A Biblioteca Pública Municipal de Tui organiza, dentro da programación de Nadal do Concello de Tui, catro obradoiros dirixidos aos rapaces e rapazas con idades entre os 5 e os 12 anos de idade. Os interesados deben inscribirse previamente ben persoalmente na propia Biblioteca ou a través do correo electrónico [email protected].
En concreto os obradoiros ofertados son os seguintes:
- Mércores, 29 decembro, ás 17 h: Arte con papel – Papiroflexia/Origami
- Xoves, 30 decembro, ás 17 h: Reciclando a Música – Instrumentos con material reciclado
- Luns, 3 xaneiro, ás 17 h: Cobrando Vida – Creación de marionetas
- Martes, 4 xaneiro, ás 17h: Escola de maxia – xogos de maxia
O obxectivo destes obradoiros é favorecer entre os rapaces e rapazas a creatividade como unha forma de enriquecemento para o tempo de lecer.
Complétase a programación de Nadal da Biblioteca Municipal tudense co Mercadiño Solidario de Libros que até o xoves, 23 de decembro, ofrece a posibilidade de intercambiar produtos de Nadal por libros, cunha ampla oferta de libros procedentes de expurgos e doazóns.