semana de decembro un alto número de persoas atendidas; en concreto, un total 1.094 visitantes. Do total de persoas que pasaron por este punto de información turística a gran maioría, 1.006 persoas eran turistas, e 88 peregrinos.
O desglose destes datos permite comprobar a procedencia deste millar e pouco de turistas que corresponden coas seguintes zonas: Madrid (232), Toledo (84), Valladolid (76), Pontevedra (74), Asturias (68), Salamanca (62), Burgos (52), A Coruña (45) e Vizcaya (32) seguidos por turistas procedentes de Valencia, Tenerife, As Palmas, Cantabria, Ourense, Xaén…Os de procedencia estranxeira eran basicamente portugueses (14) e italianos (4).
No caso dos peregrinos, a procedencia internacional é moi maioritaria nestas datas, ben sexa de Portugal (20) ou doutros países, como o caso de peregrinos de Alemaña (13), Francia (6), Brasil (3) xunto con Bélxica, Reino Unido ou de lugares afastados como Corea ou Australia que teñen visitado a nosa cidade na súa peregrinación a Compostela.
O Concello de Tui expresa a súa satisfacción por estes datos pois a pesar das inclemencias meteorolóxicas rexistradas nestes pasados días os datos antes referidos testemuñan como a nosa cidade tivo un alto número de visitantes nestas datas, o que ten contribuído positivamente ao dinamismo do sector turístico do noso municipio. Complementan estas cifras os numerosos tudenses e visitantes que se teñen achegado a visitar o Mercado de Nadal no Paseo da Corredoira que continuou aberto ata este domingo.
Ponteareas acollerá esta semana dúas novas xornadas para doazón de sangue. A Concellería de Saúde, que dirixe a alcaldesa Cristina Fernández Davila, informa que a unidade móbil da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue estará na vila os vindeiros días 16 e 17 de decembro para todas as persoas que desexen achegar a súa pinga de solidariedade.
O autobús estará situado na Avenida de Galiza, na parte traseira da Casa do Concello, ambos os dous días en horario de tarde, de 16.00 a 21.00 horas. Para maior axilidade recoméndase pedir cita previa chamando ao teléfono gratuíto 900 100 828.
É importante lembrar que poden doar sangue toda as persoas maiores de 18 anos e cun peso mínimo de 50 kg e que se recomenda non acudir a doar se nos últimos 15 días se tivo febre, tose ou problemas respiratorios. Para doar sangue hai que almorzar e despois de xantar esperar 2 horas. Ademais, é importante levar a tarxeta de doazón, o DNI ou documento similar e informar ao médico de que se está a tomar algún medicamento.
Cada día a Axencia despraza 10 unidades móbiles e mantén abertos sete puntos fixos de doazón nos hospitais galegos, que precisan entre 400 e 500 doazóns de sangue para manter a súa actividade. “A nosa colaboración é fundamental para garantir a asistencia a moitas persoas que son sometidas a intervencións cirúrxicas, que sufriron accidentes, que padecen hemorraxias… Investindo tan só 10 minutos da nosa vida podemos axudar a salvar a doutras persoas”, asegura Fernández Davila.
O Consello da Xunta autorizou o convenio de colaboración entre Augas de Galicia, o Concello de Ponteareas e a sociedade estatal de Augas das Concas de España (Acuaes) para a execución e explotación das actuacións de mellora do saneamento e depuración no municipio pontevedrés.
As actuacións, que suporán un investimento de 11,7 millóns de euros, permitirán a execución da ampliación e reforma da estación depuradora municipal de augas residuais da Moscadeira, así como a mellora e optimización do sistema de saneamento de Ponteareas, tamén de titularidade do Concello.
Mediante o convenio, regúlase a cooperación entre as partes para a execución e financiamento destas obras hidráulicas.
Esta actuación foi declarada de Interese Xeral do Estado no ano 2018, pasando así a ser a súa execución unha competencia do Goberno de España. Para contribuír ao seu desenvolvemento, o Goberno galego achegará 2,34 millóns de euros de fondos propios da Comunidade Autónoma para o seu financiamento.
O obxecto da actuación e as obras
O concello de Ponteareas conta cun sistema de saneamento que integra o propio centro urbano, a franxa lonxitudinal da estrada N-120, que comunica Xinzo e Anoso, e as parroquias do barrio de Angoares.
A estación depuradora de augar residuais da Moscadeira, deseñada para 13.000 habitantes equivalentes cun sistema de aireación prolongada, está ao límite da súa capacidade en época estival, presenta deficiencias e non alcanza os parámetros de calidade esixibles para cumprir os límites normativos vixentes para o efluente depurado
Ademais, a rede principal de saneamento de Ponteareas presenta unha problemática relacionada principalmente co seu carácter unitario e coa falta de capacidade hidráulica dos colectores perimetrais do núcleo urbano. Isto fai que se produzan verteduras ao leito do río Tea, fundamentalmente en tempo de choiva, e que entren en carga certos tramos dos colectores, sendo frecuente que as tapas dos pozos de rexistro salten e se produza saída de auga residual ao exterior. Ademais, prodúcense infiltracións de augas brancas na rede de colectores, procedentes de arrolos e de fontes.
A actuación ten como obxectivo ampliar a estación depuradora de augas residuais da Moscadeira, así como a mellora e optimización do sistema de saneamento, reducindo as infiltracións que se producen na rede de colectores, e propiciando a captación e separación das augas non contaminadas do sistema de saneamento, co obxectivo de permitir cumprir cos parámetros de calidade do medio receptor durante toda a vida útil da infraestrutura.
Con esta actuación, ademais, darase o primeiro paso para dotar de saneamento a parroquia de Ribadetea, tamén no concello de Ponteareas. A Confederación Hidrográfica do Miño-Sil condiciona a ampliación da capacidade da depuradora a súa autorización a conectar a esta instalación de tratamento as augas residuais procedentes de Ribadetea.
A cidade de Vigo e a súa comarca lideraron a ocupación turística da provincia e Galicia nesta pasada ponte de decembro con “datos extraordinarios”, que tamén se estenderon aos concellos limítrofes para dar cabida ao enorme número de persoas visitantes atraídas polo tirón da iluminación do Nadal. Cunha media de ocupación do 97% e picos do 100%, a cidade viguesa bateu todos os récords, resultado que tamén se achegou á comarca viguesa, cun 85% de media, con concellos como Baiona cun 87% e picos de ata o 95%, e plena ocupación do 100% nas vivendas turísticas.
No total da provincia os datos de ocupación tamén foron máis que positivos. A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, ofreceu os datos científicos e estatísticos recompilados polo observatorio de Turismo Rías Baixas, que salientan unha ocupación media “do 70,3% ata o mércores festivo, que sobe por enriba do 80% se vemos a ocupación só ata o luns polo que seguimos a ser o gran puntal turístico de Galicia. En todas as provincias houbo moi bos datos pero ningún como o noso”. “Isto”, sinalou a presidenta, “ten que ter co esforzo de promoción desta Deputación, e o traballo do sector privado, ao que lle fago un extraordinario recoñecemento. É o máis activo en innovación, promoción e sostibilidade. Son un orgullo”.
Carmela Silva asegurou que “todas as comarcas superaron con creces as expectativas”, situándose ás do sur como as máis beneficiadas polo tirón de Vigo. O Morrazo por exemplo chegou case ao 80% e O Condado e A Paradanta ao 75%. A comarca de Pontevedra logrou un 70%, O Salnés 65%, O Baixo Miño 55%, Deza e Terra de Montes 55% e a comarca de Caldas 47%.
Tampouco quedaron atrás os datos do turismo rural, cunha ocupación media do 45,7% na provincia, “moi por enriba do habitual”. Nesta modalidade chegouse ao 72% no Morrazo, ao 57,2% na comarca de Vigo, ao 55,7% na comarca de Pontevedra, ao 47,6% no Salnés, ao 47,2% no Baixo Miño, ao 43,9% no Condado e A Paradanta, ao 42,8% na comarca de Caldas e ao 30% en Deza e Terra de Montes.
O Castelo de Soutomaior confirmou a boa acollida das súas actividades de Nadal “rexistrando na ponte a visita de máis de 4200 persoas”, informou Carmela Silva. “1241 persoas pasaron pola billeteira para participar nos obradoiros e actividades dentro da fortaleza, con todas as prazas esgotadas e con lista de agarda”. Este dato é superado polo do exterior do Castelo, cando máis de 3000 persoas pasaron polo mercadiño de produtos de posibilidades Merca Nadal Km.0, o muíño das Afreitas recentemente restaurado e todos os elementos de iluminación dos xardíns. “Este último dato é particularmente positivo tendo en conta que tanto o martes como o mércores o recinto exterior estivo pechado polo temporal”, valorou a presidenta da Deputación.
“2022 será un ano espectacular para o noso turismo”
A presidenta da Deputación de Pontevedra, malia “toda a cautela”, asegurou que, “a non ser que volvamos ter problemas serios”, 2022 será “un ano espectacular e excepcional para o turismo da provincia, no que imos rachar con todos os datos que tivemos ata agora, como o foi este ano, xa que en 2021 mesmo superamos datos de antes da pandemia”. Carmela Silva afirmou que “a nosa provincia está de moda” e avanzou que a Deputación fará no vindeiro ano “un traballo inxente para que a xente coñeza o noso interior porque ten todo o que demandan as e os turistas, que buscan lugares ao aire libre con paisaxes extraordinarias, gastronomía de calidade e proximidade ou establecementos como casas rurais”.
A unidade móbil de doazón de sangue visitará Oia o luns 13 de decembro. Permanecerá aparcada diante do Concello de 16.00 a 21.00 horas, a disposición de todas as persoas que queiran achegarse a doar.
Tendo en conta a situación actual derivada da COVID-19, o servizo traballa con cita previa (que pode solicitarse no teléfono 900.100.828) e desenvolvendo un protocolo de seguridade específico.
Os requisitos xerais para doar sangue son ter máis de 18 anos de idade e pesar máis de 50kg. Para doar sangue cómpre almorzar pola mañá e, despois do xantar, ao mediodía recoméndase agardar 2 horas antes de acudir. Á hora de presentarse é necesario levar a tarxeta de doante, DNI ou documento similar.
Para consultar calquera información relacionada con estes temas, a Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) ten habilitadas varias vías de comunicación: o teléfono 900.100.828, o correo electrónico [email protected] e a web https://ados.sergas.gal.
Acto solidario
A doazón de sangue é un sinxelo acto solidario que non leva máis de 10 minutos e grazas ao cal pódese salvar a vida doutras persoas.
En Galicia, os hospitais atenden unha media de 2.700 urxencias, 500 intervencións cirúrxicas e 3 transplantes de órganos e tecidos. Por iso, cada día son necesarias entre 400 e 500 doazóns de sangue. Para facilitar as doazóns, a Axencia conta con locais nas sete grandes cidades, así como 10 unidades móbiles que percorren toda a comunidade autónoma.
Lourdes Moure, concelleira de Vías e Obras do Concello do Porriño, visitou o lugar de Serra da Auga, en Carracido, para supervisar o desenvolvemento das obras de mellora dos servizos municipais que se están a executar.
A concelleira, acompañada de Miguel Feijoo, oficial primeiro responsable de Vías, Obras e Servizos do Concello, e pola directora de obras, Rebeca Ferreiro, da firma “Ingenia”, comprobou a apertura de zanxas para a instalación de canalizacións de saneamento nun tramo de case 300 metros para dar servizo a ese núcleo. A obra rematará coa pavimentación do camiño.
Este proxecto execútase ao abeiro do Plan de Mellora da Viarios Públicos, que no seu primeiro ano conta cun orzamento de 729.478 euros de fondos propios.
Trátase de actuacións de asfaltado, saneamento e mellora dos servizos municipais que se desenvolven nas parroquias do concello, a proposta da concelleira Lourdes Moure e que a corporación aprobou por unanimidade no pleno ordinario do pasado 28 de xullo, tras a súa negociación cos grupos municipais, nomeadamente co Partido Popular.
O Concello de Nigrán presenta o seu arquivo histórico audiovisual online coa posta en marcha de www.arquivoaudiovisualnigran.org, unha web pioneira en toda a comarca onde se recompilarán imaxes ou vídeos de interese etnográfico ou paisaxístico para o municipio facilitadas pola propia veciñanza. O arquivo arranca con todas as fotografías da exposición ‘Mulleres de Nigrán -1970’ sumadas a máis de 200 que foron entregadas nos derradeiros meses ex-profeso para engrosar este catálogo online, pero o obxectivo é que vaia medrando con novas achegas, polo que o Concello insta á veciñanza a ‘rebuscar no faiado’ na procura de novas ‘xoias’.
Este novidoso proxecto cumpre un dobre obxectivo, por unha banda recuperar e preservar a memoria máis recente do municipio e, por outro, difundila. Así, a través da escolma realizada visibilízase o desenvolvemento económico, social e cultural da localidade dun xeito sinxelo e accesible e coa opción de seleccionar por áreas como temáticas, cronoloxía ou parroquias. Igualmente, a web está deseñada de tal xeito que calquera usuario pode comentar unha imaxe para aportar datos que melloren a súa catalogación (moitas delas carecen de case calquera información). Está aberto tamén á recepción de vídeos, que por motivos de capacidade de almacenamento serán subidos previamente a Youtube para enlazalos á web (figuran varios da antiga Televisión Local).
A día de hoxe, como novidades que non constaban na mostra ‘Mulleres de Nigrán -1970’, os usuarios poderán descubrir fotos de paisaxes irrecoñecibles (especialmente de Panxón), de procesións relixiosas e romarías, da feira do gando na Ramallosa, de traballos no campo, de escolas de nenos, de antigas voltas ciclistas, dun tremendo temporal nunha Foz do Miñor onde daquela había barcos pesqueiros… Imaxes espectaculares que nos retrotraen a épocas pasadas e que explican que é hoxe Nigrán. Moitas fotos recibidas todavía serán subidas ao longo das vindeiras semanas ante a acumulación de documentos.
“A raíz do éxito da exposición ‘Mulleres de Nigrán -1970’ na que recompilamos imaxes con mulleres como protagonistas consideramos que sería interesante crear un arquivo online con todo tipo de fotos ou vídeos que axuden a visibilizar a Historia máis recente do municipio, trátase ademais dun traballo colaborativo entre Concello e veciñanza”, sinala o alcalde, Juan González, quen destaca a conveniencia de que sexa online “para que de verdade resulte facilmente accesible a todas as persoas e para que, precisamente, as familias conserven os seus orixinales e se animen a participar”.
Por este motivo, e para enriquecer este arquivo que contribuirá a fixar a memoria histórica, desde o Concello de Nigrán faise un chamamento á cidadanía para que rebusque no seu álbum familiar prestando especial atención a fotos ou vídeos anteriores a 1970 que retraten oficios tradicionais, antigas escolas, festas veciñais, paisaxes xa desaparecidos… Calquera documento que axude a explicar o desenvolvemento económico, cultural e social do municipio. As vías para achegar son a través da propia web no apartado contacto, a través do mail [email protected] por privado no Facebook Concello De Nigrán (en ambos casos con calidade suficiente) ou ben directamente no Concello (Oficina de Información Cidadá) onde serán escaneadas e entregadas de volta ao momento. No caso de posuír un arquivo numeroso, desde o Concello ofrécese a posibilidade de recollelas a domicilio co compromiso de devolvelas nun prazo de 48 horas. Xunto a foto debe ir toda a información que se posúa dela (ano, nomes, lugar, etc).
“Sabemos que nos fallados e maletas de cada casa hai fotos que son auténticos tesouros que se están a perder e aos que non se lles dá importancia, e este proxecto nace precisamente para eso, para que non queden alí esquecidas, para que todos podamos compartir, fixar e aprender desas marabillosas testemuña da nosa Historia recente”, explica María Villar, responsable de prensa do Concello e deste proxecto sen data de finalización “porque irá medrando infinitamente con todo aquelo que se vaia recompilando”.
Un incendio, declarado na mañá de onte, nunha vivenda do concello pontevedrés das Neves saldouse cun home falecido e catro persoas trasladadas.
Do lume, iniciado nunha vivenda da rúa dos Entrecines, deu aviso ao 112 Galicia un particular, arredor das oito da mañá. Na mesma chamada, xa se indicaba que había persoas no interior polo que, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia (CIAE-112) mobilizaron, de inmediato, aos servizos sanitarios, aos Bombeiros dos parques do Porriño e de Ponteareas e á Garda Civil. Ata o lugar, tamén se desprazaron os membros da Agrupación de Voluntarios de Oitavén-Tea.
Desde o lugar dos feitos, os medios de intervención confirmáronlle ao 112 o falecemento dun home e a necesidade doutras catro persoas, dous adultos e dous menores, de ser trasladados cara o Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo.
O traballo que hoxe traemos a este andel é o froito dunha longuísima investigación que se estendeu arredor de 20 anos e do empeño persoal do autor por rescatar do esquecemento a unha das figuras máis senlleiras e descoñecidas da nosa historia recente. Neste empeño xoga moito a vinculación familiar entre un e o outro, mais iso non debe facer esquecer o papel de Alejandro Viana Esperón, empresario ponteareán e deputado republicano de esquerdas durante o estourido da Guerra Civil e responsable da organización da saída de miles de refuxiados españois no exilio e da súa acollida en distintos países de Sudamérica.
A pesar da numerosísima documentación recollida polo autor para alicerzar a súa biografía, que nos fala dunha orixe humilde, do éxito como empresario en Vigo a finais do século XIX, do seu papel relevante na sociedade da cidade olívica, da súa vinculación cos movementos políticos da época, mesmo da súa etapa como concelleiro ás ordes de Gregorio Espiño, Roberto Mera quixo centrar este traballo nun tempo moi concreto no que desenvolveu a que, con toda seguridade, poderiamos cualificar como a etapa máis intensa e de maior relevancia da súa vida. O levantamento militar que remataría coa II República atopouno, aos seus 59 anos, en Madrid, en calidade de deputado das Cortes Españolas, para facer entrega do Estatuto de Autonomía de Galicia votado apenas unhas semanas antes. Viana formaba parte, xa que logo, e en calidade de deputado electo, da estrutura de goberno contra o que se produciu o golpe de Estado, o que forzou a necesidade de fuxir do país nos últimos estertores da guerra. Exiliado en Francia, asume diversas responsabilidades no SERE (Servicio de Evacuación de Refuxiados Españois) colaborando de maneira activa e desinteresada na saída do país veciño de preto de 17.000 refuxiados españois, que viaxaron na trintena de expedicións argalladas polo SERE ou en viaxes en liñas regulares financiados por este operativo. A práctica totalidade con rumbo a países do outro lado do Atlántico.
As liortas internas entre os membros do goberno no exilio e máis a invasión de Francia por parte do exército nazi durante a II Guerra Mundial, dificultaron enormemente o traballo desenvolvido por esta organización. Os integrantes do SERE foron ninguneados polo goberno francés e acosados de distintas maneiras polos nazis, o que provocou que o propio Viana tivese que fuxir en dirección a México, onde pasou os seus derradeiros anos e onde fica soterrado, lonxe do seu berce.
O traballo de Roberto Mera está escrito nun estilo directo, case xornalístico e ateigado de referencias documentais, ás veces excesivamente esquemático (entendemos que polo esforzo de reducir a enorme cantidade de información acumulada sobre Viana en todo este tempo), mais é capaz de manter certa frescura na lectura converténdoo case nun relato novelesco de intriga política. A estrutura fraccionaria e a brevidade dos capítulos colaboran nesa sensación e arrastran ao lector ao longo das súas páxinas. Entre liñas advírtese a devoción que o autor profesa ao seu devanceiro, e non é para menos tendo en conta todo o que aquí se relata.
Roberto Mera Covas
Alejandro Viana, un galego á fronte do rescate dos exiliados republicanos
Llevamos ya algún tiempo escuchando eso de la nueva normalidad, y la verdad, es que no tengo nada claro el concepto, porque lo que estoy viendo por las calles es que muchos están actuando como si nada hubiera ocurrido, gente sin mascarillas, grupo de personas reunidas en terrazas fumando, centros comerciales abarrotados…
Visto lo visto, no estoy observando ninguna nueva normalidad. ¡Espera! Creo que ahora ya he caído. La nueva normalidad es que nuestros hospitales estén de nuevo congestionados con posibles pacientes Covid, que las UCIs se vuelvan a llenar de enfermos que necesitan asistencia y que dentro de poco, volvamos con restricciones, eso debe de ser la nueva normalidad.
¿Alguna vez el ser humano se dará cuenta de que sus acciones acaban siendo una reacción sobre todo lo que nos rodea? Deberíamos de pensar que si no somos responsables, nuestro actos van a perjudicar a la gente que nos rodea, no a desconocidos, sino a nuestros seres queridos.
Nuestros antepasados ya han vivido situaciones semejantes y en aquellos lugares donde actuaron con responsabilidad, salieron para adelante, pero en aquellos en los que no, las pérdidas en vidas humanas fueron muy elevadas. Se supone que somos un animal inteligente, así que hagamos uso de eso que se presupone que tenemos y actuemos con cabeza y dejemos de lado nuestra parte más animal. Disfrutemos de estos días con precaución y seguridad y que realmente esto pueda ser dentro de pronto la vuelta a la normalidad, no a una nueva normalidad, sino a un vida tranquila y sin miedo, pero para eso, seamos responsables.
Lo que es normal es que os recomendemos buena música y en esta ocasión vamos a hacerlo con recopilatorio de uno de los grandes del cine y de las bandas sonoras como John Carpenter y por otro lado, Sweetback, una pequeña sorpresa musical. Espero que las disfrutéis.
A muchos les suena el nombre de John Carpenter principalmente por sus películas especialmente dentro del género de terror, muchas de ellas convertidas en películas de culto, pero también es un excelente compositor y sus bandas sonoras así lo demuestran.
Estamos ante un recopilatorio, una antología que va desde 1974 a 1998 y donde nos vamos a encontrar algunos de sus temas clásicos como Halloween, Christine, The Thing, Asalto al Distrito 13, Escape de Nueva York,… es decir, películas de género, clásicos del terror que indudablemente, si no fuera por la conjunción de imágenes y música, no llegarían a tener la popularidad y el reconocimiento que tienen.
Un excelente trabajo para recordar a uno de los clásicos del cine.
El mundo musical es tan amplio que en pleno siglo XXI y en plena pandemia, sigues descubriendo interesantes proyectos del siglo pasado como éste Sweetback.
Sweetback es una banda inglesa compuesta por miembros de la banda Sade, sin incluir a su líder. Son una banda que mezclan el jazz con el funk, pero con matices del R&B, con toques de soft music y de electrónica. Sus componentes son Stuart Matthewman, Paul Denman y Andrew Hale y éste es su primer disco.
Divido en 12 cortes, el trabajo, cómo avanzamos anterioremente, se va moviendo entre el jazz, el funk, algún matiz de soul y R&B o incluso del trip hop, y con algunas temas con unos sutiles toques electrónicos muy elegantes,
Temas destacables como Arabesque, Sensatios, Walk of Ju nos entregan grandes momentos de música, para disfrutar en cualquier ocasión o para relajarnos mientras estamos trabajando.
Una verdadera sorpresa musical, un trabajo de esos que te encuentras de casualidad, en éste caso gracias a un amigo y que merecen la pena escuchar.
O concurso fotográfico ‘Pontepenedo’ xa ten gañadoras. Tres mulleres alzáronse cos catro primeiros premios deste certame convocado por primeira vez polo Concello de Ponteareas a través da Concellaría de Lingua coa finalidade de pór en valor os elementos do patrimonio natural da vila, divulgalos e fomentar a creación artística a través da fotografía.
Tras ver o fallo do xurado, o Concello acordou conceder a Patricia Fernández González e á súa fotografía titulada ‘Noite máxica’ o primeiro premio, que conta cunha dotación económica de 300 euros. O segundo premio, dotado de 200 euros, será para Analía Martínez Caride pola súa imaxe ‘Camiño que me leva a ti’, mentres que o terceiro premio, de 100 euros, será para María José Prado Gregores pola súa fotografía titulada ‘Parte traseira do penedo’. Patricia Fernández González repite vitoria coa foto ‘Vermello’, coa que acadou o cuarto premio, dotado con 50 euros.
O concelleiro de Lingua, Fernando Groba, sinalou a gran calidade técnica e artística, a creatividade e a orixinalidade das imaxes presentadas. “Queremos agradecer a todas as persoas que nos enviaron as súas fotografías a súa dedicación e esforzo para conseguir retratar o noso patrimonio natural dun xeito único”, salientou o edil.
A entrega de premios celebrarase o vindeiro luns 13 de decembro ás 20.00 horas no salón de plenos do Concello e contará coa actuación musical de Zeus Alfaya, acompañado de Serghei Maximov. Durante o acto proxectaranse todas as fotos presentadas a concurso.
Baixo o lema “Seis cimas, un xoguete” afrontará este domingo o seu novo reto con que busca incrementar o número de donativos na conta de “Gondoilusión”, campaña promovida polo concello de Gondomar para garantir que nestas festas haberá xoguetes para os máis pequenos tamén nas familias máis vulnerables.
Coincidindo coa celebración do Día das Montañas, Daniel Fernández Cerzón, este ano propúxose cubrir nun prazo aproximado de 17 horas as seis cimas máis representativas do Val Miñor, Baixo Miño e Vigo, percorrendo unha distancia de 105 quilómetros de distancia e 2500 m de desnivel. “Sen dúbida é un reto complicado e que me esixirá moito, pero vale a pena se conseguimos sumar e sumar para axudar a quen máis o necesita”, asegura Daniel Fernández, que tras apoiar causas como a diabetes, o alzheimer ou o Síndrome Usher entende “que a pandemia fixo estragos económicos e xerado situacións difíciles para moitas familias ás que con moi pouquiño podemos axudar”.
Daniel Fernández Cerzón partirá ás tres e media da madrugada deste domingo 12 de decembro desde a Praza da Paradela onde confía estar de volta tras 17 horas, tempo que estima que tardará en cubrir o percorrido que lle levará sobre a súa bicicleta ás cimas de Montescastelo, monte Alba, Galiñeiro, o Monte Aloya, Santa Techala e Serra dá Grova. Meta na que será recibido polo alcalde e membros do goberno local.
#Reto6 pola campaña Gondoilusión
Unha forma de render homenaxe a natureza no Día da Montaña e de cumprir co obxectivo solidario que teñen os retos que desde fai cinco nos vén realizando Daniel Fernández que insiste en facer un chamamento a “que quen me apoie e estean dispostos a darme o ánimo que preciso tamén acheguen o que poidan, pouco ou moito, á conta de Gondoilusión para garantir un xoguete a cada nena e neno de Gondomar”.
A campaña, promovida pola concellería de Benestar Social coa colaboración da Asociación de Mulleres Rurais, converterá o recadado en vales que as familia beneficiarias do departamento municipal poderán trocar por agasallos nos establecementos colaboradores. Os interesados poden ingresar ou seu donativo na conta de ABANCA ES53 2080 5035 0230 4000 9345).
O alcalde do Concello da Cañiza, Luis Piña, informou na mañá de onte que a pesares do mal tempo, as obras avanzan para rematar nas datas sinaladas no convenio asinado coa Xunta de Galicia para reparar a cuberta desta instalación municipal e comprar 123 colectores para a recollida de RSU por un importe de 70.296.96 €.
Como xa informou esta Alcaldía o pasado mes de novembro, este Convenio nace do acordo adquirido entre o vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, e o alcalde da Cañiza, Luis Piña, para compensar ao Concello por non ter recibidas subvencións do fondo ambiental.
O Convenio asinado o pasado 22 de novembro, por un importe de 70.296.96 € financia únicamente actuacións de índole medioambiental.
O rexedor, Luis Piña, decidiu destinar o 60 % deste fondo, un total de 48.296,98 € ao arranxo do tellado do pavillón polideportivo «Carballo do Marco» da Cañiza, basándose na necesidade urxente de solucionar a grave situación na que se atopaba a cuberta desta instalación deportiva que actualmente é a de maior uso por parte dos clubes da Cañiza. Ademais neste pavillón, sede do Clube Balonmán Cañiza, xóganse partidos de balonmán da primeira división nacional e da división de prata feminina e para acoller estas competicións é imprescindible que a mesma conte cunhas condicións mínimas de imaxe, seguridade e saúde.
Esta actuación contempla a retirada de 269 m2 do lucernario deteriorado, a reparación de 104 m.l. de canalóns de chapa e a retirada de 52 m.l. da cumbrera existente e a reposición de todos estes elementos. Ademáis estanse retirando os 6 aireadores estáticos da cuberta para sustituilos por sombreretes circulares xiratorios de acero inoxidable. Por último estase limpando e aplicando protección en 56 m2 do solado. Todo para evitar as filtracións das augas pluviais que inundaban a pista de xogo.
A reparación da cuberta do pavillón avanza a bo ritmo, a pesares do mal tempo que leva acompañando a obra dende os seus inicios e que non pode paralizarse xa que segundo se recolle no Convenio asinado o 22 de novembro, esta actuación debe estar xustificada antes do 20 de decembro.
O 40 % restante dos fondos do Convenio, 21.999,98 € se destinaron a adquisición de 123 contenedores de RSU. 97 colectores de fracción resto, 22 unidades de envases lixeiros e 4 columnas metálicas para papel e cartón. A urxencia desta compra está xustificada polo alto grao de deterioro dos colectores existentes que nalgúns casos impide a recollida habitual de residuos por parte dos servizos de limpeza do Concello, co conseguinte efecto negativo na saúde pública e no medio ambiente.
Xa está aberto o prazo para tramitar as subvencións para agrupacións e clubes deportivos sen ánimo de lucro que cada ano concede o Concello de Ponteareas. As entidades interesadas poderán presentar a documentación solicitada durante 10 días naturais a contar dende este mesmo xoves 9 de decembro. “Con esta convocatoria pública en concorrencia competitiva buscamos apoiar aos distintos clubs deportivos federado da vila, garantindo os principios de equidade e transparencia e potenciando o deporte, a creación de canteiras deportivas e formas de ocio alternativo”, explica o concelleiro de Deportes, Miguel Bouzó.
Cun orzamento de 50.000 euros, o Goberno municipal convoca de forma anual estas subvencións, incrementando ademais nos últimos anos a dotación orzamentaria para dar un maior pulo á práctica deportiva. Entre as novidades deste edición está a incorporación ás bases dun novo criterio puntuable para os clubs que participaron en competicións oficiais durante a crise sanitaria da COVID-19, que “nos permite poñer en valor o esforzo que fixeron moitas entidade durante a pandemia para continuar co deporte nunha época tan complicada, contribuíndo así ao benestar físico, mental e emocional dos ponteareáns e ponteareás”. “O deporte é un elemento fundamental na formación integral e na mellora da calidade de vida da nosa veciñanza e favorece a cohesión social, para a que é fundamental a actividade que desenvolven as nosas asociacións e clubs deportivos”, recalca o edil.
Ademais, entre outros aspectos, tamén destaca a importancia que se lle dá nas bases á promoción do deporte feminino ou á cláusula social pola que as entidades deportivas con deporte base que concorran a estas subvencións se comprometen a reservar o 20% das prazas por clase gratuítas para menores de 16 anos con proxenitores parados de longa duración, fillos de mulleres incluídas en programas de acollemento por violencia de xénero ou procedentes de situacións de risco social.
Tamén se terá en conta o nivel de competición regular do equipo, o número de licencias federativas, a participación en campionatos nacionais ou internacionais, o número de licencias de menores de 18 anos participantes en competicións de categoría base, os gastos derivados do mantemento das instalacións ou da adquisición de material, os gastos por persoal laboral ou adestradores e adestradoras e a antigüidade da entidade, entre outros.
A Biblioteca Pública Municipal de Tui organiza, dentro da programación de Nadal do Concello de Tui, catro obradoiros dirixidos aos rapaces e rapazas con idades entre os 5 e os 12 anos de idade. Os interesados deben inscribirse previamente ben persoalmente na propia Biblioteca ou a través do correo electrónico [email protected].
En concreto os obradoiros ofertados son os seguintes:
Mércores, 29 decembro, ás 17 h: Arte con papel – Papiroflexia/Origami
Xoves, 30 decembro, ás 17 h: Reciclando a Música – Instrumentos con material reciclado
Luns, 3 xaneiro, ás 17 h: Cobrando Vida – Creación de marionetas
Martes, 4 xaneiro, ás 17h: Escola de maxia – xogos de maxia
O obxectivo destes obradoiros é favorecer entre os rapaces e rapazas a creatividade como unha forma de enriquecemento para o tempo de lecer.
Complétase a programación de Nadal da Biblioteca Municipal tudense co Mercadiño Solidario de Libros que até o xoves, 23 de decembro, ofrece a posibilidade de intercambiar produtos de Nadal por libros, cunha ampla oferta de libros procedentes de expurgos e doazóns.
“Unha muller nova cun currículo impresionante”. Así definiu a presidenta da Deputación, Carmela Silva, á nova directora de Proxectos Europeos, Susana Fernández López. “É unha inmensa sorte poder contar con ela”, engadiu, durante a presentación da profesional que, a partires de agora, será a encargada de pilotar a elaboración e xestión dos proxectos europeos por parte dunha administración provincial que xa foi quen nestes últimos anos de xestionar un total de 56 millóns de euros procedentes de Bruxelas cun nivel de execución do 100%.
Susana Fernández é licenciada en Ciencias Políticas, alumna do Institut d´Etudes Politiques de Lyon (Francia), máster en Estudos Europeos no College of Europe; máster en Innovación e Desenvolvemento pola Universidade de Santiago; bolseira da Fundación Barrié de la Maza no Manchester Institute of Innovation Research e unha profesional con manexo oral e escrito do inglés, francés e portugués. Atesoura 15 anos de experiencia profesional como técnico de Proxectos Europeos da USC, responsable de proxectos do Secretariado Técnico Conxunto do programa Interreg Sudoe e consultora de proxectos europeos e bolseira da Comisión Europea con varias estadías en Bruxelas, entre outros méritos. Á convocatoria pública da Deputación para dirixir a área de Proxectos Europeos presentáronse 9 persoas moi cualificadas e a selección rematou cunha decisión unánime do tribunal cualificador. A presidenta Carmela Silva amosouse especialmente satisfeita co resultado: “Que mulleres tan potentes temos en Galicia”, concluíu.
“Unha Deputación que é un laboratorio de ideas”
A nova directora de Proxectos Europeos afirmou sentirse sorprendida de ter descuberto durante a semana que xa leva incorporada ao seu posto unha Deputación á que definiu como “un laboratorio de ideas”. “Non agardaba chegar e atoparme con xente tan brillante”. Ademais agradeceu poder traballar “nunha contorna moi feminista e non só de boquilla, senón tamén na realidade diaria”. Fernández destacou que nos próximos 3-4 anos vanse abrir “oportunidades sen igual na historia recente” e por iso valorou a decisión política de potenciar a “capacidade de anticipación” na institución provincial. Destacou que chega decidida a maximizar as posibilidades de optar tanto aos fondos Next Generation como doutro tipo de recursos. O seu equipo, concretou, traballa xa no deseño de proxectos aliñados coas prioridades da Deputación e a axenda europea. “Queremos inducir ese efecto transformador na sociedade e na economía apostando pola innovación e a resiliencia, a sustentabilidade e, sobre todo, sempre moi centrados nas persoas”, explicou ao referirse aos seus obxectivos finais.
A presidenta da Deputación, que tamén estivo acompañada da nova directora e da deputada de Proxectos Europeos, Iria Lamas, destacou que con esta incorporación a Deputación será máis eficaz e eficiente “na súa finalidade de mellorar a vida da cidadanía con proxectos avanzados, sabendo como queremos transformar a nosa provincia”. Neste senso recordou que España é o primeiro país en recibir o visto bo aos fondos de recuperación, polo que non había tempo que perder. A presidenta engadiu que a Deputación xestionou este ano 7,4 millóns de euros que se traduciron en actuacións realizadas en 33 concellos e unha entidade local menor, dando resposta así a outras tantas demandas sociais. Para o ano 2022 xa ten confirmados outros 21 millóns de euros que se reparten entre os 3,5 millóns de euros para os Plans de Sostibilidade Turística en Destino impulsados pola Deputación no territorio interior da provincia e os 18 millóns de euros para accións de apoio ao sector primario, sostibilidade, mobilidade e eficiencia enerxética.
Carmela Silva lembrou que a Deputación de Pontevedra foi unha das primeiras institucións públicas do estado en elaborar un Plan Estratéxico de Fondos Europeos e recalcou o nivel de excelencia na súa execución, xustificando correctamente tódolos proxectos “co aplauso de Europa, cousa que non sucede cos fondos que xestiona a Xunta de Galicia e que tampouco sucedía cando aquí gobernaba o PP, período no que mesmo abríronse informacións sobre o mal uso daqueles fondos europeos”.
O domingo 19 de decembro, a contorna do antigo campo de fútbol de Santa Marta será o escenario no que se dispute o XXII Cros Escolar do Val Miñor, proba que abrangue dende a categoría chupete ata a xuvenil e que farán saídas escalonadas.
Así, as e os participantes da categoría cadete masculino e feminino, con data de nacemento en 2007 e 2008, sairán ás 10:45 h e 11:00 . Os atletas infantís masculino e feminino (2009-2010) correrán ás 11:15 h e 11:25 h. Alevín masculino/feminino (2011/2012) empezarán a proba ás 11:35 h e 11:45 h, respectivamente. Os participantes na categoría benxamín masculino/feminino (2013/2014) terán súa saída ás 11:55 h e 12:05 h. A categoría de prebenxamín masculino/feminino (2015/2016) sairán ás 12:10 h e 12:20 h e, por último, os atletas de Cros máis pequenos, os chupetes masculino/feminino (nados 2017-2018) comezarán a súa proba ás 12:30 horas e 12:40 horas, respectivamente.
A inscrición a esta proba finaliza o vindeiro mércores, día 15 de decembro podéndose realizar as mesmas no pavillón de Deportes Municipal, chamando ao teléfono 986 356 558 ou no correo electrónico [email protected].
Tamén se lembra que o uso da máscara é obrigatorio en todos os espazos exteriores se non se pode manter a distancia física interpersoal de distancia, excepto na proba física. Ademais do uso correcto da máscara, lémbrase que é preciso aplicar as medidas hixiénicas e manter as normativas de distancia social marcados polos protocolos de seguridade contra o Covid-19.
O Concello de Baiona adiantou que, en todo caso “e dada a evolución a alza da pandemia e do número de casos, notificaríase calquera cambio no programa”.
Tendo en conta a relación cordial que ven mantendo o concello coa directiva do club resulta unha sorpresa este comunicado cheo de descualificacións e xuízos de valor que non expresan en absoluto nin a realidade do proxecto, nin o ton dos contactos e reunións que se veñen mantendo entre club e concello.
A raíz da publicación o alcalde da Guarda, Antonio Lomba, púxose en contacto co presidente do club, Jesús López, para expresarlle a súa sorpresa polo comunicado e mostrarlle o seu total desacordo co contido do mesmo. Co ánimo de reconducir a situación mostrouse aberto a coñecer aquelas cuestións técnicas e deportivas importantes para o club e ofreceu a súa colaboración para resolvelas na medida do posible.
O alcalde emprazou ao presidente do club a manter unha xuntanza a semana vindeira na que se poidan buscar solucións a problemas reais que presenten dende a directiva. O club comprometeuse a achegar as necesidades de espazos deportivos para a vindeira tempada, para empezar a buscar, entre o concello e o Atl. Guardés, solucións viables.
Antonio Lomba tamén trasladou a Jesús López a súa disposición a seguir escoitando as suxestións do club sobre cuestións técnicas relacionadas co proxecto para intentar mellorar, na medida do posible, o resultado final da obra.
Onte mesmo, 10 de decembro, houbo unha xuntanza entre o Secretario Xeral para o Deporte, José Ramón Lete, o alcalde, Antonio Lomba e a concelleira de deportes, Monserrat Magallanes. Os responsables municipais trasladaron ao Secretario Xeral o proxecto do pavillón da Sangriña e falaron sobre os prazos e o financiamento.
Na reunión concordaron sobre a necesidade de reforma do pavillón dado o seu actual estado. José Ramón Lete trasladou a disposición da Xunta para facer unha achega de 600.000 € e a necesidade de que o club estivese de acordo coa mellora do pavillón. O alcalde agradeceu a disposición da Xunta e comentoulle que xa tiveran unha reunión coa directiva na que comprometeran a súa colaboración, polo que estaban a espera de que o club lles trasladara as necesidades.
Visto como se veñen producindo as cousas o alcalde declaraba: “non se pode entender o comunicado emitido polo club tendo en conta as relacións de colaboración e entendemento entre concello e Atl. Guardés. Non creo que o publicado no comunicado sobre a reforma do pavillón sexa o sentir de toda a Xunta Directiva e moito menos da afección”. E engadía: “Un concello serio non pode permitirse o luxo de desprezar un financiamento de máis de 1.200.000 € que aportarían entre Xunta e Deputación para unha reforma necesaria do Pavillón Municipal, temos que deixar de lado aos que queren facer política co deporte e buscar o máis conveniente para a veciñanza da Guarda e para o Atl. Guardés, xogadoras, familias e afección”.
O Equipo de Goberno do concello da Guarda entende que hai que aproveitar esta oportunidade de mellorar as instalacións e seguir traballando para conseguir un novo pavillón a medio prazo. Para isto é necesario empezar por ter os terreos, para o que se necesita unha modificación do Plan Xeral de Ordenación Municipal. Modificación que xa está en marcha.
A Asociación Érguete e o Concello de Redondela organizan, o vindeiro martes 14 ás 18.30 horas no auditorio do Multiúsos da Xunqueira, unha charla sobre A pegada das TRIC na adolescencia, impartida polo profesor titular da área de metodoloxía das ciencias do comportamento da USC, Antonio Rial Boubeta, e con entrada de balde ata completar aforo. As inscricións realizaranse a través do cuestionario online https://forms.gle/hNRbmEPdEnN7Ypx16.
O profesor Boubeta, unha das grandes referencias a nivel estatal sobre a relación entre novas tecnoloxías e mocidade, considera que o uso de redes sociais como Tik Tok ou Instagram dende idades temperás “pode levar da man importantes problemas emocionais e estar na base do aumento das taxas de depresión infanto-xuvenil ou de ciberacoso”. Para o estudoso “adoptar unha actitude alarmista diante desta nova problemática resulta igual de contraproducente que mirar cara outro lado”.
A alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, animou á veciñanza a asistir a esta conferencia “para poder entender mellor a maneira na que os nosos fillos e fillas utilizan e se relacionan coas novas tecnoloxías”. A importancia que o Goberno local redondelán dalle a todo o que teña que ver coa mocidade e as novas tecnoloxías quedou reflectido nas charlas que, con motivo do 25N, desenvolveu nos institutos do municipio baixo o lema Non deixes que te enREDen, e que alertaba sobre o acoso, control e violencia psicolóxica que se pode exercer sobre as mozas a través de internet ou programas de mensaxería instantánea.
A coordinadora de prevención da Asociación Érguete, Laura Durán, apunta “a necesidade” dunha actividade como esta xa que diversos estudos destacan que as chamadas Tecnoloxías das Relacións, a Información e a Comunicación (TRIC) teñen “un impacto realmente importante na vida das e dos adolescentes, ben a nivel de saúde mental, de estilo de vida e de saúde en xeral, de convivencia familiar, ou mesmo dando lugar a novas formas de adicción recoñecidas xa pola OMS, como no caso dos videoxogos ou das apostas en liña”.
Para máis información, interesadas e interesados poden dirixirse ao enderezo de correo electrónico [email protected] ou ao teléfono 986 250 240.
Tanto a Asociación Érguete coma o Concello de Redondela agradecen a colaboración de Caixabank para a realización desta charla.
Un ano máis a carreira solidaria San Silvestre tomará Ponteareas. O vindeiro 31 de decembro os veciños poderán achegarse ata a Praza Maior para gozar dunha nova edición desta proba na que se poderá gozar en familia, facer deporte e achegar un gran de area para converter unha tarde de carreira en toneladas de axuda para o centro de reparto de alimentos de Ponteareas, dependente da Concellaría de Benestar Social.
Organizada polo Club Taninos Runners Ponteareas en colaboración co Concello, a IX San Silvestre Solidaria de Ponteareas terá un percorrido urbano que agarda reunir a arredor de 1.000 corredores nas cinco categorías abertas, unha absoluta (750 atletas) e catro infantís (250). “Non podemos máis que agradecer aos Tanino a súa implicación para preparar unha nova edición desta proba de carácter solidario e animar a toda a veciñanza a participar nesta xornada lúdica e deportiva tan especial”, salienta a alcaldesa de Ponteareas, Cristina Fernández Davila.
Así, os rapaces e rapazas de 6 e 7 anos sairán ás 16.30 horas da Praza Maior para dar unha volta acurtando pola rúa máis ao norte da Praza de Bugallal; as e os de 8 a 10 anos darán unha volta ao circuíto saíndo ás 16.40 horas e os e as de 11 a 13 anos sairán ás 16.50 horas para dar dúas voltas ás dúas prazas de Ponteareas. Os nenos e nenas de 4 e 5 anos serán os últimos da categoría infantil en saír, ás 17.15 horas, e irán dende a rúa de Oriente ata a Praza Maior.
Pola súa banda, a proba absoluta, aberta a atletas de máis de 14 anos, será ás 17.30 horas cunha volta a un circuíto urbano de 5 quilómetros con saída e liña de meta na Praza Maior. Haberá avituallamento ao rematar a proba e un obsequio para todos os nenos e nenas participantes na San Silvestre Infantil.
As persoas interesadas en participar xa poden facer a súa inscrición gratuíta a través da páxina web cronotec.es ata o vindeiro 29 de decembro. A organización advirte que non se admitirán nin inscricións posteriores a esa data nin o mesmo día da proba. Os dorsais entregaranse na Praza Maior o mesmo día da proba de 11.00 a 13.00 e de 15.30 a 17.00 horas nun espazo habilitado pola organización. Os e as participantes disporán de servizo de gardarroupa na zona de saída e meta.
Todas e todos os participantes deberán facer unha achega de produtos alimenticios non perecedoiros ou de produtos de limpeza e hixiene persoal que serán recollidos polo centro de reparto de alimentos de Ponteareas antes da retirada de dorsais. Nesta entrega de alimentos e produtos de limpeza e hixiene tamén pode participar o público xeral. “Para o Concello trátase dunha proba moi importante, non só pola cantidade de xente que implica, senón porque cada ano supón unha achega importante para o centro de reparto, do que se benefician moitas familias desfavorecidas”, recalca o concelleiro de Deportes, Miguel Bouzó.
Dende o Club Taninos Runners de Ponteareas queren agradecer toda a colaboración de persoas particulares e empresas privadas que fan posible a realización desta festa deportiva o último día do ano.
A delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, convidou hoxe aos centros escolares da área territorial a seguir o exemplo marcado polo CEIP da Cruz de Nigrán, galardoado na última edición do concurso de recollida de pilas ‘Pilabot’. Un certame no que participaron 150 centros de educación primaria e secundaria de toda Galicia e que se saldou coa recollida de preto de 59 toneladas de pilas, acumuladores e baterías usadas, un 34% máis na primeira edición.
O fixo con ocasión da entrega ao director do centro nigranés do diploma que o acredita como gañador do segundo premio do certame na categoría de recollida total de pilas. Este concurso constaba de dúas categorías: quilos de pilas, baterías e acumuladores recompilados nos contedores dos propios centros e cifras de recollida por alumno.
Concretamente, na primeira categoría o CEIP da Cruz de Nigrán acadou o segundo premio con 2,9 toneladas só superado polo CEIP As Solanas Gutiérrez da Guarda, que logrou recuperar 4 Tn durante as seis semanas de concurso.
Fernández-Tapias subliñou o compromiso coa reciclaxe dos escolares galegos ao recuperar 59 toneladas de pilas no marco desta iniciativa, unha cifra extraordinaria, dixo, para instar á comunidade escolar a seguir apostando pola recuperación deste tipo de residuos tanto no colexio como na casa.
Campaña ‘Pilabot’
E ás portas de cerrar a inscrición da terceira edición de ‘Pilabot’ –o prazo remata hoxe, a través da páxina web do concurso– a representante autonómica animou aos centros educativos da área territorial de Vigo a participar no concurso, que conta cun total de 150 prazas dispoñibles.
A actividade central volverá ser o concurso escolar de reciclaxe de pilas, baterías e acumuladores de xeito que unha vez pechada a inscrición, repartiranse entre todos os participantes bidóns colectores e material informativo como paso previo ao arranque da recollida, que comezará oficialmente o 13 de xaneiro e se prolongará en cada centro durante un período de seis semanas.
Cómpre lembrar que a campaña Pilabot foi posta en marcha pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda en colaboración cos xestores deste tipo de residuos autorizados en Galicia (Ecopilas, ERP e Ecolec).
As pilas e baterías son un tipo de residuos que teñen unha alta carga contaminante. A modo de exemplo, unha soa pila de botón, como a que se emprega nun reloxo, pode contaminar ata 600.000 litros de auga, o que equivale ao consumo de 30 persoas durante toda a súa vida polo que resulta primordial que este tipo de residuo se deposite no colector correspondente para darlle o tratamento axeitado.
Ademais, as pilas atópanse en múltiples dispositivos, como xoguetes, cámaras, lanternas ou reloxos, polo que desde a Consellería de Medio Ambiente considérase fundamental fomentar a súa correcta separación non só nos fogares, senón tamén nos traballos, centros de ocio e colexios, un dos mellores lugares para trasladar ás futuras xeracións a importancia de separar ben e depositar estes residuos en contedores específicos.
Oia conta desde esta semana cun novo veciño centenario. Trátase de José Miranda Treinta, coñecido no municipio como “Pepe, o Zapateiro”, quen cumpriu os 100 anos gozando de boa saúde e da compaña da súa familia.
José, afincado en Viladesuso, naceu en Torroña (Burgueira) nunha familia de 6 irmáns, 3 homes e 3 mulleres. Traballou duro durante toda a súa vida, especialmente en labores vinculados ao monte, do que é un grande coñecedor. Este mércores cumpriu o século de vida facendo gala dun ánimo, saúde e memoria envexables. “O malo é que perdín vista e oído, pero o demais ben. Non teño padecemento algún e non tomo ningún medicamento”, asegura.
O centenario homenaxeado celebrou o seu aniversario na compañía dos seus achegados e seres queridos, pois conta cunha ampla familia composta por 4 fillos, 8 netos, 12 bisnetos e media ducia de tataranetos. Nesta data tan especial, a alcaldesa, Cristina Correa, e a tenente de alcalde, Carmen María Estévez, achegáronse ata o seu domicilio para saudalo, levarlle unha torta e transmitirlle os parabéns en nome de todo o municipio.
O Concello de Nigrán ofrece este domigo 12 de decembro ás 18:00 horas no Auditorio Municipal o filme-concerto colaborativo ‘Piratas e sereias, ostras e baleias’ entre a Space Ensemble portuguesa e o alumnado da Escola de Música Gain Over de Nigrán grazas ao programa ‘Garantir Cultura’ do goberno de Portugal para paliar os efectos da pandemia neste sector. Este será realmente un ensaio xeral aberto ao público tras unha fin de semana de residencia musical na que os estudantes abordarán co profesorado luso o proceso de creación en directo de música para cine, é dicir: desde a improvisación libre á improvisación dirixida e á creación de música para películas, co obxectivo de estimular a creatividade do alumnado, facéndolles pensar en como poden dar novos significados a un filme a a través de sons variados.
“Propuxéronnos esta posibilidade tras coñecernos a través do evento da Escola de Música de Paredes de Coura en Nigrán este verán e aceptamos encantados”, sinala o alcalde, Juan González, quen aposta por seguir fomentando estas relacións cuturais transfronterizas.
Este filme-concerto pretende transportar ao público ás profundidades dos océanos empregando simultáneamente a maxia do cine de animación. O espetáculo está composto por varias curtametraxes musicadas en tempo real por diferentes instrumentos, desde os máis clásicos aos máis futuristas. As historias están repletas de persoaxes impresionantes, coma un pescador que ao final era un peixe ou un barquiño casca de noz que dá a volta ao mundo. Os filmes son obra de realizadores de diversas nacionalidades, algúns ligados a grandes escolas de animación do circuito mundial, como The Animation Workshop, Supinfocom e La Poudrière. Recreando o ambiente clássico dos filmes-concerto, ‘Piratas e Sereias, Ostras e Baleias’ é unha verdadeira demostración de como técnicas tradicionais continuan a ser a base para a creación de increíbles historias e efectos visuais que non deixan de cautivar ao público.
Space Ensemble
Space Ensemble apareceu no panorama portugués como unha formación musical mutante, resultado do encontro de varios músicos ao longo de varias edicións do Space Festival, evento dedicado á música improvisada que se iniciou en 1999. O que diferencia ao Space Ensemble é a súa linguaxe inspirada en diversos xéneros musicais, especialmente o jazz e a música improvisada, cun enfoque artístico multidisciplinar. Crea espectáculos e proxectos adaptados ao contexto de cada evento, levando ao público nunha viaxe con diferentes estímulos e emocións.
A exposición de fotografías antigas “A nosa auga, a nosa terra, a nosa xente” amplía a súa presenza na Sala Municipal de Exposicións do Concello de Tui ata o vindeiro 8 de xaneiro. A mostra recolle unha escolma dos fondos gráficos do Balneario de Caldelas de Tui.
Dende a súa apertura a mediados de outubro a exposición foi xa visitada por máis de 500 persoas interesadas en coñecer esta ampla escolma de imaxes, integradas por 77 fotografías que recollen aspectos da vida da parroquia de Caldelas e do seu Balneario así como imaxes de Tui, Paramos, Baldráns, Caldelas, Entenza ou Lapela nos últimos anos do século XIX.
Para a concelleira de Ensino e Cultura, Sonsoles Vicente Solla, estamos diante dunha exposición de excepcional interese e que comprobando a boa acollida de visitantes decidiuse ampliar ata o remate das festas de Nadal para facilitar que un maior número de tudenses e interesados poidan coñecer esta mostra fotográfica. A concelleira quere expresar o agradecemento do Concello de Tui aos propietarios do Balneario de Caldelas pola súa iniciativa e polas facilidades concedidas para a realización desta exposición.
A exposición, segundo a xerente do Balneario de Caldelas – Ana Rodriguez- recolle esta selección de fotografías realizadas entre os anos 1886 e 1935. A autoría se reparte entre Antonio Oliver Rubio (1843-1900) fundador do complexo termal de Caldelas e os seus fillos Antonio e Manuel Oliver Echazarreta, antecesor este último da actual propietaria do Balneario, Mª Cruz Ruíz.
Trátase pois dunha mostra da ampla colección que conservan, con coidado e cariño, os propietarios do Balneario de Caldelas e que agora comparten coa veciñanza tudense e todos os interesados no campo da imaxe gráfica. As fotografías, moitas delas inéditas ata agora, ofrecen aspectos de gran interese sobre o noso territorio, as costumes xa perdidas especialmente en relación ao río Miño… en definitiva, como reflicte o título da mostra, “a nosa auga, a nosa terra, a nosa xente”.
Protección Civil de Ponteareas xa conta cunha nova tenda de campaña para os seus operativos despois de que o Concello a solicitara a través da subvención de material en concorrencia competitiva a concellos de menos de 50.000 habitantes da Xunta de Galicia.
A alcaldesa, Cristina Fernández Davila, destaca que a cesión da tenda “é unha boa nova para Protección Civil e para todo Ponteareas”, e aproveita para agradecer “o gran traballo das persoas voluntarias pola seguridade da nosa vila”.
A rexedora tamén informa que “no Concello xa solicitamos a Emerxencias da Xunta un vehículo para poder distribuír ás persoas voluntarias nos distintos servizos que en moitas ocasións se producen de xeito paralelo”. “Confiamos en que a Xunta valore o número tan elevado de intervencións, o aumento de voluntarios dos últimos anos e as accións cruzadas que son atendidas en Ponteareas e noutros concellos da comarca”, conclúe a alcaldesa.
Dende a agrupación de voluntarios agradecen a cesión desta tenda que “nos axudará cos máis de 1.500 operativos preventivos de emerxencias que realizamos ao longo do ano, tanto en Ponteareas como na comarca”, e destacan que “o apoio material e económico do Concello fai que a agrupación creza cada ano”.
A Consellería do Mar vén de resolver a segunda convocatoria de axudas do ano 2021, pola que se aproban as subvencións para sete proxectos asesorados polo Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP) da Ría de Vigo – A Guarda e pertencentes aos municipios de Cangas, Vilaboa, Vigo, Baiona e A Guarda.
O GALP Ría de Vigo-A Guarda promove o desenvolvemento de proxectos e actuacións destinados a conseguir un desenvolvemento equilibrado, sostible e integrador da súa zona marítima de influencia para beneficio do conxunto da poboación, fornecendo a presenza do sector pesqueiro en termos económicos e de emprego, respectando e preservando o medio natural e o patrimonio cultural e cunha participación real e efectiva de axentes e poboación do territorio.
A contía das axudas supera os 400.000 euros e supoñen entre o 90% e o 100% do financiamento dos proxectos non produtivos e entre 40% e o 50% dos produtivos.
Nos proxectos non produtivos sitúanse iniciativas como a do Concello de Vilaboa que busca rehabilitar, acondicionar e poñer en valor o Forno do Cal e a súa contorna en Punta Travesada; ou a da Confraría de Pescadores San Xosé de Cangas, centrada na revalorización dos produtos que extraen as embarcación que comercializan estas capturas a través da lonxa de Cangas. A Confraría de pescadores San Francisco de Vigo aposta tamén por novos proxectos como este no que traballarán por mellorar a gobernanza dos recursos pesqueiros, marítimos e sociais, mediante o estímulo á participación dos seus membros nos órganos de goberno. Pola súa banda, a Asociación San Xerome Emiliani, na Guarda, centra a súa iniciativa no fomento da empregabilidade e a inclusión sociolaboral de persoas mozas con discapacidade a través da formación e a capacitación en proxectos de economía circular como a reparación de envases plásticos, utilización destes envases para a recollida de residuos, utilización de refugallos para mobiliario portuario ou filamento para impresoras 3D.
No tocante aos proxectos produtivos, atopamos o de Gandón, S.A., en Cangas, que busca mellorar as condicións de seguridade e sostibilidade desta empresa armadora co obxectivo de mellorar a produtividade, reducir os desprazamentos e facer unha aposta pola economía circular. Como iniciativa vinculada ao ámbito turístico, está a de Diferent Charter Galicia S.A., en Baiona, que quere instalar un barco charter no porto de Baiona para a realización de rutas turísticas pola ría. E por último, H.Q. Seaweed, en Vigo, continúa a impulsar as súas algas deshidratadas cun proxecto innovador que poña en valor os produtos do mar.
Agora, os promotores dos proxectos contarán cuns días para decidir se aceptan as axudas e emprenden a posta en marcha das súas iniciativas.
A música chega a Ponteareas de novo este domingo 12 de decembro. A sala multiúsos do auditorio municipal será o escenario dun novo concerto da banda de música Unión de Guláns baixo a dirección de Alicia Porto. A actuación será ás 18.30 horas de balde, con entrada libre ata completar aforo.
Dende a Concellaría de Cultura que dirixe Fernando Groba convídase a toda a veciñanza a participar nesta actividade cultural protagonizada por unha banda de música con máis de 150 anos de historia e que ten o orgullo de ser unha das bandas de música máis antigas de Galicia.
Na actualidade a Unión de Guláns está constituída por máis de 50 compoñentes, máis do 80% deles naturais e veciños e veciñas da parroquia de Guláns. Ademais, na súa gran maioría os e as integrantes son mozos e mozas que ademais de participar na escola da banda estudan cursos profesionais de música. A banda interpreta os máis diversos xéneros musicais, dende a música clásica a zarzuela, música lixeira, típica galega…
Este venres día 10 de decembro arrancaba na Praza de Abastos da Guarda a Mostra Creativa de Nadal, que estará neste espazo os días 10, 11, 17, 18 e 24 de decembro en horario de mañá.
Trátase dunha das accións comerciais dentro da Campaña de Nadal 2021/22 coa finalidade é incentivar o comercio local e crear sinerxias nunha Mostra na que participan 8 creadores, artesás, deseñadores do Baixo Miño, con stands na Praza de Abastos da Guarda .
Unha iniciativa da Concellería de Desenvolvemento Local coa que se quere seguir pondo en valor o talento creativo da nosa comarca, dinamizar o mercado municipal nun Nadal no que a creatividade é a protagonista, así como tamén o amosaron os praceiros e praceiras cos adornos da Praza de Abastos, realizados despois da súa participación nun Obradoiro de decoración de Nadal.
Por terceiro ano consecutivo a Deputación de Pontevedra lanza a campaña “Elas son a forza do Nadal”, na que sae á palestra para defender o “papel fundamental que as mulleres sempre xogaron no sector primario ao longo de toda a historia”, tal e como afirmou Carmela Silva na presentación desta campaña. Nela estivo acompañada pola deputada de Igualdade, Victoria Alonso, e por Susana Aguiar, emprendedora da produción de lácteos na empresa Kalekoi, Natalia Peixoto, viveirista en Figueiró (Tomiño) e Mónica Brey, produtora de mazá de sidra ecolóxica da Estrada. Tres mulleres ás que a presidenta definiu como “o reflexo de que as mulleres seguimos sendo a alma do sector primario”.
Elas son parte das nove mulleres que participan na campaña deste ano na que tamén aparecen reflexados os testemuños de Beatriz Molones, redeira en Cangas, Rita Vidal, vicepatroa Maior Primeira da Cofradía de Pescadores de Carril e presidenta da asociación AmarCarril de Turismo Mariñeiro, Andrea Silva, peixeira de baixura na Praza de Abastos de Pontevedra, Maruxa Valverde, propietaria dunha panadería en Nigrán, María Antonia Almansa, presidenta da Asociación Cunicultores Progacun (Rodeiro) e Maika Mougán, agricultura en Hortamanga.Estas seis mulleres non puideron estar presentes no acto por motivos laborais mai si que o estarán na campaña que será divulgada nas redes sociais e medios de comunicación -tradicionais e dixitais- grazas a un audiovisual colaborativo no que aparecen así como vídeos individuais de cada unha das protagonistas da campaña, que ademais contarán cos seus propios carteis, cuñas de radio e reportaxes en xornais.
No acto puido verse en primicia un adianto deste vídeo no que as protagonistas aparecen realizando as súas tarefas diarias entre redes, nunha lonxa, manexando maquinaria agrícola ou nunha panadaría. En definitiva, trátase dun vídeo no que se pode ver a “cada unha das mulleres, en pé, empoderadas e aportando tanto á economía”, sentenciou Carmela Silva, e no que tamén se anima ás mulleres a formar parte das directivas e a darse conta da súa valía. “Son nove extraordinarias, fantásticas e potentes mulleres que están comprometidas co crecemento da provincia e eu creo que todas e todos deberíamos darlle as grazas”. A campaña ponlle voz a nove mulleres que falan “con paixón do seu traballo, pero tamén do seu territorio e da nosa terra. Non deixen de escoitalas porque unha non soamente sinte orgullo de cada unha delas, sente orgullo de ser da provincia de Pontevedra de ser galega, do traballo e do crecemento que promoven na nosa provincia”.
A presidenta tamén se referiu ao produto de proximidade, “as nosas produtoras e produtores traballan unha materia que é recoñecida a nivel mundial pola súa calidade e sostibilidade pero -remarcou- mercamos os produtos sen pensar quen está detrás e nós, dende a Deputación, queremos poñerlle rostro”. E por este motivo conxuga a visibilización das mulleres no sector primario coa posta en valor do produto de proximidade. Para Carmela Silva “mercar ese produto é mercar calidade, é desfrutar do mellor e tamén apoiar ao sector primario. Polo tanto esta campaña fala de nós, do que somos e do ben que facemos as cousas e liderado por mulleres o que lle dá un enorme valor engadido”.
Susana Aguiar, Natalia Peixoto e Mónica Brey agradeceron á Deputación a súa confianza e a posta en marcha deste tipo de campañas “que non só fan fincapé no sector primario senón que nos axudan a reivindicar o papel das mulleres, que ata o de agora estaba nun segundo lugar”. Tamén se referiron ao produto de proximidade “que é marabilloso e que moitas veces non o poñemos en valor como deberíamos”.
A música continúa esta fin de semana no Rosal coa celebración do XI Concerto Coral Ecos do Nadal, unha das actuacións máis agardadas nestas datas tan sinaladas organizada pola Coral Ecos do Folón de Fornelos en colaboración coa Asociación Músico-Cultural Ecos do Folón, co Concello do Rosal e a Comunidade de Montes Santa Mariña do Rosal.
O espectáculo será o vindeiro sábado 11 de decembro ás 19.00 horas no auditorio municipal, con entrada de balde ata completar aforo. Nesta actuación, a Coral Ecos do Folón estará acompañada polo Coro Passionato de Tomiño. O público poderá desfrutar dun repertorio especial de nadal baixo a dirección de Jorge Fernández e dun espectacular final en grupo.
O Concello de Nigrán, dentro da súa programación especial de Nadal e no marco do convenio con FEGATEA, presenta este sábado ás 20:00 horas no Auditorio Municipal a obra ‘Distintas Compañías de Teatro do Ar’. A compañía de Nigrán, responsable da primeira Escola de Teatro Municipal con todavía prazas vacantes, representará a obra orixinal de Pedro Rodríguez Villar, director do grupo. Unha comedia baseada nas lendas que o escritor Antonio Fraguas recolleu durante a súa vida de aldea en aldea.
Dous sospeitoso peregrinos chegan a Eiriña, unha aldea pequena que non sae en ningún mapa e onde viven cerca de trinta veciños nun pequeno casco urbano entre leiras e bosques escuros. Perdidos preguntan ó párroco Muñoz, un crego sospeitoso que non sae da aldea desde hai vinte anos, por onde se vai a Santiago. Este non lles responde e os inclúe como parte dun ritual do máis estrano e perigoso.
Con esta historia, Pedro Rodríguez pretende mostrar a forza das lendas e a tradición no rural galego. “Son parte da nosa identidade e temos que saber aprecialas como fonte de contos, teatro e todo o que queiramos”, explica o creador. Outro dos puntos interesantes da obra, ademais da súa chave de humor, consiste no contraste entre unha xuventude pegada ao Instagram e outra ás lendas de lareira.
A Xunta de Galicia financiará con 320.000 euros a rehabilitación do edificio que acollerá o centro de dinamización empresarial de Ponteareas.
A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, e a alcaldesa, Cristina Fernández, asinaron un convenio de colaboración co que o Concello poderá acceder a un novo préstamo do Fondo de Cooperación. Ponteareas é o municipio galego que máis veces se beneficiou deste instrumento, que desde a súa posta en marcha lle está a permitir financiar 9 actuacións con créditos por un importe de máis de 1,5 millóns de euros.
Este instrumento de apoio económico, concibido para concellos de menos de 50.000 habitantes, foi impulsado polo o Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS) no ano 2017 e está dotado dun orzamento global de 20 millóns de euros.
No caso concreto de Ponteareas, o crédito sen xuros ao que accede, e que poderá devolver á Xunta nun máximo de oito anos, permitirá levar a cabo a reforma e acondicionamento de dúas plantas do inmoble situado no número 13 da praza Maior, co fin de habilitar un espazo ao servizo do tecido empresarial do Concello.
A conselleira recordou que a evolución ascendente de axudas concedidas desde 2017 son unha mostra da consolidación do Fondo de Cooperación do IGVS como unha ferramenta de apoio útil e ben valorada polas entidades locais. Así, só este ano e incluíndo xa o convenio asinado hoxe, a Xunta concedeu máis de 4 millóns de euros a un total de 10 municipios para levar a cabo unha ducia de actuacións.
Nesta liña, subliñou que este programa supón unha solución ás dificultades coas que se atopan en moitas ocasións as entidades locais para poder acceder a vías de financiamento que lles permitan executar proxectos de interese municipal.
Por iso, salientou a importancia de que as distintas administracións públicas traballen man a man co obxectivo común de ofrecer os mellores servizos públicos ao cidadán, ao tempo que enmarcou o Fondo de Cooperación na aposta da Xunta pola rehabilitación e a posta en valor do patrimonio inmobiliario xa construído.
Utilizamos cookies para mejorar su experiencia y nuestros servicios, analizando la navegación en nuestro sitio web. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información pulsando aquí:.Saber MásAceptar
Cookies
Privacy Overview
This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.