11.7 C
Pontevedra
Venres, 26 de Abril de 2024
Máis
    HomeLouriñaMosXunta e Concello convenian unha importante axuda para o mantemento do Pazo...

    Xunta e Concello convenian unha importante axuda para o mantemento do Pazo de Mos

    O Secretario Xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, reuniuse esta semana no Pazo de Mos, xunto coa alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, o tenente alcalde, Camilo Augusto Martínez, e a concelleira de Cultura e Turismo, Sara Cebreiro Alonso, cos membros da directiva da Fundación Pazo de Mos e da organización do Festival Intercéltico O Son do Pazo para abordar colaboracións da Xunta de Galicia durante este presente ano 2022.

    Neste senso, consellería de Cultura, Educación e Universidade e Concello de Mos asinarán sendos convenios de colaboración para reafirmar a total entrega co festival intercéltico que administración autonómica e local levan demostrando desde o seu nacemento, e para apoiar á Fundación Pazo de Mos nos gastos relativos ao mantemento do Pazo.

    Neste último caso, a Fundación recibirá unha subvención total de 22.000 euros dos cales a Xunta de Galicia aportará 12.000 euros e o Concello de Mos 10.000 euros.

    Pola súa banda o apoio autonómico ao Son do Pazo farase mediante a financiación de artistas de música tradicional de primeirísimo nivel que farán que o festival poida presumir este ano dun cartel de excepción. Así mesmo, o Concello implícase totalmente no traballo para a organización dun evento musical e cultural destas características e envergadura.

    Neste senso, a rexedora local mosense, Nidia Arévalo, destacou “o compromiso incondicional do Concello de Mos co seu patrimonio histórico, cultural, arquitectónico e musical, por iso continuamos a senda de apostar por eles e conveniamos coa Xunta sendos convenios de colaboración para axudar á Fundación Pazo de Mos e á organización de O  Son do Pazo”. Ademais Arévalo agradeceu enormemente “a man sempre tendida da Xunta de Galicia e da consellería de Cultura en particular, apoiando e premiando o esforzo que desde a administración local e colectivos mosenses facemos para poñer en valor a cultura galega e o Camiño de Santiago”.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.