O Concello da Cañiza está a piques de rematar as obras que desenvolve de cara a mellorar e modernizar o alumeado público da parroquia de Valeixe. Amais da substitución dos báculos, por outros máis modernos e coa imaxe do Concello, elimináronse todos os puntos que ata agora facturábanse en alzado, cun alto consumo enerxético e penalizacións nas facturas, colocando novos contadores. Esta actuación tradúcese nun importante aforro, reducindo a factura mensual en máis do 50 %.
Trátase dunha obra que supera os 463.000 euros e que permitiu substituir o 100 % das luminarias da parroquia. De feito superáronse as previsións iniciais do proxecto xa que estas contemplaban a instalación de 800 puntos de luz cando, en realidade, colocáronse 847 novas luminarias de última xeneración.
Click para ampliar
Segundo explicaba o alcalde da C añiza, Luis Piña, esta obra “era importantísima e necesaria para Valeixe, a parroquia máis extensa e poboada do municipio”. O rexedor local explicou que, ademais, despregáronse máis de 13 quilometros de novo cable no tendido eléctrico, e substituíronse máis de 40 báculos en mal estado.
A renovación do alumeado, complétase coa instalación de 20 novos cadros de contadores eléctricos intelixentes, que engádense aos 5 existentes nos lugares de Touzosas, Anxo da Garda, Almuiña, Súa Hermida e Miñoteira. A práctica ausencia de contadores en Valeixe, provocaba que a subministradora facturara o consumo por Alzado, un tipo de facturación que aplica unha elevada porcentaxe de penalización.
Queda pendente a colocación de 6 novos postes do Foxo a Pintelos, 1 no Barreiro e outro en Veiga de Chan e a instalación de 11 novos báculos do modelo Aluminia en color bronce nos lugares do Centro Médico, Praza dos Remedios e Casa da Irmandade para que quede rematada esta obra sen precedentes na parroquia.
Dende que o pasado 20 de marzo o alcalde da Cañiza, Luis Piña, anunciara a adxudicación desta obra que marcou o inicio da modernización do noso Concello, a factura de electricidade xa viu reducidos os custes xa que esta reforma –ademais de dotar a Valeixe dunha moderna instalación eléctrica co cambio de todas as luminarias a LED de última xeración–, supuxo o cambio do tipo de facturación.
A obra está financiada ao 100 % entre o Ministerio de Transición Ecolóxica, cunha aportación do 80 % do total e a Deputación de Pontevedra, que a través do Plan Concellos 2020 aporta o 20 % restante. Polo tanto cúmprese coa filosofía de axuste contable do Alcalde Luis Piña de non utilizar os recursos propios debido á actual situación económica que sufre o Concello.
Máis de catro millóns de euros de investimento e sete liñas principais de actuación conforman o groso dos recursos cos que a Deputación de Pontevedra intensifica este ano o seu apoio a concellos, en especial aos de menos de 20.000 habitantes, e ás entidades con fins sociais para que poidan atender á poboación máis vulnerable neste momento de pandemia. A presidenta, Carmela Silva, xunto á deputada de Política Social Olga Ballesteros, fixo hoxe seguimento específico desta área, “prioritaria nesta Deputación”. Este ano incrementouse o orzamento nun 3 % o e se adiantaron as liñas de axuda “porque neste momento está claro que as consecuencias da pandemia non só foron sanitarias, senón tamén de carácter social, e a xente precisa que cheguen estas axudas canto antes”.
Carmela Silva destacou a celeridade con que se están a tramitar todos estes recursos por parte da administración provincial e, ao mesmo tempo, quixo facer un recoñecemento a todos os concellos que fixeron un “esforzo enorme” e “que foron a primeira liña de atención ás persoas en situación de vulnerabilidade. Fixérono, engadiu, sen recibir ningún euro máis de ningunha administración”. “Por iso, dixo, nós tamén aumentamos os recursos, sobre todo ás entidades locais. Está claro, explicou a presidenta, que os concellos tiveron que facer un esforzo extraordinario porque a situación social agravouse moito por mor de todas as consecuencias da pandemia”. Lembrou que a Xunta recibiu “ducias de millóns para facer fronte ás necesidades sociais da pandemia, pero sen embargo o mundo local, concellos e deputacións, nin un só euro. A Xunta non repartiu eses recursos que recibiu do Goberno do Estado para compartir cos concellos que estaban a sufrir situacións máis graves do habitual. E os concellos o fixeron cos seus recursos propios. Nós entendemos que tiñamos que apoialos, porque aínda que non é a súa competencia, a xente cando ten necesidade non entende de competencias, entende de que se lle atenda. E o mundo local fíxoo”.
“
Carmela Silva: “A xente cando ten necesidade non entende de competencias, entende de que se lle atenda. E o mundo local fíxoo”
A primeira destas liñas de acción que desenvolve a Deputación son as axudas nominativas a entidades sociais, un total de 372.000 euros destinados a programas de 23 asociacións. Son a Fundación Érguete Integración, Confederación Cogami, Afapo, Apamp, Érguete, Xoga, Arela, Feafes (Federación Asociacións de Familiares e Persoas con Enfermidade Mental de Galicia), Fundación Monte do Gozo-Proxecto Home, Down Xuntos Pontevedra, Érguete Baixo Miño, AECC, Down Vigo, Amencer-Aspace, Afaga, Esperanza Salnés, Radio Ecca, Fundación Unicef Comité Español, a Federación Provincial de Cogami, Alborada, Afasal, Afamo e a Coordinadora Galega de ONGD. Entre os programas que desenvolverán grazas a estas axudas, figuran actividades de atención integral a persoas con diversidade funcional, estimulación da linguaxe oral, programas de autonomía persoal e de empregabilidade, así como de atención á infancia máis vulnerable ou becas de alfabetización, entre moitos outros.
Doutra banda, a Deputación destina este ano 2,5 millóns ao Plan de Cofinanciamento dos Servizos Sociais Comunitarios Municipais, cun incremento de 133.000 euros fronte ao 2020. 1,3 millóns están dirixidos ao financiamento do Servizo de Axuda no Fogar e 1,2 a sufragar os cursos do persoal dos Servizos Sociais dos concellos. Como novidade, ademais de aprobarse con máis antelación, neste 2021 os concellos puideron solicitar o adianto do 50 % do importe que lles correspondía “para facilitarlles a xestión”.
A terceira liña confórmana as subvencións por concorrencia para entidades con actuacións no ámbito social, ás que se dedican 470.000€. Este ano presentáronse 120 solicitudes a estas axudas, para as que se incrementou o importe máximo para cada proxecto, que pasou de 6.000 euros a 7.000. Estas subvencións soen destinarse a programas de promoción, da autonomía persoal en persoas con enfermidades mentais, servizo de información e orientación para persoas con parálise cerebral, fomento do emprego, atención integral ao neno/a con patoloxía oncohematolóxica, ou reparto de alimentos, entre outras.
No que se refire ás Axudas Básicas de Emerxencia destinadas aos 52 concellos de menos de 20.000 habitantes, neste 2021 destínanse 565.000 euros, 100.000 máis que o pasado ano. Neste caso os concellos podían obter por adiantado o 50 % do importe e a contía máxima para cada concello que vai desde os 7.800 aos 17.800 euros, en función da súa poboación e da porcentaxe de desemprego con respecto á mesma. Destínanse a gastos de alimentación, vivenda, produtos farmacéuticos ou necesidades básicas. Neste ano, tamén como novidade, incluíse na tipoloxía destas achegas a adquisición de roupa e calzado, á compra de produtos de protección contra a Covid, máscaras ou xel hidroalcólico.
Carmela Silva e Olga García Ballesteros
O servizo de teleasistencia atende na actualidade a 700 persoas de 46 dos 52 concellos de menos de 20.000 habitantes que están adheridas ao servizo aínda que, como sinalou a presidenta provincial, poderían chegar a 1.000 persoas se o demandan os concellos “e ao final de ano sempre se incrementa o número”. O gasto anual ascende a máis de 174.000 euros, e é financiado ao 50 % entre a Deputación e os concellos. Carmela Silva referiuse tamén aos cursos de español para persoas inmigrantes que financia a institución provincial e que se desenvolven en Vigo e Pontevedra para facilitar ás persoas non hispanofalantes a consecución do DELE A2, necesario para obter logo a nacionalidade española.
Nova liña de axudas dirixidas a ONGD
A presidenta anunciou que este ano a Deputación lanza unha liña de axudas a ONGS para a realización de proxectos concretos de cooperación ó desenvolvemento en países empobrecidos, que contribúan ó desenvolvemento de proxectos sociais, aliñados coa Axenda 2030 para o Desenvolvemento Sostible e os ODS. Estanse a pechar as bases para estas achegas, para as que se disporá un orzamento de 45.000 euros. “Polo tanto –apuntou- seguimos a ampliar os recursos que dedicamos a todo o que ten que ver coas políticas sociais tanto para nosa veciñanza como tamén para outros colectivos a nivel internacional, que é amais una esixencia da Axenda 2030, que as administracións participemos en garantir dereitos a persoas a nivel internacional que precisan axudas”.
A presidenta referiuse tamén ao investimento de 1,2 millóns realizado o pasado ano 2020 pola Deputación en axudas extraordinarias de emerxencia polo Covid aos concellos de menos de 20.000 habitantes. Explicou que os concellos destinaron unha parte a financiar os custos de persoal do Servizo de Axuda no Fogar encargado de atender ás familias en risco de exclusión social, que viron agravada a súa situación pola Covid, “e tamén moitos deles á alimentación e outros gastos correntes como desinfección de espazos públicos, centros educativos, compra de material anti Covid e colocación de mamparas nos edificios públicos”.
Ponteareas, terra de ciclistas e de ciclismo, acollerá o vindeiro 4 de xullo o Campionato Galego de Descenso BTT–Ultimate Downhill do Tea, a que é considerada como a proba máis importante da tempada nesta modalidade e da que sairán 16 maillots de campións e campionas autonómicas.
A proba terá un escenario de luxo, o monte da Picaraña, que asemella estar feito expresamente para actividades como esta que, organizada polo club Ponte Bike Team e o Concello de Ponteareas, conta coa colaboración da Deputación de Pontevedra.
“Para nós é un orgullo formar parte da organización desta proba de ciclismo, que terá un marco incomparable como é o Monte da Picaraña. Eventos deportivos como este fomentan o deporte á vez que nos permiten gozar destes espazos naturais que dende o Concello estamos revalorizando para o goce da veciñanza”, salienta Miguel Bouzó, responsable da Concellaría de Deportes.
Arredor de 150 deportistas achegaranse ata o monte da Picaraña para participar nesta proba que arrancará o sábado 3 cos adestramentos oficiais e co recoñecemento do circuíto por parte competidores e competidoras e que continuará o domingo 4 coa clasificatoria a partir das 11.00 h e a final ás 12:30 h oras.
En total serán 16 categorías, dende cadete ata máster masculino e feminino, que farán brillar a primeira edición deste campionato, “a única proba de descenso de Galicia este ano”, como lembra Marcos Porto, do Ponte Bike Team, un club con ano e medio de vida que ten xa en mente formar un equipo de competición desta modalidade a nivel nacional.
Dende a Federación Galega de Ciclismo agradecen o “traballo que está facendo o Concello de Ponteareas, un referente polo seu apoio ao ciclismo e ao deporte en xeral; ao club organizador, porque sen eles non sería posible; e á comunidades de montes de Arcos por colaborar con nós”. “Esta proba é todo un exemplo de reactivación do deporte tras a complicada situación vivida nos últimos meses”, destaca o presidente da federación, Juan Carlos Muñiz.
Por mor da situación sanitaria, a competición desenvolverase sen público e con todas as medidas de prevención necesarias.
A Xunta de Galicia deu luz verde á construción dun albergue de peregrinos no concello de Mondariz. A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda acaba de emitir a autorización ambiental estratéxica (AAE) do Plan especial de infraestruturas e dotacións para a construción dun albergue, e un aparcadoiro para autocaravanas, nunha parcela municipal na Cela.
Trátase dun ámbito que está próximo ao camiño da Franqueira, que discorre polo límite leste da parcela, e no que conflúen varios espazos de interese para o turismo de natureza, como sendas ou unha praia fluvial.
Tal e como se indica na AAE da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, non se esperan efectos ambientais significativos, polo que se dá por finalizada a tramitación ambiental, ao non ser preciso a autorización ambiental ordinaria.
En todo caso, a Consellería traslada a necesidade de ter en conta unha serie de determinacións como a incorporación dun estudo da paisaxe, no que se concreten medidas para asegurar que as edificacións, peches e instalacións se integren de forma harmónica na paisaxe.
Tamén se recomenda que as plantacións previstas se empreguen especies autóctonas propias da zona e adoptaranse as medidas oportunas para erradicar as especies exóticas invasoras e evitar a súa dispersión. Por último, sinálase a oportunidade de minimizar a impermeabilización do solo na zona de aparcadoiro, optando preferiblemente por pavimentos filtrantes.
O Centro Sociocultural de Pedornes acollerá este venres ás 20.00 horas a presentación do libro Romanza de los naranjos en flor, de Juan Galán. O acto terá entrada libre ata completar aforo, limitado a 40 persoas segundo as medidas vixentes contra a COVID-19.
A presentación do libro, que ten Oia como unha das súas localizacións, contará coa participación do propio autor, o historiador Fernando Javier Costas Goberna e a alcaldesa, Cristina Correa.
Romanza de los naranjos en flor é unha combinación de novela histórica e de intriga ambientada en tempos da guerra civil española. Conta a historia de dous personaxes: Alfonso Castro Weiss, falangista coruñés, avogado e fillo de republicano nacido en Ferrol, e Miguel Artimes Llana, violinista ovetense afiliado á CNT. As vidas dos dous transcorrerán paralelamente, sen que exista ningún vínculo entre eles; ata que, nun momento dado, acaban confluíndo no campo de concentración do Mosteiro de Oia: Alfonso como inspector da ICCP (Inspección de Campos de Concentración de Prisioneros) e Miguel como recluso.
O proxecto para dotar de saneamento ao núcleo rural de O Picouzo, na parroquia de Budiño, atópase en fase de licitación polo Concello do Porriño. A actuación requirirá dun investimento de 352.972 euros, co IVE incluído e un prazo de execución de 3 meses, a partir da adxudicación.
A Concellería de Infraestruturas que dirixe o nacionalista Pedro Pereira é a responsable desta actuación que persegue conectar esta zona de alta densidade de vivendas e na que está situado o Colexio Público da Cruz. Coa execución deste proxecto “pretendemos dar resposta a unha antiga demanda dos veciños e vecinas do barrio e resolver a falla de conexión á rede de saneamento do centro docente de Budiño”, manifestou Pedro Pereira.
Para conectar O Picouzo coas redes de suministro e saneamento xerais do Porriño, proxectanse a instalación de catro grandes colectores de 542, 370, 404 e 1.010 metros máis colectores de tramo, de tal xeito que se instalarán preto de dous quilómetros de tuberías. Un deses grandes colectores, o número 4 segundo se describe no proxecto, descorrerá polas inmediacións da estrada PO-510, de titularidade autonómica. O concelleiro Pedro Pereira xa mantivo reunión coa Xunta de Galicia para acadar informe favorable autorizando a súa execución. “Esta autorización da Xunta é moi importante para poder executar todos os colectores proxectados por gravidade e así evitar estacións de bombeo”, segundo explicou o responsable municipal de Infraestruturas.
Un total de 9 de cada 10 multas en materia de tráfico e seguridade viaria interpostas pola Policía Local dos 32 concellos da provincia que teñen delegada a tramitación e a recadación ao ORAL se pagan durante o período voluntario. Así, ata un 90,2% dos expedientes tramitados no que vai deste ano 2021 remataron co pago dentro do primeiro prazo. O incremento na voluntariedade no abono das sancións, ata alcanzar estas cifras de máximos históricos, atribúese á crecente concienciación por parte da veciñanza, que entende o labor policial como garantía de respecto pola seguridade viaria. Amais, a tendencia de crecemento na voluntariedade dos abonos nótase por igual nos 32 concellos que teñen delegada esta competencia no servizo da Deputación.
O ORAL, dentro do seu proceso de mellora continua na atención aos concellos, puxo en marcha durante o pasado ano un sistema electrónico a gravación das denuncias por parte das policías locais e o seu envío telemático ás oficinas a través de dispositivos portátiles. Esta mellora simplificou a tramitación administrativa das sancións e, por tanto, a axilización das notificacións ás persoas que cometen as infraccións. Ao longo deste ano, con datos pechados o pasado 31 de maio, iniciáronse un total de 9.975 expedientes sancionadores, dos se cobraron voluntariamente 8.835, o que representa o 90,2%. Durante todo o ano pasado tramitáronse 13.188 sancións, das que 10.470 remataron co pago en período voluntario (79,3%). O crecemento na voluntariedade crece, por tanto, en case 11 puntos porcentuais.
Máis da metade dos concellos de menos de 50.000 habitantes da provincia confían no ORAL para a xestión das súas sancións de tráfico, aínda que se sumamos as delegacións para a recadación de impostos e/ou taxas municipais o número de concellos adheridos crece ata os 54.
O ORAL vén de publicar a súa Memoria anual, co resultado de que o 89,4% dos recibos correspondentes aos padróns do exercicio 2020 cobráronse durante a anualidade, o que supuxo un incremento de tres puntos porcentuais con respecto ao ano anterior. A efectividade nos cobros foi aínda maior no padrón do Imposto de Bens Inmobles (IBI), a principal figura tributaria municipal, alcanzando o 91%, e no Imposto de Actividades Económicas (IAE), cun 92,6%.
Co ánimo de mellorar a atención ao público, o ORAL vén de estrear unhas modernas instalacións en Pontevedra con oito puntos de atención integral, nos que é posible realizar todo tipo de trámites. Ademais, durante o pasado ano inaugurou unha nova oficina en Tui e está a realizar melloras noutras sedes. A rede do ORAL, cos seus 23 centros de atención por todo o territorio provincial, atende anualmente de xeito presencial, telefónico e/ou telemático a case medio millón de persoas dos 54 concellos delegantes.
Xosé Manuel Rodríguez, alcalde das Neves, vén de plantexar ao Consorcio da Zona Franca de Vigo dúas opcións para o uso do millón de metros cadrados da Plataforma Loxística, situados no concello das Neves, que quedaron fora da mesma, por sentenza do Tribunal Supremo.
A primeira delas é, que se o chan pasa a cualificarse coma ‘dotacional’ para que o millón de metros cadrados sexan ocupados polo circuito de probas para o vehículo autónomo intelixente do Centro Tecnolóxico de Automoción de Galicia (CETAG). Este circuito é unha das infraestruturas que forman parte do programa “Vehículo Conectado V2X”, promovido por Cellnex. En maio pasado o mesmo presentouse coma Manifestación de Interés (MDI) para optar aos fondos europeos ‘Next Generation’ de recuperación económica. Naquela ocasión o delegado do Consorcio da Zona Franca de Vigo cualificouno coma “unha oportunidada estratéxica” para Galicia e para o conxunto do Estado”.
A segunda proposta, apunta o alcalde, é que se o chan finalmente pasase a considerarse ‘industrial’,ese millón de metros cadrados de solo público, sexan ocupados pola fábrica de baterías. Este proxecto, respaldado por máis de vinte empresas tecnolóxicas punteiras, ademáis da Zona Franca, a Universidade e o Concello de Vigo e a Deputación de Pontevedra, tamén é candidato aos fondos ‘Next Generation’. O mesmo conta con laboratorios de tecnoloxías de propulsión limpa: un deles estaría integrado na propia iniciativa e os outros catro, de apoyo, liderados pola CTAG.
O Arealonga FS de Chapela, Redondela, vén de poñer en marcha dúas xornadas de portas abertas coa intención de que, nenos e nenas, poidan tomar contacto con este deporte dun xeito lúdico e divertido. A iniciativa está dirixida ás categorías bibenón (2015/2016), prebenxamín (2013/2014) e benxamín (2011/2012).
A primeira destas xornadas de portas abertas “Trae un amigo/a” desenvolverase hoxe martes, 22 de xuño en horario de 17 h a 18 horas para a categoría biberón; e de 18 h a 19 horas para as categorías de prebenxamín e benxamín. A segunda xornadas está prevista para o venres 25 de xuño nos mesmos horarios. Ámbalas dúas actividades terán celebraranse no Pavillón Municipal de Chapela ‘Manuel González Soto’.
Nenos e nenas poderán tomar contacto coa educación deportiva, traballo psicomotriz, desenvolvemento funcional, estiramentos básicos e traballo técnico, todo baixo a supervisión de monitores titulados. Serán xornadas cheas de diversión en grupo e deportividade.
Para máis información ou inscrición nestas xornadas, interesados e interesadas poden facelo por WhatsApp no número 618 869 268.
Para tranquilidade das familias e seguridade dos nenos e nenas, os adestramentos serán sen contacto físico e cumprindo, estitamente, os procolos anticovid establecidos tanto pola Real Federación Galega de Fútbol coma polo Concello de Redondela.
O Arealonga FS lembra que, precisamente, o cumprimento de todos os protocolos “permitiunos iniciar os adestramentos no pasado mes de outubro con cero contaxios”.
O Concello de Arbo, un ano máis quere agasallar o amor que durante 50 anos levan compartido os matrimonios arbenses, e ún ano máis queren celebrar o evento tradiconal “Vodas de Ouro”.
Todos aqueles matrimonios que cumpran ou que cumprisen os “50 anos de casados ( Vodas de Ouro) ” dende o 16 de febreiro de 2020 ata o 31 de xullo de 2021, pódense anotar nas oficinas municipais do Concello de Arbo, para a homenaxe que se vai a celebrar o vindeiro 31 de xullo.
Tamén poderanse anotar todas aquelas parellas que o ano anterior non poideron participar.
Este ano o acto ven marcado pola crise sanitaria, e tivose que cambiar a data de febreiro a xullo, ao igual que o escenario do acto que pasa de ser no auditorio a ser na Praza do Concello.
Dende o Concello animan a todos os matrimonios que este ano cumpran os 50 anos o xa o cumpriran, a anotarse e participar neste acto, no que se tomaran todas as recomendación e medidas sanitarias.
A data limite para anotarse será ata o vindeiro 15 de xullo.
A Fundación Filomena Rivero Alonso formalizou, nun evento no Concello, a aportación económica a prol do Concello de Redondela que, ao longo de 2021, supón un total de 2.200 euros para a compra de libros, tanto para nenos e nenas como para adultos, para ampliar os fondos da Biblioteca pública municipal Valle-Inclán. No acto participaron o secretario da Fundación, Telmo Crespo Tojeiro, e o concelleiro de Cultura de Redondela, Daniel Boullosa.
Durante o evento, que tivo lugar ás 19.00 horas, o concelleiro de Cultura agradeceu “a implicación da Fundación Filomena Rivero Alonso que, ano tras ano, vén colaborando na ampliación do fondo bibliográfico municipal, achegando aos veciños e veciñas e nenos e nenas desta localidade á cultura e facilitando o acceso á lectura e á formación”. Neste intres, as bibliotecas municipais atenden a cerca de seis mil redondelanos. A pesares do descenso dos préstamos durante os meses de restricións por mor da Covid-19, entre as sedes de Redondela e Chapela atendéronse en 2020 preto de 20.000 visitas e xestionáronse uns 13.000 préstamos.
A Fundación, presidida por Gracia Regojo, leva anos traballando a prol do apoio e promoción da cultura en Redondela. Concretamente, este vínculo remóntase ao ano 2006 cando comeza a colaborar coas ANPAS. Anos máis tarde, consolídase xa a relación e, a través da rede de bibliotecas, créase un “Club de Lectura” que continúa na actualidade, aínda que hoxe depende, orzamentariamente, da Concellería de Cultura de Redondela, pasando a destinarse a aportación económica da Fundación integramente á compra de libros.
Hoxe martes, 22 de xuño, de 11:00 a 13:00 h., no camiño do pavillón de Leirado, como peche das actividades lectivas no centro, está a haber un maratón radiofónico e unha exposición dos traballos que realizou o alumnado ao longo do curso en relación co proxecto interdisciplinar “A tope coa saúde”.
Para dar cumprimento ao protocolo COVID, este curso, o alumnado non poderá ser o protagonista da explicación do proxecto anual de centro “A tope coa saúde” e será parte do profesorado do centro quen os acompañe durante a visita e maratón radiofónico.
Neste proxecto fixéronse traballos de investigación (microorganismos, vacinas, historia da medicina, pandemias históricas…), aprendemos a ser saudables (prevención de enfermidades e accidentes, descanso, exercicio físico, alimentación) e agora amosamos todo o que aprendemos. Desenvolvéronse tarefas integradas en todos os niveis empregando a aprendizaxe cooperativa que culminaron con esta exposición e maratón radiofónico (produto final das tarefas integradas do 3º trimestre).
A Comunidade Educativa do CEIP de Leirado agarda a vosa asistencia en horario de 11:00 a 13:00 h.
Onte, 21 de xuño de 2021, tivo lugar a presentación do VI Raid do Condado-Marqués de Vizhoja, no Concello das Neves.
Unha proba da liga Española e Galega de Raids de Aventura, que celebrarase a próxima semana nos concellos pontevedreses de Salvaterra de Miño, As Neves e Arbo.
Na presentación do evento estiveron as seguintes autoridades deportivas e políticas; Javier Alvelo, presidente do FEGADO; o alcalde das Neves, Xosé Rodríguez e o seu conselleiro de deportes Óscar González; como representantes do Concello de Salvaterra de Miño estaban presentes a súa alcaldesa Marta Varcalcel e o seu conselleiro de deportes Edgar Martínez; por parte do Concello de Arbo estivo o seu alcalde Horacio Gil; e como representante do club estaba presente Diego Fernández, Presidente do Club Marqués de Vizhoja- Cornelios; e Cristina Costa como responsable de Comunicación de Adegas Marqués de Vizhoja.
Desde o venres 25 e ata o domingo 27, os equipos das categorías Elite, Aventura Masculino, Aventura Feminina e Aventura Mixto percorrerán 185 quilómetros, divididos en 3 etapas e 11 seccións.
Para os equipos Orienta Raid Longa e Xuvenil, o Raid terá unha distancia de 127 quilómetros dividido en 2 etapas e 10 seccións, e de 43 quilómetros para os equipos Orienta Raid Curta, formado por 1 etapa e 4 seccións, que desenvolverán na súa totalidade o domingo 27 de Xuño.
O Raid de Aventura é unha competición multidisciplinar destinada a probar a capacidade de resistencia, de navegación e de supervivencia de equipos en completa autonomı́a. Os participantes deben completar un extenso percorrido de orientación, no menor tempo posible, superando as dificultades naturais que atopen ao seu paso sen valerse de medios motorizados.
O percorrido non está sinalizado e é secreto ata a saída, o que supón a necesidade de obter a información do itinerario por fontes non habituais, como o mapa. A propia orografía, a vexetación e os obstáculos naturais son os que marcan os verdadeiros atractivos e dificultades da proba.
Para poder participar no VI Raid do Condado-Marqués de Vizhoja é obrigatorio que todos os participantes teñan en posesión a licenza de Raid da Federación Española de Orientación (FEDO), na súa versión anual ou ben tramitando a licenza dun día.
As inscricións deben realizarse a través da plataforma TRACKTHERACE, na seguinte ligazón:
O máximo de equipos este ano, para cumprir con todos os protocolos Covid-19 esixidos, será de 75 por orde de inscrición e podémosvos dicir que nestes momentos quedan 3 prazas vacantes, polo que estamos moi contentos e desexando empezar.
O Agrupamento Europeo de Cooperación Territorial AECT Río Miño vai formar parte dunha rede estable de traballo e intercambio de experiencias xunto a entidades transfronteirizas similares de concas de grandes ríos europeos e latinoamericanos. Así se concretou esta tarde no seminario ‘Intercambio de experiencias: UE e Conca do Río Uruguai’ organizado pola Asociación de Rexións Fronteirizas Europeas (ARFE) e o Comité para o Desenvolvemento da Conca do Río Uruguay, no que estiveron presentes de maneira telemática ademais do deputado e vicedirector do AECT Uxío Benítez, representantes de organismos do Río Uruguai, o río Rin e o Danubio.
O obxectivo do encontro, segundo explica Benítez, é estreitar lazos entre as ‘institucións espello’ das concas dos mencionados ríos, e dar un primeiro paso de cara a unha vindeira visita de estudo –con data aínda por determinar- que as e os integrantes dos agrupamentos transfronteirizos realizarán ao territorio miñoto para coñecer ‘in situ’ a gobernanza transfronteiriza que está a desenvolver o AECT Río Miño.
A decisión de crear unha rede de agrupamentos ‘eurolatinoamericanas’ de cooperación estable, que manteña reunións periódicas, tomouse debido ás similitudes que teñen as organizacións que xestionan recursos nas concas, con estruturas formadas principalmente por municipalidades. Considérase que todas elas poden achegar e intercambiar fórmulas e solucións a problemas que se dan nos territorios transfronteirizos de maneira repetida.
No seminario de hoxe, o deputado Uxío Benítez participou nunha mesa sobre ‘Gobernanza e Cohesión Social Transfronteriza’. Destacou que o Agrupamento Europeo de Cooperación Territorial do Miño ten unha curta vida –naceu en 2018-, “mais xa está a ser referente institucional claro na defensa e xestión do territorio miñoto”.
Subliñou que foi a institución que se puxo á fronte das necesidades dos concellos ribeiráns en momentos chave como o peche de fronteiras entre España e Portugal por mor da COVID, reclamando a súa apertura. Tamén lembrou que está a traballar –entre outros obxectivos- para acadar unha unidade de criterios da Xunta e o goberno portugués á hora de aplicar a normativa europea no espazo ‘Rede Natura 2000’ do Miño, iniciativa para a que obtivo financiamento europeo.
O nacionalista destacou que o AECT supón un modelo de xestión administrativa, “un instrumento privilexiado de cooperación”, que coñece de primeira man e de maneira local as necesidades dun territorio común a pesares de estar dividido administrativamente entre os estados español e portugués.
Segundo explicou o deputado Benítez, o AECT Rio Miño, ademais, é un medio xurídico que permite optar e xestionar fondos europeos de xeito áxil, promover e organizar accións de cooperación do territorio de forma directa, así como servir de foro estable sobre o río Miño. Subliñou, así mesmo, que consta dunha estratexia de actuación coa vista posta no 2030.
O Concello de Nigrán repetirá un dispositivo de seguridade moi similar ao do ano pasado para impedir que se celebren as tradicionais cacharelas de San Xoan en Praia América-Panxón e nos diferentes areais do municipio. Desde xeito, as praias serán desaloxadas polas forzas de seguridade ás 21:00 horas do 23 de xuño e quedarán precintadas ata as 8:00 horas do 24 de xuño, manténdose durante toda a noite a vixilancia. Igualmente, durante todo o día 23 non se permitirá a entrada con bebidas alcohólicas ou calquera elemento para facer fogueiras. A tal efecto, o Concello de Nigrán ven de publicar un bando.
“Todas as medidas de seguridade sanitaria establecidas por mor do Covid-19 e o propio sentido da responsabilidade impiden que este ano retomemos as tradicionais cacharelas que cada ano confecciona o Concello en Panxón e tampouco haberá verbena”, xusifica o alcalde, Juan González. “Este evento reúne a miles de persoas, é o máis multitudinario de Nigrán, e aínda que a situación mellorou moito con respecto a 2020 todavía non é o momento, agardamos que en 2022 si sexa xa posible. Agora toca festexalo no eido privado que xa é algo máis que en 2020, cando absolutamente todas quedaron prohibidas. Paciencia, cariño e calma porque ímos no bo camiño”, engade. Así, desde o Concello de Nigrán outorgáronse 56 permisos a particulares, revogándose dous que pertencían a asociacións ao prohibir a Xunta calqueira fogueira en espazos públicos.
Actividades paralelas
O Concello ofrece unha programación alternativa para este día festivo de gran raigame en Panxón que se encadra no programa municipal ‘Música nas Parroquias’, creado desde o goberno local para manter a esencia das festas patronais de cada parroquia ao non terse constituído a maioría das comisións. Por unha banda haberá un show infantil do Rey Midas o mércores 23 ás 19:00 horas no Paseo Marítimo de Panxón e ás 22:30 será o concerto estelar do recoñecidísimo grupo vigués Broken Peach no espazo deportivo Dunas de Gaifar (entrada de balde ata completar o aforo). Podería dicirse que son unha banda, podería dicirse que son un coro, ou podería dicirse que son un espectáculo para nenos e adultos… e a verdade, podería dicirse que son un pouco de todo. Crean unha nova forma de fusionar a música co espectáculo tentando desmarcarse das típicas bandas de versións, dándolle un toque persoal a cada un dos temas que interpretan. A formación de Broken Peach consta de 4 voces femininas, batería, baixo, guitarra/piano. Unha das súas mellores bazas é ter unha estética tan elegante como extravagante que sitúan ao espectador en diferentes épocas e ambientes. O seu eclecticismo musical viaxa desde o soul ata o rock, pasando polo gospel, funk, pop, etc.
Ao día seguinte, xa día de San Xoan, patrón de Panxón, o Concello ofrece ás 13:00 horas no peirao un concerto a cargo da Banda de Música do Val Miñor.
Xa está aberto o prazo de inscricións para solicitar praza nas escolas deportivas de verán no concello de Tui.
Esta escola de verán pretende fomentar o deporte entre a veciñanza da comarca, animándoa así a practicar deporte e levar unha vida saudable. A idade mínima para participar son 6 anos en adiante, tamén está programada para adultos.
A súa realización discorrerá entre os meses de xullo e agosto no Pavillón de A Carballa, en Tomiño. A realización das actividades será os luns e os mércores polas mañás, e poderase escoller entre dous horarios:
Primeiro turno: de 10:00 a 11:30 horas.
Segundo turno: de 11:30 a 13 horas.
Para calquera dúbida ou para realizar as inscricións o teléfono de contacto é 685 960 370 ou na dirección: [email protected].
A subdelegada de Goberno, Maica Larriba, presidiu hoxe xunto ao alcalde de Baiona, Carlos Gómez, a Xunta Local de Seguridade desta localidade. Na reunión tamén estiveron presentes o coronel xefe da Comandancia da Garda Civil en Pontevedra, Simón Venzal, e o xefe da Policía Local.
Segundo os datos proporcionados polos responsables policiais durante a reunión, durante os cinco primeiros meses do ano o municipio experimentou un descenso moi acusado dos delitos graves, tanto contra o patrimonio, que baixaron nun 37 %, como contra as persoas, que se reduciron nun 75 % con respecto ao mesmo período do ano 2019. Neste sentido, a subdelegada explicou que “a comparación interanual de todos os datos analizados realizouse con respecto ao ano 2019, xa que o 2020 foi un ano atípico debido á pandemia e ao confinamento domiciliario, que alterou as cifras habituais”.
Así mesmo, os delitos leves contra o patrimonio, tales como o furto ou os roubos, reducíronse nun 20 % durante os cinco primeiros meses de 2021.
Larriba subliñou tamén que as infraccións penais rexistradas no municipio están nunhas cifras moi similares á doutros anos. Ademais destacou que a cifra de criminalidade na zona mantense nun 8,9 %, un número moi inferior á media da provincia. Neste sentido, sinalou que “Baiona é un municipio moi seguro, a pesar da gran afluencia de xente que rexistra na temporada estival”.
Durante a reunión, Larriba adiantou tamén que o posto de Baiona “verase reforzado durante todo o verán, seguindo á instrución do Plan Turismo Seguro do Ministerio de Interior, xa que se agarda un aumento de turistas e de persoas que van e veñen á localidade no día”.
A este respecto, a subdelegada explicou a importancia de que as Forzas e Corpos de Seguridade “teñan unha presenza visible naquelas zonas onde a concentración de persoas e máis habitual”. Para tal fin, existirá unha colaboración total entre a Policía Local e a Garda Civil, incluso levando a cabo tarefas de vixilancia conxunta, sobre todo nos fines de semana, que é cando se rexistra unha maior afluencia de persoas.
Larriba sinalou tamén que se intensificará a vixilancia do tráfico, reforzando a presenza de axentes nas estradas. Por último, a subdelegada informou de que a Garda Civil contará cunha furgoneta móbil que prestará atención cidadá en toda a comarca, e en especial, aos peregrinos que realicen o Camiño de Santiago pola costa.
O Concello da Guarda recibiu os cómics “Amelia: historia dunha loita” adquiridos dende o CIM e fixo entrega de varios exemplares na xornada deste luns á Biblioteca do IES A Sangriña (BiblioTrega) e á Biblioteca Pública Municipal da Guarda (para o seu Punto lila).
Nos actos de entrega no IES A Sangriña e na Biblioteca Pública Municipal estiveron presentes o Alcalde da Guarda, Antonio Lomba e a Directora do Centro de Información á Muller da Guarda, Yolanda Villaverde, xunto cos responsables das respectivas bibliotecas.
Con esta entrega péchanse as actividades promovidas dende o CIM da Guarda e na que participou o alumnado de 1º de Bacherelato do IES A Sangriña da Guarda.
O cómic “Amelia: historia dunha loita” basease nunha historia real que narra o verdadeiro rostro da prostitución desde a óptica de Amelia Tiganus. Este proxecto nace en forma de cómic xa que ler un cómic ofrece un acceso inmellorable a un determinado grupo da poboación máis moza que, co emprego doutros medios máis tradicionais, veríamos comprometido o obxectivo principal de chegarlles directamente e sen recelos, sendo un instrumento ideal para conectar da maneira más eficiente con este público.
Amelia Tiganus estivo hai dous anos na Guarda nun relatorio e para completar esta acción, decidiuse centrar as accións deste ano na poboación máis nova a través da presentación deste cómic, realizada fai uns meses.
Amelia Tiganus é una activista feminista , nacida o 11 de marzo de 1984 en Galati, Rumanía. Vive en Euskadi, a súa xanela ao mundo desde a que puido reconstruír a súa vida e renacer despois de ter sido explotada sexualmente durante cinco años no Estado español.
Trátase dunha actividade financiada polo Pacto de Estado con cargo á asignación recibida do Ministerio de Igualdade, a través da Secretaría de Estado de Igualdade e contra a violencia de xénero.
O rexedor, Paco Ferreira, acompañado polo concelleiro de Medio Ambiente, Brais Misa, agradeceu hoxe o relevante papel das plantillas dos departamentos de Limpeza e Parques e Xardíns, así como de Medio Ambiente nos “avances en sustentabilidade e mellora da nosa contorna que se lograron nestes anos”.
O rexedor quixo compartir cos traballadores e traballadoras o recoñecemento da “Escoba de Plata” recentemente outorgado ao concello de Gondomar pola aposta de iniciativas e maquinaria que fomentan a sustentabilidade no municipio. Algo que, como sinalou Paco Ferreira, “non sería posible sen o traballo que día a día e en todos os recunchos dos noso concello facedes.
Un galardón que reflicte ese traballo xunto ao recoñecemento por dous anos consecutivos de Gondomar co distintivo de “Vilas en flor”. Reiterou que só é posible “a través da cooperación e a unión a hora de traballar polos mesmos obxectivos, algo que co coidado e esmero que no desempeño do voso traballo poñedes é sempre posible”.
Animou aos traballadores a seguir traballando neste sentido e continuar sumando logros para converter Gondomar nun municipio referente de “no sur da provincia e en toda Galicia en materia de limpeza, defensa do medio ambiente e sustantibilidade”.
Trala súa excepcional acollida durante este mes de xuño, a Deputación de Pontevedra abre este luns 21 de xuño o prazo de inscrición para as catorce rutas do programa Bosques Terapéuticos que se desenvolverán no mes de xullo por nove espazos naturais da provincia. Esta é a segunda edición deste programa da institución provincial, que a través dos “baños de bosque” une medio ambiente, exercicio, saúde e cultura cunha actividade integral e participativa na que se prima a propia experiencia das persoas coa natureza, conxugada coa interpretación do patrimonio.
Para o vindeiro mes de xullo ofértanse 210 prazas para o total das catorce rutas previstas (quince por cada unha delas). Máis polo miúdo, celebraranse dúas rutas dos baños de bosque polos Salóns do Lérez (os días 3 e 30), polo Espazo natural Arco da Vella (10 e 16), por Cabo Udra (11 e 23), pola Ruta da Pedra e da Auga (2 e 17), polo Sendeiro azul do río Verdugo (9 e 24) e unha polo Parque Monte Aloia (día 4), polo Bosque da Picaraña (18), pola Senda do Almofrei (25) e pola Fraga de Catasós (día 31). As persoas interesadas en asistir deben inscribirse no formulario que atoparán na web da Deputación (www.depo.gal).
Cada unha das rutas dos parques terá un tema central deseñado especificamente para estas rutas, segundo as características e valores de cada espazo, e sobre o que xirará toda a actividade. Isto fomentará que as persoas poidan participar, se o desexan, nas distintas rutas, sen que se repitan os contidos.
Este sábado 19 de xuño tivo lugar en Tui unha gran xornada de bádminton co Campionato Galego Sub11.
Dende o Club Bádminton Tui queren agradecer a todos os clubs participantes a súa colaboración, deportividade e bo comportamento Bádminton Suflenorsa As Neves, CD Hydra, Club do Mar de San Amaro, Club Bádminton Ravachol Pontevedra, Club bádminton A Estrada, Badminton Vigo Escola Rosalia e Club Bádminton Athlos Ourense, do mesmo xeito que ao equipo arbitral.
Agradecer tamén a presenza de Rodrigo Sanjurjo, presidente da Federación Galega de Bádminton e de Rafa Estevez Martinez, concelleiro de Deportes do Concello de Tui.
Pero quere felicitar especialmente aos cinco deportistas, que conseguiron 9 medallas, subindo ao podio en todas as categorías:
OURO
Mikel Martínez e Iago Días-Fierros, en Dobre Masculino
PRATA
Alexia Pérez e Mariña García, en Dobre Feminino
BRONCE
Alexia Pérez e Martín Gándara, en Dobre Mixto
BRONCE
Martín Gándara (con Xoel de As Neves), en Dobre Masculino
BRONCE
Mariña García, en Individual Feminino
BRONCE
Mikel Martínez, en Individual Masculino
No equipo arbitral, ademais do MatchControl Javier, estiveron como “marcadores-arbitros” Bruno, Daniela e Jessica que se estreaban nese labor e que fixeron un bo traballo.
A próxima semana estes mesmos deportistas vivirán unha nova experiencia importante xa que participarán no Campionato de España que se celebrará en Santander. Un merecido “agasallo” polo traballo realizado.
Hoxe, 21 de xuño, celébrase o Día Mundial da ELA. O Concello de Tomiño sumarase, coma cada ano, a esta conmemoración, colgando unha lona no balcón da Casa do Concello e iluminando o edificio de verde, cor característica de esta doenza, da que cada día, se diagnostican tres novos casos e falece outro tanto en silencio.
Deste xeito, Tomiño únese á campaña da Asociación Galega de Esclerose Lateral Amiotrófica (AGAELA), que xunto ás asociacións de familiares e pacientes, coma membros da Comunidade da ELA, lanzaron a Campaña #LuzporlaELA na que edificios e monumentos de toda España se iluminarán de verde co fin de visibilizar a esta doenza e apoiar ás persoas que a padecen, para concienciar á sociedade sobre as dificultades que sofren cada día.
O ano pasado ilumináronse 305 monumentos en 210 municipios de toda España. En Galicia iluminaranse de verde máis de 60 edificios, entre os que se encontran o Edificio Administrativo de San Caetano e a Cidade da Cultura; a Subdelegación do Goberno de Ourense, os edificios das deputacións de A Coruña, Ourense, Pontevedra e Lugo, entre moitos outros.
A Sociedade Española de Neuroloxía (SEN) estima que no país existen unhas 3.000 persoas afectadas por ELA e que cada año se diagnostican uns 900 novos casos.
A Deputación de Pontevedra está a promocionar durante todo este ano a Festa da Lamprea de Arbo, unha das grandes celebracións gastronómicas de Galicia e declarada en 2016 de Interese Turístico Nacional. Malia que este ano non poido festexarse como é tradición desde 1961 polas restricións sanitarias ás que obriga á COVID, a institución provincial quere reafirmar o seu apoio a esta festa senlleira e a Arbo como un dos lugares a visitar durante os doce meses no destino Rías Baixas – Pontevedra Provincia.
Concretamente, a Deputación aporta unha axuda de 6.000 euros destinada á inserción de publicidade nos medios de comunicación para promocionar a festa, así como á elaboración do vídeo deste grande evento que, en condicións normais, atrae a Arbo a milleiros de persoas a finais de abril para degustar a exquisita lamprea do Río Miño.
A institución tamén está a respaldar a festa a través de publicacións nas redes sociais provinciais para reforzar o intenso traballo que o Concello de Arbo está a desenvolver en materia de promoción turística nas súas canles, tanto no que respecta á festa, como de todos os atractivos naturais, patrimoniais, culturais e gastronómicos da vila. O obxectivo da Deputación é promocionar as visitas a Arbo durante todo o ano. As redes sociais de Turismo Rías Baixas publican contidos con regularidade sobre os atractivos da vila e a comarca da Paradanta, e apoian tamén o traballo que desde as súas canles realiza o Concello. A Festa da Lamprea, que exalta este prehistórico peixe con 500 millóns de anos de antigüidade, é un dos grandes reclamos festivos da provincia. O apoio reafirma o compromiso da Deputación de Pontevedra coas festas de interese turístico que se celebran nas Rías Baixas.
O pasado sábado 19 de Xuño celebrouse en Candeán a Iª Fase de Categoría Rexional, onde o CPA Condado de Salvaterra de Miño obtivo excelentes resultados, que logrou 5 podios en total nas diferentes categorías.
Na categoría cadete ouro para Dubra Outeiro e bronce para a súa compañeira de club Zoe García, ambas do CPA Condado. No segundo posto quedou Noa Quereizaeta, do Club Patín Vagalume, club organizador do evento.
Na categoría infantil ouro para a patinadora do CPA Condado Ruth González, dun total de 17 participantes. Prata para Noa Faro, do Ribex, e bronce para Adriana Comesaña, do CPA Gondomar.
Na categoría Alevín ouro para Noa Silva, do CPA Arealonga, prata para Ánxela Seoane, de Soutomaior, e finalmente bronce para Sara González, do CPA Condado.
Na categoría Absoluta ouro para Licia Espiñeira, do Coruxo, prata para Nerea Piñeiro, de Salvaterra, e bronce para Lucía Soto, do CPA Condado.
A estes magníficos resultados do CPA Condado, tamén se suma un noveno posto de María De Sa, en cadete, e un oitavo posto de Eva Lemos, na categoría infantil.
Estes bos resultados súmanse aos obtidos xa a pasada fin de semana en Redondela, no Campionato Provincial das categorías benxamín, alevín e infantil, onde María Miranda García e Noa Movilla Valado conseguiron praza para participar no Campionato Galego que se celebrará o 25 de setembro en Gondomar.
A próxima cita para o CPA Condado terá lugar o vindeiro o 26 de xuño no seu propio pavillón, onde celebrarase a III Edición do Trofeo Salvaterra Milenaria de Grupos Show.
O obxecto destas axudas é contribuír a paliar o impacto económico que sufriron os negocios con sede social no Concello da Guarda como consecuencia da situación epidemiolóxica derivada do COVID-19.
A primeira liña de axudas, que ten de prazo ata o 25 de xuño inclusive para a presentación de solicitudes, ten como obxectivo apoiar economicamente a aqueles negocios que tiveron que estar pechados ao público en aplicación da Orde de 26 de xaneiro de 2021, e que obrigou ao cese de actividade en ximnasios, piscinas, establecementos de restauración ou albergues turísticos, entre outros.
Poderán xustificarse todos aqueles gastos que se teñan realizado entre o 1 de xaneiro de 2021 e o 25 de xuño, data de finalización do prazo de presentación de solicitudes.
Cada beneficiario/a poderá recibir ata un máximo de 700 euros en función da contía xustificada.
A segunda liña de axudas está dirixida a negocios en xeral e entidades do 3º sector que desenvolvan actividades económicas na vila, e estaría aberta a solicitude ata o 8 de xullo inclusive. Poderán ser subvencionados aqueles gastos que se indican nas bases, que poden ter sido efectuados entre o 14 de marzo de 2020 e o 30 de abril de 2021.
Cada beneficiario poderá recibir ata un máximo de 300 euros en función da contía xustificada.
O goberno de Nigrán aprobará no próximo pleno ordinario do 28 de xuño un cuarto plan de rescate municipal por importe de 51.526 € destinado nesta ocasión ao sector pesqueiro, de hospedaxe e de rendemento deportivo da localidade con axudas de 1.200 € para os empresarios e 750 € para a tripulación de barcos. Esta partida orzamentaria xurde a través dunha convocatoria excepcional da Liña 2 do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra co obxectivo de paliar os efectos económicos do Covid-19 naqueles sectores que determine cada concello, sendo estes os elixidos desde Nigrán: mariñeiro (patróns e tripulantes), hospedaxe (hostais, pensións, hoteis, campings…) e deportivo (ximnasios, centros deportivos ou empresas de deportes).
O Concello de Nigrán suma xa anterioremente 240.000 € en fondos propios aprobados en tres liñas de axudas directas compatibles entre si para suavizar os efectos da crise económica na hostalaría e no taxi e agora engade estes 51.526 € para estes novos sectores. A última delas pechou esta semana o prazo de solicitude e foi pedida por 25 taxistas, 30 autónomos societarios, 41 autónomos individuais e 10 autónomos colaboradores.
“Ata agora centrámonos na hostalaría e no taxi por ser estes sectores especialmente prexudicados cos sucesivos peches e limitacións sanitarias, agora consideramos que é o momento de chegar a estes outros tamén duramente danados para paliar os efectos económicos da crise da Covid-19”, considera o alcalde, Juan González, quen destaca ao sector do mar “como o máis tradicional no municipio e moi dependente da hostalaría”. “Non se entende a nosa localidade sen a súa Historia e a súa cultura mariñeira, por iso queremos protexelo especialmente con este plan que previamente consultamos coa Confraría”, destaca.
O borrador das novas bases elaboradas xa desde o Concello contemplan axudas de 1.200 € para empresarios destes tres sectores empadroados no municipio ou simplemente con negocio no municipio (inclúe patróns nigraneses de barcos con base en Nigrán ou Baiona) e 750 € para tripulantes de embarcacións con base en Nigrán ou Baiona e empadroados en Nigrán.
Como nos demais plans de rescate municipais, as axudas son compatibles con calquera outra concedida polas distintas administracións e son por concorrencia non competitiva, é dicir, concéndense sucesivamente ata esgotarse os fondos. Tras a súa aprobación no Pleno do 28 de xuño serán publicadas no Boletín Oficial da Provincia, abríndose un prazo de 20 días de solicitude desde ese momento.
A Deputación de Pontevedra, a través de SmartPeme, oferta esta próxima semana seis novas accións formativas impartidas de xeito online, enmarcadas na carteira de obradoiros que se imparten de forma telemática. As accións versan sobre a optimización de anuncios de aloxamentos e experiencias en Airbnb, debuxo con Onshape, vídeo márketing, creación de tendas en liña con Prestashop e creación de campañas con Google Adwords.
Este martes 22 impartirase o obradoiro “Optimización de anuncios de aloxamentos en Airbnb”, a cargo de Carla Moreno, market manager dos aloxamentos Airbnb en España e Portugal; e, a continuación, “Debuxo con Onshape, Assembly I”, da man do experto universitario en Robótica, Programación e Impresión 3D Manuel Freire.
O mércores 23, cita para “Optimización de anuncios de experiencias en Airbnb”, impartido por Federica Petruccio, market manager das experiencias Airbnb de España e Portugal; e para “Vídeo márketing I – Contido audiovisual, a última tendencia”, con Lara Taboada, experta en Ensinos Artísticos de Deseño Gráfico. Xa pola tarde, volverá Lara Taboada con “Crea a túa tenda en liña con Prestashop II: personaliza a túa”.
Para finalizar a semana, o xoves 24, será a quenda de “Introdución a Google Adwords” a cargo María Aller, posgraduada en Comunicación Corporativa, quen introducirá os conceptos básicos de Google Ads para crear unha campaña de xeito adecuado.
O Concello de Salvaterra de Miño aprobou, en Xunta de Goberno, as axudas para libros e material escolar de infantil, axudas de 75 euros que teñen o obxectivo de promover o principio de igualdade no exercicio da educación e compensar ás familias con escasos recursos para facer fronte os gastos derivados da escolarización dos seus fillos.
As axudas destinanse, polo tanto, á adquisición de libros e material escolar, dirixido a alumnos/as dos cursos de Educación Infantil matriculados nos centros escolares do municipio.
O prazo de presentación de solicitudes fíxase do 12 de xullo ao 12 de agosto de 2021, ambos inclusive. Os interesados deberán presentar as solicitudes acompañadas da documentación en Servicios Sociais, martes, mércores e xoves de 09:00 h a 14:00 h, previa cita telefónica no 697 911 050. Mais información, bases e modelo de solicitude en www.concellodesalvaterra.com
Este pasado venres presentouse, nas instalacións da empresa Celtamotor –patrocinador do Club Deportivo Futevolei Vigo–, a nova edición da Superliga Galicia de Futevolei. Participaron no acto a tenente de alcalde da Guarda, Montse Magallanes, o concelleiro de deportes de Nigrán, José Luis Sanromán, o presidente do Club Futevolei Vigo, Germán Martínez e patrocinadores da liga.
Nesta edición, que iniciarase o 27 de xuño, a novidade principal é a incorporación das novas instalacións de fútbol praia do Concello da Guarda. Así mesmo, o Concello de Nigrán celebrará a fase final do campionato autonómico durante tres días na praia de Panxón, que incluirá partidos nocturnos.
A tenente de alcalde e concelleira de Deportes da Guarda, Montserrat Magallanes e o concelleiro de Deportes de Nigrán, José Luis Sanromán, co presidente do Club Deportivo Futevolei Vigo, Germán Martínez
Así, o campionato desenrolarase en catro etapas. A primeira delas, na praia de Samil o próximo 27 de xuño, celebrándose o segundo campionato puntuable nas novas instalacións do Codesal da Guarda na fin de semana do 11 de xullo. O terceiro campionato puntuable xogarase o domingo 18 de xullo nunha das praias do Salnés. A liga xogase cun formato de ranking dividido en dúas categorías: primeira e segunda división. As parellas participantes puntuarán nos tres primeiros campionatos, tratando de clasificarse para a superfinal de Nigrán que se celebrará nun espectacular evento os días 27, 28 e 29 de agosto. Alí encontraranse os mellores xogadores que loitarán por obter o título de campión galego.
Tamén no acto, o presidente do Club Deportivo Futevolei Vigo, Germán Martínez, fixo referencia ás dificultades para a práctica do deporte que se teñen sufrido no último ano e á mensaxe que o club quere transmitir de vida saudable e deporte, desfrutando dos espectaculares paisaxes, gastronomía e areais das Rías Baixas, o Baixo Miño e de toda a costa galega en xeral. “Trala cancelación da edición 2020 debido á pandemia e grazas ao apoio de todos, saímos reforzados e agardamos récord de participantes nesta edición con xogadores de toda Galicia, doutras comunidades e incluso do norte de Portugal” engadiu o directivo, que destacou o comportamento exemplar de xogadores e patrocinadores fronte á situación da pandemia e que apostan por un deporte que cada ano crece máis nas praias galegas.
As inscrición continúan abertas para quen desexe participar en algún dos campionatos na web do club www.futevoleivigo.com e contactando a través das súas redes sociais para máis información.
O Consorcio de Augas do Louro informa da realización dun corte de subministro da tubaxe principal de fundición de 450 mm de diámetro que abastece ao polígono de Areas, á parroquia de Areas (Tui) e aos Concellos de Tomiño, O Rosal e A Guarda. O corte está programado para o vindeiro luns 21/06/21 a partires das 23:00 horas e ate o martes 22/06/21 ás 07:00 horas.
O corte de subministro é debido á necesidade de conectar esta tubaxe, afectada pola construción dun paso inferior da Vía de Alta Capacidade Tui–A Guarda, cunha nova tubaxe provisional durante obras que está executando a Axencia Galega de Infraestruturas no termo municipal de Tui. O corte afectará durante esas oito horas aos usuarios do polígono de Areas e da parroquia de Areas, non sendo previsible que o corte afecte aos usuarios de Tomiño, O Rosal e A Guarda.
A alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, acompañada polo concelleiro de Deportes, Nacho González presentou na mañá de onte, no SkatePark da Marisma, as actividades do que será a ‘I Competición Anual de Deporte Urbano, O Choquiño Urban Jam’ que nace, en palabras da alcaldesa redondelá “cunha clara vocación de continuidade e coa implicación máis absoluta da nosa mocidade”.
No acto de presentación, no que tamén estaban presentes mozos e mozas que participan no desenvolvemento e organización desta xornada, o concelleiro de Deportes, Nacho González, salientou a boa acollida que tivo, entre a mocidade, esta iniciativa. “En canto falamos cos rapaces e rapazas, expresaron o seu entusiasmo e comezaron a xurdir ideas de cara a facer a actividade máis atractiva”.
Da boa acollida desta cita co deporte urbano, da conta o feito que, en tan só 48 case se cubriu a totalidade de prazas para a competición de baloncesto 3×3 na que, nese curto espazo de tempo, se levaban formalizadas un total de 70 inscricións.
Nacho González que, á hora de inscribirse nas diferentes actividades, “terán prioridade as e os deportistas locais” e agradeceu a colaboración de Store Fuika Mar, Su Suela, Cromoly e Rodavigo, “sen cuxa colaboración houbera sido complicado realizar esta iniciativa”. Insistiu o concelleiro de Deportes “na implicación, o entusiasmo e as ganas amosadas pola mocidade de Redondela que lle botou moitas horas de traballo estudando a forma de que O Choquiño Urban Jam, convértase nun referente neste tipo de actividades no sur de Pontevedra”.
Pola súa banda, a alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, afirmaba que “non era ningunha sorpresa” a implicación das mozas e mozos xa que “en máis dunha ocasión e con diferentes iniciativas, “amosaron no só interese, senón a máis absoluta implicación”.
“Temos diante –sinalou– a unha mocidade traballadora, responsable e comprometida co seu municipio e iso é un orgullo para todas e todos nós”. A alcaldesa deixou claro que “O Choquiño Urban Jam nace con vocación de continuidade e a converterse nunha cita obrigada para todos os amantes do deporte urbano de Galicia”.
O programa dado a coñecer recolle actividades diversas, entretidas e que, a bo seguro, serán do agrado de toda a mocidade redondelá. Skate, scooter, bmx, clases de skate, baloncesto 3×3, exhibicións de baile e un concerto de rap a cargo de ‘Llamas y Emmelez’, forman un programa ao que, “ano tras ano se lle irán engandido outras actividades”, asegurou Digna Rivas.
A seguridade sanitaria estará garantida xa que, segundo sinalouse na rolda de prensa, haberá un estrito seguimento das medidas preventivas obrigadas pola pandemia. “Unha seguridade pola que non temos temor ningún porque, as medidas que adoptemos, súmase a responsabilidade, máis que demostrada, da nosa mocidade”.
Case 40 clases de cervexa ao alcance de calquera que se achegue ao Parque da Palma entre o vindeiro xoves, 24 de xuño, e o domingo, 27. Esa é a interesante proposta da ‘I Feira da Cervexa Artesá de Baiona «A Pinta»’, organizada polo Concello de Baiona –a través da Concellería de Cultura–, e a Asociación Galega de Cervexeiros Artesáns.
Unha celebración da cervexa de autor que, na súa primeira edición, converterá á localidade en punto de encontro entre afeccionados e produtores. Artesáns chegados dende toda a provincia de Pontevedra e desde diferentes partes de Galicia e algún invitado de fóra terán instaladas estes días as súas casetas na A Palma.
A feira é de acceso gratuíto na que tamén se ubicarán distintos foodtrucks que ofrezan ao público variadas opcións culinarias.
A concelleira de Cultura, Miriam Costas Iriarte, sinala que “se trata dun evento seguro” xa que para iso disporáse dun protocolo anti covid con todas as medidas de seguridade: control da temperatura na entrada do recinto, xel desinfectante, entradas e saídas separadas, distancia entre mesas e desinfección das mesmas , aforo limitado, etc.
O Concello de Baiona quere poñer o foco “en reforzar o carácter familiar da celebración”, asegura o alcalde Carlos Gómez e, por esa razón, nesta primeira edición contaráse cunha variedade de xogos infantís destinados a entreter aos máis pequenos e pequenas da casa. Ademais, “cada xornada estará amenizada por DJ’ s do ámbito local. Haberá foodtrucks, catas, charlas, talleres, sesionés BEER- MÚ e moita diversión con seguridade”, destaca o alcalde de Baiona.
O xoves pola tarde ás 18:00 h darase o pistoletazo de saída ao festival e o evento alongarase ata o domingo 27 en horario de 12:00 a 00:00 horas. Sen dúbida, a calidade das cervexas artesás será un dos principais alicientes para atraer ao público.
“A organización deste tipo de eventos é un piar básico para o desenvolvemento e a desestacionalización de Baiona. O que se pretende é romper co encasillamiento das actividades e empezar a diversificar a oferta cultural con actividades distintas que dinamicen e desestacionalicen os 12 meses do anos. Outra das metas é conseguir atraer público ao noso comercio e hostalería local ”, finaliza o rexedor.
En canto ás firmas de cervexa artesá que estarán presentes no festival figuran: Cervexa TRIK- ALE de Nigrán; Cervexa Silvestres de Pontevedra; Cervexa Irmaos dá Lei, de Cangas do Morrazo; The One, Sanxenxo; Atlántica de Vigo; Castrexa, do Bierzo; Go, de Madrid. “Todas as marcas terán prezos máis baratos que o habitual e haberá para todoslos gustos: cervexa rubial tradicional, suaves ou de máis gradación”, explica Esteban Barreiro, portavoz da asociación, quen sinala que o obxectivo é “promocionar é o consumo deste produto artesán nuns momentos moi difíciles para o sector debido á crise sanitaria do COVID-19, polo que máis que nunca necesitamos o apoio dos nosos consumidores habituais. Tamén o que se pretende é dar a coñecer un produto elaborado de forma artesanal e profundar na cultura desta bebida”.
A celebración coincidirá co desenvolvemento do I Festival de Maxia ‘Baiona Pinta Maxia’, que se celebrará o sábado 26 e o domingo 27 de xuño. Este evento, congregará a artistas de recoñecido prestixio dentro do ilusionismo, como Camilo Vázquez, Roberto Lolo, Meigo Rafa ou Dani Polo.
O equipo ‘Baby’ do Club Baloncesto Nigrán pechou a tempara 2020/2021 participando na III Concentración que se desenvolveu onte sábado nas instalacións do Pavillón de Deportes de Panxón. Foi algo máis de hora e media para gozar de partidos nos que o Apóstol 1, Apóstol 2, Salesianos Verde, Salesianos Negro e o club anfitrión, saltaban á cancha de maneira simultánea para xogar en dous campos cun sistema áxil e entretido para o público e xogadores: ao rematar cada partido, rotábase de pista para xogar contra outro rival e así ata rematar a xornada matutina.
Como xa é habitual, todos os encontros foron arbitrados por xogadores e xogadoras das categorías de formación do CB Nigrán que tamén encargábanse das labores de cronometraxe.
O pavillón volvía a recuperar as boas sensacións de tempadas anteriores coas familias animando nas gradas e aplaudindo cada canasta e cada xogada. Recupera o CB Nigrán o espírito do baloncesto no seu estado máis puro, que nunca desapareceu, pero que por mor da pandemia estaba nun estado de letargo.
Foi, recoñece o Club, “unha mañá intensa e chea de emocións, de compañeirismo, de respecto e de convivencia”. Deixaba a xornada un sabor agridoce coa tristura de pechar unha tempada pero coa ledicia e a esperanza de pavillóns cheos de público e baloncesto para a vindeira tempada 2021/2022.
O Centro Cultural da Guarda acolle o vindeiro sábado día 26 de xuño a actividade de animación á lectura ‘Daniela Pirata e as mozas pirata’, por Donde Viven los Cuentos. A actividade, organizada dende a Biblioteca Pública Municipal da Guarda, terá lugar o sábado 26 de xuño ás 12:00 horas no salón de actos do Centro Cultural e require dunha inscrición previa no enderezo electrónico [email protected].
‘Daniela Pirata e as mozas pirata’ é un contacontos interactivo no que a nosa pirata preferida, Daniela, vivirá unha nova aventura co Caimán Negro. Nesta ocasión, coñeceremos ás Pirañas Intrépidas, un equipo que cumprirá as misión de Daniela con máis rapidez. Daniela competirá con elas pero descubrirá que xuntas son mellores. Unha aventura de cooperación trepidante e emocionante na que xogaremos e bailaremos.
A voceira de Política Social do Grupo Socialista, Marina Ortega, vén de reclamar á Xunta que aumente o persoal dos equipos de dependencia como “a mellor fórmula para resolver unhas esperas desorbitadas”. A modo de exemplo, a deputada socialista sinalou que Galicia “duplica” o tope fixado por lei para resolver un expediente de dependencia, que é de 180 días, chegando a necesitar ata 371 días para dar resposta.
“A Xunta recibiu do goberno de España unha cantidade de fondos sen precedentes para o plan de choque contra a dependencia”, recordou Ortega, quen fixo fincapé en que cómpre utilizar eses fondos para aumentar o persoal existente.
“É imprescindible e urxente que a Xunta use os cartos para o que máis falta fai, que é atender á xente. Non podemos seguir asumindo esta desprotección das persoas máis vulnerables”, incidiu a deputada do PSdeG, quen levará esta cuestión esta semana ao pleno do Parlamento.
E é que, como sinalou a parlamentaria ourensá, é necesario “un aumento significativo” do persoal dos equipos de valoración de dependencia e de resolución dos programas Individuais de atención.
O vindeiro martes, 22 de xuño, desenvolverase o terceiro relatorio do Foro do Camiño Portugués, creado polo Concello de Tui no mes de abril. Nesta ocasión contará coa intervención de Luís Pedro Martíns, presidente de Turismo do Porto e Norte de Portugal, entidade de promoción turística que agrupa ás administracións públicas e aos diversos axentes implicados no sector turístico do Norte de Portugal
A presenza do presidente de Turismo do Porto e Norte é unha excelente oportunidade para coñecer como esta entidade aborda a promoción do Camiño de Santiago Portugués no escenario que marca a superación da pandemia da Covid 19 e a celebración do ano Xacobeo 2021-2022. Igualmente permitirá achegarse ao proceso de certificación das rutas xacobeas que está en pleno proceso no país veciño.
Luis Pedro Martins ocupa a Presidencia de Turismo do Porto e Norte dende 2019 e a dirección da Asociación de Turismo de Porto dende 2020. Anteriormente foi director executivo da Torre dos Clérigos de Porto.
Esta conferencia terá lugar o vindeiro martes 22 de xuño ás 19,00 horas na Aula Cemit (Edificio “Francisco Sánchez” – antiga Área Panorámica, rúa Colón,2 primeiro andar, entrada por portas 4 e 12) e poderase seguir por streaming a través da páxina web do Concello de Tui: www.tui.gal. Un número limitado de persoas poderán asistir presencialmente ata completar o aforo do local, debendo realizar unha inscrición previa -por rigoroso orde de chegada- a través do correo electrónico: [email protected].
Para o concelleiro de Patrimonio, Turismo e Camiño de Santiago, Laureano Alonso, o Concello de Tui avanza nas actividades deste “Foro do Camiño Portugués”, que inaugurou o pasado 20 de abril Juan Manuel López-Chaves ao que lle deu continuidade a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, o 25 de maio. Este Foro súmase a outras medidas impulsadas dende o Concello a prol do Camiño ao entender que a ruta xacobea é un dos principais recursos patrimoniais e turísticos do noso concello: a creación da Mesa do Camiño, o impulso a actividades diversas, publicacións, a posta en marcha do perfil de Facebook “Camiño Portugués. Tui” con máis de 2.200 amigos, etc.
Laureano Alonso sinala que esta iniciativa de creación do “Foro do Camiño Portugués” forma parte da vontade do Concello de Tui de prepararse para o escenario post-covid no ámbito da peregrinación xacobea levando adiante novas iniciativas que contribúan ao posicionamento do Camiño Portugués e de Tui cara ao futuro que como estamos comprobando neste último mes comeza a recibir peregrinos de múltiples nacionalidade abrindo un esperanzador horizonte.
Hoy, en la nueva entrada de ‘Cuando sube la marea’, os comparto mi día de ruta por la Ribeira Sacra. ¡No os la podéis perder! Si en la anterior publicación os contaba que he nacido en Sober (Lugo), hoy os traigo un plan muy completo para conocer la zona y disfrutarla, si cabe, todavía más.
El pasado viernes 11 de junio tuve la oportunidad, gracias a la excelente organización de Carlos J. Glez. (Merenzao y Monfortino Gastro Piano Bar), de disfrutar de una jornada cultural y gastronómica, concretamente, en la zona de Amandi.
El día comenzaba citándonos a todos los invitados a las 10 de la mañana en el restaurante A Cantina (Doade), en donde nos tomamos ese café previo tan necesario para recargar pilas tras un buen madrugón. Sobre las 10:45 comenzó nuestra ruta por la ribera de Amandi en el tren turístico Aba Sacra liderado por Antonio Fernández, oriundo de la zona y experto en la viticultura e historia de la Ribeira Sacra. Gracias a este medio de transporte, pudimos recorrer zonas de difícil acceso atravesando las abruptas y empinadas laderas del Cañón del Sil, cuna de la actual Denominación de Origen; conociendo, así, la historia de los antiguos viñedos que sabiamente los romanos cultivaban en los famosos bancales.
Tras este paseo tan ameno, con sus correspondientes paradas para disfrutar de las vistas, dejamos a un lado la ribera del Sil para dirigirnos a la Rectoral de Gundivós, edificio de construcción noble del siglo XVIII restaurado como centro de interpretación de la cerámica, bodega y museo, y ubicado en Gundivós, aldea de tradición alfarera en la que nos recibe Elías González, protagonista de la visita.
La práctica de trabajar el barro viene de la época romana, ya que allí se fabricaban las vasijas con las que se transportaba el vino de la zona hasta Roma. La profesión continuó hasta el siglo XX, momento en el que llegó a haber hasta 30 alfareros en Gundivós. Con la introducción del cristal y el plástico bajó la demanda de esta cerámica y con ella el número de personas que se dedicaban a este oficio. Este arte hubiese desaparecido si no fuese por Federico Díaz, Xosé Ventura, Obdulia Lula Rodríguez –premio Artesanía de Galicia 2017 a su Trayectoria–, Alonso Díaz y Agapito González, quienes retornaron en los 80 y continuaron la tradición alfarera de la aldea. Años después, estos fallecieron o dejaron de trabajar, desapareciendo así esta tradición milenaria hasta que, en 2008, el joven Elías González decide dejar a un lado sus estudios, retomar la profesión a la que se dedicaba su bisabuelo y reformar la Rectoral de Gundivós para llevar a cabo el proyecto que lidera en la actualidad.
Durante la visita conocemos la historia del edificio y sus particularidades, recorremos el museo aprendiendo los diferentes usos de decenas de piezas de más de 100 años de historia, posteriormente visitamos la antigua cocina del cura y, para finalizar, una demostración en directo en la que Elías realiza una pieza de cerámica utilizando el torno de rueda baja impulsado a mano mientras degustamos vinos de su bodega junto con productos típicos de la zona.
Finalizada la mágica visita a esta maravillosa edificación, ponemos rumbo en el tren hacia la Bodega Regina Viarum. Esta forma parte de un proyecto familiar que nace en el 2001, cuando Horacio Gómez descubre la belleza de estas tierras y decide llevar a cabo este proyecto, convirtiéndose en una de las bodegas más visitadas de la autonomía gallega.
A pesar de que los costes de producción eran muy elevados debido a la inclinación del terreno y a sus correspondientes dificultades a la hora de llevar a cabo el mantenimiento de las vides y su cosecha, la idea salió adelante y se ha convertido en un lugar de culto al vino y visita obligatoria.
Su terraza acristalada con una vista panorámica al Cañón del Sil se convierte en un lugar especial para conocer los tesoros enológicos de la tierra y sus principales variedades de uva, Mencía y Godello.
Cuando llegamos a la bodega, Iván nos recibió y nos hizo la visita guiada por las impresionantes instalaciones en las que nos desveló las técnicas y secretos para la elaboración de sus vinos. Disfrutamos también de un corto audiovisual en la sala de proyecciones para descubrir los cañones del Sil desde otra perspectiva.
Posteriormente nos dirigimos a la sala de catas en la que aprendimos los matices más característicos de una selección de sus vinos más importantes. Una maravilla de experiencia que terminó en la famosa terraza en la que pudimos aprovechar para hacer fotos impresionantes junto a nuestra copa de vino.
La guinda del pastel de este maravilloso día fue probar en primicia el nuevo menú degustación del restaurante Merenzao, liderado por Carlos J. González (propietario también del restaurante Monfortino Gastro Piano Bar en Vigo) y que se encuentra ubicado dentro de las Bodegas Petrón, en Doade, lo cual permite dar a conocer sus importantes vinos D.O. Ribeira Sacra. Desde este negocio se inspiran en la tradición para ofrecer una cocina contemporánea en cada uno de sus platos, siendo el producto local de temporada el protagonista de los mismos.
Como una imagen vale más que mil palabras, os dejo algunos de los que triunfaron en este menú degustación.
Para acabar, dar las GRACIAS a toda la organización y, en especial, a Carlos por abrirnos las puertas de su casa en esta experiencia tan enriquecedora y en la que, además, he tenido la suerte de conocer a gente encantadora e interesante.
Gracias también a mi amiga Raquel que me acompañó en este día maravilloso, sin ella no hubiese sido lo mismo. (:
El arquitecto franco-colombiano Carlos Moreno definió el concepto ‘ciudad de 15 minutos’ antes de la llegada de la pandemia, y Anne Hidalgo, alcaldesa de París, lo encontró tan atractivo que lo adoptó como modelo de desarrollo para su ciudad. Posteriormente otras ciudades importantes como Milán, Otawa, Copenhague o Barcelona han seguido la misma dirección, adaptando el modelo a sus realidades.
Ponteareas, que no es una gran urbe, se encuentra inmersa en un proceso de cambio urbanístico que guarda numerosas similitudes con el concepto del profesor Moreno. La organización de las ciudades en los últimos, pongamos 100 años, ha seguido un desarrollo urbanístico que separaba claramente el centro y la periferia, con áreas especializadas en usos concretos (barrios de oficinas, complejos de ocio, áreas comerciales, barrios residenciales…) e interconectadas por carreteras que facilitan los desplazamientos –en vehículos a motor privados/públicos– entre ellas.
Como consecuencia, un ejército humano se desplaza a primera hora en la mañana desde sus domicilios en la periferia hasta el trabajo en la zona centro y vuelven por la tarde, invirtiendo tiempo y dinero, generando atascos, abarrotando el transporte público y emitiendo, de paso, millones de partículas contaminantes al medioambiente. Con este modelo, los habitantes invierten su tiempo y paciencia y pierden parte de su calidad de vida en desplazamientos forzados. Moreno habla de que “a la sociedad se le ha robado el tiempo”.
Pues bien, la ciudad de 15 minutos propone una reconfiguración urbana en la que la proximidad sea la clave para:
que las ciudades sean sostenibles (menos contaminación –que en un 70 % proviene de zonas urbanas– y una apuesta decidida por energías limpias) y recuperen el espacio para las personas (generar grandes zonas peatonales que conviertan las calles en zonas de encuentro, alejar los vehículos y disminuir la velocidad, multiplicar los usos de las infraestructuras municipales/públicas…),
aumentar la calidad de vida y el tiempo disponible y así “amar” nuestra ciudad y sentirnos identificados con ella.
Aunque el modelo implica numerosos conceptos, su base es disponer de los servicios necesarios para la vida diaria (trabajo, sanidad, enseñanza, ocio, cultura, deporte, seguridad, abastecimiento…) a un cuarto de hora a pie o en bici del domicilio. De esta manera, el vehículo se hace innecesario.
La covid-19 aceleró, de manera abrupta y obligada, la implantación de la ciudad de los 15 minutos durante el confinamiento en todo el mundo, cuando los desplazamientos se redujeron al mínimo y tuvimos que redescubrir nuestros barrios, comprar en la proximidad de nuestro domicilio, y estrechar lazos con nuestros vecinos. La población volvió a disponer de tiempo y en general todos nos dimos cuenta de lo importante que es contar con servicios a los que acceder cómodamente a pie. Volvimos a disfrutar de nuestra zona de residencia.
En las grandes urbes, el planteamiento para conseguir ser “ciudades del cuarto de hora” es eliminar la dualidad centro-periferia y crear ciudades multicéntricas (un barrio-un centro), donde cada barrio cuente con todo lo necesario (vivienda y servicios) a estos 15 minutos a pie/bici, haciendo innecesarios los desplazamientos obligados a otras zonas.
¿Qué hay que hacer entonces en las ciudades pequeñas, como Ponteareas, que cuentan ya con zonas urbanas que cumplen con esta regla de proximidad?
En los últimos años, Ponteareas ha iniciado un proceso que trata de revertir los efectos urbanísticos de su crecimiento en el pasado, recuperando espacios para las personas y haciendo de las calles zonas de encuentro e interacción social.
El reto que se está abordando es mayúsculo: diversificar los usos de las infraestructuras municipales, impulsar el desplazamiento a pie, ampliar infraestructuras para ocio y deporte, disminuir el volumen de vehículos circulantes, crear aparcamientos disuasorios cercanos al centro, generar nuevos carriles bici, sendas peatonales y verdes seguras, proteger el medioambiente… un cambio de paradigma que rediseñará el modelo de crecimiento futuro en Ponteareas y la convierta en una ‘ciudad de los 15 minutos’ recogiendo todas sus cualidades positivas.
La estrategia debe partir del diálogo entre los políticos-gestores y la población (con todos los sectores posibles representados), dando voz y voto a los ciudadanos para que participen en las actuaciones, llegando a acuerdos y contando con el mayor consenso posible.
Cerca de la mitad de la población de Ponteareas vive fuera del núcleo urbano. Por esto, es importante adaptar también el modelo a la realidad de sus parroquias, dotándolas de los servicios básicos necesarios: saneamiento, centros de ocio y cultura, internet, una red ágil de transporte tanto con la zona urbana (estudiando días y horas de mayor demanda y necesidad) como con otros centros de interés (hospital, aeropuerto, estación de tren, ciudades próximas), servicios de seguridad y de salud, etc.
Las casas culturales cobran especial importancia en este entorno, aplicando aquí el concepto de usos múltiples de instalaciones públicas, para que sus vecinos no deban desplazarse de forma obligatoria a la zona urbana (por ejemplo, uno o dos días a la semana la casa cultural puede hacer de centro de salud, desplazándose hasta ella los profesionales y no los vecinos, ahorrando múltiples viajes para un mismo fin).
No hay fórmulas mágicas. Detrás de estos objetivos hay trabajo, convencimiento y determinación. Toda revolución, y esta lo es, genera controversia, tensión y desacuerdos. El debate, para llegar al consenso, es tan sano y necesario como recoger las opiniones y propuestas de los vecinos y vecinas, sin dejar a nadie atrás.
Estamos recibiendo los primeros frutos (la instalación de la red de calefacción de biomasa y de paneles solares, han sido actuaciones determinantes para formar parte del Eixo Atlántico) de esta estrategia que sentará las bases de nuestra ciudad presente y, sobre todo, futura.
Somos testigos de un proceso crucial para la Ponteareas de los próximos 100 años y podemos formar parte de él. Hagámoslo, participemos en el cambio aportando nuestras ideas y soluciones.
A Concellaría de Mocidade que dirixe Miguel Bouzó vén de solicitar á Dirección Xeral de Xuventude da Xunta de Galicia a inclusión de Ponteareas como punto de activación do Carné Xove, que estes días está a chegar aos fogares de toda a mocidade galega.
Ponteareas é o concello cabeceira de comarca e conta con arredor de 5.000 mozos e mozas que se beneficiarán do Carné Xove. Non obstante, a Xunta deixou fóra ao municipio da rede de puntos de activación dispoñibles, “obrigando á mocidade a desprazarse a outros concellos doutras comarcas.
As consecuencias negativas desta decisión unilateral da Xunta son evidentes para a mocidade ponteareá e desvirtúan por completo o obxectivo de facilitar o uso desta ferramenta por parte de todos os mozos e mozas”, asegura o edil, que destaca tamén que esta medida está xa saturando o servizo noutras localidades.
Dende o Concello non se entende esa exclusión de Ponteareas da rede de puntos de activación tendo en conta que é “concello de referencia para a mocidade da comarca, dado que aquí se desenvolven moitos servizos educativos, comerciais, deportivos ou de lecer cunha ampla participación de mozas e mozos doutras localidades, ademais de contar cunha OMIX que presta servizos durante todo o ano e que ata o de agora foi centro de expedición do Carné Xove”.
Por todos estes motivos, o Concello reclama unha explicación a esta medida e que se reconsidere a decisión “para non seguir prexudicando á mocidade de Ponteareas e da nosa comarca. Pola nosa parte, poñemos toda a nosa disposición para colaborar nas cuestións que sexan oportunas”.
A auga é un recurso moi valioso que non é ilimitado. Os episodios de seca son cada vez máis frecuentes e por iso, dende o Concello da Guarda, veñen de apelar á cidadanía a facer un consumo responsable dos recursos hídricos. Para iso, recoméndase prestar moita atención aos nosos hábitos, que ocasionan un gran impacto nas reservas hídricas.
Que podemos facer nós para aforrar auga?
No lavabo: cando se lave as mans, os dentes ou se estea a afeitar non esqueza pechar a billa cando non o estea a usar.
Na ducha: dúchese en vez de bañarse e aproveite para encher recipientes mentres espera a que saia a auga quente.
No wc: o inodoro non é unha papeleira, evite tirar da cadea sen necesidade e opte por cisternas de dobre carga priorizando usar a de menor capacidade.
Na cociña: se frega a man evite ter a billa aberta se non o está a usar. Empregue o lavalouza e a lavadora cando estean cheos.
Coa comida: aproveita a auga de cocción ou de lavar alimentos para regar as plantas e pensa na pegada hídrica á hora de mercar os teus alimentos.
Na horta: intenta empregar a mangueira só o imprescindible e, se fose posible, instala rego por goteo e rega ao amencer ou atardecer para evitar evaporacións
Coa piscina: tapa a piscina fora de tempada de baño e instala un sistema de limpeza físico-químico para evitar o seu baleirado e posterior enchido.
“Cada un de nós podemos facer moito para ter a calidade e cantidade de auga que precisamos”, conclúe o Concello guardés
Utilizamos cookies para mejorar su experiencia y nuestros servicios, analizando la navegación en nuestro sitio web. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información pulsando aquí:.Saber MásAceptar
Cookies
Privacy Overview
This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.