18.5 C
Pontevedra
Venres, 19 de Abril de 2024
Máis
    HomeComarcasRedondelaO BNG de Redondela demanda da Xunta medidas en defensa das mariscadoras

    O BNG de Redondela demanda da Xunta medidas en defensa das mariscadoras

    “O sector está vivindo unha situación de precariedade económica, ao verse obrigados a manter a actividade. O novo decreto do Goberno central, ao que se suma a inacción do galego, deixan tiradas ás mariscadoras”, afirman dende a fronte nacionalista.

    O BNG de Redondela súmase as advertencias das confrarías da Enseada San Simón, como as de Cesantes e Arcade, sobre a grave crise económica que está a sufrir o sector marisqueiro. “Obrigan a que as mariscadoras e mariscadores manteñan a súa actividade, cando non teñen a quen vender, posto que o seu principal cliente, a restauración pechou”, sinala o responsábel local de Redondela, Anxo Lusquiños.

    Moitas destas traballadoras deixaron de acudir aos areais, posto que non lles é rendíbel económicamente, e outras por responsabilidade posto que teñen medo de contaxiarse e contaxiar aos seus. “O sector atópase abandoado polas administracións”, denunica Anxo Lusquiños. “Dun lado, o Goberno de Sánchez, manteno como un sector prioritario. Pola súa banda o goberno de Feijóo, evita calquera formulación xurídica que permita o peche da actividade”.

    Consideran dende o BNG que só en Redondela estas medidas afectan a 200 traballadoras e traballadores, ás que habería que sumar outras 150 en Arcade e 100 en Vilaboa. En toda a Ría, poderíase chegar ata 700 afectadas e afectados”,

    Demandan dende o Bloque Nacionalista Galego, que a Consellaría do Mar, poña todos os recursos necesarios para que o colectivo de mariscadoras e mariscadores, dispoñan de axudas de carácter extraordinario, decretando o peche da actividade marisqueira.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.