12 C
Pontevedra
Venres, 29 de Marzo de 2024
Máis
    HomeComarcasRedondelaRedondela súmase ao Día Mundial da Auga repartindo funís para reciclar o...

    Redondela súmase ao Día Mundial da Auga repartindo funís para reciclar o aceite doméstico

    A alcaldesa Digna Rivas lembra que na loita polo preservación do medio ambiente e contra a contaminación “os pequenos xestos que poidamos realizar nos nosos fogares en accións cotiás, son fundamentais”

    O Concello de Redondela, a través da Concellería de Medio Ambiente que xestiona Alberto Álvarez, vén de sumarse á celebración do Día Mundial da Auga que se conmemora o vindeiro 22 de marzo como recordatorio da importancia que ten e auga no ciclo da vida e, por ese motivo, contribuír a mantela fora de calquera fonte de contaminación.

    Con ese obxectivo, dende o vindeiro día 21 de marzo, o Concello de Redondela distribuirá gratuitamente funís ou embudes que faciliten o enchido de botellas con aceite doméstico usado para, posteriormente, depositalas nos contedores de reciclaxe de aceite existentes no municipio.

    Os funís poderán ser recollidos, ata final de existencias e totalmente de balde, na Casa do Concello, no Multiúsos da Xunqueira de Redondela e no Multiúsos Piñeiral do Crego de Chapela.

    A alcaldesa Digna Rivas lembrou a importancia da reciclaxe de aceite doméstico dado que, tal e como demostran os diferentes estudos científicos, “tan só 1 litro de aceite contamina 40 000 litros de auga, que é o equivalente ao consumo dunha persoa no seu domicilio durante todo un ano”.

    Rivas amosou o seu convencemento que “os pequenos xestos que cada un de nos poidamos realizar nos nosos fogares e en actividades cotiás, como a reciclaxe de aceite de cociña, son fundamentais á hora de conservar o noso medio ambiente”.

    “O Concello de Redondela –asegura a alcaldesa– priorizou sempre a defensa do medio ambiente nas súas actuacións como o demostran iniciativas desenvolvidas dende o Goberno local tendentes a fomentar a compostaxe ou a diminuír a utilización de plásticos”

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.