Mércores, 11 Decembro de 2024

Alternativa por Mondariz denuncia graves cortes no subministro de auga no Barral, Gargamala

Alternativa por Mondariz alerta dos cortes de subministro de auga que están padecendo os veciños do Barrio de Barral en Gargamala. Un servizo tan imprescindible, unha necesidade tan básica precisa dunha solución urxente por parte do Concello, ben a través de auga embotellada ou cisternas.

AporM recorda que esa traída foi cedida o ano pasado ó Concello polos veciños. Moitos destes veciños son persoas de idade avanzada que teñen serias dificultades de mobilidade para poder abastecerse da auga das fontes.

A solución non pode pasar por agardar a que o depósito recupere o seu nivel como se cita no bando do Concello, cando os cortes xa non son de horas se non incluso de días.