12.4 C
Pontevedra
Venres, 26 de Abril de 2024
Máis
    HomeVal MiñorGondomarO alcalde de Gondomar agradece o labor e esforzo do servizo de...

    O alcalde de Gondomar agradece o labor e esforzo do servizo de Limpeza e Parques e Xardíns do concello

    O rexedor compartiu co persoal de ambos os servizos o galardón de “Escoba de Plata” recentemente adxudicado ao concello

    O rexedor, Paco Ferreira, acompañado polo concelleiro de Medio Ambiente, Brais Misa, agradeceu hoxe o relevante papel das plantillas dos departamentos de Limpeza e Parques e Xardíns, así como de Medio Ambiente nos “avances en sustentabilidade e mellora da nosa contorna que se lograron nestes anos”.

    O rexedor quixo compartir cos traballadores e traballadoras o recoñecemento da “Escoba de Plata” recentemente outorgado ao concello de Gondomar pola aposta de iniciativas e maquinaria que fomentan a sustentabilidade no municipio. Algo que, como sinalou Paco Ferreira, “non sería posible sen o traballo que día a día e en todos os recunchos dos noso concello facedes.

    Un galardón que reflicte ese traballo xunto ao recoñecemento por dous anos consecutivos de Gondomar co distintivo de “Vilas en flor”. Reiterou que só é posible “a través da cooperación e a unión a hora de traballar polos mesmos obxectivos, algo que co coidado e esmero que no desempeño do voso traballo poñedes é sempre posible”.

    Animou aos traballadores a seguir traballando neste sentido e continuar sumando logros para converter Gondomar nun municipio referente de “no sur da provincia e en toda Galicia en materia de limpeza, defensa do medio ambiente e sustantibilidade”.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.