11.1 C
Pontevedra
Xoves, 25 de Abril de 2024
Máis
    HomeO CondadoPonteareasReiniciadas as obras de reurbanización do primeiro treito da rúa San Roque...

    Reiniciadas as obras de reurbanización do primeiro treito da rúa San Roque en Ponteareas

    O goberno ponteareán do BNG-PSOE deu conta hoxe do reinicio das obras de reurbanización do primeiro tramo da rúa San Roque despois da paralización provocada polo abandono inxustificado da empresa adxudicataria que deixou sen rematar obras en múltiples concellos de Galicia.

    O Concello procedeu a licitar a continuación das obras despois de resolver todos os trámites legais precisos e esixir as responsabilidades, sancións e garantías á empresa adxudicataria, adxudicando en 91.480,83 € a continuación das obras de reurbanización deste primeiro tramo da rúa San Roque. Unha operación que conta co apoio dos fondos FEDER da Unión Europea no marco da estratexia ‘Ponteareas, Hábitat Saudable’ .

    O goberno local realizará un exhaustivo seguemento da obra e, nestes primeiros días, os técnicos revisan as canalizacións soterradas para garantir o seu bo funcionamento. “Agradecemos a comprensión e a paciencia da veciñanza que tivo que convivir coas obras e cos prazos e trámites complexos pero imprescindibles para garantir a legalidade e esixir todas as responsabilidades. Prazos que se prolongaron coa parálise do estado de alarma”, apuntou o goberno local.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.