8.7 C
Pontevedra
Xoves, 28 de Marzo de 2024
Máis
    HomeComarcasRedondelaO Goberno local reforza as medidas de seguridade do alumnado de Redondela...

    O Goberno local reforza as medidas de seguridade do alumnado de Redondela nas entradas e saídas dos centros escolares

    As decisións adoptadas póñense en marcha logo de ser consultadas e consensuadas polo Concellería de Educación coas ANPAS e equipos directivos cos colexios e institutos

    Co inicio do curso no ensino secundario, o Concello de Redondela vén de poñer en marcha unha serie de medidas tendentes a garantir a seguridade dos alumnos e alumnas á entrada e saída dos centros escolares. A maiores, establecéronse disposicións complementarias para os centros de ensino infantil e primaria de cara a evitar aglomeracións de alumnado tanto no acceso como saída dos colexios.

    As medidas adoptadas, explica a concelleira de Ensino, Olga García Ballesteros, “son de aplicación no exterior dos recintos escolares que é onde ten competencias o Concello e non así no interior dos mesmos onde os equipos directivos puxeron en marcha directrices de cara a garantir a seguridade dos seus alumnos e alumnas”.

    Entre as medidas adoptadas figura o establecemento dunha ‘zona de espera’ para o alumnado do IES Illa de San Simón na contorna da marisma. Dita zona evitará as aglomeracións tanto na entrada coma na saída ao dispoñer, rapaces e rapazas, de máis espazo que lles facilite manter a distancia de seguridade.

    No IES Mendiño restrínxese o acceso de vehículos particulares ao centro, debendo estes desviarse pola rúa que sube ata o centro de saúde. Ao igual que no caso anterior, a eliminación do paso de vehículos habilita amplas zonas para poder manter espazo entre o alumnado.

    No CEIP Reboreda, establécese dirección única na contorna do colexio con subida polo Camiño de Carambola e baixada polo camiño Colexio de Reboreda.

    No CEP Laredo anúlanse as tres primeiras prazas de estacionamento na entrada traseira do colexio, para gañar espazo para o alumnado é as familias tanto á hora de entrada como de saída.

    Finalmente, no CEIP Porto Cabeiro, instálanse redutores de velocidade e paneis informativos de ‘Zona Escolar’ nos lugares onde non existían. Ámbolos dous elementos contribúen a unha maior seguridade á hora de acceso ao centro.

    A alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, lembrou que todas as medidas, que serán efectivas a partir do vindeiro luns, terán vixencia “só durante os horarios de entrada e saída dos centros escolares, volvendo á normalidade unha vez pasadas esas horas”.

    Trátase, explicou a rexedora local “de iniciativas nas que o Concello, a través da Concellería e da Policía Local, leva tempo traballando” e se poñen en marcha “logo de estudar as necesidades dos distintos centros unha vez comezadas as clases”.

    Dadas as características diversas de cada un dos centros do municipio de Redondela, “adoptáronse medidas personalizadas para cada un deles e previamente consensuadas coas directivas dos colexios e as ANPAS”.

    A maiores destas medidas puntuais ás horas de entrada e saída, o Concello de Redondela, a través do SEIS (Servizo de Emerxencias, Incendios e Seguridade) realiza desinfeccións durante varios días á semana nos exteriores das zonas escolares o que supón un reforzamento das anteditas medidas de seguridade.

    A alcaldesa de Redondela salientou que, nos demais colexios de Redondela estanse a estudar, “xuntamente coas directivas e ANPAS, as medidas máis axeitadas a poñer en marcha en cada un dos centros”.

    En todo caso o Concello de Redondela insiste sobre a necesidade “de respectar escrupulosamente as medidas de prevención e a cumprir os horarios de entrada e saída estipulados por cada un dos centros”.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.