Venres, 30 Maio de 2025

Nigrán acolle o sábado a «Gala do Surf 2019»

0

O Concello de Nigrán acolle, este sábado 8 de febreiro, a Gala do Surf 2019 que se celebrará no Auditorio Municipal a partir das 19:00 horas e reunirá aos mellores surfistas do pasado ano que competiron no Circuito Galego de Surf, así coma a aquelas persoas e entidades cunha especial vinculación coa Federación Galega de Surf, autoridades representantes do Concello de Nigrán, da Federación Española de Surfing e do Clube Surf de Viana (Portugal). Unha cita ineludible para as persoas afeccionadas ó surf en Galicia.

Deste xeito, o Concello de Nigrán acollerá este ano o evento, poñendo a disposición da Federación Galega de Surf (FGS) as instalación do seu Auditorio. Tras a entrega de premios as persoas asistentes poderán disfrutar dunha cata de productos a cargo dunha das empresas patrocinadoras que será amenizada por un DJ local.

Redondela convértese, este sábado, na capital da Esgrima Histórica

0

Os máis de 60 participantes representando a 15 salas de toda España e Portugal, converterán a Redondela na capital indiscutible da esgrima antiga no marco do III Torneo de esgrima histórica Vila de Redondela que se disputará o sábado 8 de febreiro, a partir das 9 h no pavillón de Redondela, coñecido popularmente como ‘A bombonera’. O evento foi presentado, na mañá de hoxe pola alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, á que a compañaban o concelleiro de Cultura, Nacho González e Damián Troncoso, presidente e fundador da Sala Viguesa de Esgrima Antiga e un referente en España neste deporte.

O torneo de Redondela ven de experimentar un crecemento espectacular que se consolida, nesta terceira edición, duplicando o número de participantes con respecto á edición do pasado ano. Tal e como explicaba Damian Troncoso, son máis de 60 participantes representando 15 salas de España e Portugal “que nos converten no torneo máis grande que se ten feito en Galicia ata o momento e, posiblemente, un dos máis grandes de España”.

Troncoso, amosaba a súa satisfacción polo feito de que, cada ano “son máis as persoas que se achegan ata este torneo para coñecer de preto esta disciplina que é moi espectacular”. A realización deste torneo en Redondela, “no meu municipio” recalcaba Damián fai que na Sala Viguesa de Esgrima Antiga, que por certo ten a súa sede social en na parroquia redondelá de Cedeira, “teñamos alumnado de Redondela, de San Estaban, de Cedeira e outras zonas”.

O torneo dispútase no formato mixto, competindo mulleres contra hombres sen ningún tipo de distinción ao igual que tampouco hai división por idades porque –sinala Damian Troncoso– “é un torneo onde a arma, a espada, iguala as forzas. A esgrima é cuestión de destreza e axilidade e iguala as idades e os xéneros”.

A alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, que agradecía “o traballo realizado pola Concellería de Deportes que dirixe Nacho González, para que o sábado todo saia perfecto”, tiña tamén palabras de agradecemento para Damián Troncoso “por elixir Redondela para a celebración deste torneo que recupera unha parte da historia a través dunha disciplina deportiva moi vistosa”. Rivas salientou tamén a importancia da presenza feminina neste torneo “seguindo esa transversalidade que buscamos sempre dende o Goberno en todas as actividades que se desenvolven en Redondela”.

A rexedora local salientou a importancia que ten a presenza de máis de 60 participantes “pertencentes a salas de esgrima antiga de Madrid, Barcelona, Bilbao, Mallorca, Oporto e Lisboa, que veñen acompañados de familia e amigos e que aproveitarán para coñecer o noso municipio e o seu potencial turístico”.

[su_image_carousel source=”media: 11644,11643,11642,11641″ crop=”5:4″ link=”lightbox” autoplay=”0″]

Digna Rivas adiantou que o torneo, ao contrario que en anos anteriores que disputouse ao aire libre, “pasará ao pabillón de deportes porque, coa inestabilidade meteorolóxica que hai non nos imos a arriscar”.

No que ás diferentes disciplinas das que poderán gozar as persoas que se acheguen ao pabillón deportivo redondelá, a que máis seguidores ten é a denominada ‘espada ropera’ ou, como explica Damián Troncoso, “a espada de ‘Alatriste’ ou a dos mosqueteiros” motivado porque é a máis accesible para os recén chegados a este deporte “e a menos contundente” e polo tanto a que menos proteccións precisa pero, matizaba Troncoso “a arma raíña é a espada longa, a dos cabaleiros medievais”.

É, sen dúbida, un torneo moi espectacular e visual no que as e os tiradores compiten en poules (enfrontamentos), primeiro no formato de liguilla para, de aí, saír as e os participantes nos oitavos de final, cuartos de final, semifinais e da final. As poules comezarán ben cedo, cara ás 9 horas do sábado, primeiro coa espada e broquel (esdudo) “a disciplina máis antiga”, explicaba Damián Troncoso, para seguir coa espada ropera a media mañá e rematar coa espada longa ao mediodía.

Finalmente, Digna Rivas facía especial fincapé na “importante promoción turística que para o noso municipio supón a presenza de 64 participantes de toda España e Portugal, que veñen con familias”. De feito, como explicaba Troncoso, “as e os tiradores farán unha visita á Illa de San Simón e tomar contacto coa memoria histórica e a historia de Redondela e “se hai tempo, ao Meirande, para afondar máis na historia do municipio”.

Unha andaina guiada amosa a pegada xadobea no Camiño de Santiago na Guarda

0

O vindeiro sábado día 15 de febreiro terá lugar na Guarda a segunda das actividades do proxecto ‘O Camiño Aguárdate’, coa que o concello participa no programa O Teu Xacobeo da Xunta de Galicia. A finalidade deste proxecto é divulgar os valores do camiño entre a poboación local e buscar un maior achegamento entre estes e os peregrinos.

Desta volta trátase dunha andaina guiada entre A Pasaxe, punto de entrada dos peregrinos en Galicia no Camiño Portugués da Costa, e a Praza da Guía, no casco urbano do municipio. A andaina sairá ás 10:00 h da mañá e está previsto que remate sobre as 13:00 h, contando con prazas limitadas.

As persoas interesadas en participar poden formalizar a súa inscrición neste formulario online ou directamente no formulario ao pe desta información.

Desta volta Xavier Crespo, profesor de historia do IES A Sangriña da Guarda e ex-concelleiro de Patrimonio do municipio, fará de guía amosando a pegada xacobea agochada na arquitectura e paisaxe ó longo do Camiño ó seu paso pola Guarda.

Esta andaina, continúa co ciclo de “xornadas” que xa se iniciaron o pasado 25 e 26 de xaneiro, onde os participantes percorrerán o Camiño de Santiago dende a Pasaxe ata a ladeira do Monte Trega, coñecendo durante a ruta os valores ambientais deste tramo e problemática das especies invasoras ó longo do camiño e os métodos para a súa erradicación, posteriormente os participantes prantaron árbores autóctonas. Desta volta a actividade amosará o camiño dende diferentes perspectivas baixo o nome Falemos do camiño, convidando á poboación local a participar en charlas, coloquios e seminarios que axuden a coñecer os valores, históricos, turísticos e espirituais.

A Deputación rescata a tradición da cestería de madeira rachada na exposición «Tecendo a natureza»

Amosar a riqueza da tradición da cestería de madeira rachada e evitar que se perda este patrimonio material e inmaterial galego. Estes son os dous grandes obxectivos da exposición ‘Tecendo a natureza’, organizada pola Deputación de Pontevedra e que desde hoxe ata o día 29 de febreiro se poderá visitar no vestíbulo do Pazo Provincial. Con esta mostra, a institución provincial tenta poñer en valor esta artesanía a través das obras do último mestre cesteiro galego nesta modalidade, Enrique Táboas.

Deste xeito, a presidenta da institución, Carmela Silva, destacou na inauguración desta mostra o “saber facer” de Enrique Táboas, fillo e neto de cesteiros, nunha arte “tan marabillosa como é a cestería tradicional feita en madeira”. Pero ao mesmo tempo lanzou un berro de auxilio para evitar que se perda este oficio.

”Non podemos perder estas tradicións –subliñou–. Resúltame duro pensar que cando falamos de Enrique falamos do ultimo cesteiro de madeira. Polo tanto, esta exposición, que vai percorrer os concellos da provincia, non soamente vai a ser unha mostra dese bo facer, senón tamén unha chamada de alerta a todos os concellos e a outras administracións que teñen que traballar para que non se perda este patrimonio inmaterial. Porque hai competencias en patrimonio histórico e non se pode consentir esta desaparición”.

Neste senso, apuntou que a Deputación abordará de xeito inmediato a posta en marcha de actividades de formación “para ver se somos capaces na provincia de Pontevedra de xerar cursos que permitan transmitir estes coñecementos e que non se perdan”. Este é tamén o obxectivo do propio Enrique Táboas, que pola súa banda agradeceu á Deputación a oportunidade de expoñer “o que aprendín coa miña familia” e remitiuse á chamada tamén realizada pola comisaria da mostra, Fátima Cobo, para conservar este legado cultural a través da formación. Así, Cobo destacou que nesta mostra, “o invisible, o patrimonio inmaterial oculto en cada peza, é aínda máis importante que o visible”. “Este patrimonio inmaterial que atesoura Enrique é realmente o obxecto desta exposición –afirmou–. Se non lle poñemos remedio, cando el se xubile seguiremos tendo estas cestas, pero teremos perdida a capacidade de crear outras”.

O propio Táboas guiou aos primeiros e primeiras visitantes, un grupo de escolares do CEIP A Xunqueira, por esta exposición, que reúne dez fotografías antigas acompañadas de textos e 17 pezas orixinais, tradicionais e non tradicionais, elaboradas por este mestre cesteiro, que permiten facer un percorrido por esta artesanía e os seus usos. Acompáñaa un vídeo no que se pode observar o proceso de creación destas obras e unha ‘mesa de traballo’, na que se poderán tocar e contemplar diferentes ferramentas deste oficio e observar unha peza en distintas fases de construción.

Accesibilidade

Ao igual que o resto das exposicións que organiza a Deputación, “Tecendo a natureza” é unha mostra accesible, como destacou tamén Carmela Silva. “Todas as nosas exposicións –indicou– teñen que ser accesibles, para que todas as persoas poidan ter os mesmos dereitos ao coñecemento e ao desfrute. E polo tanto todas teñen que estar escritas en braille, e amais tamén coa súa explicación na linguaxe de signos”. No caso concreto desta mostra, as pezas de cestería exhíbense sobre peañas baixas e sen urna para que sexa posible tocalas e estes soportes están pintados dunha cor coral intensa para que ás persoas con visión reducida non lles supoña un problema moverse entre elas. No caso das persoas cegas, poderán visitar a exposición cun monitor da ONCE e as cartelas están transcritas a braille. Precisamente, o director do Centro de Recursos Educativos da ONCE en Galicia, José Angel Abraldes, felicitou no acto de inauguración á Deputación por engadir ás exposicións “un novo termo, accesibilidade”.

E en consonancia co compromiso da Deputación cos 17 ODS da Axenda 2030 en todas as súas áreas, a exposición cumpre varios dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible. Así, Silva citou que da resposta ao primeiro destes ODS, poñerlle fin á pobreza en todas as súas formas, “porque a ONU sostén que a pobreza cultural é unha forma de pobreza e se perdemos as nosas tradicións, empobrecémonos culturalmente, algo que non podemos consentir”. Tamén ao segundo, promover a agricultura sostible, “porque a creación e o sostemento de bosques de castiñeiros, e en xeral de árbores autóctonas, están intimamente ligados con estas profesións e cumpririamos este obxectivo se conseguimos manter esta artesanía”.

Garantir unha educación inclusiva, equitativa e de calidade, e promover oportunidades de aprendizaxe durante toda a vida para todas as persoas, o obxectivo 4, está tamén relacionado coa promoción deste oficio, “porque hai que transmitir esta aprendizaxe e facer accesible todo o que facemos”. E ao número 13, adoptar medidas urxentes para combater o cambio climático e os seus efectos, dáse resposta “co emprego na nosa vida diaria de obxectos de proximidade, duradeiros, sostibles, reciclables e biodegradables, algo que é imprescindible para afrontar o cambio climático e está clarísimo que a cestería de madeira cumpre con estes obxectivos”.

Éxito rotundo da «Feira das Ensinanzas Profesionais e Artísticas»

A III Feira das Ensinanzas Profesionais e Artísticas pecha as súas portas recibindo os parabéns tanto dos centros educativos expositores como do alumnado e profesorado dos centros que acudiron como visitantes. A concelleira de Educación, Cristina Fernández, trasladou o seu agradecemento “a cada unha das persoas que deixou a súa pegada nesta terceira edición que xa fai balance e comeza a traballar na innovación da vindeira edición”.

Na tarde de portas abertas ao público en xeral foron moitas as familias que acudiron para estudar de xeito conxunto o amplo abano de ciclos formativos aos que poden optar, “pensamos que foi acertado ofrecer ás familias un espazo no que coñecer e poder reflexionar sobre o futuro dos seus fillos e fillas, vivir en directo e coñecer en primeira persoa as experiencias e as saídas laborais”, explicaba a concelleira Cristina Fernández nos días previos ao arranque da feira.

29 stands que recibirion a visita de preto dun milleiro de mozos, mozas e familias que percorreron acompañados de guías voluntarios toda a feira obtendo todo tipo de información en canto a materias impartidas, o encaixe no mercado laboral, as prácticas que relizan, a duración dos ciclos e a opinión do propio alumnado que estuda os ciclos.

O Concello do Rosal apoia á manifestación en defensa da sanidade pública

0

O Concello do Rosal quere trasladar o seu apoio á gran manifestación en defensa da sanidade pública que se celebrará o vindeiro domingo 9 de febreiro en Santiago de Compostela. O equipo de Goberno anima a toda a veciñanza a participar nesta actividade convocada pola plataforma SOS Sanidade Pública para protestar contra o desmantelamento dos centros de saúde, contra o deterioro da atención primaria e dos PAC de Urxencias e contra a precariedade laboral do persoal sanitario.

O Concello do Rosal denuncia a situación de precariedade da sanidade pública na comarca e defendendo “o dereito de toda a veciñanza a unha sanidade pública, digna e de calidade, un dereito que debe ser intocable”, salientou a alcaldesa, Ánxela Fernández.

A falta de medios materiais e persoais é unha constante dende hai anos no Rosal, unha situación que se trasladou en numerosas ocasións á Consellería de Sanidade e ao Sergas sen obter unha resposta que dea solución aos problemas non só no municipio, senón en toda a comarca. “O Concello defenderá sempre o interese colectivo loitando pola defensa do que consideramos unha necesidade básica da nosa veciñanza”, recalcou.

Na actualidade o Concello vén sufrindo na área sanitaria deficiencias motivadas pola falta de cobertura de prazas e o alto ratio de Tarxetas Sanitarias Individuais atendidas polo persoal médico, o que provoca unha sobrecarga nas consultas.

Igualdade e música, na nova sede da Deputación en Vigo nos «IV Premios Sofía Novoa Ortiz»

A nova sede da Deputación de Pontevedra en Vigo encheuse esta tarde de sensibilidade, igualdade e música para acoller a entrega da cuarta edición dos ‘Premios Sofía Novoa Ortiz’ que valoran aos mellores traballos de Fin de Grao e Máster con perspectiva de xénero, presentados na Universidade de Vigo durante o curso 2018/2019.

Amais das persoas premiadas, ao evento asistiron a presidenta da Deputación, Carmela Silva, deputadas e deputados do goberno provincial, autoridades académicas da Universidade de Vigo e o sobriño de Sofía Novoa, Juan Francisco Novoa Doce. O acto estivo conducido pola xornalista Edurne Baines e amenizado coa música da frautista Laura Lorenzo e pianista Yamini Teresa Prabhu, que interpretaron pezas de Fanny Mendelssohn, Béla Bartok, Manuel de Falla e Gabriel Fauré.

Carmela Silva, amosou sentirse “moi orgullosa polo elevado nivel técnico dos traballos galardoados” e animou ás persoas gañadoras “a que non paredes, a que continuedes dirixindo a vosa traxectoria cara a consecución da plena igualdade entre mulleres e homes”. “Queremos apostar e apoiar todas aquelas iniciativas, entre as que se atopan os traballos universitarios de Fin de Grao e de Master, que están a impulsar e a estender a igualdade real e efectiva e a perspectiva de xénero nos diferentes ámbitos da sociedade”, asegurou Silva. “Consideramos fundamental –engadiu a presidenta– que dende o coñecemento, a investigación e a análise rigorosa se incorporen os principios de igualdade”.

[su_slider source=”media: 11616,11615,11614″ link=”lightbox” height=”400″ centered=”no” autoplay=”8000″ speed=”800″]

Na entrega as persoas premiadas este ano tiveron a oportunidade de explicar a súa motivación á hora de introducir a perspectiva de xénero nos seus Traballos Fin de Grao e Master. Así, na modalidade de Traballos Fin de Grao alzáronse cos premios de 1.000 euros Karen Giselle Engster Appezato de Salceda e Cristina Pérez Carmuega de Pontevedra. Engster Appezato elaborou o traballo titulado Constitución española inclusiva. Estudio previo y propuesta de redacción onde realizou unha análise das modificacións gramaticais e léxicos que implica a adaptación da Constitución Española a unha linguaxe inclusiva. Pola súa banda, Pérez Carmuega presentou Trabajar con perspectiva de género a través de la metodología por proyectos en la Educación Infantil no que se ofrece unha proposta de deseño de dous proxectos con perspectiva de xénero para a educación infantil e a súa implantación nunha aula.

Na mesma modalidade, de Traballos Fin de Grao tamén recibiu un premio de 600 € Antía Álvarez Martínez, de Vigo, por Menores transexuales en el ámbito educativo. Neste eido, o estudo afonda na transexualidade durante a infancia, concretamente na educación infantil, analizando a aceptación deste colectivo por parte da comunidade educativa.

[su_slider source=”media: 11613,11611,11612″ link=”lightbox” height=”400″ centered=”no” autoplay=”8000″ speed=”800″]

En canto á modalidade de Traballos Fin de Máster alzáronse cos premios de 1.000 € Marta Molina Rivera de Vigo e Rut Guinarte Mencía de Redondela. A primeira presentou Sensibilización e formación en igualdade de xénero do profesorado de formación profesional na que se investiga o grao de sensibilización do profesorado de FP coa igualdade de xénero, así como o interese, coñecemento e implicación con respecto á formación e recursos dispoñibles do colectivo docente. Pola súa banda, Guinarte Mencía elaborou o estudo Mediando a temática do traballo de coidados na aula de inglés: co-construíndo novas realidades igualitarias na que se integra a perspectiva de xénero no ensino de inglés nas Escolas Oficiais de Idiomas a través do deseño e implantación dunha sesión de 120 minutos que conxuga coidados e mediación.

Tamén na modalidade de Traballos Fin de Máster recibiu un premio de 600 euros Fernando Miguel Otero Fernández, de Vigo, por A situación do alumnado trans no Ensino Secundario de Galicia. Otero presentou o traballo A situación do alumnado trans no Ensino Secundario de Galicia no que se amosa a realidade do alumnado trans e se describen as actuacións que se poden levar a cabo desde o ámbito educativo para mellorar a súa calidade de vida.

No acto conducido por Edurne Baines, directora da Editorial Belagua, recordouse a traxectoria de Sofía Novoa, unha muller cunha grande cultura pero silenciada e esquecida pola historia. Novoa, dende a pedagoxía, fixo grandes aportacións á sociedade, empregou a música como vehículo para o ensino e loitou para que as mulleres ocupasen espazos públicos, concretamente, traballou nun programa educativo que posibilitaba o acceso das mulleres á educación superior.

Redondela abre a inscrición para os concursos do Entroido 2020

0

O Concello de Redondela vén da anunciar a apertura do prazo de inscrición para participar nos distintos concursos do Entroido 2020 que contarán son sete categorías distintas: comparsa, mocidade, retranca, inclusión á diversidade, grupo, parella e individual.

O prazo de inscrición estará aberto ata o vindeiro 14 de febreiro e deberán presentarse de xeito telemático a través da sede electrónica do Concello de Redondela. As e os interesados poden consultar as bases na web do Concello.

O desfile terá lugar o domingo 23 de febreiro de 2020 e o Concurso de grupos, parellas e individual desenvólvese na tarde do martes día 25 de febreiro de 2020.

Pola súa banda, o desfile do Entroido de Chapela Enterro do Berete terá lugar o sábado 29 de febreiro de 2020.

O Auditorio de Nigrán acolle o xoves unha xornada informativa sobre comunidades de augas

0

O Auditorio Municipal do Concello de Nigrán acolle mañá xoves ás 20:00 horas unha charla informativa a cargo de Coxapo, ‘Comunidade Xeral de Augas de Galicia’, nacida no ano 2006 en Tomiño e a cal representa a 88.000 asociados do Baixo Miño e Val Miñor.

Os asuntos que se tratarán na mesma son: necesidades das comunidades de augas veciñais no municipio, renovación das concesións por parte de Augas de Galicia das comunidades, cambios nas normativas vixentes que hai e haberá desde a Comunidade Europea e información necesaria para estar ao día.

As fotografías de Xurxo Lobato, percorren, na Guarda, a vida de Rosalía de Castro

0

O vindeiro sábado día 8 de febreiro ás 20:00 h a Casa dos Alonso da Guarda acolle a inauguración da Exposición “Airiños aires, Rosalía”, unha mostra que supón unha viaxe a través dos espazos vitais polos que transitou Rosalía de Castro e na que o fotógrafo Xurxo Lobato rastrexa o peregrinar da escritora por distintos puntos da xeografía rosaliana tanto en Galicia como fóra dela, contarase coa presenza de Xurxo Lobato e Anxo Angueira, presidente da Fundación Rosalía de Castro, ademais de poeta e gran coñecedor da obra e figura rosaliana.

A través das cincuenta imaxes de gran formato que ocuparán do 8 de febreiro ao 8 de marzo a Casa dos Alonso da Guarda, a exposición traza a xeografía física, pero tamén emocional dunha autora que protagonizou un complexo peregrinar durante os seus corenta oito anos de existencia, ao mudar constantemente de residencia e de localidade.

‘Airiños Aires, Rosalía’, permítenos emprender unha viaxe singular a partires das primeiras constancias da vida da escritora, como a pía de Santiago de Compostela onde recibiu o bautismo, localizada no Hostal dos Reis Católicos, para avanzar cara os seus referentes clásicos, o terreo rosaliano por excelencia: Compostela, Lestrobe, Padrón…, as Terras de Iria que en tantos poemas cantou. A Casa da Matanza, espazo senlleiro na vida de Rosalía e epicentro actual da cultura rosaliana, ocupa tamén un importante espazo nunha mostra que rexistra tamén reflexos máis fugaces da súa vida froito das súas estadías en Madrid e Simancas, seguindo os pasos profesionais do seu marido, Manuel Murguía.

Na última parte da exposición,’Airiños Aires, Rosalía’ distánciase dos emprazamentos físicos para atender as recreación artísticas desta icona da cultura galega. Desde figuracións clásicas en forma de retratos e esculturas, ata outras creacións máis apegadas á modernidade, que dan conta da profunda pegada que a autora deixou na nosa cultura e da continua reinterpretación que provoca a súa figura para adaptarse aos novos usos e costumes.

O autor da obra, Xurxo Lobato explica que esta exposición é “a miña humilde homenaxe a Rosalía de Castro, a quen considero escritora de referencia tanto na literatura galega como na española. Foi unha muller que non quixo restrinxirse ó ámbito doméstico. Escapou do rol tradicionalmente atribuído á muller e asumiu protagonismo como escritora nun tempo no que iso era navegar contra o vento e a marea. Relendo agora a Rosalía ollei unha intelectual, una feminista, unha galeguista, unha muller con gran conciencia social e política. Unha muller que sente o seu País, e que o sente con dor: a emigración, a inxustiza, a incomprensión de Castela… E unha muller que tamén ama a natureza”.

O fotógrafo manifesta que “nestes tempos cómpre reivindicar a Rosalía como poeta e escritora, como pioneira na defensa das mulleres e como símbolo de galeguidade”. E sinala que estas fotos “queren ser unha mirada nostálxica, evocadora da vida de Rosalía e da súa obra”.

Xurxo Lobato é un fotógrafo galego nado no ano 1956 na Coruña e que ten publicado fotografías en numerosos medios e axencias de comunicación a nivel nacional e internacional, recibindo varios premios polo seu traballo de periodismo gráfico ou fotoperiodismo.

Anxo Angueira nado en Dodro no ano 1961 é un filólogo, escritor e estudoso da literatura galega e actual presidente da Fundación Rosalía de Castro dende o ano 2012. É o autor de varios libros de diferentes xéneros como a narrativa, a poesía e o ensaio, destacando pola súa obra Pensa Nao (1999), pola que recibe o Premio Xerais na categoría de novelas.

A Exposición estará nos baixos da Casa do Alonso dende este sábado ata o 8 de marzo en horario de Luns a Venres de 8:00 h a 15:00 h e as fins de semana en horario de 11:00 h a 14:00 h e de 16:00 h a 19:00 h

Na Guarda, Rosalía é máis

Como en anos anteriores a Guarda terá moi presente a figura de Rosalía concentrando diferentes actividades abertas á participación cidadá para recordar a súa figura en torno a data de conmemoración do seu 183 aniversario, o 24 de febreiro.

A seguinte das actividades será a iniciativa Caldo de Gloria, que pretende involucrar ós bares e restaurantes na conmemoración deste día. Esta iniciativa, que xa se realizou o pasado ano na nosa localidade, enmárcase no chamamento xeneralizado que dende a Casa de Rosalía fan a todos os establecementos de Galicia, convidando ós mesmos a ofertar Caldo de Gloria nas súas cartas, menús ou como pincho de acompañamento, os días 22, 23 e 24 (sábado, domingo e luns, día de Rosalía) rememorando a receita que Rosalía recorda no poema “ Miña casiña, meu lar”. Os establecementos poden complementar esta iniciativa convidando ós seus clientes a recitar temas de Rosalía durante estes días. Os establecementos interesados na iniciativa poden anotarse no Departamento de Cultura do Concello ou neste formulario online.

Pero non é ata o día 24 de febreiro que se conmemora en toda Galicia o Día de Rosalía, coincidindo co 183 aniversario do seu nacemento. Neste día, que nos coincide este ano co luns de entroido, terá lugar un sinxelo acto na Casa do Concello, no que convidamos á todo amante da obra de Rosalía a que se sume a unha lectura conxunta de poemas da autora. Será as 12h na Praza do Reló e todas as persoas interesadas en participar poden xa anotarse no Departamento de Cultura do Concello ou neste formulario na rede.

Por último revalidaremos a experiencia dixital Rosalía nas Redes, durante esta última semana de febreiro compartindo contido nas Redes sobre a vida e obra da autora. Todos aqueles que queiran achegarse á iniciativa poden crear e subir contido e etiquetando no facebook e twitter de @culturaguarda co hashtag #Rosalíate ou #Rosalíanasredes

Calidade de ensino no rural de Tomiño

0

O CRA (Colexio Rural Agrupado) Mestre Manuel Garcés, de Tomiño, un dos máis grandes de Galicia, organiza unhas xornadas de portas abertas o día 3 de marzo en horario de mañá e tarde (10:00 h a 13:00 h e 16:00 h a 18:30 h), co fin de dar a coñecer o centro e o seus métodos de traballo, e poñer en valor a escola rural como modelo educativo. Tamén é posible visitar o centro outro día, pero chamando para concertar cita (986 622 775).

A oferta educativa vai dirixida a nenos e nenas de 2º ciclo de educación infantil (3 a 6 anos) que poderán matricularse entre os días 1 e 20 de marzo.

Con máis de 130 nenos e nenas de entre 3 e 5 anos, repartidos en 13 aulas espalladas polo rural, o colexio vén de colgar nas súas redes sociais e en varias plataformas, un vídeo promocional, co lema ‘Máis que un cole’, no que se poden ver as instalacións, equipamentos e as actividades que se levan a cabo habitualmente.

Creado hai dúas décadas e é un dos máis grandes de Galicia, chegando a ter 17 unitarias onde se impartía tanto educación infantil, coma primeiro ciclo de Primaria.

Na actualidade conta con dezaseis mestres de educación infantil, profesorado especialista de psicomotricidade, música, inglés, pedagoxía terapéutica e audición e linguaxe. Dispón ademais dun departamento de orientación propio e con persoal coidador para atender aos nenos con necesidades especiais. “Ofertamos unha educación integral que fomenta a autonomía, sen materias nin libros de texto, pensada para fomentar aquilo que o neno é e non o que queremos que sexa, dándolle gran importancia ao xogo libre, ao contacto coa natureza e o traballo con materiais naturais, nun espazo agradable, pensado e preparado exclusivamente para eles”, explica o director, Antón de Valenzuela.

O profesorado conta con plans de formación permanente en novas pedagoxías e metodoloxías de ensino. “Ofertamos unha educación integral que fomenta a autonomía, sen materias nin libros de texto, adaptada á forma de pensar do neno, a súa espontaneidade e a fomentar aquilo que o neno é e non o que queremos que sexa, dándolle gran importancia ao xogo libre, ao contacto coa natureza e o traballo con materiais naturais, nun espazo agradable, pensado e preparado exclusivamente para eles”, explica o actual director, Antón de Valenzuela.

Para favorecer a autonomía dos pequenos, lévanse a cabo “traballos responsables”, coma abrir a porta, preparar e servir as merendas, atender o teléfono, coidar ás plantas, etc.

O alumnado dispón de equipamento e materiais informáticos de última xeración, velocidade de conexión a internet de alta velocidade, e do programa Abalar Móbil para facer chegar os avisos ás familias.

A relación coa comunidade educativa, con outros centros, e coa contorna en xeral, é outro dos pilares do proxecto educativo, polo que é habitual que se programen visitas aos comercios, mercado, Centro de Dia, etc., participando tamén en actividades transfronteirizas con Vilanova da Cerveira (Portugal).

Cristina Martínez, concelleira de Educación, lembra o investimento de “máis de 30.000 euros que o Concello fixo recentemente para dotar ao CRA dunha biblioteca principal actualizada e eficiente”.

Douscentos trinta escolares tudenses, na derradeira proxección deste curso de «O Cine nas aulas»

0

Esta mañá tivo lugar no Teatro Municipal de Tui a derradeira proxección deste curso do programa ‘O Cine nas aulas’ desenvolvido dende o departamento de Prevención do Concello de Tui. Un total de 232 alumnas e alumnos de 2º de ESO e 14 profesoras e profesores dos IES Indalecio Pérez Tizón e San Paio, do Seminario Menor San Paio e do Colexio Marista Sta. María, acudiron á proxección.

No propio teatro recolleron as unidades didácticas, elaboradas pola Técnica de Prevención do Concello, coas que logo traballarán nas aulas sobre o respecto aos demais, a igualdade de dereitos e oportunidades, e valores coma a constancia ou empatía.

A metodoloxía do curso é que o profesor traballe o tema da prevención a partir das películas. Todo o material complementario que se lle facilita, serve como soporte para tratar as diversas temáticas transversais que aparecen en cada guía.

No programa ‘O Cine nas aulas’ o cinema convértese nunha ferramenta eficaz de traballo para abordar distintos temas. Así coa película que se proxecta cáptase a atención dos máis novos, apóiase a súa capacidade de reflexión e favorécese a análise e a crítica dos contidos educativos que presenta o filme. Tamén permite profundar noutros ámbitos transversais que resulten de interese de cada docente.

A Feira das Ensinanzas de Ponteareas esperta a curiosidade do público

O alcalde de Ponteareas, Xosé Represas, e a deputada provincial responsonsable de Centros de Ensino, Noemí Outeda, inauguraban onte a terceira edición da ‘Feira das Ensinanzas Artísticas e Profesionais’ acompañados do inspector territorial de Ensino; do concelleiro de Mocidade, Miguel Bouzó, e da concelleira de Benestar Social e Igualdade Verónica Carrera que realizaron unha visita a cada un dos stands dos centros educativos.

Por vez primeira a feira abríu as súas portas para o público xeral e foron moitas as familias que percorreron os stands na procura de información orientada a tomar a mellor decisición académica.

“Espertar a súa curiosidade e que teñan a oportunidade de coñecer a experiencia dos e das propias estudantes dos ciclos é fundamental porque canta máis información teñan mellor poderán decidir o seu futuro en relación á formación e á procura de emprego”, explica o Alcalde Xosé Represas.

Ademais da cidadanía tamén visitaron a feira técnicos e autoridades locais de concellos veciños atraídos pola ampla oferta de stands e polo oportunidade de ver en directo demostracións do traballo para o que se preparan.

Mañá mércores a feira volve abrir as súas portas para o alumnado dos centros educativos que serán guiados polos 29 stands nos que poderán coñecer os traballos de cantería, caracterización, música, actividades na natureza, xoiería, panadaría, auxiliar de voo, arte dramático, robótica, soldadura, sociosanitaria, tapicería, automoción, ilustración e un longo etc de formacións profesionais que poderán cursar.

O Camiño Portugués pola Costa confírmase como a ruta Xacobea de maior crecemento

0

A Oficina do Peregrino, encargada da elaboración das estatísticas das e dos peregrinos que se achegan as súas instalacións para acadar a Compostelá ou o diploma que acredita a peregrinación ata Santiago de Compostela, vén de confirmar o espectacular crecemento do Camiño Portugués pola Costa que pechou o 2019 con 22.291 peregrinos, o que supón un incremento dun 61% respecto ao 2018 (13.841 persoas).

Os datos non fan máis que constatar o crecemento imparable e exponencial dunha das rutas máis fermosas que explotaba no 2017 rexistrando un incremento do 174 % de peregrinos e peregrinas con respecto ao 2016 e pasaba das preto de 2.300 persoas dese ano ás máis de 6.000 do 2017.

Lonxe de estancarse, a ruta xacobea que entra en Galicia pola Guarda, mantén o seu crecemento 13.841 persoas peregrinas no 2018 e 22.291 neste último exercicio. Ese crecemento exponencial nótase, e moito, na Guarda. Así, o albergue municipal da Guarda, sito na Rúa Puerto Rico, incrementou o número de pernoctas nun 38 %, pasando de 3.608 peregrinos no ano 2018 a preto de 5.000 peregrinos no ano 2019, destacando o 90% de ocupación nos meses de agosto e setembro.

Pola súa banda, o Concello da Guarda non permanece ‘estático’ ante ese crecemento senón que adoptou diversas medidas –como reformas e obras de mantemento– que teñen como obxectivo, que peregrinos e peregrinas teñan teñan “un espazo confortable e coas maiores facilidades posibles”. O albergue guardés conta, nestes momentos, cunha capacidade total de 36 prazas repartidas en dúas grandes habitacións, ademáis dos baños, cociña, lavadora, etc. Nos vindeiros meses, o Concello acometerá unha reforma integral nos baños, que permitirá adaptar esta infraestrutura con novos aseo e zonas de ducha mixtas.

Un 22 % dos peregrinos que pasaron pola Guarda quedaron aloxados no albergue municipal, outros escollen os establecementos hoteleiros do municipio e tamén hai peregrinos que continúan a súa etapa para rematar no veciño Concello de Oia.

No despacho de billetes do transbordador na Guarda recóllense os datos dos peregrinos que se achegan pola oficina para selar a súa credencial, incrementándose nun 29% o número de peregrinos, 1.492 no 2018 e 1.930 ata o mes de outubro de 2019

Todos estes datos veñen a por de manifesto o auxe e relevancia que ten hoxe en día o Camiño Portugués da Costa coma ruta de peregrinaxe a Santiago de Compostela, unha verdadeira oportunidade a nivel turístico, comercial e hoteleiro para todo o tecido económico da vila de A Guarda e a súa comarca.

Oia traslada á igrexa de Santa María unha lápida sepulcral do século XIII

0

A lápida dun abade do Mosteiro de Santa María de Oia que permanecía nun pequeno alpendre do barrio do Arrabal e reempregada como lintel, xa descansa na igrexa do conxunto monacal. A estrutura foi trasladada este martes ao seu lugar definitivo nun proceso que contou con supervisión arqueolóxica a fin de garantir a integridade e conservación do ben.

Esta lauda sepulcral, a única ata o de agora coñecida dun abade do cenobio cisterciense de Oia, formaba parte dunha pequena construción do barrio histórico do Arrabal, a poucos metros do convento cisterciense. Xa naquel emprazamento podíase distinguir un gravado coa forma de báculo abacial e máis unha inscrición que remitía ao século XIII.

A precaria situación estrutural na que se atopaba o alpendre, susceptible de acabar danando a lápida, facía necesario buscar unha nova localización que garantise a conservación do ben patrimonial. Ao mesmo tempo, houbo que adoptar unha solución técnica para o traslado do elemento patrimonial en condicións de seguridade.

Unha vez realizadas as correspondentes xestións coa propiedade do inmoble e obtido o visto bo de Patrimonio da Xunta de Galicia, varios operarios procederon a primeira hora desta mañá ao traslado da estrutura desde a súa localización ata a igrexa parroquial de Santa María de Oia. Os traballos foron supervisados pola arqueóloga Elisa Pereira e desenvolvéronse sen ningún tipo de incidente.

Doazón ao Concello

O Concello de Oia recibiu a lápida como doazón das propietarias do alpendre, Joaquina Mariño e Carmen Blanco, e a partires de aí encargouse de solicitar os permisos e tamén se fixo cargo do traslado.

A partires de agora, a lápida permanecerá na igrexa parroquial, que forma parte do conxunto monacal declarado BIC no ano 1931. Cóntase coa colaboración do párroco, Daniel Goberna, para a adecuación do entorno no que a lauda quedará exposta.

A lápida dun abade do século XIII

Esta estrutura foi atopada en 2013 de xeito fortuíto por Lorena González, veciña do Arrabal, sendo o historiador Fernando Javier Costas Goberna quen a identificou como lápida. A raíz do achado e das actuacións promovidas pola Asociación de Amigos do Mosteiro de Oia (ACAMO), saíron á luz as primeiras hipóteses sobre a datación deste ben patrimonial e a identificación do abade ao que pertencía.

Concretamente, e segundo a interpretación que fai a historiadora Ana Paula Leite Rodrigues, esta lauda correspondería ao frade Lourenzo, décimo terceiro abade do Mosteiro de Oia. En canto á cronoloxía, a data do falecemento que figura na epigrafía sería o 11 de xullo de 1277.

Descoñécese o momento no que a lápida abacial pasou a formar parte do alpendre no que foi achada, se ben os estudos históricos feitos ata o de agora apuntan á posibilidade de que o reemprego da lousa fose produto dos longos procesos de desamortización de bens das ordes relixiosas que se desenvolveron nos séculos XVIII e XIX.

A nova localización da lauda sepulcral permitirá unha mellor visualización dos gravados e inscricións e, polo tanto, un estudo máis polo miúdo deste importante elemento patrimonial fortemente vinculado á historia de Oia.

As Neves avanza na necesaria ampliación do Centro de Saúde

0

O Servizo Galego de Saúde (SERGAS) contará dende Semana Santa con espazo para ampliar o Centro de Saúde das Neves unha vez que as cativas e cativos que ocupan a actual Escola Infantil da Galiña Azul vaian para a nova gardería, situada a carón do CEIP Marquesa do Pazo da Mercé, que estará rematadas nesas datas.

Así o comprobou o xerente da Área Sanitaria de Vigo, Julio García Comesaña, quen se desprazou ata As Neves para comprobar o estado do Centro de Saúde e manter unha xuntanza –solicitada polo Xosé Manuel Rodríguez Méndez– con este e coa concelleira de Benestar, Pilar González Casas.

Alcalde e xerente inspeccionaron o estado das instalacións sanitarias no que o Concello xa realizou unha serie de obras e melloras, como o pintado das instalacións, tratamento de humidades, colocación de azulexos, substitución de marcos e a apertura dunha porta para comunicar a consulta de Pediatría e a de Enfermería, obras que, sinalou Xosé Manuel Rodríguez Méndez, “respondían a unha solicitude que fixeran os responsábeis e profesionais do centro hai máis de 8 anos”.

Os representantes locais, que agradeceron a visita do xerente e cualificaron a entrevista con Julio Comesaña de “moi fluída, cordial e proveitosa”, expuxéronlle a intención de que o espazo que deixa libre a escola infantil, se destine a aumentar a superficie da zona de Pediatría e comprometéronse a remitirlle, por escrito, un adianto do proxecto a desenrolar, inmediatamente despois do traslado da gardería ao seu novo destino.

Na mesma reunión, o alcalde e a concelleira aludiron aos problemas que ten o Centro de Saúde no que á atención sanitaria fai referencia, en concreto á substitución das baixas dos médicos de Atención Primaria –que o pasado mes de xullo causaran ata 20 días de espera para consulta– e no servizo de Pediatría, que “se repiten dende hai varios anos”, problemas que o xerente da Área Sanitaria asegurou que “tentaría solucionar á maior brevidade”, considerando as dificultades que, como explicou, hai na actualidade para atopar médicos.

Desaloxado un edificio en Ponteareas por un lume nun establecemento comercial

Un incendio no almacén dun establecemento comercial obrigaba á Policía Local de Ponteareas e como medida de precaución, a desaloxar un edificio do Paseo Matutino. Cara ás 8 da mañá, un particular daba o aviso ao 112 Galicia que, a súa vez, alertaba aos bombeiros de Ponteareas.

O lume foi debido, segundo os primeiros datos, a un fallo eléctrico no local e a fumareda foi a que fixo necesaria a evacuación das vivendas ata a completa extinción do fogo.

O Paseo Matutino, durante ese tempo, estivo pechado á circulación derivándose o tráfico a través da Avenida de Galicia. Pasadas as 10:30 horas, os bombeiros confirmaban que o lume estaba totalmente extinguido e os veciños e veciñas puideron voltar aos seus fogares. Minutos despois restablecíase a circulación nese primeiro treito do Paseo Matutino.

Gonzalo Caballero reafirma en Nigrán o seu compromiso co ensino público e a mellora dos comedores escolares

0

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, acudiu esta mañá a Nigrán para, en compañía do alcalde, Juan González, poñer en valor o proxecto de construción dunha cociña nun dos centros educativos para dar aos escolares do concello uns menús de mellor calidade, elaborados no momento e non trasladados dende outro municipio.

“Un goberno progresista na Xunta garantirá o compromiso coa educación pública e coa mellora dos comedores escolares”, asegurou Gonzalo Caballero trala visita ao CEIP Humberto Juanes, onde mantivo unha xuntanza co equipo directivo do centro encabezado pola súa directora, Cristina Fernández.

En concreto, como explicou o líder dos socialistas galegos, o Concello ten un proxecto para investir case 400.000 euros nesa cociña, que permitiría dar os menús escolares dende a proximidade para os alumnos de Nigrán. “Sabemos que a seguridade das dietas está garantida, pero mellorar nisto é unha prioridade”, engadiu, consciente de que as necesidades de “conciliación” dos pais e nais fan que cada vez máis nenos utilicen o comedor escolar.

É por iso que Gonzalo Caballero defendeu que este tipo de proxectos teñen que ser “asumidos” pola Xunta. “Todos os pais queremos que os nosos fillos teñan os xantares nas mellores condicións”, agregou, para amosar o seu compromiso con este servizo tras 11 anos de “recortes” de Feijóo.

“Os socialistas somos a mellor garantía para a educación pública”, recalcou o máximo dirixente do PSdeG, quen sinalou que na etapa de Feijóo empeoraron as condicións do profesorado, as ratios de alumnos por aula, o número de centros… “A educación pública foi a gran abandonada por Feijóo”, sentenciou.


Unha prioridade

Despois de que o secretario xeral do PSdeG puxera en valor que hoxe Nigrán é “un concello ben gobernado, con proxectos para a cidadanía, tras anos de esperpento co PP”, o alcalde sinalou como “unha prioridade” a mellora da alimentación dos escolares.

Para acometer esa inversión de preto de 400.000 euros, Juan González lamentou que a Xunta non se comprometa a requirir á empresa do catering que use esa cociña. “Non queremos que sexa un expositor, senón que se use para facer comida fresca e de proximidade, tampouco pretendemos que se rescinda o contrato en vigor coas consecuentes indemnización que suporía, pedimos que dentro de 2 anos, cando vence, as novas bases inclúan a obrigatoriedade de que se cociñe no centro”, demandou.

Pola súa banda, a directora do CEIP Humberto Juanes pediu á Xunta que “sexa sensible” coa demanda do concello. “Non inventamos nada, xa se fai noutros concellos”, finalizou.

“Furto”

En paralelo, o líder do PSdeG falou do “furto á verdade” que supón que a Xunta tente “apropiarse” dos proxectos do goberno de España para iluminar a ponte de Rande.

“En vez de resolver os problemas da sanidade ou da educación públicas, perden o tempo en tentar apropiarse de proxectos alleos”, sinalou, e criticou que a Xunta vaia a Vigo “a colgarse medallas do que non fai”. É, concluíu, “unha falla de respecto” tras non facer “nada positivo para Vigo en 11 anos”.

A Deputación remata a instalación dunha barreira de seguridade na estrada Tebra-Cristelos, en Tomiño

0

A Deputación de Pontevedra vén de acometer os traballos para a instalación dunha barreira de seguridade na EP 3101 entre Tebra e Cristelos, do PQ 1+950 ao PQ 3+550, no concello de Tomiño. Esta obra, na que a institución provincial investiu 47.652,10 euros, resolve unha problemática de seguridade xa que en determinados tramos desta estrada non existían sistemas de contención de vehículos.

Máis polo miúdo, a actuación consistiu na instalación de barreiras de seguridade metálicas dentro dos sobreanchos existentes no dominio público viario co obxectivo de mellorar a seguridade viaria.

Deste xeito, instaláronse ao redor de 1.300 metros de sistemas de contención de vehículos cos seus correspondentes abatementos co fin de proporcionar seguridade e certo nivel de contención aos vehículos fora de control que inician traxectorias de saída da estrada, reducindo así a gravidade das consecuencias para as persoas usuarias ou terceiras.

Ponteareas destina preto de 100.000 euros para a inserción laboral de titulados universitarios e ciclos formativos

O Orzamento 2020 do Concello de Ponteareas, aprobado esta semana, destina 97.000 euros para que titulados e tituladas universitarias ou de ciclos formativos poidan realizar prácticas profesionais remuneradas en distintos departamentos do Concello. As prácticas realizaránse durante o presente ano 2020, desempeñando funcións da propia formación.

Ás titulacións que demandará o Concello son as relacionadas con distintos servizos municipais, “destinos nos que ás mozas e mozos poidan pór en práctica por primeira vez a faceta laboral para completar a súa formación teórica, unha formación remunerada que favorece aos estudantes e á institución municipal” sinalou a concelleira de Emprego e Formación, Vanesa Fernández.

Este programa de inserción laboral ten como finalidade ofertar aos menores de 30 anos unha oportunidade laboral relacionada, dentro dos distintos departamentos e servizos municipais, coa formación académica universitaria ou de formación profesional recibida.

Con esta iniciativa, o goberno local tamén pretende contar cunha maior presenza e participación no día a día do Concello de persoal técnico dentro das categorías máis altas do organigrama municipal para o que é preciso ser titulado universitario.

O Goberno local prevé realizar este programa a través da colaboración coa Fundación Universidade Empresa Galega, prestando os servizos no Concello de Ponteareas.

Un mínimo de 10 titulados universitarios e de ciclos poderán beneficiarse desta primeira práctica laboral remunerada. O alcalde Xosé Represas explicou que cada estudante “exercerá no departamento municipal relacionado coa súa carreira e ao ser o primeiro emprego isto permitirá que se familiaricen coa profesión ao tempo que o Concello se beneficia do seu traballo e coñecementos técnicos”.

«Tui é un amor. Namórate de Tui», campaña para promocionar a cidade e o comercio local

0

‘Tui é un amor. Namórate de Tui’ é o lema da campaña que hoxe mesmo se pon en marcha en Tui co gallo do Día dos Namorados. Trátase dunha iniciativa conxunta das concellerías de Comercio e de Turismo do Concello de Tui que conta coa colaboración do comercio local. O obxectivo é fomentar as compras no comercio local con motivo da celebración do Día dos Namorados. A campaña foi presentada este mediodía na casa do concello polo alcalde, Enrique Cabaleiro, xunto á concelleira de Comercio, Ana Mª Núñez, e o concelleiro de Turismo, Laureano Alonso.

A campaña terá dous eixos, por unha banda a colocación de 600 corazóns nos escaparates do comercio local dos que 300 recolleran outros tantos poemas de autores galegos coma Rosalia de Castro, Álvaro Cunqueiro, Celso Emilio Ferreiro, Uxio Novoneira, Marga do Val ou  Emilio Alvarez Blazquez, xunto a 150 corazóns co lema da campaña ‘Tui é un amor. Namórate de Tui’ e outros 150 serán un corazón branco sobre fondo vermello. O outro eixo será a instalación de seis elementos decorativos, que están a ser realizados por persoal municipal con material reciclado, nos que destaca o Banco do Amor, e palabras coma ‘Amor’ ou ‘Love’ nas que poder fotografarse. Estarán instalados nas prazas de San Fernando e a Inmaculada, e as rúas Ourense e Compostela.

Na presentación desta mañá o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, sinalou que “o lema da campaña Tui é un amor. Namórate de Tui, vai facer historia neste concello, porque nada máis literal para expresar o que é este concello e o que transmite aos que vivimos aquí e aos que nos visitan, que marchan namorados da cidade”. Unha campaña que conxuga a nosa cultura, que pon en valor aos autores galegos e que aposta pola economía circular nos elementos decorativos que van ser instalados.

A concelleira de Comercio, Ana Mª Núñez, explicou que a imaxe da campaña no comercio local será “un espectáculo de arte e cultura que causará nos viandantes unha sensación visual e emocional”. Avanzou que para a campaña recuperarase a xaula que estaba situada nos xardíns de Troncoso.

O concelleiro de Turismo, Laureano Alonso, destacou a transversalidade da campaña na que colaboran dous departamentos buscando a promoción da cidade e do comercio local. Desexou que o resultado sexa “exponencial”. Afirmaba que deste xeito realízase unha campaña en positivo na que se pon en valor o amor e os recursos locais.

Premio para os fotografías con máis Me Gusta en redes sociais

As persoas que realicen fotografías nos seis elementos decorativos, que ao longo dos próximos días serán instalados nas rúas tudenses, e as etiqueten nas redes sociais cos hastag #Tuiéunamor e #NamóratedeTui poderán optar a tres premios. Así o autor ou autora da imaxe con máis Me Gusta levará unha estancia de fin de semana nun aloxamento tudense; os segundo poderán gozar dunha cea romántica nun restaurante de Tui; e o terceiro, un estoxo de viño de produtores locais.

A «Feira das Ensinanzas Profesionais e Artísticas» abre as súas portas ao público en xeral por primeira vez

Mañá martes arranca en Ponteareas, nas instalacións do ‘Complexo Deportivo Álvaro Pino’, a ‘III Feira das Ensinanzas Profesionais e Artísticas’, un evento que este ano e por primeira vez, tal e como adelantaba a tenenta de alcalde e concelleira de Ensino, Cristina Fernández, “poderá ser visitada polo público en xeral de 16 h a 18:30 h de mañá martes, totalmente de balde. 

Logo do éxito da anterior edición, a Feira das Ensinanzas Profesionais e Artísticas medra e ofrecerá un total de 29 stands de centros formativos que achegarán aos visitantes información sobre as modalidades que imparten e demostracións prácticas do traballo que realizan dentro do seu curriculum educativo.

Cristina Fernández lembra que esta feira “naceu co obxectivo de amosar a toda a comunidade educativa a oferta de ensinanzas profesionais para que o alumnado poida coñecer de primeira man as materias que se imparten e o perfil profesional para o que se poden preparar”. Unha vez máis o alumnado do CIFP A Granxa e voluntariado realizará visitas guiadas acompañando aos centros visitantes participantes.

“Non sempre é doado decidir como vas encamiñar a túa traxectoria de formación e por iso é imprescindible ofrecer a maior información posible e que vexan por si mesmos exemplos prácticos do froito deses estudos que poden cursar”, explica Cristina Fernández que tamén engade que é indispensable que o alumnado poida conversar cos estudantes e profesorado destas ensinanzas, da súa experiencia e da súa satisfacción.

Este ano a Feira das Ensinanzas Profesionais e Artísticas abrirá o martes día 4 e o mércores día 5 e por ela pasarán máis dun milleiro alumnas e alumnos para poder tomar unha decisión o máis axeitada posible en relación aos seus estudos.

Por vez primeira o público en xeral tamén poderá visitar de balde os 29 stands o martes de 16 a 18:30 horas e participar nas demostracións en directo como a do módulo de panadería, a de caracterización de personaxes, a dos músicos dos conservatorios, as medioambientais ou da tirolina ou a de robótica.

Na III Feira das Ensinanzas Profesionais e Artísticas poderemos atopar novidades como o stand da rama sociosanitaria e tamén o de Parasanitaria, o de xestión ambiental, stands de ensinanzas de electrónica, arte dramática, idiomas, soldadura, xoiería, moda, restauración, deportes, auxiliar de voo, ilustración, canteiría ou imaxe e son, entre outras moitas modalidades que os centros de ensinanzas profesionais ofertan.

A Escola de Cantería da Deputación un ano máis presente na Feira

A Escola de Cantería da Deputación de Pontevedra será unha das protagonistas da terceira edición da Feira de Ensinanzas Profesionais e Artísticas de Ponteareas, que terá lugar este martes e mércores, 4 e 5 de febreiro, na vila do Condado. Ao longo destes dous días, no complexo deportivo Álvaro Pino, a veciñanza e mocidade de Ponteareas e da comarca vén de coñecer a oferta formativa deste centro da institución provincial.

Máis polo miúdo, representantes da Escola de Cantería presentan as ensinanzas que o centro oferta, é dicir, os títulos de Canteiro e Canteira e de Mestre Canteiro e Mestra Canteira. Para acadar estes títulos, amais de recibir formación para aprender a traballar a pedra e estimular a vocación artística, impártense cursos de modelaxe, escultura, debuxo técnico, debuxo artístico, historia da arte e construción, así como prácticas de laboratorio e informática.

A formación que recibe o alumnado é eminentemente práctica e así, moitas das súas obras de arte, como cruceiros, monolitos, conxuntos escultóricos, bustos, peanas ou construcións arquitectónicas están a ser situadas en lugares de Galicia, de España ademais de Brasil, México, Arxentina, Panamá e Portugal. Ademais, antigos alumnos e alumnas están a traballar en obras emblemáticas como o Capitolio de Washington, a restauración do Chiado de Lisboa, na Catedral de Santiago, a Sagrada Familia de Barcelona ou na Catedral de Westminster, en Londres.

Xunta á Escola de Cantería, participan tamén na terceira edición da Feira de Ensinanzas Profesionais e Artísticas de Ponteareas vinte expositores de centros de educación secundaria, formación profesional e ensinanzas especiais para coñecer as diferentes alternativas profesionais que dispón o alumnado.

Tomiño incrementa nun 30 % o orzamento para o Servizo de Axuda no Fogar

0

Tomiño aposta por un modelo de Servizos Sociais Comunitarios de atención primaria no ámbito da proximidade no que a prioridade sexan os propios veciños e veciñas, un modelo no que o Servizo de Axuda no Fogar ten cada ano un papel máis protagonista. Por este motivo, o Concello incrementou en máis dun 30 % a partida orzamentaria destinada a este servizo para este ano, o que suporá un investimento total de 600.000 euros nun servizo “indispensable” que busca garantir o coidado de persoas en situación de dependencia.

“É un servizo de calidade que se ven ofertando aos usuarios e usuarias de servizos sociais e que non só beneficia ás persoas en situación de dependencia que están dentro do programa, senón tamén aos seus coidadores, mellorando a calidade de vida de ambos”, destaca Cristina Martínez, concelleira responsable da área de Benestar Social.

Un servizo que actualmente conta con 114 usuarios e usuarias atendidos por 40 auxiliares socio-sanitarios especializados e en formación continua para axustarse ás novas realidades e necesidades que poidan xurdir neste campo e mellorar a calidade do programa. Cada ano o Concello de Tomiño organiza coa empresa adxudicataria do servizo, IDADES S.L., novos cursos formativos tanto para o persoal que xa traballa no servizo como para futuras e futuros auxiliares-sociosanitarios. O ano pasado, os traballadores e traballadores do Servizo de Axuda no Fogar realizaron un total de 40.000 horas para atender a demanda do programa.

O programa de axuda no fogar inclúe servizos de fisioterapia, podoloxía, acompañamento, socialización e desenvolvemento de hábitos saudables, así como tamén axudas técnicas como grúas de mobilización persoal, camas articuladas, andadores, cadeiras de rodas, cadeiras de ducha-baño e outros materiais necesarios para o coidado de persoas maiores ou enfermas.

A Guarda abre a inscrición para acudir á manifestación en defensa da sanidade pública

0

Despois da aprobación por parte da Corporación guardesa no pleno celebrado o venres 31 de xaneiro, o Concello da Guarda porá autobuses a disposición da cidadanía para asistir á manifestación. Dende este luns todos os veciños e veciñas interesados en asistir a dita concentración, poden acudir á Alcaldía ou chamar ao 986 610 000 (Alcaldía) para reservar á súa praza para o autocar que os levará a Santiago de Compostela na mañá deste domingo día 9 de febreiro. Queda habilitado deste xeito un rexistro único para coordinar a asistencia a esta manifestación.

A saída dende A Guarda está marcada para as 9:30h da mañá dende a parada do autocar da Rúa Rosalía de Castro(Centro Cultural).

Un importante número de veciños e veciñas da Guarda levan concentrándose cada xoves dende fai medes no centro de saúde da localidade demandando a mellora na atención sanitaria.

Na actualidade hai deficiencias motivadas, principalmente, pola falla de cobertura de prazas, o que provoca unha sobrecarga nas consultas ou incluso a anulación de citas. Dende A Guarda tamén se ven reclamando dende fai anos un segundo equipo para o servizo de urxencias.

O servizo de atención sanitaria na Guarda, tanto as consultas ordinarias como as urxencias, é deficiente. Este problema vese agravado polo illamento que sofre a Vila. Hai que lembrar que se tarda case unha hora en chegar ao hospital de referencia en Vigo, debido, sobre todo, a mala comunicación por estrada entre A Guarda e Tui.

O PSOE de Tomiño habilita un autobús para á manifestación convocada por SOS Sanidade Pública

0

O Grupo Municipal Socialista de Tomiño vén de poñer en coñecemento de toda a veciñanza que, o vindeiro domingo 9 de febreiro, poñerá un autobús gratuíto para que, aqueles e aquelas que o desexen, poidan acudir en Santiago á manifestación convocada polo colectivo SOS Sanidade Pública contra o deterioro da Atención Primaria, o desmantelamento dos Hospitais Públicos, as interminables listas de espera e a precariedade dos traballadores e traballadoras.

As prazas están limitadas e reservaranse por estricta orde de chamada no teléfono 667 916 360.

Os e as socialistas tomiñeses fan un chamamento ao Concello para que “cumpla tamén coa veciñanza e facilite autobuses a todas aquelas persoas que desexen participar na manifestación e, así, favorecer a mobilidade a quen poida ter máis dificultades. Non se defende a sanidade nas fotos senón ao lado dos veciños e veciñas”, apunta o PSOE de Tomiño.

Para o Grupo Municipal Socialista, un dos sinais de identidade do PsdeG-PSOE “foi e será, sempre, a defensa da sanidade pública, universal e gratuíta, fronte ao retroceso e os recortes que sufre por parte do Goberno da Xunta de Galicia”. “Estivemos no 2015 na manifestación en Vigo contra a privatización encuberta do Cunqueiro e estivemos na do 2018 contra os recortes na Atención Primaria” lembran a Agrupación Socialista de Tomiño, polo que agora “apoiamos a mobilización cidadá convocada para o domingo 9 de febreiro en Santiago de Compostela, en defensa da sanidade pública, e participaremos nas actividades adicadas a defender a mellor sanidade pública para Galicia”, conclúen.

Recoñecemento do Concello ao Club Xadrez Mos polas seis medallas no campionato provincial

0

O Centro Dotacional de Torroso acolleu na tarde do sábado a visita da alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, –á que acompañaban a concelleira de Deportes, Begoña Toucedo, e o tamén edil Alberto Méndez– para felicitar e homenaxear ao Club Xadrez Mos polos resultados obtidos nos Campionatos Provinciais de Xadrez 2020, nos que obtiveron 4 pratas, 1 ouro e 1 bronce; ademais de dúas campioas femininas.

A visita produciuse coincidindo cunha xornada da Liga Galega de Xadrez por equipos, que se disputa de xaneiro a abril durante 11 semanas, e na que os clubs xogan unha semana na casa e outra fóra.

[su_image_carousel source=”media: 11512,11511,11510,11509,11508,11507,11506″ crop=”5:4″ link=”lightbox” autoplay=”0″]

O Club Xadrez Mos colidera o medalleiro da Provincia de Pontevedra nos Campionatos Provinciais 2020, empatando a 6 co Fontecarmoa de Vilagarcía. A competición contou con máis de 300 participantes e un total de 46 xogadores e xogadoras do Club Xadrez Mos representaron á localidade mosense, nestes provinciais que se celebraron os pasados 18 e 19 de Xaneiro no Auditorio Municipal de Vilagarcía.

Cun total de 6 medallas, un ouro, catro pratas e un bronce, o Xadrez Mos colidera o palmarés na provincia xunto co Fontecarmoa. Nesta ocasión, os xogadores do Club Xadrez Mos clasificados en postos de podio foron: Carlos Pérez Méndez, Subcampión Sub-8, Antonio Villot Lago, 3º Clasificado Sub-10, Alexandre Rodríguez Vieito, Campión Sub-12, Mario Bastos González, Subcampión Sub-12, Sergio Pérez Estévez, Subcampión Sub-14, e Óscar Morais Reixas, Subcampión Sub-18. A pesar da ausencia de recoñecemento feminino, desde o Club Xadrez Mos recoñecen a todas as súas participantes: “Begoña, Maia, Xela, Noa, Carmen, Antía, Alicia, Paula e Sabela. E nesta ocasión, especialmente ás Campioas: Noa Costas Senlle, Campioa Sub-12, e Paula Toucedo Morgadas, Campioa Sub-16”.

Desde a directiva do club destacan que “un ano máis, estamos moi contentos por aumentar a representación mosense na máxima competición a nivel provincial. Non só iso, senón moi orgullosos de ver como todos e todas gozaron do xadrez e mostraron un gran nivel de xogo”. E aseguran sentirse “moi orgullosos desta gran familia que é o Xadrez Mos, do gran traballo que semana tras semana realizan os nosos 46 xogadores e xogadoras, aos que animamos a seguir adestrando, e gozando deste gran deporte que nos une”.

ACiP pide a devolución da plusvalía cobrada “irregularmente” polo Concello de Ponteareas

O portavoz de Alternativa Ciudadana de Ponteareas (ACiP), Juan Carlos González Carrera vén de pedir que se lle devolva á veciñanza a plusvalía que, ao seu entender, o Goberno local cobrou “irregularmente”. Para González Carrera, o “abandono” do executivo local por non publicar a correspondente Ordenanza Municipal no seu momento “non pode ter a consecuencia de que a veciñanza pague polo que non teñen que pagar”, e pon como exemplo “as herdanzas de vivendas por falecementos dos seus pais e outras que estarían exentas”.

Alternativa Ciudadana de Ponteareas subliña que no ano 2019 “o Concello recadou máis de 310.000 €, mentres que no exercicio 2018 a cantidade foi de 90.000 €”. O Grupo Municipal independente considera que “chegou a hora de dicir basta ante a cobranza irregular que está a realizar o Concello aos veciños, e está a incumprir a ordenanza Municipal de Plusvalías”.

Juan Carlos González Carrera adiantou que nesta semana o seu grupo pedirá unha reunión informativa para que se presente a listaxe que o Goberno local comprometeuse pedir ao ORAL e que se poida compensar aos veciños “que, estando exentos, pagaron dito imposto”.

Para o Portavoz Municipal de ACiP esta “é unha mostra máis de que o Goberno municipal goberna de costas aos veciños” co cobro “irregular” dun imposto, situación que sería facilmente solucionable “aplicando as bonificacións aprobadas no pleno de novembro de 2017”.

O Rosal solicita incluir as sobreiras da Ermida da Madalena no Catálogo de Árbores Senlleiras de Galicia

0

O Concello do Rosal, en colaboración coa Comunidade de Montes de Eiras, solicitará que o conxunto de sobreiras da Ermida da Madalena sexan incluídas no Catálogo de Árbores Senlleiras de Galicia, un rexistro público no que se inclúen todos aqueles exemplares e formacións que se considera que deben ter unha protección especial polas súas excepcionais características.

“Para nós é importante salientar dalgún xeito a riqueza histórica, ambiental ou patrimonial que temos no municipio. Cremos que estas árbores reúnen as serie de condicións que as fan idóneas para que sexan incluídas no catálogo, polo seu porte, pola paraxe na que se atopan, pola súa singularidade…”, asegura a alcaldesa do Rosal, Ánxela Fernández.

Esta iniciativa conta coa aprobación da asemblea da Comunidade de Montes de Eiras e coa especial implicación do seu presidente, Xoan Carlos Gándara.

Valores singulares

Na solicitude destacaranse os principais valores destas catro árbores singulares. Por un lado, a súa situación, xa que se atopan no cumio do alto da Madalena, dende onde pode contemplarse “unha interesante panorámica da ribeira do Miño e do seu esteiro”, como recolle a moción presentada e aprobada por unanimidade en pleno o pasado 24 de xaneiro. Farase referencia tamén á talla das árbores, cuns perímetros de 485, 430, 385 e 197 cm (medidos a 1,3 m de altura), e á singularidade de que se atopen xuntos varios exemplares de gran porte e tamaño, formando entre todas unha copa cunha base de forma elíptica de 32 m no eixo maior e 23 m no menor.

A beleza, recollida en numerosas fotos publicadas en diferentes medios ou na obra dos pintores goianeses Antonio Fernández e de Xabier Pousa, é outra das características que se destacarán na petición de inclusión. Tamén se incluirá o seu valor histórico ao estar ao carón dun xacemento arqueolóxico e da Capela da Madalena, ben de interese patrimonial catalogado. As tradicións serán outro valor a destacar, xa que nas inmediacións das sobreiras ten lugar anualmente unha romaría no mes de xullo.

Este catálogo, que está en constante actualización, ten rexistrados neste momento case 200 elementos espallados por toda a comunidade galega, 157 exemplares individuais e 39 formacións arbóreas. En caso de incluírse neste catálogo, este conxunto de sobreiras consideraríase protexido, o que implicaría a prohibición de calquera acción que puidera afectar negativamente a súa integridade, saúde ou á súa aparencia e calquera proxecto a realizar necesitará autorización administrativa previa da Dirección Xeral de Conservación da Natureza da Xunta.

«Abraza un CAAN», campaña da Deputación para promover a adopción e tenenza responsable de animais

Enmarcada na campaña ‘Esteriliza, adopta’, a Deputación de Pontevedra acaba de poñer en marcha a iniciativa ‘Abraza un CAAN’, destinada a visibilizar aos cans e cadelas que permanecen no Centro de Acollida e Protección de Animais da Armenteira e promover así a súa adopción. Así, desde esta semana, deputadas e deputados do Goberno están a visitar o CAAN para “abrazar” e retratarse cos animais do centro e dalos a coñecer a través das redes sociais co hashtag #abrazauncaan.

Como explicara a presidenta da Deputación, Carmela Silva, esta campaña está dirixida as emocións que podemos desfrutar cos animais. “Queremos unha campaña de sensibilidade, moi emocional”, explicou, “e subiremos ás redes esa relación directa de emocións e de cariño cos animais”.

Con posterioridade, en canto estean rematadas as obras que se están a realizar no CAAN, que inclúen o acondicionamento dun área de esparexemento, prevese realizar esta acción con escolares dos centros da provincia. “Cando terminen eses traballos –engadira a presidenta– haberá un espazo que permita esa relación directa en liberdade dos cans e cadelas cas nenas e cos nenos. Cremos que hai que concienciar dende o berce para que sintamos aos animais parte da nosa vida”.

Oly, coa deputada Iria Lamas
Salo co deputado Manuel González

A campaña ‘Esteriliza, adopta’ púxose en marcha a finais de novembro do 2019 e, desde entón, acadáronse un total de 69 adopcións, 27 delas neste primeiro mes do ano. Precisamente esta semana dous dos animais da campaña ‘Abraza un CAAN’ saíron do centro cara aos seus novos fogares nas Neves e Salvaterra. Trátase de ‘Oly’, unha dálmata coa que se retratou a deputada Iria Lamas, e ‘Salo’, o yorkshire que puido recuperarse no centro tras ser abandonado en pésimas condicións de saúde en setembro do 2019 e co que se fotografou o deputado Manuel González.

‘Salo’

Hai que lembrar que o CAAN tramitou o pasado ano unha denuncia por abandono contra o anterior propietario de ‘Salo’, que fora atopado en Pazos de Borbén moi afectado pola sarna e co pelo do lombo seco, totalmente pegado pola falta de coidados, o que lle provocara graves infeccións. Afortunadamente, puido recuperarse no centro da Armenteira e en decembro xa estaba en condicións de ser adoptado.

«Salo» no momento da súa chegada ao CAAN
«Salo», totalmente recuperado, abandonaba tempo despois o CAAN rumbo ao seu novo fogar

O seu novo dono, Juan Carlos Álvarez, soubo do caso de ‘Salo’ a través dunha amiga que o vira nas redes sociais da asociación madrileña SOS Yorkshires e Cruces, que se fixera eco desta historia do CAAN. Ten xa outros tres cans e non tiña pensado ter máis, pero ao coñecer o abandono e situación do can, quedou conmovido e decidiuse a levalo.

“Eu recomendo cen por cen a opción de adoptar antes de comprar –sinalou Álvarez– , e no CAAN os trámites foron moi sinxelos”. Persoal do centro levou ao yorkshire ao seu novo fogar en Salvaterra e o seu dono destacou que nos primeiros momentos “Salo” parece adaptarse ben. “Parece tranquilo e xa o teño cos outros tres cans para que se vaian coñecendo”, engadiu.

No CAAN permanecen nestes momentos 320 cans e cadelas á espera dun novo fogar. Hai que lembrar que as adopcións no centro son gratuítas e o persoal do CAAN sempre asesora ás persoas interesadas sobre o can ou cadela que mellor se adapta ás súas necesidades. Os animais saen do centro vacinados, desparasitados e esterilizados e na páxina web do centro (que leva máis de 108.000 visitas) as persoas interesadas poden consultar toda a información sobre os animais, ademais de facer todos os trámites relativos ás adopcións.

Tomiño e Cerveira promoven de xeito conxunto as súas Axendas Culturais de Primavera

0

Por primeira vez os municipios fronteirizos de Tomiño e Vila Nova de Cerveira veñen de editar axendas de primavera que comparten similitudes no deseño e tamaño, incluíndo asemade, contidos compartidos, con actos que se celebran ao outro lado da Raia.

Ademais das actividades organizadas como Eurocidade, os dous municipios publican nas súas axendas trimestrais, as principais actividades culturais programadas no concello veciño. A decisión, adoptada no último Consello de Xestión Estratéxica, pretende profundar no intercambio entre as poboacións fronteirizas aumentando a oferta dispoñíbel.

A Eurocidade xa ten unha longa traxectoria de programación conxunta de actividades, como todas as derivadas do Orzamento Participativo Transfronteirizo, as iniciativas das valedoras, o desfrute de servizos e equipamentos deportivos (como a piscina de Cerveira ou as iniciativas de dinamización da economía local transfronteiriza no ámbito do turismo ou dos viveiros. “Quérese agora facilitar o acceso de ambas as dúas poboacións a unha máis ampla oferta cultural, divulgando en cada concello as principais actuacións programadas polo municipio veciño”, explican os responsables municipais.

Así, nas respectivas axendas culturais publicadas nestes días, para os primeiros meses do ano, a veciñanza pode atopar, nas páxinas centrais, senllos apartados titulados ‘Acontece en…’. Concretamente, os actos que aparecen na axenda de Cerveira son a Semana da Educación de Tomiño (10 ao 13 de febreiro en Goián); a XVII Mostra de Cultivos (13 a 15 de marzo en Goián), e os desfiles de Entroido “Venres de Foliada” (21 de febreiro en Tomiño) e Entroido de Goián (do 22 ao 26 de febreiro).

Asemade, na axenda editada polo Concello de Tomiño, aparecen actividades tales coma a II Exposição de Camélias de Inverno de Cerveira (8 e 9 de febreiro), organizada pola Câmara Municipal e a Associação Cultural Convento de San Payo, no Salão Multiusos do Cineteatro de Vila Nova de Cerveira (Factory), e os sábados do mes de marzo: ETC…ENCONTROS DE TEATRO DE CERVEIRA, con comedia e humor. Cine teatro de Cerveira, ás 21h30 (hora local).

Todas estas actividades son de balde e para todos os públicos.

Por outra banda, os ciclos de música ‘O Son da Praza’, e ‘Cine na rúa’, ambos os dous en Tomiño, traerán espectáculo e colorido á Praza do Seixo, situada no centro da vila, ao longo de todo o verán, con concertos de música variada, gaitas, música de banda, baile tradicional galego, cine familiar e infantil, etc.

Esta axenda está a distribuírse en lugares concorridos co propósito de difundir as actividades e facer chegar o programa a todos os veciños e veciñas da vila, aínda que tamén pode consultarse na Web do Concello (http://tomino.gal).

Oia abre a inscrición para o obradoiro de Teatro gratuíto

0

O Concello de Oia vén de abrir o plazo de inscrición para unha nova edición do obradoiro de teatro veciñal. A iniciativa está concibida como unha primeira achega ás artes escénicas (elaboración e representación de pezas dramáticas) e, ao mesmo tempo, como unha reflexión e traballo participativo arredor do patrimonio material e inmaterial.

Ao igual que aconteceu nas dúas anteriores edicións, a actividade será impartida por A Artística Teatro & Danza. Comezará o vindeiro 7 de febreiro e desenvolverase todos os venres en horario de 19.00 a 21.00 horas no Centro Cultural de Pedornes.

As persoas interesadas en participar no obradoiro de teatro veciñal poden inscribirse no Concello desde hoxe e ata o xoves 6 de febreiro. A actividade é gratuíta e as prazas son limitadas.

Éxito de anteriores edicións

Nas edicións de 2018 e 2019, o obradoiro teatral contou coa participación de arredor dunha trintena de veciñas e veciños de todas as idades, as cales traballaron na preparación de distintas pezas teatrais que foron representadas en senllas visitas dramatizadas polo barrio do Arrabal.

En ambos os dous casos conqueriuse unha moi boa resposta de público: tanto veciños como visitantes procedentes doutras localidades puideron descubrir os recunchos con maior encanto e historia do Arrabal dun xeito creativo, participativo e innovador.

Arranca o Plan de Mantemento da Deputación para os campos de fútbol da provincia

A Deputación de Pontevedra, a través do seu Plan de Mantemento, xa recibiu ata o de agora 36 solicitudes dos concellos para actuar nos campos de fútbol da provincia, tanto de herba sintética como natural. Deste xeito, se as condicións meteorolóxicas son adecuadas, os traballos para a mellora destes espazos comezarán a partir da vindeira semana.

A través desta iniciativa, a institución provincial acondicionou o ano pasado un total de 91 campos de fútbol de 41 concellos da provincia: 59 de herba artificial e 32 de herba natural. Ademais, agora mesmo estanse a acondicionar campos en dous concellos, Vilagarcía e Valga, que o solicitaron en 2019 pero non quixeron realizar as actuacións ata este momento. En concreto, os 41 concellos que solicitaron melloras o ano pasado son: Moaña, Covelo, Ponte Caldelas, Arbo, Moraña, Vila de Cruces, Nigrán, Salvaterra de Miño, Oia, Portas, Silleda, Rodeiro, A Cañiza, Bueu, Sanxenxo, Soutomaior, Pazos de Borbén, A Lama, Valga, O Grove, Cambados, Meis, Poio, Tui, Lalín, Gondomar, Vilaboa, Caldas de Reis, Pontecesures, Ponteareas, Agolada, Salceda de Caselas, Vilagarcía, Mondariz, Pontevedra, Tomiño, Baiona, Illa de Arousa, A Estrada, Ribadumia e Vigo.

Este programa ten por obxectivo garantir a recuperación destas instalacións que, en ocasións presentan un estado de conservación defectuoso e co obxectivo de estender a súa vida útil. Para isto, a Deputación pon a disposición dos concellos persoal e maquinaria para poder manter en bo estado estes espazos.

O Concello da Guarda apoia a manifestación en defensa da sanidade pública do 9 de febreiro

0

A Corporación Municipal guardesa aprobou por unanimidade, no pleno celebrado o venres 31 de xaneiro, unha proposta da xunta de portavoces para apoiar a mobilización que terá lugar en Santiago o día 9 de febreiro ás 12 da mañá.  A corporación quere así reivindicar melloras no seu centro de saúde e por extensión na sanidade pública. O Concello da Guarda porá autobuses a disposición da cidadanía para asistir á manifestación.

Un importante número de veciños e veciñas da Guarda levan concentrándose cada xoves dende fai medes no centro de saúde da localidade demandando a mellora na atención sanitaria. 

Na actualidade hai deficiencias motivadas, principalmente, pola falla de cobertura de prazas, o que provoca unha sobrecarga nas consultas ou incluso a anulación de citas. Dende A Guarda tamén se ven reclamando dende fai anos un segundo equipo para o servizo de urxencias.

O servizo de atención sanitaria na Guarda, tanto as consultas ordinarias como as urxencias, é deficiente. Este problema vese agravado polo illamento que sofre a Vila. Hai que lembrar que se tarda case unha hora en chegar ao hospital de referencia en Vigo, debido, sobre todo, a mala comunicación por estrada entre A Guarda e Tui.

Ponteareas incrementa nun 50 % a partida de Deportes nos Orzamentos 2020

A concelleira de Deportes, Nahir Covelo, adiantou que, no Orzamento 2020, as axudas ao deporte incrementaránse nun 50% o que se concreta nunha nova partida de 25.000 € para subvencionar todo tipo de eventos deportivos que se celebran ao longo do ano en Ponteareas. Ao mesmo tempo mantense a partida de 50.000 € de apoio aos clubs deportivos pasando así de 50.000 € a 75.000 € de subvencións ao deporte.

O Goberno municipal convocará a todos os clubs deportivos para presentarlle esta nova convocatoria de axudas aos eventos que organizan e recoller as súas aportacións. Nahir Covelo adiantou xa que será “unha convocatoria aberta por libre concorrencia”.

A responsable de Deportes do Concello de Ponteareas sinalou que, ao longo de todo o ano, os clubs locais organizan distintas competicións, torneos, concentracións, exhibicións e probas “que atraen a centos de familias á nosa vila contribuíndo na promoción de Ponteareas e tamén na súa dinamización económica”.

A convocatoria das axudas de 25.000 euros para eventos deportivos será realizada neste primeiro trimestre do ano e posteriormente as axudas de 50.000 euros a clubs deportivos para os gastos das súas actividades.

A Xunta non se compromete a empregar a futura cociña do «Humberto Juanes» para os menús dos colexios de Nigrán

0

A Xunta de Galicia non se compromete a que se empregue a futura cociña municipal do CEIP Humberto Juanes para elaborar os menús dos colexios de Nigrán. A Consellería de Educación ven de respostar por escrito ao Concello de Nigrán que non ten intención alguna de “interferir na decisión que o adxudicatario tome respecto a utilización da cociña do colexio”, é máis, incide en que “se trata dunha decisión absolutamente voluntaria para a empresa adxudicataria (…) Non existe a completa seguridade de que se cociñe no centro, o que debe valorar o Concello para realizar o investimento”. A Xunta rexeita deste xeito a petición do Concello para que nas futuras bases de licitación se inclúa unha cláusula na que a empresa tería a obrigatoriedade de empregar estas instalacións que financiará o consistorio para acabar co cuestionado sistema de catering.

Neste escrito, no que a Consellería alude a unha información publicada en prensa e non aos escritos oficiais por parte do Concello, o secretario Xeral Técnico, Jesús Oitavén Barcala, descarta por completo a posibilidade plantexada dende o Concello de Nigrán e elude a propia realidade da comarca, xa que no CEE de Panxón se cociña tamén para o CPI Arquitecto Palacios e para a E.I. ‘As Dunas’ (en Vigo o caso é o Dr.Fleming, que cociña para outros centros). “Temos máis que contrastado que o menú que se elabora directamente no CEE de Panxón é dunha calidade moi superior aos dos demais colexios que se nutren do sistema de catering, e non é xusto discriminar ao alumnado da ensinanza pública, é unha cuestión de saúde. A Xunta non pode situar os intereses das empresas por riba da saúde pública dos nenos”, subliña González.

Juan González: “non pedimos un cese do contrato coas consecuentes indemnizacións, pedimos que en dous anos, cando expire, si se inclúa esta clausula nas bases, polo que seguiremos esixindo este compromiso”

O propio rexedor descarta que o Concello pretenda da Xunta que se rescinda o contrato en vigor do catering coa conseguinte indemnización que elo suporía, tal e como Oitaven refire no escrito. “Somos conscientes do problema que suporía actualmente, pero en dous anos a Xunta ten a posibilidade de prorrogar ese contrato ou non, ese sería o momento de elaborar un novo plego de licitación no que se obrigue aos candidatos a empregar a cociña propia, que xa estaría lista. Ese é o compromiso que pedimos”, sinala. Estas novas bases deberían subrogar os contratos do persoal e “zonificar” acorde á realidade de Nigrán, xa que actualmente o lote adxudicado corresponde ao CEIP da Cruz, Mallón, Carlos Casares e tamén o IES Terra de Turonio, este último de Gondomar.

Por outra banda, Oitaven refire no seu escrito a posibilidade de asinar un convenio de colaboración “para o cofinanciamento dos comedores escolares de Nigrán”, cuestión que, como el ben sinala, este Concello rexeita rotundamente. “O Concello está disposto a investir 373.878 euros con cargo aos fondos municipais para habilitar a cociña ante a negativa da Xunta a facelo, pedir que, a maiores, financiemos os menús non só é incomprensible, se non que ademais nos parece un abuso e unha inxustiza”.

Proxecto aprobado

O Goberno de Nigrán aprobou hai dúas semanas o proxecto para modernizar a cociña e o comedor do Humberto Juanes co obxectivo de que poida dar servizo a tódolos colexios públicos do municipio que o soliciten. O proxecto realizado polo estudio nigranés Aintegra contempla unha cociña suficientemente dimensionada para dar resposta a tódolos centros educativos de Nigrán que así o desexen, así, tería capacidade para abastecer a máis de 570 usuarios, tendo os colexios de Nigrán actualmente 561 comensais asignados.

“A demanda partiu do CEIP Humberto Juanes pero é unha cuestión de xustiza, equidade e igualdade de oportunidades que beneficie a tódolos colexios públicos do municipio, con este fin se dimensionou o proxecto”, incide González.

Contrarrestaríase o uso de alimentos ultraprocesados e privilexiaría o uso de produtos frescos e materias primas do comercio local, poderían elaborarse menús máis variados, […] permitiría menús máis equilibrados e axustados ao perfil do alumnado, resultando pratos máis atractivos para os cativos.

Tanto dente a comunidade educativa como dende o Concello consideran que prescindir do sistema de catering actual permitiría ter unha alimentación máis saudable porque se contrarrestaría o uso de alimentos ultraprocesados e privilexiaría o uso de produtos frescos e materias primas do comercio local, poderían elaborarse menús máis variados, achegaría aos nenos á cultura do esforzo e traballo ao non separar fisicamente o proceso de elaboración do resultado final e crearía un ambiente máis familiar no centro. Ademais, considerase que permitiría menús máis equilibrados e axustados ao perfil do alumnado, resultando pratos máis atractivos para os cativos.

Esta nova cociña ocuparía 490 metros cadrados dunha zona de almacén e de aulas actualmente sen uso e que conta cunha distribución moi pouco funcional, xa que a cociña do centro carece das instalacións e equipamento mínimo necesario para poder facer a comida, non existen cámaras nin almacén de alimentos. Así, o proxecto plantexado a dota dun equipamento acorde ás demandas actuais e renova e moderniza as instalacións de fontanería, saneamento, electricidade, renovación do aire e seguridade contra-incendios. A nova distribución contará con zona específica onde irán as novas cociñas, cámaras frigoríficas e almacéns ou zona de lavado e lixo.

Concello de Ponteareas e grupos musicais consensúan a primeira ordenanza de locais de ensaio

Ponteareas contará, en breve, cunha ordenanza municipal que regule o uso do local de ensaio que o Concello ten no Parque da Feira Vella. Con ese motivo, o concelleiro de Mocidade, Miguel Bouzó, mantivo un encontro con representantes dos grupos de música usuarios do local de cara a consensuar esa primeira ordenanza municipal para o uso e goce deste espazo para a mocidade que o concello ofrece totalmente de balde.

A nova ordenanza que regulará este espazo de máis de douscentos metros cadrados, segue a liña marcada polo Goberno local para fomentar a participación da mocidade, promover unha sociedade igualitaria e pór en valor a cultura e a nosa lingua e, nesa liña, dará preferencia aos grupos musicais con membros empadroados en Ponteareas menores de 35 anos.

Ademais da idade, a ordenanza tamén valorará cuestións como o número de membros que compoñen os grupos, a participación feminina, a composición de temas propios ou o emprego da lingua galega, entre outros aspectos.

Dende hai anos os grupos ponteareáns ensaian e desenvolven as súas inquedanzas musicais nas catro salas que compoñen o local sen que, ata agora, se regulara o seu uso nin o procedemento a seguir para acceder a elas.

Bouzó destacou que ”dende o Goberno ponteareán decidimos pór en marcha os trámites para proceder á mellora do local de ensaio municipal e do seu funcionamento”. Con ese obxectivo e logo de realizar a primeira consulta, “estamos ultimando unha ordenanza que regule cuestións como o uso das instalacións, as solicitudes por parte dos grupos, os horarios de acceso, ou os dereitos e deberes tanto dos grupos autorizados como do propio Concello de Ponteareas”, engadiu o concelleiro de Mocidade.

Na xuntanza, as e os participantes coincidiron con Miguel Bouzó na maioría dos asuntos formulados para a elaboración da ordenanza, e achegaron opinións e ideas que serán introducidas neste primeiro regulamento para o mellor aproveitamento do local e para unha óptima utilización das salas do mesmo.

Así mesmo, malia que nos últimos anos xa se realizaron reformas no local de ensaio, Miguel Bouzó indicou que é necesario “seguir avanzando nas melloras deste espazo”, polo que adiantou ás e aos presentes que o goberno local está a traballar na posta en marcha de novas actuacións, “coincidentes coas demandas dos grupos musicais para converter o local de ensaio nun espazo que fomente en mellores condicións a creación musical”.

Xose Ricardo Losada, «A casa xunto ao volcán»

‘A casa xunto ao volcán’ é a nova proposta narrativa de Xosé Ricardo Losada e chega a nós avalada pola concesión do Premio Viaductos de novela. Trátase dun relato que, pese á temática e á súa protagonista, custa traballo identificar plenamente cun produto dirixido ao público adolescente, malia que ese pareza o seu destinatario máis lóxico. E digo que custa traballo identificalo así porque o autor inclúe certos elementos que semellan máis enfocados a un público adulto ou que non adoitan aparecer nese tipo de literatura, polo que ben poderiamos falar dunha novela dirixida a un abano moito máis amplo de público do que a súa categorización nos levaría a presupoñer.

Para entender do que estamos a falar, compre dicir que o que se narra é a historia de Xeila, unha rapaza de 17 anos que ve como o seu mundo se esnaquiza coa separación dos pais e o posterior traslado dende Ourense a Rianxo, o que implica recompoñer todo o seu mundo partindo de cero. Para acometer tal empresa, Xeila déixase guiar polas ensinanzas dun vello profesor de Filosofía co que mantén unha relación epistolar ao comezo do relato e que provoca unha serie de reaccións na rapaza, na procura da súa propia identidade. Neste proceso, e guiada pola visión do Super-Ser de Nietzsche, atravesará diferentes fases que lle axudarán a comprenderse a si mesma e, deste xeito, igual que faría unha crisálida, emerxer coma unha muller totalmente nova.

Pero o camiño non resulta doado. As fases propostas polo filósofo alemán (sumisión, rebeldía e conciliación) implican unha mudanza profunda do ser e do sentir da rapaza, mesmo un comportamento que semella estrano, antolladizo, incluso contraditorio, o que dificulta que poida ser comprendido polo seu entorno. Deste xeito, Xeila navega por distintos mares na procura de si mesma, e faino con tal firmeza e enerxía que nada será quen de afastala da ruta trazada, nin sequera a posibilidade de que, novamente, o seu mundo se volva a esnaquizar.

No fondo, trátase dunha novela de aprendizaxe no máis amplo sentido da palabra, pois a protagonista procura a súa propia identidade asumindo que a búsqueda nunca poderá xurdir dun comportamento estático e repetitivo, senón da experimentación e da ruptura coas inercias adquiridas nas anteriores fases da súa vida. E iso provocará un rebumbio de sensacións que teñen como verdadeira finalidade a mudanza definitiva da concepción do seu papel no entorno e o asentamento da “Super-Muller” anunciada polo filósofo.

A particular visión sobre as relacións que se establecen entre a protagonista e o seu entorno inmediato, resulta, ao meu entender, un dos elementos máis destacados da novela. Ver como a comprensible reacción de sorpresa perante o seu inicial comportamento errático, muda en asombro cando a crisálida se converte en mariposa, resulta gratificante. Porque, á postre, a aprendizaxe de Xeila acaba por se converter nunha lección de vida para todos os que a rodean. Mesmo para o lector.

Xosé Ricardo Losada

A casa xunto ao volcán

Galaxia

Cuesta de enero

Cómo se ha acabado el mes de Enero, parece que ya ha pasado la tan temible cuesta, aunque ahora llega la de Febrero que, por encima, éste año tiene un día más, ya que a los tradicionales 28 días le sumamos el número 29. Así que… ¿seguro que sólo es cuesta de Enero?

Bueno para que todo sea un poco más fácil de llevar, os volvemos a dejar con dos estupendos regalos.

En primer lugar, nuestro buen amigo Manuel Lemos nos vuelve a deleitar con una estupenda entrevista, en esta ocasión, al grupo Suburbano, no os la podéis perder y después, para relajarnos y llevarnos a otro espacio espiritual, el maestro Rodrigo Rodríguez nos regala su nuevo vídeo.

Esperamos que disfrutéis de estos pequeños regalos.

ENTREVISTA A SUBURBANO

© 2019 Manuel Lemos Muradás

Quizás así de pronto no os diga nada, pero Suburbano es un pedazo de la música de este país llamado España. Nacen a finales de los 70 como un grupo de Folk Progresivo. A lo largo de su existencia han compuesto canciones de éxito, como ‘Makinavaja’, ‘La puerta de Alcalá’ o ‘Arde París’; han trabajado con directores de cine como Luis García Berlanga, Gonzalo Suárez o Fernando Trueba entre otros, y han acompañado en el escenario y en las grabaciones discográficas a artistas como Luis Eduardo Aute, Joaquín Sabina, Luis Pastor, o Vainica Doble. Acaban de publicar un doble CD y DVD más un extenso libreto, para resumir sus 40 años en la música. Imprescindible! Entrevistamos a Bernardo Fuster.

Málaga 26/09/2013 Concierto del grupo Suburbano en el Teatro Echegaray con la voz y la guitarra de Bernardo Fuster y la guitarra y el apoyo en los coros de Luis Mendo.

Hablar de Suburbano no es sólo hablar de un grupo Folk Progresivo Protesta, sino también de un trozo de la historia de la música en España. Cómo veis vuestros inicios 40 años después?
Con nostalgia y con una cierta dosis de envidia de nosotros mismos, de nuestra actitud positiva y tan osada. Nos tiramos de cabeza a hacer lo que queríamos hacer sin condiciones. Todo podía haber quedado en nada, pero siempre hemos sido de la opinión que hay que hacer lo que una considera que hay que hacer, pase lo que pase.

A nosotros nos salió bien. Además Suburbano nació con una actitud un tanto rebelde, por lo que los reveses que fueron surgiendo en lugar de hacernos abandonar nos fueron uniendo cada vez más. Ser consecuentes con lo que pensamos en cada momento y esa actitud rebelde quizá sea la fórmula para poder aguantar 40 años en un mundo tan hostil como es la música.

Cuáles son esas canciones, que por un motivo u otro, más lleváis dentro de vuestra memoria?
En este doble CD “Huellas” que acabamos de sacar hemos intentado plasmar esas canciones que más nos han acompañado a lo largo de estos 40 años. Entre ellas están, por supuesto, algunas de las más conocidas, pero también hay algunas que consideramos que son en nuestra opinión “tan buenas” como las más conocidas y sin embargo no han tenido la trascendencia de ‘la puerta de Alcalá’ o ‘Makinavaja’….

Lo bueno de las canciones es que pueden trasladarte al momento en que fueron escritas. Una canción siempre es buen ejercicio de memoria, tanto las que has escrito tu como las que escuchaste en un momento dado, y se han quedado para siempre fijando en tu memoria un hecho, un encuentro o una revuelta…

Habéis trabajado para el cine con grandes directores como Berlanga, Trueba… cómo ha sido la experiencia? Qué diferencias destacais más respecto a componer para un disco?
Trabajar con alguien que ha dejado una huella en nuestra cultura como los dos que nombras es siempre enriquecedor. Es una lección de vida. Poder escuchar como Berlanga te habla de su obra, te cuenta anécdotas y vivencias y da opiniones sobre lo que en ese momento estás viviendo junto a él, es algo único. Por otro lado, componer para el cine es algo muy enriquecedor. Siempre es un reto. Tienes que encontrar en cada película la forma musical que el director necesita para comunicar su obra. A veces es a través de una orquesta, o un cuarteto de cuerda, o música electrónica. Esto te abre la mente, enriquece la creatividad, pues tienes la posibilidad de trabajar en todos los estilos y encontrar el lenguaje que la imagen necesita para llegar a trasmitir lo que el director quiere.

También habéis trabajado con otros músicos, como Sabina o Aute. Puro trabajo o aprendizaje por ambas partes?
Siempre hay un intercambio de ideas. Los buenos músicos cuando buscan la compañía y el acompañamiento de otros es para que les aporten algo. En ese intercambio de ideas y formas musicales está la emoción de la creación. Siempre hay que buscar.

Buscar solo es emocionante, pero buscar en compañía tiene la ventaja del contraste, la discusión y el intercambio.

Huellas es una preciosa caja con dos CDs, un DVD y un libreto extenso. Recoge los 40 años de vuestra existencia. Cómo surgió la idea de este resumen y como fue el trabajo ante una obra tan extensa?
Fue una propuesta de varias personas, la Discográfica, el Manager y los amigos. Fue como un reto : ¿ por qué no resumís estos 40 años en una grabación? ¿Cuáles son vuestras 25 canciones favoritas?…

Hicimos la selección y se nos ocurrió que ya que hacíamos ese resumen vital, podíamos rodar un documental con las historia de estos 40 años. Así surgió el documental que va con el doble CD, ‘El latido de la memoria’. Le encargamos a Susana Martins la dirección del rodaje y con un guion de Bernardo nos pusimos a ello.

Mientras tanto, Luis se centró en la grabación y producción de los dos CD’s. Luego, los dos fuimos completando con ideas y opiniones el trabajo del otro, tanto en el rodaje como en la grabación. Los otros músicos del grupo, es decir, Lorenzo Solano, Miquel Ferrer, Javier Palanca y Alvaro Cardenas, participaron dando ideas y grabando sus instrumentos en la parte musical del proyecto y Susana Martins haciendo el montaje del documental.


Rodrigo Rodríguez actúa en el Templo Bell Church de la ciudad de Baguio, Filipinas

El músico español de shakuhachi ofrecer una serie de conciertos en el Sur de Asia, sincronizado con el calendario Lunisolar Chino en celebración de ciertas costumbres populares de esta región.

Esta obra de este audio visual es Daha, una obra antigua del repertorio Honkyoku, tocados por los monjes. Daha / Pounding Wave es una oración por la fuerza de voluntad o la determinación para lograr las más altas aspiraciones. Hay momentos en que las determinaciones fuertes, intensas e inflexibles, como las olas oceánicas que golpean el acantilado, son apropiadas. Otras veces, la fuerza de voluntad suave, paciente e incesante, como las olas tranquilas que lamen la base del acantilado, manifiestan mejores resultados. Esta pieza refleja tanto el Yin como el Yang de la fuerza de voluntad. Esta obra de honkyoku tiene el propósito de representar la autodisciplina. Un ritmo muy rápido y una respiración violenta indican las manifestaciones de la mente bajo estricta disciplina.

El templo chino está situado en Barangay Balili de La Trinidad, Benguet, cerca de la frontera de la ciudad de Baguio. Anteriormente se encontraba en la residencia de la familia Ng en la misma ciudad. Actualmente se encuentra en una propiedad de 10,000 metros cuadrados (110,000 pies cuadrados) y su paisaje montañoso de acuerdo con el clan Ng recuerda a los devotos chinos de sus lugares de origen en Hong Kong y China continental.

El sitio actual de Bell Church  fue elegido debido al “buen Feng Shui”. Según el clan Ng, el diseño, tanto en el interior como en el exterior, se realizó de acuerdo con la “guía de los santos” y luego se mejoró a través de la misma. Un arco adornado con imágenes coloridas de dragones e inscripciones chinas está situado en la entrada del templo.

Honkyoku ( obras originales) repertorio musical de shakuhachi interpretado desde del S.XIII

El repertorio de shakuhachi deriva de las piezas en solitario originales , el Honkyoku. Para los practicantes de suizen, estos se interpretan tradicionalmente en la forma de una práctica espiritual personal y no como una actuación pública, o en el entorno de artes escénicas. Son en años posteriores que con la desaparición de este grupo religioso, el shakuhachi se introduce en un entorno artístico musical, y se empieza a transmitir en calidad de música.

Hay muchos ryū 流, o escuelas, de honkyoku en Japón cada uno con su propio estilo, énfasis y métodos de enseñanza.

“El movimiento en honkyoku  es significativamente estático, precisamente por el dominio del propósito y la función sagrada, y en cierta medida, también está sujeto a la meditación de la respiración.

Existe muchos valores de la actitud y mentalidad Japonesa que influye siempre en las artes del Japón.Una de las cosas que se mi hizo interesante el protagonismo del silencio, como el silencio dentro de la música Honkyoku es tan importante como la ejecución del propio sonido. Muchas de las obras tradicionales para shakuhachi esta ausente de rítmica, pero dispone del Ma (Espacio).

En el budismo zen, la realidad radica en la distancia entre el hombre y la naturaleza. En el honkyoku, se logra una buena expresión al encontrar la distancia correcta o ma (espacio) entre dos notas y dos frases. Que profundamente el interprete de shakuhachi considera el significado de ma, decide la calidad de su desempeño en su interpretación.

O Goberno de Redondela solicitará a desafectación das «vivendas dos mestres»

0

O Pleno do Concello de Redondela aprobou este pasado xoves, retirar do Inventario Municipal os edificios coñecidos como ‘antigas vivendas dos mestres’ para poder continuar co proceso de desafectación dos inmobles e destinalos a uso social e cultural.

Os edificios estaban recollidos no Inventario de Bens Municipais (IBM) e inscritos no Rexistro da Propiedade coa titularidade do Concello de Redondela pero, segundo sinala o Goberno local redondelán “dita titularidade non debería ser do Concello senón do Estado, nomeadamente do Ministerio para a Transición Ecolóxica (Costas), ao tratarse de bens de dominio público marítimo terrestre”.

O Concello de Redondela xa tiña solicitado ao Servizo Provincial de Costas de Pontevedra a desafectación do antedito dominio público marítimo-terrestre das parcelas sitas na Avenida Mendiño, 24-26, para a súa cesión ao Concello e que este puidera destinalos a equipamentos públicos, toda vez que xa se atopaban desafectados pola Consellería de Educación.

Con data 18 de abril de 2018 e a petición do Concello de Redondela, a Xerencia Territorial do Catastro acordaba a alteración da descrición catastral das parcelas, procedendo á súa correcta situación na cartografía catastral.

Digna Rivas aclarou que tanto o Servizo Provincial de Costas coma Patrimonio do Estado en Pontevedra, “amosaron a súa intención de, unha vez arranxado o trámite de titularidade do edificio no Rexistro da Propiedade, procederían á cesión das parcelas nas que se atopan os inmobles, a favor do Concello”.

O edificio situado na avenida Ernestina Otero leva anos en un estado de abandono, era unha das reivindicacións da veciñanza e de distintos partidos políticos que avogaban pola súa rehabilitación para uso público. Tras varios intentos por conseguir resolver a situación, a cesión será unha realidade e o edificio pasará a ser de titularidade municipal.

A alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, subliñou “o especial interese deste Goberno en resolver a situación de estancamento deste tema que ten, unha extraordinaria importancia para Redondela e a súa veciñanza”.

A rexedora local adiantou que “unha vez que o expediente estea resolto, comezarase co proxecto de rehabilitación para converter este inmoble, totalmente infrautilizado, nun espazo cultural e social vivo e dinámico onde, veciñanza, asociacións e colectivos, poidan gozar de espazos compartidos”.

Case que toda a poboación da Guarda terá acceso á fibra óptica antes do remate do 2021

0

O Plan de Banda Larga 2020 está a promover no concello da Guarda os despregamentos de redes ultrarrápidas de acceso a Internet, que permitirán dispor de fibra óptica nos principais núcleos de poboación do municipio.

En concreto na Parroquia de Santa Isabel de Camposancos contarán con este servizo os núcleos de poboación de Bouza da Fonte, A Granxa, A Pasaxe, Praias, Saa e Salgueiró. Na Parroquia de Santa María da Guarda os núcleos do casco urbano e Santa Trega e na parroquia de San Lourenzo de Salcidos os núcleos de poboación de Buxán, O Castro, Coruto Vello, A Cruz, Funchidos, A Gándara, A Longra, Os Casás, Netos, O Outeiro, A Portela, Salcidos e Sete Camiños.

Nunha primeira fase deste programa foi a operadora R a que fixo o despregamento. A segunda fase, que se está a executar na actualidade e que rematará no 2021, está a ser executada por Telefónica.

Este despregamento de fibra óptica permitirá á poboación guardesa dispor, na case totalidade do municipio, dunha rede de internet ultrarrápida, coa que poder ter un acceso de calidade, fiable e seguro. Nesta ligazón pódese consultar a táboa de despregamento da fibra óptica na Guarda.