19 C
Pontevedra
Luns, 28 de Setembro de 2020

Tag: deputación de pontevedra

A Deputación humaniza o centro de Mondariz cunha ambiciosa actuación de mobilidade e seguridade viaria a través do Plan DepoRemse

A Deputación de Pontevedra vén de rematar as obras de mellora da mobilidade e seguridade viaria na contorna do centro urbano e de equipamentos de Mondariz, unha actuación ao abeiro do Plan DepoRemse da Deputación que hoxe visitou a presidenta da institución provincial, Carmela Silva, acompañada polo alcalde, Xosé Emilio Barros, e o deputado provincial Santos Héctor.

O primeiro ‘Roteiro Literario’ marca a axenda cultural da Deputación no inicio deste mes de setembro

A chegada do mes de setembro non fai que a cultura decaia na provincia, de feito, a primeira semana deste mes chega con seis accións da man da Deputación de Pontevedra. A institución, que segue coa súa forte aposta polas industrias creativas e culturais, ten programados concertos nos concellos de Cangas, Caldas de Reis, Vila de Cruces e Ponteareas, un roteiro literario en Baiona e unha exposición en Lalín.

Nigrán contrata a tres persoas desempregadas do municipio para conserxes dos colexios ao abeiro do Plan Concellos da Deputación

O Concello de Nigrán incorporou este martes a través da liña 3 do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra a contratación dos 3 conserxes para os colexios públicos de Nigrán. Todos eles son veciños do municipio que se atopaban en situación de desemprego e terán que desenvolver o seu traballo no reparto e recollida de correspondencia, fotocopias, escaneado, atención telefónica e presencial, colaborar cos docentes na entrada e saída dos menores, nos recreos ou nas actividades do centro.

A webinar do investigador Xosé García Bustelo abrirá o 17 de setembro o ciclo de conferencias científicas ‘Aída Fernández’

A webinar sobre o cancro a cargo do profesor de Investigación do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) Xosé Ramón García Bustelo abrirá o día 17 de setembro o primeiro Ciclo de Conferencias Aida Fernández Ríos, que a Deputación de Pontevedra organiza en colaboración coa Real Academia Galega de Ciencias.

A Deputación de Pontevedra está a aplicar “con máximo rigor” o exhaustivo protocolo de actuación nos casos de COVID-19

A Deputación de Pontevedra convocou ao Comité de Seguridade e Saúde a unha reunión a próxima semana para avaliar a adaptación dos protocolos e de novas medidas ante a nova situación da Covid19 e os casos positivos na institución, aínda que derivan de contaxios rexistrados no ámbito privado.

O programa de formación e inserción laboral ‘Tic Emprendes’ chega a Mondariz

'Guía de itinerarios en bicicleta' e 'Monitor deportivo especializado en adestramento con soporte musical' son as dúas accións formativas que o proxecto Tic Emprendes vai desenvolver no concello de Mondariz co obxectivo de axudar á inserción laboral das persoas mozas deste municipio. As especialidades foron elixidas despois dunha enquisa entre a poboación obxectivo desta iniciativa da Deputación de Pontevedra financiada polo Fondo Social Europeo.

Esgotadas as prazas para a ruta ornitolóxica ‘Voando nas Rías Baixas’ pola serra do Suído

O programa de rutas ornitolóxicas 'Voando nas Rías Baixas', que a Deputación de Pontevedra desenvolve en colaboración con SEO Birdlife, segue colleitando éxitos tras esgotarse en apenas 24 horas as quince prazas dispoñibles para o súa quinta e última saída desta edición, que conta tamén cunha lista de agarda doutras vinte persoas. A ruta levarase a cabo este próximo domingo, 6 de setembro, e achegará ás persoas participantes ata a Serra do Suído, que se estende polos concellos da Lama, Fornelos de Montes e Covelo.

Baiona e Tomiño entre os municipios que recibirán axudas da Deputación para infraestructuras, emprego e actuacións de desenvolvemento sostible

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra aprobou hoxe novos investimentos para os concellos da provincia por case seis millóns de euros (5.916.722,25€). Da citada cantidade, 2,2 millóns corresponden a achegas do Plan Concellos, 654.600 euros son para a contratación de 111 persoas no marco do programa de fomento de empregabilidade “O teu primeiro emprego” nos concellos, e os 3 millóns restantes permitirán a 43 municipios realizar obras de renovación sostible das instalacións de iluminación exterior ao abeiro das convocatorias do Ministerio para a Transición Ecolóxica a través do IDAE.

A VI edición do “Practicum Depo” da Deputación, porá en marcha máis de 100 mobilidades en Europa para alumnado e docentes de FP

“A formación ten que ser a grande prioridade, non podemos mirar a outro lado aínda que esteamos nunha situación de pandemia”. Baixo esta premisa, a presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, informou da xeración de crédito para o programa “Practicum Depo 2020”, aprobada este venres pola Xunta de Goberno do ente local.

Os catro concellos da comarca da Paradanta reciben achegas da Deputación para fomentar a igualdade e previr as violencias machistas

A Deputación de Pontevedra vén de conceder subvencións por un total de 18.899,01 euros aos catro concellos da comarca da Paradanta coa fin de fomentar a igualdade de oportunidades e previr a violencia de xénero. Os concellos de Arbo, A Cañiza, O Covelo e Crecente beneficiaranse destas achegas coas que levarán a cabo diversas accións nos seus territorios.

A Deputación abre o prazo de inscrición da quinta ruta ornitolóxica “Voando nas Rías Baixas”

A Deputación de Pontevedra abriu este venres o prazo de inscrición para a quinta das rutas ornitolóxicas programadas dentro da terceira edición da iniciativa “Voando nas Rías Baixas”, organizada pola institución provincial en colaboración con SEO Birdlife. Esta última ruta permitirá ás persoas que asistan coñecer a riqueza ornitolóxica e paisaxística da Serra do Suído, nos concellos da Lama, Fornelos e Covelo. Ofértanse 15 prazas para a excursión guiada de carácter gratuíto que terá lugar o próximo domingo 6 de setembro.

O programa Tic Emprendes da Deputación chega a Oia para impulsar a formación de “Guías de itinerarios en bicicleta”

O Concello de Oia acollerá unha das 26 accións que a Deputación de Pontevedra está a levar a cabo en toda a provincia no marco do programa de inserción laboral Tic Emprendes. A actividade profesional elixida neste municipio, de acordo coas necesidades expresadas nunha enquisa entre a poboación obxectivo, é a de guía profesional para itinerarios en bicicleta, polo que as persoas participantes obterán a formación e a capacitación necesarias para desempeñala.

Trece rutas autoguiadas para coñecer a provincia de Pontevedra a través do deporte e a natureza

Dar a coñecer a provincia de Pontevedra á vez que se desfruta do deporte ao aire libre e da natureza son algúns motivos polos que a Deputación de Pontevedra puxo en marcha as “Rutas Autoguiadas”, un catálogo con 13 itinerarios supervisados que poden seguirse facilmente a través de aplicacións móbiles ou dos GPS. As fichas das rutas, valoradas e clasificadas pola Deputación, están dispoñibles no sitio web do ente provincial (www.depo.gal) e ofrecen información sobre a distancia, a dificultade, as altitudes e os protocolos en caso de accidente. Os itinerarios discorren polos concellos de Moraña, Forcarei, O Grove, Redondela, Pontevedra, Catoira, Lalín, Vigo, O Rosal, Mondariz, Mondariz-Balneario, Silleda, Oia, A Guarda, Cangas e Bueu.

Tralas obras acometidas pola Deputación, o punto limpo da Guarda xa está preparado para a reciclaxe de residuos eléctricos e electrónicos

A deputada de Transición Ecolóxica e Medio Ambiente, Iria Lamas, xunto ao alcalde da Guarda, Antonio Lomba, visitou as obras acometidas no punto limpo da vila, ao abeiro do proxecto europeo ESTRAEE de reciclaxe do “lixo electrónico” promovido pola Deputación de Pontevedra. A actuación, cun orzamento total de 53.588,06 euros entre obras e subministracións, permitiu adaptar o punto limpo co obxectivo de acondicionalo de cara a recollida e xestión dos Residuos Eléctricos e Electrónicos.

A Deputación abre o prazo para solicitar subvenciós para a rehabilitación do Patrimonio Histórico Cultural

O Boletín Oficial da Provincia vén de publicar no día de hoxe as ‘Bases de subvencións para a rehabilitación e a sinalización do patrimonio histórico-cultural dirixidas aos concellos da provincia de pontevedra para o ano 2020’. Segundo destaca a deputada responsable da área de Patrimonio, María Ortega, o orzamento ascende a repartir ascende aos 400.000 euros, xa que “a promoción, a información e a accesibilidade aos bens culturais das localidades son básicas en calquera política cultural e turística, e tan fundamental é dar a coñecer a nosa provincia como que as persoas que a visiten poidan acceder facilmente aos bens patrimoniais”.

O Festival de Cans no Porriño “un orgullo para esta provincia, que nos sitúa a nivel internacional”

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, destacou hoxe en O Porriño o importante papel cultural do Festival de Cans que “nos converte nunha referencia, nos sitúa en Galicia, no Estado, a nivel internacional, e que consegue algo extraordinario, que sexamos felices”. O evento, incluído na nova marca provincial de calidade “Rías Baixas Film Fest” creada coa Deputación para relanzar e fortalecer aos festivais de cinema, celebra a súa XVII edición entre o 2 e o 5 de setembro.

Aberta a inscrición para a ‘DepoRuta BTT’ que percorrerá o concello de Ponteareas

Enmarcada na programación Vive Deporte, coa que a Deputación de Pontevedra invita á cidadanía a desfrutar este verán dunha ampla oferta de actividades deportivas sostibles, este luns 24 de agosto a institución provincial abrirá o prazo de inscrición para a “DepoRuta BTT” que percorrerá o concello de Ponteareas o 13 de setembro e que ofrece 200 prazas.

A Deputación activa os protocolos de seguimento da COVID tras confirmarse a existencia de tres positivos en persoas traballadoras da institución

O Goberno da Deputación de Pontevedra foi informado hoxe polo Servizo de Prevención de Riscos Laborais da existencia de tres positivos confirmados por Covid19 de tres persoas traballadoras da institución provincial, polo que se activaron de xeito inmediato todos os protocolos correspondentes á normativa sanitaria.

Ponteareas investirá máis de 400.000 euros na mellora da contorna da piscina municipal e centro de saúde

O goberno do BNG-PSOE informou da adxudicación das obras de humanización e mellora da accesibilidade no entorno do complexo deportivo Álvaro Pino e do Centro de Saúde por 403.228 €. A reordenación e integración urbana da contorna da piscina e do complexo deportivo Álvaro Pino e mellora da accesibilidade ao centro de saúde e espazos públicos anexos conta co apoio da Deputación de Pontevedra a través do Plan de Remodelación e Mellora de Seguridade dos viarios municipais (DEPOREMSE)

A Deputación da un paso máis cara a igualdade coa posta en marcha das salas de lactación no Pazo Provincial e o edificio administrativo

A Deputación de Pontevedra volve a ser referencia en materia de igualdade ao converterse na primeira de Galicia e unha das primeiras de España en contar con salas de lactación. A deputada provincial de Igualdade, Victoria Alonso, e o deputado de Facenda, Carlos López Font, visitaron hoxe estes dous novos espazos habilitados pola institución nas entreplantas do Pazo Provincial e o Edificio Administrativo, así como tamén as dúas salas de comedor que xa están a disposición das persoas traballadoras da institución nos citados edificios.

Areeiro subliña o bo estado xeral das viñas antes da vendima, pero recomenda vixiar a botrite

A Estación Fitopatolóxica Areeiro, centro dependente da Deputación de Pontevedra, vén de lanzar un novo aviso fitosanitario no que destaca o bo nivel fitosanitario das viñas en xeral na súa etapa de maduración, pero no que incide en que o recente cambio das condicións meteorolóxicas e as previsións para os vindeiros días poden xerar aínda algún problema nos acios.

A Deputación cualifica de “éxito absoluto” a carpa informativa do programa ‘Revitaliza’ instalada en Tui

A carpa informativa do Plan Revitaliza da Deputación tivo hoxe un “éxito absoluto” na súa visita a Tui. As mestras e mestres composteiros atenderon ao longo da mañá a preto de medio milleiro de persoas interesadas na compostaxe e en como conseguir un composteiro individual (COIN) para a súa casa con horta ou en como compostar nos composteiros comunitarios. A afluencia de persoas foi continua e xa ao mediodía xa se formalizaran máis de 20 inscricións para dispoñer dun composteiro individual.

A Guarda instala na praza de abastos colectores para residuos de aparellos eléctricos e electrónicos ao abeiro do ‘Proxecto Estraee’

A Concellería de Medio Ambiente do Concello da Guarda ven de instalar no andar superior da Praza de Abastos da localidade 3 colectores para depositar residuos de aparellos eléctricos e electrónicos:móbiles e tablets, pilas e baterías e cargadores e cables. Esta acción realízase ao abeiro do o proxecto europeo ESTRAEE de reciclaxe do 'lixo electrónico' promovido pola Deputación de Pontevedra.

A Deputación abre o xoves a inscrición para a cuarta ruta ornitolóxica ‘Voando nas Rías Baixas’

A Deputación de Pontevedra abre mañá, xoves, ás 9.00 horas, o prazo de inscrición para a cuarta das rutas ornitolóxicas programadas dentro da iniciativa “Voando nas Rías Baixas”, organizada pola institución provincial en colaboración con SEO Birdlife, que permitirá ás persoas que asistan coñecer a riqueza ornitolóxica e paisaxística das Brañas de Xestoso. Ofértanse 15 prazas para a excursión guiada de carácter gratuíto que terá lugar o 30 de agosto.

A Deputación apraza a primeira das rutas ‘Os viñedos do Castelo’ e ‘Bosques terapéuticos’ do xoves polas malas previsións meteorolóxicas

A Deputación de Pontevedra decidiu aprazar a primeira das rutas 'Os Viñedos do Castelo', así como a visita dos 'Bosques Terapéuticos' programada pola contorna de Cabo Udra, ámbalas dúas previstas para mañá, xoves 20 de agosto, polas malas previsións meteorolóxicas. No caso da ruta polos viñedos do Castelo de Soutomaior, adiouse para o día 26 de agosto, mentres que a sesión dos 'Bosques Terapéuticos' en Cabo Udra terá lugar en setembro, e a data exacta anunciarase proximamente.

Ponteareas solicita á deputación unha axuda de 16.000 euros para mantemento do Servizo de Normalización Lingüística

O servizo de Lingua da Deputación de Pontevedra recibiu neste exercicio sete solicitudes de subvención para apoiar o mantemento e a posta en marcha dos Servizos de Normalización Lingüística (SNL) dos concellos da provincia. O Concello de Ponteareas foi un dos que presentou a solicitude de axuda por unha contía de 16.000 euros (o máximo permitido) para facer fronte ao custe de persoal do departamento municipal, que xa está en funcionamento. A petición será agora analizada polos técnicos provinciais e, se non se producen contratempos, será aprobada proximamente.

Carlos Font, na súa visita a Ponteareas, fai un chamamento “á implicación de todos e todas na recollida e reutilización do lixo electrónico”

Ponteareas conta cun punto limpo adaptado á recollida de 'lixo electrónico' gracias ao investimento realizado pola Deputación de Pontevedra no marco do proxecto europeo ESTRAEE. O deputado de Economía e Réxime Interior, Carlos López Font, e o deputado de Infraestruturas e Vías Provincias, Gregorio Agís, xunto ao alcalde de Ponteareas, Xosé Represas; a concelleira de Vías e Obras, Chus Garrote e á concelleira de Medio Ambiente, Rosa Covelo, visitaron esta mellora e, a continuación, as obras de seguridade peonil realizadas no acceso á igrexa de Guláns na estrada provincial EP4004.

A carpa do programa ‘Revitaliza’ chega a Tui para informar sobre compostaxe doméstica e comunitaria

As mestras e mestres composteiros do Plan Revitaliza da Deputación de Pontevedra achegaranse este xoves ao concello de Tui para falar de compostaxe coa veciñanza. Instalarase unha carpa na rúa Casal Aboy para informar sobre compostaxe comunitaria e doméstica e entregar compost á veciñanza. As e os cidadáns que se acheguen poderán resolver dúbidas sobre a xestión dos residuos oránicos e do resto das fraccións e do punto limpo grazas explicacións do persoal técnico provincial.

O CAAN da Deputación de Pontevedra supera as 300 adopcións no que vai de ano

O Centro de Acollida e Protección de Animais (CAAN) da Deputación de Pontevedra continúa a amosar o seu bo ritmo de adopcións e xa son 302 os cans e cadelas que este ano atoparon un novo fogar despois de pasar polas instalacións da Armenteira. De seguir esta tendencia, todo apunta que o CAAN previsiblemente poderá pechar o 2020 superando as 466 adopcións do pasado ano e que supuxeron o seu récord, tal e como avanzou hai unhas semanas a presidenta da institución provincial, Carmela Silva, trala súa visita ao centro.

O Concello de Arbo adxudica a segunda fase das obras de mellora do camiño Urzal-Cividade

O Concello de Arbo, adxudica a contratación da segunda fase das obras de ensanche e mellora do camiño de Urzal–Cividade a traves da plataforma de contratación do Concello. Os traballos, que daran comezo nas vindeiras semanas, realizaránse sobre un treito do camiño existente no lugar de Urzal na parroquia de Barcela e do que xa se executou o ano pasado a súa primeira fase.

Esgotadas en 48 horas as prazas para participar na ruta ‘Os viñedos do Castelo’

Gran acollida á iniciativa da Deputación de Pontevedra 'Os viñedos do Castelo'. En só 48 horas dende a apertura do prazo de inscrición, esgotáronse as prazas para participar nesta novidosa ruta, que combina historia cun percorrido polos viñedos, unha cata e un espectáculo teatral. Deste xeito, esta primeira edición da actividade terá o seu aforo completo nas distintas sesións que se celebrarán os días 20, 21, 27 e 28 de agosto e tan só queda unha soa praza para a cita do 3 de setembro ás 19 horas.

Areeiro recomenda vixiar a botrite nas viñas polas condicións meteorolóxicas de humidade que se prevén para os vindeiros días

A Estación Fitopatolóxica Areeiro, centro dependente da Deputación de Pontevedra, vén de lanzar un novo aviso fitosanitario no que recomenda ás persoas viticultoras vixiar a botrite e outras podres da uvas, debido as condicións climatolóxicas de humidade que se prevén para os vindeiros días e ao incremento de azucres na uva que son favorables á aparición desta enfermidade. Deste xeito, o persoal especialista de Areeeiro suxire controlar moi ben os acios con feridas e/ou variedades sensibles, que ata este momento estiveron libres de infeccións pola seca.

Fin de semana de Natureza cos ‘Bosques terapéuticos’ da man da Deputación

A Deputación de Pontevedra levará esta fin de semana ata Oia e Fornelos de Montes dúas actividades que combinan sendeirismo e contacto co medio natural. Así, os “baños de bosque” serán protagonistas da ruta do programa medioambiental “Bosques terapéuticos”, cun percorrido mañá sábado, 15 de agosto, pola costa de Oia e a Serra da Groba. O domingo, pola súa banda, terá lugar un percorrido a través da zona de Freaza, no concello de Fornelos de Montes.

Baiona benefíciase das obras da avenida de Sabarís baixo o modelo de mobilidade segura promovido pola Deputación

As obras realizadas na avenida urbana de Sabarís, en Baiona, unha das zonas de maior tránsito do centro da vila, para adaptalas ao modelo de mobilidade segura da Deputación, no que prima a accesibilidade peonil, foron cualificadas como un acerto polo deputado provincial Santos Héctor durante a visita que realizou, acompañado polo alcalde, Carlos Gómez. A actuación fixo posible a humanización integral do espazo urbano no que se sitúan puntos de encontro como o Centro de Día, a Escola de Educación Infantil O Areal, o parque infantil e a praia da Ladeira.

O Castelo de Soutomaior, escenario de ‘Te con Kant’ dentro do programa da Deputación ‘Re-Acción nos Castelos!’

É posible un mundo e sociedade mellores baixo os ditames da razón ilustrada ou esta é ad infinitum unha condena ó fracaso? Esta é a pregunta fundamental que a compañía Inversa Teatro pretende responder no espectáculo 'Té con Kant', que terá como escenario o patio de armas do Castelo de Soutomaior e será o xoves 13 de agosto ás 19.30 horas. O evento, organizado pola Deputación, atópase enmarcado dentro do programa de dinamización cultural “Re-acción nos castelos!” e está dirixido a un público adulto.

A Deputación entrega nove transpaletas aos nove puntos limpos da provincia ao abeiro do proxecto europeo ‘Estraee’

O deputado de Economía e Réxime Interior, Carlos López Font, e a deputada de Medio Ambiente e Transición Ecolóxica, Iria Lamas, xunto ao alcalde de Meaño, Carlos Viéitez, o concelleiro de medio ambiente de Moaña en representación da Mancomunidade do Morrazo, Odilo Barreiro, e o concelleiro de medio ambiente de Vilagarcía, Lino Mouriño, asistiron ao acto de entrega, no Parque de Maquinaria, das nove transpaletas que prestarán servizo nos nove puntos limpos nos que está a actuar o proxecto europeo ESTRAEE de reciclaxe do “lixo electrónico” promovido pola Deputación.

A Deputación pon en valor o centro de Crecente acondicionando a contorna do centro de saúde, colexio, residencia e pavillón de deportes

O núcleo municipal de Crecente afronta unha completa transformación grazas ás obras de mellora integral da mobilidade e accesibilidade executadas no marco do Plan de Mellora da Seguridade dos Viarios Municipais (DepoRemse) da Deputación de Pontevedra. Os deputados provinciais Carlos López Font e Santos Héctor, acompañados polo alcalde, Julio César García-Luengo, visitaron hoxe esta actuación, na que a institución provincial investiu 426.300 euros.

Carlos Font enxalza o apoio da Deputación ao sector primario no primeiro simulacro de ‘vendima anti-Covid de Galicia’

O deputado provincial Carlos Font xunto ao alcalde de Arbo, Horacio Gil, asistiu ao ensaio de vendima anti-covid levado a cabo por Marqués de Vizhoja, converténdose así na primeira adega de Galicia en poñer en marcha un simulacro previo destas características. Durante o acto púxose en práctica o protocolo desenvolvido polo equipo técnico e de campo da adega e tamén se explicaron as indicacións xerais e normas de prevención que se levarán a cabo durante a vendima.

A Deputación reforza cunha páxina web a súa aposta pola concienciación cidadá na xestión dos residuos de aparellos eléctricos e electrónicos

A Deputación de Pontevedra vén de lanzar unha nova web institucional para dar a coñecer a Estratexia Sostible Transfronteiriza para a Xestión dos Residuos de Aparellos Eléctricos e Electrónicos (ESTRAEE). Deste xeito, a través de https://estraee.depo.gal/inicio, pode consultarse información en galego, español e portugués sobre o proxecto europeo ESTRAEE, os seus obxectivos, municipios nos que está a impulsar iniciativas, socios que participan no proxecto e as principais accións que está a desenvolver.

A Deputación abre o prazo para participar na ruta “Os viñedos do Castelo”

O goberno de Carmela Silva vén de lanzar “Os viñedos do Castelo”, unha novidosa iniciativa para achegarse ao Castelo de Soutomaior que combina historia cun percorrido polos viñedos, cata do caldo “Pedro Madruga” e espectáculo teatral a cargo de Rosso&Bianco. A actividade, cuxo prazo de inscrición abre hoxe mesmo a través de entradas.castelodesoutomaior.com, terá lugar os días 20, 21, 27 e 28 de agosto e 3 de setembro ás 19 horas e terá un aforo máximo limitado a 15 persoas.

Colaboradores