14.6 C
Pontevedra
Xoves, 25 de Abril de 2024
Máis
    HomeO CondadoPonteareasA Biblioteca de Ponteareas celebra mañá o Día do Libro Infantil da...

    A Biblioteca de Ponteareas celebra mañá o Día do Libro Infantil da mán de Isabel Blanco e Luz Beloso

    A Concellería de Cultura e a Concellería de Lingua, dirixidas ámbalas dúas por Fernando Groba, convida a todas as familias a desfrutar do día do libro infantil da man da biblioteca pública municipal. A través do facebook de Cultura e Turismo Ponteareas veñen propondo, nestes días de quedar na casa, distintas actividades lúdicas e educativas que mañá, día do libro infantil, se centrarán nos máis miúdos e miúdas dos fogares.

    A escritora e poetisa Isabel Blanco en colaboración coa ilustradora Luz Beloso visitará mañá as redes sociais de Cultura e Turismo Ponteareas para descubrir un fragmento do libro ‘María Vinyals’.

    Nas redes sociais de Cultura e Turismo Ponteareas realizánse a diario propostas de películas, documentais e actividades para toda a familia. Nestes días destaca a achega da veciña Laura Fernández que xa nos achegou o libro da escritora ponteareá Susana Lamela ‘Do dereito e do revés’ e tamén o libro titulado ‘Un becho moi estraño’.

    Ademais, o curso de escrita creativa, impartido por María Lado, segue a desenvolverse por whatsap con gran aceptación dos inscritos que durante dúas horas escriben e se divirten guiados polas propostas da profesora.

    A biblioteca pública municipal segue atendendo as dúbidas dos seus usuarios a través do teléfono 986 660 765 ou do enderezo electrónico bibliotecamuseo@ponteareas.es

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.