21.5 C
Pontevedra
Luns, 28 de Setembro de 2020

Tag: deputación de pontevedra

A Deputación abre o luns a inscrición para a segunda das ‘DepoAndainas’ que percorrerá a ‘Fervenza de Callobre’ na Estrada

Tras esgotar en apenas 24 horas as prazas para a primeira Depoandaina, a Deputación de Pontevedra abre este luns 10 de agosto o prazo de inscrición para a segunda das rutas programadas. Nesta ocasión as persoas participantes percorrerán a Fervenza de Callobre, no concello da Estrada, o domingo 30 de agosto.

A Deputación aoproba 1,5 millóns de euros en investimentos para 12 concellos da provincia

No marco da súa liña de apoio para a dotación de recursos aos concellos da provincia, a Deputación de Pontevedra vén de aprobar en Xunta de Goberno unha nova relación de achegas correspondentes ao Plan Concellos por importe de 1,5 millóns de euros, que entre as súas tres liñas beneficiarán a doce municipios: Ponteareas, Cambados, Mondariz Balneario, Ponte Caldelas, Tomiño, Soutomaior, Redondela, Bueu, Cuntis, Gondomar, O Grove e Salceda de Caselas.

A Deputación aproba novas axudas en Igualdade e prevención da violencia machista que beneficiarán a 44 concellos da provincia

O Goberno da Deputación de Pontevedra vén de aprobar a concesión de subvencións dirixidas aos concellos da provincia de menos de 20.000 habitantes para o fomento da igualdade de oportunidades e a prevención da violencia de xénero para este ano 2020. Trátase da quinta convocatoria desta liña de axudas, que este ano conta con 230.000 euros, 10.000 máis que o pasado ano, e que beneficiarán a 44 concellos da provincia, un máis que no 2019.

O quinteto de vento da Orquestra Filharmónica de Pontevedra encherá Covelo de música da man da Deputacion

A Deputación de Pontevedra organiza o domingo 9 de agosto 20.00 horas un concerto do quinteto de vento da Orquestra Filharmónica de Pontevedra. Este acto musical terá lugar na Praia Fluvial de Maceira, no concello de Covelo, e está inserido dentro do programa cultural “Música no ar”, impulsado polo ente provincial para achegar a música a todos os recunchos e democratizar a cultura. Así, ó evento acudirán o deputado provincial de Cooperación, Santos Héctor; o alcalde de Covelo, Juan Pablo Castillo; e os tenentes de alcalde Lourdes Enes e Félix Álvarez.

A Deputación da un novo paso pola sustentabilidade aprobando novos proxectos de alumeado e caldeiras de biomasa

A Deputación de Pontevedra vén de reforzar a súa aposta pola sostibilidade dos concellos da provincia coa aprobación en Xunta de Goberno de dous proxectos que favorecerán o paso a unha economía baixa en carbono ao abeiro das convocatorias do Ministerio para a Transición Ecolóxica a través do IDAE. En concreto, trátase dun plan de renovación das instalacións de iluminación exterior, cuxo orzamento ascende a 3.054.462,15 euros, e doutro de substitución de caldeiras de gasóleo por biomasa, cun importe de 491.973,52.

A Deputación mellora a seguridade viaria dos núcleos rurais de Covelo cun total de sete obras

O Concello de Covelo goza dunha contorna segura en sete camiños rurais, boa parte deles asociados a espazos de centralidade para a veciñanza, gracias ás obras executadas no marco do Plan de Mellora da Seguridade dos Viarios Municipais (DepoRemse) da Deputación de Pontevedra. A actuación, valorada en 91.323,46 euros, foi visitada polo deputado Santos Héctor, acompañado polo alcalde, Juan Pablo Castillo.

Areeiro segue a constatar o bo estado das viñas debido ás condicións meteorolóxicas

A Estación Fitopatolóxica Areeiro, centro dependente da Deputación de Pontevedra, vén de lanzar un novo aviso fitosanitario no que volve constatar o bo estado xeral das viñas e recomenda incrementar a vixilancia sobre a bolboreta do buxo. Areeiro destaca o avance da fenoloxía das viñas, de feito que poden manterse as previsións de adianto da vendima.

O Castelo do Sobroso ‘Re-Acciona’ a ritmo de ‘Falúa’ da man da Deputación de Pontevedra

Nin unha cadeira valeira. Xa fai tempo que todas as prazas estaban esgotadas para ver ao dúo Falua, actuación enmarcada no programa cultural 'Re-Acción nos Castelos' da Deputación de Pontevedra, pero o espectáculo musical da cantante Sara de Sousa e o guitarrista acústico Gonzalo Goás Amado, superou todas as expectativas.

Fin de semana de sendeirismo e natureza cos ‘Bosques terapéuticos’ e a primeira ‘Depoandaina’

A Deputación de Pontevedra levará esta fin de semana ata Ponteareas e Moaña dúas actividades que combinan sendeirismo e contacto co medio natural. Así, os “baños de bosque” serán protagonistas da oitava ruta do programa medioambiental “Bosques terapéuticos”, cun percorrido mañá sábado, 8 de agosto, pola Picaraña (Ponteareas).

O Concello de Baiona poñerá en marcha 10 proxectos de obra ao abeiro do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra

O Concello de Baiona desenvolverá unha primeira batería de dez proxectos que se realizarán ao abeiro do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra e que, na súa maior parte, terán como destinatarios ás parroquias “que sempre foron as grandes esquecidas polos sucesivos gobernos conservadores”, afirma o alcalde Carlos Gómez.

Unha “semente salvaxe” agroma en Mondariz da man de “Mulleres en acción. Violencia Zero”

Evidenciar a necesidade de cultivar a autoestima para empoderar ás mulleres evitando así futuras agresións machistas é o obxectivo do mural presentado este mércores no concello de Mondariz no marco do programa “Mulleres en acción. Violencia Zero”. Victoria Alonso, deputada provincial de Cultura e Igualdade, e Xosé Emilio Barros, alcalde de Mondariz, non quixeron perder a oportunidade de desfrutar en directo da obra de Noemí Núñez, situada no Campo Municipal da Lagoa.

A Deputación da cumprimento a novos compromisos coa Guarda coa remodelación dos accesos á praia do Muíño e humanización das rúas Vigo e Celta

“Son dúas actuacións que responden a demandas históricas da Guarda, que permiten reformular zonas estratéxicas polo seu interese turístico e medioambiental, no caso da praia do Muiño, e pola mellora de espazos públicos no caso da humanización do entorno das rúas Vigo e Celta”. Así resumiu a presidenta da Deputación, Carmela Silva “os dous compromisos cumpridos da Deputación coa Guarda”

O Castelo de Soutomaior, selo ‘Safe Tourism Certified’ que o acredita como destino seguro

O Castelo de Soutomaior da Deputación de Pontevedra vén de recibir o selo “Safe Tourismo Certified”, do Instituto de Calidade Turística Española (ICTE), tras ter superada unha auditoría, realizada por unha empresa independente, que acredita a correcta aplicación dos protocolos de seguridade ante a Covid-19. “Queríamos –asegurou a presidenta Carmela Silva- que o castelo fose un espazo completamente seguro para as persoas visitantes, traballadoras e empresas proveedoras e o selo reafirma o noso compromiso cos protocolos e medidas impulsadas polo ICTE para facer fronte á Covid-19”.

A Deputación de Pontevedra abre a inscrición para a primeira “Depo Orienta”, que terá lugar no Monte do Galiñeiro

uiadas” e as “DepoAndainas” Grazas a Vive Deporte, a nova programación coa que a Deputación de Pontevedra pon en valor as actividades deportivas sustentables, as persoas amantes da natureza teñen a oportunidade de realizar dúas actividades de orientación. A institución provincial xa ten aberto o prazo de inscrición da primeira destas “Depo Orienta”, que terá lugar o domingo 6 de setembro no Monte do Galiñeiro. As persoas interesadas en asistir poden anotarse de xeito gratuíto no sitio web da Deputación (www.depo.gal) ata completar o límite das 200 prazas. Aquelas persoas que se apunten con posterioridade, ata un máximo de 100, pasarán á lista de agarda. O prazo para inscribirse, de non completarse antes o aforo, rematará o 31 de agosto ás 12 horas. Amais da actividade que se levará a cabo no Monte do Galiñeiro, a Deputación tamén ten programado outro desafío de orientación no Monte da Lagoa de Castiñeira. Esta segunda actividade terá lugar o 27 de setembro e as inscricións poderán realizarse dende o día 7 do mesmo mes. O obxectivo das persoas participantes en “Depo Orienta” é realizar no menor tempo posible un percorrido marcado no terreo por puntos de control e coa axuda dun mapa, que se lles entregará xunto co material preciso para a realización da actividade no punto de partida. “Vive Deporte” ten como obxectivo fomentar o deporte á vez que se pon en valor os montes da provincia, a súa riqueza natural, ecolóxica e patrimonial. O programa está dirixido a todas aquelas persoas que gocen do deporte en contacto coa natureza e aposten por actividades sustentables e inclúe, aparte das actividades de orientación, unha trintena de rutas e andainas.

Areeiro salienta o bo estado fitosanitario das viñas, favorecido polas condicións meteorolóxicas

A Estación Fitopatolóxica Areeiro, centro dependente da Deputación de Pontevedra, vén de lanzar un novo aviso fitosanitario no que salienta o bo estado xeral das viñas debido ás condicións climatolóxicas e subliña que a progresión da maduración das uvas debido á calor deste mes de xullo pode motivar o adianto da vendima, de continuar a actual situación.

A Deputación destina 2,1 millóns para infraestruturas e desenvolvemento sostible para dez municipios da provincia

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, deu conta hoxe dos novos investimentos aprobados pola Xunta de Goberno, presupostados en 2,1 millóns de euros e enmarcados na “aposta medioambiental e de apoio aos concellos” que mantén a institución, en aras de acadar unha provincia referenciada no desenvolvemento sostible.

A Deputación de Pontevedra, primeira institución provincial de Galicia en contar co certificado de xestión ambiental de AENOR

A Deputación de Pontevedra vén de coñecer que a entidade acreditadora AENOR outorga o prestixioso Certificado de Xestión Ambiental ao Pazo provincial da institución provincial. Este recoñecemento, “un espaldarazo-segundo destacou a presidenta Carmela Silva- a todo o traballo desenvolvido no marco da nosa aposta polo medio ambiente e por dar cumprimento á Axenda 2030”, sitúa á institución provincial como a primeira das deputacións de Galicia en conseguilo e unha das poucas do Estado.

A Deputación lanza unha mensaxe contundente contra as agresións sexuais, “Non toleres as agresións sexuais. Actúa e denuncia”

“Nin a Covid, nin a crise sanitaria poderá evitar que sigamos na loita contra a lacra das agresións sexuais”. Con esta declaración de intencións da presidenta provincial, Carmela Silva, anunciou hoxe o lanzamento da campaña da Deputación 'Lembra, eu decido, ti respectas' e “Conta comigo, eu respéctote”, as dúas iniciativas que durante estes anos a institucións realizou en festivais, praias, festas e vilas e cidades.

A Deputación abre a inscrición para a primeira das ‘DepoRutas BTT’ do verán que percorrerá Cambados

Enmarcada na programación Vive Deporte, coa que a Deputación de Pontevedra invita á cidadanía a desfrutar este verán dunha ampla oferta de actividades deportivas sostibles, este mércores 29 de xullo a institución provincial xa ten aberto desde esta mañá o prazo de inscrición para a primeira das dúas 'DepoRutas BTT' previstas, que percorrerá o concello de Cambados o día 23 de agosto.

Carmela Silva enxalza en Gondomar, “ás mulleres guerreiras galegas das que herdamos a forza para loitar pola igualdade”

A homenaxe á muller galega e a reivindicación da súa forza foron hoxe os fíos condutores da nova acción do programa contra as violencias machistas 'Mulleres en Acción. Violencia Zero' que se desenvolveu en Gondomar, a actuación “tribal” da cantante Zeltia, acompañada de Andrea, e na que a presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, volveu reiterar o firme compromiso da institución provincial na loita a prol da igualdade.

Arranca no castelo de Soutomaior ‘Música no Ar’ un programa da Deputación que espallará a música de cámara por 14 espazos patrimoniais

A Deputación de Pontevedra dá o pistoletazo de saída ao programa 'Música no Ar', unha nas novidades máis ambiciosas da programación cultural deste verán. Será este martes, 28 de xuño, ás 19.30 horas, no Castelo de Soutomaior, co concerto da Orquestra Clásica de Vigo. A iniciativa, enmarcada en 'Re-acción cultural', o plan de 2,5 millóns de euros co que a Deputación está a espallar a cultura por toda a provincia, divulgará a música de cámara, de xeito gratuíto, por 14 espazos patrimoniais.

Esgotadas en 24 horas as 200 prazas para a Depoandaina dos Muíños da Fraga en Moaña

As Depoandainas volven con forza neste 2020 esgotando en apenas 24 horas as 200 prazas para a primeira das actividades, que será a Ruta dos Muíños da Fraga en Moaña. Amais de completar o límite de prazas para participar, a andaina programada pola Deputación de Pontevedra tamén encheu a lista de agarda prevista.

Carmela Silva subliña a “brutal” acollida cidadá á forte aposta da Deputación pola reactivación cultural na provincia

A desbordante acollida da cidadanía a aposta da Deputación de Pontevedra pola reactivación cultural ao longo de todo o territorio da provincia vén a amosar, como subliñou hoxe a presidenta Carmela Silva, que a institución “está acertando coa súa amplísima programación para este segundo semestre”. A presidenta...

Areeiro destaca que a metereoloxía destas últimas semanas facilitou o bo estado fitosanitario das viñas

A Estación Fitopatolóxica Areeiro, centro dependente da Deputación de Pontevedra, vén de lanzar un novo aviso fitosanitario no que subliña que o estado das viñas é excelente no relativo á enfermidade do mildio debido ás favorables condicións climatolóxicas das últimas semanas, tras varios días continuados de tempo verdadeiramente cálido, con ventos do norte ou nordés e humidade relativa media en xeral.

Nace “Rías Baixas Film Fest”, a nova marca para relanzar e fortalecer aos festivais de cinema da provincia

“Hai poucas provincias no conxunto do Estado que teñan tantos festivais audiovisuais e de tanta calidade como a de Pontevedra”. Con esta declaración, a presidenta da Deputación, Carmela Silva, deu a benvida á nova marca provincial de calidade para o cinema da provincia.

SmartPeme pon en marcha cinco obradoiros online esta semana

A Deputación de Pontevedra, a través de SmartPeme, oferta esta próxima semana cinco novas accións formativas impartidas de xeito online, enmarcadas na carteira de obradoiros que se imparten de forma telemática. As accións, con 10 prazas cada unha, versan sobre xestión de redes sociais, ferramentas para a mellora da web, ciberseguridade, copywritting, ferramentas para empresas turísticas, promoción das empresas ou técnicas de marketing.

‘Re-Acción Cultural’ inicia a súa andaina con todas as prazas esgotadas nas primeiras noites dos castelos do Sobroso e Soutomaior

Cultura, música e patrimonio botan a andar na provincia da man da Deputación de Pontevedra coas prazas esgotadas nas dúas primeiras actividades de 'Re-acción nos Castelos'. Tan só fixeron falta catro días para colgar o cartel de “completo” nas Noites do Castelo de Sobroso e Soutomaior os días 23 e 24 de xullo. Amais, tamén se esgotaron as prazas para participar noutras tres accións programadas para o 30 de xullo, o 6 de agosto e o 11 de setembro: o obradoiro 'Creando no xardín' con Román Corbato, 'Nin príncipes nin princesas' con Bea Campos e 'O teatro ven de visita!' da man dos Quinquilláns.

Areeiro aconsella manter o nivel de vixilancia ante o desenvolvemento do mildio pese á estabilidade meteorolóxica

A Estación Fitopatolóxica Areeiro, centro dependente da Deputación de Pontevedra, vén de lanzar un novo aviso fitosanitario no que reporta unha situación bastante tranquila do mildio nas viñas, debido ás condicións ambientais maioritarias destes días, con tempo estable, solleiro e ventos moderados. Non obstante, ante a probabilidade de mudanza das condicións meteorolóxicas, o centro recomenda continuar vixiando as viñas e non descoidar as prácticas culturais que permitan alixeirar a vexetación e favorecer a aireación.

Os #RíasBaixasFest reinvéntanse para rexurdir en 2021 co apoio da Deputación, que redobra a súa aposta para garantir a súa continuidade

“O 2020 vai ser un ano de música e o 2021 un ano de máis música”. Deste xeito describiu hoxe a presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, a “reinvención” dos festivais das Rías Baixas en tempos da Covid. Silva referendou durante a presentación oficial da nova edición dos Rías Baixas Fest o “absoluto respaldo da institución á esta industria cultural, turística e estratéxica da provincia” e agradeceu aos promotores e promotoras destes eventos que fosen quen de abrir novos formatos e propostas para manter a súa continuidade neste ano, cara á recuperación total dos seus contidos e o seu “rexurdir” no vindeiro 2021.

A Deputación acorda cos concellos da provincia a renovación e a ampliación do servizo de administración electrónica

Co obxectivo de manter e incrementar a aposta tecnolóxica para a modernización dos servizos nos concellos, a Deputación de Pontevedra acordou hoxe coas 53 entidades locais da provincia adheridas á plataforma da administración electrónica, renovar ata finais de ano o contrato do servizo, e iniciar para o próximo 2021 un novo concurso para dar cobertura a todas as melloras que foron implementándose, cun investimento de máis de medio millón de euros.

A Deputación de Pontevedra abre o prazo de inscrición para os concertos e actividades culturais de “Música no ar” e“Re-acción nos Castelos”

A Deputación de Pontevedra abriu hoxe o prazo para inscribirse nas actividades que espallarán cultura, música e patrimonio por toda a provincia durante este verán. A inscrición, que se fai enviando un correo a cultura@depo.es, será necesaria en todas as actuacións de “Re-acción nos Castelos”, así como nos concertos do programa “Música no Ar” que se celebran nos propios recintos de Soutomaior e Sobroso. Nos demais, as actividades estarán abertas ao público ata completar aforo. Todas as accións contarán coas medidas de seguridade pertinentes e protocolos Covid e o uso da mascarilla será obrigatorio para as persoas asistentes.

A Deputación enche o verán de cultura e deporte con máis dun centenar de actividades na provincia

Saír, respirar e vivir plenamente a cultura, a natureza e o deporte. Despois da Covid e do confinamento, a Deputación de Pontevedra invita á cidadanía a desfrutar dunha intensísima programación de máis dun centenar de actividades culturais, sustentables e deportivas coas que enche a provincia este verán. A presidenta Carmela Silva presentou hoxe o calendario para xullo, agosto e setembro nos que a institución levará ao territorio concertos, obradoiros, rutas BTT, andainas e actividades integradas nos programas culturais Música no Ar, Re-Acción nos Castelos, Musigal e no programa Vive Deporte.

A Deputación celebra este luns a webinar destinada a pemes e persoas autónomas sobre “axudas públicas á reactivación”

'Axudas públicas á reactivación' é o título da charla en formato webinar que, organizada pola Deputación de Pontevedra, terá lugar este luns 6 de xullo ás 10.00 horas. O evento, que se desenvolverá a través da ferramenta Zoom, terá como poñente a Fernando Picón experto en xestión empresarial, innovación, dixitalización e internacionalización.

A Deputación remata as obras de mellora da seguridad peoníl no acceso á igrexa de Guláns, en Ponteareas

A Deputación de Pontevedra segue a apostar por unha mobilidade viaria segura coa finalización das obras do proxecto de mellora e mobilidade peonil na EP-4004. En concreto, a actuación levouse a cabo nun tramo de case 500 metros da estrada, que dá acceso á igrexa e o cemiterio de Guláns así como ao colexio Feliciano Barrera, no concello de Ponteareas.

A SmartPeme pon en marcha esta semana outros sete obradoiros online

A Deputación de Pontevedra, a través de SmartPeme, oferta esta vindeira semana sete novas accións formativas impartidas de xeito online, enmarcadas na carteira de obradoiros que se imparten de forma telemática. As accións, con 10 prazas cada unha, versan sobre xestión de redes sociais, ferramentas para a mellora da web, ciberseguridade, copywritting, ferramentas para empresas turísticas, promoción das empresas ou técnicas de marketing.

A Deputación aproba unha achega de máis de 126.000 euros para Gondomar

A Deputación de Pontevedra vén de aprobar en Xunta de Goberno recursos por un valor de 474.184,48 euros en asistencia aos concellos de Gondomar, Cerdedo-Cotobade e Rodeiro ao abeiro do Plan Concellos.

‘Re-Acción Cultural’, a Deputación inviste 2,5 millóns de euros “para levar a cultura a todo o territorio”

“Democratizar a cultura, espallala por todos os recunchos da provincia e, tamén, devolver á xente que a fai posible o refuxio seguro que nos ofreceron a todas e a todos durante os momentos máis duros da pandemia”. Con esta declaración, a presidenta Carmela Silva, presentou hoxe 'Re-Acción Cultural', a ambiciosa programación que desde este mes de xullo e ata decembro “levará a todos os recunchos da provincia ducias e ducias de actividades de todos os eidos culturais para recuperar os eventos en vivo”.

Areeiro recomenda manter o nivel de vixilancia ante o desenvolvemento do mildio

A Estación Fitopatolóxica Areeiro, centro dependente da Deputación de Pontevedra, vén de lanzar un novo aviso fitosanitario no que reporta unha situación bastante tranquila do mildio nas parecelas fixas e nas aleatorias. Porén, nas plantas testemuña e nas abandonadas a enfermidade continúa avanzando, aparecendo síntomas novos, secando gromos e proseguindo a defoliación das plantas

A Deputación abre este mércores a inscrición para as visitas aos ‘Bosques terapéuticos’

Os esperados baños de bosque xa están máis cerca. A Deputación de Pontevedra abrirá este mércores, 1 de xullo, o prazo de inscrición para que as persoas que o desexen poidan anotarse no novo programa da institución 'Bosques terapéuticos', unha iniciativa turística e sostible, que conxuga 30 visitas guiadas a cinco parques forestais da provincia coa interpretación dos elementos patrimoniais que albergan.

A Deputación aproba máis de 1,7 millóns de euros para oito concellos da provincia

A Deputación de Pontevedra vén de aprobar en Xunta de Goberno recursos por un valor de 1.732.472,88 euros en asistencia a 8 municipios da provincia ao abeiro do Plan Concellos. Os beneficiarios das achegas son Vilagarcía de Arousa, Soutomaior, Cambados, Agolada, Cangas, Meis, As Neves e Salvaterra de Miño.

Colaboradores