13.1 C
Pontevedra
Xoves, 2 de Maio de 2024
Máis
    HomeÉ NoticiaCOGAMI mantén contacto continuo coas persoas usuarias dos centros de recursos que...

    COGAMI mantén contacto continuo coas persoas usuarias dos centros de recursos que ten en toda Galicia

    Tralo peche forzoso dos centros de recursos pola alarma sanitaria do Coronavirus, dende a Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (COGAMI) mantense o contacto vía telefónica e Whatsapp coas persoas usuarias. Se ben esta situación non permite o contacto presencial a Confederación está a disposición das persoas con discapacidade tanto a través do teléfono 981 574 698 como a través do mail correo@cogami.gal.

    As 45 persoas usuarias do centro de recursos que COGAMI ten en Mos están agora nas súas casas, pero isto non significa que estean inactivas. Todas as persoas usuarias de Mos son contactadas a diario polo persoal do centro, para coñecer como están pasando esta situación excepcional, cales son as necesidades que teñen e, en caso de telas, dende COGAMI estase en contacto directo cos servizos sociais dos concellos para poder dar resposta a estas necesidades.

    Estanse facendo, polo tanto, seguimentos a persoas que viven soas e que precisan apoio nos domicilios, e dende a Organización queren agradecer especialmente o apoio que están a recibir dende Protección Civil, organismo que colabora estreitamente a favor das persoas usuarias de COGAMI.

    Tamén os profesionais do centro traballan nun plan de actividades para que as persoas do centro poidan, dende as súas casas, continuar coas tarefas que a diario realizan no centro e poder levar unha mellor estadía de encerro nos seus domicilios.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.