Luns, 24 Marzo de 2025

O concelleiro de Cultura, Fernando Groba, felicita a Nuria Gesteira polo seu segundo premio no Día do Traxe

A propietaria de AdobiArte foi premiada en Santiago de Compostela pola boa factura do seu traxe tradicional de O Condado-Paradanta

O concelleiro de Cultura, Fernando Groba, felicita a veciña de Ponteareas Nuria Gesteira polo seu segundo premio no Día do Traxe de Galicia. A propietaria de AdobiArte foi premiada en Santiago de Compostela polo boa factura do seu traxe tradicional de O Condado-Paradanta.

O traxe que luciu Nuria Gesteira foi confeccionado a man polo tecelán Carlos Díaz. Está inspirado nas pezas orixinais antigas, como a saia de picote riscado de Ribadetea, a beixeira de picote rodo vermello de Fozara, a lera de raias de Santiago de Oliveira… e os requirimentos xudiciais de mediados do século XIX, como o dengue morada das Achas, e o mandil de burel de Arbo.

Ademais o traxe tamén tiña complementos familiares, como o pano de cabeza de Santiago de Oliveira de herdanza paterna, e as arracadas de estampación en ouro de Meirol (Mondariz) que recibiu por vía materna.