11.5 C
Pontevedra
Venres, 26 de Abril de 2024
Máis
    HomeO CondadoPonteareasO Concello adapta o Conservatorio de Ponteareas para iniciar o curso con...

    O Concello adapta o Conservatorio de Ponteareas para iniciar o curso con seguridade ante a Covid-19

    A Concellería de Ensino, que dirixe a tenenta de alcalde Cristina F. Davila, informou do inicio do curso escolar no Conservatorio e na Escola de Música Municipais na tarde do  mércores.

    Neste ano tan atípico por mor da pandemia da Covid-19, a concelleira de Ensino xunto coa Dirección do Centro Educativo decidiron tomar todas as medidas precisas para garantir o protocolo de actuación fixado polas autoridades sanitarias e a seguridade para a protección da saúde do seu alumnado.

    Deste xeito, informan que se reduciron as ratios nas aulas de materias colectivas ata un máximo de 12 alumnos/as mantendo un distanciamento de 1,5 m. Así mesmo, habilitáronse novas estancias para as especialidades de vento para manter 3m de seguridade, instalando biombos transparentes de protección; instaláronse  tamén mamparas separadoras entre alumnado en materias que requiren o uso de equipos informáticos e indicáronse os fluxos de tránsito de persoas polo centro con diferentes sinalizacións.

    A concelleira nacionalista sinala que, ademais, “faranse tomas de temperatura ao alumnado para acceder ás instalacións educativas, dotarase de xel desinfectante en todas as aulas e desinfectaranse durante as horas lectivas os baños, pasamáns, pomos de portas e ventás, aulas comúns a varios grupos, etc., a fin de previr posibles contaxios”.

    A semana pasada realizáronse as presentacións do curso académico por especialidades, onde se informou a toda a comunidade educativa da organización do presente curso e dos seus respectivos horarios, presentando o “equipo Covid” do Centro, que compartiu a normativa actual mediante a páxina web.

    “Neste intre estase a traballar na posta en funcionamento da aula virtual do centro a través dunha aplicación que permitirá o ensino non presencial se as circunstancias sanitarias o fan preciso”, sinala  Fdez. Davila. “Este goberno non escatimou en recursos para protexer tanto aos traballadores e traballadoras como ao alumnado do noso Centro, dándolle absoluta prioridade a un ensino seguro e de calidade”, engadiu a concelleira.

    A Concellería de Ensino lembra que continúa aberta a matrícula na Escola de Música ata final de mes para aquelas persoas que desexen estudar música no centro educativo, quedando algunha praza dispoñible en Gaita, Piano, Violín e Violoncello. O resto das especialidades están xa completas.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.