8.6 C
Pontevedra
Sábado, 27 de Abril de 2024
Máis
    HomeÉ NoticiaSmartPeme imparte tres obradoiros online

    SmartPeme imparte tres obradoiros online

    O programa de asesoramento tecnolóxico oferta cursos sobre Instagram profesional, Facebook Ads e Intelixencia Artificial

    A Deputación de Pontevedra, a través de SmartPeme, oferta esta semana tres novas accións formativas impartidas de xeito online, enmarcadas na carteira de obradoiros que se imparten de forma telemática. As accións versarán sobre Instagram profesional, Facebook Ads e Intelixencia Artificial.

    O primeiro dos obradoiros terá lugar este martes 15 cunha sesión titulada “Instagram profesional para triunfar coa túa empresa I”, da man de Esther Garcinuño, diplomada en Ciencias Empresariais con máis de oito anos de experiencia en deseño, desenvolvemento e dirección de proxectos web. Esta obradoiro terá continuidade a seguinte semana con outro taller no que tamén se afondará nesta rede social como ferramenta empresarial.

    O día seguinte, o mércores 16, o enxeñeiro informático José Luis Taboada explicará no taller “Facebook Ads” como crear anuncios segmentados na plataforma Facebook. Neste obradoiro as pemes e persoas autónomas coñecerán as principais vantaxes e a creación de campañas con Facebook Ads e Power Editor  así como o poder dunha boa segmentación.

    As actividades rematarán o xoves 17 da man de Manuel Freire, experto universitario en Robótica, que impartirá un obradoiro sobre “Intelixencia Artificial I, que é e como funciona” no que explicará, entre outras cuestións, os comezos e evolución da Intelixencia Artificial e a súa primeira clasificación.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.