Co obxectivo de contribuir na protección e coidado do medio ambiente, a concelleira Rosa Covelo anima a toda a veciñanza a participar na XIII Limpeza simultánea do río “Móllate polos ríos” que terá lugar este domingo 27 de ás 09:30 horas na praia da Freixa.
Coordinada en Ponteareas pola plataforma Defendendo o Tea en colaboración coa Organizada en colaboración conn Adega e o Proxecto Ríos está aberta a toda a cidadanía e non fai falta inscribirse, tan só levar luvas, botas de auga e impermeable.
Os e as interesadas en obter maior información poden chamar ao número de teléfono 696 65 50 89.
A concelleira de Medio Ambiente, Rosa Covelo, insiste na importancia de implicar a toda a cidadanía para que sintan o patrimonio natural como un ben seu. Móllate polos Ríos comezará a xornada na praia da Freixa.
O Proxecto Ríos é un programa de Educación e Voluntariado Ambiental que ten a finalidade de dar a coñecer o importante papel dos cursos fluviais, amosar as súas problemáticas así como fomentar iniciativas que permitan á cidadanía o mantemento e a mellora dos ríos proporcionando as ferramentas que garantan a súa participación.
A XIII Limpeza Simultánea “Móllate polos ríos” celébrase este ano en 49 concellos de toda Galiza, e participarán máis de 58 entidades (asociacións, concellos, colectivos ecoloxistas, delegacións de ADEGA, centros de ensino…). Algúns destes grupos xa participaron nas limpezas de anos pasados e outros son grupos participantes no Proxecto Ríos. Tamén hai novas entidades que se sumaron por primeira vez a esta duodécima edición. A limpeza será o 27 de setembro e mobilizará a numerosos voluntarios e voluntarias que se desprazarán aos ríos destes 49 concellos para deixalos libres de lixo, nunha xornada de voluntariado ambiental e concienciación social.
Os/as voluntarios/as serán agasallados cunhas máscaras co lema da limpeza. Actualizouse a páxina web para a limpeza http://proxectorios.org/limpeza/ onde se especifica que é a limpeza, onde se celebrará, os contactos dos/das coordenadores/as, e as entidades participantes e colaboradoras.
Respectaranse tamén as indicacións pertinentes en relación á situación de pandemia provocada pola Covid-19 dependendo da situación sanitaria de cada zona. Dende o Proxecto Ríos recoméndase que os grupos sexan de 10 persoas como máximo e se respecte sempre que sexa posible unha distancia de 1,5 m. O uso de máscara será de obrigatorio para todas as persoas participantes. Cada persoa voluntaria deberá levar as súas propias luvas
Ponteareas móllase polo río, participa na XIII Limpeza simultánea
A Eurocidade Cerveira-Tomiño planta a ‘Arbore da Amizade’ no parque de lecer do Castelinho
Con motivo da Semana Europea da Cooperación, os alcaldes da Eurocidade Cerveira-Tomiño, Sandra González e Fernando Nogueira, participaron onte venres nun acto simbólico de plantación da ‘Árbore da Amizade’ no Parque de Lazer de Castelinho. O dito asegura que a amizade é como unha planta, porque o seu fortalecemento require un coidado e atención permanentes.

E esa é a mensaxe que os concellos de Vila Nova de Cerveira e Tomiño pretenden difundir e compartir, que a cooperación transfronteiriza, que aínda que é algo natural cómpre potenciala e dinamizala para constituírse como un factor de impacto positivo no benestar de ambas as dúas poboacións.
A árbore seleccionada foi un carballo, elixido polas súas características de adaptación ao terreo e ás condicións meteorolóxicas, que medrará no pano de fondo o río Minho e o Espazo Fortaleza de Goián.
O alcalde de Fernando Nogueira, subliñou que este acto é “o arraigamento dun símbolo da Amizade Cerveira-Tomiño que, baseándose nesta cooperación potenciada por Europa, permite fortalecer os lazos de amizade que hai ancestralmente entre dous pobos veciños, que hoxe son moi fortes e que queremos que sexan cada vez máis indestrutibles”. Á súa vez, a alcaldesa de Tomiño, Sandra González, engadiu que “as árbores, que significan natureza, contribúen á posta en valor deste medio natural obxecto da cooperación transfronteiriza que existe entre Cerveira e Tomiño e que tamén se axusta á axenda europea no ámbito da protección, preservación e posta en valor do patrimonio natural”.

O Día Europeo da Cooperación celébrase anualmente na semana do 25 de setembro con múltiples accións levadas a cabo en diferentes rexións europeas co obxectivo de resaltar o potencial e a riqueza cultural presentes nos diferentes países que forman parte da Unión Europea.
Adxudicación das obras do Parque Infantil de Barcela e a colocación de mobiliario no Casco Urbano
O Concello de Arbo, detectou a necesidade de mobiliario urbano para mellora do servizo o cidada e a calidade do mesmo, asi como unha nova balaustrada no Punto de Atención a Infancia (PAI) para a mellora da seguridade e das prestacións aos usuarios do parque infantil e colocación de xardineiras para ubicar no Casco Urbano para delimitar as zonas peatonais.
Ante esta necesidade de contratar o proxecto “Subministro de Material para colocar en distintos puntos do Concello en Parque PAI Barcela e zonas Públicas Casco Urbano”, o Concello de Arbo solicitou subvención que foi concedida pola Deputación Provincial de Pontevedra con cargo ao Plan Concellos – Plan de obras e Servizos (Plan Concellos) 2020, dentro da Liña 1 – Subministración.
Coa execución das actuacións contempladas no presente proxecto preténdese acadar un múltiple obxectivo mellorar o servizo o cidada e a calidade do mesmo e mellorar a seguridade no parque infantil e buscase manter a imaxen e a conservación do patrimonio municipal e dotar de servizo adecuados as intalacións existentes, no caso do Parque Infantil dotase de balaustrada polo perigo que supon para os nenos e nenas que fan uso do citado parque – informa o alcalde de Arbo Horacio Gil, que remata “a seguridade dos veciños e veciñas de Arbo, é a prioridade deste goberno dende a súa chegada ao Concello de Arbo”.
Tomiño reclamará á Xunta os gastos xerados pola desinfección dos centros escolares
Tomiño súmase á reivindicación para que a Xunta dote de suficiente profesorado e persoal aos centros escolares, garantindo así a actividade educativa ao longo deste curso en calquera dos escenarios posibles. O Concello aprobou este xoves unha moción similar á presentada de forma conxunta por BNG e PSdG-PSOE e aprobada en sesión plenaria na Deputación de Pontevedra, na que se solicita ao goberno autonómico que asuma a responsabilidade e adopte medidas que son da súa competencia.
Un consenso en materia educativa que tamén inclúe a reclamación para que a Xunta dote aos centros escolares doutros medios necesarios que os permitan adaptarse ao protocolo de seguridade pola COVID-19, elaborado de forma unilateral polas consellerías de Educación e Sanidade.
A crise sanitaria supuxo un reto sen precedentes para o sistema educativo. Profesorado, familias e administracións locais fixeron un grande esforzo para mitigar todos os problemas xurdidos. Por este motivo, o Concello quere tamén emprazar á Xunta a abrir un diálogo urxente coa comunidade educativa e coa FEGAMP para resolver os problemas xerados por este protocolo anti COVID-19 e que atinxe a cuestións como a posta en funcionamento de comedores, plan Madruga e actividades extraescolares.
Así mesmo, Tomiño reclamará que a Xunta leve a cabo os traballos de desinfección dos centros escolares obrigatorios por protocolo, tarefas que a pesar de ser de competencia autonómica o Concello está a asumir nestes intres por responsabilidade co ensino público e coa saúde de todos e todas. Por este motivo, Tomiño tamén se sumará a petición de que a Xunta se faga cargo dos gastos de desinfección dos centros ou que elabore de forma consensuada un Plan Extraordinario de Limpeza e Desinfección dotado do financiamento necesario e que asuma a totalidade do sobrecuste destas tarefas.
Proceso extraordinario para cubrir prazas vacantes na Escola Infantil Municipal da Guarda
O departamento de Servizos Sociais do Concello da Guarda informa que a Escola Infantil Municipal abre o próximo día 28 de setembro 2020 un proceso extraordinario para cubrir as varias prazas vacantes para o curso escolar 2020-2021:
-Aula de 0-1 anos: 3 prazas a xornada completa e 2 prazas a xornada
de tarde
– Aula de 1-2 anos: 1 praza a xornada de tarde
– Aula 2-3 anos: 2 prazas a xornada de tarde
Os pais/nais ou titores dos nenos/as interesados deberán presentar a solicitude do luns día 28 de setembro ao venres día 2 de outubro.
Para maior información dirixirse ao punto de información na Casa dos Alonso en horario de 9.00 a 14.00 h.
A Guarda inicia, o 26 de setembro, unha ampla programación teatral que rematará o 11 de decembro
O Concello da Guarda programa un total de cinco representacións teatrais nesta tempada de outono, tratase das obras ‘A nena que quería navegar’, ‘Invisibles’, ‘O mel non caduca’, ‘Rosa Caramelo’ e ‘Running’, obras que se levarán a cabo entre o 26 de setembro e o 11 de decembro deste ano.
Esta programación arranca xa na xornada deste sábado día 26 de setembro ás 18:00h no Centro Cultural coa obra “A nena que quería navegar”, é unha comedia para público familiar que trata de visibilizar e paliar as consecuencias do acoso escolar a través de técnicas de reforzo positivo e aumento da autoestima. Un espectáculo optimista, colorista, emocionante, reflexivo e festivo no que se mesturan distintas disciplinas como os monicreques, o teatro de obxectos, as vídeo proxeccións e a música en directo.
O sábado 3 de outubro é a quenda da obra “Invisibles” ás 20:00h no Centro Cultural, é unha adaptación do libro homónimo da periodista Montse Fajardo que relata casos reais de violencia de xénero sufridos por sete mulleres galegas. Protagonizado por Mela Casal, Sheyla Fariña e Neves Rodríguez baixo a dirección de Marián Bañobre.
O venres día 16 de outubro continúa a programación de teatro coa obra “O mel non caduca” ás 21:00h no Centro Cultural, é un espectáculo biodegradable e ecosostible xestado a partir dun proceso de creación colectiva, arredor da relación do ser humano cos obxectos, da degradación ecolóxica do planeta por mor da perversa lóxica consumista do capitalismo e da obsolescencia programada, tanto dos produtos como das persoas.
O sábado 24 de outubro ás 18:00h é a quenda da obra “Rosa Caramelo” ás 18:00h, é Un espectáculo para nenas e nenos onde se lle dá a volta a roles e estereotipos de xénero. Nesta montaxe composta de catro historias nas que combinamos a palabra e a música en directo, trataremos de crear unha atmosfera adecuada para desmontar unha serie de ideas impostas e simplificadas, pero fortemente asumidas, sobre actitudes e aptitudes das mulleres e dos homes.
Xa para pechar este ciclo de teatro de outono, o venres 11 de decembro ás 21:00h o Centro Cultural será o escenario para a representación teatral de “Running”, onde os 2 actores asumen o reto de interpretar, ademais dos dous protagonistas desta comedia, a todos os personaxes das familias dos dous e da súa contorna, con algunhas aparicións tamén de personaxes televisivos e entrevistadores para retratar o noso mundo saturado de información televisiva e cibernética. Nun total de 20 personaxes entre os 2. Trátase dunha vertixinosa peza cómica con mensaxe final… parodia da nosa ocupadísima vida actual coas súas eternas présas, ese maratón de teléfonos, móbiles, obrigacións familiares, persoais e laborais… que pretende reflexionar sobre a cabida que pode ter nesta acelerada dinámica “sempre Running” o amor, e en última instancia a relación cun mesmo.
Para todas as representacións teatrais seguirase un estrito protocolo Covid-19, polo que é preciso inscribirse con anterioridade chamando ao Centro Cultural da Guarda no 986 61 1850 ou acudindo ata o propio Centro Cultural dende o luns previo a cada actividade, o aforo é limitado.
A empresa Demsu doa case que dúas mil pantallas protectoras aos centros de ensino medio e bacharelato de Mos
Na mañá de onte, xornada da última incorporación ás aulas, a empresa Desmu fixo entrega ao alumnado do IES de Petelos, en Mos, das últimas 745 pantallas protectoras das preto de 2.000 que ten entregado aos centros de secundaria e bacharelato, logo de telo feito, con anterioridade, aos máis pequenos. No acto, os representantes da empresa Carlos Alves e Javier Berbel estiveron acompañados pola alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo e pola concelleira de Educación, Julia Loureiro.
DEMSU realizou unha demostración ao profesorado e estudantes da eficacia da pantalla protectora como medio para impedir o contaxio da COVID-19. Así, Javier Berbel, explicou que a pandemia da COVID-19 supuxo “a reorientación dunha liña de produción da súa empresa para dedicala a fabricar equipos de protección persoal” (EPI). O resultado foron estas máscaras que pola súa dimensión, peso e capacidade de fixación á cabeza das persoas usuarias resultan as máis completas do mercado, xa que non pesan, non apertan e non se embazan. O deseño e fabricación, 100 % galegos, convértena no complemento idóneo para garantir as actividades tanto escolares, como profesionais e diminuír así a propagación do virus.

A alcadesa de Mos, Nidia Arévalo, lembrou ás e aos estudantes a importancia de coidar as medidas recomendadas polas autoridades sanitarias, insistindo en que na adolescencia tamén hai COVID-19 e que deben protexerse.
As máscaras fabricadas por DEMSU naceron no seu propio laboratorio de I+D e cumpren todas as condicións sanitarias e de calidade, garantidas pola normativa europea UNE 166:2002. Fabrícanse en varias cores para facilitar os grupos burbulla ou de traballo, e dispoñen de versións para público adulto e infantil. As pantallas protectoras destacan ademais polo seu alto nivel de confort, xa que “o peso resulta mínimo e o agarre á cabeza é dobre. Ademais, é lavable con auga e xabón”, destacou Javier Berbel. A pantalla protectora ademais da parte frontal da cara chega ata os oídos, o que garante a máxima protección. A distancia de separación da cara e as súas diademas axustables tamén lle confiren unha alta operatividade.
DEMSU é unha empresa situada no municipio e dedicada ao deseño e fabricación de moldes de inxección, principalmente para o sector da automoción, realiza a doazón grazas a un acordo co Concello e ao impulso do proxecto CONNECT de Tecnópole e Xunta de Galicia.
Ponteareas adxudica as obras de humanización da Praza de Bugallal que triplicará a súa superficie
O Concello de Ponteareas vén de adxudicar as obras de humanización da Praza de Bugallal por un importe de 605.338,28 euros, nunha actuación está financiada ao 80 % con cargo aos fondos FEDER da Unión Europea no marco da estratexia ‘Ponteareas, Hábitat Saudábel’ mentres o Concello achega dos seus propios fondos o 20 % restante. Ao concurso público presentáronse un total de doce empresas.
Na actualidade, a céntrica Praza de Bugallal ten pouco máis de 1.000 m2 de superficie e está rodeada perimetralmente por viais destinados á circulación e estacionamento de vehículos que ocupan uns 2.000 m2, convertendo á praza nunha sorte de rotonda. Coa humanización a praza triplicará as súas dimensións superando con creces os 3.500 m2 ao unirse en plataforma única a todas as fachadas circundantes e ao espazo ocupado pola igrexa parroquial. Deste xeito a Praza de Bugallal integrarase nas zonas xa humanizadas da contorna da Igrexa, a rúa de Oriente e Esperanza e a Praza Maior conformando todas elas un espazo de máis de 20.000 m2 humanizado pensado para as persoas, a súa mobilidade e estancia e para unha actividade comercial de calidade.
Ademais, a reforma e transformación conleva a creación de espazos verdes, a dotación de novo arborado de grande porte que achegará sombra á praza, grandes xardineiras, bancos e mobiliario urbano así como nova iluminación. As obras tamén inclúen a renovación das canalizacións de subministros soterrados e de saneamento e o soterramento dos cableados actuais.
Esta actuación, ao igual ca outras como a humanización do primeiro tramo do Paseo Matutino, a praza creada diante do Mercado e Auditorio, a humanización da rúa Redondela, da rúa San Roque no primeiro tramo ou da contorna da Piscina e Centro de Saúde teñen como obxectivo superar o desastre urbanístico de Ponteareas e favorecer a mobilidade sustentábel a pé e en bicicleta e a redución do tráfico e da contaminación atmosférica e acústica, reducindo as emisións de carbono. As actuacións desenvólvense en base a unha planificación previa traducida na estratexia de desenvolvemento urbano (EDUSI) e no Plan de Mobilidade Urbana Sostíbel (PMUS) que marcan as directrices do que será no futuro inmediato Ponteareas.
O proxecto de transformación da Praza de Bugallal foi seleccionado mediante concurso por un xurado de técnicos de recoñecido prestixio e contou cun proceso de participación e consulta veciñal no que interviron residentes da zona, comerciantes ou alfombristas.
O alcalde Xosé Represas e a concelleira de Vías, Obras e Alumeado Chus Garrote amosáronse satisfeitos coa adxudicación e o inminente inicio das obras porque “con esta actuación tan importante continuamos avanzando na transformación de Ponteareas para convertela nunha vila pensada para as persoas. A humanización da Praza de Bugallal aumentará a calidade de vida en Ponteareas e suporá un maior atractivo comercial do centro urbano”.
O PP vota en contra, no Pleno da Deputación, dunha moción na que urxe á Xunta a reforzar os centros de saúde
“A Deputación non pode permanecer allea ao enxordecedor clamor social causado polo caos na Atención Primaria, que é a nosa liña de defensa nesta segunda fase da pandemia, e que está a quedar superada por mor do desmantelamento ao que foi sometida pola Xunta de Galicia durante os últimos anos”. Así o manifestou o voceiro do grupo socialista, Carlos López Font, durante o Pleno provincial celebrado hoxe, no que se aprobou a moción que urxe ao Goberno galego a reforzar os centros de saúde con recursos humanos e materiais e a poñer en marcha un sistema de rastrexo eficaz.
A moción saíu adiante co apoio do PSdeG-PSOE e BNG e o voto contrario do PP. López Font afeoulle ao Partido Popular a súa negativa a apoiar esta resolución e esixiulle aos populares máis sensibilidade diante do aluvión de queixas dos pacientes, tódolos colectivos profesionais sanitarios, os concellos da provincia e as asociacións de usuarios. “Votar en contra desta moción é votar en contra da xente e do dereito a unha sanidade digna”, concluíu o deputado.

“Asistimos”, explicou Font, “a unha crise de desatención sanitaria sen precedentes” que afecta a milleiros de persoas con enfermidades comúns ou non comúns que non conseguen concertar cita telefónica e que quedan sen tratamento. No caso dos/as pacientes polimedicados/as, engadiu Font, falamos de persoas maiores e fráxiles que están sen o seguimento esixible. “A xente pasa horas ao teléfono para tratar de conseguir unha cita e, na meirande parte das ocasións, estase a tardar ata dúas semanas en chamala”. “Están abocando á xente a ir a Urxencias e, ao deixar de atender nos Centros de Saúde, están causando que se agraven os problemas de saúde e que diminúa a detección temperá de enfermidades”.
Durante a súa intervención, Font fixo un exhaustivo repaso das numerosas denuncias públicas e convocatorias de protestas que afectan á práctica totalidade dos centros de saúde e consultorios do territorio provincial. “O certo”, explicou, “é que son tantos os problemas que mesmo parece que deixaron de ser novidosos; o que resultaría unha nova impactante hoxe é que un centro de saúde funcionase correctamente e estivese en boas condicións”. Neste senso, engadiu que o “consultorio tipo” na nosa provincia conta cun só médico e unha persoa para Enfermería e, se se “tercia”, péchase ás fins de semana, como sucede en Moaña”. Na súa opinión, a “opacidade informativa” da Xunta que vén de denunciar o Colexio de Xornalistas de Galicia en todo o que ten que ver coa evolución da pandemia resulta “intolerable”. Font cualificou como “escandaloso” que os xornalistas galegos teñan emitido un comunicado denunciando que Galicia é a comunidade máis opaca de toda España e que os escasos datos oficiais que transcenden emanen dos autos xudiciais sobre medidas cautelares. Unha falta de transparencia que tamén os alcaldes e alcaldesas poñen de manifesto dende hai meses ao non ter acceso ás cifras de persoas contaxiadas nos seus municipios e verse, deste xeito, imposibilitados/as para colaborar nun control máis efectivo control do espallamento do virus.

O deputado interpelou ao goberno galego para preguntar onde están os 268,1 millóns de euros de fondos estatais transferidos o pasado mes de xullo para Sanidade, aos que se vai sumar unha segunda entrega o próximo mes de novembro. “En que empregaron os cartos do Estado? Cantos rastrexadores hai? Onde está o persoal de reforzo nos centros de saúde? Onde as/os pediatras?” Ademais, amosou a súa perplexidade coa resposta do conselleiro de Sanidade en sede parlamentaria na que mesmo cuestionou a figura e as funcións dos/as rastrexadores/as. Carlos Font explicou que o sistema sanitario galego está nunha situación crítica. “Hai unha crise que vén do desmantelamento progresivo da Sanidade e que viña evidenciándose xa dende antes da pandemia” como demostra a dimisión de 23 directores/as de centros de saúde de Vigo. O deputado vaticinou que a situación irá a peor porque hai médicos que atenden máis de 50 pacientes ao día e están ao borde da súa capacidade de resistencia.
O voceiro do BNG, César Mosquera afirmou que “o que está pasando é inadmisible”. Falou en primeira persoa ao explicar que el mesmo non puido conseguir cita médica para un recente problema de saúde e que pode poñer moitos exemplos na súa contorna máis próxima. “Estase a ordenar á xente que chama porque ten algún síntoma que se confine sen facerlle probas”. “Acaban de detectar 90 positivos nun centro de traballo e iso non se contaxia nun día; estamos como se houbera que levar unha vela a Santa Clara”, lamentou.
A Guarda retoma o mercadillo semana dos sábados ao completo
Este sábado día 25 de setembro o entorno da Alameda da Guarda acolle o mercadillo semanal, incorporando novamente a totalidade dos postos habituais unha vez levantadas as medidas de restrición ditadas por sanidade.
Deste xeito contarase cos postos de venda de roupa, complementos, alimentación, prantas e hortalizas. Dende o consistorio local apélase á responsabilidade individual para que todo funcione de xeito adecuado e coas medidas de protección e prevención axeitadas.
A Deputación celebra o Día Mundial do Turismo destinado ao mundo rural cunha nova aposta pola sustenibilidade
A Deputación de Pontevedra estreará este domingo un novo audiovisual centrado na sustentabilidade do destino Rías Baixas #PontevedraProvincia para sumarse á celebración do Día Mundial do Turismo que este ano está dedicado ao desenvolvemento do mundo rural. O vídeo, “que mostra a marabillosa natureza que temos no territorio, tanto de costa como de interior, está enmarcado na campaña de difusión “Sigue o teu instinto” e reflicte a defensa do medio ambiente na liña do turismo seguro, responsable, de preservación do patrimonio, das experiencias e da posta en valor do local, que a institución ven desenvolvendo nos últimos anos que, explicou a presidenta Carmela Silva, “persegue os valores e obxectivos da Axenda 2030”.
O audiovisual poderase ver este domingo nas webs da Deputación e de Turismo Rías Baixas e nas redes sociais corporativas. A presidenta recoñeceu que a celebración chega nun momento “difícil” debido á pandemia, co sector turístico moi afectado, con entre 100 e 120 millóns de empregos en perigo, e cunha perda do PIB mundial. “Aínda así, sinalou, co noso audiovisual queremos enviar unha mensaxe de optimismo, porque temos que ser optimistas e porque a propia pandemia tamén se presenta como oportunidade para sumar sinerxías e reiniciar o turismo”. “Estamos convencidas de que o rural ten futuro e que o turismo pode ser un alicerce moi relevante para ese futuro, para coa preservación e o coidado xerar actividade, fixar poboación e crear emprego. Os seus valores son os que, agora coa pandemia, está a demandar a xente”.
Unha aposta que referenda o traballo de 5 anos
Carmela Silva incidiu no papel determinante que xoga o turismo no territorio e nun bo aproveitamento dos recursos locais. Nese sentido, subliñou a aposta que cos investimentos da Deputación se ven facendo estes anos nos concellos da provincia. “Son moitísimas actuacións, ligadas ao propio turismo, de promoción, de posta en valor dunha rede de oficinas turísticas, de apoio a proxectos propios pero tamén, xunto a isto, temos aprobado moitos recursos para que ese mundo rural teña todos os equipamentos, dotacións, servizos, actividades que permitan facelo atractivo tanto para a xente que vive nel como para as persoas que veñen visitarnos”.
Entre os exemplos da importancia para o turismo que ten dotar ao territorio de equipamentos e actividades, a presidenta sinalou iniciativas de mobilidade peonil como as sendas, actuacións no patrimonio cultural e natural como a das Salinas de Vilaboa, o Pazo de Besada en Poio, o Estaleiro de Banda de Río en Bueu, as Torres do Oeste de Catoira, as vivendas modernistas da Illa, o patrimonio arqueolóxico en Nigrán, os Muiños do Folón do Rosal, ou as pozas da Tafon; ou recuperación de lavadoiros e fontes.
Recordou tamén que “apostamos por dotacións para transformar o rural”, con centros socioculturais e auditorios (en concellos como O Rosal, Tomiño, Moraña, Mondariz, As Neves, Cambados, Cerdedo-Cotobade, Covelo ou O Grove, a casa do pobo de Xesta ou do Pelete na Lama, Pedornes en Oia ou a casa da cultura de Caleiro en Vilanova) e bibliotecas (como as de Nigrán, Moaña, Lalín ou Salvaterra). Amais, fixo referencia aos recursos achegados para equipamentos deportivos como piscinas (citando ao concello de Bueu), ximnasios (como os da Illa ou Forcarei) e outras instalacións como o skatepark en Gondomar ou no Grove, ou zona recreativa e ximnasio no Terrón en Vilanova.
Tamén destacou Silva a aposta polo emprendemento, a formación e a tecnoloxía no rural “que fará que sexa máis competitivo dende o punto de vista turístico, contribuíndo a fixar poboación”. Nese eido citou proxectos como DepoEmprende na Escola, os viveiros, coworking, ou iniciativas como Turistic e Tic Emprendes, “para que a mocidade fique no territorio a través da formación en novas tecnoloxías”. “É fundamental apostar polo turismo sostible e respectuoso co medio ambiente, conservando a biodiversidade, o que vai redundar no benestar social e a seguridade do mundo rural”.
Comeza a campaña de outono “Sigue o teu Instinto”
En relación coa promoción anual do destino 2020, Carmela Silva informou que a próxima semana comezará a campaña de outono de “Sigue o teu instinto” “para levar o nome desta provincia por todos os recunchos como un destino seguro, responsable, sostible e cheo de experiencias”. A presidenta desexou que “ogallá teña o mesmo alcance que o que obtivemos este verán que foi espectacular con máis de 24 millóns de impactos cando agardabamos 2o millóns a finais de ano”.
A campaña realizarase en medios off line de referencia a nivel nacional e, on line en medios de comunicación dixital e Redes Sociais. Así, o destino Pontevedra Provincia estará presente en publicacións especializadas como Traveler, National Geographic Viaxes, Muy Interesante, Quo, El Cultural, os xornais El País ou El Mundo e medios do Grupo Vocento, Grupo Zeta e Grupo Godó. En canto a redes, desenvolverase en Facebook, Youtube e Instagram para chegar a numeroso público urbano de mediana idade que busca escapadas para esas datas. “As persoas que viaxan deben saber que somos un destino seguro, comprometido coa súa saúde e cunha ampla oferta de actividades na natureza e no medio rural”, unha mensaxe que tamén coincidirá coas pontes do 12 de outubro e o 1 de novembro. Nas pontes a campaña contará cunha duración media de 12 días e no caso da ponte de novembro terá unha segmentación especial con captación en Madrid e Asturias.
“Fame de Experiencias” segue batendo récords

A presidenta da Deputación tamén informou do “auténtico récord de premios” que segue a colleitar o audiovisual da campaña turística 2019, “Fame de Experiencias”, que esta semana obtivo un novo galardón no Festival Internacional de Cine Turístico de Turquía, que forma parte do circuíto de festivais do CIFFT (Comité Internacional de Festivais de Cine Turístico). “Fame de Experiencias” conseguiu o Premio de Ouro do certame ao Mellor Vídeo de Produto Turístico, despois de ser seleccionado entre 350 películas de 75 países. Laura Fontán, directora do vídeo xunto a Alberto Baamonde de Esmerarte, foi a encargada de recibir o premio na gala que se desenvolveu na Capadocia turca, na espectacular contorna do Val dos Monxes de Pasabag. Trátase do 9º recoñecemento internacional para “Fame de Experiencias”, tras os de Fitur, Golden City Gate de Berlín, New York Festivals TV & Film Awards, International Tour Film Fest de Bulgaria, Festival de Turismo de Riga, US International Film & Video de Los Ángeles, SilaFest de Serbia e no Terres Festival, “que revalidan –en palabras de Silva- a aposta da Deputación por un modelo vangardista de promoción turística”.
Jhon Keer, música con el corazón
Hace unos días, nos enteramos de la triste noticia del fallecimiento de John Keer, un hombre no demasiado conocido, una pena, uno de esos músicos que las grandes masas no reconocen, pero un fantástico compositor y una maravillosa persona, y eso, al fin y al cabo, es lo que importa.
Con más de veinte trabajos publicados era un artista, principalmente, de música electrónica sinfónica. Su trabajo se inspiró en la música de Vangelis, Kitaro y Pink Floyd, pero simplemente se limitó a eso, una inspiración, porque John tenía su propio estilo, su sello.
Su primer disco publicado fue ‘Cathedral’ allá por el año 1983.
Y su reconocimiento internacional llegaría casi diez años después, en el año 1992 con ‘Nordland’ un disco que le llevó a ser considerado como el disco del año por el programa de la WDR alemana ‘Swingungen’ y cómo mejor artista.
En el año 1996 sufrió un ataque al corazón, que consiguió superar, esa experiencia le ayudó a vivir la vida de otra forma y a crear otro precioso trabajo titulado ‘Life On Earth’.
Su último trabajo publicado fue en el año 2016, lleva por título ‘Embracing The Inevitable’ y fue publicado en el sello Groove de su buen amigo y músic con el que colaboró en numerosas ocasiones, Ron Boots.
Sin lugar a dudas, como decíamos al comienzo una pesona maravillosa y un gran músico que nos ha dejado, cómo recuerdo, siempre nos quedará su obra y os dejo también con una entrevista que le hizo a allá por el año 2000 nuestro buen amigo, Manuel Lemos Muradás y publicada para la web www.articmist.org.
ENTREVISTA A JOHN KERR
Por: Manuel Lemos Muradás
John Kerr nació en Inglaterra el 16 de septiembre de 1948. A la edad de siete años empezó a estudiar música. Pianoforte, órgano de iglesia y después (¡cuando era lo suficientemente alto!) el contrabajo. A los dieciocho años decidió sin embargo, poner la música a un lado y concentrarse en su carrera de Diseño Gráfico y fue aceptado para estudiar en la Bath Academy of Art. Habiendo completado con éxito sus estudios, trabajó en Londres para varias Agencias de Publicidad y como Diseñador Gráfico de casas. También se aleccionó durante cinco años en el famoso Camberwell School of Art de Londres. Desde octubre de 1978, ha estado viviendo en Amsterdam en los Países Bajos. Compró su primer sintetizador en 1980 y empezó componiendo música mientras todavía trabajaba –a jornada completa– en el mundo de la publicidad.
En 1992 se enfrentó a la decisión de continuar con su trabajo en el frenético mundo de la publicidad o dejarlo para concentrarse en su música. Esto fue por la concesión de tres premios mayores de música en ese mismo año: ‘Mejor Artista’, ‘Mejor CD’ y ‘Mejor Composición’ de 1992, en los Premios de la Música Electrónica que otorga la Radio alemana WDR con su disco Norland. Y escogió música…
Muchas personas comparan tu estilo con el de Vangelis, aunque creo que tu estilo no se parece al de nadie, sino que es propio. ¿Tiene alguna influencia?
Cuando era más joven y estudiaba música (clásica), mis compositores favoritos eran
Mozart, Bach y muchos otros compositores barrocos. Más tarde fui un gran entusiasta de Pink Floyd, Walter Carlos y Vangelis, ¡por no mencionar cientos de otros!. Si ellos me han influido o no, no lo puedo decir, pero pienso que es imposible decir que uno o dos me influyeron en particular algo. ¡Quizá todos ellos lo hicieron! Y así es como yo desarrollé mi propio e individual estilo y “sonido”.
Tu música siempre ha sido muy melódica, pero creo que al principio también era más rítmica de lo que es en los últimos discos, en donde el plano melódico pasa a ocupar el 95% de los temas. ¿Influyó en esto la muerte de tu madre y el infarto que sufriste hace unos años?
No. La muerte de mi madre y mi propio ataque cardíaco realmente no influenciaron el volumen melódico de mi música. Que ambos acontecimientos me inspiraran una determinada música, es algo completamente diferente. Han sido dos eventos extremadamente importantes en mi vida y agradezco enormemente que pueda “usar” mi música para superar tales momentos tan sumamente emocionales. En el CD
Life on Earth por ejemplo (el primer CD después de mi ataque cardíaco en 1996) el tema Black Velvet Majesty describe musicalmente mi “cercana experiencia con la muerte”. Todavía consigo realmente emocionarme cuando la escucho ahora… ¡incluso después de 5 años!
A lo largo de tu trayectoria musical has colaborado con muchos músicos (Ron Boots, Venja, Bas B. Broekhuis…). ¿Sigues manteniendo alguna relación con alguno de ellos? ¿Han aportado algo a tu música?
Ron Boots y Bas Broekhuis son muy buenos amigos míos. Ron fue la persona que me presentó las posibilidades de grabación con un equipo MIDI con su colaboración en el CD Offshore Islands (1990). También fue la persona que consiguió quitarme el miedo a las computadoras y ¡el que consiguió que tocase en público!. Esto era algo que siempre había dicho que nunca haría. ¡Y todavía lo odio! Ron dijo que lo disfrutaría realmente, pero nunca he disfrutado. De hecho, puedo decir honestamente que es lo único que realmente odio en mi vida e intento evitarlo como si fuese la peste!. Lo he hecho un par de veces pero ¡nunca he disfrutado! Pienso que soy un artista de estudio.
Bas Broekhuis también me ha enseñado una enorme cantidad de cosas sobre el lado técnico de la música magnetofónica. En muchos casos hacemos las post-producciones de mis CD’s juntos en su estudio magnetofónico que es totalmente digital en Eindhoven, Holanda.
Tu último disco se titula Out Of The Blue. ¿Cómo surgieron los ocho temas que al final se encuentran en este álbum?
Como en todas mis composiciones, ellas simplemente “aparecieron”. Siempre me siento en mi estudio con la mente en blanco, enciendo el equipo y pongo mi dedos encima del teclado. La música siempre ha sido una afición y una manera de relajarme, ahora pienso que estoy trabajando con mi música al 100% desde 1992, a veces es mas difícil concentrarse si piensas que tienes que producir música ¡para comer y vivir!.
A veces cuando toco, no pasa nada que pueda tener valor musicalmente hablando, y a veces una gran melodía “aparece”… fuera del azul (Out of the Blue). En todos los casos yo grabo en cuanto algo “mágico” aparece, ya sabes lo que quiero decir. He aprendido esa lección… Una vez estaba tocando música y “apareció” una melodía maravillosa. El teléfono sonó y después de contestar, no podría recordar la melodía. ¡Estaba perdida para siempre porque yo no la había grabado!. La melodía es, como dices, el elemento más importante en mi música. Posiblemente debido a mi entrenamiento clásico durante tantos años. Normalmente empiezo con un melodía y coloco después el resto de la música a su alrededor.

Tu música es tan frágil que cuando la escucho me parece la banda sonora del nacimiento de la vida.
¡Ése es un cumplido maravilloso! Gracias. Puede parecer un “cliché” pero mi música nunca ha sido “fabricada”. Siempre la hago espontánea e improvisada. Klaus Schulze dijo una vez sobre mí… “La música de John Kerr viene directamente desde su corazón”. ¡Y él es uno de mis héroes! ¿Qué más puedo decir?
La mayoría de la música que podemos encontrar en sus discos se presta a ser tocada por una orquesta filarmónica. ¿Te gustaría algún día llevar a cabo algo así?
¡Si, si, si! Invítame a un concierto…. ¡yo estaré allí mañana! Éste quizá es mi gran deseo… Ir a un concierto donde ¡una orquesta filarmónica toque mi música! Así que, si conoces al director de una orquesta filarmónica española, ¡dale la idea! Simplemente dímelo ¡y yo estaré allí!.
Después de Out Of The Blue, ¿qué podemos esperar de John Kerr?
Realmente no lo sé. Ahora mismo hay una edición limitada de tres CD-R de conciertos en vivo, pero mi música es espontánea y ello hace que realmente no pueda decir lo que haré próximamente. Sería bueno tener un nuevo CD este Otoño, pero no he empezado a trabajar todavía en él. Tomaré unas vacaciones en junio (un viaje organizado por Andalucia, España) y cuando vuelva a Amsterdam espero haberme inspirado con los maravillosos paisajes españoles… ¿quién sabe?
Acabas de publicar en CD-R tres conciertos que tenías guardados en tu archivo. ¿Cómo surgió la idea? Háblanos un poco de cada uno de ellos.
Los tres CD-R’s son todos de conciertos en directo. Nunca se han publicado hasta ahora debido a razones de derechos de propiedad y de autor. No los derechos de propiedad de la propia música por supuesto, pero sí de las grabaciones reales. El primer CD-R de la serie The WDR Radio Concert fue un concierto para la Radio alemana en 1992 en celebración de mis diez años como compositor y realizador de música electrónica y también para celebrar el hecho que gané tres premios de música otorgados por la Radio Nacional alemana… Mejor Artista, Mejor Composición musical y Mejor CD (Norland) de 1991 en la categoría la Música Electrónica. El segundo CD-R The Unna Concert es una grabación en vivo de la premiere de mi CD Castles In The Sky que se realizó en una gran mansión rural en Unna, un lugar cerca de Dortmund en Alemania. El tercer CD-R de la serie The Kerristmas Internet Concert es una grabación de una hora en directo improvisado que di en internet el día antes de Navidad (23 de Diciembre de 2000).
Muchos músicos crean sus propios sellos. ¿Cómo nació tu sello TBN Records? ¿Editas a otros artistas?
TBN Records (mi propio sello) existe ahora y durante muchos años. En 1983 empecé con mi propio sello New World Artists Music (NWAM) pero después de unos años firmé un contrato con la compañía XS Records y mi propio sello (NWAM) murió de muerte natural. En 1995 dejé XS Records y decidí volver a publicar mi música en mi propio (nuevo) sello y TBN Records nació. TBN simboliza Toeval bestaat niet y eso en holandés significa “la coincidencia no existe”. Algo en lo que yo fuertemente (aún) creo… Sólo publico mi propia música.
Tu CD de 1992, Norland fue votado mejor disco del año y tú mejor compositor. ¿Qué supuso todo esto para ti y para tu carrera musical?
Yo no tenía ni la más remota idea de lo que significaba un premio. Todavía estaba trabajando como Diseñador Gráfico y estaba ejecutando mi propio estudio de diseño aquí en Amsterdam. Trabajando para muchas compañías diferentes de publicidad. ¡Cuando gané los premios, de repente ellos quisieron oír y ver más cosas de mí en Alemania y empezaron “exigiendo” más de mi tiempo! Conciertos, entrevistas etc. De repente, me di cuenta que me faltaban horas y tenía que elegir una opción. Esa opción se hizo un poco más fácil para mí porque mi compañero comercial había decidido emigrar a Tailandia (!). Eso me dio un fuerte empujón para tomar la decisión de cerrar mi compañía de diseño y hacer de la música mi ocupación a jornada completa.

¿Cuántos discos tiene que vender un músico para poder vivir de la música? ¿Cuál es tu CD más vendido? ¿Qué música escuchas?
Eso es imposible de decir. Es como preguntar “es usted rico, John?” Depende de lo que estés de satisfecho y con lo que midas la riqueza, dinero o felicidad… ¡Si quieres conducir un coche deportivo caro necesitas vender muchos más CD’s que si es alguien que está satisfecho con una bicicleta! Mis CD’s más vendidos son Norland y Forbidden aunque es difícil estar seguro sin haber verificado mi administración. Mira, mi música es eterna. Todavía estoy vendiendo regularmente copias de mi primera producción de 1983 Cathedral… ¡cual es mi disco mejor y más vendido no estoy completamente seguro en absoluto! ¿Eso importa realmente?
Gracias por todo John. ¿Quieres decirnos algo más?
Sólo muchas gracias por su interés en mí y en mi música. ¡Intenta trabajar sobre la idea de la Orquesta filarmónica española!. Mucha suerte para la revista y un cariñoso saludo a todos sus lectores.
Tomiño alberga a última proba do Campionato Galego Inclusivo de Motonáutica
O Espazo Fortaleza de Goian, no Municipio de Tomiño, alberga este sábado a quinta e última proba do Campionato Galego Inclusivo de Motonáutica, recta final que tras varias xornadas de competición lideran os noieses José Barrio e Pilar Sarmiento.
Tras as citas deportivas de Tui, A Guarda, Portosín e Outes, a competición foise decantando ao lado coruñés, que desde o principio marcou o ritmo liderando o autonómico. Con todo a última palabra téñena as augas do Miño, hermanadas por España e Portugal e que esta fin de semana serán testemuñas do desenlace final deste Campionato Galego Inclusivo, que organiza a Federación Galega de Motonáutica en colaboración co concello tomiñés.
Non en balde, e a unha distancia aproximada séguenlles, no caixón do podio provisional da clasificación xeral, os vigueses Álvarez Camiña e Davila Piñeiro, sendo bronce os tudenses Carlos Estévez e Oswaldo Davila. Especial atención haberá que poñer tamén en pilotos como os local Marcos Casaleiro e o sadense Calos Facal.
Con arranque programado ás 10.30 horas da mañá, piloto e copiloto terán que enfrontarse a unha serie de probas de destreza, nun circuíto marcado por boias fondeadas sobre as que terán que trazar un percorrido con diversas dificultades, e que serán desveladas no último momento polo Comité de Xuíces da Federación Galega de Motonáutica.
Homenaxe ao D. Isaac polos seus 50 anos no Rosal
D. Isaac Penelas cumpre 50 anos ao fronte da parroquia de Santa Mariña do Rosal, medio século de vida no que o crego converteuse nun piar do desenvolvemento do municipio. Por este motivo, o Concello rendeulle este venres unha homenaxe agasallándoo cunha figura de Castelao de Sargadelos gravado coa frase ‘Grazas D. Isaac por estes 50 anos no Rosal’.
Comprometido socialmente, durante estas cinco décadas D. Isaac foi alén das súas obrigas eclesiásticas ata ser un persoeiro fundamental do desenvolvemento social do Rosal, tendo un papel relevante na defensa dos intereses da veciñanza e protagonizando momento relevantes da historia rosaleira dos últimos anos.
Basta lembrar a súa decisiva achega na defensa dos intereses agrarios na loita dos anos 70 do pasado século por impedir que as augas do río Tamuxe remataran en usos alleos fóra do concello. Tamén o seu desinteresado traballo durante décadas, primeiro na creación da cooperativa agraria do Pilar e despois no desenvolvemento e xerencia da mesma, tempos nos que acadou os seus mellores resultados.
Moitas grazas D. Isaac por este medio século de dedicación, pola súa proximidade, humildade e implicación.
A BRILAT recoñece á alcaldesa de Oia co premio “Dama Azor”
A alcaldesa de Oia, Cristina Correa, vén de recibir o premio “Dama Azor” en recoñecemento polo apoio e colaboración que a institución municipal presta á Brigada “Galicia” VII BRILAT, que desde hai anos desenvolve no concello parte das súas actividades de preparación militar.
“En nome de todos os homes e mulleres que estamos na BRILAT, damos os parabéns ao Concello”, destacou o xeneral xefe Luís Cortés, durante a entrega do premio. Na súa intervención, destacou que este ano é o primeiro que estes Premios Azor se conceden “á persoa dunha dama”. Concretamente, neste 2020 foron tres as mulleres galardoadas, entre elas a rexedora oiense.
O acto protocolario celebrouse o pasado mércores no Salón de Plenos do Consistorio oiense e nel participaron diversos mandos da Brigada, así como o equipo do goberno municipal, presidido pola alcaldesa. Ademais de facerse entrega do premio “Dama Azor” á rexedora, a institución local agasallou á BRILAT cunha gaita artesá para a súa banda musical.
Nas súas respectivas intervencións, tanto o xeneral como a rexedora destacaron a colaboración entre ambas institucións, a través da que a BRILAT desenvolve diversas actividades de preparación en Oia. Nese sentido, Correa tamén lembrou á comunidade de montes de Burgueira, pois é a que facilita “uns terreos moi adecuados ás necesidades de preparación dos militares” na zona de Torroña.
Un “honor e orgullo”
Cristina Correa afirmou recibir o recoñecemento con “honor e orgullo” e “especialmente emocionada” pola colaboración de “moitos anos” que existe entre ambas institucións. A ese respecto, asegurou a continuidade do apoio do Concello á BRILAT.
Na súa intervención, a alcaldesa destacou o importante labor que a Brigada desenvolve en misións internacionais, na loita contra os incendios forestais e na operación destinada a reducir o impacto da COVID-19. Tamén tivo palabras de agradecemento á súa banda de música, a cal participa habitualmente na celebración das principais festividades locais en Oia.
O acto, que se desenvolveu mantendo todas as medidas de seguridade segundo as normativas pola COVID-19, contou coa asistencia de diversas autoridades da Brigada, entre elas o tenente coronel xefe do Batallón do Grupo Loxístico, Bernardo González Lázaro, e o comandante Pablo Ponce de León.
Reserva a túa entrada para o concerto de Lucía Pérez
O Concello de Ponteareas convida a toda a cidadanía ao concerto de Lucía Pérez este domingo día 27 no parque da Feira Vella. Despois do seu último disco Quitapenas, Lucía Pérez presenta en Ponteareas o seu disco íntegro en galego QuinceSoles que chega cargado de importantes colaboracións como Vizcaíno, Susana Seivane, Chema Purón, Rosa Cedrón, Emilio Rúa, Sito Sedes, Xavier Diaz, Chenoa e Tonhito de Poi.
As persoas que queiran reservar entrada poden facelo en i.gal/concertolucia.
O concerto será de balde dentro da programación cultural e festiva do mes de setembro.
A alcaldesa do Porriño anuncia á veciñanza que a supresión do paso a nivel está máis preto dende hoxe
Eva García de la Torre anuncia á veciñanza do Porriño que “a ansiada supresión do paso a nivel ferroviario polo centro da vila está dende hoxe máis preto de materializarse grazas a que o Goberno Central ven de adxudicar os estudos e a redacción do proxecto para a súa supresión”.
A alcaldesa foi informada esta mañá polo Ministerio de Transportes que o organismo ADIF (Administrador de Infraestruturas Ferroviarias) resolveu a licitación que estaba en curso. O contrato adxudicouse a unha unión temporal de empresas formada polas firmas “GOC” e “Prointec” por un importe de 854.603 €.
A alcaldesa anunciou que “de inmediato comezarán os primeiros traballos técnicos sobre o térreno coa catas para o estudo xeo técnico” segundo a información que recibiu de ADIF. Eva García manifestou que agarda que “o proxecto unha vez redactado, teña o desexable financiamento público para que se faga realidade”.
Nos últimos anos, a alcaldesa do Porriño mantivo varias entrevistas de traballo cos responsables do ADIF (a última en marzo antes da declaración do estado de alarma) para activar este proxecto tan demandado pola veciñanza.
O Ministerio explica nunha nota oficial remitida hoxe ao Concello do Porriño que a “complexidade da actuación a acometer nunha contorna densamente edificada require abordar unha serie de estudos e proxectos agora licitados cara a definir as obras que finalmente van permitir a supresión do paso a nivel”.
Entre as razóns que explican a complexidade da actuación, a nota ministerial lembra que a considerable circulación de tráfico rodado (ó redor de 6.500 vehículos diarios); de peóns que transitan por esa zona e que ademais hai unha media de 33 circulacións ferroviarias diarias.
O Goberno local reforza as medidas de seguridade do alumnado de Redondela nas entradas e saídas dos centros escolares
Co inicio do curso no ensino secundario, o Concello de Redondela vén de poñer en marcha unha serie de medidas tendentes a garantir a seguridade dos alumnos e alumnas á entrada e saída dos centros escolares. A maiores, establecéronse disposicións complementarias para os centros de ensino infantil e primaria de cara a evitar aglomeracións de alumnado tanto no acceso como saída dos colexios.
As medidas adoptadas, explica a concelleira de Ensino, Olga García Ballesteros, “son de aplicación no exterior dos recintos escolares que é onde ten competencias o Concello e non así no interior dos mesmos onde os equipos directivos puxeron en marcha directrices de cara a garantir a seguridade dos seus alumnos e alumnas”.
Entre as medidas adoptadas figura o establecemento dunha ‘zona de espera’ para o alumnado do IES Illa de San Simón na contorna da marisma. Dita zona evitará as aglomeracións tanto na entrada coma na saída ao dispoñer, rapaces e rapazas, de máis espazo que lles facilite manter a distancia de seguridade.
No IES Mendiño restrínxese o acceso de vehículos particulares ao centro, debendo estes desviarse pola rúa que sube ata o centro de saúde. Ao igual que no caso anterior, a eliminación do paso de vehículos habilita amplas zonas para poder manter espazo entre o alumnado.
No CEIP Reboreda, establécese dirección única na contorna do colexio con subida polo Camiño de Carambola e baixada polo camiño Colexio de Reboreda.
No CEP Laredo anúlanse as tres primeiras prazas de estacionamento na entrada traseira do colexio, para gañar espazo para o alumnado é as familias tanto á hora de entrada como de saída.
Finalmente, no CEIP Porto Cabeiro, instálanse redutores de velocidade e paneis informativos de ‘Zona Escolar’ nos lugares onde non existían. Ámbolos dous elementos contribúen a unha maior seguridade á hora de acceso ao centro.
A alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, lembrou que todas as medidas, que serán efectivas a partir do vindeiro luns, terán vixencia “só durante os horarios de entrada e saída dos centros escolares, volvendo á normalidade unha vez pasadas esas horas”.
Trátase, explicou a rexedora local “de iniciativas nas que o Concello, a través da Concellería e da Policía Local, leva tempo traballando” e se poñen en marcha “logo de estudar as necesidades dos distintos centros unha vez comezadas as clases”.
Dadas as características diversas de cada un dos centros do municipio de Redondela, “adoptáronse medidas personalizadas para cada un deles e previamente consensuadas coas directivas dos colexios e as ANPAS”.
A maiores destas medidas puntuais ás horas de entrada e saída, o Concello de Redondela, a través do SEIS (Servizo de Emerxencias, Incendios e Seguridade) realiza desinfeccións durante varios días á semana nos exteriores das zonas escolares o que supón un reforzamento das anteditas medidas de seguridade.
A alcaldesa de Redondela salientou que, nos demais colexios de Redondela estanse a estudar, “xuntamente coas directivas e ANPAS, as medidas máis axeitadas a poñer en marcha en cada un dos centros”.
En todo caso o Concello de Redondela insiste sobre a necesidade “de respectar escrupulosamente as medidas de prevención e a cumprir os horarios de entrada e saída estipulados por cada un dos centros”.
Comezan as obras do Parque Infantil do Abrente na parroquia de Torroso
A Alcaldesa Nidia Arévalo e o Concelleiro de Parques e Xardíns, Baldomero Lorenzo; supervisaron hoxe xunto coa directiva de dita asociación, as obras do novo parque na contorna do Círculo Cultural Abrente na parroquia de Torroso.
Trátase dunha nova área de lecer moi demandada pola directiva e moi preta ademais do centro de Peinador.
O pasado mes de xaneiro do presente ano asinárase no Concello, a cesión por parte da Comunidade de Montes de Torroso á administración local, dun terreo de preto de 300 metros cadrados a fin de ubicar na devandita parcela un parque infantil situado na contorna do Abrente, co que se dará servizo ás familias de Peinador que demandaban este espazo de lecer infantil ao aire libre desde fai anos.

O pasado mes de xaneiro do presente ano asinárase no Concello, a cesión por parte da Comunidade de Montes de Torroso á administración local, dun terreo de preto de 300 metros cadrados a fin de ubicar na devandita parcela un parque infantil situado na contorna do Abrente, co que se dará servizo ás familias de Peinador que demandaban este espazo de lecer infantil ao aire libre desde fai anos.
Para a acometida desta nova infraestrutura e espazo de lecer, ao Concello de Mos foille concedida unha subvención da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza da Xunta de Galicia para a creación e/ou mellora das infraestruturas, dotacións, instalacións e equipamentos vinculados á prestación de servizos municipais, destinadas a concellos de Galicia para o ano 2020.
O proxecto municipal denominado “Parque infantil e biosaludables na contorna do Centro Cultural Abrente. Parroquia de Torroso”, ten un orzamento total de 48.400 euros (IVE incluído).
Trátase dun proxecto de gran importancia e que dará servizo a un nutrido número de veciños e veciñas do municipio, xa que a zona de Peinador aglutina unha parte importante de poboación e actualmente carece dunha área de xogos infantís suficiente que acolla o gran número de nenos e nenas que hai na contorna e dunha instalación de elementos biosaudables para todas as idades.
Polo tanto, desde o Concello valórase moi positiva e satisfactoriamente ter podido poñer en marcha esta iniciativa, froito da demanda veciñal, coa que se persegue o obxectivo de ofertar servizos e espazos ou áreas de lecer ao aire libre aos veciños e veciñas do lugar, coa creación dun novo parque infantil nunha zona ampla e despexada.
O Rosal aprobas as bases para a concesión de subvencións para actividades sociais
Por primeira vez na súa historia, O Rosal conta cun Plan Estratéxico de Subvencións, unha ferramenta a través da que realizar unha planificación detallada a medio e longo prazo das axudas ao tecido asociativo. Neste marco, o Concello aprobou este xoves 24 en pleno as bases e a convocatoria para a concesión de subvencións municipais a entidades sen fin de lucro para a realización de actividades sociais durante 2020. A estas axudas destinarase un orzamento de 5.000 euros.
O obxectivo desta convocatoria é apoiar e promover en réxime de concorrencia competitiva a concesión de subvencións entre as entidades de carácter social que desenvolvan actividades que redunden no benestar social da veciñanza a través de accións de prevención, asistencia, incorporación social ou fomento e sensibilización da participación cidadá definidas como prioritarias dentro do ámbito de intervención de Servizos Sociais. A maioría das asociacións que realizan este tipo de actividades teñen un ámbito de actuación supramunicipal.
As axudas irán destinadas a financiar proxectos de inclusión social para a cobertura de necesidades básicas ou que se executen directamente con persoas en situación de vulnerabilidade; de intervención con persoas maiores, dependentes ou con diversidade funcional; de atención no ámbito das drogodependencias ou para a realización de actividades socioculturais destinadas á poboación xeral.
“Deste xeito buscamosapoiar na medida do posible o traballo que desenvolven as asociacións coa implicación da veciñanza, que contribúe á mellora da realidade do noso concello. Queremos darlle máis liberdade ao tecido asociativo para que poidan facer con eses fondos o traballo que xa veñen desenvolvendo, aínda que máis alá de axudas económicas seguiremos traballando man a man con eles en proxectos e actividades en común para poñer en valor e visibilizar o traballo do asociacionismo”, resalta a alcaldesa, Ánxela Fernández.
Por outra banda, neste pleno tamén se procedeu á aprobación inicial para a actualización do inventario de Bens Inmobles municipais, no que se atopan dende todo tipo de terreos, parcelas ou prazas ata parques, escolas, lavadoiros, fontes ou bombeos. O último reconto destes bens municipais realizouse en 2006 e dende entón procedeuse á adquisición de novas parcelas e inmobles que non están rexistrados como propiedade municipal. Xunto a esta iniciativa tamén se trataron, xunto a outros temas, a aprobación dos festivos de carácter local para o vindeiro ano 2021, que serán o 16 de febreiro e o 26 de xullo.
Hoxe rexístranse un total de 4.452 casos activos en Galicia
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 4.452 deles 1.109 son da área da Coruña, 630 da de Lugo, 668 da de Ourense, 784 da de Pontevedra, 511 da área de Vigo, 578 da de Santiago, e 172 da de Ferrol.
Do total de pacientes positivos, 32 están en UCI, 210 en unidades de hospitalización e 4.210 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 17.802 persoas curadas, rexistrándose 726 falecementos.
O número de PCR realizadas é de 452.649.
A Xunta continúa a traballar desde a máxima coordinación interdepartamental e co Ministerio de Sanidade, tamén mantendo o contacto con todos os axentes socioeconómicos de Galicia. Neste senso, Sanidade reitera que segue alerta actualizando todas as medidas e recomendacións e en vixilancia permanente.

Os datos de centros residenciais de servizos sociais corresponden aos que achegan con carácter diario os propios centros.

Os datos de escolas infantís e centros de ensino non universitario corresponden aos rexistrados diariamente a través dos propios centros e as xefaturas territoriais.
Uso do 061 para casos graves e emerxencias e o 900 400 116 para dúbidas
A Consellería de Sanidade reitera que a cidadanía empregue o número 061 só para emerxencias ou casos graves e aconsella utilizar o número gratuíto do 900 400 116 para consultar dúbidas ou síntomas leves de coronavirus.
Sinalar, ademais, que o Sergas ten a disposición da cidadanía a páxina web https://coronavirus.sergas.gal/ na que se pode consultar información dirixida á poboación, aos profesionais sanitarios e a outros colectivos.
Así mesmo, o departamento sanitario galego ten a disposición da poboación o teléfono 900 400 116, para dar información xeral sobre o coronavirus. Neste número pódense resolver todas as dúbidas da cidadanía ao respecto e tamén consultar sintomatoloxía leve.
Rexistro de viaxeiros no 881 00 2021 e obrigatoriedade do uso da máscara
Lémbrase que as persoas que visiten Galicia nas vindeiras datas e procedan ou estivesen, durante os 14 días previos a súa chegada, nalgún dos territorios con alta incidencia epidemiolóxica incluídos na listaxe publicada Diario Oficial de Galicia, deberán facilitar os seus datos de contacto ao Servizo Galego de Saúde, ben a través do teléfono 881 00 20 21 ou ben a través do formulario da web do Sergas.
Ademais, reitérase o carácter obrigatorio do uso da máscara tanto en espazos abertos como pechados, poñendo especial énfase na súa utilización nos locais e establecementos comerciais e de hostalería.
Recomendacións
Os técnicos da Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade volven reiterar as recomendacións consensuadas entre as comunidades autónomas e o Ministerio de Sanidade, e lembran que, en liñas xerais, aconséllase adoptar as medidas de autoprotección e limitación da diseminación do virus común a calquera infección respiratoria, como a gripe. Así, extremarase a hixiene de mans, lavándoas frecuentemente, especialmente despois de tusir ou soarse, e cubrirase o nariz e a boca cun pano -preferentemente desbotable- ao tusir ou esbirrar, ou se non se dispón de pano, na cara interna do cóbado. Ademais, evitarase tocar os ollos, o nariz e a boca coas mans.
O Concello adapta o Conservatorio de Ponteareas para iniciar o curso con seguridade ante a Covid-19
A Concellería de Ensino, que dirixe a tenenta de alcalde Cristina F. Davila, informou do inicio do curso escolar no Conservatorio e na Escola de Música Municipais na tarde do mércores.
Neste ano tan atípico por mor da pandemia da Covid-19, a concelleira de Ensino xunto coa Dirección do Centro Educativo decidiron tomar todas as medidas precisas para garantir o protocolo de actuación fixado polas autoridades sanitarias e a seguridade para a protección da saúde do seu alumnado.
Deste xeito, informan que se reduciron as ratios nas aulas de materias colectivas ata un máximo de 12 alumnos/as mantendo un distanciamento de 1,5 m. Así mesmo, habilitáronse novas estancias para as especialidades de vento para manter 3m de seguridade, instalando biombos transparentes de protección; instaláronse tamén mamparas separadoras entre alumnado en materias que requiren o uso de equipos informáticos e indicáronse os fluxos de tránsito de persoas polo centro con diferentes sinalizacións.
A concelleira nacionalista sinala que, ademais, “faranse tomas de temperatura ao alumnado para acceder ás instalacións educativas, dotarase de xel desinfectante en todas as aulas e desinfectaranse durante as horas lectivas os baños, pasamáns, pomos de portas e ventás, aulas comúns a varios grupos, etc., a fin de previr posibles contaxios”.
A semana pasada realizáronse as presentacións do curso académico por especialidades, onde se informou a toda a comunidade educativa da organización do presente curso e dos seus respectivos horarios, presentando o “equipo Covid” do Centro, que compartiu a normativa actual mediante a páxina web.
“Neste intre estase a traballar na posta en funcionamento da aula virtual do centro a través dunha aplicación que permitirá o ensino non presencial se as circunstancias sanitarias o fan preciso”, sinala Fdez. Davila. “Este goberno non escatimou en recursos para protexer tanto aos traballadores e traballadoras como ao alumnado do noso Centro, dándolle absoluta prioridade a un ensino seguro e de calidade”, engadiu a concelleira.
A Concellería de Ensino lembra que continúa aberta a matrícula na Escola de Música ata final de mes para aquelas persoas que desexen estudar música no centro educativo, quedando algunha praza dispoñible en Gaita, Piano, Violín e Violoncello. O resto das especialidades están xa completas.
Nigrán contribuirá á sostibilidade económica de Baisenpulgas cunha axuda directa de 4.000 euros anuais
O Concello de Nigrán consignará 4.000 € anuais para Baisenpulgas a través do seu orzamento a través dunha nova liña de axudas directas. Deste xeito, o goberno local colaborará oficialmente no mantemento desta protectora de animais da comarca formada por persoas voluntarias e que afronta constantes problemas de falta de recursos para poder desenvolver o seu labor. Así llo transmitíu esta mañá o propio alcalde, Juan González, e o edil de Medio Ambiente, Diego García, na súa visita ao refuxio de animais en Gondomar.
“Fan unha labor marabillosa e imprescindible cuns medios escasísimos, desde o Concello temos colaborado mediante a recadación en eventos ou mercando comida, pero consideramos imprescindible consignar estes cartos anuais para de verdade contribuír a súa sostibilidade económica nun momento especialmente difícil tamén para eles”, incide o alcalde, Juan González. “A crise económica está afectando moitísimo ás doazóns de particulares e empresas, de feito, durante o confinamento o Concello aportou 800 € en piensos ante a súa chamada desesperada en redes sociais, por iso urxía esta consignación económica”.
Igualmente, a protectora será a encargada desde agora de recoller e custodiar os gatos e cans abandonados ou perdidos durante a fin de semana no municipio (actualmente o Concello de Nigrán presta servizo só para cans a través de CAAN da Deputación de Pontevedra, pero na fin de semana este servizo resulta moi complexo e urxía contar cunha solución máis inmediata).

“Tiñamos a necesidade de ter a garantía de que o animal queda en perfecta e inmediata custodia durante a fin de semana, por iso cremos que esta é a a mellor opción para protexer aos animais e, ao mesmo tempo, apoiar o traballo desta entidade”, sinala o edil Diego García, quen engade que, ata agora, nas incidencias de sábados e domingos pedíase axuda á propia persoa que atopaba o animal ou algunha otra especialmente sensible.
A maiores, o Concello de Nigrán contará con Baisenpulgas para iniciar o control de colonias silvestres de gatos mediante a esterilización dos mesmos. Actualmente o municipio ten media ducia delas en zonas urbanas (centro de Nigrán, Ramallosa, Patos ou San Pedro) e desexa que estas pervivan dun xeito controlado e mesmo garantindo a súa correcta alimentación con dispensadores de pienso e persoas ao cargo das mesmas. “Temos unha voluntaria encargada dos felinos e agora sumamos a Baisenpulgas para abordar este asunto con máis medios e dun xeito máis global”, explica Diego García.
Desde a protectora inciden na importancia de sumar socios para poder desenvolver o seu labor correctamente. “Somos persoas voluntarias, temos os nosos traballos, isto é algo que facemos altruístamente, vimos cada día ao refuxio a pasear ao cans, atender os gatos, darlles as súas menciñas, tratamos incidencias urxentes, nos ocupamos de que reciban atención veterinaria… Para todo iso precisaríamos dispor de máis voluntarios”, subliñan desde Baisenpulgas, que fai un chamamento á colaboración ([email protected]). Igualmente, desde a protectora insisten na importancia de que todos os cans conten con microchip (obrigatorio por lei) e de que os gatos sexan esterilizados.
A Concellería de Cultura e Festexos comunica novos cambios debido ás previsións climatolóxicas adversas
Foto de arquivo da presentación das festas
A Concellería de Cultura e Festexos ven de decidir unha serie de modificacións na programación das Festas do Cristo 2020 para os vindeiros días debido ás previsións climatolóxicas adversas.
O primeiro destes cambios afectaou ao concerto que ofreceu onte a agrupación de gaitas “Os Zoqueiros”, previsto para ás 18 horas. En lugar da praza do Concello, celebrarouse no auditorio exterior do Centro Cultural Municipal.
Tamén hai outros dous cambios para actos programados. Para hoxe venres, coa sesión de cine coa proxección de “María Soliña” que pasará ao Centro Cultural Municipal, e o domingo 27, co concerto de Xabier Díaz a Adufeiras de Salitre que trasladase ao Polideportivo Municipal.
A Concellería indica que poderían decidirse máis cambios en función das previsións climatolóxicas que se informarán a través das redes sociais do Concello.
Obxectivo “Culturminho”: crear unha programación cultural transfronteriza
A Deputación de Pontevedra presentou onte en Tui o 1º Foro da Cultura do Rio Miño Transfronteirizo, ‘Culturminho’, que se vai celebrar en formato dixital os vindeiros 6, 7, 8 e 9 de outubro. Trátase dun evento que, segundo dixo o deputado de Cooperación Transfronteiriza Uxío Benítez, servirá de lugar de encontro de todos os axentes culturais, asociacións, colectivos, concellos e outras entidades institucionais do territorio do Miño para fomentar a creación dunha programación cultural realmente transfronteiriza e conxunta para ambas marxes do río.
Ante as alcaldesas, alcaldes, concelleiros e concelleiras de cultura de Tomiño, O Rosal, Tui, As Neves, Arbo, A Guarda, Salvaterra, Salceda de Caselas, e outros da parte portuguesa do AECT Rio Minho, Benítez lembrou que no territorio do Miño existen xa numerosas experiencias como o Festival de Cans, o Play-Doc, o festival de poesía do Condado, ou o simposio de escultura Tomiño-Cerveira, polo que subliñou que o obxectivo do foro será visibilizar e valorar esas experiencias, extraer conclusións e crear unha rede de axentes culturais que fortalezan os eventos xa consolidados e se programen outros novos, sobre todo coa idea de mellorar a promoción tanto na parte galega como portuguesa.
“Queremos que os eventos que se fagan teñan repercusión no outro lado (da fronteira) e poida haber axendas e programacións culturais conxuntas seguindo unha liña conxunta que é consolidar un territorio transfronteirizo como é o do Rio Minho”, dixo, destacando a importancia de atraer público moi diverso.
Benítez apuntou que o Culturminho terá dúas fases, esta primeira que se celebrará virtualmente a principios de outubro organizada pola Deputación, e unha segunda que se celebrará na primavera de 2021 –agárdase que de maneira presencial- que organizará a parte portuguesa, na que unha vez extraídas as conclusións se traballará na elaboración de novas propostas culturais para implantar no territorio para as que se buscará, ademais, financiamento europeo.

O primeiro evento, encadrado dentro do proxecto europeo Smart Minho financiado con fondos europeos do programa ‘Interreg V-A POCTEP 2014-2020’, terá formato telemático e contará cada día pola tarde con mesas de debate e conferencias na que participarán persoas de colectivos e entidades que están a traballar na cultura e en eventos destacacados.
Para participar hai que inscribirse, de balde, na páxina smartminho.eu/inscricionforocultura/. “Facemos un chamamento a todas aquelas persoas que viven a cultura e que participan, que sexan axentes, industrias culturais… a que tomen parque porque queremos amosar as experiencias existentes, pero tamén recoller suxestións para entre todos extraer ideas”, dixo Benítez.
Pola súa parte, o director do AECT, Nogueira subliñou destacou que “é preciso agarrar todas as oportunidades para atraer quer axentes, quer público ao territorio transfronteirizo”, asegurando que a promoción e a divulgación son chaves para o éxito das iniciativas.
Programa
Xosé Aldea, responsable de ‘Ouvirmos’, a empresa organizadora do encontro subliñou que o programa Smart Minho “entende a cultura como un valor económico para o territorio”, polo que subliñou a importancia de ver as siñerxías, coñecementos e vías de colaboración entre ambas partes do río para “atopar un público común e compartido” ao que lle ofrecer unha programación conxunta.
O xestor cultural tamén destacou a oportunidade que se abre con este foro ao apostar polo formato dixital. Asegurou que dado que a pandemia da COVID-19 deu un valor psicoterapéutico á cultura, é obrigado afondar nas posibilidades do streaming e na difusión ao vivo, xa que é un modelo “que chegou para moito tempo”.
En canto ao programa, Aldea indicou que as xornadas comezarán todos os días ás 17 horas (GL). O martes 6 de outubro será o acto inaugural, e despois realizarase unha mesa redonda na que participarán representantes da Fundaçao da Bienal de Arte de Cerveira, do Festival de Cans, do Festival Folk Celta de Ponte da Barca, de Entre Margens ou do Festival de Vilar de Mouros.
Ao día seguinte, o mércores, a charla versará sobre as experiencias de cooperación e cultura no Río Miño, con xestores e xestoras de ambas beiras como a Casa das Artes de Valdevez, o Simposio de escultura de Tomiño-Cerveira, o Folk Monçao, o IKFEM, ou Ponte nas Ondas.
O xoves tomarase como centro o teatro e baixo o epígrafe ‘Palabra e escena no Río Miño’ exporanse iniciativas profesionais como as do Museo do Cinama Melgaço, As comedias do Minho, o Play-Doc, ou o Festival de Poesía do Condado.
Finalmente, xa o venres cambiará o formato e en lugar dunha charla realizaranse dous relatorios, un sobre financiamento a cargo do asesor técnico do Ministerio de Cultura e Deportes na oficina Europa Creativa, Augusto Paramio, a quen se lle queren tamén trasladar as potencialidades do territorio do Miño. Por outra banda contarase coa participación de Miguel Ángel Cajigal, divulgador cultural coñecido como @elbarroquista con máis de 78.000 seguidores en Twitter.
Tomiño participa na limpeza simultánea de ríos impulsada por Adega
Como cada ano o Concello de Tomiño colaborará coa limpeza simultánea de ríos impulsada pola Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (Adega) ao abeiro do Proxecto Ríos. O vindeiro 27 de setembro voluntarios e voluntarias participarán nesta actividade que, baixo o lema de ‘Móllate polos ríos’, promove a retirada de lixo da beira dos ríos, coa que se busca achegar un gran de area na conservación dos ecosistemas fluviais e concienciar á veciñanza.
A Concellería de Medio Ambiente e a OMIX de Tomiño coordinarán a limpeza e participación de, aparte dos voluntarios e voluntarias inscritos, da Asociación A Taíña de Goián e o Centro terapéutico Alborada, de Piñeiro. Os e as participantes dividirante en dous grupos, un que sairá do antigo embarcadoiro do ferry en Goián, mentres que outro partirá da Praza do Seixo de Tomiño, fronte ao Concello. A actividade será de 10.00 a 13.00 horas.
A actividade está aberta a todos os públicos. As persoas voluntarias serán agasalladas cunhas máscaras co lema da limpeza. Ademais, respectaranse as indicacións pertinentes en relación á crise sanitaria provocada pola COVID-19 dependendo da situación de cada municipio. Dende o Proxecto Ríos lémbrase que o uso de máscara é obrigatorio e recoméndase manter sempre que sexa posible unha distancia de 1,5 m e que cada persoa voluntaria levar as súas propias luvas.
Dende a organización aconsellan tamén non arriscar a integridade física para coller lixo en zonas perigosas ou pouco accesibles; pedir axuda a outros participantes para recoller as cousas máis pesadas; extremar as precaucións para retirar vidro, ferralla ou materiais cortantes; non traballar de costas ao río sobre todo se se está arrincando algo que está enterrado para evitar o risco de caer ao auga e ter coidado coas zonas de corrente forte e profunda.
Proxecto Ríos
O Proxecto Ríos é un programa de Educación e Voluntariado Ambiental que ten a finalidade de dar a coñecer o importante papel dos cursos fluviais, amosar as súas problemáticas así como fomentar iniciativas que permitan á cidadanía o mantemento e a mellora dos ríos proporcionando as ferramentas que garantan a súa participación.
A XIII Limpeza Simultánea “Móllate polos ríos” celebrarase este ano en 49 concellos de toda Galiza, e participarán máis de 58 entidades (asociacións, concellos, colectivos ecoloxistas, delegacións de ADEGA, centros de ensino…). Algúns destes grupos xa participaron nas limpezas de anos pasados e outros son grupos participantes no Proxecto Ríos. Tamén hai novas entidades que se sumaron por primeira vez a esta duodécima edición. A limpeza do vindeiro 27 de setembro mobilizará a numerosos voluntarios e voluntarias que se desprazarán aos ríos destes 49 concellos para deixalos libres de lixo, nunha xornada de voluntariado ambiental e concienciación social.
Recoñecemento no Rosal ás mulleres artistas silenciadas coa acción de Mónica Sueiro no programa provincial “Violencia Zero”
“Subterránea” é a peza coa que a artista Mónica Sueiro reivindicou na praza do Calvario do Rosal ás mulleres pintoras e artistas que foron silenciadas ao longo da historia, ante ao redor de 60 persoas entre as que se atopaban o alumnado e profesorado de 6º de Primaria do CPI Manuel Suárez Marquier e integrantes da Asociación Avelaíña. Á presentación desta acción, enmarcada no programa “Mulleres en Acción. Violencia Zero” da Deputación de Pontevedra, tamén asistiron a deputada de provincial de Igualdade, Victoria Alonso; a alcaldesa do Rosal, Ánxela Fernández; e a concelleira de Igualdade, Sara Vicente.
A acción teatral “Subterránea”, creada ex profeso para Violencia Zero por Sueiro, orbitou ao redor dalgunhas grandes artistas da pintura da historia, que aínda que tiveron que sortear moitos obstáculos para destacar nun mundo de homes, algunhas conseguiron acadar o recoñecemento na súa época. Na peza, a artista amosou como “a muller subterránea” loita e resiste na illa da invisibilidade para facerse visible, persevera, crea e reivindica a súa presenza. Amais, Mónica Sueiro tamén fixo unha metáfora desas mulleres que saben o que é sufrir, pero que collen forzas, se afirman, non renuncian a si mesmas e van saíndo á luz.

Na súa intervención, a deputada Victoria Alonso puxo en valor a importancia de levar a cabo programas como “Mulleres en Acción. Violencia Zero”, “o programa bandeira da Deputación para acabar coa violencia machista, unha lacra que agravouse coa pandemia e non podemos mirar cara outra lado”. En canto á acción escénica de Mónica Sueiro, a deputada de Igualdade valorou positivamente a peza que “resalta a figura das moitas mulleres artistas que non foron visibilizadas”. Pola súa banda, a concelleira de Igualdade, Sara Vicente, aproveitou para agradecer a iniciativa da Deputación e tamén a implicación do colexio e do alumnado que “son unha parte fundamental nesta loita”.
Esta foi a décimo oitava acción levada a cabo dentro da quinta edición do programa, iniciada en novembro de 2019. “Mulleres en Acción. Violencia Zero” ten por obxectivo darlle visibilidade á loita contra as violencias machistas, así como dar a coñecer o labor de novas artistas que están a traballar a prol da igualdade. Este ano volve reunir a 25 artistas especializadas en diferentes modalidades como son a pintura, a música, a danza, o teatro, a poesía, o graffiti ou a performance, vinculadas todas elas pola vontade de ofrecer na súa obra un firme discurso en favor da igualdade de xénero.
Reiniciadas as obras de reurbanización do primeiro treito da rúa San Roque en Ponteareas
O goberno ponteareán do BNG-PSOE deu conta hoxe do reinicio das obras de reurbanización do primeiro tramo da rúa San Roque despois da paralización provocada polo abandono inxustificado da empresa adxudicataria que deixou sen rematar obras en múltiples concellos de Galicia.
O Concello procedeu a licitar a continuación das obras despois de resolver todos os trámites legais precisos e esixir as responsabilidades, sancións e garantías á empresa adxudicataria, adxudicando en 91.480,83 € a continuación das obras de reurbanización deste primeiro tramo da rúa San Roque. Unha operación que conta co apoio dos fondos FEDER da Unión Europea no marco da estratexia ‘Ponteareas, Hábitat Saudable’ .
O goberno local realizará un exhaustivo seguemento da obra e, nestes primeiros días, os técnicos revisan as canalizacións soterradas para garantir o seu bo funcionamento. “Agradecemos a comprensión e a paciencia da veciñanza que tivo que convivir coas obras e cos prazos e trámites complexos pero imprescindibles para garantir a legalidade e esixir todas as responsabilidades. Prazos que se prolongaron coa parálise do estado de alarma”, apuntou o goberno local.
O programa ‘EncaixaT’ preséntase á comunidade educativa de Tomiño no Consello Escolar Municipal
O Consello Escolar Municipal de Tomiño celebrou o pasado 18 de setembro a súa primeira reunión deste novo curso para abordar todas as novidades do vindeiro ano escolar. Durante este encontro, os e as integrantes do consello, composto por representantes de todo o tecido educativo, económico, social… tomiñés, coñeceron de primeira man o programa EncaixaT, un proxecto pioneiro co que se busca dar apoio ás familias que máis o necesitan dende un enfoque integral, positivo e participativo ofrecendo á mocidade un espazo onde o tempo de estudo se conxuga co traballo a nivel emocional e social e co fomento de hábitos saudables. Unha ferramenta innovadora que sitúa a Tomiño nunha referencia en políticas de infancia e adolescencia.
O programa, posto en marcha a través so Servizo de Educación e Apoio Familiar (SEAF), arrancará este mes de outubro e estará dirixido a escolares de primaria e secundaria, especialmente a aqueles que se atopan en situación de vulnerabilidade. Dúas veces á semana reuniranse na Aula CEMIT para traballar en grupo, prestando tamén atención á diversidade e apoio individual a cada participantes.
Estas sesións estarán centradas en dúas áreas de intervención. Por un lado, traballarase a formación socio-educativa a través de obradoiros específicos e actividades, cun programa enfocado a crear hábitos de estudo e outro ao tempo de lecer e a participación comunitaria. Por outra banda, darase ás e aos participantes apoio psicolóxico centrado na proxección de futuro, na resolución de problemas ou na autonomía persoal.
Segundo os últimos datos do SEAF no intervalo de idade de 6 a 18 anos, atópase o 22% da poboación vulnerable que require de mecanismos de apoio, orientación e supervisión no seu desenvolvemento persoal, educativo e social.
Outros temas
Neste Consello Escolar Municipal o goberno local tamén deu conta de todas as obras de mellora realizadas nos centros escolares durante o verán, nas que se investiron máis de 60.000 euros. Traballos en 6 aulas unitarias do CRA Mestre Manuel Garcés, en cinco centros de educación primaria, nas dúas Galiña Azul e no IES Antón Alonso Ríos aos que se suman os labores de mantemento en todos os centros. Tamén se explicaron todas aquelas obras que se levarán a cabo no vindeiro período vacacional, no Nadal.
Os centros escolares aproveitaron a xuntanza para explicar o protocolo que se está a aplicar como medidas preventivas pola COVID-19. Pola súa parte, o Concello explicou que está a asumir as tarefas de desinfección de todos os colexios, poñendo persoal polas mañás a disposición dos centros para poder desenvolvelas. O Concello reclamará á Xunta o enorme gasto que estes traballos supoñen para a partida destinada a Educación.
O Concello de Baiona limpa os leitos dos ríos ante a chegada das choivas
Baiona prepárase para as choivas limpando os seus ríos. A concelleira de Medio Ambiente, Rosa María Domínguez Roda, deu conta dos traballos de limpeza que se van a levar a cabo nos ríos do municipio, de forma gradual, por parte de operarios municipais do departamento.
Os traballos comezaron xa a pasada semana no río Groba, parroquia de Santa Cristina da Ramallosa, baixo a supervisión da Concellería de Medio Ambiente logo de obter a autorización de Augas de Galicia. Salienta o Concello que ditas labores realizanse con especial coidado “á hora de protexer a flora e a fauna”.
“A actuación cubrirá máis de seis quilómetros de leitos na noso municiopio e permitirán mellorar as condicións de desaugadoiro dos ríos”. “Están a levarse a cabo traballos de retirada das árbores caídas, roza selectiva de masas de matogueira e herbáceas, podas e rareos”, apuntou a concelleira.
O Castelo de Soutomaior, pionero a nivel estatal tras acadar o certificado “Xardín Histórico Observer®” que o acredita como destino turístico científico
O Castelo de Soutomaior vén a converterse en pioneiro a nivel estatal tras acadar o certificado “Xardín Histórico Observer®” que o acredita como destino de turismo científico. A presidenta da Deputación de Pontevedra, acompañada do alcalde de Soutomaior, Agustín Reguera, no acto de entrega do distintivo amosou sentirse “encantada” de “poder formar parte dos destinos Observer® de turismo científico, porque vivimos nunha provincia que ten moitos valores para ser o centro desta modalidade turística”.
Silva, que falou do papel determinante que debe ter a ciencia, “e máis en momentos como os que vivimos”, destacou que noutros lugares do mundo como Francia ou Estados Unidos o turismo científico “ten un enorme pulo”. Neste eido, a presidenta detallou a importancia do distintivo, xa que esta modalidade “está a ter cada vez máis capacidade de atraer visitantes” e ten unha estreita relación coa sustentabilidade. “Nós cremos moito no turismo sostible, diferente, que salvagarde os valores. Este xardín é un marabilloso espazo natural, un orgullo para a provincia, Galicia e España, porque hai poucos coma este e ten todos os merecementos para cumprir coas rigorosas avaliacións que se fixeron para poder formar parte deste turismo científico”, destacou Silva. A presidenta adiantou ademais que, a partir de agora, se van poñer en marcha numerosas actividades ligadas ao turismo científico para “converter o castelo nunha referencia”. Pola súa banda, o alcalde de Soutomaior amosou tamén o seu orgullo pola “importante distinción que vén de recibir o castelo, a segunda importante tras ter acadado a de Excelencia Internacional”.
O Castelo de Soutomaior convértese así no primeiro do Estado en acadar o certificado de “Xardín Histórico Observer®” con mención especial, ao acadar as máximas cualificacións en parámetros como o patrimonio natural e cultural, a conservación, así como as visitas guiadas e a oferta de actividades. Na provincia hai outros catro destinos que contan coa certificación Observer®: a fervenza do Toxa en Silleda, a ponte de Rande, o Monte Aloia de Tui e o Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia.

Para acadar o certificado, que engloba a importancia ao longo da historia do recinto e acredita a súa singularidade para a realización de actividades de divulgación e turismo científico no eido da botánica e historia, o castelo tivo que someterse a unha auditoría con ata 197 medidas de valoración nas que “obtivo sobresaliente”, segundo a directora de Observer®, Maite Vence. Así, valoráronse moi positivamente as actividades de divulgación e márketing, o seu vínculo con organismos de investigación como a Estación Fitopatolóxica de Areeiro e tamén os protocolos de bioseguridade para facer fronte á Covid-19, nos que o Castelo sacou un 10 sobre 10.
Tras superar a fase de certificación, o Castelo de Soutomaior continuará avanzando cara ao seu posicionamento como destino de turismo científico cun complemento formativo para as/os guías, que terá lugar o 5 de outubro e, nos vindeiros meses, co desenvolvemento de contidos específicos, apostando polo turismo sostible e innovador. Nestes momentos está xa dispoñible na web https://www.observersciencetourism.com/es/ información detallada do castelo centrada na divulgación científica.
Press Trip de Turismo Científico
Tamén hoxe o Castelo de Soutomaior acolleu a parada dun press trip de xornalistas que están a afondar na provincia de Pontevedra como destino de turismo científico. Neste eido, visitaron o recinto histórico e o seu xardín representantes de El Viajero de El País, National Geographic, GCiencia e a revista Quo. A presidenta, Carmela Silva, afirmou que estaba segura que ían saír “namorados e namoradas deste lugar no que cada pedra, árbore ou camiño fala mellor da humanidade. Aquí está representado o mellor da humanidade desde o século XII”.
Alternativa por Mondariz denuncia graves cortes no subministro de auga no Barral, Gargamala
Alternativa por Mondariz alerta dos cortes de subministro de auga que están padecendo os veciños do Barrio de Barral en Gargamala. Un servizo tan imprescindible, unha necesidade tan básica precisa dunha solución urxente por parte do Concello, ben a través de auga embotellada ou cisternas.
AporM recorda que esa traída foi cedida o ano pasado ó Concello polos veciños. Moitos destes veciños son persoas de idade avanzada que teñen serias dificultades de mobilidade para poder abastecerse da auga das fontes.
A solución non pode pasar por agardar a que o depósito recupere o seu nivel como se cita no bando do Concello, cando os cortes xa non son de horas se non incluso de días.
3.000 máscaras enviadas polo Goberno Central distribúense polo Concello entre os colectivos máis vulnerables
Para facer fronte á crise sanitaria producida polo covid-19, o Goberno de España e a FEMP (Federación Española de Municipios e Provincias) achegaron á Deputación de Pontevedra un total de 97.500 máscaras para se repartan entre concellos da provincia.
Segundo os criterios de reparto establecidos, corresponden ao Porriño, 3.000 unidades que chegaron hoxe ao Concello.
A indicación que realizan o Goberno de España e a FEMP é que se reparta este material para que sexa utilizado polos colectivos máis vulnerables xunto cos operarios de servizos de limpeza, recollida de residuos sólidos, traballadores sociais e policías locais, entre outros.

Os concelleiros do goberno municipal dos que dependen esas áreas de xestión reunironse esta mañá para recepcionar o envío e por conseguinte iniciar xa o reparto, segundo acordaron Lourdes Moure, David Alonso e Sergio Casal.
O goberno municipal do Porriño quere amosar o seu agradecemento ao Goberno de España, á FEMP e á Deputación pola súa colaboración.
O Rosal adapta o seu auditorio municipal á nova realidade
O Concello do Rosal vén de levar a cabo os traballos de modificación do auditorio municipal para adaptar estas instalacións á nova realidade. Deste xeito, nos últimos días retiráronse varias filas de butacas e procedeuse á ampliación do escenario para poder garantir o mantemento das distancias de seguridade durante o seu uso tanto por parte da Escola de Música como durante os ensaios da Agrupación Musical do Rosal, con máis de 80 integrantes.

Con estes cambios na distribución do auditorio municipal búscase “manter viva a actividade cultural, algo que non sería posible sen a colaboración e o apoio que estamos tendo do tecido asociativo. Estas modificacións son un exemplo de todo o que se está a facer para adaptarse ás circunstancias e seguir mellorando e avanzando”, salienta a alcaldesa, Ánxela Fernández Callís.
Dende o Concello quérese agradecer o traballo desenvolvido pola Agrupación Musical do Rosal, que fixo un grande esforzo colectivo por continuar coa súa actividade de forma ininterrompida durante esta crise sanitaria e manter viva a cultura. Por suposto, tamén o recoñecemento a todos os operarios municipais, que levaron a cabo todos os traballos de adaptación con rapidez e axilidade para que a actividade continuara na maior brevidade de tempo posible.
O Concello de Tui condena as pintadas rexistradas no conxunto histórico nas últimas xornadas
O Concello de Tui condena as distintas pintadas rexistradas ao longo dos últimos días no conxunto histórico de Tui.
A rúa Sanz, tanto o empedrado da rúa, coma as paredes do cárcere vello e doutros inmobles situados neste emprazamento foron obxecto destes actos vandálicos. Dende o Concello de Tui faise un chamamento a respectar o noso patrimonio. As forzas e corpos de seguridade están a investigar estes feitos para poder localizar á persoa ou persoas que os cometeron.
[su_image_carousel source=”media: 21646,21650,21649,21648,21647,21653,21654,21655″ crop=”5:4″ link=”lightbox” autoplay=”0″]
O Concello reúnese coa Xunta para falar do desenvolvemento da área industrial do Rosal
O Concello do Rosal mantivo este mércores 23 de setembro unha reunión con responsables do Instituto de Vivenda e Solo (IGVS) para abordar a situación na que se atopa na actualidade o parque empresarial supramunicipal A Guarda-O Rosal. A alcaldesa, Ánxela Fernández Callís, acudiu ao encontro co director xeral do IGVS, Heriberto García, acompañada polo equipo técnico redactor do Plan Xeral de Ordenación Municipal do Rosal, que se atopa nestes intres en pleno desenvolvemento.
A execución deste parque empresarial, de máis de 272.000 metros cadrados de superficie situados en terreos do barrio de O Viso e de A Gándara, foi aprazada hai unha década pola Xunta de Galicia. Para o equipo técnico coñecer o plan previsto para esta zona é fundamental, xa que influirá directamente na redacción do novo PXOM do Rosal.
Para o Concello a posta en marcha deste parque empresarial de competencia autonómica é unha prioridade, xa que “o polígono supón unha aposta de futuro para o desenvolvemento do municipio”. “A área sur do Baixo Miño é unha zona moi activa cun marcado carácter transfronteirizo na que é esencial que haxa un asentamento industrial estable”, explica a rexedora. A creación dese solo industrial non soamente “permitiría xerar dinamismo económico na zona, senón que axudaría de forma importante por exemplo a fixar poboación”.
O Concello seguirá insistindo, traballando e colaborando para que o órgano competente, que é a Xunta de Galicia, priorice e desenvolva este parque empresarial.
Mañá venres concerto da banda de música Reveriano Soutullo
O Concello convida a toda a veciñanza a gozar do concerto da banda de música Reveriano Soutullo mañá venres ás 21 horas no parque da Feira Vella. Enmarcada na programación cultural e festiva do mes de setembro o concerto celebrarase, ao igual que o resto das actividades programadas, baixo estrictas medidas de seguridade con toma de temperatura ao entrar no recinto, hixienizacións de mans e mantendo sempre as distancias de seguridade sanitarias.
As persoas que o desexen poden reservar a entrada no número de teléfono 618 705 635 ou no enlace i.gal/concerto25.
Rematadas as obras de mellora de infraestructuras deportivas no campo municipal de Dextros
O concelleiro de Deportes Edgar Martínez revisa as obras realizadas no campo de fútbol municipal de Dextros xunto ao presidente da Sociedade Deportiva Salvaterra Antonio Gándara.
As obras que consistiron, básicamente, na mellora da acessibilidade en espazos públicos e melloras nos vestiarios e zonas comúns. Desde hoxe o Campo de Fútbol Municipal Dextros, en Salvaterra de Miño, conta con baños adaptados para persoas con mobilidade reducida.
O equipo de goberno de Salvaterra ten como unha das súas principais funcións a eliminación de barreiras e a integración de todos os seus cidadáns. Nestes últimos meses fomos adaptando a accesibilidade de algúns dos nosos edificios, así levamos a cabo a instalación dun salvaescaleiras da Casa da Cultura de Salvaterra e a adaptación dos baños. Pouco a pouco seguiremos traballando para facer unha localidade máis funcional para todos e todas.
Ponteareas amplía a máis rúas e parroquias a recollida selectiva de aceites de cociña usados
A Concellería de Medio Ambiente que dirixe a nacionalista Rosa Covelo ampliou a recollida selectiva de aceites de cociña usados coa instalación de novos colectores no centro urbano e en cinco parroquias que se suman á de Xinzo, a única que dispuña deste servizo.
No centro urbano pásase de 8 a 10 colectores ademais de recolocar algúns dos existentes para asegurar unha distribución máis axeitada. Aos xa existentes na Avenida de Castelao (2), Rosalía de Castro, Daniel Ojea, Carballos e Trobador Xoán García de Guillade, engádense as seguintes novas ubicacións: Braña, Vidales Tomé, Castiñeira e Paseo Matutino.
En canto ao rural, á parroquia de Xinzo, que xa contaba cun colector de recollida de aceite de cociña usados, únense agora as de Areas, Guillade, Padróns, Moreira e Santiago de Oliveira.
Rosa Covelo sinalou que “a nosa intención é ir paulatinamente ampliando o servizo, especialmente nas parroquias que aínda non dispoñen de colectores propios” e animou á veciñanza a facer uso dos existentes: “é importante para o medioambiente e a nosa calidade de vida reciclar os aceites de cociña usados evitando as súas verteduras por desaugadoiros, noutro tipo de colectores ou no entorno natural”. Para facer uso desta recollida selectiva débese introducir o aceite de cociña usado nunha botella hermeticamente pechada e depositala nos colectores específicos destinados á recollida de aceites. Segundo os datos do Concello, o pasado ano recolléronse nos colectores un total de cinco toneladas de aceite de cociña usado.
A concelleira de Medio Ambiente, Rosa Covelo, lembrou que “esta iniciativa enmárcase no noso obxectivo de avanzar na redución, a reutilización e a reciclaxe de residuos. No marco destas políticas encádrase a implementación da compostaxe individual no rural iniciada a finais do pasado ano e agora esta mellora na recollida selectiva de aceites de cociña usados”.



