8.6 C
Pontevedra
Sábado, 27 de Abril de 2024
Máis
    HomeÉ NoticiaA Xunta estuda cos touroperadores galegos as medidas para reactivar o sector...

    A Xunta estuda cos touroperadores galegos as medidas para reactivar o sector e minimizar o impacto do COVID-19

    O conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, que mantivo un encontro por videoconferencia con representantes das principais empresas deste ámbito, recompilou as súas achegas para deseñar futuras acción de promoción

    O conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, perfilou cos representantes dos principais touroperadores galegos as medidas que a Xunta impulsará para favorecer a recuperación do sector e minimizar o impacto que terá nel a crise sanitaria provocada polo coronavirus. O encontro enmárcase da rolda de contactos que o Goberno galego mantén cos distintos axentes turísticos para avaliar o actual escenario e deseñar accións para facer fronte aos seus efectos.

    Durante un encontro por videoconferencia con responsables das empresas Abramar, CN Travel, Interrías e Tee Travel, e na que tamén estivo presente o presidente do Clúster Turismo de Galicia, Cesáreo Pardal; o responsable de Cultura e Turismo destacou que o Goberno galego ten en planificación un investimento de máis de 25 millóns de euros para, entre outras medidas, deseñar accións de promoción unha vez remate a crise, conceder axudas directas ao sector ou o desenvolver novos produtos turísticos.

    Precisamente, Román Rodríguez recompilou as achegas dos principais touroperadores galegos co obxectivo coñecer as súas necesidades e telas en conta á hora de poñer en marcha as distintas iniciativas que se porán en marcha para favorecer a recuperación do sector. Neste sentido, incidiu na necesidade de manter unha intensa colaboración público-privada para traballar de xeito conxunto no día despois da crise sanitaria, impulsando medidas de reactivación no curto, medio e longo prazo.

    O conselleiro lembrou que, desde o comezo da crise, a Xunta estivo en contacto permanente cos distintos representantes do sector turístico coa finalidade de avaliar as súas necesidades máis urxentes e perfilar medidas que permitan paliar o impacto desta situación, tendo en conta que o turismo representa en Galicia o 10% dos postos de traballo.

    Primeiras accións en marcha

    Entre as iniciativas postas en marcha por parte do Goberno galego no eido turístico destaca o Plan de teleformación a través do Centro Superior de Hostelería de Galicia (CSHG) que aspira a chegar a máis de 2.000 persoas. Esta acción ten como obxectivo mellorar as competencias os profesionais do sector a través dunha decena de relatorios interactivos sobre aspectos como a xestión dixital, a comunicación e o marketing en liña.

    Os dous primeiros cursos celebrados xa esgotaron as súas prazas e este mes están programados outros oito que permitirán proporcionar aos participantes ferramentas prácticas de xestión para dirixir un establecemento de restauración incrementando a calidade dos servizos prestados a turistas e cidadáns.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.