7.6 C
Pontevedra
Venres, 29 de Marzo de 2024
Máis
    HomeVal MiñorNigránNigrán contribuirá á sostibilidade económica de Baisenpulgas cunha axuda directa de 4.000...

    Nigrán contribuirá á sostibilidade económica de Baisenpulgas cunha axuda directa de 4.000 euros anuais

    A protectora colaborará na recollida e custodia de cans e gatos durante a fin de semana ou na esterilización de felinos para o control de colonias

    O Concello de Nigrán consignará 4.000 € anuais para Baisenpulgas a través do seu orzamento a través dunha nova liña de axudas directas. Deste xeito, o goberno local colaborará oficialmente no mantemento desta protectora de animais da comarca formada por persoas voluntarias e que afronta constantes problemas de falta de recursos para poder desenvolver o seu labor. Así llo transmitíu esta mañá o propio alcalde, Juan González, e o edil de Medio Ambiente, Diego García, na súa visita ao refuxio de animais en Gondomar.

    “Fan unha labor marabillosa e imprescindible cuns medios escasísimos, desde o Concello temos colaborado mediante a recadación en eventos ou mercando comida, pero consideramos imprescindible consignar estes cartos anuais para de verdade contribuír a súa sostibilidade económica nun momento especialmente difícil tamén para eles”, incide o alcalde, Juan González. “A crise económica  está afectando moitísimo ás doazóns de particulares e empresas, de feito, durante o confinamento o Concello aportou 800 € en piensos ante a súa chamada desesperada en redes sociais, por iso urxía esta consignación económica”.

    Igualmente, a protectora será a encargada desde agora de recoller e custodiar os gatos e cans abandonados ou perdidos durante a fin de semana no municipio (actualmente o Concello de Nigrán presta servizo só para cans a través de CAAN da Deputación de Pontevedra, pero na fin de semana este servizo resulta moi complexo e urxía contar cunha solución máis inmediata).

    Protectora Baisenpulgas

    “Tiñamos a necesidade de ter a garantía de que o animal queda en perfecta e inmediata custodia durante a fin de semana, por iso cremos que esta é a a mellor opción para protexer aos animais e, ao mesmo tempo, apoiar o traballo desta entidade”, sinala o edil Diego García, quen engade que, ata agora, nas incidencias de sábados e domingos pedíase axuda á propia persoa que atopaba o animal ou algunha otra especialmente sensible.

    A maiores, o Concello de Nigrán contará con Baisenpulgas para iniciar o control de colonias silvestres de gatos mediante a esterilización dos mesmos. Actualmente o municipio ten media ducia delas en zonas urbanas (centro de Nigrán, Ramallosa, Patos ou San Pedro) e desexa que estas pervivan dun xeito controlado e mesmo garantindo a súa correcta alimentación con dispensadores de pienso e persoas ao cargo das mesmas. “Temos unha voluntaria encargada dos felinos e agora sumamos a Baisenpulgas para abordar este asunto con máis medios e dun xeito máis global”, explica Diego García.

    Desde a protectora inciden na importancia de sumar socios para poder desenvolver o seu labor correctamente. “Somos persoas voluntarias, temos os nosos traballos, isto é algo que facemos altruístamente, vimos cada día ao refuxio a pasear ao cans, atender os gatos, darlles as súas menciñas, tratamos incidencias urxentes, nos ocupamos de que reciban atención veterinaria… Para todo iso precisaríamos dispor de máis voluntarios”, subliñan desde Baisenpulgas, que fai un chamamento á colaboración (protectora.baisenpulgas@gmail.com). Igualmente, desde a protectora insisten na importancia de que todos os cans conten con microchip (obrigatorio por lei) e de que os gatos sexan esterilizados.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.