Domingo, 25 Maio de 2025

Tomiño prosegue a recuperación de espazos para uso público coa reforma do parque do Campo da Feira

0

O parque urbano do Campo da Feira, situado moi preto da praza municipal, atópase na actualidade conectado a este espazo a través da Rúa da Feira, urbanizada con beirarrúas estreitas e de difícil accesibilidade para o uso peonil, o que sumado ao muro de granito que o rodea provocan que estea afastado e agochado do resto do núcleo urbano. O feito de ter que cruzar a avenida Gondomar, que conta cun elevado tráfico, tamén facilita este illamento.

É por estas cuestións que o Concello de Tomiño levará a cabo un proxecto de reforma que o incorpore ao espazo público peonil do núcleo do Seixo, achegándoo ao resto dos equipamentos a través da mellora da accesibilidade para os peóns e favorecendo a súa percepción como un elemento integrado e atractivo.

A intervención terá varios eixos cos que se pretende levar a cabo a integración. Por un lado conectarase a Praza do Seixo coa Rúa da Feira a través dun gran espazo en plataforma única, no que os vehículos se eleven de cota ata a plataforma da Praza, tratándoo como un espazo de prioridade peonil.

Tamén se creará unha beirarrúa de 3,50 metros na rúa da Feira, mellorando a accesibilidade e favorecendo o uso peonil do espazo público, dotándoa de árbores ornamentais e bancos. A rúa Santa María de Oia, situada fronte ao parque, pasará a ser unha prolongación do mesmo coa creación dunha plataforma única que sitúe a estrada e as beirarrúas ao mesmo nivel. Pasará a ser un espazo peonil con tratamento compartido, pavimentada con adoquíns e formigón do mesmo xeito que a rúa Buenos Aires e a Praza da Mina.

Retirarase o muro que separa o parque da rúa, facilitando á súa integración, substituíndo por un banco en forma de zigzag e xerando áreas de estancia. Tamén irá acompañado dunha estrutura luminosa coa mesma forma, coa que se mellorará a iluminación do espazo e contribuíndo a crear unha percepción de espazo aberto e acolledor. Con todo, a intervención non só conservará a vexetación existente no parque, senón que servirá para realzar a súa visibilidade, poñendo en valor unhas árbores de gran relevancia histórica presentes no lugar desde a época na que se realizaba a tradicional feira do gando.

A actuación dará como resultado a creación dunha área moderna e contemporánea, continuando coa aposta da recuperación do espazo público para as persoas a través do fomento da mobilidade peonil e poñendo tamén en valor a arquitectura co uso de iluminación específica que resalte o seu atractivo.

O proxecto atópase en prazo de presentación de ofertas ata o vindeiro 20 de abril e conta cun orzamento base de licitación de 250.000 euros financiados ao abeiro do Plan Concellos 2020.

Ignacio Sánchez Otaegui, “aínda que manteremos o espírito da proba, este ano introduciremos cambios no Conde de Gondomar”

0

Ignacio Sánchez Otaegui é o comodoro do Monte Real Club de Iates de Baiona e responsable das regatas e todo o que atinxa ao apartado deportivo do Club. Nesta entrevista fai un repaso, polo miúdo, das regatas celebradas ata o momento, das dificultades derivadas da COVID-19 e pon foco tamén nas competicións máis próximas.

Cómpre salientar que sas 9 regatas programadas en 2020, o Monte Real Club de Iates puido celebrar 7 –Liga de Inverno de J80, Campionato Galego de Optimist, Campionato Galego de Solitarios e A Dous, Trofeo Conde de Gondomar, Trofeo Príncipe de Asturias, Liga de Outono de J80 e Liga Española de Vela–, unha boa cifra nun escenario repleto de cancelacións a causa do COVID19.Este ano, a previsión do club é poder celebrar 10 competicións, pero

todo dependerá, do mesmo xeito que en 2020, das restricións que vaian aprobando as autoridades para evitar o avance do coronavirus, unhas medidas que obrigaron a pospoñer o inicio das competicións de xaneiro a febreiro, pero que deron luz verde ás seguintes regatas.

A primeira das citas deportivas do Monte Real foi a liga de Inverno Baitra J80, que se está celebrando e prolongarase ata o próximo mes de maio. Un dos participantes habituais desa liga de monotipos é o comodoro do Monte Real Club de Iates, Ignacio Sánchez Otaegui, responsable da parte deportiva do club baionés, co que falamos das regatas programadas para este 2021.

Tanto como comodoro como regatista estará a desexar que se recupere a normalidade deportiva, non?
Desde o comezo das restricións á mobilidade e práctica deportiva, o MRCYB tentou desenvolver o seu programa deportivo e o ano pasado cumprímolo ao 85 por cento. Este ano a nosa intención é continuar coa mesma idea e, aínda que comezamos con fortes limitacións, espero, como comodoro e regatista, poder cumprir os nosos obxectivos e algún máis que propuxémonos para este ano.

Coa liga de Inverno Baitra J80 xa en marcha celebraron tamén a Clasificatoria Galega de Optimist e o Campionato de España de Optimist, dúas competicións de vela lixeira. Aínda que o 90 por cento das competicións do Monte Real son “para maiores”, sempre programan algunha dedicada ás futuras promesas. Hai que seguir apostando pola vela infantil?
A vela infantil é a base da vela deportiva e de competición e só poderemos ter regatistas de alto nivel se logramos unha masa crítica ampla sobre a que destaquen os mellores. Con todo, o obxectivo do Club non é ter aos mellores competidores. Máis ben consideramos o éxito deportivo como unha consecuencia pola concorrencia de moitos nenos na nosa escola, que se divirtan no mar e que gocen deste medio desde moi pequenos.

Á volta da esquina están xa o Trofeo Comunica e o Trofeo Repsol, dous clásicos do calendario que levan anos sendo patrocinados polas mesmas empresas, algo bastante complicado nos días que corren. Como se consegue convencer a un patrocinador para que aposte pola vela, un deporte que moitos consideran minoritario?
É complicado, e non porque as empresas non queiran, se non porque moitas veces non poden. A situación cambiou co paso dos anos e os patrocinios xa non son o que eran, pero moitas empresas seguen entendendo a necesidade de apostar polo deporte e a repercusión positiva que iso ten para elas a nivel de imaxe. No caso de Repsol, no club temos a sorte de contar con eles desde hai moitísimos anos e estámoslles enormemente agradecidos.

Patrocinan unha das regatas máis emblemáticas do club, a Regata de Primavera, que desde hai xa tempo todos coñecen como Trofeo Repsol. Con Comunica levamos menos anos pero a súa aposta pola vela parece firme e esperamos poder contar con eles por moito tempo máis.

Foto © Lalo R. Villar

Conseguir ser sede dunha TP52 Super Series devolve ao noso club á súa presenza en grandes eventos internacionais da vela

O ano pasado, metidos de cheo na pandemia, convocaron aos medios para soltar o ‘ bombazo’ de que conseguiran que as 52 SUPER SERIES recalasen en Baiona. Finalmente non será en 2021 como anunciaron senón en 2022 para salvar os posibles problemas coas restricións do COVID. Como queda un despois de lograr que unha das tres competicións de vela máis importantes do mundo celébrese no seu club?
O MRCYB sempre tivo vocación internacional, de feito cabe lembrar as regatas Plymouth-Baiona, as Bermudas-Baiona de outrora e mesmo o feito de ser o primeiro club español en presentar un desafío Copa América no ano 1989. Conseguir ser sede dunha TP52 Super Series devolve ao noso club á súa presenza en grandes eventos internacionais da vela. É un dos nosos obxectivos e ademais reforza a proxección de Baiona, as Rías Baixas e de Galicia como destino de calidade nun evento de gran impacto mediático.

En xuño chega o Campionato Galego de Solitarios e a Dous, unha das probas autonómicas máis emblemáticas, que se converteu case nunha competición do Monte Real, porque levan 10 anos consecutivos organizándoa. Que ten de especial esta regata para que aposten tanto por ela?
É unha regata que efectivamente nos gusta moito pola boa acollida que ten na frota. É diferente pola esixencia que supón e organízase nunha data moi atractiva, no comezo do verán e con bo tempo. A Real Federación Galega de Vela segue apostando por nós como organizadores e a nosa intención é manter no noso calendario esta proba, que ademais leva o nome de Memorial Rafael Olmedo, en recordo do que durante moitos anos foi presidente do noso club, ademais dunha persoa moi querida.

E este ano, ademais, vén con novidades. No marco de todo un programa de iniciativas que estamos a poñer en marcha para impulsar a vela feminina, conseguimos que a competición teña, a partir de agora, un apartado específico para mulleres, con trofeo específico para elas. Con iso esperamos conseguir que se moitas das patroas e regatistas galegas anímense a participar no campionato.

Xullo volverá ser, como sempre, o mes do Trofeo Conde de Gondomar, que cumpre o seu cuadraxésimo sexta edición. Nos últimos anos foron introducindo nela unha serie de cambios cos que se modificaron percorridos e probas. Cóntenos cal foi o obxectivo destas modificacións e se teñen previsto realizar algunha máis neste 2021.
A regata Conde de Gondomar é a proba máis antiga das que actualmente organiza o Monte Real e probablemente a máis emblemática e diferente, xa que combina navegación de altura, media distancia e percorridos técnicos. Este ano, a pesar de que a nosa intención é manter o espírito da proba, queremos introducir unha variante na súa etapa máis dura, a subida a Carrumeiro Chico, un antigo faro moi próximo a Fisterra, de tal forma que se divida en dúas etapas con chegada en Portosín. Antes de tomar a decisión, comentámola cos armadores e participantes habituais e a verdade é que tivo boa acollida.

O que non cambian é o Trofeo Príncipe de Asturias, que segue co mesmo esquema e sendo, ademais, a súa regata máis exitosa, a de maior participación e na que todo o mundo quere regatear. O ano pasado foi o primeiro no que viviu a regata como comodoro do club e non só como regatista. Como de complicado é organizar unha proba como esta?
A organización desta regata é o maior reto deportivo e social anual do club. O é en ambos os aspectos xa que por unha banda habemos de procurar a mellor organización dos diferentes campos de regata para as distintas categorías de embarcacións e todo iso cos seus oficiais de regata, balizadores, lanchas pneumáticas, mariñeiros, prensa, etc. E por outra banda, dar unha cobertura en terra para os máis de 500 regatistas que compiten nesta prestixiosa proba do calendario nacional. Como digo, é todo un reto, pero afrontámolo ben grazas á experiencia de levar xa moitos anos organizándoa.

Despois do Príncipe, a final de ano volven, centrarse nos J80 coa celebración da liga de Outono. Trátase un monotipo polo que levan anos apostando e co que lograron ser seleccionados para a celebración do Mundial de 2023. Que máis queda por facer con respecto aos J80?
É certo que o club apostou fortemente por esta clase, que segue en crecemento e que ten na actualidade unidades nos nosos pantaláns competindo regularmente. O Mundial de 2023 é un premio a esta traxectoria e marcámosnolo/marcámonolo como unha referencia para organizar outros campionatos de carácter nacional como o Campionato de España de 2022 e a Copa de España de 2023. Todo para conseguir chegar a esa cita tan importante co mellor nivel competitivo.

Fixemos un percorrido bastante amplo polas regatas do Monte Real Club de Iates neste 2021, agora só queda que o COVID permita celebralas, non?
Así é. Haberá que esperar a ver como evoluciona a pandemia, pero somos optimistas. Desde o momento en que se adoptaron medidas restritivas, na práctica deportiva o Monte Real adaptouse á situación e organizouse a actividade da escola de vela e das regatas ás normas que en cada momento permitían algunha modalidade de práctica da vela. Neste sentido habemos de destacar que se realizou practicamente todo o programa de regatas e actividade da vela en 2020.

Este ano esperamos que, aínda que algunha proba póidase ver aprazada, podamos cumprir o programa no seu maior parte. En calquera caso, gustaríame destacar tamén que, na situación que estamos a vivir, constatamos un maior interese pola práctica da vela e iso alégranos moito.

O Concello de Gondomar implica aos centros escolares na dinámica da compostaxe

0

O Goberno local de Gondomar aposta pola compostaxe como contribución á mellora medioambiental. Por ese motivo o concello que preside Paco Ferreira pon ao dispor dos colexios que o soliciten, un composteiro individual de 300 litros onde poderán reciclar os residuos orgánicos que se xeneren nel.

Así mesmo –e no caso de que entre os seus proxectos escolares se inclúa unha horta escolar– o Concello tamén lles ofrece compost procedente dos centros comunitarios de Gondomar.

Segundo confirman desde o departamento do Medio Ambiente “a resposta foi moi positiva e maioritaria, demostrando a súa implicación en actividades que permitan sensibilizar ás novas xeracións na loita contra o cambio climático e a defensa da riqueza natural do noso concello”.

Por último, a iniciativa impulsada por Medio Ambiente contempla a posibilidade de impartir charlas formativas nos centros educativos, tanto ao profesorado como ao alumnado, para explicar o correcto uso e mantemento do composteiro, tal e como xa se realizou no CEIP Neira Vilas, respectando en todo momento as medidas de seguridade sanitarias recollidas na normativa COVID19.

Nova entrega composteiros veciñanza

Esta campaña súmase as que xa se veñen realizando dende a Concellería de Medio Ambinete, que xestiona Brais Misa, como e o reparto de composteiros individuais entre a veciñanza que o solicitou no que é unha clara aposta do Goberno de Gondomar pola compostaxe.

Nesa liña, cómpre salientar que este pasado mércores mércores entregouse unha nova decena deles que se suman aos preto dos 300 que ata o de agora repartirónse entre aquelas persoas interesadas en reciclar os seus residuos orgánicos con este sistema.

A Deputación inicia o ensanche e mellora da seguridade viaria na estrada Os Valos-Guizán, Redondela

0

A Deputación de Pontevedra xa ten en marcha as obras de ensanche e mellora da seguridade viaria na EP-2906 Os Valos-Guizán en Redondela, que permitirán a transformación integral desta estrada, na que se reordena a circulación peonil, ciclista e rodada baixo o modelo de mobilidade segura e amable da Deputación. Esta ambiciosa actuación, na que o ente provincial inviste máis de 320.000 €, ten un prazo de execución de cinco meses.

A esperada obra desenvólvese nun tramo de 740 metros da citada estrada (do pq. 2+180 ao 2+920), que ten un total de 2,9 quilómetros e conecta a PO-2602 co aeroporto de Peinador e a N-550. Trátase dun treito moi densamente poboado, de xeito que esta reordenación integral busca mellorar a seguridade, promover unha mobilidade urbana sostible para favorecer o transporte ciclista e peonil e reducir as emisións de carbono.

As obras contemplan a modificación da sección da estrada con solucións destinadas á mellora da mobilidade e o calmado de tráfico. Os traballos comezaron no tramo comprendido entre o pq 2+180 e o PQ 2+390, onde xa se actuara coa construción dunha beirarrúa na marxe dereita, polo que as obras céntrase na beiravía esquerda, cunha importante ampliación para a mellora da seguridade viaria. A continuación, na zona de maior densidade vaise crear unha plataforma única de convivencia entre peóns e vehículos coa correspondente sinalización horizontal e vertical. Dende este punto engadirase sección á estrada para gañar un carril peóns-bicicletas. Para elo habilitarase unha franxa con elementos separadores, de 50 cm de anchura, para protexer a senda peonil ciclista, que terá outros 2 metros de ancho.

A actuación tamén permitirá reducir a velocidade do tráfico no viario a 30 quilómetros por hora, mellorando as condicións de seguridade peonil, e coa redución dos niveis de ruído, gases de efecto invernadoiro e emisións de CO2. Haberá para elo redutores de velocidade e no treito de plataforma única reducirase o límite aos 20 quilómetros por hora.

Procederase tamén ao soterramento dos cables aéreos e á instalación dun novo sistema de iluminación, substituíndo os actuais farois dun elevado consumo, por outros que reducirán o impacto enerxético e medioambiental. Ademais, optimizarase o alumeado, que actualmente só está pensado para o tráfico, ás novas circunstancias de mobilidade integral. A desaparición dos actuais postes de formigón contribuirá, a maiores, á mellora da seguridade.

O Multiúsos da Xunqueira acolle ata o vindeiro 21 de abril a exposición ‘Rexas, mulleres baixo o terror franquista’

0

Dende onte sábado e ata o vindeiro día 21, o Multiúsos da Xunqueira de Redondela, acolle a mostra ‘Rexas, mulleres baixo o terror franquista’, unha exposición que pretende reivindicar a memoria das vítimas do golpe de Estado de 1936 cunha escolma da historias de represión sufridas por 172 pontevedresas que foron perseguidas, asasinadas, encarceradas e, ademais, polo feito da súa condición de mulleres, soportaron tamén vexacións de corte sexista.

A exposición chega a Redondela logo de que o Colectivo Republicano se puxera en contacto co Concello para que tramitara a súa solicitude á Deputación de Pontevedra. A alcaldesa Digna Rivas, agracedeu “o enorme interese e determinación” amosado polo Colectivo Republicano de Redondela para que ‘Rexas, mulleres baixo o terror franquista’ poida amosar á veciñanza “a realidade dun dos episodios máis escuros da nosa historia recente”.

“Grazas a esta iniciativa e das terribles imaxes que ofrece –engadiu a rexedora local– podemos aprender para que un feito semellante nunca máis volva a acontecer”. Rexas é “unha ollada obrigada ao pasado máis duro e triste, para poder mirar ao futuro con esperanza”.

Na inauguración da exposición a súa creadora, a xornalista e escritora Montse Fajardo, explicou a quebra dos dereitos acadados na II República e fixo un percorrido polas distintas tipoloxías de represión (asasinato, cárcere, castigos sexistas como a rapa do pelo ou vexacións sexuais, depuración laboral, desterro ou exilio).

Finalmente fixo fincapé no verdadeiro significado da exposición que non é outro, dixo, “que render unha homenaxe ás mulleres pontevedresas que a pesar da barbarie seguiron adiante, rexas, termando da sociedade e converténdose en apoio fundamental para os fuxidos, as persoas presas e as familias perseguidas”.

Rexas, mulleres baixo o terror franquista

A exposición está dividida en tres bloques. Un primeiro dirixido á contextualización histórica, que conta que o golpe de Estado supuxo unha quebra dos dereitos da República tanto no relativo ás clases como desde o punto de vista das mulleres que pasaron a ser tratadas “como menores de idade ou sempre dependentes de varón”.

A segunda parte da exposición, a máis longa, analiza as diferentes tipoloxías de represión e mostra que, a pesares de que as cifras amosan que os homes son maioría nas listaxes de vítimas, as mulleres non só padeceron as mesmas tipoloxías de represión ca eles, senón que ademais foron obxecto de vexacións de corte sexista aplicadas non só a aquelas cidadás significadas política ou sindicalmente, senón tamén ás familiares de homes perseguidos: foron rapadas, agredidas sexualmente, tatuadas, arrastradas con cordas ou obrigadas a bailar espidas diante da xente.

Finalmente, a terceira e última parte da mostra dedícase a “recoñecer o labor solidario e resistente das mulleres, o seu apoio imprescindíbel á guerrilla, aos fuxidos, á xente presa e ás súas familias, ás viúvas e criaturas orfas, así como o seu protagonismo na transmisión da memoria”.

43 mulleres da comarca de Vigo e do concello de Redondela

En total, “Rexas” fala de 172 mulleres con inclusión de historias de todas as comarcas da provincia. A selección mestura nomes máis coñecidos como os de Urania Mella, María Gómez, Josefa García Segret, Placeres Castellanos ou Josefina Arruti, con outros máis anónimos, na maioría de perfil humilde, que tiñan máis risco de ficar no esquecemento. Así, xunto as mulleres máis fáciles de atopar na bibliografía da temática, inclúense biografías ata o de agora inéditas como a de Dolores Buján (Cuntis), Asunción Berea (Marín) ou Elena Valverde (O Porriño).

Entre as 43 mulleres da comarca de Vigo que se citan, figura a historia de Emilia Cabaleiro Amoedo, labrega de Cabeiro (Redondela), asasinada aos 54 anos. Un veciño seguiuna cando ía co seu fillo Antonio levar comida a catro homes de Vigo a Lavadores, onde estaban agochados nunha cova, e delatouna. Despois de sometela a abusos sexuais e torturas, asasinárona, igual que ao seu fillo e os catro fuxidos. A memoria oral conservou que lle cortaran os peitos e lle meterán na boca os xenitais de Antonio.

O CPA Condado de Salvaterra campión Galego de Grupos Show Junior

O pasado 10 de Abril celebrouse en Salceda de Caselas o Campionato Galego de Grupos Show Junior e Cuartetos, alí, o Club Patinaxe Artistica Condado, coa coreografía Unidade 630 revalidaba o título de Campión Galego na modalidade de Grupos Junior. Con esta vitoria, o grupo junior conseguía praza para participar no próximo Campionato de España que se celebrará en Alcoy o 7 e 8 de Maio.

Unidad 630

Este galardón súmase aos xa obtidos en pasadas edicións, tendo así na súa palmarés o ouro no Campionato Gallego do 2016, 2018, 2020 e 2021 e converténdose dun dos clubs referencia da patinaxe artística galega.

Podio Grupos Junior

En segunda posición rematgou o Ribex de Tui coa coreografía Culpable? e en terceira posición o Club Ribeira de Ribeira coa coreografía O famoso roubo en rosa.

Na modalidade de cuartetos, ouro para o Club Axel de Arteixo coa coreografía Renacer; prata para o C. P Alquimia de Carral con Tentación e terceira posición para o Club Ribeira coa coreografía Querido Avó.

Nigrán renovará toda a sinalización do espazo dunar de Praia América-Lorido incluíndo sistema braille e audioguías

0

O Concello de Nigrán dá un paso máis na posta en valor do espazo dunar de Praia América-Panxón ao destinar 17.000 para renovar a totalidade da sinalización do ecosistema dunar Praia América-Panxón e facela inclusiva. O proxecto, que estará rematado ao inicio da tempada estival, permitirá homoxeneizar e actualizar toda a sinaléctica actual, moi deteriorada tralo paso dos anos, e mellorar sustancialmente os deseños e o tratamento interpretativo dos textos.

“Os paneis existentes teñen décadas de antigüidade, foron feitos en diferentes épocas con distintos materiais e deseños e están moi danados polo efecto do sol e a salinidade ou mesmo presentan pintadas. O obxectivo é outorgar unha visión de conxunto uniforme cunha información actualizada e un deseño atractivo”, xustifica o alcalde, Juan González, quen incide na importancia de que se sumará ao proxecto de accesibilidade universal ‘Un Nigrán para todos’, o que implica que os paneis xerais disporán de sistema de lectura braille e se ofrecerán audioguías descargables en MP3.

A nova sinalización incluirá fotografías, infografías ou debuxos e ofrecerá á veciñanza e visitantes unha información xeral sobre a importancia do ecosistema dunar ademáis de información específica sobre as especies máis emblemáticas da súa flora e fauna (moitas delas únicas e ameazadas pola perda destes espazos) así como da problemática das especies exóticas invasoras. A maiores, nesta renovación incorpóranse tamén paneis panorámicos para a interpretación da paisaxe e a evolución histórica do ecosistema. “En definitiva, a nova sinalización invitará a realizar o paseo completo ao tempo que concienciará sobre a importancia de preservar este espazo”, incide González.

Así, constará dunha mesa panorámica instalada na zona da desembocadura do río Muíños cunha ortofoto onde se visualizarán os elementos representativos da paisaxe; dous paneis xerais sobre o ecosistema dunar no principio e fin das dunas; un panel en perspectiva lonxitudinal do ecosistema dunar e unha infografía sobre a gradación das distintas áreas dunares; un panel sobre as especies invasoras de flora e o seu impacto; outro panel coas especies de flora dunares, a súa importancia e as súas ameazas; un panel sobre aves máis representativas da contorna no observatorio ornitolóxico; un panel sobre a Historia e evolución do ecosistema dunar que contrapoña fotos antigas e actuais; un panel sobre a fauna das dunas (anfibios, moluscos, lepidópteros, insectos); dous paneis de zona prohibida a cans na desembocadura do río Muiños para a protección das aves e explicación do motivo; e, finalmente, dous paneis da zona prohibida baño na desembocadura do río Muiños. Asimesmo, os textos dos paneis xerais estarán en braille e as audioguías descargables en MP3 desde a web municipal serán de 10 minutos de duración en galego e castelán e con locución e mezcla de son ambientais.

“Trátase de dar unha continuidade ás actuacións que vimos realizando desde hai anos para por en valor a contorna prestando ao mesmo tempo especial atención á accesibilidade, como facemos con cada proxecto”, destaca o rexedor. De feito, esta acción engádese á subvención de 45.451,23 € recibida recentemente por parte do GALP que permitíu ao Concello dotar do primeiro observatorio de aves a contorna do espazo dunar de praia América-Panxón, instalar máis ramplas accesibles, mellorar o peche perimetral ou realizar roteiros de sensibilización ambiental e xornadas de voluntariado destinadas a erradicar a herba carniceira e a margarida africana, dúas especies invasoras con gran presenza.

O alumnado de Animación Sociocultural e Turística pon unha nota de cor no noveno aniversario do Centro de Día de Sabarís

0

Con motivo do noveno aniversario do Centro de Día de Sabarís, o alumnado do 1° Curso do Ciclo de Grado Superior de Animación Sociocultural e Turística do IES Primeiro de Marzo, en Baiona, organizou unha actividade para acompañar as persoas usuarias nesta celebración.

A través da música, o baile e a narración dunha historia interactiva puxéronlle unha nota de cor a esta celebración. Toda a actividade tivo que realizarse no exterior e sen contacto directo coas persoas usuarias, a través das cristaleiras do centro, polos protocolos COVID-19 establecidos para este tipo de centros, polo que a organización da actividade supuxo todo un reto para o alumnado.

A relación entre a entidade e o IES xa é un habitual, posto que o alumnado, como forma de complementar a súa formación, interactúa coa comunidade que lle rodea, enriquecendo así a súa formación ó tempo que presta un servicio no súa contorna máis próxima.

Ponteareas reforza a seguridade viaria na N-120 ao seu paso polo IES do Barral

A Concellaría de Mobilidade e Tráfico de Ponteareas informou da entrada en funcionamento dos dispositivos de redución de velocidade na N-120 no entorno do IES do Barral. A comezos de ano o Concello instalou un semáforo que dotou de seguridade a esa zona, posibilitando que a comunidade educativa poida atravesar a calzada coa máxima seguridade. “Con esta medida produciuse un evidente calmado do tráfico nos horarios de entrada e saída ao centro educativo e gañouse en seguridade, especialmente para o alumnado”, sinala Roberto Mera, concelleiro de Mobilidade e Tráfico.

Agora, a funcionalidade do semáforo ampliouse e conta cun dispositivo que detecta os vehículos que circulan a máis de 50 km/h, velocidade máxima permitida no lugar, de maneira que a maior velocidade o semáforo se pecha. O edil de Mobilidade e Tráfico lembrou que “un dos obxectivos do goberno é combater a violencia viaria e lograr unha redución da velocidade de circulación dos vehículos nas zonas urbanas”. Mera lembrou que “fomos pioneiros e criticados ao establecer límites de velocidade no centro urbano a 30 e 20 km/h, unha medida que agora se está implantando na maioría dos concellos da provincia e que será norma xeral en todo o Estado”.

Roberto Mera sinalou que o Concello está preparando unha proposta de mellora do acceso a pé ao IES do Barral. “Actualmente, dende o Paseo Matutino existen moitos tramos sen beirarrúa e ningunha protección para os peóns, de maneira que os douscentos nenos e nenas que adoitan acudir a pé ao centro vense obrigados a camiñar pola calzada e cruzar interseccións sen pasos de peóns, como acontece no acceso e saída da gasolineira”. Mera explica que “esta situación é inadmisíbel e por iso queremos negociar co Ministerio unha solución urxente”.

A Policía Local de Ponteareas investiga a subtracción de sinais de tráfico na zona do Centro de Saúde

A Policía Local de Ponteareas investiga a subtracción na noite do xoves ao venres de varios sinais de tráfico instalados o xoves para a nova reordenación do tráfico no entorno do Centro de Saúde. Os sinais foron retirados por persoas descoñecidas e ocultadas en varios lugares das inmediacións onde foron localizadas.

A Policía Local realiza indagacións para identificar ao autor ou autores desta acción, que constitúe un delito contra a seguridade viaria penado con prisión de seis meses a dous anos de cárcere.

O concelleiro de Mobilidade e Tráfico, Roberto Mera, considerou “lamentábel e intolerábel estes comportamentos” e asegurou que “se investigará para localizar aos autores”. Mera engadiu que “tamén temos detectado comportamentos consistentes en retirar ou modificar a posición de sinais temporais que prohiben estacionar por razón de obras ou eventos o que tamén constitúe unha infracción”.

O edil nacionalista advertiu que “non imos consentir que uns poucos desprecen as normas de convivencia e para erradicar estas actitudes inadmisíbeis actuaremos coa máxima contundencia”.

Redondela reforza os servizos de emerxencias coa aprobación plenaria de creación do GES Redondela-Mos

0

O Pleno do Concello de Redondela, reunido en sesión extraordinaria, aprobou o pasado xoves, cos votos a favor do Grupo Municipal Socialista e PP, o convenio de creación do GES (Grupo de Emerxencias Supramunicipal) Redondela-Mos, co que o concello redondelán pasará a contar cun total de 6 efectivos de xeito permanente.

O convenio, redactado pola Xunta de Galicia e apoiado pola FEGAM (Federación Galega de Municipios e Provincias) e a Deputación de Pontevedra, supón un mínimo custo para as arcas municipais xa que a subvención do mesmo “cubre as novas contratacións –para sumar aos efectivos xa existentes–, e permite reforzar os medios materiais”, sinalou o Grupo Municipal Socialista.

A alcaldesa Digna Rivas asegurou que, se ben “non é o convenio ideal, si permite dar un primeiro paso no obxectivo de contar cun servizo de emerxencias adecuado á importancia de Redondela”. Nese sentido lembrou que xa na oposición e dende facía 8 anos, “dende o PSOE víñamos reclamando ao entón Goberno do PP o reforzo deste servizo” algo que, aclara Digna Rivas, “o goberno popular puido facer no ano 2013 de ter levado a pleno este mesmo convenio. Os motivos polos que non o fixo, habería que preguntarllos a eles”.

Nese punto insiste a rexedora local que “seguiremos loitando para que Redondela poida contar cun servizo de emerxencias acorde coa importancia, extensión e poboación do municipio. É un obxectivo irrenunciable para este Goberno”

Cómpre salientar que un ano antes, no 2012, o Goberno popular levaba a pleno “unha especie de proxecto piloto de tan só tres meses de duración e con contratacións ‘a dedo’, algo ao que naquel momento os e as socialistas opuxémonos tanto polo sistema de contratación como por tratarse dun parche que non aportaba ningunha solución”.

“Aprobamos este convenio por responsabilidade, porque Redondela necesita un GES capaz de cubrir as súas necesidades e porque teríamos que explicar á cidadanía o motivo de rexeitar unha subvención de 136.371 euros para a súa creación”, apuntou Rivas quen, ao mesmo tempo, saíu ao paso de determinadas informacións “tan tendenciosas como falsas” nas que se aseguraba que Redondela asumiría os gastos de catro concellos.

“O GES de Redondela cubrirá emerxencias en Pazos en Soutomaior, sempre que as circunstancias o permitan e dando lóxica prioridade aos sucesos que acontezan no noso municipio, aínda que non comparto que estes dous concellos poidan beneficiarse do servizo, sempre que sexa posible –insistiu– e que non acheguen ningunha contraprestación económica”.

Digna Rivas ten claro que todo isto teríase evitado “coa posta en marcha da Área Metropolitana á que, por motivos claramente partidistas, opúxose o Partido Popular e o exalcalde de Redondela, antepoñendo eses intereses ao ben xeral da veciñanza”.

En canto a un convenio co Concello de Vigo, a alcaldesa redondelá lembrou que foi ela “a que desbloqueou a situación de enfrontamento que o anterior Goberno tiña coa alcaldía de Vigo establecendo un borrador de protocolo”. Hai que aclarar, engadiu Digna Rivas, “que nese caso, ao igual que agora faremos nós, as emerxencias de Vigo terían prioridade sobre as que aconteceran aquí”.

A alcaldesa de Redondela restou importancia ao voto en contra de AER, os seus socios de Goberno, ao sinalar que “este é un Goberno formado por dous partidos que conflúen na maioría dos temas pero noutros, como é neste caso, temos puntos de vista distintos”. O lóxico, engadiu, “é que cada un defenda a súa postura sen que iso supoña problema algún porque entra dentro do xogo democrático”.

Salceda tratará o ‘catastrazo’ do Ministerio de Hacienda nun Pleno Extraordinario

O vindeiro xoves, 15 de abril, celebrarase un Pleno Extraordinario no Concello de Salceda para tratar diferentes iniciativas que ofrezan facilidades á veciñanza á hora de facer fronte aos pagos derivados do proceso de regularización que está a levar a cabo o Ministerio de Hacienda a través da Xerencia do catastro.

O Pleno foi solicitado polo Partido Popular de Salceda con dous puntos na orde do día, e ámbolos dous casos coinciden coas iniciativas do equipo de Goberno, que xa puxo en marcha os dous procesos antes de que fosen solicitados por parte do Partido Popular. Aínda así, os puntos, nos que coinciden os tres grupos políticos da corporación, serán debatidos nunha sesión plenaria extraordinaria.

As últimas novas chegadas ao Concello de Mos, onde a Xerencia de Catastro rexeita a moratoria solicitada polo Pleno dese Concello, veñen a ratificar a posición do goberno municipal dende o principio do procedemento, xa que sempre deixou claro que o proceso non tiña marcha atrás, tal como se tiña confirmado dende catastro, e que calquera tipo de solicitudes nesa liña eran irreais, e con un afán unicamente populista.

O PP de Salceda, con ese mesmo afán populista, pretendía facer os mesmos trámites, enganando deste xeito á veciñanza de Salceda, cunha solicitude que sabían perfectamente que non era posible levar a cabo tal e como se lle explicou por parte do equipo de goberno despois de confirmar a información coa xerente de catastro.

En canto aos puntos a debater no vindeiro Pleno, no que se refire á posibilidade de iniciar o proceso de modificación da ordenanza reguladora do IBI para unha posible baixada do tipo impositivo, a alcaldesa emitiu providencia de solicitude de informe á intervención municipal xa o pasado 10 de marzo, informe que foi emitido xa o 22 do mesmo mes, e que agora está a ser estudiado para ver as posibilidades de modificación.

Tamén o 25 de marzo, dende a alcaldía, emitiuse providencia ao departamento de servizos sociais para que emitan informe das posibles bonificacións sociais que se poidan levar a cabo, e que será estudiado en canto se elabore. De tódolos xeitos, as posibles modificacións da ordenanza que se poidan aprobar, legalmente non se poderían aplicar ata o vindeiro ano.

O segundo punto da orde do día busca que o Concello solicite á ORAL a emisión dos recibos dos catro anos de retroactividade un cada ano, en vez de facelo de xeito conxunto todo neste ano. A propia alcaldesa, Loli Castiñeira, está en contacto dende fai semanas co servizo da ORAL para estudiar as diferentes opcións, sen que ata o de agora por parte da ORAL se confirmase a posibilidade de realizar este reparto das anualidades, e polo tanto a día de hoxe non se pode saber si será posible.

O Concello trasladoulle á ORAL o interese na posibilidade de reparto deses recibos sen que iso conleve a xeración de xuros, algo que terá que ser confirmado por parte do organismo de recadación. Lembran dende o goberno que a ORAL ofrece a posibilidade do fraccionamento dos recibos, para aquelas persoas ás que lles resulte imposible afrontar os pagos dunha soa vez.

Mos manterá suspendida temporalmente a actividade dos furanchos

0

A Reunión da Comisión de Seguemento da Evolución da COVID-19 no Concello de Mos –a número 39 dende que comezou a crise sanitaria– reuniuse baixo a presidencia da alcaldesa Nidia Arévalo e, entre outras medidas, adoptou a de manter a suspensión temporal da actividade dos furanchos “en base á situación sanitaria actual”.

Na xuntanza, na que estaban presentes as concelleiras e concelleiros do Goberno local e técnicos e técnicas municipais que forman parte da Comisión, quedou claro que a hostalaría precisa, nestes momentos, máis apoio que nunca “ao atoparse nunha tesitura enormemente delicada”. Porén, en canto se avance no proceso de desescalada e se estabilice a situación, a Comisión Municipal de Seguemento “volverá a estudar a valorar a posibilidade de apertura dos furanchos”. Decisión da que se informará debidamente chegado o momento.

Abordáronse durante a mesma todos os temas relativos á evolución da crise sanitaria no municipio, a actual situación en Mos (con nivel de incidencia medio-baixo), e as medidas que inflúen ao municipio e que son de especial interese para a veciñanza.

Entre elas a limitación da permanencia de grupos de persoas a un máximo de catro en espazos pechados, e de seis en espazos abertos ou ao aire libre, sexan de uso público ou privado, agás que se trate de convivintes, que entrou en vigor hoxe hoxe sábado 10 de abril.

Test de saliva entre os e as adolescentes

Seis farmacias de Mos farán tests de saliva entre os adolescentes para detectar casos positivos de Covid-19. Trátase de todas as farmacias existentes no municipio que comezarán a realizar a proba o próximo luns día 12 de abril. Os seis despachos de farmacia –Mos, Puxeiros, Rebullón, Peinador, Sanguiñeda e Pereiras– comezarán o lúns día 12 a relizar o seu cribado para detectar a COVID-19.

Desde as farmacias lembran que os tests poderán ser realizados por moz@s de 12 a 17 anos que deberán acudir persoalmente e aportar DNI e tarxeta sanitaria. Ademais de facilitar un teléfono móvil xa que se o resultado é negativo recibirán un SMS comunicádollo e se é positivo serán citados para PCR.

Tamén piden que os/as interesados/as en facer a proba non acodan todos o propio luns, senón que o fagan escalonadamente pois haberá tempo de sobra para realizar este cribado. Así mesmo insisten en que non deben achegarse para levar a cabo o test aqueles moz@s que teñan síntomas da COVID-19.

O procedemento consiste na recollida de saliva na casa e entrega na farmacia.

Testar ao maior número de xente posible para detectar canto antes a persoas contaxiadas e illalas. Ese é o obxectivo do SERGAS e da Consellería de Sanidade no que colaboran as farmacias, entre elas as 6 farmacias mosenses, o 100% das existentes no Concello de Mos, polo que a colaboración dos/as farmacéuticos/as deste municipio é máxima.

Como funcionarán?

O proceso é sinxelo. As boticas que se uniron á iniciativa terán dispoñibles os kits de saliva para a recollida de mostras, que se lle facilitarán a todos os mozos e mozas que voluntariamente queiran participar.

  • Cales son os requisitos?
    • Esta proba está dirixida ás persoas de entre 12–17  anos con tarxeta sanitaria. A iniciativa non está contemplada para persoas con síntomas, só para asintomáticos.
  • Cales son os pasos para seguir?
    • Aqueles cidadáns que cumpran os requisitos pódense dirixir a unha das farmacias adheridas. O farmacéutico daralle un tubo que leva un código de barras. A mostra deberase recoller á primeira hora da mañá, en xaxún e antes de lavarse os dentes. Hai que entregala na farmacia antes das 10.30 horas.
    • O farmacéutico/a será o encargado de recoller a mostra e rexistrala no sistema, tamén lle pedirá o número do teléfono ao paciente. A distribución farmacéutica levarao ao laboratorio. Se o resultado é negativo, a persoa recibirá un SMS no móbil, pero se é positivo citaráselle para facer unha PCR nasofaríngea.
  • Onde e cando?
    • Desde o próximo lúns día 12 de abril nas 6 farmacias de Mos
    • María Elena Villar López.  Carretera Porriño-Redondela, 160. Tlf. 986336013
    • Irene Sánchez Otero.  Avenida do Rebullón, 1 – Alto de Puxeiros. Tlf. 986487094
    • Leónides Vázquez Fernández.  Avenida do Rebullón, 30 – Tameiga. Tlf. 986486245
    • Francisco Javier Carrillo Lema.  Carretera Peinador – Os Valos, 3 – Torroso. Tlf. 986486550
    • Rodríguez Miralles C.B.  Avenida Sanguiñeda, 96 Tlf. 986330330
    • Mercedes Abellás Rosende.  Carretera Porriño – Gondomar, 50 – Pereiras. Tlf. 986333487

A Xunta acondiciona as zonas verdes das sendas en Praia América e a Ramallosa

0

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade está a executar o acondicionamento das zonas verdes nas sendas das estradas PO-340, na Ramallosa, e da PO-325, na travesía de Praia América, no concello de Nigrán. A Xunta, aproveitando as tarefas de mantemento que se están a executar nas marxes das estradas autonómicas na provincia, está a levar a cabo estas semanas traballos de axardinamento nos itinerarios peonís e ciclistas destas dúas vías.

En relación á estrada PO-325, na zona de Praia América, estes días estívose a acondicionar a banda axardinada da senda para colocar posteriormente plantas, concretamente agapanto.

Para efectuar estes labores, realízanse de xeito previo o terreo compacto das zonas axardinadas, o aporte e estendido de terra vexetal e a revexetación por hidrosembra con mestura de sementes herbáceas.

No que se refire á estrada PO-340, ao seu paso pola zona da Ramallosa, executouse a semana pasada a colocación de postes de madeira para evitar que os vehículos invadan esa zona ao aparcar.

Tamén se acondicionou esta contorna da senda con substrato, colocándose manta antiherbas e a correspondente plantación.

Cómpre lembrar que o Concello asumirá ao remate das obras da Xunta o mantemento destas novas zonas axardinadas.

Ponteareas asinará un novo convenio coa Deputación para dar continuidade ao servizo de administración electrónica

0

O Goberno de Ponteareas (BNG-PSOE) elevou a Pleno a súa firme intención de volver a asinar un novo convenio coa Deputación de Pontevedra para dar continuidade ao servizo de implantación, formación, soporte e mantemento dunha solución de administración electrónica na administración municipal. A proposta do goberno, defendida no pleno polo concelleiro socialista Benito Márquez, foi aprobada por unanimidade de tódolos grupos políticos. 

En decembro de 2016 o concello de Ponteareas adheriuse, a través dun convenio, ao plan da Deputación de Pontevedra de dotar aos concellos cunha poboación inferior a 50.000 habitantes para a implementación dunha solución electrónica. Esta convenio permitiu a implantación na administración municipal dun xestor de expedientes e dunha sede electrónica que lle permitiu ao concello acadar grandes avances en pouco tempo instaurando o expediente electrónico, garantindo o cumprimento das obrigas recollidas na Lei 39/2015, do 1 de outubro, de procedemento administrativo común nas administracións públicas e na Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público. 

“Neste sentido, permitiu ter tódolos seus expedientes organizados e localizados, evolucionando do expediente en papel ao expediente electrónico, a través da incorporación da sinatura electrónica en tódolos seus expedientes, o que supuxo aforrar custes en papel”, indicou o concelleiro socialista Benito Márquez. “Ademais, púxose en funcionamento a sede electrónica que permite aos veciños e veciñas poder relacionarse de xeito electrónico co concello sen ter que acudir fisicamente a el, consultar os seus expedientes e rexistros, recibir notificacións electrónicas, realizar pagos telemáticos e verificar a validez de documentos electrónicos, o que redundou de xeito significativo na relación cos cidadáns permitindo reducir tempos e prazos na tramitación dos expedientes”. 

“A implantación da administración electrónica no concello foi un gran avance que nos permitiu dar maior seguridade aos procedementos administrativos e maior axilidade na resolución, e con este novo convenio queremos seguir polo camiño de modernización da administración municipal que vimos desenvolvendo dende o 2015”. 

O convenio terá unha duración dun ano, prorrogable anualmente ata un máximo de catro. A Deputación financiará o 75 % do custe da solución, tendo que aportar o concello 5500 euros anuais. 

Areeiro chama a vixiar as viñas ante a previsión de cambios meteorolóxicos

A Estación Fitopatolóxica Areeiro, centro dependente da Deputación de Pontevedra, vén de lanzar un novo aviso fitosanitario no que fai fincapé na necesidade de aplicar os tratamentos contra o mildio de xeito razoando e non por calendario, como se fixo tradicionalmente, cumprindo deste xeito coa normativa vixente.

Ademais, dende Areeiro recalcan que é imprescindible realizar as intervencións cando o vento estea en calma ou haxa unha brisa lixeira para que os produtos queden na viña e non sexan arrastrados a outras zonas, tal e como aconteceu nos últimos días. Dende o centro poñen tamén o foco na necesidade e iniciar a vixilancia nas viñas posto que as condicións meteorolóxicas deron lugar a aparición dunha primeira mancha de mildionunha zona do Salnés, aínda que se considera un feito excepcional.

Caracois nas viñas

O persoal técnico da Estación non detectou ningunha outra praga ou patóxeno de relevancia mais si dá aviso da presenza de caracois nalgunhas viñas que poden eliminar parte das follas e gromos, e ser mesmo un problema en predios con escaso crecemento.

Fíos de seda Cydalima

En canto á praga da bolboreta do buxo, á que se facía mención no último aviso, cabe destacar que a súa situación é variable segundo a efectividade dos tratamentos xa realizados así como da súa situación máis ou menos exposta das sebes. Polo tanto, é preciso revisar periodicamente as plantas e tratalas se aínda hai eirugas vivas.

Avance da Cydalima en sebe non tratada

Doutra banda, no que respecta ás camelias, Areeiro considera que é o momento para aplicar un tratamento fronte aos ácaros responsables da caída do botón floral.

Nigrán financia a terapia canina que durante todo o vindeiro curso escolar ofrecerá o centro Juan María

0

O Concello de Nigrán financiará con 8.500 € a terapia canina do Centro de Educación Especial Juan María (Parada) durante todo o vindeiro curso escolar, así o confirmou hoxe mesmo o alcalde nunha visita para coñecer de preto esta metodoloxía con beneficios científicos contrastados. Deste xeito, o alumnado continuará recibindo estas sesións que estrearon este ano coa empresa especializada Yaracan tras autofinanciarse coa venda de almanaques solidarios.

“Estamos moi agradecidos a todas as persoas que mercaron ese almanaque porque permitiron levar adiante este proxecto marabilloso que, agora, continuaremos da man do Concello de Nigrán”, sinala Alberto González desde a dirección do Centro. Así, igual que neste curso, no próximo a totalidade dos 35 alumnos seguirán a participar neste programa complementario de educación asistida un día á semana en horario lectivo e en sesións individuais ou en aula atendendo ás necesidades concretas de apoio educativo; a terapia desenvolverase con catro cans e os seus respectivos técnicos especialistas.

“Desde a dirección do centro pedíronnos este apoio e no Concello de Nigrán non dubidanos que o queremos ofrecer como parte da nosa política de ‘Un Nigrán para todos’, estamos encantados de sumar”, explica o alcalde de Nigrán, Juan González.

Desde a propia empresa especialista e o CEE Juan María destacan que á activación emocional positiva que xera o contacto cos cans súmase que non xulgan, non senten mágoa e trátannos a todos por igual. O feito xa contrastado de que favorecen a redución do ritmo cardíaco, a diminución da presión arterial e a segregación de endorfinas e oxitocina, permite traballar en áreas cognitivas, psicomotrices, comunicativas e sociais como un potente recurso de apoio para os profesionais do CEE Juan María.

Abril, mes dos libros en Ponteareas

A Concellaría de Cultura do Concello de Ponteareas, para celebrar o Día Mundial do Libro e o Dereito de Autor –que se conmemora o 23 de abril–, levará a cabo unha serie de presentacións de obras de autoras vinculadas co municipio da Vila do Tea. O propósito é, para alén de homenaxear o soporte principal a través do que se comunica a cultura, destacar a importancia dunha creación “literaria” propia que chega a través de diferentes xéneros: ensaio, poesía (para todas as idades) e novela.

Premer para ampliar

Os actos de presentación desenvolveranse todos na sala multiúsos do auditorio municipal. O ciclo de presentacións iníciase o 15 de abril co libro de Anabel Antela Castro A lingua galega no sector téxtil. Visión, opinión e posición da xeración millenial galega. Seguirá o sábado 17, da man da autora Hortensia Bautista e da súa ilustradora Aurora Quinteiro, para descubrir Bambán de vento, unha proposta para o público infantil e xuvenil. O xoves 22, a poeta Teresa Ríos Noya presenta a seu primeiro poemario Non estamos preparados para medrar. O día 29 de abril, Yaiza Cameselle falará sobre a súa primeira obra La guerra de Elisabeth. E, para clausurar este ciclo, Alexandro Bouzó presentará a súa primeira novela: Pensamiento contrafáctico, o día 30 de abril.

“Nestes intres, en Ponteareas, a creación literaria está vivindo unha etapa de esplendor coa aparición de autoras e autores novos que abarcan os distintos eidos das letras. Para nós, esta é a actividade que pecha o ciclo que abrimos cos obradoiros de escrita creativa que levamos realizando dende o ano 2015 –agora mesmo en funcionamento un sobre escrita teatral que guía a dramaturga covelense Laura Porto– e que alimentamos convocando diferentes certames e premios de creación literaria e investigación e publicando volumes cos textos premiados” sinala o edil de Cultura, o nacionalista Fernando Groba Bouza.

Tomiño acondicionará a vía de acceso á praza de San Salvador de Tebra

0

O Concello de Tomiño levará a cabo obras de reforma e acondicionamento na vía de acceso a San Salvador de Tebra, que conecta a estrada PO-344 coa praza principal da parroquia. Esta mañá estiveron visitando o lugar a alcaldesa de Tomiño, Sandra González, a concelleira de Medio Ambiente, Ana Belén Casaleiro, o concelleiro de Servizos Públicos, Lois Vázquez Calvo, e o arquitecto encargado do deseño, Xavier Pousa, onde se reuniron con varios veciños para ensinarlles o proxecto.

A intervención suporá unha renovación completa do tramo, procurando darlle coherencia coa urbanización da praza situada nas inmediacións da igrexa e do Centro Cultural, empregando materiais similares aos utilizados neste espazo. A actuación facíase necesaria para acondicionar un espazo que levaba acumulando un notable deterioro, especialmente no pavimento das zonas peonís.

O proxecto formula unha modificación na sección da vía, actualmente formada por dous carrís para tráfico rodado e beirarrúas a ambos lados, mais que contan cun ancho bastante reducido. A intervención procurará ampliar as zonas de uso peonil e reducir a de uso rodado, pasando a ter a calzada 5,30 metros de ancho fronte aos 6,90 actuais, o que permitirá reducir a velocidade dos vehículos pero mantendo a dobre dirección.

O espazo restante irá destinado ao uso peonil, distribuído en dúas beirarrúas: unha de un metro de ancho no marxe esquerdo e outra de 2,5 metros, cumprindo deste xeito a última coa normativa de accesibilidade. Na beirarrúa máis ancha, situada na marxe dereita, o alumeado público irá acompañado de árbores de tipo ornamental. Toda a vía estará á mesma altura, facéndoo completamente accesible, empregando aglomerado asfáltico para o pavimento rodado e formigón pulido coloreado para as zonas peonís.

O proxecto atópase pendente de adxudicación e conta cun orzamento base de 107.366,02 euros, que serán será financiados ao abeiro do Plan Concellos 2020.

A Cañiza estrea o seu parque central cun singular espazo público de convivencia para a veciñanza

0

O Concello da Cañiza vén de gañar un novo e moderno espazo público de convivencia para a veciñanza co novo Parque Central, unha obra que supón unha auténtica transformación na vila e que foi financiada con achegas do Plan de Reequilibrio e o Plan Concellos da Deputación de Pontevedra. A presidenta provincial, Carmela Silva, e o alcalde do municipio, Luis Gómez Piña, acompañados do deputado de Cooperación, Santos Héctor, e da corporación municipal, estiveron onte na estrea oficial deste equipamento no núcleo central do concello, que cumpre coa filosofía da institución provincial de recuperar espazos para a cidadanía.

Carmela Silva: “Espazos como este marcan unha forma de cambiar, apostar e construír e son unha mostra da transformación que estamos a facer na provincia para que todas as persoas poidan desfrutar de servizos vivan onde vivan”

Carmela Silva, subliñou que este emblemático parque “vai ser un lugar de encontro” e destacou o feito de que a placa conmemorativa cite “que é un lugar de convivencia, porque iso tamén marcha unha forma de transformar e construír concellos; ter lugares de reunión onde a xente se poida atopar e convivir. Iso crea un modelo de sociedade”. Abundou en que a obra “é unha mostra da transformación que estamos a facer en toda a provincia”. “Transformación –dixo– que vai garantir que toda a xente teña dereitos e servizos viva onde viva. E por fomentar que o espazo público sexa recuperado para as persoas, para que poidan desfrutar de todos aqueles equipamentos que fan que se sintan máis felices de vivir nun lugar. Son das convencidas de que a única posibilidade de manter a poboación en todo o territorio é garantir que todas as persoas poidan ter aqueles servizos que se demandan no século XXI”.

Click para ampliar

A obra do novo parque que, como indicou o alcalde Luis Piña, tivo un orzamento en torno aos 415.000 euros, financiouse con fondos do Plan de Reequibrio e o Plan Concellos. Neste senso, Carmela Silva lembrou tamén que na Cañiza a Deputación tamén ten investido a través do Plan DepoRemse e na modernización das infraestruturas provinciais “que están no concello ou o conectan con outros”. “Este investimento –engadiu a presidenta – foi unha boa decisión, porque crea un plan, un espazo para a xente. Pero quería dicirlles ás veciñas e veciños que isto non remata aquí, xa que imos a facer un esforzo moi importante durante o ano 2021 e 2022 para mobilizar a economía en toda a provincia de Pontevedra. Somos moi conscientes de que esta pandemia global xerou moitas dificultades á economía e moi particularmente aos concellos con menos recursos. Polo tanto, imos tomar decisións para seguir apoiando aos concellos e A Cañiza terá a axuda da Deputación como tivo ata agora”.

Pola súa banda, o alcalde destacou que o Parque Central “é un lugar de convivencia e de lecer e un punto céntrico para desfrute do conxunto da veciñanza”, unha obra que como dixo “vai na liña da filosofía da propia Deputación de humanizacións e espazos onde a cidadanía gañe zonas para convivir e desfrutar”. O rexedor agradeceu a presencia de toda a corporación, recordando que esta infraestrutura naceu co apoio unánime de todos os grupos, e subliñou que puido financiarse grazas ás achegas da institución provincial, en concreto do Plan de Reequilibrio, “que nacía coa intención de corrixir o déficit inversor da Deputación nos anos anteriores con respecto ao noso termo municipal” e o Plan Concellos.

[su_image_carousel source=”media: 34088,34086″ crop=”5:4″ link=”lightbox” autoplay=”0″]

Para Piña, este é “un instrumento fundamental na actuación municipal no conxunto da provincia e, na Cañiza, aquelas actuacións que se viron nos últimos anos teñen todas o selo do Plan Concellos. Este parque hoxe existe porque ti Carmela estás á fronte da Deputación e porque dalgunha maneira implantaches a filosofía do Plan”. Por último, o alcalde quixo ter un recoñecemento para unha veciña da zona, Inocencia Pérez, que facilitou ao Concello de xeito gratuíto un terreo da súa propiedade e que recentemente faleceu a consecuencia da pandemia.

O proxecto do Parque Central consistiu na urbanización e desenvolvemento da zona verde, limítrofe con outro parque, o Doutor Heriberto Fuentes, cunha superficie de 4.429 metros cadrados. Habilitouse unha nova zona de ocio, xogos e descanso, con diferentes áreas interconectadas para xogos infantís e xuvenís, zona deportiva, espazos verdes e xardíns. A actuación artellouse en base a elementos circulares, que acollen cada unha das citadas zonas, e serven de estabilizadores da topografía, e o conxunto completouse coa dotación dunha estrutura de xardíns e arboredo. O proxecto contemplou tamén a rehabilitación do hórreo existente e dotouse ao recinto dos servizos de saneamento, drenaxe e iluminación.

O Concello mellora a accesibilidade da Praza de Santiago como primeiro paso á recuperación da súa fonte

0

O Concello de Redondela vén de realizar traballos de mellora da accesibilidade á céntrica Praza de Santiago, substituíndo as palmeiras que adobiaban a zona –reubicadas na contorna do skatepark– por magnolios e prunas, explicou o concelleiro de Parques e Xardíns, Alberto Álvarez.

As raíces das palmeiras trasladadas, “seguindo as recomendacións dos técnicos municipais”, engade Álvarez, estaban provocando o levantamento do pavimento ao non contar con espazo suficiente para a súa expansión, polo que unha vez realizado o traslado, procedeuse á reparación das áreas danadas.

Estas obras de mellora de accesibilidade na contorna da praza, son un paso previo aos traballos de recuperación da fonte de Santiago, para o que se conta cunha subvención de 10.667 € da Deputación de Pontevedra e un proxecto redactado polo arquitecto Luís Gil Pita en colaboración co técnico do Servizo de Normalización Lingüística de Redondela.

Todos estes traballos encádranse nun plan integral de recuperación, conservación e posta en valor de todo o patrimonio cultural, histórico e artístico do municipio, iniciativa que o Concello que preside Digna Rivas, desenvolve dende o inicio do mandato.

Nesa liña de actuacións, lembra a alcaldesa, o Concello levou a cabo a recuperación da Fonte da Raíña, en Cedeira; a rehabilitación do edificio do antigo Conservatorio na rúa Isidoro Queimaliños ou a recuperación do cemiterio de Eidos.

Rivas recalcou a importancia destas labores que “non só evitan a desaparición do noso patrimonio senón que, ao mesmo tempo, contribúen a súa posta en valor, achegándoo á cidadanía e difundíndoo como parte inseparable da identidade de Redondela”.

O Concello abre a fase informativa do proxecto de empoderamento da mocidade fronte ao cambio climático

O Concello do Porriño iniciou a fase informativa do proxecto sobre mocidade e cambio climático, unha iniciativa que se desenvolve ao abeiro do Programa de Desenvolvemento das Capacidades da Mocidade, xestinado directamente pola Comisión Europea e que conta cun orzamento de 150.000 euros.

O proxecto internacional liderado polo Concello de Porriño e que foi explicado aos colextivos ‘Asociación de Amas de Casa As Mimosas‘ de Carracido; Centro Cultural de Carracido e representantes da entidade local menor de Chenlo, Casal Chan Budiño e San Xurxo de Mosende “inclúe accións de capacitación con cursos, seminarios e campamentos formativos, e accións de mobilidade coa organización de eventos no Porriño e nos países participantes que son Portugal, Cabo Verde e Mozambique”, segundo explicou Lourdes Moure, concelleira de Educación e Fondos Europeos.

Moure presidiu esta primeira reunión de traballo que foi convocada a través da Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX) e coa colaboración do profesor Amador Ordóñez, director deste proxecto no que, amais do Concello do Porriño participan as ONG’s ASPEA (Asociación Portuguesa de Protección Ambiental) e a mozambiqueña ASEJANA (Asociación para a Xuventude e Educación de Adultos de Nampula). Tamén o centro de ensino porriñés IES Ribeira do Louro en representación da Consellería de Ediucación da Xunta de Galicia e finalmente a Universidade de Cabo Verde.

O proxecto denominado EYFEC (Empowering Youth for Facilitating Ecological Transition) ten como obxectivo empoderar á mocedade e ás institucións públicas e ás ONG’s como axentes de cambio para o desenvolvemento ambiental sostible, obxetivo que cobra especial importancia no contexto actual de crise económica provocada pola pandemia sanitaria.

Ánxela Fernández traslada ao conselleiro de Sanidade as necesidades de Atención Primaria do Rosal

0

A alcaldesa do Rosal, Ánxela Fernández Callís, mantivo unha reunión telemática co Conselleiro de Sanidade da Xunta de Galicia, Julio García Comesaña, para abordar as necesidades de Atención Primaria do municipio. Un encontro que transcorreu nun ambiente de cordialidade e que responde á petición reiterada feita dende o Concello e a Plataforma para a Defensa da Sanidade Pública do Rosal, constituída por corporación municipal, asociacións e persoal sanitario, para frear o deterioro progresivo da atención sanitaria, agravado “pola actual situación epidemiolóxica, porque a pandemia da COVID 19 evidenciou claramente a necesidade de tomar medidas para mellorar a sanidade pública”.

Durante o encontro, a alcaldesa afondou na necesidade de axeitar os rateos do persoal sanitario por Tarxetas Sanitarias individuais aos recomendados pola Organización Mundial da Saúde, xa que na actualidade no Rosal “persoal médico e de enfermería teñen ao seu cargo un número de pacientes que excede tanto as recomendacións como os máximo admisibles”. Unha situación que se ve agravada ante a decisión do Sergas de non substituír ao persoal que se atopa de baixa ou de vacacións.

Imaxe dunha das mobilizacións da Plataforma pola defensa defensa da sanidade pública do Rosal

Para Concello e Plataforma, este incremento no persoal sanitario deberá ir acompañado de melloras en infraestruturas e espazo “para dar resposta ás necesidades básicas sanitarias, algunhas tan esenciais como ter lugares de traballo tan pequenos que non dispoñen de lavabo no que lavar mans ou obxectos, algo imprescindible na actual situación epidemiolóxica”.

Tamén reclámase unha mellora nos equipamentos, que nestes intres “a falta de espazo e sobre todo de persoal fan inviables” e a climatización do centro de saúde, “cunha luminosidade marabillosa pero cun deseño en invernadoiro que fai que no verán se rexistren ata os 33,5 graos na sala de espera e na zona de admisión e que se rocen os 30 nas consultas”.

Pola súa banda, o Conselleiro de Sanidade trasladou á alcaldesa a posta en marcha dun Plan Galego de Infraestruturas de Atención Primaria a través do que se tomarán medidas para paliar algúns dos problemas aos que se enfronta O Rosal, como a mellora da climatización do centro de saúde, e a idea inicial de reforzar o persoal sanitario do municipio coa creación dunha praza máis a finais de ano.

A alcaldesa tamén trasladou ao Conselleiro a súa preocupación pola situación do PAC de Urxencias de A Guarda, que nalgúns momentos conta con tan só un médico para atendelo, e polas medidas transitorias tomadas pola situación de pandemia, como son o peche do centro de saúde de San Miguel de Tabagón co argumento de evitar contaxios por acumulación de público e o traslado de pediatría a A Guarda.

O Concello está a disposición da Consellería de Sanidade para traballar de forma institucional en todo o preciso para mellorar a situación sanitaria no Rosal.

Zona Franca, Xunta e Incyde abren a segunda edición da incubadora de automoción «High Tech Auto»

O Consorcio da Zona Franca de Vigo e a Xunta de Galicia presentaron onte, nun encontro virtual, a segunda edición dunha incubadora única en España, High Tech Auto, que abre as inscricións. A incubadora capta proxectos e ideas para o sector da automoción co obxectivo de convertelas en empresas viables. Ao acto asistiron o delegado da Zona Franca, David Regades; o conselleiro de Economía, Empresa e Innovación da Xunta de Galicia, Francisco Conde, e o director xeral da Fundación Incyde, Javier Colado; así como representantes das tres universidades galegas e centros tecnolóxicos.

Estudantes, emprendedores, spin-outs, spin-offs e start-ups, nacionais e internacionais que teñan un proxecto no sector poderán inscribirse desde hoxe e ata o 21 de maio mediante o formulario en liña dispoñible na web oficial www.htauto.gal. Tras o período de convocatoria seleccionaranse os dez proxectos que formarán parte da segunda edición da High Tech Auto.

O delegado do Estado na Zona Franca, David Regades, destacou que “o obxectivo é o impulso e consolidación de dez proxectos de emprendemento innovadores a través de programas prácticos que lles permitan adquirir os coñecementos, habilidades e contactos necesarios para dar forma ao seu proxecto e acceder con éxito ao mercado converténdose en xeradores de empregos de calidade”.

Entre as vantaxes da incubadora está tamén a orientación das iniciativas empresariais cara á aceleradora de emprendemento Business Factory Auto ( BFA), tamén promovida desde o Consorcio, xunto coa Xunta de Galicia, Fundación Ceaga, e Stellantis.

David Regades lembrou que “a HTA e BFAuto, xunto con ViaGalicia e ViaExterior e os distintos viveiros de empresas do Consorcio, forman parte da aposta decidida que desde esta institución temos cara ao talento e o emprendemento que deben caracterizar unha sociedade baseada no coñecemento e talento das persoas”.

O conselleiro de Economía, Empresa e Innovación da Xunta de Galicia, Francisco Conde, sinalou que “esta incubadora é un exemplo de colaboración entre administracións e de colaboración público-privada”, ademais de considerala “un proxecto innovador e fundamental no contexto actual onde necesitamos novas solucións para que o sector da automoción siga sendo competitivo”.

O director xeral da Fundación Incyde, Javier Colado, lembrou que traballan en 14 incubadoras e darán un paso máis “cunha plataforma onde se poidan conectar”, ademais de “seguir traballando para ampliar esta rede”.

O evento de hoxe supón o inicio dunha serie de presentacións da nova convocatoria da High Tech Auto, cuxo obxectivo é difundir as vantaxes e oportunidades que supón a incubadora aos emprendedores que queren iniciar os seus proxectos nun sector tan competitivo como o da automoción.

A incubadora High Tech Auto, atópase dentro do Programa Operativo Plurirregional de España 2014-2020, e conta cun cofinanciamento dun 80% mediante a Fundación INCYDE a través dos Fondos FEDER da Unión Europea.

Proxectos incubados na primeira edición

ABINCO FACTORY crea unha plataforma de cartelería dixital corporativa.

DEEP DESIGN SYSTEMS é un proxecto de software para a automatización do proceso creativo de deseño que facilita a tarefa e para iso baséase en casos de éxito.

DVB ENGINEERING propón o deseño, fabricación e desenvolvemento de motores para vehículos de competición.

HOUSEBOX VAN fabrica módulos para inserir en furgonetas comerciais e poder utilizalas como autocaravana.

KAD propón un sistema de detección de nenos e animais esquecidos no interior do vehículo.

MINACRO ofrece a posibilidade de electrificar e actualizar vehículos clásicos.

MOOVE desenvolve pantallas xeolocalizadas de publicidade para a lúa traseira e laterais de taxis e furgonetas.

PHIVEHICLE conta cun sistema para avaliar o rendemento dos vehículos para o gran público e talleres.

WAVYDRIVE é unha app móbil para informar o condutor dos seus hábitos de condución e ofrece consultas ao taller desde a aplicación.

ZIUM é unha proposta de comercio electrónico de compoñentes para coches eléctricos.

A Xunta de Galicia xa vacinou contra a COVID-19 AO 87 % das persoas maiores de 80 anos

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, vén de informar que 203.596 persoas maiores de 80 anos xa foron vacinadas en Galicia, unha cifra que representa o 87 % deste grupo de poboación. Segundo apuntou García Comesaña, a Xunta ten previsto chegar durante esta semana ao 90 % de persoas vacinadas neste tramo de idade. Ademais, apuntou que, na actualidade, o 2,63 % das persoas maiores de 80 anos rexeitaron recibir a vacina.

O conselleiro de Sanidade tamén lembrou que hai “entre un 7 e un 8% de persoas que pertencen a outros grupos de poboación que non recibiron a súa vacina cando se lles citou, ben por non poder desprazarse, ou por outros motivos xustificados”. Sobre este particular, salientou que “todas elas volverán a ser convocadas para acudir á vacinación no seu centro de saúde, ou ben, para seren vacinadas nos seus domicilios, no caso de ter problemas de mobilidade”.

Durante a rolda de prensa na que a Administración sanitaria informa das decisións adoptadas polo comité clínico, o titular da carteira sanitaria galega subliñou que “Galicia transita por unha situación epidemiolóxica estable” pero que “é preciso seguir a traballar, pois aínda queda moito camiño por percorrer”.

Acompañado pola directora xeral de Saúde Pública, Carmen Durán Parrondo, a responsable deste departamento apuntou que, no que atinxe aos datos epidemiolóxicos, Galicia conta cunha incidencia a 7 días de 31,9 casos (polos 76,2 casos que rexistra a media española); e unha incidencia a 14 días de 64,8 (fronte aos 164 da media de España). Carmen Durán explicou que a taxa de positividade na comunidade galega sitúase no 2,4% e que, o número de concellos sen notificar ningún caso covid nos últimos 14 días é de 142; e de 189 municipios sen declarar ningún ningún novo caso positivo nos últimos sete días.

Pola súa parte, o xerente do Sergas, José Flores Arias, detallou que a situación asistencial dos centros sanitarios galegos continúa na liña de estabilidade das últimas semanas. Neste senso, apuntou que a porcentaxe de ocupación nas unidades de críticos sitúase no 5,6%, sen cambios desde a semana pasada a nivel porcentual; e que a ocupación das camas de hospitalización é do 2,09%, o que representa unha baixada do 9,62%, respecto de hai sete días.

Posta en marcha da vacinación masiva en Galicia

No que atinxe ao proceso de vacinación masiva contra a covid-19 iniciada na xornada do martes nas sete áreas sanitarias galegas, o titular do departamento sanitario da Xunta manifestou que, alén dalgunha aglomeración que tivo lugar en Compostela, a xornada debe valorarse como “positiva”. Neste sentido, explicou que das 18.209 persoas citadas, un total de 13.827 (75,9 %) recibiron a primeira dose da vacina contra a covid.

Respecto da evolución do proceso de vacinación noutros grupos de poboación, García Comesaña indicou que Galicia xa vacinou a 6.786 grandes dependentes, é dicir, o 43% das 14.848 persoas que integran a categoría III de dependentes definida na estratexia de vacinación do Ministerio de Sanidade.

Así mesmo, o conselleiro destacou que esta tarde elevará, na xuntanza do Consello Interterritorial do Sistema Nacional de Saúde, a petición de que o Instituto Social da Mariña sexa o encargado de vacinar ás tripulacións debido as súas especiais particularidades.

Por outra banda, remarcou que, desde o vindeiro día 10 de abril, incrementarase o número de persoas non conviventes que se poden reunir nos domicilios, fixándose un máximo de 4 persoas no interior, e de 6 no exterior.

881 00 20 21 para maiores de 80 anos con dúbidas sobre a súa cita

García Comesaña tamén anunciou hoxe a activación do número de teléfono 881 00 20 21, destinado ás persoas maiores de 80 anos, para que poidan resolver as súas dúbidas ou solicitar información sobre a súa cita de vacinación. Este teléfono de contacto estará operativo de luns a venres desde as 8,00 até as 21,00 horas.

Esta nova ferramenta de comunicación artellouse por medio dunha instrución que tamén servirá para levar a cabo a inclusión no proceso de vacinación das persoas sen recoñecemento do dereito a protección da saúde. Así, as persoas que se atopen nesta situación, e estean residindo en Galicia, tamén poderán empregar este teléfono de contacto para achegar os seus datos e así poder vacinarse.

Do mesmo xeito o conselleiro de Sanidade informou que desde a vindeira semana, a web do Sergas incorporará todos os datos do Plan de Vacinación Galego, achegando información sobre a evolución de vacinados en cada un de grupo de poboación.

Nivel restricións concellos

Trala reunión do comité clínico de onte, os expertos acordaron o establecemento do nivel máximo de restricións nos concellos da Pobra do Caramiñal e O Grove.

Ademais, noutros seis concellos galegos rexerán as medidas do nivel alto de restricións, nomeadamente, na Pobra do Brollón, Rábade, O Irixo, Monterrei, A Illa e Carral.

Así mesmo, o comité fixou o nivel medio de restricións, para os termos municipais de Beade, Cortegada, Padrenda, O Carballiño, Boimorto, Sanxenxo, Meis, Cangas, Gondomar, Moaña e Baiona. No resto dos concellos galegos, estarán vixentes as restricións fixadas no nivel medio baixo.

Cómpre subliñar que a posta en marcha destas medidas vén de ser adiantada pola Administración sanitaria galega, e que entrarán en vigor desde ás 00,00 horas desta medianoite.

Ponteareas acomete a reordenación da mobilidade na contorna do complexo deportivo e o centro de saúde

A concellaría de Mobilidade e Tráfico do Concello de Ponteareas, que dirixe Roberto Mera, anunciou a nova ordenación da mobilidade e do tráfico no entorno do Complexo Deportivo Álvaro Pino e do Centro de Saúde. As obras de rexeneración e humanización deste amplo espazo están finalizando e nos vindeiros días realizaranse os traballos de sinalización vertical e horizontal, que suporán importantes cambios e melloras, segundo o edil nacionalista.

Mera explicou que, coas obras xa executadas e co pintado que se realizará nos vindeiros días, os desprazamentos a pé poderanse realizar con seguridade e comodidade a diferenza do que acontecía até agora. Os sentidos de circulación existentes en todas as vías de acceso ao Centro de Saúde e de saída serán de sentido único, o que permite gañar espazo para a mobilidade peonil e crear máis prazas de aparcamento. Tamén implicará unha mellora na seguridade viaria ao simplificar a circulación con dous itinerarios circulares ao Centro de Saúde, un pola rúa Canteiro José Cerviño e outro pola rúa que se inicia na P-254 (estrada de Mondariz) mentres que a saída será pola Costa do Ambulatorio até a rúa Real (N-120).

A rúa Canteiro José Cerviño, que comunica a vila co barrio das Cachadas, pasará a ser de sentido único en sentido ascendente, cara o Centro de Saúde, o que permitirá crear unha senda peonil nun tramo de 300 metros no que até agora os peóns se vían obrigados a circular pola calzada. Ademais, gañarase en seguridade, pois a calzada non ten anchura para dous carrís e eliminarase a habitual circulación descendente a velocidades excesivas.

Desprazamentos a pe seguros

Ao mesmo tempo, na explanada situada fronte ao Restaurante Ponteareas aseguraranse os desprazamentos a pé seguros e cómodos para dirixirse tanto cara o Complexo Deportivo Álvaro Pino como cara o Centro de Saúde. Os sentidos únicos de circulación permitirán simplificar a circulación nunha zona especialmente confusa e desordenada na actualidade, mellorando tamén a seguridade viaria.

Ademais, na Rúa Real, na zona da farmacia, ordenarase o espazo de maneira que se asegure a continuidade do itinerario peonil no tramo no que non existe beirarrúa, creando un espazo reservado para peóns e unhas prazas de aparcamento a carón da farmacia con limitación de parada a 10 minutos.

Mera salientou que estas medidas “avaladas polos técnicos da Deputación de Pontevedra a través da Rede Ágora, suporán seguir avanzando nunha mobilidade máis saudábel e segura, recuperando espazos degradados e poñéndoos ao servizo das persoas”.

En marcha un concurso de recomendación de libros para fomentar a lectura no Rosal

0

O Concello do Rosal continúa coa programación especial de abril, mes do libro no municipio e, entre as actividades previstas, vén de poñer en marcha o concurso ‘Fomentando a lectura’, un certame de recomendación de libros co que se busca a dinamización e a promoción da lectura entre todos os rosaleiros e rosaleiras.

Para participar as persoas interesadas deberán enviar dende hoxe mesmo ata o vindeiro 21 de abril un vídeo no que inviten á veciñanza a ler, no que recomenden un libro que lles gustara especialmente ou que lles parecera interesante ou no que as e os participantes lean o parágrafo dalgún libro. As pezas audiovisuais deberán enviarse vía correo electrónico a [email protected] indicando nome, apelidos e número de teléfono.

O vindeiro 23 de abril, coincidindo coa conmemoración do Día Internacional do Libro, sortearanse varios libros entre todas as persoas que enviaran os seus vídeos. O concurso vai dirixido a todos os rosaleiros e rosaleiras maiores de idade ou, en caso de ser menores, baixo a responsabilidade dos seus pais, nais ou titores legais.

Os vídeos recibidos serán colgados nas redes sociais do Concello (Facebook, Twitter e Youtube) ao longo do mes de abril. A participación no certame suporá a aceptación das bases do concurso e implicará o permiso ao Concello para publicar o vídeo e o nome do autor nelas e na web, así como a arquivalo na súa base de datos.

Dende o Concello animan a todos os rosaleiros e rosaleiras a participar nesta iniciativa, “coa que se pretende estimular o hábito da lectura entre a veciñanza, espertando tamén a necesidade de ler dende as idades máis temperás”.

O Sergas remata as obras de modernización e mellora dos centros de saúde de Covelo e Maceira

0

O Servizo Galego de Saúde (Sergas) vén de rematar as obras de modernización e mellora dos centros de saúde do Concello de Covelo, emprazados na capital municipal e na parroquia de Maceira, cun investimento de 102.000 euros ao abeiro dun convenio de colaboración asinado entre a Xunta de Galicia e a administración local.

Con motivo da conclusión dos traballos, o delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Luis López, o xerente da área sanitaria de Vigo, Javier Puente, e o alcalde de Covelo, Pablo Castillo, supervisaron estas actuacións, que permitiron o acondicionamento de accesos e o incremento da confortabilidade e dos servizos destes puntos médicos.

“Estamos ante unha actuación moi importante para os veciños de Covelo que xurde froito da colaboración institucional entre a Xunta e o Concello e que permitiu remodelar ou incorporar servizos necesarios ás súas dependencias sanitarias para incrementar a eficiencia e a comodidade dos usuarios”, indicou Luis López, que cre que estas actuacións eran necesarias para seguir modernizando ambos centros, xa que o de Maceira acaba de cumprir corenta anos e o de Covelo rebasa as tres décadas de antigüidade.

O representante autonómico destacou que a Xunta de Galicia xa construiu ou renovou de xeito integral, con estas obras de Covelo, un total de 83 centros de saúde dende o ano 2009, o que supuxo actuar sobre case 70.000 m2 cun investimento de máis de 100 millóns de euros na mellora das infraestruturas de atención primaria.

Ademais, tras destacar que os Orzamentos da Xunta 2021, os primeiros da lexislatura, duplican os investimentos en atención primaria ata os 55 millóns de euros, Luis López recalcou que nos últimos anos construíronse ou renováronse máis dunha decena de centros médicos no sur da provincia de Pontevedra e que están en marcha as tramitacións administrativas da ampliación do Porriño e da redacción dos proxectos de Moaña e CIS Olimpia Valencia de Vigo e as obras en Bouzas, tamán na cidade olívica.

En canto á actuación realizada nos centros de saúde deste concello da bisbarra do Condado, no de Covelo instalouse un ascensor de última xeración para permitir o acceso e emprego, por parte de todos os usuarios, dos servizos sanitarios do primeiros andar.

Xa no centro de Maceira, realizáronse varias melloras consistentes na construción dunha rampla de acceso, a urbanización do aparcadoiro, a sinalización exterior do edificio, o pintado xeral, o reemprazo de luminarias, a renovación de canles e baixantes, o cambio da carpintaría na porta principal e as fiestras, a instalación dunha nova climatización con bomba de calor e a construción dun aseo adaptado para os usuarios con problemas de mobilidade.

Deputación e Concello dan resposta a unha “histórica demanda” ao mellorar a mobilidade peonil que porá en valor o barrio do ferrocarril

0

Será unha obra que vai revolucionar o histórico barrio do ferrocarril en Arbo, unha das zonas do concello con maior identidade. A intersección na que conflúen as estradas provinciais EP-5202 e EP-5203 neste concello vai ser obxecto dunha ambiciosa actuación de mellora da mobilidade peonil que transformará de xeito integral esta contorna e dará resposta a unha demanda histórica da veciñanza.

Trátase dun proxecto baixo o modelo do século XXI de mobilidade segura e amable da Deputación de Pontevedra que sitúa ás persoas no centro, como subliñaron hoxe na súa presentación a presidenta provincial Carmela Silva e o alcalde, Horacio Gil, que deron a coñecer a actuación xunto ao deputado provincial de Infraestruturas, Gregorio Agís, e representantes da corporación local.

O proxecto desenvolverase nun tramo de case medio quilómetro entre a zona da contorna da Capela de San Antonio e a estación de tren, adaptándose a unha contorna singular e aos elementos patrimoniais de valor ao longo do seu trazado. A actuación, que aprobará a Xunta de Goberno da institución provincial este venres 9 de abril para licitala despois de xeito inmediato, terá un orzamento de 663.200 euros, sendo ata a data o maior investimento da Deputación neste concello, e financiarase a través dun convenio entre ambas administracións, no que a provincial asumirá o 70 % e o Concello de Arbo o 30 % restante . As obras terán un prazo de execución estimado de doce meses.

Carmela Silva: “Esta actuación vai revitalizar unha zona con moita identidade e a vai cambiar radicalmente para darlle máis entidade, cun proxecto baseado nos principios da accesibilidade, a mobilidade amable e en priorizar ás persoas por riba de todo”

A presidenta Carmela Silva subliñou que esta actuación “vai revitalizar unha zona con moita identidade, vai cambiala radicalmente e vaille dar máis entidade urbana a ese núcleo, baixo os principios que están a defender a Deputación e tamén os alcaldes e alcaldesas de toda a provincia, que son os baseados na accesibilidade, na mobilidade amable, na seguridade viaria e en priorizar os peóns e peoas”. Lembrou que este proxecto foi o primeiro que reclamou o alcalde trala súa toma de posesión como presidenta “porque era unha das obras que tiña como prioritarias” e amouse confiada de que nun prazo de ano e medio “viremos e o celebraremos, porque hai que celebrar as cousas que permiten avanzar aos concellos”.

Carmela Silva destacou tamén “o cariño e sensibilidade” co que se elaborou este proxecto, “porque se vai realizar nunha zona onde tamén hai vivendas de alto valor patrimonial, e tamén a igrexa e a estación de Arbo”, e fixo fincapé en que se trata dunha zona de importante tradición e dinamismo económico. “Investir en infraestruturas que poñan este concello en valor é tamén aportar para que Arbo siga a ter moito futuro -afirmou-. Así que esta obra é moi relevante. Nós queremos que neste mandato haxa un cambio transcendental na provincia e nos convertamos nunha grande referencia para outras, cunha aposta por ese cambio urbano onde a xente é o primeiro e recuperamos espazo público para a cidadanía”.

“Sensibilidade e receptividade da Deputación”

Pola súa banda, Horacio Gil agradeceu a “sensibilidade e receptividade” da Deputación e das persoas técnicas autoras dun proxecto que constitúe “unha importante mellora nun barrio e nun entorno único, polas súas características arquitectónicas e especialmente pola súa historia”. Lembrou que amais, esta actuación porá en valor “un barrio moi necesitado, porque as ultimas actuacións importantes, dotación de beirarrúas e servizos xa datan dos anos 70, e polo tanto era necesario acometer esa renovación, especialmente das infraestruturas, abastecemento e recollida de pluviais, saneamento e alumeado, que estaban moi deteriorados”. Subliñou amais que con esta obra “convertemos esa contorna nunha zona moito máis amable, sobre todo para as persoas residentes, que son as que máis se van beneficiar”, e se potenciará unha área cunha importante actividade económica, xa que “é o barrio tradicional da lamprea con restaurantes emblemáticos”. O alcalde concluíu referíndose precisamente ao carácter emprendedor desta zona e a unha das súas figuras, Segundo Gil Dávila, e fixo entrega a Carmela Silva dun libro que recolle a súa historia e á da fundación que leva o seu nome.

O proxecto

Como explicaron as persoas autoras do proxecto, a obra comprenderá dúas zonas de actuación nun tramo de 450 metros. A primeira transcorre no entronque das dúas estradas provinciais, na contorna da capela de San Antonio, que se converterá nunha zona de prioridade peonil na que, ademais de outras actuacións, instalaranse pasos de peóns e peoas elevados para reducir a velocidade dos vehículos que transitan por ela (será dun máximo de 20 quilómetros por hora). Así mesmo, disporá de beirarrúas cun mínimo de 2,5 metros de ancho para enlazar coa zona de convivencia.

Para a segunda zona se habilitará unha zona de convivencia (310 m), dende o entronque das estradas cara a estación de tren de Arbo, na que se levará a cabo unha senda cun ancho mínimo de 2,5 metros e plataforma única na zona de coexistencia de tráfico rodado e peonil, na que peóns e peoas teñan preferencia. Colocaranse tamén alcorques cada 25 metros delimitados por bandas de lousas de granito.

Ademais, melloraranse as redes de abastecemento, saneamento. E a iluminación da zona farase co emprego de recursos sostibles apostando pola eficiencia enerxética. Deste xeito, instalaranse 24 luminarias LED e se fará a restauración de 12 unidades xa existentes.

O alcalde da Guarda traslada as demandas da localidade en materia de Sanidade ao conselleiro

0

O alcalde da Guarda Antonio Lomba, mantivo este martes unha xuntanza por videoconferencia con responsables da Consellería de Sanidade para trasladar aos responsables sanitarios o sentir dos traballadores e traballadoras do Centro Sanitario da Guarda e da veciñanza en relación coa situación da Atención Primaria do municipio.

Na reunión na que participaron o xerente da Área Sanitaria de Vigo, Javier Puente e o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, –é que era una petición recorrente do alcalde guardés dende hai meses– Antonio Lomba trasladoulles as principais reclamacións que están relacionadas coa cobertura das ausencias de persoal por motivos de xubilación, baixas, vacacións, etc. En relación isto solicitou unha cobertura máis completa e estable das vacantes para que os médicos poidan facer un seguimento dos pacientes e melloren as súas condicións de traballo.

Pediatría

Tamén se fixo eco das reclamacións das familias en relación á cobertura da praza de pediatría, a titular da mesma leva 6 meses de baixa cunha cobertura discontinua que dificulta a atención e seguimento dos pacientes. O edil solicitou tamén que se faga todo o posible para que os concursos de traslados non repercutan de forma negativa no cadro de persoal do Centro de Saúde da Guarda.

Así mesmo, Antonio Lomba solicitou que se completase o servizo de enfermeiría que na actualidade non cumpre a paridade co cadro médico.

Antonio Lomba tamén pediulle ao conselleiro que fose sensible co situación de afastamento do Centro de Saúde da Guarda con Vigo á hora de repoñer persoal sanitario e configurar unha plantilla o máis estable posible.

A xuntanza trancorreu de forma cordial e os responsables de sanidade trasladaron ao alcalde da Guarda a súa consideración respecto á situación de illamento do Centro de Saúde e a intención de mellorar, na medida do posible, o cadro de persoal e de atención primaria na Guarda.

Antonio Lomba pediulle ao conselleiro que traballara en solucións de futuro para Centros de Saúde coma o da Guarda, para mellorar a Atención Primaria nas zonas rurais.

As obras da nova Biblioteca de Nigrán entran na recta final e consolidan á Deputación como institución que “constrúe cultura”

A Deputación de Pontevedra consolídase como a gran promotora das infraestruturas culturais na provincia. A nova biblioteca de Nigrán, unha actuación que supuxo o investimento de 1.849.525 euros no marco do Plan de Reequilibrio, é o último equipamento cultural que a institución provincial fai posible e que entrará en funcionamento a finais deste mes de abril. O deputado de Cooperación, Santos Héctor, visitou onte as obras acompañado do alcalde, Juan González e da deputada, e tamén concelleira nigranesa, Raquel Giráldez.

O edificio reforza a centralidade deste espazo e está dotado con catro fachadas e 1.260 metros cadrados construídos. Conta cun deseño de vangarda, que se adapta perfectamente á pendente da parcela e que foi concibido con criterios bioclimáticos, dotado, por tanto, coas últimas tecnoloxías en climatización e iluminación, reducindo os consumos enerxéticos e o impacto ambiental. As obras foron financiadas ao 80% pola Deputación, que achegou 1.479.620 euros, mentres que o Concello de Nigrán correu cos 369.905 euros restantes.

‘Contedores culturais’

Santos Héctor definiu á biblioteca pública como “un novo fito urbano de Nigrán” e destacou que vén sumarse a outros “contedores culturais” impulsados dende a Deputación que están agora en obras, como o Auditorio do Grove, ou xa rematados, como as Casas Goday (Illa de Arousa), a mellora do Centro de Interpretación das Torres do Oeste (Catoira) ou os novos centros socioculturais de Caldas de Reis e As Neves.

“Construímos cultura, equipamentos que enriquecen a vida da veciñanza destes municipios”, destacou. O deputado cualificou a obra como “magnífica pola súa integración na zona e na trama urbana” e engadiu que destacará aínda máis cando se remate a nova praza na súa contorna. “É unha construción moi singular e da que estamos orgullosos/as porque a cultura é unha liña prioritaria nas políticas públicas da Deputación”. O deputado asegurou estar desexando volver para inaugurar as instalacións, “xa con rapaces e adultos/as gozando dos libros”. “Esta obra é un acontecemento para o Val Miñor, un dos proxectos máis ambiciosos da Deputación e, sobre todo un acerto, porque investir en cultura é acertar”, remachou.

Cultura, educación e valores

Juan González agradeceu o apoio do Goberno da Deputación de Pontevedra “nunha obra tan importante para Nigrán como é esta Biblioteca, que dentro dun mes estará en servizo”. “Este é un edificio singular, que vai crear centro en Nigrán e vai ser un revulsivo económico para a toda a zona; un edificio que transpirará cultura, educación e valores”. “Que a Deputación apostara para esta gran obra cultural para Nigrán”, concluíu, “é un auténtico pracer que nos demostra o valor da cooperación institucional ben entendida”.

As obras afrontan nestes momentos os últimos retoques, cun nivel de execución que supera xa o 80%. O edificio está pendente só da urbanización exterior, así como dos remates de pintura, fontanería e carpintería, así como das instalacións. A obra civil, que foi readxudicada en xuño de 2020 despois da renuncia da primeira empresa, estará lista este mes.

A nova Biblioteca está distribuída nun andar baixo para zona de recepción e diversos servizos, un primeiro andar para a sala de ordenadores e sala de préstamo infantil e xuvenil, un segundo andar para sala de préstamo de literatura para adultos e, finalmente, un terceiro andar coa sala de estudo (130 metros cadrados) e catro salas pequenas (duns 7 metros cadrados cada unha) para o estudo en grupo. Ademais, alberga o obradoiro de mantemento. Está coroado por unha terraza con fermosas vistas. O edificio vai ser dotado cun mobiliario minimalista e estilo contemporáneo acorde co edificio.

O Plan de Reequilibrio ten financiado, con este, un total de 25 proxectos singulares ao longo de toda a provincia. O Plan, dotado cun total de 15 millóns de euros, financiou ata o 80% dos proxectos presentados polos concellos cun tope máximo de 1,5 millóns de euros, o que converte ao de Nigrán nun dos máis relevantes. Os proxectos foron seleccionados polos técnicos provinciais en función de criterios obxectivos fixados na convocatoria.

O Concello de Oia inicia una nova campaña de reparto de trampas contra a velutina

0

O Concello de Oia comeza unha nova campaña de reparto gratuíto de trampas para combater a invasión de avespa velutina, iniciativa que este ano incrementa o número de unidades postas a disposición da veciñanza e incorpora como novidade o reparto nos colexios. Así, ao igual que outros anos, repartiranse 100 trampas entre os apicultores do municipio e, a maiores, entregaranse outras 200 nos centros educativos.

A campaña de trampeo realízase aproveitando a chegada da primavera. Esta estación é un dos períodos máis importantes a ter en conta para o control da especie, pois é nese momento no que as raíñas da avespa asiática comezan a formar os seus niños primarios.

O Concello leva varios anos desenvolvendo estas campañas de reparto de trampas para axudar e evitar os danos que provoca a presenza da vespa velutina, a cal supón unha ameaza a especies que cumpren un importante labor polinizador como é o caso das abellas.

Como novidade neste 2021, e co obxectivo de buscar a colaboración do conxunto da veciñanza, ao tradicional reparto a apicultores incorpórase a entrega de trampas nos colexios. Trátase de sumar esforzos na loita contra esta especie invasora a través da colocación de trampas na contorna das colmeas, a fin de protexelas, e tamén noutros puntos desde os que se contribúa a frear o avance desta especie invasora.

Os apicultores interesados en recibir unha trampa poden contactar co Concello nos números de teléfono 986.36.21.25 e 639.32.94.93.

En caso de localización dun niño de velutina, a Administración local lembra que os veciños e veciñas poden dar aviso para a súa retirada no teléfono do Concello de Oia (986.36.21.25) ou ben a través da aplicación Línea Verde (dispoñible para teléfono móbil e tablet).

Recomendacións no uso de trampas colmeares

A cantidade de trampas a colocar nun apiario varía segundo o número de colmeas que se posúan. Por iso recoméndase seguir as seguintes proporcións:

  • 1 trampa en colmeares de ata 10 colmeas.
  • 2 trampas en colmeares de ata 25 colmeas.
  • 3 trampas en colmeares de ata 50 colmeas.
  • 4 trampas en colmeares de máis de 50 colmeas.

Estas trampas deberán colocarse soamente en zonas onde se teña detectado presenza de velutinas. O ideal é situalas a unha altura de 1,50 metros e nun radio de 100 metros arredor dos apiarios, en puntos soleados e protexidos do vento.

O Teatro municipal acolle o vindeiro luns 12 de abril o acto de entrega dos ‘Premios Cidade de Tui 2021’

0

O próximo luns, 12 de abril, ás 13 h no Teatro Municipal de Tui terá lugar a Gala de entrega dos premios Cidade de Tui. Creáronse este ano co obxectivo de recoñecer anualmente aquelas personalidades ou entidades que pola súa dilatada traxectoria teñen contribuído á promoción e potenciación da cidade.

Nesta primeira edición, correspondente ao ano 2021, o xurado designado pola Xunta de Goberno Local do Concello tudense acordou conceder os seguintes premios:

Categoría colectiva

  • Residencia “San Telmo” das Hermanitas de los Ancianos Desamparados. Dende 1882 as Hermanitas desenvolven en Tui a súa actividade de acollida aos maiores sen recursos dende aquela no seu Asilo e hoxe Residencia “San Telmo” teñen acollido a cerca de tres mil anciáns e anciás tanto de Tui como de todo o sur da provincia de Pontevedra continuando na actualidade con este xeneroso labor. Ao tempo teñen conseguido a implicación dun amplo sector da sociedade tudense, con actividades de voluntariado e altruísmo a prol dos residentes. Este galardón quere recoñecer esta ampla traxectoria de case 140 anos resaltando o labor da comunidade relixiosa, do persoal do centro e dos numerosos voluntarios que colaboran no mesmo… que o converten nun lugar de referencia para os tudenses.

Categoría individual

  • A título póstumo a Alberto Estevez Piña, recentemente falecido, en recoñecemento a súa persoal traxectoria de incansable animador da vida tudense (con especial referencia ás festas de San Telmo), ao seu traballo de divulgación da nosa historia a través dos seus blogs e publicación con especial lembranza ás dúas décadas de correspondente de “Faro de Vigo” en Tui, o carácter innovador das súas achegas cinematográficas no ámbito do documental “Romaría da morte” (1974) y “Después del silencio” (1978).
  • A Silverio Rivas, en recoñecemento ao escultor ponteareán que instalou, hai xa máis de dúas décadas, o seu estudo na parroquia tudense de Paramos, convertendo este lugar nun enclave de referencia da arte galega e nun espazo integrado no entorno e que enriquece substancialmente o patrimonio cultural tudense coa obra deste egrexio escultor, un dos principais expoñentes da arte contemporánea de Galicia. Silverio Rivas ten colaborado activamente na vida tudense, salientando o seu “Monumento aos represaliados”.

O xurado tamén acordou facer constar o recoñecemento a todas as persoas que estiveron na primeira liña da loita contra a Covid e solicitar que se garde un minuto de silencio polas vítimas no acto de entrega destes Premios.

O xurado estivo presidido polo alcalde, Enrique Cabaleiro González, e integrado por Margarita Pino Juste, catedrática da Universidade de Vigo, María Dolores Balseiro, profesora xubilada, Rosendo Bugarín González, médico, Jesús González López, xerente de Utingal, Antonio Alonso Martín, veciño, Jose A, Font Moldes, director da Radio Municipal e Marga Romero Lorenzo, escritora e profesora, actuando como secretario Rafael Sánchez Bargiela, funcionario do Concello.

O acto institucional de entrega destes Premios “Cidade de Tui” contará coa actuación Ramón Corral, percusión; Diego Alonso Vila, gaita; e Óscar e Pablo Mirás Sánchez alumnos de piano do Conservatorio Profesional de Música de Tui.

Para asistir á gala de entrega de premios é preciso reservar entrada de forma gratuíta en tui.gal.

CON_CIENCIA_TEA, a aposta de Ponteareas pola conservación do patrimonio natural

O Concello de Ponteareas vén de reforzar a súa aposta pola conservación e revalorización do patrimonio natural como un alicerce básico para mellorar a calidade de vida da poboación rural, que axude á creación de emprego vinculado co medio ambiente e á fixación da poboación no medio rural.

A concelleira de Medio Ambiente, Rosa Covelo, explicou que “seguindo estes principios básicos, elaborouse o proxecto CON_CIENCIA_TEA, para continuar co camiño de posta en valor do patrimonio natural da Zona de Especial Conservación (ZEC) Río Tea“. Con este traballo –engade a responsable de Medio Ambiente do concello ponteareán– “preténdese contribuír no coñecemento e preservación do ecosistema de ribeira e das especies prioritarias que nel habitan, a través de diversas accións de conservación de especies prioritarias e ciencia cidadá”, indicou.

Promoción do Centro de Interpretación do río Tea

Rosa Covelo afirmou que tamén se promoverá o uso do Centro de Interpretación do Río Tea (CITEA) “como centro neurálxico para as actividades de divulgación e conservación das especies e hábitats do Tea”, integrado na Rede Natura 2000. Ademais, nesta contorna poderase desfrutar duns paneis interpretativos interactivos, para aprender de forma amena e sinxela o inmenso valor natural que posuímos.

Segundo explica a concelleira nacionalista, o proxecto CON_CIENCIA_TEA –financiado con cargo ao Programa de desenvolvemento rural de Galicia–, “é un proxecto de Ciencia Cidadá, no que a participación da cidadanía axudará a fomentar o coñecemento científico sobre especies de interese, a sensibilización fomentando un uso adecuado e respectuoso cos valores naturais da senda fluvial e o orgullo polo patrimonio natural que posuímos. Para conservar debemos previamente coñecer e respectar”, concluíu.

A Guarda mellora os servizos á cidadanía coa incorporación de dous novos auxiliares de Policía Local

0

O Concello da Guarda conta dende fai uns días con dúas novas incorporacións ao corpo da Policía Local, trátase de dous novos auxiliares de Policía Local que veñen a completar a plantilla existente de 6 Policías Locais, sumando así un total de 8 axentes en servizo.

Ao longo desta semana irán asumindo as diferentes tarefas de seguridade viaria, control do tráfico, xestións administrativas, control da zona azul, control das saídas e entradas nos centros educativos, cumprimento das medidas sanitarias vixentes, entre outras.

O Concello da Guarda está tamén pendente da resolución do concurso realizado pola Axencia Galega de Seguridade Pública (AGASP) para a praza de Xefe da Policía Local da Guarda, que quedou deserta despois da xubilación do anterior cargo e asumida “en funcións” por parte dun dos Policías Locais da vila, a quen o Concello quere trasladar o seu agradecemento.

Salceda de Caselas endurece os controis Covid para seguir mantendo os 0 casos activos

Garda Civil e policía local intensificaron os controis COVID nos últimos días no municipio de Salceda de Caselas, que se mantén con 0 casos activos de coronavirus dende o pasado 23 de marzo. Precisamente para poder manter ese excelente dato, nestes días estanse a intensificar as tarefas de vixianza no que ás medidas Covid se refire, pois co remate da Semana Santa e cos datos nada esperanzadores que chegan e que fan temer unha inminente cuarta onda, faise imprescindible un maior esforzo aínda no cumprimento da normativa.

Nese sentido a concelleira de Seguridade, Lucía Pereira, subliña que a intensificación dos controis e vixianza polo cumprimento das normas por parte das forzas de seguridade “son o único xeito de garantir a seguridade da veciñanza e de manter estes datos positivos”.

Consumo de tabaco

Deste xeito, nos últimos días lévanse tramitado diferentes denuncias por consumo de tabaco sen gardar a distancia de seguridade, ou por permanecer sen máscara protectora sen xustificación algunha.

En canto ao tabaco, as denuncias céntranse en diferentes terrazas dos establecementos hostaleiros nos que se ten detectado clientela fumando e saltándose a prohibición vixente, así como no mercado semanal dos mércores, onde se teñen detectado tamén diversos incumprimentos neste sentido por parte dalgunhas persoas responsables dos postos de venda ambulante.

Máscara protectora

No que se refire ao uso da máscara protectora, tamén nos últimos días se levan realizado diversas denuncias a persoas que circulaban pola vía pública sen a correspondente máscara, ou levándoa baixo o queixo, así como a xente que permanecía nas terrazas da hostalería sen facer uso da máscara a pesares de non estar consumindo.

Dende o Concello de Salceda, a través das redes sociais oficiais, infórmase permanentemente dos casos activos no municipio, incidindo na importancia do cumprimento das medidas covid como único xeito de manter a cero o contador dos casos activos.

A Semana das Ciencias de Ponteareas pranta cara á COVID-19 e afronta a súa quinta edición

“A nosa natureza é sabia e nela podemos atopar solucións e axuda, por iso debemos velar pola súa protección. Nesta quinta edición da Semana das Ciencias de Ponteareas abordaremos a estreita relación entre a Vida Verde e a Vida Azul”. Así daba a benvida hoxe a alcaldesa en funcións e concelleira de Ensino, Cristina Fernández Davila, aos centros educativos de Ponteareas, que ata o vindeiro día 16 participarán nas distintas actividades dunha edición que desafía á COVID-19 reformulándose para celebrarse de xeito seguro.

Por vez primeira, para dar cumprimento ás normativas COVID-19, as actividades presenciais pasan a ser en liña, sen perder a súa parte práctica. “Non quixemos renunciar a esta edición, por iso centramos os nosos esforzos en adaptar os seus contidos e formatos para facilitar a participación de todo o alumnado”, destacou Davila.

O Museo da Ciencia

A actividade do Museo da Ciencia foi a encargada de inaugurar a programación conectándose co alumnado de sexto de primaria dos CEIPs Fermín Bouza Brey e Mestre Ramiro Sabell, tal como fará ao longo da semana co resto dos centros de primaria do concello.

O Museo da Ciencia mergullouse no fondos dos océanos e mares para achegarse ao coñecemento dos peixes de augas cálidas, das estrelas de mar, das esponxas, dos mamíferos con forma de peixes como as baleas, as focas ou os golfiños, pasando polo distintos estados da auga e adentrándose na importancia da protección do medio ambiente para evitar a contaminación ou o desxeo, sen esquecerse de coñecer a orixe de todo: as células animais e vexetais.

Jesús Fernández e Amparo Francos, do Museo da Ciencia, salientan a importancia de ofrecer ao alumnado esta actividade prácticamente única en Galicia que este ano reta todas limitacións e ofértase de xeito on line incluíndo experimentos e demostracións prácticas da teoría estudada durante a videoconferencia incluíndo probas empregadas en afamados programas de televisión.

Alumnado e profesorado, parte activa

A semana do 12 ao 16 de abril brindará a oportunidade ao alumnado e profesorado de escoitar e conversar con expertas científicas do Campus do Mar da Universidade de Vigo, como a doutora Noelia Estévez Calvar; coas profesoras da Facultade de Química do Campus de Ourense, Elena Falqué López e Mª Concepción Pérez Lamela e coa profesora Patricia Puga Gómez sobre as plantas silvestres comestíbeis. O CIFP A Granxa impartirá o seminario para profesorado ‘Hortas Escolares’ e o alumnado exporá os seus coñecementos no seu Congreso, que contará cun apartado específico na páxina web da Semana das Ciencias. No sitio web tamén se exporán os experimentos científicos que cada centro escolar realizará a través de vídeos didácticos que poderán ser consultados por todos os públicos e servirán, a súa vez, de recurso educativo para os centros.

“A Semana das Ciencias sigue afondando na importancia da investigación e insistindo en achegar a ciencia á cidadanía e, nesta edición máis concretamente, ao alumnado dos nosos centros escolares que son parte activa xunto ao seu profesorado, sendo protagonistas e tendo unha plataforma que amose os seus coñecementos”, explica Cristina Fdez Davila.

Alumnado e profesorado, así como a Federación de Anpas de Centros de Ensino Públicos do Condado-Paradanta e Louriña (Fanpo), valoran moi positivamente esta iniciativa que financia na súa totalidade a concellaría de Ensino.

Carmela Silva, “ter nesta provincia a sede da misión biolóxica convértenos nun referente da ciencia”

A fluída colaboración entre a Deputación de Pontevedra e a Misión Biolóxica de Galicia, que leva case un século aloxada nunha finca propiedade da institución, fai posible que a nosa provincia sexa “unha referencia en ciencia” outorgando prestixio a Pontevedra, situándoa no mapa e “dándolle un valor global a todas as persoas que habitan nela”. Con estas palabras, Carmela Silva puxo en valor o traballo que día a día levan as e os profesionais do centro no marco da sinatura da segunda parte do convenio entre o ente provincial e o CISC, a través da Misión Biolóxica, para a “Conservación, manexo e emprego da biodiversidade de variedades locais de cultivos galegos”, para o que o ente provincial aporta 50.000 euros e que se prolongará ata finais deste ano.

Carmela Silva non quixo deixar pasar a ocasión e felicitou á Misión Biolóxica no centenario da súa fundación. A presidenta provincial lembrou “a importancia de cen anos de investigación, estudo e análise” por parte da Misión Biolóxica, “unha institución moi relevante coa que a Deputación de Pontevedra tivo ao longo da súa historia unha profunda relación”. Este vínculo estreitase máis coa sinatura deste convenio, ante a que a Deputación “está encantada de traballar tanto co CSIC como coa Misión Biolóxica para manter a biodiversidade e dala a coñecer”.

No acto que fixo pública a sinatura do convenio Carmela Silva estivo acompañada pola deputada de Transición Ecolóxica e Medio Ambiente, Iria Lamas, a vicepresidenta de Relacións Institucionais do CSIC, Rosina López, e a directora da Misión Biolóxica, Elena Cartea. Carmela Silva amosouse orgullosa de que dúas mulleres se atopen nos postos directivos de ambos organismos xa que “se nota moito cando hai mulleres dirixindo porque o fan dende a posición que as mulleres temos no mundo”.

O convenio é un paso máis na colaboración entre Deputación e Misión Biolóxica e promove o aproveitamento e a diversificación de novos usos e formas de cultivo “ligados a produtos moi propios de Galicia e que non podemos perder, polo que é moi importante que as administracións invistamos recursos neste tipo de estudos”, asegurou Carmela Silva. En 2020 asinouse a primeira parte deste acordo para impulsar un estudo sobre os produtos tradicionais locais da provincia e “xa deu moitos resultados pero continuamos tendo moito que analizar e, sobre todo, moito que traballar para manter esa biodiversidade que nos é tan propia”.

Grazas a este novo convenio continuarse coa actualización da xestión das coleccións vexetais e avanzarse identificando variedades con características especiais e valor engadido como o millo, as brásicas, as xudías, as oliveiras e a vide. Todo isto farase a través de avaliacións no campo e en invernadoiro. Ademais, para chegar ao conxunto da sociedade, está previsto que se elaboren materiais de divulgación que poñan en valor a importancia das coleccións vexetais da Misión Biolóxica de Galicia. No marco de este acordo tamén se contratará a unha persoa titulada superior durante once meses a tempo completo.

Rosina López aproveitou a súa quenda de palabra para por de manifesto o compromiso que ten a Deputación de Pontevedra coa ciencia “neste ámbito e noutros moi distintos, e en concreto coa investigación que se realiza no CSIC” e desexou que “esta colaboración tan frutífera se manteña no tempo”. A vicepresidenta de Relacións Institucionais do CSIC agradeceu o apoio a este proxecto “destinado a revalorizar variedades autóctonas vexetais de gran interese” e destacou tamén “o seu papel na preservación do medio ambiente e na contribución á sostenibilidade do ambiente que nos rodea”.

Para Elena Cartea “o traballo que realizamos no marco deste convenio é inxente por todas as coleccións vexetais que temos e esta subvención sérvenos de gran axuda porque queremos que todas elas estean a disposición non soamente de empresas, cooperativas, agricultores e agriculturas, senón de toda a sociedade”. Cartea recalcou que a Misión Biolóxica ten “uns bancos de variedades locais de todos os cultivos que representan a economía agraria da provincia, incluso da rexión, con coleccións moi importantes” e que grazas a este acordo coa Deputación “calquera poderá coñecer todo o traballo que vimos facendo dende hai décadas, o que nos axuda a que a esta biodiversidade vexetal se manteña e sexa coñecida”.

Deportistas do Club Alagua da Guarda, na Copa de España de Vaurien

0

Do 1 ao 4 de abril celebrouse a Copa de España de Vaurien nas Pontes, onde participou unha tripulación mixta conformada por Ignacio Campos e Yolanda Bastos, do Club Deportivo Alagua da Guarda. Aínda que na regata do venres acadaron un primeiro posto na clasificación provisional, as duras condicións meteorolóxicas que precederon nos seguintes días, fixeron caer á tripulación do Club guardés ata o cuarto posto quedándose ás portas do pódium.

Na Copa de España tamén participou Maruxa Sío, deportista do Club Alagua que competiu por Vertigo Sailing xunto coa catalana Anna Solé Dolcet, rematando coma subcampionas da Copa de España da categoría feminina.

[su_image_carousel source=”media: 33943,33941,33946,33945″ crop=”5:4″ link=”lightbox” autoplay=”0″]

Dende o Club Alagua quixeron transmitir a súa especial felicitación “a estes navegantes, e animar aos deportistas a retomar os adestramentos e as competicións despois do parón que obrigou a cancelar e pospor infinidade de eventos.”

O Concello da Guarda fai extensiva esta felicitación aos deportistas locais do Clube Alagua, destacando a práctica deportiva con todas as medidas de seguridade e agardando que, pouco a pouco, podan ir retomando a intensa actividade que tiñan antes do inicio da pandemia da covid-19.

O PP alerta de que A Cañiza pode quedar sen GES porque o Goberno local non enviou o convenio en prazo

0

O Partido Popular da Cañiza alerta de que o Goberno local non enviou o convenio para que o concello conte cun Grupo de Emerxencias Supramunicipal (GES), a pesar de que o prazo rematou xa o 31 de marzo. O voceiro popular e deputado provincial, Miguel Domínguez, considera que “renunciar a esta oportunidade sería cometer un erro histórico grave, xa que contar cun grupo de emerxencias con sede na Cañiza melloraría substancialmente a atención e os tempos de reposta aos veciños da Cañiza e da comarca”.

Por iso, entende que o Goberno local debería explicar cal é o seu plan. “A parálise do goberno é unha lastre para os intereses dos nosos veciños, e queremos saber por que o Concello da Cañiza non enviou o convenio asinado dentro do prazo. Si é porque renuncia a ser sede do GES ou porque non fixo os deberes en tempo”, esixe Domínguez, que sinala que A Cañiza, xunto con Redondela, son os únicos concellos galegos que non aprobaron ter un grupo de emerxencias no seu territorio.

Pola contra, di Domínguez, “observamos como os gobernos de Mos ou A Lama si fixeron as xestións necesarias para botar a andar o GES á maior brevidade posible, mentres o Goberno da Cañiza, alleo á necesidade de ter un servizo de emerxencias dotado de persoal suficiente para cubrir a nosa vila as 24 horas do día, e os 365 días do ano, continúa sen facer nada respecto a este mesmo asunto”.

Os populares recordan que en novembro a Xunta de Galicia expuxo nunha xuntanza  da Comisión de seguimento dos Grupos de Emerxencia Supramunicipal (GES),  a súa proposta para mellorar e completar o mapa de cobertura de emerxencias no territorio galego, mediante a creación de 6 novos GES .

A proposta do Goberno galego é implementar estes 6 novos servizos de emerxencias -1 na provincia da Coruña, 2 en Ourense e 3 en Pontevedra-, mantendo o sistema habitual de colaboración cos Concellos e Deputacións Provinciais, institucións ás que a LBRL atribúe a competencia de atención de emerxencias.

No que atinxe á provincia de Pontevedra, a Administración autonómica presentou nesta  Comisión  a posibilidade de contar con tres novos Grupos Supramunicipais de Emerxencias, sendo un deles o GES da Cañiza, que tamén prestaría cobertura aos concellos de Arbo, Covelo e Crecente.