21.6 C
Pontevedra
Venres, 19 de Abril de 2024
Máis
    HomeBaixo MiñoO RosalO Rosal aprobas as bases para a concesión de subvencións para actividades...

    O Rosal aprobas as bases para a concesión de subvencións para actividades sociais

    Forma parte do Plan Estratéxico elaborado para unha planificación detallada a medio e longo prazo das axudas

    Por primeira vez na súa historia, O Rosal conta cun Plan Estratéxico de Subvencións, unha ferramenta a través da que realizar unha planificación detallada a medio e longo prazo das axudas ao tecido asociativo. Neste marco, o Concello aprobou este xoves 24 en pleno as bases e a convocatoria para a concesión de subvencións municipais a entidades sen fin de lucro para a realización de actividades sociais durante 2020. A estas axudas destinarase un orzamento de 5.000 euros.

    O obxectivo desta convocatoria é apoiar e promover en réxime de concorrencia competitiva a concesión de subvencións entre as entidades de carácter social que desenvolvan actividades que redunden no benestar social da veciñanza a través de accións de prevención, asistencia, incorporación social ou fomento e sensibilización da participación cidadá definidas como prioritarias dentro do ámbito de intervención de Servizos Sociais. A maioría das asociacións que realizan este tipo de actividades teñen un ámbito de actuación supramunicipal.

    As axudas irán destinadas a financiar proxectos de inclusión social para a cobertura de necesidades básicas ou que se executen directamente con persoas en situación de vulnerabilidade; de intervención con persoas maiores, dependentes ou con diversidade funcional; de atención no ámbito das drogodependencias ou para a realización de actividades socioculturais destinadas á poboación xeral.

    “Deste xeito buscamosapoiar na medida do posible o traballo que desenvolven as asociacións coa implicación da veciñanza, que contribúe á mellora da realidade do noso concello. Queremos darlle máis liberdade ao tecido asociativo para que poidan facer con eses fondos o traballo que xa veñen desenvolvendo, aínda que máis alá de axudas económicas seguiremos traballando man a man con eles en proxectos e actividades en común para poñer en valor e visibilizar o traballo do asociacionismo”, resalta a alcaldesa, Ánxela Fernández.

    Por outra banda, neste pleno tamén se procedeu á aprobación inicial para a actualización do inventario de Bens Inmobles municipais, no que se atopan dende todo tipo de terreos, parcelas ou prazas ata parques, escolas, lavadoiros, fontes ou bombeos. O último reconto destes bens municipais realizouse en 2006 e dende entón procedeuse á adquisición de novas parcelas e inmobles que non están rexistrados como propiedade municipal. Xunto a esta iniciativa tamén se trataron, xunto a outros temas, a aprobación dos festivos de carácter local para o vindeiro ano 2021, que serán o 16 de febreiro e o 26 de xullo.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.