17.5 C
Pontevedra
Martes, 16 de Abril de 2024
Máis
    HomeUltimas Noticias'Batalla de debuxantes: Improvisdado', estimular a creatividade no confinamento

    ‘Batalla de debuxantes: Improvisdado’, estimular a creatividade no confinamento

    O Concello do Porriño ven de lanzar a convocatoria do concurso ‘Batalla de Debuxantes: ImprovisDado’, unha iniciativa dirixida a debuxantes con idades comprendidas entre os 12 e os 45 anos, de nacionalidade española ou extranxeira que terán que desenvolver, de xeito profesional ou aficionado, algunha das seguintes disciplinas artísitas vencelladas coa pintura: ilustración, graffiti, tatuaxe, banda deseñada ou outras técnicas de debuxo de man alzada.

    A convocatoria lanzase dende a Concellería de Cultura e a través da Oficina Municipal de Información á Xuventude (OMIX) como un estímulo para os creativos, para que poidan traballar dende as súas casas pese ao actual confinamento polas medidas do estado de alarma. Dado que poden facer os seus debuxos na casa e ser envíados por vía telemática, dentro de prazo establecido con propósito de chegar a competir na fase final.

    Neste senso indicar que a inscrición é de balde. Os debuxos deberán presentarse por vía electrónica en formato JPG ou PDF cunha resolución igual ou superior a 1.200 px por 1.200 px. Deberán envíarse escaneados ao correo info@vellaescola.com indicando como asunto: InscriciónConcurso ImprovisDado.

    O prazo de envío dos debuxos comezará o 1 de maio e estará aberto ata o 30 de xuño.

    De entre todos os debuxos presentados serán seleccionados os artistas que concurrirán á final que sí será presencial, que está prevista pata celebrarse o 19 de setembro. Terá unhas regras específicas e unha dotación económica en premios que se detallan nas bases da convocatoria que podese consultar na web do Concello e na web do departamento de Cultura.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.