9.9 C
Pontevedra
Venres, 26 de Abril de 2024
Máis
    HomeVal MiñorNigrán'Paciencia, cariño e calma', as nenas e nenos de Nigrán poñen cara...

    ‘Paciencia, cariño e calma’, as nenas e nenos de Nigrán poñen cara á solidariedade é a responsabilidade

    O Goberno local insta ás crianzas a debuxar un corazón co lema ‘Paciencia, Cariño e Calma’ e a pegalo nas xanelas ou nas redes sociais baixo o hashtag #NigranQuedaNaCasa

    O Concello de Nigrán lanza unha campaña propia baixo o lema ‘Paciencia, Cariño e Calma’ para volver a facer visibles aos nenos e nenas nas rúas do municipio. O goberno local insta ás crianzas a debuxar un corazón baixo este lema e a pegalo nas súas xanelas ou balcóns e nas redes sociais co hashtag #NigranQuedaNaCasa. O modelo de ilustración está dispoñible na web municipal e no facebook oficial Concello De Nigrán (para todo aquel que prefira simplemente imprimilo).

    O Concello de Nigrán conta con 2.675 menores de idade e, deles, 2.186 teñen menos de 14 anos ou 14, colectivo infantil ao que se dirixe especialmente esta campaña que pon o punto de atención na infancia. “Os nenos e nenas desapareceron por completo das rúas hai xa dúas semanas, non saen a comprar, traballar, ou pasear ao can, son os máis castigados do confinamento e o mellor exemplo para os adultos, por iso queremos que sexan visibles mediante estes debuxos dun corazón que nos subliñan o importante nesta situación: paciencia, cariño e calma”, sinala o alcalde, Juan González, quen fai un especial chamamento ao respecto daqueles menores que teñen dereito a realizar saídas terapéuticas, “non pre-xulguemos nada desde o balcón e sexamos os adultos un exemplo positivo para todos os nenos, os que saen, e os que deben quedar na casa. Non engadamos malestar e discriminación aos colectivos que, precisamente, peor o pasan confinados”

    “Non é o mesmo para un neno estar pechado nun piso que nunha casa con xardín onde xogar. Esta é unha campaña para eles porque son o mellor exemplo nestes intres para os adultos, pero vai especialmente dirixida a aqueles que viven en pisos, para que os vexamos desde a rúa ou de balcón a balcón, nos motivemos entre todos e os tomemos a eles como exemplo para quedar na casa”, indica o rexedor, quen anuncia que nesta semana acompañará a campaña de material de entretemento elaborado especialmente para eles.

    O Concello de Nigrán xa elaborara cartelería específica baixo o lema ‘Paciencia, Cariño e Calma’ para difundir toda a información de interese municipal nestes intres de estado de alarma. “É un lema que nos define como Concello e que queremos estender a toda a poboación”, conclúe González.

    O Concello propón ás familias dos cativos de aniversario durante o confinamento que escriban a comunicacion@nigran.org para animar nas redes sociais a que os veciños lles canten xuntos o ‘cumpreanos feliz’ ás 18:00 horas

    Aniversarios

    Paralelamente, o Concello de Nigrán propón ás familias de menores que estean de aniversario nestas datas de confinamento que escriban a comunicacion@nigrán.org indicando o día exacto, nome, idade e edificio ou rúa onde viven. O obxectivo é avisar publicamente a través do Facebook do Concello De Nigrán para que a veciñanza máis próxima saia ao balcón ás 18:00 horas para cantarlle ao neno/a en cuestión o ‘Cumpreanos feliz’. “Podemos facer entre todos que ese día si teña algo de especial que sempre recordarán”, incide o alcalde, quen invita aos veciños a enviar ao mesmo mail vídeos do resultado desta iniciativa.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.