8.6 C
Pontevedra
Sábado, 27 de Abril de 2024
Máis
    HomeBaixo MiñoTuiA Oficina de Turismo de Tui atendeu a máis de mil visitantes...

    A Oficina de Turismo de Tui atendeu a máis de mil visitantes ao longo da primeira semana de decembro

    Achegáronse a este punto de información turística 1.006 turistas e 88 peregrinos

    A Oficina Municipal de Turismo do Concello de Tui ten rexistrado nesta primeira semana de decembro un alto número de persoas atendidas; en concreto, un total 1.094 visitantes. Do total de persoas que pasaron por este punto de información turística a gran maioría, 1.006 persoas eran turistas, e 88 peregrinos.

    O desglose destes datos permite comprobar a procedencia deste millar e pouco de turistas que corresponden coas seguintes zonas: Madrid (232), Toledo (84), Valladolid (76), Pontevedra (74), Asturias (68), Salamanca (62), Burgos (52), A Coruña (45) e Vizcaya (32) seguidos por turistas procedentes de Valencia, Tenerife, As Palmas, Cantabria, Ourense, Xaén…Os de procedencia estranxeira eran basicamente portugueses (14)  e italianos (4).

    No caso dos peregrinos, a procedencia internacional é moi maioritaria nestas datas, ben sexa de Portugal (20) ou doutros países, como o caso de peregrinos de Alemaña (13), Francia (6), Brasil (3) xunto con Bélxica, Reino Unido ou de lugares afastados como Corea ou Australia que teñen visitado a nosa cidade na súa peregrinación a Compostela.

    O Concello de Tui expresa a súa satisfacción por estes datos pois a pesar das inclemencias meteorolóxicas rexistradas nestes pasados días os datos antes referidos testemuñan como a nosa cidade tivo un alto número de visitantes nestas datas, o que ten contribuído positivamente ao dinamismo do sector turístico do noso municipio. Complementan estas cifras os numerosos tudenses e visitantes que se teñen achegado a visitar o Mercado de Nadal no Paseo da Corredoira que continuou aberto ata este domingo.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.