8.9 C
Pontevedra
Venres, 29 de Marzo de 2024
Máis
    HomeBaixo MiñoTuiA 15º fase da ARI permitirá investir na rehabilitación de vivendas do...

    A 15º fase da ARI permitirá investir na rehabilitación de vivendas do conxunto histórico de Tui máis de 150 mil euros

    Hai uns días asinouse o convenio entre o Ministerio de Mobilidade, a Xunta de Galicia e o Concello de Tui

    O novo convenio da Área de Rehabilitación Integral, ARI, do Concello de Tui, asinado o pasado día 1 en Santiago entre o  Ministerio de Mobilidade e Axenda Urbana, a Xunta de Galicia e o Concello de Tui permitirá por en marcha a 15º Fase de actuacións no Conxunto Histórico de Tui.

    Nesta nova fase investiranse na rehabilitación de vivendas dentro da ARI 158.500 €, dos que o Goberno Central aporta 63.400 €, o Concello 20.500 € e a Xunta de Galicia 16.383 €. Os 58.217 € restantes corren a cargo dos beneficiarios das axudas.

    Na actualidade a Oficina de Rehabilitación da ARI ten en marcha tres fases (12ª, 13ª e 14ª), sumando este mes a 15ª fase, que permitirá a rehabilitación de oito vivendas no Conxunto Histórico de Tui.

    Da Fase 12ª están executadas todas as actuacións e estase pendente das últimas xustificacións para dala por rematada.  A Fase 13ª ten en marcha catro actuacións, que se prevé rematen no primeiro trimestre de 2022.

    Aprobada a Ordenanza reguladora das Axudas, estase traballando dende a Oficina de Rehabilitación na Convocatoria e apertura de prazo para a solicitude de axudas da 14ª Fase, que se prevé sexa publicada no prazo aproximado dun mes. Posteriormente procederase á unha nova Convocatoria con cargo á 15ª Fase recentemente asinada.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.