Onte deron comezo as obras de saneamento e acondicionamento da Fonte de San Sebastián, que permanece sen subministro tras detectarse contaminación na súa auga.
Os valores paramétricos que aparecían alterados nas analíticas correspondíanse con posibles filtracións de fecais (bacterias coliformes e microorganismos aerobios 22º), polo que foi preciso proxectar a canalización do caudal no tramo ata o grifo para impedir filtracións contaminantes e garantir a súa potabilidade.
Así, colocarase unha tubería de PVC de 75 x 10 atm. desde el la entrada a la mina hasta el naciente y una tubería de ventilación para poder realizar los actuales y posteriores trabajos en la mina. Además, se acometerá la construcción de una arqueta a la entrada de la mina (junto al parque infantil) para la conexión del agua no potable con la red de pluviales.
“Esta fonte ten un gran valor, non só patrimonial senón tamén funcional, xa que son moitos os veciños e veciñas da vila que consumen esta auga cada día, polo que supón un gran perxuizo que non esté en funcionamento”, explicou o alcalde, Alejandro Lorenzo, “Por iso estamos a facer o necesario para que o subministro se poida manter con todas as garantías sanitarias”.
No mesmo sentido se explicou o concelleiro de Vías e Obras, Ramón Porto, “o importante é asegurar que a auga mantén a súa calidade e é apta para o consumo”.
A Xunta garantirá o correcto funcionamento da estación de autobuses de Ponteareas. A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade adxudicou en febreiro o contrato para a explotación das estacións de autobuses de Cambados, Cangas, Ponteareas e Vigo para os vindeiros 5 anos, por un valor estimado de máis de 2,4 millóns de euros (sen IVE).
O contrato para a explotación deste servizo foi adxudicado á Unión Temporal de Empresas Mantenimientos y Servicos de Galicia S.L. y Transportes La Unión, S.A.
A través dese contrato, a Xunta asumirá a xestión do edificio completo da estación, unha vez que o Concello de Ponteareas decidiu romper as negociacións coa Xunta para dispoñer do primeiro andar do edificio e destinalo a usos sociais e financiar o 50% dunha obra de remodelación da terminal por importe de 500.000 euros.
A Xunta e o Concello de Ponteareas chegaron a un acordo neses termos o pasado ano e a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade consignou unha partida orzamentaria de 250.000 € para financiar o 50% das obras neste ano 2022. Sen embargo, ao intentar avanzar na tramitación do convenio atopouse coa falta de resposta por parte do Concello de Ponteareas, que finalmente trasladou a súa vontade de mudar os termos do acordo, de forma que fose a Xunta a que asumise o importe íntegro das obras neste ano. Ao comunicar a Xunta a falta de dispoñibilidade orzamentaria para responder a esa petición, o Concello de Ponteareas comunicou o fin das negociacións e desistiu do acordo.
Por tal motivo, tras notificar o Concello de Ponteareas a súa decisión de deixar de xestionar a estación de autobuses, a Xunta solicitou a entrega por parte do Concello da documentación necesaria para formalizar o traspaso, así como os contratos que permitan manter a actividade nos locais ocupados do primeiro andar ocupados con fins sociais.
A Xunta acometerá as obras necesarias para garantir o correcto funcionamento da estación de autobuses unha vez que asuma a súa explotación.
O Concello de Redondela, a través da Concellería de Medio Ambiente que xestiona Alberto Álvarez, vén de sumarse á celebración do Día Mundial da Auga que se conmemora o vindeiro 22 de marzo como recordatorio da importancia que ten e auga no ciclo da vida e, por ese motivo, contribuír a mantela fora de calquera fonte de contaminación.
Con ese obxectivo, dende o vindeiro día 21 de marzo, o Concello de Redondela distribuirá gratuitamente funís ou embudes que faciliten o enchido de botellas con aceite doméstico usado para, posteriormente, depositalas nos contedores de reciclaxe de aceite existentes no municipio.
Os funís poderán ser recollidos, ata final de existencias e totalmente de balde, na Casa do Concello, no Multiúsos da Xunqueira de Redondela e no Multiúsos Piñeiral do Crego de Chapela.
A alcaldesa Digna Rivas lembrou a importancia da reciclaxe de aceite doméstico dado que, tal e como demostran os diferentes estudos científicos, “tan só 1 litro de aceite contamina 40 000 litros de auga, que é o equivalente ao consumo dunha persoa no seu domicilio durante todo un ano”.
Rivas amosou o seu convencemento que “os pequenos xestos que cada un de nos poidamos realizar nos nosos fogares e en actividades cotiás, como a reciclaxe de aceite de cociña, son fundamentais á hora de conservar o noso medio ambiente”.
“O Concello de Redondela –asegura a alcaldesa– priorizou sempre a defensa do medio ambiente nas súas actuacións como o demostran iniciativas desenvolvidas dende o Goberno local tendentes a fomentar a compostaxe ou a diminuír a utilización de plásticos”
O Concello de Salvaterra de Miño vén de recibir un novo camión de lixo, adquirido polo municipio por máis de 140.000 € e financiado a través do Plan Concellos 2021 da Deputación de Pontevedra.
Trátase dun vehículo compactador de RSU de 11m3, ampliando a capacidade de recollida considerablemente e que conta con moitas melloras que facilitarán o traballo dos operarios, conseguindo así máis axilidade.
O incremento de poboación tanto no centro urbano como nas parroquias trae consigo tamén un incremento na xeración de residuos orgánicos que engadido a avanzada idade dun dos camións de lixo cos que conta o Concello, xa que debido a gran dispersión e cantidade de poboación é necesario que a diario se mobilicen os dous vehículos, facía necesario unha renovación co fin de mellorar o servicio ofrecido, de forma que se optimice da forma máis eficiente posible a recollida de residuos sólidos urbanos.
Todo está listo para a gran noite do turismo galego. A Gala Provincial de Turismo da Deputación encherá este próximo xoves de cor, son e imaxe o Auditorio Mar de Vigo cun grande espectáculo audiovisual cheo de sorpresas que, ao máis puro estilo cinematográfico con photocall, alfombra vermella e un enorme escenario cunha pantalla curva de 17 metros de longo, mostrará todas as potencialidades do destino Pontevedra Provincia. “Vai ser impresionante, temos preparada a mellor Gala dos últimos anos”, sinalou a presidenta Carmela Silva.
Máis de 350 persoas reuniranse nun evento conducido pola actriz Jazmín Abuín que, baixo o fío condutor da campaña “Love Rías Baixas”, contará coa forza da música de Tanxugueiras e o sorprendente show de iluminación e son en altura de Pablo Méndez Performance. Na Gala, a que asistirán alcaldes e alcaldesas da provincia, representantes do sector turístico e numerosas representacións de asociacións e colectivos da cultura, da política e da sociedade, nomearase á Ruta do Viño como nova “Embaixadora Rías Baixas”, e entregaranse os distintivos de calidade aos 163 novos establecementos de 27 concellos da provincia que obtiveron o SICTED, selo no que somos líderes de todo o estado con máis de 300 entidades adheridas. O evento, televisado por Televigo, tamén será retransmitido por streaming a través de www.depo.gal e das redes sociais da Deputación.
Midas, Figa e Terra. Os tres temas que revolucionaron ao público da man de Olaia e Sabela Maneiro e Aida Tarrío, xunto a Iago Pico e Isaac Palacín, integrantes de “Tanxugueiras”, soarán en directo na Gala Provincial de Turismo. Coa súa forza arrancará o evento no que “Love Rías Baixas”, a campaña de promoción turística para este 2022, terá especial protagonismo a través das persoas que aparecen no audiovisual: Mari Hashimoto (de Osaka, Xapón), Kate Singer (de Chicago, EUA), Perret e Diego Ríos (de Santiago, Chile), Keven Weatherill (de Rocher, Inglaterra), Virgina Gil (de Aranda de Duero, España), Daniela Savic (Eslovenia), Violeta Mi Tan (Shanghai, China) e Saliou Ndongo (Senegal). Elas e eles serán as encargadas/os de achegar ao Auditorio a súa visión sobre os recursos de Pontevedra provincia que a converten nun destino top no estado e nun lugar único co Camiño e a camelia, a natureza e patrimonio, a gastronomía, a cultura ou os festivais de música, o deporte e as actividades de turismo activo, as paisaxes, o mar, o mundo rural, a nosa xente e a enerxía positiva que desprende este territorio.
Durante o evento a Deputación tamén nomeará á nova “Embaixadora Rías Baixas 2022”, que será a Ruta do Viño Rías Baixas, declarada “mellor ruta do viño de España” en Fitur 2022, que se sumará así a este “club” de entidades e persoas que cada ano distingue a institución por levar o nome da provincia por todo o mundo. O pasado ano 2021 recibiron este nomeamento as e os chefs da provincia con estrela Michelin e neste 2022 o presidente da Ruta do Viño Rías Baixas, Juan Gil, colleralles o testemuño.
O broche de ouro da Gala Provincial do Turismo da Deputación virá da man de Tanxugueiras que pecharán o evento con “Terra”, a canción favorita do público no Benidorm Fest que servirá de colofón final para reivindicar, ao igual que fai o vídeo promocional “Love Rías Baixas”, que a provincia de Pontevedra “é unha terra sen fronteiras”.
O Concello de Nigrán ven de facer realidade a proposta do pintor Rafel Jiménez Ambel para homenaxear aos bombeiros do GES Val Miñor cun mural alusivo á loita contra os incendios de 2017 en Chandebrito. Así, as pasadas semanas estivo a traballar na sede da agrupación na rúa Paradellas (Nigrán) para decorar a parede frontal da instalación cun traballo colorista que, de xeito abstracto, retrata o traballo destes profesionais.
Este veciño de Panxón doutor Cum Laude en Belas Artes quixo homenaxear aos bombeiros cunha obra na que son os protagonistas.
“Gustounos a súa proposta e consideramos moi merecida esta homenaxe artística e precisamente na súa sede”, destaca o alcalde, Juan A.González.
Os xardíns da Estación Fitopatolóxica de Areeiro agochan tesouros de gran valor científico, medioambiental e patrimonial dos que centos de persoas desfrutan acotío da man da “Ruta da Ciencia Areeiro”. Tal é o éxito destas visitas impulsadas pola Deputación e que xa realizaron máis de 400 persoas, que as e os deputados provinciais Ana Laura Iglesias, Noemí Outeda, Raquel Giráldez, Manuel González, Gorka Gómez e Gregorio Agís non quixeron perder a ocasión de realizar dunha destas rutas coas que a Estación acadou o certificación Observer como destino de turismo científico, un fito que xa no 2020 lograra o Castelo de Soutomaior. Ao seu carón estiveron Maite Vence, a directora de Observer, e Carmen Salinero, xefa do servizo da EFA, quen fixo un repaso pola historia do centro e amosoulles as principais liñas de investigación nas diferentes áreas e seccións así como os servizos públicos dispoñibles.
Así, coñeceron de preto a colección de camelias, que conta con máis de 1.200 cultivares e 80 especies, a plantación de kiwis e o Xardín de Pedro Mansilla, onde nace un manancial que discorre canalizado e chega a un estanque no que medran diversas plantas acuáticas. Tamén percorreron o xardín de camelias figo, onde puideron desfrutar da colección máis grande deste tipo de camelias que existe no mundo fóra de Xapón, as plantacións de té, feixoas e de distintas especies de camelia. A visita tamén pasou polo xardín de aromáticas e polos laboratorios de fitopatoloxía nos que se levan a cabo investigacións que son parte fundamental dos labores que se desenvolven na Estación. A ruta rematou cunha degustación de té verde, un produto obtido a partir da camelia e elaborado en Areeiro.
A “Ruta da Ciencia Areeiro” busca achegar a Estación ao maior número de persoas a través de dous formatos. O primeiro deles está dirixido ao público en xeral e ás familias e conta con itinerarios diferenciados para o público adulto e infantil, dos que xa gozou o alumnado de centros como o CEIP Ardán (Marín) e o CEIP da Torre Cela (Bueu). O segundo itinerario está pensado para profesionais do eido científico e chega a adentarse nos laboratorios da Estación, tal e como fixeron alumnas e alumnos da Escola de Enxeñería técnica Forestal de Pontevedra ou da Escola Superior Agraria de Ponte de Lima. As persoas que desexen participar nunha destas visitas tan só teñen que realizar unha reserva no sitio web de Observer (www.observersciencetourism.com).
A parlamentaria socialista Leticia Gallego presentou onte en Mos unha batería de iniciativas parlamentarias para que a Xunta explique a previsión de execución do polígono industrial da Arrufana, situado en Louredo, no Concello de Mos.
“Non sabemos nada sobre a construción do polígono industrial da Arrufana”, denunciou a responsable socialista, logo de visitar a zona onde previsiblemente debera situarse esta infraestrutura xunto coa portavoz socialista de Mos, Victoria Alonso, e concelleiras e concelleiros, e militantes socialistas.
Dende este enclave, Gallego lembrou o compromiso da conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, que o 1 de setembro do ano pasado visitou Mos para anunciar a posta a disposición de medio millón de metros cadrados de solo industrial na zona, pero censurou: “dende o goberno galego continúan coa súa política de propaganda: anuncian e anuncian, pero logo non fan nada”.
Neste sentido, a deputada destacou que “os veciños e veciñas desta vila teñen que ter información actualizada da situación na que se atopa esta nova e necesaria zona industrial”.
Por iso, requiriulle ao goberno galego que dea “cumprida información” da fase na que se atopa o proxecto, a previsión de investimento, así como en que partida e programa orzamentario se atopan incluídos nos orzamentos deste ano 2022.
O Concello de Ponteareas apoia e felicita a ‘Iniciativa polo audiovisual galego’, impulsada pola Mesa de Normalización Lingüística, co obxectivo de buscar a igualdade para o galego na dobraxe, audiodescricións e financiamento de produción nos termos contemplados na Iniciativa Xabarín aprobada por unanimidade no Parlamento galego, procurando “a normalización do uso da lingua galega nun eido de extrema importancia como é o audiovisual”, como salienta o concelleiro de Lingua, Fernando Groba.
Para o edil iniciativas como esta son fundamentais “para que dispoñamos de máis oferta televisiva e mediática na nosa lingua e paliar así a inmensa desproporción que existe hoxe en día entre o emprego das linguas que conviven na nosa sociedade nos medios de comunicación”.
Con esta nova campaña búscase presentar emendas á nova Lei do Audiovisual garanta a igualdade para o galego no desenvolvemento do conxunto do audiovisual e das canles e plataformas de contidos televisivos nas vindeiras décadas.
Borja Cachaldora, de 29 anos de idade é o novo axente da Policía Municipal de As Neves. Incorouse ao seu posto a semana pasada, logo de competar os 6 meses de adestramento regulamentario, a metade deles en Ponteareas e os outros tres na Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP) na Estrada.
Neste tempo recibiu formación en materia xurídica, operativa, asistencial, de tráfico, administrativa, técnica, social, xudicial ou de investigación.
O único axente da Policía Local das Neves
Borja é o único axente da Policía Local das Neves, o primeiro que ten o concello en preto de tres anos e o segundo en toda a súa historia. O seu antecesor, Fernando Fernández, estivo no seu posto preto de tres décadas, ata a súa xubilación en 2019.
A funcións do novo policía abranguerán dende a xestión de tráfico, realización de notificacións e elaboración de informes ata a coordenación coa Garda Civil e os Servizos de Emerxencias, entre outras.
Fará o seu traballo nun territorio de 66 quilómetros cadrados, formado por 13 parroquias nas que viven preto de 3.900 veciñas e veciños.
O novo axente levou a cabo as súas primeiras accións relacionadas co cumprimento das normas medioabientais, limpeza de fincas e intervencións en materia de circulación, asistencia e seguridade.
Ponteareas converterase este 18 de marzo en escenario dunha nova cita co 8º festival cultural Convergências Portugal-Galicia, que achega á vila dúas propostas de artistas de ambos lados do río Miño para que a veciñanza poida gozar das súas interesantes creacións.
Así, este venres a sala multiúsos do auditorio municipal acollerá un evento dobre que arrancará ás 20.00 horas coa presentación do proxecto ‘Meniños cantores 2’ da Asociación Cultural e Pedagóxica ‘Ponte… nas Ondas!’. O seu presidente, Santi Veloso, descubrirá ao público esta proposta na que participaron 17 centros educativos de Galicia e Portugal prepararon un repertorio musical que transcende o territorio poñendo en diálogo permanente as dúas beiras da fronteira. O resultado é unha serie documental, unha web, un glosario e un libro disco composto por 17 cancións de música tradicional e popular apadriñada por varios artistas que poñen a súa voz e a peza ‘Máis perto’, himno do proxecto.
A xornada continuará ás 20.30 horas co concerto de Sérgio Mirra Trío, un multi-instrumentista de cordas desexoso de transmitir ás vindeiras xeracións o riquísimo tesouro que é a música tradicional portuguesa e os instrumentos tradicionais. Un espectáculo cheo de ledicia, bo humor e unha escolma de pezas musicais cantadas e instrumentais recollidas por todo o país, de norte a sur, pasando tamén polas illas. Todo cunha identidade moi propia e persoal, cunha mestura de ritmos moi diversos e tratando de facelas atractivas e contaxiosas para o público que as escoita.
O concelleiro de Cultura, Fernando Groba, destaca a importancia de que Ponteareas forme parte deste importante festival transfronteirizo que permite “continuar estreitando conexións culturais e históricas entre Galicia e Portugal” e convida á veciñanza a asistir a esta cita de gran valor artístico e cultural.
Sarabela Teatro presenta este venres, 18 de marzo, ás 21 h no Teatro Municipal, ‘A Lingua das Bolboretas’, unha montaxe pola que recibiron catro Premios María Casares 2021 ao Mellor Espectáculo, dirección (Gonçalo Guerreiro), actor secundario (Fran Lareu) e adaptación-tradución (Fernando Dacosta e Gonçalo Guerreiro).
Gonçalo Guerreiro é o responsable da dirección e dramaturxia desta montaxe teatral. Sobre o escenario estará un elenco de seis actores: Fernando Dacosta, Elena Seijo, Josito Porto, Fran Lareu, Sabela Gago e Fina Calleja.
Esta é a cuarta ocasión na que a veterana compañía galega leva a escena unha obra de Manuel Rivas. Con anterioridade representou ‘O Lapis do Carpinteiro’, ‘O Heroe’ e ‘Os libros arden mal’. Nesta ocasión mestura ‘A lingua das bolboretas’ con ‘A traxectoria do balón’.
O mestre don Gregorio e o neno Pardal protagonizan unha historia que nos achega á fascinación infantil ante o descoñecido e do sufrimento que provoca a represión das liberdades humanas. O proceso de aprendizaxe que emprende o rapaz da man do mestre da escola (unha figura que simboliza a liberdade que xera o coñecemento) é testemuña tamén da traxedia que supón vivir con medo, do cru impacto que xera o estalido dunha guerra civil.
As entradas están á venda en www.tui.gal aos prezos de 10 € e 8 €.
A Deputación de Pontevedra dará este próximo venres, 18 de marzo, o pistoletazo de saída á exposición itinerante ‘Camiños do Sur’, que impulsa no marco do proxecto europeo ‘Camiños Xacobeos do Oeste Peninsular’, para valorizar o patrimonio natural e cultural das vías transfronteirizas que descorren pola provincia cara Compostela, en concreto o Camiño Portugués e o Camiño Portugués pola Costa. O obxectivo é enxalzar a súa natureza e as oportunidades de desenvolvemento económico e social sostible que xeran. A mostra, que poderá visitarse durante as vindeiras catro semanas no exterior do Palacete das Mendoza en Pontevedra, recalará despois en Baiona, Tui, Redondela e Caldas.
“Camiños do Sur”, que ocupará un espazo de 150 metros cadrados, difundirá información a través de cubos retroiluminados e taboleiros con deseños atractivos e modernos, imaxes de gran formato e mobiliario contemporáneo, práctico, atractivo e versátil adaptado ao espazo, vanse “xuntar mundos diversos”, presentar paisaxes, vilas, cidades, persoas e culturas a carón dos camiños. En concreto, amosaranse percorridos e datos históricos, centrando a atención nos contrastes, nas relacións e similitudes entre as paisaxes, así como información sobre os núcleos de poboación que percorren as persoas peregrinas e sobre o seu patrimonio, as súas xentes, as súas tradicións e a gastronomía.
Tralo paso por Pontevedra, a mostra continuará o seu percorrido pola provincia visitando a partir do 26 de abril Baiona, onde se situará na Praza do Concello. Posteriormente, a partir do 2 de xuño, exhibirase en Tui na sala municipal de exposicións do edificio “Francisco Sánchez”, dende o 9 de xullo estaráen Redondela no Multiusos da Xunqueira e rematará en Caldas, a partir do 17 de agosto, na Praza do Camiño.
O proxecto “Camiños Xacobeos do Oeste Peninsular”, no que se enmarca a exposición “Camiños do Sur”, conta cun orzamento de 2,5 millóns de € cofinanciados polo FEDER ao 75%. O seu principal obxectivo é impulsar o patrimonio do Camiño a través de infraestruturas nas vías cara Compostela que atravesan o Oeste da Península Ibérica como son o Camiño Mozárabe, o Camiño da Costa, a Vía da Prata ou o Camiño Portugués. En concreto, a través deste proxecto no que a Deputación de Pontevedra traballa xunto a outras doce entidades do resto do Estado e de Portugal, estase a impulsar unha actuación homoxénea de sinalización; a mellorar equipamentos; empregar as tecnoloxías para poñer en valor as rutas como recursos turísticos desenvolvendo unha app; e implantar unha estratexia para a conservación, dinamización e prestación de servizos no camiño.
O vindeiro sábado, 19 de marzo, e o domingo, día 20, o Multiusos Mercado de Sabarís acollerá o I Festival Poético do Concello de Baiona ‘Baiverso’ un evento no que se combinan a poesía e a música nunha actividade que forma parte da ampla e variada oferta cultural que vén de poñer en marcha o Concello de Baiona a través da Concellería de Cultura que xestiona Miriam Costas.
O sábado a cita será ás 18:00 h coa escritora María Xosé Queizán, a poeta Cynthia Menéndez, e con Law + GazzFunkdation soará a unha enérxica e elegante fusión jazz- funk chea e frescura e sabor urbano a cargo do colectivo galego. Ás 19:00 h poderase gozar do concerto poético de “Cinta Adhesiva”.
O domingo ás 11:30 h haberá un taller de Lettering para o que é necesario facer reserva previa no 986385921 ou en [email protected] . Ás 12:30 h en sesión vermú a nota musical corre a cargo da actuación de “Xardín Desordenado” e “Graciela Baquero”
O I Festival Poético do Concello de Baiona ‘Baiverso’ enmárcase dentro ‘O Mes da Poesía’, un programa de actividades que se desenvolve ao longo do mes de marzo para conmemorar o día 21 de marzo, Día Internacional de la Poesía, a data escollida pola UNESCO para conmemora unha das formas máis prezadas da expresión e identidade e lingüística da humanidade: A poesía.
A programación foi impulsada pola Biblioteca Municipal de Baiona e a Concellería de Cultura co obxectivo de apoiar a diversidade lingüística a través da expresión poética.
A iniciativa, completarase coa Ruta Da Poesía no que poderase disfrutar da lectura de diversos poemas de autores actuáis máis representativos da sección de poesía do catálogo da Biblioteca Pública Municipal de Baiona a través dun roteiro lieterario por visibles lugares da nosa Vila.
Outras actividades do Mes da Poesía
Hoxe mércores 16 de marzo, ás 17 h, na Biblioteca Municipal terá lugar un obradoiro de Poesía e Pintura no que, a partir de poemas e contos lídos e contados, os nenos e nenas elexirán elementos dos poemas e os pintarán. Posteriormente intentarase crear un texto orixinal en imáxenes con eles. O obradoiro terá unha duración aproximada de 60 minutos e está dirixido a nenos e nenas de entre 4 e 7 años.
O vindeiro mércores 23 de marzo, ás 17 h, realizarase o obradoiro de poesía: “Platero y Yo e outros poemas”, no que se xogará có léxico e as imaxes. Posteriormente, intentarase crear un texto orixinal con os cativos e cativas participantes. O obradoiro terá unha duración aproximada de 60 minutos e está dirixido a nenos e nenas de entre 8 e 13 anos.
Asimesmo, o mércores 30 de marzo, ás 17 h, realizarase un obradoiro de poesía para adultos. Leranse poemas de diferentes autores con temática de biografía. Explicaranse os autores, un breve contexto e os poemas, para que poidan ser entendidos e valorados. Tamén farase un obradoiro de escritura posterior. O obradoiro terá unha duración aproximada de 60 minutos e está dirixido a un público a partir de 14 anos.
Para poder participar nos distintos obradoiros ofertados é necesaria a incripción previa ata completar o aforo na Bibioteca Pública Muinicipal ou a través do 986 35 59 43.
Durante toda a pasada semana PSOE e BNG mantiveron diversas reunións de traballo a fin de acadar un acordo sobre os orzamentos municipais para este ano 2022. ven de reunirse durante a semana pasada co BNG para pechar un acordo satisfatorio sobre os orzamentos municipais do ano en curso.
Tras unha análise pormenorizada do documento, os eixos principais sobre os que xirou a negociación foron, segundo as e os socialistas ponteareáns o mantemento das diversas subvencións e axudas a colectivos sociais, culturais e deportivos do municipio; incremento do orzamento destinado ao Centro de Reparto de Alimentos e, así mesmo, o incremento de orzamento destinado ao desenvolvemento do rural e das parroquias.
O PSOE ponteareán tamén condicionou o seu apoio aos orzamentos municipais ao aumento do orzamento destinado para fomento de emprego e manter o convenio que o Concello mantiña coa protectora de animais Os Biosbardos e que, segundo as e os socialistas “desaparecera do borrador dos orzamentos”.
Os socialistas sosteñen que nun ano no que se está intentando saír da pandemia e na que a situación mundial agrava a crise social actual “é máis necesario ca nunca manter as axudas aos colectivos sociais, culturais e deportivos do municipio”.
Lembran que, realizando un traballo voluntario, anónimo e moitas veces silencioso, “as organizacións sociais son as que moitas veces representan as súas comunidades dende ámbitos tan diferentes como a cultura, o medio ambiente, o desenvolvemento comunitario ou o deporte, entre outros”.
Precisamente por iso consideran que o Concello, a través do orzamento municipal, “debe axudar a eses colectivos, que coñecen mellor que ninguén as necesidades concretas dos diversos ámbitos que representan”, indica Alfonso Porto, presidente da Xestora do PSOE.
Por todo iso o Partido Socialista “amósase satisfeito” co acordo conseguido xa que logrouse incrementar as subvencións contempladas no borrador arredor dun 30 % así como incorporar a subvención á protectora de animais Os Biosbardos. En canto ás subvencións de carácter social que non foron incrementadas “mantéñense co compromiso de ampliar partida orzamentaria en caso de que sexan insuficientes por un incremento de demanda”.
A importancia que ten o emprego para os socialistas de Ponteareas quedou reflexado tamén nos orzamentos incrementando a partida de formación nun 35 %. A formación é fundamental para a inserción laboral e por iso os socialistas consideraban preciso que estivese reflectido no orzamento.
Coñecedores da importancia económica e turística do ferri entre A Guarda e Caminha, neste ano xacobeo 2022, os socialistas esixen á Xunta que sexa responsable das súas competencias e repare a infraestrutura portuaria de atraque do transbordador. Representantes do Grupo Municipal Socialista da Guarda presentaron no rexistro municipal unha moción para que sexa debatida no próximo pleno ordinario do mes de marzo.
No apartado expositivo os socialistas argumentan a importancia que o ferri ten para A Guarda, tanto para manter a comunicación entre as dúas ribeiras do Miño, transportando pasaxeiros e vehículos, como para dar continuidade ao camiño Portugués da Costa que “entra en Galicia pola Guarda, tras cruzar o Miño na súa desembocadura.”
O peirao do ferri sofre unha avaría no verán de 2021 por falta de mantemento, e dende entón, portos de Galicia propietario da infraestrutura, impide o acceso dos vehículos ao embarcadoiro. Este é o motivo polo que o ferri deixa de navegar sin que Portos, ata o momento, atenda as demandas que se teñen feito dende o concello da Guarda.
Os socialistas declaran: “o embarcadoiro da Pasaxe seguirá tendo utilidade se o actual ferri se substitúe por outro tipo de embarcación ou incluso se houbera máis de unha facendo o servizo. Non hai nada que xustifique que se deixe deteriorar esta infraestrutura portuaria.”
Na moción tamén se fai mención ás demandas do sector privado vinculado ao Camiño Portugués da Costa, non solo do concello da Guarda senón tamén dos concellos de O Rosal, Oia, Baiona e Nigrán. Dende o seu recoñecemento oficial en 2016, moitas persoas estiveron traballando para ofrecer servizos no camiño en base ao crecemento que este viña experimentando e as expectativas que se crearon. Non é de recibo que agora a Xunta de Galicia deixe sen continuidade o camiño por non resolver o paso do esteiro do Miño. Debe manter as condicións que xeraron aquelas oportunidades e expectativas.
No apartado resolutivo os socialistas esixen a Xunta de Galicia que repare, a maior brevidade, o peirao do ferri da Pasaxe para posibilitar o embarque de vehículos. Tamén instan a Xunta a que habilite un transporte de pasaxeiros alternativo entre A Guarda e Caminha mentres non estea reparado o embarcadoiro.
O GDR Condado Paradanta vén de publicar as bases do novo certame “Visións do territorio: III concurso artístico do Condado Paradanta”, que nesta nova edición contará con catro categorías, fotografía, vídeo, pintura e deseño gráfico. Os concursantes poderán presentar as súas obras ata o 31 de maio ás 14:00 horas.
O concurso está dirixido ao público en xeral, tanto profesional como afeccionado e poderá escoller o tema co que participar. Neste senso, o único requisito establecido nas bases é que a materia a tratar estea relacionada co territorio GDR Condado Paradanta.
Premios
Nesta nova edición haberá tres premios, un premio do xurado por categoría que consistirá nun pack experiencia para dúas persoas no Condado Paradanta, valorado en 150 €. Tamén haberá un premio do público por categoría que consistirá nun lote de produtos locais, valorado en 75 €. E un terceiro recoñecemento á obra máis votada, de entre tódalas categorías, que ademais de contar cun pack experiencia para dúas persoas, será recoñecida como a “Mellor Obra Artística do GDR Condado Paradanta 2022”.
Entrega
As persoas participantes terán de prazo para presentar as súas obras ata o 31 de maio de 2022 as 14:00 horas, no enderezo [email protected].
A Concellería de Participación Cidadá organiza, dentro do programa municipal ‘Ocio en Familia’, unha actividade que se realizará o domingo 20 de marzo en conmemoración do Día Internacional da Síndrome de Down que terá lugar ao día seguinte.
Trátase da proxección dunha película no Centro Dotacional de Torroso ás 17 h e ás 18.30 horas en segundo pase, con entrada de balde para os asistentes. As entradas pódense recoller de 16.30 a 20h no propio Centro.
O filme titúlase Valentina. Esta película musical está orientada a un público familiar e centrada nas idades de 3 a 7 anos.
Co motivo da celebración do Día Internacional da Síndrome de Down o día 21 de marzo propúxose a proxección da película de animación Valentina, unha produción galega e en galego, estreada a finais do 2021, e que vén de recibir o premio Goya á Mellor Longametraxe de Animación.
Valentina, dirixida por Chelo Loureiro, está protagonizada por unha nena con síndrome de Down que pensa que nunca poderá conseguir o seu sono de ser trapecista, pero ao longo dunha viaxe máxica descubrirá todo aquilo do que é capaz e aprenderá que nunca se debe perder a ilusión nin as gañas de aprender
Valentina é unha longametraxe que defende a diversidade e que aposta pola inclusión de persoas con diversidade funcional na nosa sociedade.
O Concello de Nigrán ven de investir 9.595 € na renovación da pista multideportes situada na Alameda de A Ramallosa. Concretamente, mudáronse os 280 metros de céspede artificial por outro novo de mellor calidade coas marcaxes en branco e, ademais, substituíronse os taboleiros danados do peche perimetral por outros. O resultado é unha cancha para practicar deporte en óptimas condicións.
“Trátase dun dos espazos deportivos con máis uso de todo o municipio e, lóxicamente, xa presentaba desgastes”, sinala o alcalde, Juan González, quen defende este tipo de instalacións ao aire libre e de uso público como un dos mellores xeitos de promover o deporte.
O Concello do Porriño vén de dar o primeiro paso para implantar o programa de atención temperá no municipio. Estase a falar dun servizo moi demandando no Porriño consistente nun conxunto de intervencións dirixidas á poboación infantil (ata 6 anos) e á súas familias, que ten por obxectivo dar resposta o antes posible ás necesidades permanentes ou transitorias que poidan presentar as nenas e nenos con trastornos do desenvolvemento ou risco de padecelos.
O alcalde, Alejandro Lorenzo, e a concelleira de Sanidade e Educación, Carolina González, informaron ao persoal de pediatría do centro de saúde do Porriño do inicio das xestións para implantar este servizo, valorar e coordinar con eles as medidas a tomar.
“A atención temperá permite que se poidan detectar dificultades do desenvolvemento con maior prontitud e que os nenos e nenas, polo tanto, poidan recibir atención profesional canto antes, algo de vital importancia nunha poboación como a do Porriño cun alto índice de natalidade”, explicou o rexedor, “As pequenas e pequenos que nacen no noso pobo e as súas familias deben contar con toda a atención posible que se lle poida prestar desde as administracións”.
Pola súa banda, a concelleira explicou que “xa se solicitou a subvención da Consellería de Política Social no marco da Rede Galega de Atención Temperá para poder poñelo en marcha no Porriño á maior brevidade posible”.
O alcalde da Cañiza, Luis Piña, anunciou onte pola mañá que o parque móvil municipal dispón xa dun cuarto brazo desbrozador para o mantemento dos viais e camiños públicos. Un brazo máis pequeno, menos pesado e máis manexable pero con igual capacidade de actuación para a limpeza de cunetas, xa que se adapta mellor ás dimensións dos viais.
Este novo elemento desbrozador vén a reforzar o servizo de mantemento de viais municipais, considerando que A Cañiza conta cun territorio cunha grande dispersión xeográfica e un elevado número de pistas e camiños públicos que hai que manter en óptimas condicións.
Por iso, esta nova máquina ven a ser imprescindible para a execución dos traballos de limpeza e mantemento que unha vez ao ano é preciso realizar en todos estos viais. A súa operatividade será de gran valor sobre todo nas pistas máis estreitas.
Cun investimento de 20.000 €, contou cunha subvención da Deputación Provincial de 18.000 € a través da Liña 1 do Plan Concellos 2021. Para a súa adquisición o Concello aportou 2.000 € de fondos propios.
O pasado sábado 12 de marzo, a parroquia pontareán de Xinzo acolleu o III Festival de Bandas Infantís despois de tres anos sen poder celebralo debido á pandemia. No auditorio do Centro Cultural, as dúas bandas da Escola de Música (ESMU), a Banda Infantil e a Pequebanda, foron as protagonistas da tarde.
A nova edición do festival deu comezo ás 18:00h coa actuación da Pequebanda, agrupación composta polos máis pequenos da ESMU, pero que deleitaron ó cheo auditorio co seu talento. Seguidamente foi o turno la Banda Infantil, que, ao igual ca anterior, estivo dirixida por Javier Blanco, tamén director da Banda de Música Xuvenil de Xinzo.
Coa terceira edición do Festival de Bandas Infantís xa para o recordo, haberá que esperar ao ano que ven para unha nova entrega. Pero o público poderá volver a disfrutar dos seus compoñentes moito antes desa data. Será o mes que ven, o sábado 9 de abril, cando os músicos de ámbalas agrupacións regresen ó escenario do Centro Cultural de Xinzo para a audición do segundo trimestre da ESMU.
A tarde de onte tivo lugar no Multiusos das Pozas a recepción ao Club Tenis de Mesa Mos polos resultados obtidos no Torneo de Lamego – Portugal e no Torneo Estatal da Categoría de Discapacidade que se celebrou en Santander.
No acto estiveron presentes, ademais dos deportistas do Club Tenis de Mesa Mos, Iván Pombo, secretario do Club Tenis de Mesa Mos, Samuel Pereiro, destrador do Club Tenis de Mesa Mos, Nidia Arévalo, alcaldesa de Mos, o concelleiro de Deportes de Mos, José Areal, e demais membros do equipo de goberno e da Corporación Municipal.
O Club Tenis de Mesa Mos vén de facer un gran papel en sendos campionatos, internacional e nacional. No primeiro caso a competición internacional foi un Torneo de Clasificación de Portugal con varias medallas para: Laura Amoedo e Carla Blanco e por equipos: Laura Amoedo, Carmela Sanmartín e Sara Alfaro.
A fin de semana dos días 26 e 27 de febreiro 16 xogadores do Club Tenis de Mesa Mos participaron nun torneo de alto nivel en Portugal para puntuar no ranking portugués e onde obtiveron o segundo posto por equipos feminino.
Tratouse do Torneo de Lamego – Portugal, puntuable para a clasificación portuguesa con xogadores chegados desde todos os puntos de Portugal e de Porto Rico, Chile, Ecuador etc.
Os resultados máis destacados do Club Tenis de Mesa Mos foron:
Subcampioas en Equipos feminino sub19.
Laura Amoedo: 5° clasificada en feminino sub19.
Carla Blanco 5°: clasificada feminino sub10.
No caso do Campionato Estatal da Categoría de Discapacidade, Torneo Estatal que se celebrou en Santander e foi disputado esta pasada fin de semana (11, 12 e 13 de marzo), os xogadores do clube mosense que participaron son:
Sofía Freiría, categoría ‘disca pé’, a máis nova da categoría deixando moi boas sensacións nos xogadores. Vena cun futuro moi prometedor nesta categoría.
Martina Sande, participou na categoría ‘disca cadeira’ sendo a máis nova e cun futuro prometedor por diante, xa que leva pouco tempo adestrando e conseguiu xogar a un bo nivel.
Iván Pombo participou na categoría ‘disca cadeira’ sendo o xogador con maior discapacidade. Competiu con xogadores con menor discapacidade obtendo resultados moi positivos. Grazas a estes resultados colócase como un dos mellores de España na categoría de clase 1.
Todos eles compiten por primeira vez neste torneo.
Coa súa participación, van ter a oportunidade de darse a coñecer e poder entrar no grupo de promesas con discapacidade da Selección Española. Os resultados para o club CTM Mos foron moi prometedores en Santander. Todos eles están no punto de mira para poder pertencer ao grupo de promesas da Selección Española.
O Concello de Ponteareas está a reparar as deficiencias históricas na rede de saneamento da Avenida de Castelao no cruce coa rúa San Roque, onde a rotura das actuais tubaxes e a insuficiencia de dimensión para acoller o caudal necesario provocaban “graves problemas para a saúde pública polas verteduras de augas fecais á rúa, ao terreo e ao soto de edificios lindeiros”, como salienta a alcaldesa, Cristina Fernández Davila. “Cando revisamos atopámonos cunha rede de saneamento en moi mal estado pola deficiencia na calidade construtiva e pola falta de mantemento prolongado no tempo, con tubaxes de rotas ao non aguantar a presión e con outras desencaixadas, o que provoca continuas filtracións” recalca a rexedora.
Un histórico problema que se repite con frecuencia e que supón grande investimento para o Concello, que cada ano inviste miles de euros en solucionar as desfeitas causadas. Agora estanse a colocar novas tubaxes para acabar coa entrada de augas fecais en garaxes de edificios da contorna debido ás continuas roturas e adaptar a instalación “ás necesidades reais da vila, coas arquetas coas dimensións axeitadas para canalizar a densidade dos residuos”, explica a concelleira de Infraestruturas Básicas, Lola Covelo. Estas obras de reparación supoñen un investimento de case 47.000 euros cofinanciados polo Plan Concellos 2020 e fondos propios.
Ademais das reformas puntuais en diferentes rúas de Ponteareas, como a que se está a levar a cabo na Avenida de Castelao, o Concello inclúe en todas as obras de humanización que se están a realizar o cambio e actualización da rede de saneamento e o soterramento de redes e servizos como o alumeado ou telecomunicacións.
Está xa habilitado na web municipal do Concello de Tui un formulario para que a veciñanza poida ofrecer a súa axuda á poboación ucraína.
Deste xeito búscase coñecer os recursos, tanto materiais coma humanos, cos que se pode contar en Tui para axudar á poboación ucraína desprazada ao municipio.
Así por unha banda a cidadanía pode ofrecer vivenda, gratuíta ou en aluguer, pero tamén o seu tempo realizando labores de tradución, axudando en clases de castelán, levando a cabo reforzo educativo, acompañamento, clasificación e organización de material, … indicando a súa dispoñibilidade horaria. Tamén se pode ofrecer axuda material en forma de roupa, enxoval, libros, material escolar, produtos de hixiene,… e no caso das empresas poden tamén ofrecer emprego.
Estes recursos, que serán rexistrados, irán activándose a medida que sexan necesarios tanto a curto, coma a medio e longo prazo.
O formulario pódese cubrir en liña na propia web, ou descargar en envialo ao correo [email protected] ou tamén presentalo presencialmente no Centro Sociocomunitario, no Centro Municipal de Formación e Emprego, ou nos Servizos Sociais Comunitarios Municipais. Este documento tamén se pode recoller impreso nestes tres puntos.
Dende o Concello de Tui agradécese á cidadanía a colaboración e axuda nesta crise humanitaria, e faise fincapé na importancia de poder canalizar toda a esta axuda do xeito máis efectivo.
Este venres volverase reunir no Concello de Tui a mesa de traballo creada para axudar á poboación ucraína.
O Concello de Baiona ilumina a súa fachada de cor amarela con motivo da celebración do Día Mundial da Endometriosis.
Cada 14 de marzo celébrase esta xornada co obxectivo de dar a coñecer este padecimiento que altera a calidade de vida de quen o sofre.
A endometriosis é unha enfermidade que afecta as mulleres e caracterízase por unha dor que adoita ser máis intenso durante o período menstrual. Provoca danos no aparello reprodutor feminino, onde adoita aparecer un crecemento benigno do tecido encometrial, que ocasiona a aparición de quistes e outras malformacións nos ovarios e que nalgúns casos pode deixar á muller infértil.
A Deputación de Pontevedra segue a avanzar para retomar dous dos programas sociais con maior participación da cidadanía, “En Ruta coa Depo” e “Depotermal”, que neste 2022 volven despois dun parón de dous anos debido á pandemia. En total, ambas iniciativas ofrecerán este ano preto de 25.000 prazas para que a veciñanza poida participar en rutas por lugares emblemáticos da provincia e en estadías en distintos establecementos de termalismo.
“En Ruta coa Depo” ofrece ás entidades e asociacións a posibilidade de realizar rutas por lugares emblemáticos da provincia, acompañadas por unha persoa guía de turismo e incluíndo xantar e transporte. O Goberno vén de aprobar o expediente para contratar a xestión deste programa, cun máximo de 20.000 prazas, e ao mesmo tempo a Deputación tamén está a tramitar as 332 solicitudes que colectivos de 47 concellos da provincia fixeron xa para participar en algunha das 32 rutas ofertadas. Unha vez cubertas as prazas, o resto das solicitudes quedarán en lista de agarda.
Do total de prazas ofertadas, 400 son gratuítas para persoas con dificultades económicas ou risco de exclusión social. No resto, o custo da praza é de 34,86 euros, cofinanciado pola Deputación, de maneira que cada participante achegará a cantidade de 13,50 euros. Hai que destacar a grande aceptación deste programa, do que desde 2016 se beneficiaron máis de 75.000 persoas.
No que respecta a “Depotermal”, que ofrece un total de 4.434 prazas, xa está adxudicada a xestión deste programa de termalismo social, no que se invisten 111.601 euros. Está destinado a persoas maiores (nacidas antes de 1972), pensionistas, persoas cun recoñecemento do grao de diversidade igual ou superior ao 65%, amais de persoas que precisen dun respiro familiar. Das citadas 4.434 prazas, un total de 1.248 serán para a opción de asistencia diúrna a balnearios, talasos ou spas durante cinco mañás ou tardes consecutivas. E destas, 186 serán prazas reservadas para persoas en situación ou risco de exclusión social. Por outra banda, ofertaranse 3.186 prazas para a opción con pernoita e réxime de pensión completa de domingo a venres, das que 124 serán tamén reservadas para persoas en situación ou risco de exclusión social.
Unha vez se publique no BOPPO a adxudicación do servizo, as persoas interesadas terán un prazo de 15 días para presentar a súa solicitude nun formulario na web da Deputación que poden presentalo electrónica ou de xeito presencial. A Deputación ten tamén un rexistro de 53 concellos adheridos ao plan, que facilitarán ás persoas a realización dos trámites e axudas. Este rexistro está aberto á incorporación de novos concellos. Desde o ano 2015 teñen participado neste programa de termalismo un total de 12.121 persoas.
O Concello de Tomiño vén de recuperar a antiga ponte medieval situada entre as parroquias de San Salvador de Piñeiro e San Salvador de Sobrada, construída sobre o río Furnia.
A ponte, ben de interese cultural, está nun camiño municipal inventariado que é o antigo camiño que unía Tui co barrio tomiñés de Hospital, coñecido por albergar un hospital de peregrinos do que hoxe en día aínda quedan restos. Realizada en cantería irregular na súa maior parte, presenta un so arco de medio e unha lonxitude total de 15 metros.
A estrutura foi clausurada hai tempo, advertíndose do seu perigo, pois atopábase moi deteriorada a causa do paso do tempo e as chuvias. Con danos nunha das partes inferiores do arco e un leve afundimento no lousado superior, sospeitábase que as filtracións dende a cara superior lavaron interiormente o material de recheo, provocando o seu esvaramento sobre o leito do río, manténdose, porén, o arco intacto.
Ponte medieval antes das obras
Ponte medieval despois das obras
Co fin de recuperar o estado inicial da ponte e manter o elemento nunhas condicións óptimas de seguridade, así como preservar o patrimonio arquitectónico do Concello de Tomiño, leváronse a cabo traballos de reconstrución do sobrazo, limpeza da vexetación e consolidación e selado do lousado superior.
A limpeza do lousado da calzada da ponte realizouse en dúas fases: unha primeira mediante o uso de rozadoira equipada con fío e unha segunda fase de forma manual, utilizando ferramentas non agresivas como espátulas, cepillos e vasoiras, eliminando plantas superiores e depósitos de terra sobre as laxas, e incluíndo a tala dun salgueiro que, pola súa proximidade, podería afectar á estrutura.
Os empresarios da Granxa veñen facer unha doazón de produtos ao banco de alimentos municipal SOS Porriño, amosando a súa disposición a traballar da man do Concello para axudar ás persoas que o necesitan.
En concreto son 220 kg de pasta e 900 L de leite que se distribuirán entre as familias usuarias do servizo municipal de reparto de alimentos.
O alcalde do Porriño, Alejandro Lorenzo, e o concelleiro de Servizos Sociais, Abel Estévez, reuníronse hoxe co presidente da Entidade Urbanística de Conservación do Polígono de A Granxa, Indalecio Cuevas, e co seu xerente, David Sobral, para agradecer a súa doazón e establecer vías de colaboración entre ambas entidades que repercutan na veciñanza.
O rexedor quixo agredecer a solidariedade dos empresarios xa que “grazas á súa implicación poderemos axudar ás veciñas e veciños que están a pasar unha situación difícil” e destacou “o labor de responsabilidade social que desempeñan de maneira activa e con especial atención ao noso municipio. Unha sinerxia que redunda en beneficio dos porriñeses e porriñesas”.
No mesmo sentido se expresou o concelleiro, que agradeceu “constantes mostras de solidariedade das empresas afincadas no Porriño”.
O presidente dos empresarios, pola súa banda, reafirmou o seu “compromiso coa veciñanza do Porriño e a man tendida dos empresarios do polígono a colaborar co Concello” á vez que agradeceu a boa sintonía e comunicación entre ambas entidades.
A Deputación de Pontevedra, a través de SmartPeme, oferta esta semana tres novas accións formativas impartidas de xeito online, enmarcadas na carteira de obradoiros que se imparten de forma telemática. As accións versarán sobre Instagram profesional, Facebook Ads e Intelixencia Artificial.
O primeiro dos obradoiros terá lugar este martes 15 cunha sesión titulada “Instagram profesional para triunfar coa túa empresa I”, da man de Esther Garcinuño, diplomada en Ciencias Empresariais con máis de oito anos de experiencia en deseño, desenvolvemento e dirección de proxectos web. Esta obradoiro terá continuidade a seguinte semana con outro taller no que tamén se afondará nesta rede social como ferramenta empresarial.
O día seguinte, o mércores 16, o enxeñeiro informático José Luis Taboada explicará no taller “Facebook Ads” como crear anuncios segmentados na plataforma Facebook. Neste obradoiro as pemes e persoas autónomas coñecerán as principais vantaxes e a creación de campañas con Facebook Ads e Power Editor así como o poder dunha boa segmentación.
As actividades rematarán o xoves 17 da man de Manuel Freire, experto universitario en Robótica, que impartirá un obradoiro sobre “Intelixencia Artificial I, que é e como funciona” no que explicará, entre outras cuestións, os comezos e evolución da Intelixencia Artificial e a súa primeira clasificación.
As actividades programadas polo Día Internacional da Muller, polo Concello da Guarda, estenderanse ao mes de abril de 2022, deste xeito o sábado día 2 de abril ás 17:00h, terá lugar o ESCAPE ROOM de Igualdade, polas rúas da Guarda, dirixido a público familiar.
Esta proba está recomendada a partir dos 12 anos en diante debido aos coñecementos necesarios (culturais , de estratexia….) aínda que non é excluínte. Tratase dunha actividade que se desenvolve en grupos, que deberán integrarse cun mínimo de 3 persoas e un máximo de 5, chegando a un total de 15 grupos como máximo.
A actividade terá como base a Praza de Avelino Vicente e desenvolverase na zona vella e no Castelo de Santa Cruz. Explicarase inicialmente a dinámica da actividade aos participantes, as regras da mesma, así como a resolución das posibles dúbidas que lles poidan xurdir ás persoas participantes. Unha vez repartido o material para cada equipo, comezará a proba, saíndo todos os equipos ao mesmo tempo.
En primeiro lugar os equipos deberán localizar, coa axuda dun mapa, diferentes puntos de control distribuídos polo contorna da zona vella da Guarda e o Castelo de Santa Cruz. No seu itinerario deberán atopar certa información que será vital para a seguinte parte da proba. Acabar o antes posible outorgará aos equipos máis tempo para superar a seguinte fase. Esta parte terá unha duración aproximada de 30 minutos, cunha distancia total a percorrer aproximada de 2-3Km e un nivel de esixencia medio-baixo. Para iso, as/os participantes contarán cun plano da vila.
Na terceira parte da proba os equipos volverán á Praza de Avelino Vicente, onde se desenvolverá unha proba sonora grupal. Cada equipo contará con numeroso material gráfico en forma de debuxos, imaxes, palabras, números…, paralelamente unha gravación deseñada para a ocasión acompañaraos en todo momento, e será a clave para resolver a proba, apoiándose nas pistas que conseguiron na fase anterior. O obxectivo final é conseguir a combinación numérica coa cal abrir a caixa forte e o código de 6 letras para abrir o críptex.
As persoas interesadas en participar na actividade poden presentar a solicitude de forma presencial na conserxería (punto de Información) do Concello da Guarda (Casa dos Alonso) en horario de 8:00h a 15:30h. e no centro cultural en horario de 17:00 a 20:00h. ou a través do seguinte correo electrónico: [email protected] ( pode descargarse o modelo de solicitude da páxina web do Concello).
No caso de menores de idade non acompañados, deberan presentar autorización asinada polas súas proxenitoras/es ou titoras/es.
O venres 31 de marzo publicarase a listaxe dos equipos admitidos na páxina web do Concello e comunicarase a través do e-mail que se facilite na solicitude, así como a listaxe de suplentes.
O Concello de Covelo dá un paso máis na mellora das infraestruturas e servizos municipais de uso público coa execución do proxecto “Mellora das instalacións do cemiterio de Piñeiro”. Financiado con fondos propios, a través do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra, supón un investimento de 33.348,88 €.
Con esta actuación o goberno de Covelo da resposta á demanda veciñal realizando as obras necesarias para acondicionar o local existente no interior do cemiterio e convertelo en aseos públicos adaptados a persoas con mobilidade reducida. Trátase dun antigo local de 17,80 m2 no que se almacenaban ferramentas e que, na actualidade, presentaba un estado moi deteriorado con humidades no teito e no chan por filtracións na cuberta e nas paredes, motivo polo que tamén estaba en mal estado o alicatado.
Ademais, o proxecto contempla a construción dunha beirarrúa de acceso aos aseos, a mellora da iluminación, a dotación de auga e saneamento coa execución dun pozo de barrena e unha fosa séptica.
O alcalde Pablo Castillo engade que, entre algúns dos traballos que se están desenvolvento, está a colocación dun depósito para o almacenaxe de auga, catro proxetores LED de 4.000 lm e 40W de consumo, reemprazo de sanitarios, novas portas de rexistro de chapa de aceiro galvanizado e novas portas con pechaduras para o osario.
Estas obras súmanse ás de mellora da contorna e dotación de zona de aparcamento realizadas nos últimos anos.
A Deputación de Pontevedra pon en marcha a nova convocatoria dos Premios Provinciais á Xuventude e o Concurso Reacción polo Clima, que buscan estimular e promover o talento da mocidade da provincia no ámbito sociocultural e amosar as súas reivindicacións no eido da loita contra o cambio climático respectivamente. Deste xeito, a partir de mañá martes 15 de marzo e ata o 15 de maio estará aberto o prazo de presentación dos traballos a ambos certames, que en conxunto repartirán 36.000 euros en premios.
No caso dos Premios Provinciais á Xuventude, será a sexta edición duns galardóns que buscan estimular e recoñecer o talento, a traxectoria, o esforzo e compromiso da mocidade nas dez categorías do certame: Iniciativa social, iniciativa empresarial, educación en valores, investigación, contido audiovisual, traballos musicais (coas subcategorías de música clásica e outros xéneros), traballo literario breve (con narrativa e poesía), banda deseñada, fotografía orixinal (con serie fotográfica e fotografía) e deseño e moda. En cada unha delas haberá tres premios, cun orzamento total de 32.000 euros.
A novidade este ano será a incorporación da modalidade de investigación, á que poderán optar proxectos no ámbito das ciencias e humanidades (ciencias, artes, letras ou xurídicos) realizados en centros de investigación e/ou universidades galegas. Admitiranse traballos rematados, presentados e publicados (incluíndo os de fin de grao), ou proxectos en fase de investigación avanzada. Valoraranse aspectos como a innovación, a relevancia científico-tecnolóxica e a súa contribución no avance do coñecemento no seu campo, a orixinalidade da proposta e os seus aspectos innovadores, así como a vinculación do obxecto da mesma cos sectores estratéxicos produtivos ou os aspectos de carácter social, humano ou patrimonial de relevancia para a provincia. De forma complementaria terase en conta a identificación realista dos obxectivos, a claridade e coherencia das formulacións, a metodoloxía de traballo deseñada, o coñecemento das fontes de datos e a verificación da súa fiabilidade, así como a previsión da difusión dos resultados.
Estes premios están dirixidos a persoas de 16 a 35 anos, aínda que na categoría de Educación en Valores permitirase a concorrencia de proxectos de centros educativos nos que teñan participado alumnado de entre 12 a 18 anos. Nesta categoría, ademais, os premios destinaranse integramente á adquisición de material, saídas educativas, proxectos escolares ou calquera outra actividade que teña relación directa co centro. Ata o 15 de maio as persoas interesadas poderán preinscribirse nestes premios e, posteriormente, abrirase outro prazo para a presentación dos traballos. A gala de entrega dos galardóns celebrarase a finais de setembro.
Por outra banda o concurso Reacción polo Clima, que chega á terceira edición, ten como finalidade promover a loita contra o cambio climático a través de manifestacións artísticas visuais, ademais de potenciar o talento da mocidade e amosar as súas reivindicacións. Os galardóns están dotados de 4.000 euros, que se distribúen nun primeiro premio de 2.400 €, un segundo de 1.000 € e un terceiro de 600 €.
Os traballos a presentar deberán realizarse en formato audiovisual, admitirase calquera tipoloxía empregada pola mocidade nas redes sociais ou medios de difusión similares (como Instagram, TikTok, YouTube…) e a súa duración máxima é de 2 minutos e medio.
Este certame está dirixido a persoas físicas e xurídicas. No primeiro caso deben ter entre 16 e 30 anos e estar empadroadas en calquera dos concellos da provincia. No que atinxe ás persoas xurídicas, deben ser entidades que teñan a súa sede fiscal na provincia e que ao menos o 50% das persoas administradoras ou membros da xunta directiva sexan persoas físicas con idades comprendidas entre as citadas idades.
Toda a información sobre os premios estará dispoñible na web da Deputación (www.depo.gal) e as persoas interesadas poderán tamén contactar en caso de dúbidas co Servizo de Cohesión Social e Xuventude [email protected].
O Concello de Nigrán investirá 12.000 € nun novidoso proxecto concedido pola Fundación Española de Ciencia e Tecnoloxía (FECYT) – Ministerio de Ciencia, Innovación y Universidades consistente en crear ‘microrreservas piloto’ na zona de dunas de Praia América (cara a Lourido) co obxectivo de renaturalizalas ao tempo que se crea conciencia social ao respecto. O obxectivo é acadalo a través dunha campaña de participación pública innovadora, na que a propia zona servirá de ‘aula viva’ desde onde se impartirán obradoiros medioambientais abertos á cidadanía.
Os traballos, que xa arrancaron a semana pasada coa participación do alumnado do IES Val Miñor, se extenderán ata setembro deste ano e correrán a cargo do equipo de traballo da firma con base tecnolóxica Hydrosphere (xurdida como unha spin-off da Universidade de Vigo), a propia Universidade de Vigo (coa participación do Centro de Investigación Mariña e do grupo de Xeociencias Mariñas e Ordenación do Territorio) e o Consello Superior de Investigacións Científicas a través de dúas unidades de Cultura Científica (CSIC en Galicia e Instituto de Investigacións Mariñas).
“Hai uns meses presentáronnos este proxecto e desde o Concello non o dubidamos nin un intre porque, a diferencia da zona de Panxón, estas dunas non están siquera delimitadas e é unha oportunidade única de rexeneralas ao tempo que creamos concienciación social ao respecto”, destaca o alcalde de Nigrán, Juan González. Así, case 2.000 metros cadrados serán delimitados con vallas e carteis divulgativos nas próximas semanas para restrinxir por completo a intervención humana e evitar así o impacto continuo do pisoteo. “O fin é manter a área libre de alteracións permitindo que especies autóctonas desprazadas pola intervención humana colonicen de novo o lugar”, xustifican desde Hydrosphere, onde sinalan Praia América como o lugar máis idóneo para este proxecto concreto “ao mesturar por unha banda o seu alto valor ecolóxico e estar provisto de sistema dunar e, por outra, ter unha elevada afluencia de visitantes e gozar de infraestruturas destinadas ao ocio e o turismo”.
O realmente novidoso do proxecto é que estas áreas funcionarán como unha ‘microrreserva piloto’ que se empregará tamén como unha ‘aula viva’ de educación ambiental, xa que os científicos impartirán talleres didácticos in situ de forma entretenida e accesible para todos os públicos pondo de manifesto a necesidade de conservar o bo estado dos areais. Así, durante os meses de verán estes obradoiros irán dirixidos ao público en xeral e, durante o curso escolar, a 148 alumnos do IES Val Miñor, CEE Juan María e CEIP Mallón, disporán da súa propia parcela sinalizada para apadrinar e apreciar nela a evolución da zona ao longo do tempo.
En concreto, plantéxanse obradoiros dirixidos sempre por expertos na zona dunar (observación e identificación da flora e fauna, plantación de especies autóctonas e eliminación de invasoras) e na zona de arribazón (recollida de algas para identificar, mostreo científico para observar macrofauna, identificación taxonómica, observación de microplásticos e estimación do seu impacto). Ademais, ao longo do areal estudiarase o tipo de sedimento e a súa orixe e se realizarán perfís topográficos para coñecer a morfoloxía da praia e a súa dinámica. O fin último de todo isto é aumentar o coñecemento de conceptos básicos e acadar un cambio positivo nas actitudes e valores dos participantes que estimule o uso responsable dos espazos, buscando un equilibrio entre a explotación social e económica das praias e a súa protección. Por iso a campaña incluirá disfusión mediante redes sociais e creación dunha páxina web específica.
A Deputación vén de sacar a licitación as obras de mellora da seguridade viaria en na EP-2502 Cerquido-Ribadelouro, en Tui, cuxo orzamento ascende a case medio millón de euros (468.243 €) que serán financiados pola institución provincial nun 70 % (327.770 €) e o Concello asumirá o 30 % restante (140.473 €). Con estas actuacións a Deputación busca un deseño comprensible e utilizable da estrada provincial por todas as persoas en condicións de seguridade e comodidade. Deste xeito, segue a liña do seu modelo de mobilidade amable, sostible e segura no que as e os peóns teñen prioridade sobre o tráfico rodado.
As obras realizaranse dende o punto quilométrico 1+950 ata o 2+150 e permitirán a creación unha zona de convivencia con preferencia peonil na contorna do Centro Cultural e da Igrexa de Santa Comba, unha zona con moito tránsito. Amais, acondicionarase o viario municipal que a cruza neste punto para recoller o tráfico dos vehículos que se desviarán coa peonalización. Tamén se mellorará o trazado existente coa ampliación do radio das curvas máis pechadas e o deseño dunha beirarrúa máis ancha que a existente para separar o tráfico peonil. As obras completaranse coa renovación da iluminación e recollida das pluviais e incorporaranse elementos redutores de velocidade. Os traballos comprenden uns 200 metros de zona peonil, e uns 300 de viario municipal con senda.
Máis polo miúdo, a mellora da mobilidade peonil acadarase mediante as obras de demolición do viario EP-2502 na zona de actuación, para peonalizar o ámbito, así como das beirarrúas e parte da sección da calzada necesaria para a ampliación da senda no caso do viario municipal. Executarase o pavimento da nova ordenación deseñada, que combinará formigón con lousas de pedra na zona peonil, e no viario municipal senda de formigón coloreado. Amais, abordarase o reforzo do firme da calzada no viario municipal mediante fresado e reposición de la capa de rodadura e as obras contemplan a reinstalación da sinalización vertical e horizontal adaptada á nova ordenación do ámbito, así como a instalación de mobiliario: bancos, arborado e bolardos, para acondicionar a contorna. A mellora completarase coa execución dos servizos urbanos necesarios, que inclúen o soterramento do alumeado, rede eléctrica e de telecomunicacións.
No verán de 2015, Arantza Portabales daba os seus primeiros pasos como escritora, cando menos publicamente, traendo debaixo do brazo o premio de novela por entregas organizado por un xornal galego. As bases para acadar aquel galardón eran moi estritas en canto a extensión e división en capítulos, o que condicionaba en estremo a estrutura e desenvolvemento da narración. Todo un desafío. Seis anos despois, Arantza decide recuperar aquel primeiro traballo, «Sobrevivindo», que presenta en «versión ampliada». Alén dunha simple revisión e actualización da novela orixinal, o que se nos ofrece agora é unha reforma integral na que, liberada dos condicionantes impostos polo premio, a autora decide afrontar con amplitude aquelas cuestións que na trama orixinal considerou que ficaban sen desenvolver completamente. Tanto é así que a nova «Sobrevivindo» chega, practicamente, a duplicar a extensión da novela breve orixinal.
Como non podía ser doutra maneira, a historia segue a ser a mesma e as personaxes principais mantéñense na súa integridade, mais agora podemos comprender un pouco mellor as razóns das súas actuacións. Val Valdés, a protagonista, amosa facianas que na primeira versión quedaban esquecidas ou eran simplemente suxeridas, penetrando deste xeito na fondura psicoloxía dunha muller tan peculiar coma esta. Algunhas tramas están máis desenvolvidas e outras personaxes tamén adquiren máis presencia, redondeando desta maneira o relato orixinal e dándolle unha nova dimensión máis completa.
A historia que nos conta é a dunha muller que decide presentarse a un concurso televisivo de telerrealidade do que sae gañadora e, por supossto, obscenamente enriquecida. Os cartos serviranlle para alonxarse dos medios de comunicación e para se converter nunha empresaria de éxito, –moito éxito–, ata que un día confesa o asasinato dun home. A partir desta proposta, a autora tece unha tea de araña na que pasado e presente se dan a man continuamente e na que o lector ficará irremediablemente enredado. Val Valdés comeza a presentar distintas facianas segundo o momento, dende a nena inocente e namoradiza á empresaria feroz ou a concursante manipuladora. Un xogo poliédrico que, no fondo, amosa unha muller moito máis feble do que exhibe ao mundo, unha muller que é quen de construir un entorno no que colocar e ordear as carencias afectivas que padece, pois o trunfo e a derrota forman un tándem indisoluble para ela.
Cun estilo fresco e abundantes diálogos, Arantza xoga con nós ao relatar parcial e desordenadamente os acontecementos sobre os que se alicerza a trama. Necesítase, deste xeito, a complicidade do lector para colocar cada peza no seu lugar nunha sorte de proceso creativo colaborativo digno de ser destacado. Mantén, iso si, a mesma estrutura fraccionaria a base de capítulos breves característica da versión inicial, sobre a que se van intercalando novas pezas do crebacabezas coas que deberemos darlle a forma definitiva ao relato. O resultado é unha melloría notoria da novela galardoada e máis un fascinante reto para o lector.
Estas últimas semanas se han visto convulsionadas por una nueva guerra en territorio europeo y es que no ha habido siglo en la historia de Europa, desde la existencia de los reinos, que no hubiera alguna guerra. Es un mal endémico que arrastramos en nuestro ser y no nos lo sacamos de encima. Estamos en pleno s. XXI, cuando se suponía que habíamos superado dichas situaciones, que el ser humano debería de alcanzar un más alto grado de conciencia y preocuparse por el bienestar del mismo y del planeta, pero está claro que no.
Pues cómo decíamos, un gran país cómo es Rusia, por los delirios de grandeza de su Presidente y de la gente que lo rodea, ha decidido atacar de forma indiscriminada a su país hermano, Ucrania, porque si, son países hermanos, durante muchos años estuvieron bajo la misma bandera y aunque su historia es convulsa, no es pretexto para una guerra, porque como decía el personaje de un saga literaria de Isaac Asimov, por cierto escritor de origen ruso, la violencia es el último recurso de los incompetentes. Por cierto, esa palabra se ajusta perfectamente a los gobernantes que tenemos en nuestro mundo. Putin es un personaje que quiere pasar a la historia por volver a convertir a una Rusia en un gran potencia, está claro que no ha escogido el camino correcto, su país, su gente, su historia, se merece ser uno de los grandes de nuestro planeta, pero no por causar una nueva guerra. El estadounidense, una nueva marioneta de los grandes lobbies, falto de personalidad y de carisma. La Unión Europea, ¿qué es eso? ¿un conglomerado de políticos de tres al cuarto más preocupados por cobrar sus dietas y de que no le saquen su sillón que de buscar soluciones? Porque si lo mejor que sabe hacer la Unión Europea es destinar una barbaridad de millones de euros para comprar y enviar armas para Ucrania, cómo diría alguno, que Dios nos coja confesados. Por cierto, me pregunto, quienes fabrican esas armas que la unión europea va a comprar, porque los mayores fabricantes de armas del mundo, curiosamente, son empresas norteamericanas, rusas y alguna inglesa y alemana,… No quiero ser mal pensado, pero algunos grandes economistas siempre decían que la guerra es buena para mover la economía, y curiosamente estamos en una gran crisis económica debida al Covid…
Si realmente tuviéramos políticos competentes, en primer lugar, estaríamos intentado buscar una forma de mediar en el conflicto de forma pacífica, de buscar el diálogo entre las partes para finalizar con esta matanza indiscriminada de civiles y soldados (que también son personas, con sus familias y amigos). En segundo lugar, estaríamos buscando la forma de ayudar a la población, enviando comida cómo está haciendo mucha solidariedad privada y no optaríamos por la opción simple y cobarde de enviar armas, pero claro, con la ayuda humanitaria no hay una gran negocio, con el armamento si. Por cierto, mis mayores felicitaciones a todas las iniciativas locales, tanto privadas como empresariales, que están recolectando y enviado ayuda a todos los damnificados de esta catástrofe, esos son los que realmente merecen nuestro apoyo.
Espero y deseo por el bien de todos, tanto de ucrainos y rusos, como por los demás habitantes de este planeta, que este conflicto finalice lo más pronto posible, ya se ha causado suficiente daño, ya ha muerto demasiada gente, así que un gran NO A LA GUERRA!
Para intentar llevar mejor estos tiempos convulsos, ahí va nuestra recomendación musical. Por un lado Madhavi Devi, una verdadera sorpresa musical y por otro lado Chronotope Project, ambos proyectos del sello Spotted Peccary, ambos de música ambiental, electrónica, relajante y de la qu recomiendo encarecidamente que escuchen ciertos personajes que dominan el mundo, para ver si así se calman estas aguas más que revueltas. Espero, que dentro de lo posible, lo disfrutéis.
Cuando descubrí éste disco, el nombre no me decía demasiado, porque era un artista totalmente desconocido para mi, aunque la portada me intrigaba, sobre todo sabiendo que estaba publicado por el fantástico sello estadounidense Spotted Peccary, así que decidí darle una oportunidad.
Madhavi Devi es el nombre artístico de Cheryl Gallagher, una mujer polifacética, es compositora, artista visual, pintora,… es decir, toda una artista en mayúsculas. “The Truth Of Being” es su primer trabajo en solitario y en él plasma toda su experiencia sonora, mezclando a la perfección sonidos electrónicos con instrumentos asiáticos, con voces del tibet o los famosos sonidos de sus cuencos logrando crear una atmósfera musical, profunda y llena de matices.
“The Truth Of Being” es un trabajo dividido en seis cortes, donde su portada nos deja entrever por dónde van a ir sus composiciones, pero si alguien se espera el típico disco ambiental para hacer yoga, está muy equivocado, éste es un trabajo rico en matices, en sonidos ambientales que nos envuelven, con ese aire de espiritualidad que ciertos instrumentos asiáticos saben recrear también, éste es un trabajo ambiental pero espiritual al mismo tiempo, un disco muy enriquecedor de esos que nos ayudan a viajar con nuestra menta, una auténtica sorpresa musical.
“Chronotope Project”, proyecto tras el cual se encuentra el compositor originario de Oregon Jeffrey Ericson Allen, músico, cellista, lleva una larga y ecléctica carrera en la música clásica, acústicas y producciones para el teatro y este nuevo proyecto, representa su expresión dentro de la faceta del ambient contemporáneo.
“Lotus Rising”, es su nuevo trabajo, un disco con una preciosa portada donde una primera impresión nos puede indicar por donde va a circular la música de este trabajo dividido en ocho cortes. Esa flor de loto que resalta en la portada, símbolo del budismo, nos indica que estamos ante un trabajo profundo, de música inspirada en ese símbolo de energía, la misma que nos transmite la música de este compositor, con ambientes llenos de texturas, donde la música electrónica acompañada de instrumentos como el cello, instrumentos de cuerda, percusiones y sonidos de la naturaleza nos van transportando poco a poco, de esos discos que necesitamos en épocas convulsas como la que estamos viviendo, todo un placer para nuestros oídos, pero sobre todo, para nuestro espíritu.
Estamos antes música ambient realizada con elegancia, con belleza, de esos discos que agradeces tener de fondo en momentos en los que necesitas tranquilidad, relajación, un precioso trabajo muy recomendable para degustar lentamente.
En algún artículo anterior hemos recogido las bondades del deporte máster. Ese conjunto de disciplinas agrupadas en diferentes categorías que, lejos de dejar atrás a nadie, se enorgullece de contar con practicantes de edades avanzadas.
El movimiento Máster, debilitado durante la pandemia por la interrupción de la actividad deportiva y las restricciones posteriores, estaba ávido retomar los entrenamientos, los viajes, las competiciones…la vida. Y en lo que a la natación respecta, el Campeonato de España “open” de invierno estaba llamado a confirmar el estado de ánimo y la salud de esta disciplina.
Como en otras ocasiones, Pontevedra, ciudad cada vez más identificada con la celebración de eventos deportivos, sería la encargada de acoger esta cita nacional. Cuatro días de competición, del 3 al 6 de marzo, en piscina de 25 metros que no defraudaron a nadie.
Comenzar a practicar deporte cuando ya se han dejado atrás varias décadas de vida supone un logro, un éxito personal. Practicar deporte teniendo como objetivo, además, entrar en competición y medir tus progresos frente a otros rivales tiene un aliciente extra que atrapa y motiva. Aunque a veces esto no se identifica a las primeras de cambio.
Empujado, más que por iniciativa propia, acabé inscrito en este campeonato. La sociedad, nuestro modo de vida, la industria de la imagen, la moda, las redes sociales, nuestro entorno…casi todo nos genera un apego invisible al miedo a fracasar y hacer el ridículo. Y es difícil dar un paso al frente, soltar el ancla y liberar los prejuicios que nos atenazan.
Yo tampoco me libro de estos miedos (con pensamientos como: marcas mediocres, ser el último clasificado, hacer el ridículo, etc.).
Por todo esto, sin ese empujón (que ahora agradezco) no habría vivido esta experiencia increíble.
Para empezar, a nivel deportivo. Más de 1200 nadadores y nadadoras, de 161 clubes, estaban inscritos para participar en este macroevento deportivo. Los hoteles, restaurantes y comercios en Pontevedra notaban el impacto del turismo deportivo. Durante las 4 jornadas de competición se batieron varios récords nacionales y algún, atención, récord de Europa, lo que da idea de la calidad de los deportistas que participaron, entre los que se encontraba alguna ex nadadora olímpica.
Por otro lado, a nivel sociocultural. Tanto la grada como la cámara de salidas era una amalgama de nadadores y nadadoras de diferentes comunidades, ciudades y clubes con los que compartías los momentos previos a saltar al agua. Esos instantes, habitualmente tensos, eran increíblemente más relajados. Allí se respiraba un ambiente de compañerismo, cercanía y amistad. Todo el mundo aprovechaba para identificar en el gorro o la camiseta del club, y preguntar en qué ciudad estaba, en qué provincia, a qué te dedicabas, cómo y cuándo habías comenzado a nadar…como digo, era todo un ejercicio de relajación previa recomendable para eliminar nervios.
Por último, a nivel personal. Estoy seguro de que todos los participantes en esta prueba sacaron conclusiones muy positivas. Yo también. Enfrentarte a tus miedos sin complejos, sólo con la mirada puesta en dar lo mejor de ti es un ejercicio de crecimiento recomendable a cualquier edad y en cualquier ámbito. El deporte es una herramienta muy útil para soltar lastre y ganar confianza, y trasladar esta máxima a todas las facetas de tu vida. Te ayuda a darte valor, a respetarte y a respetar a los demás. Y como muestra de respeto y reconocimiento, vaya desde aquí mi admiración al Club Jerez Máster, capaz de desplazar a más de 100 deportistas a Pontevedra para esta prueba (de Cádiz a Galicia), y a los nadadores más longevos, algunos con 95 años cumplidos, que son el ejemplo palpable de que querer es poder.
Concluyo agradeciendo al equipo Máster del CN Ponteareas, que me acogió cuando ya era mayor, la posibilidad de conocer este deporte más a fondo, de compartir con ellos entrenamientos, viajes y competiciones, y de formar parte de su pequeña gran familia.
Junto a otros muchos clubes de nuestra comunidad, representamos con enorme ilusión a la natación gallega en este campeonato de España. Para mí, estar allí, ya fue toda una hazaña. Ahora bien, como del pasado no se vive, el lunes volvimos a la piscina a entrenar, a recorrer esos 25 metros infinitos. Porque lo importante no es llegar, sino mantener el impulso vivo.
Todo comezou como un pasatempo para estar entretido ao chegarlle a xubilación. O que non sabía Praxíteles González era que esa afección ía converterse nunha espectacular colección de monumentos en miniatura na que figuran pezas únicas cheas de detalle e con moitas horas de traballo detrás. “É un orgullo ter no Rosal a artistas como Praxíteles, coa paciencia e a capacidade creativa para recrear a escala edificios tan singulares como son a Catedral de Santiago de Compostela ou Notre Damme, pero tamén estruturas tan nosas como a ponte do Tamuxe, a igrexa do Rosal, o muíño do Carreiro ou a casa indiana que acolle o Centro Cultural da Guarda”, destaca a alcaldesa, Ánxela Fernández Callís.
A rexedora visitou estes días a Praxíteles no seu taller para ver algunha destas pezas, moitas delas de grandes dimensións. Dende o Concello xa se traballa para poder realizar unha exposición con algunhas das súas miniaturas máis destacadas e renderlle homenaxe a este rosaleiro de corazón que leva case 25 anos dedicado ao mundo das maquetas.
Aos seus 84 anos Praxíteles continúa mergullado coma nunca nas súas obras. Comezou facendo pezas con ferros vellos, barro e material de refugallo ata que case por casualidade deu o salto ás miniaturas. Todo por facerlle unha casa de bonecas para que xogara a súa neta: a inspiración levouno a recrear a casa da súa propia filla a escala.
Lembra que detrás de cada peza hai moitas horas de duro traballo e moita paciencia. Coa Catedral de Santiago estivo máis de 8 meses e coa de Florencia máis de 1.500 horas, aínda que a peza que máis lle roubou o sono foi a súa última creación: unha impresionante miniatura do Capitolio dos Estados Unidos, á que leva dedicado máis de 13 meses, moitos de dez horas de traballo diarias. Máis de 7.000 pezas de madeira, máis de 600 fiestras e 150 quilos de maqueta que non deixan indiferente a ninguén. “Para min son proxectos moi importantes para ter sempre unha ilusión e coller con gañas cada novo día que entra”, asegura.
Pero non todo é miniatura para Praxíteles. Ás súas costas ten tamén cinco libros: ‘Embaixadores dos infernos’, que aborda a vida dos cabaqueiros, profesión á que se dedicou; ‘Ribeiras do Baixo Miño’, sobre os usos e costumes do Rosal; ‘Topónimos, a Terra das nosas raíces’, que recolle máis de 900 topónimos do Rosal e da Guarda xunto cun mapa de toponimia; ‘Eu tamén fun contrabandista do Estiro do Miño’, sobre os tempos do estraperlo e o pisco na comarca; e ‘Eu tamén estiven na República Federal Alemá’, a súa derradeira obra, que trata sobre a emigración entre os anos 1960 e 1980.
O Secretario Xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, reuniuse esta semana no Pazo de Mos, xunto coa alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, o tenente alcalde, Camilo Augusto Martínez, e a concelleira de Cultura e Turismo, Sara Cebreiro Alonso, cos membros da directiva da Fundación Pazo de Mos e da organización do Festival Intercéltico O Son do Pazo para abordar colaboracións da Xunta de Galicia durante este presente ano 2022.
Neste senso, consellería de Cultura, Educación e Universidade e Concello de Mos asinarán sendos convenios de colaboración para reafirmar a total entrega co festival intercéltico que administración autonómica e local levan demostrando desde o seu nacemento, e para apoiar á Fundación Pazo de Mos nos gastos relativos ao mantemento do Pazo.
Neste último caso, a Fundación recibirá unha subvención total de 22.000 euros dos cales a Xunta de Galicia aportará 12.000 euros e o Concello de Mos 10.000 euros.
Pola súa banda o apoio autonómico ao Son do Pazo farase mediante a financiación de artistas de música tradicional de primeirísimo nivel que farán que o festival poida presumir este ano dun cartel de excepción. Así mesmo, o Concello implícase totalmente no traballo para a organización dun evento musical e cultural destas características e envergadura.
Neste senso, a rexedora local mosense, Nidia Arévalo, destacou “o compromiso incondicional do Concello de Mos co seu patrimonio histórico, cultural, arquitectónico e musical, por iso continuamos a senda de apostar por eles e conveniamos coa Xunta sendos convenios de colaboración para axudar á Fundación Pazo de Mos e á organización de O Son do Pazo”. Ademais Arévalo agradeceu enormemente “a man sempre tendida da Xunta de Galicia e da consellería de Cultura en particular, apoiando e premiando o esforzo que desde a administración local e colectivos mosenses facemos para poñer en valor a cultura galega e o Camiño de Santiago”.
Utilizamos cookies para mejorar su experiencia y nuestros servicios, analizando la navegación en nuestro sitio web. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información pulsando aquí:.Saber MásAceptar
Cookies
Privacy Overview
This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.