8.7 C
Pontevedra
Martes, 23 de Abril de 2024
Máis
    HomeBaixo MiñoTomiñoA Eurocidade Cerveira-Tomiño planta a 'Arbore da Amizade' no parque de lecer...

    A Eurocidade Cerveira-Tomiño planta a ‘Arbore da Amizade’ no parque de lecer do Castelinho

    Con motivo da Semana Europea da Cooperación, os alcaldes da Eurocidade Cerveira-Tomiño, Sandra González e Fernando Nogueira, participaron onte venres nun acto simbólico de plantación da ‘Árbore da Amizade’ no Parque de Lazer de Castelinho. O dito asegura que a amizade é como unha planta, porque o seu fortalecemento require un coidado e atención permanentes.

    E esa é a mensaxe que os concellos de Vila Nova de Cerveira e Tomiño pretenden difundir e compartir, que a cooperación transfronteiriza, que aínda que é algo natural cómpre potenciala e dinamizala para constituírse como un factor de impacto positivo no benestar de ambas as dúas poboacións.

    A árbore seleccionada foi un carballo, elixido polas súas características de adaptación ao terreo e ás condicións meteorolóxicas, que medrará no pano de fondo o río Minho e o Espazo Fortaleza de Goián.

    O alcalde de Fernando Nogueira, subliñou que este acto é “o arraigamento dun símbolo da Amizade Cerveira-Tomiño que, baseándose nesta cooperación potenciada por Europa, permite fortalecer os lazos de amizade que hai ancestralmente entre dous pobos veciños, que hoxe son moi fortes e que queremos que sexan cada vez máis indestrutibles”. Á súa vez, a alcaldesa de Tomiño, Sandra González, engadiu que “as árbores, que significan natureza, contribúen á posta en valor deste medio natural obxecto da cooperación transfronteiriza que existe entre Cerveira e Tomiño e que tamén se axusta á axenda europea no ámbito da protección, preservación e posta en valor do patrimonio natural”.

    O Día Europeo da Cooperación celébrase anualmente na semana do 25 de setembro con múltiples accións levadas a cabo en diferentes rexións europeas co obxectivo de resaltar o potencial e a riqueza cultural presentes nos diferentes países que forman parte da Unión Europea.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.