8.5 C
Pontevedra
Venres, 29 de Marzo de 2024
Máis
    HomeVal MiñorBaionaO XXII Cros Escolar do Val Miñor mantén a inscrición aberta ata...

    O XXII Cros Escolar do Val Miñor mantén a inscrición aberta ata o vindeiro 15 de decembro

    O domingo 19 de decembro, a contorna do antigo campo de fútbol de Santa Marta será o escenario no que se dispute o XXII Cros Escolar do Val Miñor, proba que abrangue dende a categoría chupete ata a xuvenil e que farán saídas escalonadas.

    Así, as e os participantes da categoría cadete masculino e feminino, con data de nacemento en 2007 e 2008, sairán ás 10:45 h e 11:00 . Os atletas infantís masculino e feminino (2009-2010) correrán ás 11:15 h e 11:25 h. Alevín masculino/feminino (2011/2012) empezarán a proba ás 11:35 h e 11:45 h, respectivamente. Os participantes na categoría benxamín masculino/feminino (2013/2014) terán súa saída ás 11:55 h e 12:05 h. A categoría de prebenxamín masculino/feminino (2015/2016) sairán ás 12:10 h e 12:20 h e, por último, os atletas de Cros máis pequenos, os chupetes masculino/feminino (nados 2017-2018) comezarán a súa proba ás 12:30 horas e 12:40 horas, respectivamente.

    A inscrición a esta proba finaliza o vindeiro mércores, día 15 de decembro podéndose realizar as mesmas no pavillón de Deportes Municipal, chamando ao teléfono 986 356 558 ou no correo electrónico deportes@baiona.gal.

    Tamén se lembra que o uso da máscara é obrigatorio en todos os espazos exteriores se non se pode manter a distancia física interpersoal de distancia, excepto na proba física. Ademais do uso correcto da máscara, lémbrase que é preciso aplicar as medidas hixiénicas e manter as normativas de distancia social marcados polos protocolos de seguridade contra o Covid-19.

    O Concello de Baiona adiantou que, en todo caso “e dada a evolución a alza da pandemia e do número de casos, notificaríase calquera cambio no programa”.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.