19.4 C
Pontevedra
Martes, 23 de Abril de 2024
Máis
    HomeBaixo MiñoTuiHabilitado un formulario na web municipal para canalizar a axuda local á...

    Habilitado un formulario na web municipal para canalizar a axuda local á poboación ucraína

    Está xa habilitado na web municipal do Concello de Tui un formulario para que a veciñanza poida ofrecer a súa axuda á poboación ucraína.

    Deste xeito búscase coñecer os recursos, tanto materiais coma humanos, cos que se pode contar en Tui  para axudar á poboación ucraína desprazada ao municipio.

    Así por unha banda a cidadanía pode ofrecer vivenda, gratuíta ou en aluguer, pero tamén o seu tempo realizando labores de tradución, axudando en clases de castelán, levando a cabo reforzo educativo, acompañamento, clasificación e organización de material, … indicando a súa dispoñibilidade horaria.  Tamén se pode ofrecer axuda material en forma de roupa, enxoval, libros, material escolar, produtos de hixiene,… e no caso das empresas poden tamén ofrecer emprego.

    Estes recursos, que serán rexistrados, irán activándose a medida que sexan necesarios tanto a curto, coma a medio e longo prazo.

    O formulario pódese cubrir en liña na propia web, ou descargar en envialo ao correo axudaucraina@tui.gal ou tamén presentalo presencialmente no Centro Sociocomunitario, no Centro Municipal de Formación e Emprego, ou nos Servizos Sociais Comunitarios Municipais. Este documento tamén se pode recoller impreso nestes tres puntos.

    Dende o Concello de Tui agradécese á cidadanía a colaboración e axuda nesta crise humanitaria, e faise fincapé na importancia de poder canalizar toda a esta axuda do xeito máis efectivo.

    Este venres volverase reunir no Concello de Tui a mesa de traballo creada para axudar á poboación ucraína.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.