Tag: premios
A Xunta convoca os premios extraordinarios de Formación Profesional de Grao Superior
A Consellería de Cultura, Educación e Universidade vén de convocar os premios extraordinarios de Formación Profesional de Grao Superior correspondentes ao curso 2019/2020 para o alumnado que rematou os seus estudos no ano 2020.
Premio internacional para “Sigue o teu instinto” nos prestixiosos “Golden City Gate” de Berlín como un dos mellores vídeos de ecoturismo do mundo
A Deputación de Pontevedra vén de coñecer que o audiovisual “Sigue o teu instinto”, producido por Esmerarte, foi elixido polo xurado internacional dos premios “The Golden City Gate”, que se entregan dende fai 21 anos en Berlín, como un dos mellores vídeos de ecoturismo do mundo.
A Guarda premia aos mellores lectores da Biblioteca Pública Municipal
O luns día 11 de xaneiro celebrouse o Día do Usuario/a das Bibliotecas e dende a Biblioteca Pública Municipal da Guarda fíxose entrega dun diploma e libros de agasallo para os mellores lectores do pasado ano nas categorías xuvenil, infantil e adulto.
Gondomar distinguido co Premio Gran de Área de Aportación á Arquitectura 2020
O proxecto de recuperación do contorno do Peto de Ánimas de Piñeiro, desenvolto polo arquitecto Santos Vila González, foi distinguido con este galardón que, anualmente, concede o Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (COAG), e que destaca o proxecto por recuperar e poñer en valor o camiño histórico que unía a vila coa Igrexa de San Miguel, en Peitieiros.
O Concello de Ponteareas entregou os premios dos Xogos Florais 2020!
A Concellería de Cultura do Concello de Ponteareas, que dirixe o nacionalista Fernando Groba Bouza, convocou a V edición do certame de poesía Xogos Florais no mes de marzo con intención de facer a entrega de premios o día 17 de maio no marco das actividades conmemorativas do Día das Letras Galegas 2020.
O auditorio de Nigrán acolleu a gala dos ‘Premios Nigrán 2019’
O Concello de Nigrán celebrou onte sábado no Auditorio Municipal, a gala dos 'VIII Premios Nigrán', logo de que a Xunta Electoral comunicara ao Concello o arquivo da denuncia de UCN que pedía a suspensión do acto por celebrarse no día de reflexión. A Gala contou coa actuación musical...