18.3 C
Pontevedra
Sábado, 3 de Xuño de 2023
Máis
    HomeÉ NoticiaObxectivo "Culturminho": crear unha programación cultural transfronteriza

    Obxectivo “Culturminho”: crear unha programación cultural transfronteriza

    O ‘Culturminho’ terá unha segunda fase na que se proporán novos eventos culturais para os que se pedirán fondos europeos

    A Deputación de Pontevedra presentou onte en Tui o 1º Foro da Cultura do Rio Miño Transfronteirizo, ‘Culturminho’, que se vai celebrar en formato dixital os vindeiros 6, 7, 8 e 9 de outubro.  Trátase dun evento que, segundo dixo o deputado de Cooperación Transfronteiriza Uxío Benítez, servirá de lugar de encontro de todos os axentes culturais, asociacións, colectivos, concellos e outras entidades institucionais do territorio do Miño para fomentar a creación dunha programación cultural realmente transfronteiriza e conxunta para ambas marxes do río.  

    Ante as alcaldesas, alcaldes, concelleiros e concelleiras de cultura de Tomiño, O Rosal, Tui, As Neves, Arbo, A Guarda, Salvaterra, Salceda de Caselas, e outros da parte portuguesa do AECT Rio Minho, Benítez lembrou que no territorio do Miño existen xa numerosas experiencias como o Festival de Cans, o Play-Doc, o festival de poesía do Condado, ou o simposio de escultura Tomiño-Cerveira, polo que subliñou que o obxectivo do foro será visibilizar  e valorar esas experiencias, extraer conclusións e crear unha rede de axentes culturais que fortalezan os eventos xa consolidados e se programen outros novos, sobre todo coa idea de mellorar a promoción tanto na parte galega como portuguesa.

     “Queremos que os eventos que se fagan teñan repercusión no outro lado (da fronteira) e poida haber axendas e programacións culturais conxuntas seguindo unha liña conxunta que é consolidar un territorio transfronteirizo como é o do Rio Minho”, dixo, destacando a importancia de atraer público moi diverso.

    Benítez apuntou que o Culturminho terá dúas fases, esta primeira que se celebrará virtualmente a principios de outubro organizada pola Deputación, e unha segunda que se celebrará na primavera de 2021 –agárdase que de maneira presencial- que organizará a parte portuguesa, na que unha vez extraídas as conclusións se traballará na elaboración de novas propostas culturais para implantar no territorio para as que se buscará, ademais, financiamento europeo.

    O primeiro evento, encadrado dentro do proxecto europeo Smart Minho financiado con fondos europeos do programa ‘Interreg V-A POCTEP 2014-2020’, terá formato telemático e contará cada día pola tarde con mesas de debate e conferencias na que participarán persoas de colectivos e entidades que están a traballar na cultura e en eventos destacacados.

    Para participar hai que inscribirse, de balde, na páxina smartminho.eu/inscricionforocultura/. “Facemos un chamamento a todas aquelas persoas que viven a cultura e que participan, que sexan axentes, industrias culturais… a que tomen parque porque queremos amosar as experiencias existentes, pero tamén recoller suxestións para entre todos extraer ideas”, dixo Benítez.

    Pola súa parte, o director do AECT, Nogueira subliñou destacou que “é preciso agarrar todas as oportunidades para atraer quer axentes, quer público ao territorio transfronteirizo”, asegurando que a promoción e a divulgación son chaves para o éxito das iniciativas.

    Programa

    Xosé Aldea, responsable de ‘Ouvirmos’, a empresa organizadora do encontro subliñou que o programa Smart Minho “entende a cultura como un valor económico para o territorio”, polo que subliñou a importancia de ver as siñerxías, coñecementos e vías de colaboración entre ambas partes do río para “atopar un público común e compartido” ao que lle ofrecer unha programación conxunta.

    O xestor cultural tamén destacou a oportunidade que se abre con este foro ao apostar polo formato dixital. Asegurou que dado que a pandemia da COVID-19 deu un valor psicoterapéutico á cultura, é obrigado afondar nas posibilidades do streaming e na difusión ao vivo, xa que é un modelo “que chegou para moito tempo”.

    En canto ao programa, Aldea indicou que as xornadas comezarán todos os días ás 17 horas (GL). O martes 6 de outubro será o acto inaugural, e despois realizarase unha mesa redonda na que participarán representantes da Fundaçao da Bienal de Arte de Cerveira, do Festival de Cans, do Festival Folk Celta de Ponte da Barca, de Entre Margens ou do Festival de Vilar de Mouros.

    Ao día seguinte, o mércores, a charla versará sobre as experiencias de cooperación e cultura no Río Miño, con xestores e xestoras de ambas beiras como a Casa das Artes de Valdevez, o Simposio de escultura de Tomiño-Cerveira, o Folk Monçao, o IKFEM, ou Ponte nas Ondas.

    O xoves tomarase como centro o teatro e baixo o epígrafe ‘Palabra e escena no Río Miño’ exporanse iniciativas profesionais como as do Museo do Cinama Melgaço, As comedias do Minho, o Play-Doc, ou o Festival de Poesía do Condado.

    Finalmente, xa o venres cambiará o formato e en lugar dunha charla realizaranse dous relatorios, un sobre financiamento a cargo do asesor técnico do Ministerio de Cultura e Deportes na oficina Europa Creativa, Augusto Paramio, a quen se lle queren tamén trasladar as potencialidades do territorio do Miño. Por outra banda contarase coa participación de Miguel Ángel Cajigal, divulgador cultural coñecido como @elbarroquista con máis de 78.000 seguidores en Twitter.

    COLABORACIÓNS

    Aperitivos de hojaldre sin gluten

    Mayo es el mes de las personas celíacas. El día 16 se celebró el Día Internacional de la Enfermedad Celíaca y hasta este año, el 27 de mayo se celebraba en España el Día Nacional (este año nos unimos al resto de los países y lo celebramos el día 16).

    Ponteareas diante das eleccións (II): a Xeración do cambio, un recordo para que a Historia non se repita

    “De onde vimos? quen somos? onde imos?”. O título do cadro de Paul Gauguin e a letra da coñecida canción de Siniestro Total son interrogantes filosóficos que, aplicados ao mundano proceso electoral no que estamos inmersos, serven para lembrarnos que os procesos histórico-políticos son dinámicos e, polo tanto, teñen unha xénese no pasado que explica un presente que, á súa vez, condicionará o futuro decorrer dos acontecementos. A recente historia de Ponteareas non é unha excepción e, a poucos días das eleccións municipais, convén lembrala para non estar condenados a repetila.

    Ponteareas diante das eleccións (I): David contra Goliat e a utopía feita realidade

    Botando unha ollada atrás un non pode deixar de sorprenderse da rapidez coa que transcorre o tempo e a vida. Unha velocidade vertixinosa que tamén acompaña aos acontecementos e procesos sociais e políticos e que explica a facilidade coa que a sociedade pode esquecer tan axiña o seu pasado e, sobre todo, en política, ignorar de onde vimos, onde estamos e cara onde nos diriximos. Esquecemento dos que viviron eses procesos, mais tamén descoñecemento comprensíbel por razóns biolóxicas e xeracionais dos que daquela non naceran ou eran uns cativos.

    “The Last Of Us”

    Hace unos días, terminé de ver la primera temporada de la serie "The Last Of Us", una serie basada en la historia de un videojuego inspirado en un mundo apocalíptico.

    Colaboradores

    Alberto Aliaga Sola
    20 POSTS0 COMMENTS
    Bea Sanfa
    14 POSTS0 COMMENTS
    Manrique Fernández
    83 POSTS0 COMMENTS
    Paz de la Peña
    42 POSTS0 COMMENTS
    Ricardo Canosa Bastos
    14 POSTS0 COMMENTS
    Roberto Mera
    8 POSTS0 COMMENTS
    Avatar
    1 POSTS0 COMMENTS