O alcalde do Concello da Cañiza, Luis Piña, visitou esta mañá aos usuarios do Centro de Día “Anxo” da comarca para agradecerlles persoalmente esta acción solidaria en beneficio das familias incluidas nos programas de emerxencia social desenvolvidas dende o Concello.
Estes programas engloban actuacións de carácter individual e familiar, levados a cabo dende os Servizos Sociais Comunitarios do Concello. Son axudas individualizadas dirixidas a apoiar economicamente a persoas ou unidades convivenciais cuxos recursos resultan insuficientes, necesarias para previr, evitar ou paliar situacións de exclusión social.
Neste caso, os usuarios do Centro de Día “Anxo”, realizaron a xerosa doazón de alimentos para o almacén municipal.