23 C
Pontevedra
Sábado, 20 de Abril de 2024
Máis
    HomeVal MiñorNigránO CEIP da Cruz de Nigrán galardoado no concurso 'Pilabot'

    O CEIP da Cruz de Nigrán galardoado no concurso ‘Pilabot’

    A delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, convidou hoxe aos centros escolares da área territorial a seguir o exemplo marcado polo CEIP da Cruz de Nigrán, galardoado na última edición do  concurso de recollida de pilas ‘Pilabot’. Un certame no que participaron 150 centros de educación primaria e secundaria de toda Galicia e que se saldou coa recollida de preto de 59 toneladas de pilas, acumuladores e baterías usadas, un 34% máis na primeira edición.

    O fixo con ocasión da entrega ao director do centro nigranés do diploma que o acredita como gañador do segundo premio do certame na categoría de recollida total de pilas. Este concurso constaba de dúas categorías: quilos de pilas, baterías e acumuladores recompilados nos contedores dos propios centros  e cifras de recollida por alumno.

    Concretamente, na primeira categoría o  CEIP da Cruz de Nigrán acadou o segundo premio con 2,9 toneladas só superado polo CEIP As Solanas Gutiérrez da Guarda, que logrou recuperar 4 Tn durante as seis semanas de concurso.

    Fernández-Tapias subliñou o compromiso coa reciclaxe dos escolares galegos ao recuperar 59 toneladas de pilas no marco desta iniciativa, unha cifra extraordinaria, dixo, para instar á comunidade escolar a seguir apostando pola recuperación deste tipo de residuos tanto no colexio como na casa.

    Campaña ‘Pilabot’

    E ás portas de cerrar a inscrición da terceira edición de ‘Pilabot’ –o prazo remata hoxe, a través da páxina web do concurso– a representante autonómica animou aos centros educativos da área territorial de Vigo a participar no concurso, que conta cun total de 150 prazas dispoñibles.

    A actividade central volverá ser o concurso escolar de reciclaxe de pilas, baterías e acumuladores de xeito que unha vez pechada a inscrición, repartiranse entre todos os participantes bidóns colectores e material informativo como paso previo ao arranque da recollida, que comezará oficialmente o 13 de xaneiro e se prolongará en cada centro durante un período de seis semanas.

    Cómpre lembrar que a campaña Pilabot foi posta en marcha pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda en colaboración cos xestores deste tipo de residuos autorizados en Galicia (Ecopilas, ERP e Ecolec).

    As pilas e baterías son un tipo de residuos que teñen unha alta carga contaminante. A modo de exemplo, unha soa pila de botón, como a que se emprega nun reloxo, pode contaminar ata 600.000 litros de auga, o que equivale ao consumo de 30 persoas durante toda a súa vida polo que resulta primordial que este tipo de residuo se deposite no colector correspondente para darlle o tratamento axeitado.

    Ademais, as pilas atópanse en múltiples dispositivos, como xoguetes, cámaras, lanternas ou reloxos, polo que desde a Consellería de Medio Ambiente considérase fundamental fomentar a súa correcta separación non só nos fogares, senón tamén nos traballos, centros de ocio e colexios, un dos mellores lugares para trasladar ás futuras xeracións a importancia de separar ben e depositar estes residuos en contedores específicos.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.