Sábado, 17 Maio de 2025

A Deputación adianta o lanzamento das bases de axudas ás confrarías, mariscadoras e cooperativas agrogandeiras

A Deputación de Pontevedra publica hoxe no BOPPO as bases reguladoras de dúas liñas de subvencións para investimentos no sector primario para este ano 2020, por un importe total de 450.000 euros. Por unha banda, cun orzamento de 250.000 euros, as axudas ás confrarías de pescadoras e pescadores, á federación de confrarías e ás agrupacións de mariscadoras da provincia; e, pola outra, cun crédito total de 200.000 euros, subvencións dirixidas ás cooperativas agrogandeiras.

Deste xeito, malia que ante a situación derivada polo COVID-19 o prazo de formalización de solicitudes para ambas subvencións non se abrirá ata que finalice o Estado de Alarma, as entidades que o desexen xa poden ir preparando toda a documentación necesaria para axilizar o proceso e ter todo listo para cando se poidan comezar a tramitar. Deste xeito, a Deputación está traballando arreo para poder poñer todo en marcha en canto a situación mellore, nun momento no que ante as circunstancias da actual crise sanitaria e da situación laboral que sofren numerosas traballadoras e traballadores, estas axudas convértense máis necesarias que nunca.

Con estas achegas, a Deputación aposta pola economía, por un sector primario que ten un gran peso nesta provincia e que soporta coa súa actividade o sustento de moitas familias, que poden verse beneficiadas con estas axudas. Así, estas dúas liñas de subvencións encaixan coa aposta da institución provincial polo rural e pola súa economía, dando resposta a unha urxencia social como é o despoboamento.

En concreto, no caso das confrarías, o importe das axudas van dun mínimo de 600 euros ata un máximo de 30.000 euros. Deste xeito, con estas achegas o que se pretende é axudar a levar a cabo todas aquelas accións que sirvan para apoiar ás confrarías, á federación e as agrupacións de mariscadoras da provincia en proxectos e actuacións que teñan como obxecto a comercialización e valorización das producións, a formación técnica e o asesoramento para o desenvolvemento da actividade das confrarías e da federación, a divulgación e posta en uso das novas tecnoloxías, as enerxías renovábeis e o aforro enerxético, así como material para a vixilancia das producións e investimentos para mellorar os servizos prestados.

No que respecta ás cooperativas agrogandeiras, as subvencións irán dun mínimo de 600 euros ata un máximo de 35.000 euros. Así, serán susceptibles de axuda as accións destinadas á recuperación e posta en valor dos recursos agrarios endóxenos de carácter agrícola e gandeiro que teñan como obxecto a comercialización, transformación e valorización das producións; a formación técnica e asesoramento para o desenvolvemento de proxectos de investigación e innovación tecnolóxica; a posta en uso das novas tecnoloxías, enerxías renovábeis e aforro enerxético; así como aqueles investimentos para mellorar os servizos prestados pola cooperativa.

‘Paciencia, cariño e calma’, as nenas e nenos de Nigrán poñen cara á solidariedade é a responsabilidade

0

O Concello de Nigrán lanza unha campaña propia baixo o lema ‘Paciencia, Cariño e Calma’ para volver a facer visibles aos nenos e nenas nas rúas do municipio. O goberno local insta ás crianzas a debuxar un corazón baixo este lema e a pegalo nas súas xanelas ou balcóns e nas redes sociais co hashtag #NigranQuedaNaCasa. O modelo de ilustración está dispoñible na web municipal e no facebook oficial Concello De Nigrán (para todo aquel que prefira simplemente imprimilo).

O Concello de Nigrán conta con 2.675 menores de idade e, deles, 2.186 teñen menos de 14 anos ou 14, colectivo infantil ao que se dirixe especialmente esta campaña que pon o punto de atención na infancia. “Os nenos e nenas desapareceron por completo das rúas hai xa dúas semanas, non saen a comprar, traballar, ou pasear ao can, son os máis castigados do confinamento e o mellor exemplo para os adultos, por iso queremos que sexan visibles mediante estes debuxos dun corazón que nos subliñan o importante nesta situación: paciencia, cariño e calma”, sinala o alcalde, Juan González, quen fai un especial chamamento ao respecto daqueles menores que teñen dereito a realizar saídas terapéuticas, “non pre-xulguemos nada desde o balcón e sexamos os adultos un exemplo positivo para todos os nenos, os que saen, e os que deben quedar na casa. Non engadamos malestar e discriminación aos colectivos que, precisamente, peor o pasan confinados”

“Non é o mesmo para un neno estar pechado nun piso que nunha casa con xardín onde xogar. Esta é unha campaña para eles porque son o mellor exemplo nestes intres para os adultos, pero vai especialmente dirixida a aqueles que viven en pisos, para que os vexamos desde a rúa ou de balcón a balcón, nos motivemos entre todos e os tomemos a eles como exemplo para quedar na casa”, indica o rexedor, quen anuncia que nesta semana acompañará a campaña de material de entretemento elaborado especialmente para eles.

O Concello de Nigrán xa elaborara cartelería específica baixo o lema ‘Paciencia, Cariño e Calma’ para difundir toda a información de interese municipal nestes intres de estado de alarma. “É un lema que nos define como Concello e que queremos estender a toda a poboación”, conclúe González.

[su_image_carousel source=”media: 13645,13644,13643,13642,13640″ crop=”5:4″ captions=”yes” link=”lightbox” autoplay=”0″]

O Concello propón ás familias dos cativos de aniversario durante o confinamento que escriban a [email protected] para animar nas redes sociais a que os veciños lles canten xuntos o ‘cumpreanos feliz’ ás 18:00 horas

Aniversarios

Paralelamente, o Concello de Nigrán propón ás familias de menores que estean de aniversario nestas datas de confinamento que escriban a comunicacion@nigrán.org indicando o día exacto, nome, idade e edificio ou rúa onde viven. O obxectivo é avisar publicamente a través do Facebook do Concello De Nigrán para que a veciñanza máis próxima saia ao balcón ás 18:00 horas para cantarlle ao neno/a en cuestión o ‘Cumpreanos feliz’. “Podemos facer entre todos que ese día si teña algo de especial que sempre recordarán”, incide o alcalde, quen invita aos veciños a enviar ao mesmo mail vídeos do resultado desta iniciativa.

Redondela xa ten o proxecto que transformará en ‘Senda Verde’ a vía férrea de Chapela

0

A Senda Verde de Chapela, un dos primeiros expedientes aprobados polo actual Equipo de Goberno, comeza a tomar forma logo do informe favorable emitido polos servizos técnicos municipais e á espera das autorizacións sectoriais de Augas de Galicia e Estradas da Xunta de Galicia.

A actuación prevista cumprirá un dobre obxectivo. Por unha banda dará novo uso ao antigo trazado ferroviario ofrecendo á cidadanía un lugar de esparexemento, deporte e fomentando a vida saudable. Doutra banda rematarase coa histórica división de Chapela pola liña de ferrocarril ao dotarse de contido ao antigo apeadeiro, converténdoo nunha praza de conexión entre as dúas zonas.

As obras, que contan cun investimento de 778.000 euros e se iniciarán no límite co Concello de Vigo, permitirán a creación dun sendeiro de 1,6 quilómetros que rematará na zona da estación de Chapela, onde se creará unha gran praza pública que será o centro neurálxico da Senda Verde.

O trazado estará formado por dúas vías diferenciadas, unha para uso peonil e un carril bici de dobre sentido de circulación. A Senda contará, ademais, con zonas de descanso e vexetación.

O Equipo de Goberno subliña a importancia dunha actuación que, “amais de ofrecer un novo espazo de lecer á veciñanza, remata coa tradicional ‘división’ desa zona de Chapela”.

Digna Rivas chamaba a atención sobre a importancia que esta senda verde terá “non só como elemento redutor da contaminación e dinamizador dunha vida saudable, senón como xeito de poñer en valor, a través dun espectacular paseo peonil, o noso patrimonio medioambiental, cultural, arquitectónico e histórico”.

A Senda Verde supón polo tanto, “un paso para a recuperación e mellora medioambiental do municipio e un exemplo de recuperación de espazos para á cidadanía” engade a rexedora local.

A presente actuación cun orzamento de 778.000 euros, está cofinanciada pola Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) cunha taxa de cofinanciamento do 80 % dentro do Programa Operativo FEDER Plurirrexinal (POPE) 2014/2020, enmarcado dentro da Estratexia de Desenvolvemento Urbano Sostible.

Salceda, solidariedade contra o coronavirus

A alcaldesa de Salceda, Loli Castiñeira, xunto co seu equipo de goberno (MS e PSOE) queren facer público o seu agradecemento “ás múltiples mostras de solidariedade que están a recibir nestes días a través das diferentes canles das que dispón o Concello, e que son exemplo da boa predisposición do conxunto da sociedade salcedense na loita contra o COVID 19”.

Así, nestes días de confinamento, as redes sociais do Concello serven de medio de agradecemento a todas estas achegas, como a que veñen de realizar un grupo de mulleres de Salceda, que nestes días están a elaborar mascarillas reutilizables cos seus propios medios, e que a través do Concello serán postas a disposición dos colectivos que máis as precisan por ser os máis expostos: servizos médicos, residencias de maiores, servizos de limpeza e de recollida de lixo, policía local, protección civil, etc.

Loli Castiñeira asegurou que “é imposible numerar cada unha das ofertas recibidas, polo que non podemos ter máis orgullo da nosa sociedade nestes difíciles momentos”.

Dende o Concello queren tamén agradecer enormemente a solidariedade dun dos salcedenses máis coñecidos, Denis Suárez, que ven de facer unha importante achega económica para productos alimentarios frescos que será canalizada a través dos servizos sociais entre as familias máis vulnerables nestes momentos. O futbolista fixo ademáis doazón de material de protección aos servizos médicos, amosando unha vez máis a súa enorme solidariedade.

Importantísimo traballo altruista é tamén o que están a desenvolver os voluntarios e voluntarias de protección civil, con innumerables horas de traballo adicadas ao servizo público durante todo o ano, pero especialmente nestes momentos. Protección Civil está a realizar tarefas de apoio ás persoas máis vulnerables ou tarefas de limpeza e desinfección de espazos e mobiliario público. Ademais aproveitan as súas saídas para dar mensaxes de ánimo á poboación e facer máis amena a estancia nas casas.

Por outra banda, son numerosas as empresas e persoas que se puxeron a disposición do Concello para o que poida ser preciso, unindo deste xeito os esforzos de todos e todas para poder saír desta crise canto antes.

A alcaldesa de Salceda de Caselas afirmou que “só nos queda agradecer cada unha das aportacións feitas, as cales nos estamos a encargar de coordinar para que o traballo conxunto siga a dar o mellor resultado, tal como é o desexo de todos e todas”.

As empresas adxudicatarias paralizan as súas obras en Ponteareas

Como consecuencia do decreto 10/2020 de paralización dos servizos non esenciais as empresas adxudicatorias que realizaban obras en Ponteareas procederon ao peche das mesmas perimetrando a zona de actuación, retirando as maquinarias e comprobando que se garante a seguridade. O goberno do BNG-PSOE vela polo cumprimento da orde aprobada polo Goberno do Estado de paralizar todas as actividades agás as de subministros básicos á cidadanía durante o estado de alarma pola crise sanitaria do COVID-19.

O Goberno local deu traslado ás empresas adxudicatarias das medidas adoptadas polo goberno do Estado e adiantan que vixilarán o cuprimento de todas as medidas precisas para facerlle fronte ao COVID-19 e volver o máis axiña posible á normalidade.

O Executivo ponteareán explica que durante o desenvolvemento das obras de humanización do tramo auditorio-praza de abastos “detectáronse fugas de augas fecais nunha tubaxe de saneamento a seis metros de profundidade que xa foron inspeccionadas por unha empresa especializada contratada polo Concello”, que ademais procederá a súa reparación “en canto se levante o estado de alarma”. Estas perdas de auga que poderían provocar danos no solado serán executadas en tres días para que seguir despois co remate das obras de humanización.

Alcalde e concelleira sinalaron que os e as traballadoras do Concello seguen teletraballando e prestando servizos básicos para a cidadanía que ademais dispón na páxina web do Concello dun directorio de teléfonos e correos electrónicos a través dos que realizar as súas xestións urxentes.

Tres adegas de Arbo colaboran na desinfección de mobiliario urbano, colectores e núcleos de poboación

0

O Concello de Arbo intensifica estes días a desinfección das rúas, zonas de paso dos veciños e veciñas así como parques e xardíns, coa finalidade de minimizar o risco de infección por coronavirus. Estas tarefas, realizadas coa colaboración de tres adegas de Arbo, As Laxas, Marqués de Vizhoja e Pazo Pondal lévanse a cabo seguindo os protocolos establecidos, supervisados e coordinados polo alcalde, Horacio Gil

As adegas colaboran co Concello na aplicación de produtos desinfectantes nas rúas, marquesiñas e lugares onde existe máis concentración de persoas e que se fixo extensible aos núcleos de poboación de todas ás parroquias. O venres Marqués de Vizhoja desinfectaba os núcleos da parroquia de Cequeliños, Mourentán e o barrio de San Xoan, o sábado e domingo Pazo Pondal actuaba nas parroquias de Cabeiras e Barcela e o luns As Laxas, continuaba coa desinfección da parroquia de Sela.

[su_image_carousel source=”media: 13614,13613,13611,13610″ crop=”5:4″ link=”lightbox” autoplay=”0″]

O alcalde de arbo, Horacio Gil, agradeceu a través dun comunicado o traballo de todas e todos “os que durante estes difíciles momentos ofreceron e ofrecen a súa axuda; aos voluntarios, ás adegas, que puxeron a disposición do Concello os seus traballadores e a maquinaria precisa para poder desinfectar e limpar as rúas, as prazas, os parques…chegando ao máximo de núcleos de poboación”, un traballo nada doado se se ten en conta que Arbo “é un concello rural con máis de 370 quilómetros de rede viaria e núcleos moi dispersos”

Fixo o alcalde de Arbo extensivo o seu agradecemento ao persoal dos supermercados e tendas de alimentación, das farmacias, dos quioscos, aos panadeiros, aos carniceiros, aos transportistas, aos taxistas, ao persoal das oficinas bancarias, aos agricultores e aos adegueiros, a toda a Corporación Municipal, ao persoal municipal dos diferentes servizos, aos servizos sociais e do SAD “que están a desenvolver as tarefas necesarias para que os colectivos máis vulnerables e as persoas maiores do noso concello dispoñan das mellores condicións e non saían das súas vivendas, facendo que para eles este confinamento sexa o máis tranquilo e o máis levadeiro posible” e tamén a todos aqueles traballadores e traballadoras de todos os sectores “que conseguen co seu esforzo, responsabilidade e espírito de sacrificio, que esta crise sanitaria sexa máis soportable para todos”.

Horacio Gil, remata agradecendo especialmente ás adegas “a súa disposición e colaboración, así como tamén a todos e todas os voluntarios e voluntarias que participan nas labores de desinfección”.

A unidade móbil de doazóns de sangue estará instalada na Guarda o luns 6 de abril

0

A unidade móbil do Centro de Transfusión de Galicia estará instalada na Guarda o luns día 6 de abril. Este autobús estará emprazado na Rúa Rosalía de Castro, ao Carón do Centro Cultural, en horario de 10:00 h ás 14:00 h e de 16:00 h ás 21:00 horas.

O Centro de Transfusión de Galicia, grazas ao emprego destas unidades móbiles intenta facilitar o solidario xesto de doar sangue a todos os cidadás. Sen a implicación de todos é imposible acadas as 500 doazóns de sangue que se precisan nos hospitais galegos.

Todas as persoas que desexan doar sangue deberán chamar ao teléfono gratuíto 900 100 828. O sistema de CITA PREVIA reforza os protocolos de seguridade nas unidades móbiles e locais de doazón e tentar garantir unha afluencia axeitada e ordeada para cubrir as necesidades de sangue dos hospitais galegos.

O BNG lamenta a “tardía actuación” para evitar os 27 contaxios na residencia de maiores de Crecente

0

O BNG de Crecente manifestou hoxe o seu “máis sincero apoio” a todas as medidas tendentes a resolver a crise sanitaria do coronavirus, e ponse ao servizo do Goberno local de Crecente para “o que sexa necesario coa finalidade de traballar para pór fin a esta situación”.

Non obstante, tal e como sinalou o portavoz do Bloque no municipio da Paradanta, Benigno López, “as medidas adoptadas dende o Concello e dende a Xunta foron tardías e claramente insuficientes, tal como demostran as cifras de 27 persoas contaxiadas polo COVID-19 que veñen de producirse na Residencia San Pedro de Crecente”.

A formación nacionalista relata que o 18 de marzo, o BNG tivo coñecemento de que a empresa adxudicataria do Servizo de Axuda no Fogar (SAF) de Crecente “tiña intención de deixar de prestar o servizo debido á falta de material de protección como mascaras ou luvas, manténdoo só ás persoas máis necesitadas”.

A raíz disto, continúa o BNG, “visto o acontecido en diversas residencias de maiores, dirixímonos por escrito ao alcalde para preguntarlle pola situación exacta do SAF e das medidas que se ían tomar ao respecto. Ademais, preguntamos polas actuacións de prevención que se estaban a levar a cabo na Residencia, tanto para o persoal como para as persoas usuarias”.

O BNG lamenta que a resposta recibida o luns 23 “fora xenérica e falta de concreción”, xa que na mesma, sinala a formación nacionalista “indicábase que o Concello estaba en contacto coa empresa concesionaria do SAF, e que estaban operando de acordo as instrucións das autoridades sanitarias”.

No tocante a Residencia, a resposta do alcalde “indica que se lle remitiu un escrito á residencia o día 20 de marzo para avaliar a situación, non dando máis detalles”. Segundo o BNG, o alcalde asegura que “a residencia esta a aplicar un protocolo dirixido polo órgano designado pola Consellería de Sanidade e Política Social que está a ter unha resposta acorde ao momento que estamos atravesando rápida e eficaz”.

En vista dos feitos, afirma o BNG, “este protocolo non foi o máis axeitado, xa que a día de hoxe, unha semana despois da resposta da alcaldía, a Residencia de Crecente xa conta cando menos con 27 persoas contaxiadas entre usuarias e traballadoras”.

Así mesmo, dende o Bloque lamentan que o goberno de Crecente “reaccione só cando esta formación política require información, aínda acusándonos subrepticiamente de obstaculizar a labor do goberno e de falta de lealdade”.

Solicitude de explicacións no Parlamento Galego

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, volveu trasladar a súa preocupación pola “situación de extrema gravidade que se vive nas residencias de maiores” e reclamou a comparecencia urxente do Goberno en sede parlamentaria para aclarar unha situación que está xerando unha xustificada alarma social.

“Temos unha situación dramática de alarma social nas residencias e por iso é urxente esa comparecencia”, reclama Pontón, quen se pregunta “que máis ten que pasar para que o Goberno informe das medidas adoptadas e para tranquilizar ás familias. Temos moitas preguntas que precisan respostas porque o Executivo non está actuando con celeridade, previsión nin anticipación precisamente ante un colectivo especialmente vulnerable”.

“É necesario reforzar a atención sanitaria, a realización de test masivos, o envío de material de protección, todo co obxectivo de anticiparse á extensión do virus porque estamos vendo casos de contaxio masivo nas residencias sen que o Goberno aporte medidas eficaces ante unha situación que era previsible”, explica a líder do BNG.

Redondela intensifica a atención aos colectivos e persoas máis vulnerables durante o estado de alarma

0

O Concello de Redondela vén de reforzar o servizo que, dende o pasado día 14, se presta aos colectivos e persoas máis vulnerables ou en risco de exclusión, iniciativas encamiñadas tanto a garantirlles os produtos de primeira necesidade coma a proporcionarlles asistencia e axuda nas diferentes situacións que se lle poidan presentar ao longo do estado de alarma.

A alcaldesa Digna Rivas subliña o feito que a preocupación do Equipo de Goberno, “dende o primeiro día” foi a atención aos nenos e nenas beneficiarios do comedor escolar de cara a que “tivesen garantida unha nutrición e dieta axeitada”.

Nese sentido, a alcaldesa de Redondela sinalou que os cheques que lles permitirán facer compra de produtos básicos para catro semanas “comezaranse a entregar esta mesma semana porque tiñan que seguir unha tramitación administrativa establecida” e serán entregados ás familias que o precisan “seguindo o criterio técnico das traballadoras e educadoras sociais que son as que mellor coñecen as necesidades de cada un dos casos”.

Pese a iso, aclara a alcaldesa redondelá “os nenos e nenas tiveron garantida, dende o primeiro día, a súa alimentación que se lle fixo chegar a través de Cáritas e do servizo de voluntariado de Protección Civil”.

A maiores da alimentación, os servizos sociais e a Concellería de Ensino, están tamén preparando lotes de libros e cadernos para pintar, “descatalogados pero precintados e sen usar”, doados por centros educativos e editoriais para que “os máis pequenos poidan contar con outro entretemento máis aló do que poden proporcionar internet”. Os lotes serán entregados, “debidamente precintados e desinfectados”, polo persoal voluntario de Protección Civil, “que posúen os coñecementos precisos para realizar esta labor con todo tipo de garantías”, insiste o Goberno local.

Doutra banda o luns comezará a funcionar o servizo telefónico CO-VID-REDONDELA (COntacto é VIDa Redondela), un servizo de ‘escoita activa’ promovido polas Concellerías de Servizos Sociais e da Terceira Idade en colaboración coa Cruz Vermella de Redondela, que estará operativo de luns a venres no 986 401 713. O servizo, explica o Equipo de Goberno, “permitirá manter o contacto coas persoas, sobre todo maiores, ás que o confinamento suponlles unha situación difícil de levar e que precisan falar con alguén”.

O persoal encargado do servizo, tamén lles ofrecerá, se fora preciso, consellos útiles para o confinamento ou ideas nas que ocupar o seu tempo de lecer. Trátase, explica Digna Rivas, “de que as nosa veciñanza saiba que, nesta crise, non está soa e que, para superala, temos que facelo xuntos e xuntas”.

Non quixo entrar o Equipo de Goberno nas últimas críticas realizadas pola portavoz do PP en Redondela xa que, sinalou a alcaldesa Digna Rivas “para nós, en política, non todo vale”. En momento críticos como este “os actos definen a cada persoa e para este Goberno, a prioridade é a saúde e benestar dos veciños e veciñas”, concluíu a alcaldesa.

‘Batalla de debuxantes: Improvisdado’, estimular a creatividade no confinamento

O Concello do Porriño ven de lanzar a convocatoria do concurso ‘Batalla de Debuxantes: ImprovisDado’, unha iniciativa dirixida a debuxantes con idades comprendidas entre os 12 e os 45 anos, de nacionalidade española ou extranxeira que terán que desenvolver, de xeito profesional ou aficionado, algunha das seguintes disciplinas artísitas vencelladas coa pintura: ilustración, graffiti, tatuaxe, banda deseñada ou outras técnicas de debuxo de man alzada.

A convocatoria lanzase dende a Concellería de Cultura e a través da Oficina Municipal de Información á Xuventude (OMIX) como un estímulo para os creativos, para que poidan traballar dende as súas casas pese ao actual confinamento polas medidas do estado de alarma. Dado que poden facer os seus debuxos na casa e ser envíados por vía telemática, dentro de prazo establecido con propósito de chegar a competir na fase final.

Neste senso indicar que a inscrición é de balde. Os debuxos deberán presentarse por vía electrónica en formato JPG ou PDF cunha resolución igual ou superior a 1.200 px por 1.200 px. Deberán envíarse escaneados ao correo [email protected] indicando como asunto: InscriciónConcurso ImprovisDado.

O prazo de envío dos debuxos comezará o 1 de maio e estará aberto ata o 30 de xuño.

De entre todos os debuxos presentados serán seleccionados os artistas que concurrirán á final que sí será presencial, que está prevista pata celebrarse o 19 de setembro. Terá unhas regras específicas e unha dotación económica en premios que se detallan nas bases da convocatoria que podese consultar na web do Concello e na web do departamento de Cultura.

O Rosal en colaboración coa psicóloga Andrea Iglesias, elabora unhas recomendacións xerais para o illamento

0

Comeza a terceira semana de corentena para loitar contra a crise sanitaria provocada polo COVID-19, unha semana que chega con endurecementos nas medidas do estado de alarma e maiores restricións de mobilidade. Un confinamento forzoso do que toda a sociedade é consciente pero que carrexa efectos emocionais.

Para minimizar eses efectos psicolóxicos negativos que poidan xurdir do #EuQuedoNaCasa e do momento de crise sanitaria que se está a vivir, a psicóloga Andrea Iglesias colaborou co Concello do Rosal coa elaboración dunha serie de recomendacións para a xestión psicolóxica ante a emerxencia sanitaria do COVID-19, cinco consellos xerais que pode aplicar toda a veciñanza nestes tempos e que se poden descargar nesta ligazón.

Para Iglesias a primeira recomendación pasa por comprender a realidade, estando informado do que está a pasar nestes intres, pero de fontes fiables “para non recibir mensaxes nocivas que poidan crear unha sensación de intranquilidade constante”. E, por suposto, actuar con responsabilidade, permanecendo na casa para protexer á nosa contorna e estando atento a calquera posible signo que indique padecer a enfermidade: tose, febre, dificultade para respirar…

Planificar e establecer hábitos de coidados físicos e psicolóxicos tamén é fundamental para a psicóloga rosaleira. Así, recomenda manter unha alimentación saudable e variada e crear unha rutina de actividade física diaria de como mínimo 30 minutos e intensidade media. No eido psicolóxico, para manter o controle e a normalidade, Iglesias aconsella reflexionar sobre a información que chega sobre o COVID-19 e transformar os pensamentos negativos que se poidan ter noutros “máis positivos e con maior utilidade neste momento”. “Sentir medo, ansiedade ou preocupación é algo normal. Todas as emocións son válidas e naturais, pero é preciso aprender a xestionalas evitando que cheguen a controlar o noso estado de ánimo”, salienta a psicóloga. Para evitalo recomenda tentar pensar en positivo, comentalo cos achegados ou incluso recorrer a profesionais en caso de ser necesario. Tamén é fundamental manter o contacto con familia e amizades, especialmente cando se vive so ou soa.

A psicóloga destaca que este é un bo momento para facer aquelas cousas que nunca se pode facer por falta de tempo e desenvolver habilidades e fortaleza, facendo cousas que teñan algún aspecto creativo. Pero non hai que ser produtivos todo o tempo, os momentos de lecer son moi satisfactorios e fomentan a creatividade e a capacidade para solucionar problemas.

Por último, Iglesias recomenda mellorar os hábitos de vida, “apoiarse nas persoas que temos máis preto para superar condutas aditivas ou pouco saudables. E recorda, se o precisas, pide axuda”.

Zona Franca habilita un módulo informativo na web con todas as axudas económicas e laborais de apoio ás empresas

Ante unha situación de excepcionalidade como a que se está atravesando no país, desde a Zona Franca de Vigo veñen de intensificar as accións de comunicación de relevancia para as empresas de Galicia polo que, desde hoxe, pódese ter acceso desde a súa páxina web ás diferentes medidas de apoio á actividade económica ben sexan estatais, autonómicas, locais e como da propia Zona Franca.

Neste módulo de información iranse publicando unhas fichas con toda a información básica e acceso a máis contidos estruturados en campos como beneficiarios, prazos, contías e ligazóns para a tramitación. Como outra Información económica relevante nesta entrada, destacada en cabeceira da web institucional, tamén se inclúen contidos financeiros, fiscais, laborais. Así mesmo desde Zona Franca enviarase ás empresas de Galicia un boletín informativo con todas as actualizacións que se vaian producindo.

Tras a declaración do confinamento obrigatorio para toda a poboación e tal e como manifestou David Regades “en Zona Franca adoptamos todas as medidas necesarias para o mantemento das nosas actividades co único obxectivo de cooperar co mantemento da competitividade e o emprego dos nosos sectores industriais e empresariais por iso, tamén imos incorporar un módulo de suxerencias con respostas tabuladas desde onde podamos ir vendo as necesidades das empresas para tratar de darlles a resposta que elas necesitan”

O Delegado do Estado tamén declarou que “conxuntamente coas medidas de axuda que en Zona Franca tomamos a semana pasada, agora estamos a desenvolver este traballo informativo para dar soporte ao tecido produtivo e, en breve, faremos públicas outras accións que poñeremos en marcha para minimizar o impacto e lograr que, unha vez finalizada a alarma sanitaria, prodúzase canto antes un rebrote da actividade económica”.

A Cidade da Cultura lanza un programa en liña para nenos e nenas a través de xogos artísticos en familia

A Xunta de Galicia pon en marcha esta semana na Cidade da Cultura o programa ‘Aventuras no monte das artes‘, unha actividade en liña que achegará ás familias contidos para que a cativada explore as súas habilidades artísticas a través de xogos e divertidos desafíos. Trátase de ofrecer recursos culturais e de lecer neste momento de confinamento e no marco da campaña da Consellería de Cultura e Turismo #aculturasegue.

A través da personaxe a ‘Raposa Fedella’ iráselles presentado ás familias –no Facebook, Instagram ou Twitter da Cidade da Cultura–  desafíos e retos vencellados coa pintura, coa arquitectura, coa fotografía ou con outras disciplinas artísticasO Servizo de Educación, Mediación e Atención ao Visitante do Museo Centro Gaiás deseñou este programa adaptando os contidos dun xeito pedagóxico para rapaces e rapazas de Educación primaria. 

O obxecto é que esta aproximación ás artes sexa unha experiencia dinámica, estimulante e divertida na que os máis pequenos e pequenas poñan en práctica o seu enxeño e habelencias, á vez que lles supoña unha aproximación desde o xogo e as tecnoloxías.

Aventuras no monte das artes arranca esta semana e os primeiros protagonistas dos desafíos que lanzará a ‘Raposa Fedella’ serán os ‘misterios’ do cadro El paraíso terrenal, de Pieter Brueghel ‘O Novo’ ou a Biblia Kennicott, entre outras pezas da exposición Galicia, un relato no mundo. Nestas propostas procurarase fomentar a pescuda e tamén a resolución por parte dos rapaces, pero sen apremiar nos tempos para que esta aproximación e interacción se adapte aos ritmos das familias nestas circunstancias excepcionais.

Máis contidos en liña no web do Gaiás

Aventuras no monte das artes súmase aos contidos en liña que a Cidade da Cultura puxo en marcha ante a imposiblidade de programación presencial polas medidas de confinamento. Deste xeito, o Gaiás incorpórase á programación nas redes sociais de #aculturasegue que están a levar a cabo museos, bibliotecas, teatros, arquivos e gran parte do sector cultural galego para tirar proveito destas ferramentas en liña co obxecto de achegarlles aos fogares arte, danza, literatura, etc. sempre desde o paraugas de lecer cultural dixital de calidade, que propicie a creación e consolidación de bos hábitos e prácticas culturais. 

As Neves intensifica os traballos de desinfección en toda a vila para reducir ao máximo as posibilidades de contaxio

0

O Concello das Neves segue adiante cos traballos de limpeza en todas as parroquias e no centro, de cara a reducir ao máximo a posibilidade de contaxio por COVID-19. Á labor desenvolvida para a desinfección realizada nos lugares máis transitados-coma gasolineiras, farmacias, supermercados, panaderías, bancos, parada de taxis, tendas, o Centro de Saúde, prazas ou a oficina de Correos, –ademais de todos os edificios públicos– seguiu esta pasada fin de semana a das illas e contedores do lixo, repartidos por 331 puntos das Neves.

O traballo realizouse este sábado por parte de persoal do Concello dende as 9 da mañá ata as 7 e media da tarde, en máis de 250 lugares nos que están situados os colectores na práctica totalidade das parroquias. Os contedores que quedan pendentes estarán tamén desinfectados nos vindeiros días e, segundo subliña o concelleiro de Servizos Públicos e segundo tenente de alcalde, Óscar González, “é un traballo que se repetirá as veces que sexa necesario para que diminúa ao máximo calquera risco que puidese existir de contaxio ao deixar o lixo”.

[su_image_carousel source=”media: 13562,13560,13561″ crop=”5:4″ link=”lightbox” autoplay=”0″]

Composteiros comunitarios

Na mesma liña,  tamén fíxose unha limpeza a fondo dos composteiros comunitarios, situados na rúa Esperanza, diante da Casa da Xuventude, no aparcadoiro situado diante do Cemiterio, no Colexio e na rúa Marquesa do Pazo da Merced.

Os mesmos representan, agora máis que nunca, unha inmellorábel alternativa para depositar o material orgánico, evitando que estes restos estea no colector verde, reducindo aínda máis as posibilidades de contaxio, dada a súa seguridade, a vixilancia e a limpeza constante e o feito de que estean controlados de cote polos mestres composteiros.

A Deputación paraliza toda a obra pública en cumprimento do novo Real Decreto do Goberno

A Deputación de Pontevedra paralizará desde este luns toda obra pública para cumprir co novo Real Decreto Lei do Estado na loita común contra a crise sanitaria provocada polo coronavirus. A decisión foi o principal acordo da reunión do Comité de Seguimento, que se reuniu esta mañá, coa presidencia de Carmela Silva e a vicepresidencia de César Mosquera, para coñecer en profundidade o Real Decreto e tomar medidas de aplicación.

No caso das infraestruturas, hai que engadir que cesan tamén todos os traballos de seguimento das obras, salvo as que sexan estritamente necesarias para garantir as medidas de seguridade. Polo contrario, o goberno provincial si manterá as visitas de persoal técnico da institución, reforzando ao extremo as medidas sanitarias de protección, para certificar obras xa rematadas nos concellos a fin de poder pagar ás empresas que as fixeron e seguir a garantir a súa liquidez. Pola súa banda, mantense as quendas das brigadas, que continúan a traballar como servizo esencial, para a atención de calquera incidencia nas infraestruturas provinciais.

A outra novidade con respecto a situación actual, é a suspensión dos traballos de mantemento que se viñan facendo nos campos de fútbol da provincia solicitados polos Concellos. Esta labor paralízase desde hoxe ata que a situación sanitaria o permita.

No resto dos departamentos da Deputación de Pontevedra, o novo Real Decreto non afecta no seu funcionamento interno, xa que os servizos esenciais mantense os mesmos que xa se dispuxo a resolución presidencial da institución provincial do 16 de marzo, tales como Príncipe Felipe, Mouriscade, Areeiro, Caan, etc…

En calquera caso, as Xefaturas de Servizo xa dispoñían naquela resolución presidencial da atribución para reorganizar o seu funcionamento de maneira que o traballo presencial sexa o mínimo indispensable. Hai que lembrar que case 600 traballadoras e traballadores da Deputación de Pontevedra xa veñen traballando en remoto nos seus domicilios desde a entrada en vigor do Estado de Alarma

Ponteareas suspende o cobro de taxas e impostos municipais

O Alcalde de Ponteareas, Xosé Represas, anunciou esta fin de semana algunhas medidas económicas e fiscais que o goberno do BNG-PSOE implementará diante da crise do coronavirus e do seu impacto sobre as persoas en xeral e sobre autónomos, comercio local e empresas en particular.

Represas explicou que a prioridade agora é o frente sanitario “e niso estamos volcados no ámbito das competencias municipais. Pero non imos descoidar o impacto económico e por iso adoptamos xa diferentes medidas fiscais que se unen ás acordadas polo ORAL da Deputación”.

O alcalde explica que o organismo provincial, como entidade xestora do cobro dunha parte das taxas e impostos municipais, xa prorrogou o pago dos recibos cuxo prazo de ingreso voluntario estaba aberto e remataba en abril, de maneira que se prolonga até dez días despois de que remate o estado de alarma. En canto ao resto de taxas e impostos que aínda non tiñan aberto o prazo para o pagamento, o ORAL decidíu suspender ese calendario e anunciou que se aprobará un novo nos dez días posteriores á finalización do estado de alarma con novos prazos. Esta suspensión afecta entre outras á taxa do lixo, imposto sobre vehículos, a venda ambulante ou aos postos do Mercado Municipal.

A esa suspensión únese a que agora acorda o Concello respecto ás taxas e impostos que recada directamente a administración municipal por ocupacións como as terrazas ou por servizos como a Escola Infantil, a Escola de Música ou o Conservatorio Municipal, aínda que boa parte do alumnado continua recibindo formación por medios telemáticos.

Ademais, os técnicos municipais co asesoramento do ORAL están a analizar a posibilidade de establecer e aplicar bonificacións en determinadas taxas e impostos sempre que a lexislación o permita, e atendendo ás circunstancias concretas que afectan ás persoas ou a actividades económicas.

Por último o alcalde anunciou a elaboración dun plan municipal de reactivación económica, dentro das competencias municipais, dirixido a dinamizar o comercio e o sector servizos local e incrementar o investimento para favorecer a creación de emprego. Represas sinalou que “se fará coa participación de todos os sectores e terá como obxectivo a reactivación económica da localidade unha vez se supere esta crise”.

Por outra banda, o Concello difundíu nos pasado días unha mensaxe audiovisual do Alcalde dirixida ao conxunto da poboación e distribuida a través da páxina web do concello, redes sociais e mensaxería electrónica, na que Represas informa das medidas adoptadas polo Concello en materia de limpeza e desinfección, a organización da atención cidadá nos servizos municipais e as medidas en materia de seguridade cidadán para asegurar o cumprimento das normas derivadas do estado de alarma.

Represas agradeceu o esforzo do conxunto do persoal municipal e especialmente a aqueles que como policía local, bombeiros, protección civil, persoal do centro de maiores ou de asistencia no fogar e de servizos sociais, así como o persoal de limpeza de edificios públicos, continua prestando o seu traballo nunha situación tan grave. Fixo extensivo tamén o seu agradecemento ao preto de cen voluntarios e voluntarias que se sumaron á iniciativa posta en marcha polo Concello para atender a persoas en situación de vulnerabilidade. Represas explicou ademais que o Concello segue aprobando e concedendo as axudas de emerxencia para persoas con especiais necesidades. Por último Xosé Represas fixo un chamamento a cumprir e atender as instrucións das autoridades sanitarias.

Nigrán suspende os prazos de pagamento que constan no calendario fiscal mentres dure o estado de alarma

0

O Concello de Nigrán, dadas as circunstancias excepcionais derivadas da crise sanitaria do Covid-19, deixa sen efecto e suspende os prazos de pago que constan no actual calendario fiscal municipal (dictarase unha nova resolución para levantar estas medidas cando as circunstancias regresen á normalidade). O obxectivo desta medida excepcional é minimizar o impacto fiscal sobre os cidadáns como consecuencia da declaración do estado de alarma.

Os tributos afectados por esta resolución de alcaldía son todos os xestionados desde o Concello directamente: Imposto sobre Vehículos de Tracción Mecánica, Taxa pola Entrada de Vehículos a través de Beirarrúas e Taxa pola recollida do Lixo.

Aqualia

Pola súa banda, a concesionaria Aqualia establecerá o período voluntario de pago dos recibos do 1º Trimestre unha vez rematado o estado de alarma decretado polo Goberno de España, e terá a duración fixada na publicación do boletín. Os recibos do 1º trimestre domiciliados cargaranse en conta o 11/05/2020. Por outra banda, Aqualia suspende todos os cortes de subministración, teñan ou non a condición de “vulnerables”.

Durante esta crise sanitaria Aqualia lembra que calquera consulta pódese realizar a través dos teléfonos gratuítos de atención ao cliente (Atención ao cliente: 900 81 33 57 e Avarías: 900 81 30 47), oficina virtual, a APP móbil e no correo da oficina de atención ao cliente de Nigrán [email protected]

O Goberno da Guarda informa á Xunta de Portavoces das medidas adoptadas polo COVID-19

0

Na mañá do sábado día 28 de marzo o Salón de Plenos acolleu unha Xuntanza de Portavoces na que o alcalde, Antonio Lomba, e a tenente de alcalde, Montserrat Magallanes, deron conta das diferentes medidas adoptadas polo COVID-19 no municipio, así como todas as accións para evitar novos contaxios e para a súa prevención.

Neste senso o Alcalde da Guarda informou sobre os diferentes contactos mantidos coas administracións, asociacións, colectivos, empresas entre as que destacan a Federación Galega de Municipios e Provincias, a Subdelegación do Goberno, a Guardia Civil, Cruz Vermella, Conrazones, Avelaíña, San Xerome, San Vicente de Paúl, Residencia Santa Tecla, o Centro de Saúde da Guarda, usuarios do Servizo de Asistencia no Fogar, Equipos directivos de centros educativos, Servizo de alerta epidemiolóxica (SERGAS), Supermercados, Comandacia Naval do Miño, Confraría de Pescadores, Párrocos, Presidente da Cámara de Caminha, así como alcaldes e alcaldesas da Mancomunidade Intermunicipal do Baixo Miño.

Deuse conta da distribución e stock actual dos Equipos de Protección Individual(EPI´S) e dos materiais de protección a disposición dos servizos municipais, GES da Guarda, a Policía Local e Servizo de Axuda no Fogar(SAF).  Material que o concello pon a disposición das empresas e institucións que poidan necesitalo. Entre este material se atopan mascarillas FFP2, FFP1 e quirúrxicas, guantes, gel hidroalcohol, traxes impermeables, etc.

O Concello da Guarda quixo agradecer, novamente, o traballo e a colaboración de diferentes empresas locais que dende o inicio desta crise colaboraron de xeito desinteresado aportando material de protección para os Servizos dependentes do Concello, falamos de empresas como: Portalmatic, Marengo Cosmética Profesional, Recambios la Guardia, Clínica López Sousa, Tenda Porlospelos, Coser y Cantar,  Instituto dental Campos, Electrónica Eutimio, Clínica Dental Marina Obispo, Clínica Dental Rosa Mª Coedo, Clínica Dental Barros y Carrero, Clínica Obispo, Panadería Morales, entre outras.

Antonio Lomba deu conta tamén dos traballos de desinfección que se están a acometer en diferentes espazos e infraestruturas sensibles como da Praza de Abastos Municipal, das instalacións da Policía Local, do GES, de Servizos Sociais, as instalacións do vello edificio do Concello, do Novo e dos vehículos municipais. Estes espazos serán desinfectados de xeito semanal, ao igual que os vehículos da Policía Local, do GES e os de vías e obras.

Limpeza e desinfección

No apartado de limpeza e desinfección, actúan cada día brigadas nas que participan traballadores municipais, membros do GES e da Comunidade de Montes da Guarda. Encárganse de desinfectar e limpar os espazos públicos exteriores de maior afluencia e os seus arredores, coma por exemplo, o Centro de Saúde, entorno de supermercados e áreas comerciais, estancos e farmacias, Praza de Abastos, así coma os contedores da recollida selectiva do lixo, entre outros.

Estas accións de desinfección e limpeza recomendada, en lugares onde a afluencia de público e a posibilidade de contaxio son elevadas, seguen un protocolo establecido con produtos virucidas autorizados de nivel TP2 (Desinfección de superficies e área, uso ambiental).

Nesta Xunta de Portavoces tamén se informou da distribución de alimentos a persoas dos grupos de risco, un traballo que se está coordinando dende Servizos Sociais coa colaboración do GES e grupos de voluntarios, atendendo a un total de 50 familias, aportando alimentos perecedoiros procedentes do banco de alimentos e alimentos frescos aportados polo concello.

Comunicación e información

Antonio Lomba insistiu na gran difusión de informacións e recomendacións de interese para a cidadanía a través da páxina web municipal, que foi remaquetada e adaptada, así como a través das diferentes redes sociais municipais e o gabinete de comunicación e medios de prensa.

Neste senso se teñen realizado accións de comunicación sobre a Atención no centro de saúde, medidas preventivas, información sobre os servizos municipais e atención, transporte público, xulgado de paz e fronteiras, posta en marcha do auxilio a grupos de risco, renovación do DNI, demanda de emprego e certificados de empresa, tratamento de lixo de persoas con positivo ou con síntomas, información do CIM sobre contactos de atención á muller, información sobre garda e custodia de menores, información sobre cans e colonias felinas, entre outras.

Deuse conta ademais do primeiro paquete de medidas económicas con motivo da alarma polo virus COVID-19 para que ningún veciño da localidade teña que facer fronte a pagamentos ao concello mentres dure o estado de alarma e priorizar o pago a proveedores para dotar de liquidez ás empresas.

Informouse da posta en marcha de A Guarda Covid Makers, unha iniciativa en colaboración co IES A Sangriña e veciños e veciñas con coñecementos en impresión 3D, para a confección de máscaras de protección, que se empezarán a distribuir entre as persoas que as precisen a partires deste luns·   

A Colaboración cidadá está sendo esencial para favorecer a atención ás persoas dos grupos de risco, púxose en marcha un servizo de voluntariado a través da OMIX e Servizos Sociais para axudar nestas tarefas ás persoas que o soliciten.

Recursos para aliviar o confinamento

Para levar mellor o confinamento se informou da posta en marcha do portal de patrimonio ATOPO, realizado en colaboración coa Deputación de Pontevedra e no que se poden consultar numerosos arquivos históricos e fotografías da Guarda, unha maneira máis de entretemento para a cidadanía e de posta en valor do patrimonio material e inmaterial da nosa vila.

Tamén se ten informado aos usuarios da Biblioteca Pública Municipal da existencia da Plataforma en Liña GaliciaLe, onde se poden atopar e descargar numerosos libros, audios e videos.

Nesta vindeira semana informarase á cidadanía das empresas e postos da Praza de Abastos que están ofertando o servizo de entrega a domicilio, para evitar deste xeito os desprazamentos na medida do posible e facilitar as compras de alimentos frescos á poboación.

COGAMI mantén contacto continuo coas persoas usuarias dos centros de recursos que ten en toda Galicia

Tralo peche forzoso dos centros de recursos pola alarma sanitaria do Coronavirus, dende a Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (COGAMI) mantense o contacto vía telefónica e Whatsapp coas persoas usuarias. Se ben esta situación non permite o contacto presencial a Confederación está a disposición das persoas con discapacidade tanto a través do teléfono 981 574 698 como a través do mail [email protected].

As 45 persoas usuarias do centro de recursos que COGAMI ten en Mos están agora nas súas casas, pero isto non significa que estean inactivas. Todas as persoas usuarias de Mos son contactadas a diario polo persoal do centro, para coñecer como están pasando esta situación excepcional, cales son as necesidades que teñen e, en caso de telas, dende COGAMI estase en contacto directo cos servizos sociais dos concellos para poder dar resposta a estas necesidades.

Estanse facendo, polo tanto, seguimentos a persoas que viven soas e que precisan apoio nos domicilios, e dende a Organización queren agradecer especialmente o apoio que están a recibir dende Protección Civil, organismo que colabora estreitamente a favor das persoas usuarias de COGAMI.

Tamén os profesionais do centro traballan nun plan de actividades para que as persoas do centro poidan, dende as súas casas, continuar coas tarefas que a diario realizan no centro e poder levar unha mellor estadía de encerro nos seus domicilios.

Nigrán realiza unha entrega adicional de alimentos frescos e produtos de limpeza ás familias máis vulnerables

0

O Concello de Nigrán emprendeu esta mañá un reparto especial a domicilio de alimentos frescos e produtos de hixiene corporal e limpeza entre medio cento de familias en situación de vulnerabilidade, acción que se complementa coa entrega a semana pasada de produtos non perecedoiros e que continuará a inicios da próxima co primeiro envío de carne fresca e iogures. Todo foi mercado en pequeno comercio local ou procede de doazóns. Durante o periodo que se manteña o estado de alarma o equipo de axuda ante o Covid-19 creado no Concello de Nigrán realizará esta labor e estas entregas adicionais, así como o servizo de compras de alimentos ou menciñas a persoas con recursos pero que non se poden desprazar dos fogares (teléfono especial 986383930 de 9:00 a 14:00 horas) ou entrega de libros e DVD da Biblioteca Municipal (986383288 de 10:00 a 12:00).

“Este é un envío especial para os que máis o precisan, normalmente se entregan produtos non perecedoiros, como estivemos a facer sempre, pero dadas as circunstancias consideramos imprescindible realizar compras completas para que ninguén teña que desprazarse ao supermercado e para garantir á mellor alimentación de toda a unidade, xa que a maiores os menores destas familias se ven privados do comedor escolar”, sinala o alcalde, Juan González

[su_image_carousel source=”media: 13530,13531,13532,13533,13535,13536,13537,13538″ crop=”5:4″ link=”lightbox” autoplay=”0″]

Deste xeito, o equipo composto polo propio goberno municipal entregou esta mañá nos domicilios 60 kg de laranxas, 53 kg de mazás, 42 kg de peras, 40 kg de plátanos e 120 kg de repolos, así como 50 ducias de ovos doados por ‘El Rancho’ e 150 kg de patacas doadas por J.A.Blanco. A maiores, o Concello investiu 1.025 € na compra de produtos de limpeza como deterxente, lixivia, papel hixiénico ou de hixiene corporal como xabón, champú, compresas, pasta de dentes… Todo elo foi transportado en dúas Citroën Berlingo novas cedidas para este uso por Aqualia (unha vez se supere esta crise sanitaria se engadirán á actual frota do Servizo Municipal de Augas ).

Solidariedade

O Concello de Nigrán subliña especialmente a solidariedade das empresas de Nigrán e da comarca, porque ademáis de El Rancho ou Patacas J.A.Blanco, o equipo de axuda ante o Covid-19 recibe case diariamente distintas doazóns de alimentos para repartir, entre elas as realizadas desde Panaderias como Yahoma, Copena, La Flor de Nigrán ou o Estanco de Priegue (entregou todos os seus productos destinados á máquina de vending).

“Somos un municipio solidario e se está a demostrar nestes intres coas doazóns diarias das empresas e os prezos especiais que están a facer nas compras, estamos moi agradecidos”, subliña González.

A Xunta pon a disposición da cidadanía os recursos culturais online da provincia coa campaña #aculturasegue

A Xunta de Galicia, a través de todos os seus departamentos e centros dependentes da Consellería de Cultura e Turismo, propón durante este período de confinamento unha programación con abondosas actividades de lecer cultural en rede na provincia de Pontevedra. Trátase de propostas pensadas para toda a familia que poden seguirse a través da campaña #aculturasegue nos portais e redes sociais de máis dunha vintena de dotación como museos, bibliotecas ou arquivos, entre outros. Con esta etiqueta, o Goberno autonómico convida a sumarse ás institucións culturais do país, aos nosos creadores e a toda á cidadanía para compartir a nosa cultura.

Dentro desta programación destacan as visitas e percorridos en 360º que se ofrecen desde a páxina web de Turismo de Galicia e que permiten coñecer, sen saír da casa, preto de 15 conxuntos monumentais da provincia de Pontevedra, así como a Catedral de Tui, un dos bens de interese cultural máis importantes do Camiño Portugués. Grazas a este recurso tamén é posible visitar unha ducia de mosteiros na provincia, entre os que se inclúe, por exemplo, San Xoán de Poio, Santa María de Oia, Vista Alegre, San Diego de Canedo, San Lourenzo de Carboeiro ou Santa María de Aciveiro.

Cómpre destacar tamén a posibilidade de visitar a través de distintos soportes algúns dos exemplos da riqueza patrimonial de Galicia como supoñen os complexos monumentais como o do mosteiro da Concepción Santa Clara (As Enceradas), o da Visitación para Las Salesas Reales, de Vilavella, San Salvador de Camanzo, Santa María de Armenteira ou o mosteiro de San Pedro de Tenorio. Outros monumentos visitables grazas a este recurso son San Salvador de Lérez, Santo Domingo, San Francisco, Santa Clara ou o convento das Benedictinas de Cuntis.

Máis de 4.500 títulos en GaliciaLe

Paralelamente, aínda que tanto o Arquivo Histórico Provincial como as bibliotecas xestionadas pola Xunta, a de Pontevedra e a de Vigo, non están abertas, seguen a ofrecer variados recursos e materiais de entretemento a través da súa páxina web e redes sociais. Nestas dotacións, ademais de consultar os fondos dispoñibles online, é posible obter préstamos dixitais, sen necesidade de dispoñer de carnet da biblioteca, a través de GaliciaLe, a plataforma de libros, revistas, películas e audiolibros en formato electrónico.

En concreto, en GaliciaLe hai máis de 4.500 títulos, dos que a maioría están en galego e en castelán, pero tamén os hai en inglés, portugués, francés, italiano, catalán e éuscaro, libros infantís, xuvenís e para adultos. Ademais conta cun total de 31 revistas e 300 audiovisuais feitos en Galicia que comprenden longametraxes, curtas ou documentais. Para facilitar o acceso a esta plataforma só será necesario rexistrarse na mesma e non será preciso ter o carné de lector dalgunha biblioteca pública galega.

No interior dos museos

Outra boa opción de actividades de lecer son as que ofrecen os museos e que nalgúns casos, como acontece no Museo Massó, inclúe un percorrido completo polas salas expositivas para contemplar as obras expostas como se se estivera no interior, con información complementaria. O museo de Bueu conta tamén cunha oferta de audiovisuais para difundir o legado do mar.

O Parque Arqueolóxico de Campo Lameiro, pola súa banda, ofrece a través da súa páxina web diferentes imaxes e recursos que permiten afondar no patrimonio cultural e paisaxístico a través dalgúns dos máis fermosos e significativos petróglifos de Galicia.

A oferta complétase co Museo do Mar de Galicia, un espazo para coñecer a influencia da actividade pesqueira, das embarcacións e da bioloxía mariña no desenvolvemento da nosa Comunidade que durante a crise do coronavirus continúa operativo a través de internet. Neste centro museístico está exposto o Naomh Gobnait, a embarcación tradicional irlandesa que foi utilizada por un grupo de amigos para peregrinar desde Dublín e cuxa historia se pode coñecer a través de O Camiño por mar, un dos proxectos incluídos en O teu Xacobeo.

Estrea da Bibliografía Xacobea

Como novidade para todas as persoas de Lugo curiosas polo Camiño e a cultura da peregrinación, lánzase a Bibliografía Xacobea, que recompila os traballos realizados por historiadores, filólogos, antropólogos, xeógrafos, arqueólogos etc., de moitos países do mundo. Este traballo académico e investigador ofrécelle ao usuario desta web monografías, teses de doutoramento, catálogos de exposicións e actas de congresos xacobeos. Como exemplo, ponse ao dispor do público interesado as actas dos congresos celebrados desde o ano 1993 polo Comité Internacional de Expertos do Camiño de Santiago.

Medrar en galego

Para o espallamento, uso e perfeccionamento da lingua galega a Xunta conta con abondosos recursos no Portal da Lingua Galega. Entre estes, paga a pena chamar a atención daqueles dedicados aos máis novos da casa, como os audiovisuais infantís As miñas primeiras Letras Galegas ou Os Axóuxeres, entre outros; recursos musicais que achegan importantes ensinanzas sociais e comunitarias, como Nun mar azul ou No colo da fala, cancións de berce interpretadas por Xabier Díaz, e propostas de diferentes xogos para facer coa xente miúda, dende adiviñas e xogos de iniciación até materiais para imprimir e recursos interactivos. Así mesmo, dispón de audiovisuais e recursos que se poden empregar para un mellor coñecemento, como o Ben Falado, e canles como Galeguizar Galicia, onde podemos atopar múltiples historias interesantes e divulgadores da nosa lingua e cultura.

#aculturasegue

A iniciativa #aculturasegue pretende recoñecer, no medio desta difícil situación, o papel sobresaínte que os nosos creadores, axentes e dotacións culturais tiveron e teñen na construción social de Galicia, ao tempo que ofrece opcións de ocio dixital de calidade e plural no fogar, que propicien a consolidación de bos hábitos e prácticas culturais.

Peregrinos xabobeos na cidade de Tui (III)

Recibe o nome de literatura odepórica a que recolle as crónicas de viaxe, as lembranzas de feitos e de experiencias persoais xunto con datos xeográficos, históricos ou paisaxísticos relacionados con esta viaxe. Esta fonte documental ou cronística é un dos xéneros literarios máis significativo da peregrinación xacobea. Son abondosos os exemplos deste tipo de publicacións que recollen o relatos de viaxes e peregrinacións que percorren o Camiño Portugués e que de seguido recollemos sen afán de exhaustividade.

Unha primeira referencia a unha peregrinación ou viaxe a Santiago de Compostela dende Portugal o podemos datar o 6 de maio do ano 899 en que os bispos Nausto, de Coimbra, Arimiro, de Lamego, Gomado, de Porto, Teodomio, de Viseu, e Arximiro, de Braga, acoden á consagración da segunda basílica compostelá e cuxo tránsito por Tui / Valença resultaba obrigado.

Alexandre dos Santos Ratos nos informa que “en el año 987 regresó a la región el desorden con la toma de Coimbra por Almanzor. Dada la importancia estratégica de la ciudad, el rey Fernando Magno fue en peregrinación a Santiago de Compostela, pidiendo la intercesión del Apóstol, antes de comenzar el asedio de la ciudad a 20 de enero de 1064 acompañado por su esposa Sancha, los obispos de Santiago, Lugo y Mondoñedo y Sesnando, de Oporto, los abades de Celanova y Guimarães, así como muchas otras personas importantes. Después de seis meses, Coimbra, rendida por el hambre, se entregó el 9 de julio y poco después de la conquista, Fernando Magno y Sesnando, gobernador de la ciudad y de la región, volvieron a Compostela para agradecer al Apóstol la victoria. Es la primera noticia de una verdadera peregrinación desde tierras portuguesa. E comeza así tamén unha alongada relación, ao longo de varios séculos, entre a monarquía lusitana e a devoción xacobea que motivou a peregrinación de diversos reis portugueses ata a catedral compostelá, como recolleremos posteriormente.

Igrexa de Santiago en Coimbra

Outra das mais temperás referencias documentais data do século XII, 1138, e corresponde a autoría de Abu-Abd-Allá Mohamed-Al-Edrisi. Xeógrafo e viaxeiro hispano musulmán que recolle nos seus escritos á cidade de Santiago e o Camiño de Santiago, aínda que seguramente tomou os datos dalgunha fonte ben fiable e non estivo fisicamente nestas terras.

Al-Edrisi traballou ao servizo de Rogerio de II de Sicilia que, entre outros encargos, solicitoulle una descrición xeográfica da terra. Así publicou a súa gran obra: Recreo de quien desea recorrer el mundo (1154), tamén designada como Libro rogeriano. O traballo foi coñecido gracias a súa publicación en Roma, en 1552, pola imprenta dos Médicis. En España non se editou ata 1882, no Boletín de la Sociedad Geográfica de Madrid.

Mapamundi de Al-Idrisi

Sinala que había catro camiños para achegarse a Santiago de Compostela. O primeiro é un itinerario terrestre máis ou menos coincidente co Camiño Francés. En segundo lugar describe una ruta por mar dende a cidade francesa de Baiona, pola costa do Cantábrico ata as terras de Galicia. Os outros dous itinerarios que menciona na obra son as rutas entre Coimbra e Santiago, tanto por mar como por terra. O Camiño por terras portuguesas para pola cidade de Braga e logo Tui, xa en Galicia. Na ruta marítima, cunha navegación de cabotaxe ata a ría de Arousa.

Así describe Al-Idrisi esta última ruta: “Desde dicho río Douro hay 50 millas a la boca del Miño, que es ancho caudaloso y profundo, la marea entra en él mucho y los barcos lo recorren haciendo paradas en las varias aldeas y fortalezas de sus orillas. Desde el Miño se cuentan 60 millas desde la desembocadura del río de Tourón (Oitavén) […] A seis millas sale el río Lérez, en el cual, aunque pequeño, fondean grandes barcos. A otras seis millas se confronta el río de Merrar (Umia) […] Penetran en él grandes embarcaciones. Seis millas más allá desagua el río de Santiago, llamado de Honesto […] Entra en él la marea y suben grandes naves hasta unas 20 millas, donde hay un gran puente de cinco arcos [el de Cesures], de dimensión tan considerable y tan altos que pueden pasar por debajo los barcos sin abatir palos. Cerca está la gran fortaleza de Honesto, y de allí a Santiago hay cerca de 6 millas.

A situación da cidade tudense a converte en lugar de referencia obrigada para os viaxeiros que cruzaban este territorio. Do ano 1147 se conservan as cartas ou crónicas de dous cruzados británicos, Osborne e Arnolfo, que no seu camiño ata Terra Santa, por vía marítima, pasan por Galicia visitando posiblemente a tumba apostólica, e continúan a súa ruta, colaborando antes con Afonso Henriques na toma de Lisboa aos mouros. Na carta de Osborne lemos: Habeat autem litus maris, ab insula usque ad Portugalam, fluvium Onnem super quem quivitas Tud. Post hunc fluvius Caduva, supra quem civitas Braccara. Resulta inevitable a referencia á cidade tudense pois era o enclave urbano máis significativo no territorio en torno ao río Miño, por tanto paso obrigado nas comunicacións.

Por estes anos ocupaba a sede de Porto, D. Hugo (1112-1136), estreito colaborador do arcebispo compostelá Diego Xelmírez, que visitará en numerosas oportunidades a Catedral de Santiago pero descoñecemos se en condición de peregrino ou pola súa anterior relación como posible redactor do Libro I da Historia Compostelana. En numerosas oportunidades ao falar do mundo da peregrinación xacobea dende terras portuguesas se cita a Xelmírez e o seu “pío latrocinio” ou roubo de diversas reliquias da Catedral de Braga; na súa viaxe este botín sacro pasa pola igrexa de San Bartolomeu de Rebordáns testemuñando outra vez que o itinerario por Tui é eixo de comunicacións entre as terras ao sur e ao norte do Miño.

Mis miedos

Mi nombre no tiene importancia. Lo único que tienen que saber ustedes es que soy un chico normal y corriente; ni muy alto, ni muy bajo; ni muy guapo, ni muy feo. Uno de esos chicos de 18 años, que caminan a millones por las calles de la ciudad, con un móvil, unos vaqueros rotos y una sudadera con capucha; uno más del montón, excepto por dos pequeños detalles, que son el miedo a la oscuridad y a los payasos.

El origen de estos miedos se remonta a diez años atrás. Por si ustedes no lo saben, yo me crié en un castillo enorme, con toda mi familia, y cuando digo castillo, me refiero a uno de verdad, con su puente levadizo y sus mazmorras, torres y almenas y cuando digo toda mi familia, me refiero exactamente a toda. Estaba Mamá (Papá murió en un accidente, cuando yo apenas tenía un año) los abuelos, Rigoberto y Teodora; los tíos, Rigoberto, Carlos, Alfonso y Federico, con sus respectivas esposas y mis ocho primos, todos mayores que yo. Todos juntos viviendo en aquel inmenso castillo des siglo XVI, que perteneciá a la familia desde su construcción.

Por supuesto y al igual que todos los demás, yo disponía de mi propia habitación, situada en el ala oeste del edificio. Para llegar a ella, tenía que atravesar un largo corredor de piedra, con puertas a derecha e izquierda. Dos lámparas de hierro suspendidas en los extremos del pasillo, apenas conseguían iluminar el oscuro pasadizo y la media docena de retratos de algunos de nuestros insignes antepasados, que colgaban a derecha e izquierda.

Camino por el pasillo, consciente de lo que me espera al final. Desde hace varias semanas, mi primo Iván, cuatro años mayor que yo, ha cogido la costumbre de esperarme escondido detrás de una de las puertas. Entonces, justo cuando paso por delante, sale vestido con su batín de seda, una careta de payaso ensangrentada que le cubre el rostro y un enorme cuchillo de plástico en las manos y dice:

—¡Uhh¡ Te pillé.

Aunque sé que va a ocurrir y soy consciente de ello, eso no impide que cada noche reaccione igual. Doy un grito que resuena en todo el castillo e inmediatamente salgo corriendo en dirección contraria, para acabar refugiándome en los brazos de mamá. Y mientras corro, Iván rie y rie, hasta que se cae al suelo del pasillo y allí continúa riendo.

Mamá me ha explicado montones de veces, que tengo que dejar de gritar y de comportarme como un histérico; que si dejo de hacerlo, a Iván ya no le hará gracia el asunto y me dejará en paz. También me explicó, que a Iván no se le puede decir nada, porque ya nació un poco rarito y mucho menos a su padre, que es el tío Rigoberto y que es quien paga las facturas. Y que si quiero tener miedo a los payasos con un cuchillo de plástico, estoy en mi derecho a tenerlo, pero que me comporte. Ella tiene miedo a que el tío Rigoberto nos deje en la calle cuando se mueran los abuelos y ese, no sólo es un problema bastante más grave, sinó que nos afecta a los dos.

Yo como buen hijo le prometí que lo intentaria. Pero la verdad es que para satisfacción de Iván, no fuí capaz de dejar de gritar. El asunto continuó igual durante un par de meses. Para entonces, había cumplido siete años y había decidido que puesto que era un hombre, tal y como me había dicho el abuelo, tenía que ser capaz de solucionar mis propios problemas.

Aquella noche, todo transcurrió igual que siempre. Iván salió desde detrás de la puerta, con su batín, su careta de payaso y su cuchillo de plástico. Pero en esta ocasión el sorprendido fué él, porque esta vez no salí correndo, de hecho, ni siquiera grité. Aquella noche yo también tenía un cuchillo, sólo que el mío era de verdad.

La consecuencia de todo aquello fué que el primo Iván se pasó nueve meses en el hospital, donde le extirparon el bazo y parte del estómago. Desde entonces, padece incontinencia urinaria crónica y no me ha vuelto a dirigir la palabra. El tío Rigoberto puso el grito en el cielo y quiso echarnos del castillo y que fuese a la cárcel. Pero el abuelo se puso firme en su silla de ruedas y dijo que el honor y el nombre de la familia estaba antes que nada. La solución pasó por mandarme a un internado especial, famoso por su disciplina. Allí, un montón de expertos dictaminaron que carecía de empatía social y me atiborraron a charlas, pastillas y talleres durante los siguientes diez años, justo hasta que cumplí la mayoría de edad y pude salir.

De las charlas y reuniones aprendí, que todo resulta mucho más fácil, si les dices lo que quieren escuchar. Cada uno de esos psiquiatras, psicólogos, pedagogos y educadores sociales tiene su propia teoría, sobre lo que encierra la mente de los demás. De lo único que se trata es de escucharles los primeros tres o cuatro días, averiguar de que pie cojean y darle las respuestas, que están deseando escuchar. Fingir que eres otro tiene sus recompensas. Al principio eran pequeñas cosas, media hora más de tele, otra tanta de paseo. Más adelante llegaron las primeras visitas a casa y sobre todo, las excursiones a la ciudad, por supuesto bajo la estricta vigilancia de uno o varios tutores. Recuerdo una en particular, porque para atajar hacía el museo de ciencias naturales, el responsable nos llevó a través de un estrecho y oscuro callejón. Un callejón que era idéntico al corredor del castillo, donde tumbado en el suelo, sobre un charco de sangre yacía el cuerpo de Iván, con su batín de seda, su careta de payaso y su rídículo cuchillo de plástico en la mano.

Natalia Carou, «O mal querer»

«O mal querer» é a narración coa que Natalia Carou obtivo o ano pasado o Premio Vilar Ponte de Novela, organizado polo Concello de Viveiro. As obras precedentes de Natalia estiveron dirixidas ao público xuvenil e, malia que sempre me resultou difuso establecer unha fronteira clara a este respecto, coido que o caso de «O mal querer» será de moito proveito para os rapaces, pero considéroa tamén moi apta para o público adulto.

A xente moza sentirase moi identificada coas personaxes que a protagonizan; Cibrán, Mario, Amanda, Kevin… son rapaces a piques de deixar atrás a adolescencia que, na maioría dos casos, deberán enfrontarse a un mundo bastante máis hostil que aquel que os rodeou ata o momento. Case todos eles proceden de familias ben asentadas dende unha perspectiva económica, mesmo poderiamos dicir que de clase moi alta. Pero por tras do luxo e o ouropel co que adobían as súas vidas agóchanse historias terriblemente duras que son o cerne do relato. Non podemos deixarnos cegar polo escintileo da vida acomodada, pois estamos diante dunha novela crúa, unha auténtica labazada de realidade, con momentos certamente terribles.

O relato comeza cun violento enfrontamento entre Cibrán e Mario, que acaba co primeiro detido e acusado de intento de asasinato e, posteriormente, internado nun Centro de Menores. Alí establecerá contacto con Iria, unha psicóloga á que lle encargan facer un informe sobre o rapaz e que, aos poucos, irá descubrindo que nada é o que parece e que os papeis de vítima e verdugo non son tan claros como todo parece indicar. Deste xeito, verémonos involucrados nunha historia moi dura na que cuestións tan actuais como o acoso escolar, o maltrato, o machismo, a violencia, as drogas e o alcoolismo, e outros elementos igual de perniciosos (e aquí engadiríamos cuestións como a desidia familiar, as ansias de poder, as apariencias, mesmo a corrupción, por nomear só algunhas), constrúen os alicerces sobre os que se asenta esta novela.

Pero nesta ambientación escura e terrible, hai unha luz de esperanza que ilumina a historia cunha forza enorme. Falamos dunha fermosa historia de amor entre dous dos seus protagonistas que, inicialmente intuída, se vai descubrindo ao longo de toda a novela. Pero falamos tamén da loita e o esforzo desenvolvidos pola psicóloga na procura do esclarecemento do caso e, sobre todo, e se sabemos ler entre liñas, da necesidade da solidariedade para que a sociedade camiñe por unha vía na que todos teñamos espazo, sen deixar atrás a ninguén.

A escrita de Natalia Carou é diáfana e clara, sen exceso de adobíos que poidan chegar a confundir, polo que a lectura resulta doada e gratificante. No desenvolvemento da trama, a autora consegue arrastrar ao lector e mergullalo nas súas páxinas apoiándose, entre outros recursos, nos apuntamentos da psicóloga para o seu informe, o que axuda a afondar na personalidade do protagonista principal e do seu entorno. En resumo: unha historia ben dosificada coa que enfrontarnos a un entorno hostil mantendo a esperanza de cambialo.

Natalia Carou

O mal querer

Baía edicións

A Praza de Ponteareas de Redondela e a súa contorna xa ten proxecto de humanización

0

O Concello de Redondela xa ten no seu poder o proxecto básico e de execución da remodelación da Praza de Ponteareas que supoñerá a transformación total dunha das principais vías de entrada á vila para convertela nun espazo pensado para o goce da cidadanía dando prioridade aos peóns e con grandes zonas axardinadas. O proxecto, redactado polo estudo de arquitectura Gándara y Pons Arquitectos, integra no conxunto o monumental Pazo de Vilavella nunha gran praza central e que definirá o Camiño de Santiago como parte importante do patrimonio histórico e cultural de Redondela.

Os traballos faranse nun total de 8 fases de execución que, sumadas, ascenden a un importe de máis de 2 millóns e medio de euros. Trátase, en suma, de converter a Praza e a súa contorna nun “espazo amable” para a cidadanía, a través dunha nova ordenación do tráfico rodado e as prazas de aparcadoiro, xerando una mobilidade máis sustentable que incida na calidade do espazo urbano e a activación social, cultural e económica, garantindo a accesibilidade universal e aumentando a seguridade de peóns, en especial escolares e peregrinos que cada ano visitan o Concello.

[su_image_carousel source=”media: 13512,13510,13509,13508,13507,13506″ crop=”5:4″ link=”lightbox” autoplay=”0″]

A primeira fase, que terá un orzamento superior aos 700.000. euros, implicará unha reforma integral que inclúe unha renovación dos servizos públicos de abastecemento, saneamento e recollida de pluviais e unha importante modificación da cota existente. Renovarase a iluminación, incluirase novo mobiliario urbano e plantaranse un gran números de árbores.

Esta reforma será unha das principais actuacións que se desenvolverán durante o mandato do actual Goberno municipal e figuraba como “actuación prioritaria” no programa electoral da alcaldesa Digna Rivas.

“É irónico que Javier Bas anunciara que xa dispoñía deste proxecto na campaña electoral de 2015, cando o certo é que é agora, cinco anos despois, cando se transforma en realidade grazas ao traballo dos funcionarios e funcionarias deste Concello e ao interese e compromiso deste Equipo de Goberno por atender as necesidades da veciñanza”, indica a Alcaldesa, Digna Rivas.

A actuación está cofinanciada pola Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) cunha taxa de cofinanciamento do 80 %, e enmarcada dentro da liña de actuación para a promoción da mobilidade, accesibilidade urbana e mellora da seguridade viaria.

Agora, explica Digna Rivas, “o proxecto deberá ser supervisado polos técnicos municipais e necesitará informe favorable de distintos organismos como Patrimonio Cultural polo que, previsiblemente, a licitación das obras terá que esperar máis tempo do desexado”.

A OMIC de Ponteareas da conta das últimas medidas adoptadas polo Estado en relación ás e os consumidores

A tenenta de alcalde Cristina Fernández, Concelleira de Consumo do Concello de Ponteareas, da que depende a Oficina Municipal de Información ao Consumidor (OMIC) do Concello de Ponteareas, traslada á veciñanza as principiais medidas que afectan aos consumidores e consumidoras.

Mediante unha comunicación da OMIC colgada na páxina web do Concello de Ponteareas e que se pode consultar nesta ligazón, infórmase das medidas que foron adoptadas polo goberno de España o pasado 18 de marzo relacionadas coas e cos consumidores en canto ao subministro de enerxía eléctrica, gas natural e auga aclarando que os subministradores non poderán suspender o subministro aos consumidores considerados vulnerables, vulnerables severos ou en risco de exclusión social.

Na súa comunicación tamén adiantan que se prorrogou ata o 15 de setembro de 2020 a vixencia do Bono Social de Electricidade e recoméndase que se realice a súa renovación na primeira metade do mes de agosto 2020.

Entre as cuestións que trasladan á veciñanza está que durante o estado de alarma ou as súas prorrogas, interrómpese o prazo para a devolución dos produtos mercados en tendas ou online.

Ademais, informan á veciñanza de que se prorroga por un ano máis a vixencia do DNI. Máis información neste enlace web.

Grande acollida dos concellos ás axudas da Deputación de Pontevedra pola crise sanitaria do COVID-19

As medidas extraordinarias impulsadas esta mesma semana pola Deputación de Pontevedra para que os concellos máis pequenos da provincia puidesen dispoñer de recursos para facer fronte ao COVID-19 están a espertar unha grande acollida ás poucas horas de ser aprobadas. Deste xeito, ata as 14.00 deste venres, xa eran 40 as solicitudes de achegas provinciais dun total de 37 concellos, tanto no marco da nova liña de axudas extraordinaria, dotada con 1,3 millóns de euros, como á das axudas básicas de emerxencia, (500.000€), das que unha vez modificadas as bases, poden recibir o 100% da contía. Ate agora o importe total das axudas solicitadas ascende aos 735.667€

No caso da Liña de Axudas Extraordinarias, a Deputación xa está a tramitar as solicitudes de 25 concellos: Agolada, Barro, Covelo, Crecente, Dozón, Fornelos, A Illa, Moaña, Mos, Nigrán, Oia, Pazos, Rodeiro, Silleda, Vilanova, Mondariz, Tui, Cambados, Moraña, Tomiño, A Guarda, Gondomar, O Grove, Salvaterra e Vila de Cruces, o que supón un importe total de 592.317 euros.

A estas peticións hai que engadir as das axudas básicas de emerxencia, que xa teñen aprobadas e polo tanto pendentes de pago un total de 15 municipios: A Cañiza, Baiona, Caldas, Cambados, Cerdedo-Cotobade, Crecente, Forcarei, A Guarda, Meis, Nigrán, O Rosal, Oia, Ponte Caldelas, Portas e Tui, por un importe total de 143.350 €. Esta mesma semana modificáronse as bases para que os concellos máis pequenos puidesen dispoñer de xeito inmediato do 100% da contía para facer fronte a demandas de alimentos, produtos de hixiene, gastos farmacéuticos ou material ortopédico en unidades familiares en situación de especial vulnerabilidade, persoas dependentes ou con diversidade funcional.

Arbo primeiro concello que solicita anticipo do Fondo ORAL

Pola súa banda o concello de Arbo, trátase do primeiro municipio en solicitar o anticipo do novo fondo de liquidez do ORAL para facer fronte ás necesidades da veciñanza xeradas por esta crise sanitaria. A solicitude de Arbo, concello gobernado polo PP, chegou este mércores (25 de marzo) e, en menos de 48 horas, o goberno provincial ten xa autorizado o anticipo excepcional de taxas e prezos públicos que lle corresponden atendendo ao recadado no 2019, un total de 174.320,72 euros.

Deste xeito, e pese a que a Deputación de Pontevedra aínda non cobrou nada do correspondente a este ano, a institución provincial está a paliar as demoras de liquidez dos concellos da provincia adiantando de xeito totalmente gratuíto e sen interese o 100% das contías recadadas polo ORAL en canto a taxas e prezos públicos no 2019, xa entregado aos concellos.

Con estas iniciativas estase a dotar de recursos aos concellos de xeito útil, próximo, áxil e respectando a autonomía municipal, dando resposta inmediata ás necesidades das vilas e pobos, para que poidan atender á cidadanía por mor desta crise sanitaria.

Os Biosbardos precisa axuda “para seguir axudando”

A crise sanitaria desatada pola pandemia do coronavirus ten outros efectos secundarios que, a meirande parte das veces, pasan desapercibidos como son os animais. A protectora Os Biosbardos de Ponteareas, asociación que funciona únicamente polo traballo, esforzo, tesón e ganas de voluntarios e voluntarias, da a voz de alarma “temos pienso para aproximadamente dúas semanas e a finais de mes, haberá que pagar factura veterinarias, comeza o calor e non temos desparasitacións externas e non temos nin podemos mercar collares para previr a leishmania”.

Unha vez máis, os máis vulnerables, volven a ser os grandes olvidados “as súas vidas non son importantes –laméntanse dende Os Biosbardos– dan igual, son só animais, animais de refuxios, animais da rúa, dobremente vítimas do abandono e a indiferencia”.

Se ben aos voluntarios e voluntarias da asociación nunca lles asustou o traballo “botarlle hora, trasnoitar, cargar, traballar moi duro para recadar diñeiro ou comida” agora, a crise do COVID-19 vén de cambiar o panorama.

“Agora temos medo, moito medo, –afirman– agora non podemos traballar, non podemos montar mercadillo os sábados, non podemos montar os postos de comida nas festas programadas para marzo e abril, non podemos facer recadación de alimentos en supermercados, non podemos realizar as visitas preadopción nin adopcións, non podemos darlle os seus finais felices a nuestr@s biosbard@s”.

Cada céntimo recadado era necesario para para pagar facturas e comprar penso e desparasitaciones “e xa non vai ser, xa non podemos e non sabemos cando poderemos, agora todo se tornou incerteza e sabemos que é difícil, moi difícil, que todas e todos estamos ao pasar mal, que os ERTE están a tocarnos moi de preto, que as e os autónomos como sempre os máis prexudicados, que non sabemos que vai pasar e o medo paralízanos, pero por favor, suplicámosvos que unha vez máis nos botedes unha man para seguir sacando adiante aos nosos máis de 487 animais”.

Moitos dos animais do refuxio dos Biosbardos son enfermos crónicos que necesitan o seu penso de dieta e a súa medicación para seguir vivindo, “innumerables colonias felinas que dependen de nosotros, axudamos a animais de persoas sen recursos con alimento e o que podemos, sempre estamos aí pero agora soas non podemos, e necesítannos máis que nunca”

Lembran que “ningunha achega é pequena, a nosa situación agora mesmo é moi moi delicada, de non conseguir algo de solvencia teremos que deixar de axudar a máis animais”.

Os Biosbardos precisa de axuda económica, alimentación, desparasitaciones, “cada persoa o que poida axudarnos será un agasallo para eles”. Se queredes colaborar, tendes toda a información nesta ligazón da páxina de Os Biosbardos.

Nigrán adianta o concurso de carteis ‘NigranJazz-Quin Albores’ para ofrecer unha alternativa ao ocio no confinamento

0

O Concello de Nigrán adianta a convocatoria do xa tradicional concurso de carteis ‘Quin Alborés’-Nigranjazz co obxectivo de ofrecer unha alternativa de ocio e creatividade neste período de confinamento. O certame, dotado con 500 euros á proposta gañadora, ten como propósito elixir a imaxe que represente a 14 edición do Nigranjazz, un festival onde música e deseño van da man. O prazo de presentación de propostas (que se poden enviar mediante correo electrónico) comeza este venres 27 de marzo e finaliza o martes o 12 de maio. As bases para participar poden consultarse na web do Concello www.nigran.es, no Facebook Concello De Nigrán ou descargarse dende esta ligazón.

“Lanzamos este concurso pensando en todos os creativos e deseñadores gráficos que están nas súas casas confinados e, en moitos casos, incluso sen traballo. Desde o Concello seguimos adiante traballando cara o Nigranjazz 2020 que, se todo vai ben, será o 24 e 25 de xullo, se fose preciso modificar as datas non implicaría ningún cambio con respecto a este certame e a imaxe elixida”, indica o alcalde, Juan González.

O concurso está aberto a persoas físicas maiores de 18 anos, podendo presentar cada unha delas un máximo de dúas obras, coa condición indispensable de ser inéditas e cunha estética relativa ao mundo do jazz.

Os orixinais realizaranse en formato vertical, en tamaño A2 (594 x 420 mm.) cunha calidade mínima de 350 ppp. Os traballos presentados deberán garantir o anonimato de acordo co previsto nas bases e poderán enviarse por correo electrónico ou por Rexistro ou Correos se as circunstancias derivadas do Covid-19 o permitisen e seguindo as indicacións facilitadas nas devanditas bases.

Este certame rende homenaxe desde o ano 2010 ao artista nigranés Quin Alborés, gran amante do jazz e quen impulsou o festival desde o seu comezo deseñando os seus tres primeiros carteis.

Areeiro retomará a vindeira semana as visitas aos cultivos da provincia pero con redución do número de fincas

A Estación Fitopatolóxica de Areeiro, dependente da Deputación de Pontevedra, está a manter a súa actividade esencial de servizo ao sector agroforestal da provincia, aínda que coas consecuentes medidas e protocolos de protección derivadas do estado de alarma decretado polo COVID-19. Así, entre ás medidas adoptadas na actividade da estación deixáronse de recoller mostras de xeito presencial, e tampouco os propios agricultores e agricultoras están acudindo ao centro, de xeito que soamente se da entrada ás mostras que chegan por paquetería.

Estas mostras, ao igual que as que xa tiña con anterioridade o centro, estanse a analizar dando prioridade a aquelas procedentes de empresas que precisan destas análises para poder continuar a súa actividade, entre elas, mostras de produtos vexetais para a venta en comercio interior ou para exportación. Aínda así, o número de mostras que se reciben baixou considerablemente, cerca dun 90%, fronte ao que se tería neste momento de inicio da actividade vexetativa das plantas. Precisamente, por este motivo e ante a demanda de técnicos e viticultores, a próxima semana retomaranse as visitas aos cultivos para a publicación dos avisos fitosanitarios, aínda que reducindo o número de fincas visitadas mentres continúe a actual situación.

A nivel interno, establecéronse quendas de traballo nos diferentes laboratorios e na finca (na EFA traballan arredor de 50 persoas), co obxectivo de cumprir as obrigas derivadas da declaración de emerxencia sanitaria a nivel de distancia entre o persoal e a desinfección continua. En cada quenda, os e as traballadoras realizan as análises das mostras e manteñen os cultivos que se teñen nos laboratorios (de plantas in vitro ou de fungos) e a cría dos insectos. A nivel técnico, continúa tamén o traballo (presencial ou en teletraballo) coa resposta a consultas telefónicas e as recibidas vía enderezo electrónico, así como coa redacción de informes, convenios ou actualización de protocolos. Igualmente, mantense o contacto telemático coas cooperativas, adegas ou asociacións nacionais e internacionais como a Sociedad Internacional de la Camelia ou a Sociedad Española de Fitopatologia.

Laboratorio de cultivo in vitro da Estación Fitolpatolóxica do Areeiro

No relativo á finca de Areeiro, o persoal segue a traballar nos sementeiros, na horta e viveiros, xa que é a época de plantación dalgúns cultivos e non se pode abandonar o mantemento dos existentes, aínda que mantendo as precaucións e normas de seguridade establecidas.

Por outra banda, a EFA tamén está a colaborar con outros Servizos ou departamentos da Deputación. Así, estase a elaborar solución hidroalcohólica e tamén se está a realizar a desinfección das zonas de acceso, aceiras, escaleiras, exteriores do Pazo Provincial e do Edificio Administrativo (dúas veces por semana) e se colabora co Parque de Maquinaria na desinfección do recinto do Centro Príncipe Felipe.

Guía 

Os técnicos da EFA elaboraron, amais, unha guía gráfica dos protocolos de limpeza, baldeo e desinfección correctos na limpeza viaria para combater a pandemia causada polo coronavirus, que se remitiu esta semana aos concellos da provincia. O documento parte do protocolo publicado polo Ministerio de Sanidade e incorpora pautas e consellos para que o persoal municipal encargado deste servizo poida realizalo coa maior eficacia e, tamén, coas axeitadas medidas de autoprotección.

Ponteareas reforza a desinfección diaria das rúas cun tractor atomizador

Desde a noite do pasado martes, o Concello de Ponteareas reforzou a desinfección diaria de rúas coa posta en servizo do tractor municipal de desbroces dotado cun atomizador para pulverización. O atomizador, unha sulfatadora de grandes dimensións con capacidade para 1.500 litros, foi facilitado desinteresadamente por adegas Martín Codax.

Deste xeito o Concello amplía con medios propios o labor de desinfección que xa estaba realizando a empresa de limpeza viaria e recollida de lixo FCC, traballos que se realizan en horario nocturno e que ao mediodía se repiten no entorno dos supermercados, farmacias, panadarías, entidades bancarias e no centro de saúde. Ademais da cisterna de lavado de rúa con mangueira está tamén en funcionamento un furgón para o pistoleado dos puntos de afluencia de persoas.

Por outra banda, o Concello está a desinfectar os centros de compostaxe comunitarios localizados na Perillana e na Feira Vella, que seguen funcionando mantendo todas as medidas necesarias de hixiene e desinfección para evitar contaxios.

O Concello aclara que a materia prima existente nos composteiros é moi porosa, húmida e de elevada temperatura e que todas estas condicións non son aptas para que sobreviva o Covid-19.

Aínda así, e co fin de evitar riscos innecesarios, cada día o mestre composteiro desinfecta o material empregado e o propio composteiro. A obriga dos usuarios é utilizar luvas para depositar os residuos e as luvas deben ser introducidas na bolsa na que se transportan os residuos para logo ser depositada no colector de lixo máis próximo.

O BNG denuncia que o alcalde de Mondariz Balneario “ignora” o estado de alarma e continúa cos procedementos selectivos

O portavoz municipal do BNG no Concello de Mondariz Balneario, César Gil, Após a declaración do estado de alarma motivada pola crise sanitaria que estamos a vivir, os concellos de todo o país están esforzándose en minimizar os riscos de propagación da enfermidade, declinándose polo teletraballo e soamente realizando traballo presencial seguindo protocolos estritos de protección e coa finalidade de garantir servizos esencias.

O portavoz municipal do BNG, Cesar Gil Bernárdez, lémbralle ao Alcalde que “o Real Decreto 463/2020 do 14 de marzo, polo que se declarou o estado de alarma, establece que todos os procesos administrativos se paralizan como consecuencia do estado de alarma sanitaria motivada pola pandemia do coronavirus, na liña de evitar situacións que aumenten a probabilidade de contaxio e protexendo a igualdade de condicións da veciñanza”.

Pola contra, o Bloque indica que “o Alcalde de Mondariz Balneario semella estar á marxe da lei, pois continúa cos procesos de selección de persoal temporal, que nin son urxentes nin son referidos a feitos xustificativos do estado de alarma”. Segundo o portavoz nacionalista, “pausar este proceso selectivo durante o estado de alarma non inflúe de xeito algún na duración nin na contía dos contratos, carecendo polo tanto de xustificación algunha a premura na súa resolución”.

O tribunal de selección reuníase o pasado día 18 de marzo, catro días despois da declaración do estado de alarma, e facía publica a listaxe resolutiva o 23 de marzo, convocando ás persoas seleccionadas o día 1 de abril para comezar coas súas tarefas laborais como peóns de construción e forestais. O BNG denuncia que “a inconsciencia do Alcalde pon en grave risco os traballadores municipais, xa que un eventual accidente laboral co estado actual de sobrecarga da sanidade pode ser fatal. Este feito, á vez de ir en contra do decreto de alarma, pon de manifesto a irresponsabilidade do goberno municipal pondo en risco a saúde pública, non só dos propios traballadores municipais senón tamén de toda a veciñanza”.

O grupo municipal do BNG esíxelle o goberno local que “paralice de modo inmediato toda a actividade non esencial do concello e tome medidas dirixidas a protexer aos empregados municipais e a poboación de Mondariz Balneario, cumprindo coas obrigas do estado de alarma e as recomendacións das autoridades sanitarias”.

A Escola Infantil de Ponteareas ofrece divertidas propostas para as familias con nenos e nenas menores de 3 anos

A concellería de Benestar Social e Igualdade do Concello de Ponteareas, que dirixe Verónica Carrera, vén de proporcionar a todas as familias ferramentas lúdico didácticas e consellos útiles para facer do tempo de quedar na casa, un tempo de calidade no que fortalecer os vínculos familiares.

Conscientes da complexidade de afrontar estes días de estado de alerta con pequenos e pequenas de 0 a 3 anos, a escola infantil municipal trasládalle as familias pautas e propostas para estes días.

Na páxina web do Concello http://ponteareas.gal/covid-19/ poderemos atopar recomendacións para establecer unha rutina diaria, algo que a dirección da escola infantil considera imprescindible. Tamén consellos como empregar as ferramentas dixitais para manter o contacto coa familia, amigos e compañeiras/os da escola e do parque.

Verónica Carrera, concelleira de Servizos Sociais

Manter a calma e aproveitar para xogar son outros dos consellos que ofrece a escola infantil municipal que ofrece, neste enlace da páxina web do Concello, propostas de xogos adaptadas a cada idade. Deste xeito, atoparemos actividades dirixidas ao grupo 0-1, outras deseñadas para o grupo 1-2 e outras para as cativas e cativos de 2 a 3 anos de idade. Para todos os grupos, a escola infantil suxire ás familias xogos manuais off line e tamén recursos on line que poden atopar tanto no enlace http://ponteareas.gal/covid-19/ como no botón da web municipal “Recursos lúdicos e educativos” http://ponteareas.gal/xiralda/uploads/2020/03/Recursos-educativos.pdf

“Quedar na casa é a nosa aportación para saír canto antes desta situación, por iso temos que convencernos que estamos no mellor lugar, xunto aos e ás nosas persoas. Fagamos deste tempo un tempo útil no que permanecer unidos e no que dedicarlle aos nosos fillos e fillas ese tempo que antes non tiñamos”, explica Verónica Carrera.

Os Servizos Sociais das Neves amplía a 12 horas diarias o seu servizo de atención telefónica

0

O Concello das Neves vén de ampliar o horario de atención telefónica do seu departamento de Servizos Sociais co obxectivo de “facilitar a atención a todas aquelas veciños e veciñas que o precisen”, cando enfrontamos a segunda semana de confinamento e logo de que estea previsto que este se alongue, cando menos, dúas semanas máis.

As persoas que o precisen poden establecen contacto chamando aos teléfonos 986 66 71 34 ou 689 98 42 10, en horario de 09:00 a 21:00 h. Tamén están abertos os enderezos electrónicos, para contacto por email, [email protected] e [email protected].

Esta medida súmase ás que está a impulsar o Goberno local ante a pandemia de coronavirus e que, entre outras iniciativas, xa en marcha, abranguen a entrega de mascarillas a todas as traballadoras e traballadores dos establecementos abertos nas Neves; a  subministración de alimentos e medicinas o seguimento de veciños e veciñas maiores que viven soas, ademais de todas as que están a ser atendidas polos Servizos Sociais do Concello e as usuarias do Centro de Día, ou  a información “a diario” sobre a necesidades, situación e funcionamento do Centro de Saúde.

A Deputación habilita a liña 2 do Plan Concellos para facilitar novos recursos na loita contra o virus

A Deputación de Pontevedra vén de remitir unha carta aos 59 concellos da provincia beneficiarios do Plan Concellos para informalos da habilitación da liña 2 do Plan 2020, dedicada a amortizacións, gasto corrente e actividades, para facilitar o destino dos seus recursos á loita contra o coronavirus. Deste xeito, a institución provincial pon a disposición dos municipios ata máis de tres millóns de euros para que os concellos teñan a posibilidade de dispoñer de maior liquidez a fin de dar resposta ás necesidades da súa veciñanza nesta situación de crise sanitaria.

En total, ata o de agora, os concellos tiñan xa solicitado recursos da liña 2 por valor de 1,3 millóns de euros, quedando pendentes de resolución outros 1,7 millóns. Con esta nova medida da Deputación de Pontevedra, aos concellos que xa teñan algunha subvención concedida ao abeiro desta liña 2 facilítaselles presentar a súa desistencia total ou parcial á mesma ou modificala para destinar os recursos ao que estimen máis prioritario ou urxente no contexto actual. Ademais, os concellos que presentaron solicitude pero aínda non a tiñan resolta por mor desta situación poderán tamén presentar a súa desistencia ou modificación.

Mediante esta medida, a Deputación de Pontevedra pretende flexibilizar aínda máis os recursos postos a disposición dos concellos da provincia, como xa se fixo con outros programas provinciais como as axudas de emerxencia, o Plan do Servizos Comunitarios, a liña de axudas extraordinarias ou os anticipos do Fondo de Liquidez do ORAL.

A Guarda invita á veciñanza a “sacar o investigador que levamos dentro”

0

O Concello de A Guarda, en estreita colaboración coa Deputación de Pontevedra, vén desenvolvendo durante os últimos anos un intenso traballo –un “traballo silencioso” o cualifican dende o Goberno local– en favor da conservación e posta en valor do patrimonio material e inmaterial do municipio. O confinamento obrigado pola crise do COVID-19 é un bo momento para compartir os resultados cos veciños e veciñas e axudar a facer máis doada a situación.

[su_image_carousel source=”media: 13445,13444,13442,13441″ crop=”5:4″ link=”lightbox” autoplay=”0″]

Presenta o Concello guardés, polo tanto, o portal ATOPO, un portal de descubrimento de recursos de información a partir das coleccións e fondos documentais, bibliográficos, cartográficos e audiovisuais do Museo de Pontevedra, do Servizo de Patrimonio Documental e Bibliográfico da Deputación, dos arquivos municipais e doutras institucións, públicas ou privadas, da provincia de Pontevedra.

Así que, a través dese portal ao que se pode acceder a través deste link, cada veciña e veciño da Guarda pode sacar á luz ese investigador ou investigadora que case todos levamos dentro, e merguarse na historia do municipio. O bo, é que Atopo é un proxecto vivo, en construción, que día tras día incorpora novos rexistros e que neste momento conta con 707.185, con documentación que se pode consultar e, en moitos casos descargar en formato PDF.

Veciñas e veciños poderán consultar, por exemplo, un interesantísimo Expediente de creación da parroquia de Santa Isabel de Camposancos, do ano 1798; ou o Expediente de Real cédula de Carlos II que concedeu a este Municipio privilexios sobre os tributos reais”, de 1669. As imaxes tamén teñen o seu espazo e así a veciñanza poderá aoptar fotografías antigas da Guarda que datan de 1870 en adiante e que foron cedidas por particulares, aos que o Concello guardés dalles as grazas unha vez máis pola súa colaboración. Así que, neste tempo de “parón” obrigado, o mellor é coller asento e rebuscar en preto de 1.500 fotografías relacionadas coa Guarda.

Lembra que neste metabuscador ATOPO, non so aparecen documentos referidos ao concello de A Guarda (s. XVII-actualidade). As persoas que teñan calquera dúbida ou precisen máis información, poden escribir ao enderezo de correo electrónico [email protected]

A Biblioteca de Tui prorroga os empréstitos de libros ata o fin do estado de alarma

0

Ante o peche da Biblioteca Municipal de Tui, como medida de actuación ante a situación actual de contención da propagación dos contaxios por coronavirus, a concellería de Cultura, que dirixe Sonsoles Vicente Solla, vén de informar dunha prórroga dos empréstito bibliotecarios. Todos os empréstito que tiñan a data de vencemento a partir do 13 de marzo quedan prorrogados ata o 30 deste mes. No caso de que a situación se alongue, procederase a adiar novamente a data de devolución. Durante este período o persoal de biblioteca atenderá as consultas dos usuarios a través do correo electrónico: [email protected]

Por outra banda, a Biblioteca Municipal de Tui lembra que as persoas dadas de alta na Biblioteca Municipal de Tui e por tanto na Rede de Bibliotecas de Galicia teñen acceso aos fondos dixitais a través da plataforma GaliciaLe. En caso de non ter credenciais dende esa mesma páxina se indica o proceso a realizar. Para calquera dúbida pode poñerse en contacto coa Biblioteca Municipal de Tui a través do correo electrónico.

Se o interesado non é socio da Bublioteca Municipal tudense poderá autorrexistrarse co formulario do OPAC de Koha nesta ligazón.

Daráselle un prazo dun mes desde a fin da corentena para que se achegue á biblioteca para obter o carné. Estes lectores terán a categoría “Autorrexistro” e poderán acceder a GaliciaLe. Unha vez rematada a corentena, se o usuario se dirixe á biblioteca para que se lle faga o carné, asignaráselle a categoría que lle corresponda. Se non fai o carné nese prazo, o rexistro eliminarase automaticamente de Koha e o lector deixará de ter acceso a GaliciaLe.

GaliciaLe é a plataforma de préstamo de libros, revistas, audiolibros e películas en formato electrónico das bibliotecas públicas galegas que ten por obxectivo facilitar o acceso de toda a cidadanía á cultura. GaliciaLe proporciona un servizo de préstamo temporal de obras en formato dixital de temáticas diversas no que os intereses de todas as persoas lectoras terán o seu espazo (ficción, informática, historia, ocio etc.) e todas as idades o seu lugar.

En GaliciaLe o lector atopará dous catálogos: un que contén o ‘Catálogo galego’ e outro que aloxa o ‘Catálogo en castelán’. As obras incluídas nestas dúas contornas poderán lerse e visionarse en dispositivos compatibles: tabletas, teléfonos móbiles e ordenadores persoais. No caso dos libros, poderá facelo, ademais, desde un lector de libro electrónico.

A Deputación garante a “xestión segura” dos centros de compostaxe comunitaria durante a crise do COVID-19

Os centros de compostaxe comunitaria (CCC) en uso na provincia ao abeiro do Revitaliza considéranse como “xestión segura” debendo sempre manter as precaucións de uso. Así o indica hoxe a Deputación de Pontevedra nun documento no que se facilitan á cidadanía indicacións de como tratar o lixo nos domicilios durante a crise sanitaria do COVID-19.

O departamento que xestiona o Revitaliza, así mesmo, vén de colocar en todos os centros de compostaxe comunitaria as recomendacións para evitar posibles contaminacións cruzadas xa que o sistema da compostaxe, por si mesmo, ten máis garantías que os sistemas tradicionais. Dende o punto de vista técnico, o asesor Carlos Pérez explica que os virus non soportan temperaturas maiores de 42º – morren nesas condicións- e no caso dos centros de compostaxe alcánzanse temperaturas maiores a 55º sostidas no tempo.

As recomendacións para o uso dos CCC para evitar as contaminacións cruzadas encáixanse nas xenéricas á hora de interactuar nos espazos públicos e son: gardar dous metros de distancia co resto das persoas; o uso de luvas dun só uso e lavar periódicamente as mans; non tocar nariz, boca e ollos, e en xeral extremar a hixiene.

Como xa se anunciou coa declaración do estado de alarma, a Deputación de Pontevedra está a manter en normal funcionamento os centros de compostaxe comunitaria directamente dependentes do Plan Revitaliza xa que supoñen un servizo básico e esencial aínda que particular e diferenciado con respecto a outras localidades. Co fin de garantir a súa correcta actividade estes CCC estanse a vixiar e xestionar de maneira diaria por parte das mestras e mestres composteiros e do persoal técnico responsable de cada zona.

En total, están atendidos pola Deputación 80 CCC pertencentes aos concellos de Lalín (1), Cerdedo-Cotobade (1), Vilagarcía (2), Portas (1), Campo Lameiro (1), Barro (1), Ribadumia (2), Caldas (4), O Grove (10), Sanxenxo (1), Redondela (1), Vilaboa (10), Cangas (3), Bueu (2), Ponteareas (2), Mondariz (13), Mondariz Balneario (7), As Neves (5), Gondomar (2), O Porriño (1), Salceda de Caselas (5), Oia (2) e Tui (3).

Para o caso de concellos con CCC non dependentes da Deputación a institución provincial ten aconsellado que se manteñan abertos e atendidos para seguir garantindo o servizo á poboación aínda que sexa con servizos mínimos.

No caso dos composteiros individuais instalados dentro da propiedade particular das persoas usuarias, o Revitaliza está a realizar o seguimento vía telefónica e a realizar as actividades presenciais imprescindibles. Nestos casos, segundo explican os especialistas, as recomendacións son seguir os criterios habituais sempre que non se detecten casos positivos polo Covid.

En relación co manexo domiciliario de residuos de persoas afectadas por Covid-19, dende a Deputación ínstase a seguir as directrices ao respecto contidas nos puntos 1 e 2 do ANEXO da Orde SND/271/2020, baseadas nunha anterior instrucción editada polo MITECO días atrás. Estas explican que os residuos de persoas enfermas débense recoller de maneira xunta, sen separación para a reciclaxe, nunha bolsa plástica que despois deberá ser introducida nunha segunda bolsa pola persoa coidadora con luvas e máscara. Posteriormente ese material debe ser introducido nunha terceira bolsa co resto do lixo xeral do domicilio e depositada finalmente no colector da fracción resto.

A Xunta remite ao Concello de Redondela o convenio para a humanización da Avenida Mendiño

0

O Concello de Redondela vén de recibir, para a súa posterior sinatura, o convenio de colaboración para o proxecto de “Mellora da Seguridade viaria e reaordenación da PO-363. Treito Redondela–Praia de Cesantes” cuxa execución corresponde a Axencia Galega de Infraestruturas e que suporá unha transformación total desta céntrica zona.

O proxecto inclúe a renovación dos servizos públicos de abastecemento, saneamento e pluviais, nova pavimentación e ampliación de beirarrúas, reorganización de accesos aos aparcadoiros e nova iluminación, amais da instalación de semáforos e unha nova glorieta na intersección coa Avenida Ernestina Otero que favorecerá a circulación de vehículos e mellorará a seguridade viaria de viandantes.

O documento, con data de entrada no Rexistro Xeral do Concello, de 23 de marzo de 2020, deixa ao descuberto “as manobras electoralistas do exalcalde Javier Bas” que hai máis de un ano “anunciara a ‘bombo e platillo’ as inminentes obras da Avenida Mendiño, xunto a unha infografía (hoxe desaparecida) das obras”, explica a alcaldesa Digna Rivas.

Queda asi mesmo demostrada, sinala a rexedora local, “a falta de lealdade do grupo municipal do PP que acusou a este Goberno de non querer asinar un convenio que, segundo os populares, a Xunta xa tiña enviado”. Agora e como case sempre, apunta Rivas, “o tempo pon a cada quen no seu lugar e a chegada do convenio este luns, demostra a realidade da situación: que non había proxecto, que non había convenio e que o Goberno local actuou, como o fai sempre, con honestidade e transparencia”.

O Equipo de Goberno subliña o feito de que este proxecto chega ao Concello de Redondela xustamente agora “pola insistencia de este grupo que Goberno, que requiriu ata en 4 ocasións á Consellería que tramitara o correspondente expediente”. No último escrito, de data 13 de marzo, a Alcaldesa deu un “ultimatum”, no que indicaba “que ou enviaban o proxecto ou se tomarían as medidas oportunas para esixir responsabilidades”.

Digna Rivas que non entra a valorar a campaña de descalificacións de que foi obxecto nas redes sociais, nas que participou a propia conselleira de Infraestruturas que acusaba a alcaldesa de mentir, pero si lamenta “a falta de respecto institucional que a Xunta de Galicia ten con Redondela” e prácticas coma esta, engade a rexedora local, “amosan a cara máis deplorable da política, actitudes caciquís de políticos autonómicos que están a filtrar información aos seus compañeiros de partido, información que corresponde coñecer a este Goberno de primeira man e non mediante prensa ou perfiles de facebook”

Agora, o borrador do Convenio que xa está en mans dos técnicos municipais e deberá ser informado polos servizos xurídicos e económicos que deberán xustificar á Xunta de Galicia a existencia de crédito para facer fronte a este cofinanciamento. O proxecto redactado pola Axencia Galega de Infraestruturas prevé un investimento de 1.594.713,10 euros e o Concello deberá colaborar cunha achega de 433.000 euros en dous anos.

O Goberno local espera que o procedemento axilícese e estas obras “póidanse iniciar o antes posible”. En todo caso, o Concello de Redondela “descoñece o estado de tramitación do proxecto que entendemos necesitará distintas autorizacións sectoriais” pero esperan que a licitación das obras realícese este ano, “ao tratarse dunha obra de máxima necesidade”.

Cómpre lembrar que esta avenida é unha zona de moito tránsito, tanto peonil como de vehículos, ao atoparse nas inmediacións centros escolares, deportivos e o Centro de saúde.

A Guarda intensifica a desinfección de limpeza de espazos públicos

0

O Concello da Guarda iniciou a pasada fin de semana unha serie de desinfeccións e limpezas extraordinarias de diferentes espazos públicos e municipais para conter e previr novos contaxios polo coronavirus COVID-19. Neste senso o pasado sábado procedeuse ás limpezas e desinfeccións completas da Praza de Abastos Municipal, das instalacións da Policía Local, do GES, de Servizos Sociais, as instalacións do vello edificio do Concello, do Novo e dos vehículos municipais. Estes espazos serán desinfectados de xeito semanal, ao igual que os vehículos da Policía Local, do GES e os de vías e obras.

[su_image_carousel source=”media: 13417,13411,13415,13412″ crop=”5:4″ link=”lightbox” autoplay=”0″]

Dende a pasada madrugada unha brigada mixta, na que participan traballadores municipais, membros do GES e da Comunidade de Montes da Guarda, encárganse de desinfectar e limpar os espazos públicos exteriores de maior afluencia e os seus arredores, coma por exemplo, o Centro de Saúde, entorno de supermercados e áreas comerciais, estancos e farmacias, Praza de Abastos, así coma os contedores da recollida selectiva do lixo, entre outros.

Estas accións de desinfección e limpeza recomendada, en lugares onde a afluencia de público e a posibilidade de contaxio son elevadas, seguen un protocolo establecido con produtos virucidas autorizados de nivel TP2(Desinfección de superficies e área, uso ambiental).

Preténdese, con desinfeccións que se repetirán de xeito diario e fumigacións semanais, unha acción preventiva para eliminar a posibilidade de contaxio en espazos públicos con importante afluencia de persoas.