14.8 C
Pontevedra
Venres, 31 de Marzo de 2023
Máis

    Tag: deputación de pontevedra

    Deputación e Concello de Tui analizan as as actuacións nas estradas provinciais do municipio para os vindeiros anos

    O deputado de Infraestruturas, Gregorio Agís, mantivo onte un encontro co alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, para analizar as dúas actuacións de futuro prioritarias nas infraestruturas viarias da Deputación de Pontevedra ao seu paso polo concello de Tui. Con elas, a institución provincial seguirá impulsando o seu modelo de mobilidade segura, amable e sostible para continuar a mellorar as condicións de seguridade das vías de Tui

    A Deputación avanza co programa «Depoinnova» para dar resposta con “solucións vangardistas” aos retos de futuro

    A sede de Vigo da Deputación vén de acoller o evento de presentación de resultados de Depoinnova, o programa que a institución provincial puxo en marcha o pasado mes de xullo co obxectivo de incorporar solucións innovadoras e de vangarda para mellorar dos servizos públicos da propia Administración e dos concellos da provincia e dar resposta a retos “que xa non son de futuro, senón de presente”, como asegurou a presidenta Carmela Silva durante a xornada.

    «Orixe Rías Baixas» conquista Nuevos Ministerios

    Viquingos de Catoira, veciñanza no Medievo da Arribada de Baiona, danzantes de Cobres ou Darbo, cabalos de Sabucedo, protagonistas da Coca en Redondela, zoqueiras, pandereteiras, artesás de coiro e liño, os Entroidos, a lamprea, o viño ou as paisaxes….. O vestíbulo de entrada da Estación de Metro de Nuevos Ministerios, unha das máis utilizadas de Madrid, situada en plena Castellana como principal zona comercial e financeira da capital e cun tránsito de máis de máis medio millón de persoas, énchese da cor e das emocións e tradicións únicas da provincia de Pontevedra.

    Co renovado Centro Cívico da Devesa o ReacPon da Deputación dota a Salceda dun novo lugar de encontro veciñal

    O edificio A Devesa, datado de 1962, loce desde esta tarde o seu renovado aspecto convertido no novo Centro Cívico do Concello de Salceda de Caselas, co impulso e os recursos da Deputación de Pontevedra. As obras supuxeron un investimento de 674.000 euros da institución provincial, a través dos programas ReacPon (539.000 euros) e Plan Concellos (135.000 euros para sufragar o financiamento municipal).

    O poder das mulleres nas distintas esferas de liderado, no III Encontro Nacional de Políticas Públicas da «Escola María Vinyals»

    Quince potentes referentes femininas como Inés Alberdi, Marina Subirats, Teresa Peramato, Beatriz Gimeno ou Nuria Varela e Ana Pardo de Vera entre outras, e nove horas de debate sobre “como as mulleres están exercendo o poder en distintos ámbitos de liderado”. Este é o ambicioso programa do III Encontro Nacional de Políticas Públicas organizado pola Escola de Igualdade María Vinyals da Deputación e coordinado como cada ano pola doutora e referente feminista Rosa Cobo. A cita será de novo no Castelo de Soutomaior os días 29 e 30,mércores e xoves da próxima semana.

    A Deputación moviliza 3,8 millóns de euros para turismo, dotacións públicas e eficiencia enerxética en 25 concellos da provincia

    A Deputación de Pontevedra vén de mobilizar preto de 3,8 millóns para 25 concellos da provincia: 2,5 millóns do Plan Concellos e 1,3 millóns procedentes de fondos europeos para seguir impulsando a transformación dixital do turismo a través do programa “Tourist Inside II” e para a eficiencia enerxética dos servizos de abastecemento de augas residuais.

    A veciñanza da Cañiza acude á presentación da Ponte das Achas

    O Centro Sociocultural de Coto Sobreiro foi o escenario do encontro coa veciñanza das Achas no que o deputado provincial de Infraestruturas, Gregorio Agís, presentou xunto ao alcalde Luis Gómez Piña a ambiciosa actuación que se vai desenvolver na contorna da ponte e que suporá a total transformación desta área de gran relevancia patrimonial.

    Hoxe comezan os obradoiros SmartPeme desta semana

    A Deputación de Pontevedra, a través de SmartPeme, oferta cinco novas accións formativas para esta semana, enmarcadas na súa carteira de obradoiros online e presenciais. As accións tratarán temas como o uso da VPN, liderado feminino no sector turístico, campañas con Google Adwords, eventos en liña ou técnicas de márketing.

    Alumnado de Tui asistirá o mércores

    Este vindeiro mércores 22 de marzo un grupo de 100 alumnas e alumnos do IES San Paio de Tui asistirá a unha das conferencias incluídas no marco do convenio de colaboración entre a Deputación de Pontevedra e o CSIC-INCIPIT para a difusión, a protección e o fomento do valor cultural dos bens patrimoniais da provincia de Pontevedra.

    Galicia volve rachar o seu teito co número de deportistas recoñecidos

    O Diario Oficial de Galicia vén de publicar a resolución do 2 de marzo de 2023 pola que se recoñecen as persoas deportistas de alto nivel, alto rendemento e rendemento deportivo de base de Galicia e diferentes colectivos deportivos, así como as solicitudes desestimadas e a causa.

    Os Rías Baixas Film Fest inician unha nova andaina

    “Compromiso, calidade, autenticidade, diversidade e capacidade para construír pensamento crítico”. Foron as palabras coas que a presidenta da Deputación, Carmela Silva, quixo poñer hoxe en valor aos oito festivais audiovisuais que abrangue a marca Rías Baixas Film Fest.

    Susana Villaverde García, veciña de Redondela, gañadora do premio Microteatro da Memoria

    A estudante de Dirección e Dramaturxia da Escola Galega de Arte Dramática de Galicia (ESADg) Susana Villaverde García vén de gañar a terceira edición do ‘Certame de Microteatro da Memoria’ convocado polo departamento de Memoria Histórica da Deputación de Pontevedra e a ESAD coa peza ‘Espigas negras’.

    A rúa Picota de Redondela transformarase por completo

    A rúa Picota de Redondela atópase na recta final da actuación que está a transformar de xeito radical este espazo e a integrar no seu trazado as prazas de Fonte do Mouro e da Capela de Santa Mariña, co fin de crear unha zona continua, segura, accesible e onde o tránsito peonil vai ser protagonista.

    Seis novos obradoiros chegan esta semana da man de SmartPeme

    A Deputación de Pontevedra, a través de SmartPeme, oferte seis novas accións formativas para esta semana, enmarcadas na súa carteira de obradoiros online.

    Éxito total da Gala de Turismo da Deputación

    Música, circo, acrobacias, audiovisuais, luz, cores, decoración, tradición e tecnoloxía. Todo elo marcou esta tarde o incrible espectáculo da Gala Provincial do Turismo que organiza a Deputación, cuxa presidenta Carmela Silva recoñeceu que “este ano démolo todo”.

    Comeza a fase de deseño do anteproxecto de Santa Clara

    Representantes das cinco firmas internacionais de arquitectura que aspiran a rehabilitar Santa Clara (Nieto Sobejano, Kengo Kuma, a UTE David Chipperfield-Carlos Seoane, Kaan, e a UTE Snohetta-Alfonso Penela) visitaron as instalacións do convento para iniciar o traballo de campo a partir do que deseñarán anteproxecto para recuperar o conxunto relixioso e transformalo en museo.

    A Deputación e a na Axencia Europea de Control da Pesca abordan novas vías de colaboración

    Dúas institucións presididas por primeira vez por dúas mulleres, Carmela Silva á fronte da Deputación de Pontevedra e Susan Steele na Axencia Europea de Control da Pesca, radicada en Vigo, afianzan a súa relación coa apertura de vías de colaboración e traballo que se traducirán en novas iniciativas.

    Todo preparado para a Gala do Turismo da Deputación

    Arte, cultura, música, danza, espectáculo, luz e cor, pero tamén tradición, festas, artesanía, rituais ou lendas; todo iso e moito máis, incluíndo algunhas sorpresas, estará presente na gran Gala do Turismo da provincia que celebrará a Deputación de Pontevedra este venres 10 de marzo ás 19:00 horas no Auditorio Mar de Vigo.

    O proxecto “Mulleres Extramuros” chega ás Neves

    Arte de vangarda, mundo rural, igualdade, sostibilidade e intervención do espazo público son as claves do proxecto da Deputación “Mulleres Extramuros”, cuxa segunda edición vén de arrancar nas Neves, que toma o relevo á parroquia de Cortegada en Silleda, lugar protagonista o pasado ano.

    Inauguración da praza do Campo de Burgueira en Oia

    Cunha nutrida presenza da veciñanza, Oia amosou este sábado o renovado aspecto da praza do Campo de Burgueira, que vén de ser obxecto dunha total transformación ao abeiro do Plan ReacPon da Deputación de Pontevedra.

    SmartPeme comeza a semana cun obradoiro de ciberseguridade

    A Deputación de Pontevedra, a través de SmartPeme, oferta cinco novas accións formativas para esta semana, enmarcadas na súa carteira de obradoiros online.

    A Deputación transformará o trazado que discorre pola Ponte das Achas da Cañiza

    A transformación total do trazado que discorre pola ponte románica das Achas da Cañiza será axiña unha realidade.

    O IES de Chapela inaugura o ciclo de proxeccións do documental sobre Domingo Fontán

    O IES de Chapela inaugurará este luns o ciclo de proxeccións do documental ‘Fontán, o primeiro rostro de Galicia’ sobre o matemático e xeógrafo Domingo Fontán (Portas, 1788 - Cuntis, 1866) e a primeira carta xeográfica galega feita por él.

    A Deputación arranca a programación do 8M

    “A nosa voz, o noso espazo, os nosos dereitos”, o lema da Deputación para este 8M, xa viste de reivindicación feminista as fachadas das sedes provinciais en Pontevedra e Vigo.

    O Castelo de Soutomaior énchese coa reivindicación da industria cultural

    O Castelo de Soutomaior encheuse para acoller as reivindicacións e reclamacións do sector cultural para crear un ecosistema digno, que protexa e coide os traballadores desa industria para poder salvagardar o futuro tanto do propio sector como, en definitiva, da cultura galega.

    A Deputación otorga o ‘selo Revitaliza’ a seis centros educativos de Redondela

    A Deputación de Pontevedra vén de distinguir co ‘selo Revitaliza’ a seis centros de ensino do concello de Redondela por compostar de maneira responsable o seu lixo orgánico

    A Deputación presenta a programación do 8M

    “I eu querendo que me escoites”, o verso da canción da cantante A Riso, foi hoxe a mellor introdución da programación que a Deputación de Pontevedra ten deseñado ao abeiro do #8M, “a máis potente e ambiciosa de Galicia e todo o Estado”, en palabras de Carmela Silva.

    As Neves transfórmase con Plan ReacPon

    alcalde das Neves, Xosé Manuel Rodríguez, as grandes obras de recuperación do espazo público financiadas no centro urbano do Concello a través dos plans extraordinarios da Deputación.

    A Deputación mellorará a estrada provincial entre Gondomar e O Porriño

    A presidenta da Deputación, Carmela Silva, acompañada do alcalde de Gondomar, Paco Ferreira, visitaron no lugar de Prado (Gondomar) as obras de mellora da seguridade viaria da EP-2403 que transcorre entre Mosende (O Porriño) e Morgadáns.

    SmartPeme pecha febreiro con 5 novas accións formativas

    A Deputación de Pontevedra, a través de SmartPeme, oferta cinco novas formacións para esta semana enmarcadas na carteira de obradoiros de Smartpeme.

    A Deputación mellorará o camiño escolar da EP-3102

    A Deputación mellorará a mobilidade peonil no camiño escolar da EP-3102 ao CEP Pedro Caselles, no concello de Tomiño, cunha nova achega do IDAE de 239.444 euros a través do Programa DUS 5000 de axudas para inversión a proxectos singulares locais de enerxía limpa en municipios de reto demográfico, financiado con fondos NextGeneration EU.

    A Deputación lanza a 1ª edición do libro “365 Días, 365 Mulleres”

    A presidenta da Deputación, Carmela Silva, presentou hoxe o libro “365 Días, 365 Mulleres”, a primeira recompilación impresa das 365 mulleres que foron protagonistas deste programa no que a institución provincial divulga cada día, a través da súa páxina web e redes sociais, a figura dunha muller histórica ou actual salientable no seu campo profesional.

    A Deputación lanza PON2030, un plan para reactivar a provincia

    Un novo plan extraordinario para a execución da Axenda 2030 e afianzar a recuperación dos concellos e da provincia. Con este obxectivo, o goberno da Deputación anunciou hoxe a posta en marcha do Plan PON 2030, dotado con 34,4 millóns de euros.

    Recoñecemento ao taekwondo da provincia

    A Deputación de Pontevedra vén de realizar hoxe un recoñecemento á Federación Galega de Taekwondo e aos e taekwondistas da provincia tralos excepcionais resultados que continúan a obter a nivel nacional e internacional.

    A Deputación repartirá axudas para reparar embarcacións tradicionais e patrimonio marítimo fluvial

    A Deputación, a través do departamento de Patrimonio Documental e Bibliográfico, vai repartir neste 2023 outros 150.000 euros de axudas para rehabilitar embarcacións tradicionais e instalación de patrimonio marítimo fluvial.

    As ‘Subvencións Ágora’ impulsarán proxectos en toda a provincia

    As ‘Subvencións Ágora’, axudas do departamento de Mobilidade e Espazo Público para que os concellos redacten proxectos para recuperar a súa contorna urbana e núcleos rurais potenciando as mobilidades activas sobre as motorizadas, teñen impulsado 43 propostas de mellora no Baixo Miño en apenas dous anos e medio. Rosal, Tomiño, Tui, A Guarda e Salceda son os concellos que teñen apostado polo novo modelo de mobilidade e beneficiado do maior número de inxeccións económicas en toda a provincia.

    SmartPeme comeza a semana con 5 novas formacións

    A Deputación de Pontevedra, a través de SmartPeme, oferta cinco novas accións formativas para esta próxima semana, impartidas de xeito presencial e telemático, enmarcadas na súa carteira de obradoiros.

    O Palacete das Mendoza ábrese aos cidadáns da provincia

    Entrar pola porta do Palacete das Mendoza é botar a vista atrás cara á Pontevedra de principios do século XX grazas á tecnoloxía do XXI empregada na gran transformación levada a cabo pola Deputación na sede de Turismo Rías Baixas.

    Tomiño, escenario do documental ‘Acordamos’ da Deputación

    A Deputación, a través do Departamento de Memoria Histórica, presentou hoxe o documental ‘Acordamos’: un canto dende a música á loita polos ideais de igualdade e xustiza de principios do século XX.

    Baiona transforma o Paseo Pinzón co plan ReacPon

    A remodelación da contorna do Paseo Pinzón en Baiona que están a executar Deputación de Pontevedra e Concello supón o tiro de saída para a transformación urbanística da vila, como subliñaron a presidenta provincial, Carmela Silva, e o alcalde, Carlos Gómez.

    COLABORACIÓNS

    Miguel Sande, «Brinde e desespero»

    Miguel Sande está a presentar o seu novo poemario, «Brinde e desespero», co que recentemente acadou o XXV Premio Johan Carballeira. Xa falamos noutras ocasións neste mesmo espazo de como se están a diluír a cotío as xa febles liñas que separan os distintos xéneros literarios. «Brinde e desespero» é unha proba máis pois, a pesar da súa inequívoca cadencia lírica, Sande xoga a brincar con habilidade sobre as lindes da poesía para adentrarse no terreo da narrativa e darlle forma a unha prosa poética ben particular.

    Arantza Portabales, «O home que matou a Antía Morgade»

    Abad e Barroso chegaron un día para quedar, para alternar con Leo Caldas, Frank Soutelo e algúns dos outros detectives de referencia da literatura galega dos últimos anos.

    “Nigeria 70”, una trilogía para escuchar

    El Sello inglés Strut nace a finales de los 90. En el año 2008 es adquirido por el Sello !K7 Music, con sede en Berlín, Londres y Nueva York. Strut tiene como misión desenterrar las joyas perdidas del pasado de la música de baile.

    Xosé Monteagudo, «Vémonos mañá»

    Realidade e ficción conflúen na última proposta narrativa de Xosé Monteagudo, «Vémonos mañá», na que presenta o que poderiamos considerar unha dupla biografía novelada.

    Colaboradores

    Alberto Aliaga Sola
    20 POSTS0 COMMENTS
    Bea Sanfa
    14 POSTS0 COMMENTS
    Manrique Fernández
    81 POSTS0 COMMENTS
    Paz de la Peña
    41 POSTS0 COMMENTS
    Ricardo Canosa Bastos
    14 POSTS0 COMMENTS
    Roberto Mera
    6 POSTS0 COMMENTS
    Avatar
    1 POSTS0 COMMENTS