14.5 C
Pontevedra
Martes, 19 de Marzo de 2024
Máis
    HomeÉ NoticiaO Castelo de Soutomaior, pionero a nivel estatal tras acadar o certificado...

    O Castelo de Soutomaior, pionero a nivel estatal tras acadar o certificado “Xardín Histórico Observer®” que o acredita como destino turístico científico

    O Castelo pasou unha auditoría con 197 medidas de valoración nas que obtivo sobresaliente, entre elas “o 10 sobre 10” dos protocolos de bioseguridade fronte á covid-19

    O Castelo de Soutomaior vén a converterse en pioneiro a nivel estatal tras acadar o certificado “Xardín Histórico Observer®” que o acredita como destino de turismo científico. A presidenta da Deputación de Pontevedra, acompañada do alcalde de Soutomaior, Agustín Reguera, no acto de entrega do distintivo amosou sentirse “encantada” de “poder formar parte dos destinos Observer® de turismo científico, porque vivimos nunha provincia que ten moitos valores para ser o centro desta modalidade turística”.

    Silva, que falou do papel determinante que debe ter a ciencia, “e máis en momentos como os que vivimos”, destacou que noutros lugares do mundo como Francia ou Estados Unidos o turismo científico “ten un enorme pulo”. Neste eido, a presidenta detallou a importancia do distintivo, xa que esta modalidade “está a ter cada vez máis capacidade de atraer visitantes” e ten unha estreita relación coa sustentabilidade. “Nós cremos moito no turismo sostible, diferente, que salvagarde os valores. Este xardín é un marabilloso espazo natural, un orgullo para a provincia, Galicia e España, porque hai poucos coma este e ten todos os merecementos para cumprir coas rigorosas avaliacións que se fixeron para poder formar parte deste turismo científico”, destacou Silva. A presidenta adiantou ademais que, a partir de agora, se van poñer en marcha numerosas actividades ligadas ao turismo científico para “converter o castelo nunha referencia”. Pola súa banda, o alcalde de Soutomaior amosou tamén o seu orgullo pola “importante distinción que vén de recibir o castelo, a segunda importante tras ter acadado a de Excelencia Internacional”.

    O Castelo de Soutomaior convértese así no primeiro do Estado en acadar o certificado de “Xardín Histórico Observer®” con mención especial, ao acadar as máximas cualificacións en parámetros como o patrimonio natural e cultural, a conservación, así como as visitas guiadas e a oferta de actividades. Na provincia hai outros catro destinos que contan coa certificación Observer®: a fervenza do Toxa en Silleda, a ponte de Rande, o Monte Aloia de Tui e o Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia.

    Para acadar o certificado, que engloba a importancia ao longo da historia do recinto e acredita a súa singularidade para a realización de actividades de divulgación e turismo científico no eido da botánica e historia, o castelo tivo que someterse a unha auditoría con ata 197 medidas de valoración nas que “obtivo sobresaliente”, segundo a directora de Observer®, Maite Vence. Así, valoráronse moi positivamente as actividades de divulgación e márketing, o seu vínculo con organismos de investigación como a Estación Fitopatolóxica de Areeiro e tamén os protocolos de bioseguridade para facer fronte á Covid-19, nos que o Castelo sacou un 10 sobre 10.

    Tras superar a fase de certificación, o Castelo de Soutomaior continuará avanzando cara ao seu posicionamento como destino de turismo científico cun complemento formativo para as/os guías, que terá lugar o 5 de outubro e, nos vindeiros meses, co desenvolvemento de contidos específicos, apostando polo turismo sostible e innovador. Nestes momentos está xa dispoñible na web https://www.observersciencetourism.com/es/ información detallada do castelo centrada na divulgación científica.

    Press Trip de Turismo Científico

    Tamén hoxe o Castelo de Soutomaior acolleu a parada dun press trip de xornalistas que están a afondar na provincia de Pontevedra como destino de turismo científico. Neste eido, visitaron o recinto histórico e o seu xardín representantes de El Viajero de El País, National Geographic, GCiencia e a revista Quo. A presidenta, Carmela Silva, afirmou que estaba segura que ían saír “namorados e namoradas deste lugar no que cada pedra, árbore ou camiño fala mellor da humanidade. Aquí está representado o mellor da humanidade desde o século XII”.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.