8.7 C
Pontevedra
Martes, 23 de Abril de 2024
Máis
    HomeVal MiñorNigránNigrán suspende os prazos de pagamento que constan no calendario fiscal mentres...

    Nigrán suspende os prazos de pagamento que constan no calendario fiscal mentres dure o estado de alarma

    O Concello de Nigrán, dadas as circunstancias excepcionais derivadas da crise sanitaria do Covid-19, deixa sen efecto e suspende os prazos de pago que constan no actual calendario fiscal municipal (dictarase unha nova resolución para levantar estas medidas cando as circunstancias regresen á normalidade). O obxectivo desta medida excepcional é minimizar o impacto fiscal sobre os cidadáns como consecuencia da declaración do estado de alarma.

    Os tributos afectados por esta resolución de alcaldía son todos os xestionados desde o Concello directamente: Imposto sobre Vehículos de Tracción Mecánica, Taxa pola Entrada de Vehículos a través de Beirarrúas e Taxa pola recollida do Lixo.

    Aqualia

    Pola súa banda, a concesionaria Aqualia establecerá o período voluntario de pago dos recibos do 1º Trimestre unha vez rematado o estado de alarma decretado polo Goberno de España, e terá a duración fixada na publicación do boletín. Os recibos do 1º trimestre domiciliados cargaranse en conta o 11/05/2020. Por outra banda, Aqualia suspende todos os cortes de subministración, teñan ou non a condición de “vulnerables”.

    Durante esta crise sanitaria Aqualia lembra que calquera consulta pódese realizar a través dos teléfonos gratuítos de atención ao cliente (Atención ao cliente: 900 81 33 57 e Avarías: 900 81 30 47), oficina virtual, a APP móbil e no correo da oficina de atención ao cliente de Nigrán nigran@aqualia.fcc.es

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.