11.7 C
Pontevedra
Xoves, 25 de Abril de 2024
Máis
    HomeLouriñaMosMos conmemora o Día da Síndrome de Down cunha iniciativa de ‘Ocio...

    Mos conmemora o Día da Síndrome de Down cunha iniciativa de ‘Ocio en Familia’

    A película Valentina proxectarase con entrada de balde o vindeiro domingo no Centro Dotacional de Torroso

    A Concellería de Participación Cidadá organiza, dentro do programa municipal ‘Ocio en Familia’, unha actividade que se realizará o domingo 20 de marzo en conmemoración do Día Internacional da Síndrome de Down que terá lugar ao día seguinte.

    Trátase da proxección dunha película no Centro Dotacional de Torroso ás 17 h e ás 18.30 horas en segundo pase, con entrada de balde para os asistentes. As entradas pódense recoller de 16.30 a 20h no propio Centro.

    O filme titúlase Valentina. Esta película musical está orientada a un público familiar e centrada nas idades de 3 a 7 anos.

    Co motivo da celebración do Día Internacional da Síndrome de Down o día 21 de marzo propúxose a proxección da película de animación Valentina, unha produción galega e en galego, estreada a finais do 2021, e que vén de recibir o premio Goya á Mellor Longametraxe de Animación.

    Valentina, dirixida por Chelo Loureiro, está protagonizada por unha nena con síndrome de Down  que pensa que nunca poderá conseguir o seu sono de ser trapecista, pero ao longo dunha viaxe máxica descubrirá todo aquilo do que é capaz e aprenderá que nunca se debe perder a ilusión nin as gañas de aprender

    Valentina é unha longametraxe que defende a diversidade e que aposta pola inclusión de persoas con diversidade funcional na nosa sociedade.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.