14.3 C
Pontevedra
Venres, 26 de Abril de 2024
Máis
    HomeBaixo MiñoTuiO presidente de Turismo Porto e Norte de Portugal, Luís Pedro Martíns,...

    O presidente de Turismo Porto e Norte de Portugal, Luís Pedro Martíns, intervirá o martes no Foro do Camiño Portugués en Tui

    A conferencia poderase seguir en directo na Aula CeMIT previa inscrición e en liña en www.tui.gal

    O vindeiro martes, 22 de xuño, desenvolverase o terceiro relatorio do Foro do Camiño Portugués, creado polo Concello de Tui no mes de abril. Nesta ocasión contará coa intervención de Luís Pedro Martíns, presidente de Turismo do Porto e Norte de Portugal, entidade de promoción turística que agrupa ás administracións públicas e aos diversos axentes implicados no sector turístico do Norte de Portugal

    A presenza do presidente de Turismo do Porto e Norte é unha excelente oportunidade para coñecer como esta entidade aborda a promoción do Camiño de Santiago Portugués no escenario que marca a superación da pandemia da Covid 19 e a celebración do ano Xacobeo 2021-2022. Igualmente permitirá achegarse ao proceso de certificación das rutas xacobeas que está en pleno proceso no país veciño.

    Luis Pedro Martins ocupa a Presidencia de Turismo do Porto e Norte dende 2019 e a dirección da Asociación de Turismo de Porto dende 2020. Anteriormente foi director executivo da Torre dos Clérigos de Porto.

    Esta conferencia terá lugar o vindeiro martes 22 de xuño ás 19,00 horas na Aula Cemit (Edificio “Francisco Sánchez” – antiga Área Panorámica, rúa Colón,2 primeiro andar, entrada por portas 4 e 12) e poderase seguir por streaming a través da páxina web do Concello de Tui: www.tui.gal. Un número limitado de persoas poderán asistir presencialmente ata completar o aforo do local, debendo realizar unha inscrición previa -por rigoroso orde de chegada- a través do correo electrónico: biblioteca@tui.gal.

    Para o concelleiro de Patrimonio, Turismo e Camiño de Santiago, Laureano Alonso, o Concello de Tui avanza nas actividades deste “Foro do Camiño Portugués”, que inaugurou o pasado 20 de abril Juan Manuel López-Chaves ao que lle deu continuidade a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, o 25 de maio. Este Foro súmase a outras medidas impulsadas dende o Concello a prol do Camiño ao entender que a ruta xacobea é un dos principais recursos patrimoniais e turísticos do noso concello: a creación da Mesa do Camiño, o impulso a actividades diversas, publicacións, a posta en marcha do perfil de Facebook “Camiño Portugués. Tui” con máis de 2.200 amigos, etc.

    Laureano Alonso sinala que esta iniciativa de creación do “Foro do Camiño Portugués” forma parte da vontade do Concello de Tui de prepararse para o escenario post-covid no ámbito da peregrinación xacobea levando adiante novas iniciativas que contribúan ao posicionamento do Camiño Portugués e de Tui cara ao futuro que como estamos comprobando neste último mes comeza a recibir peregrinos de múltiples nacionalidade abrindo un esperanzador horizonte.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.