14.7 C
Pontevedra
Mércores, 24 de Abril de 2024
Máis
    HomeBaixo MiñoTomiñoO programa 'EncaixaT' preséntase á comunidade educativa de Tomiño no Consello Escolar...

    O programa ‘EncaixaT’ preséntase á comunidade educativa de Tomiño no Consello Escolar Municipal

    O Consello Escolar Municipal de Tomiño celebrou o pasado 18 de setembro a súa primeira reunión deste novo curso para abordar todas as novidades do vindeiro ano escolar. Durante este encontro, os e as integrantes do consello, composto por representantes de todo o tecido educativo, económico, social… tomiñés, coñeceron de primeira man o programa EncaixaT, un proxecto pioneiro co que se busca dar apoio ás familias que máis o necesitan dende un enfoque integral, positivo e participativo ofrecendo á mocidade un espazo onde o tempo de estudo se conxuga co traballo a nivel emocional e social e co fomento de hábitos saudables. Unha ferramenta innovadora que sitúa a Tomiño nunha referencia en políticas de infancia e adolescencia.

    O programa, posto en marcha a través so Servizo de Educación e Apoio Familiar (SEAF), arrancará este mes de outubro e estará dirixido a escolares de primaria e secundaria, especialmente a aqueles que se atopan en situación de vulnerabilidade. Dúas veces á semana reuniranse na Aula CEMIT para traballar en grupo, prestando tamén atención á diversidade e apoio individual a cada participantes.

    Estas sesións estarán centradas en dúas áreas de intervención. Por un lado, traballarase a formación socio-educativa a través de obradoiros específicos e actividades, cun programa enfocado a crear hábitos de estudo e outro ao tempo de lecer e a participación comunitaria. Por outra banda, darase ás e aos participantes apoio psicolóxico centrado na proxección de futuro, na resolución de problemas ou na autonomía persoal.

    Segundo os últimos datos do SEAF no intervalo de idade de 6 a 18 anos, atópase o 22% da poboación vulnerable que require de mecanismos de apoio, orientación e supervisión no seu desenvolvemento persoal, educativo e social.

    Outros temas

    Neste Consello Escolar Municipal o goberno local tamén deu conta de todas as obras de mellora realizadas nos centros escolares durante o verán, nas que se investiron máis de 60.000 euros. Traballos en 6 aulas unitarias do CRA Mestre Manuel Garcés, en cinco centros de educación primaria, nas dúas Galiña Azul e no IES Antón Alonso Ríos aos que se suman os labores de mantemento en todos os centros. Tamén se explicaron todas aquelas obras que se levarán a cabo no vindeiro período vacacional, no Nadal.

    Os centros escolares aproveitaron a xuntanza para explicar o protocolo que se está a aplicar como medidas preventivas pola COVID-19. Pola súa parte, o Concello explicou que está a asumir as tarefas de desinfección de todos os colexios, poñendo persoal polas mañás a disposición dos centros para poder desenvolvelas. O Concello reclamará á Xunta o enorme gasto que estes traballos supoñen para a partida destinada a Educación.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.