15 C
Pontevedra
Mércores, 24 de Abril de 2024
Máis
    HomeComarcasRedondelaA Fundación Filomena Rivero Alonso dona libros por valor de 2.200 €...

    A Fundación Filomena Rivero Alonso dona libros por valor de 2.200 € á Biblioteca de Redondela

    No acto, que tivo lugar hoxe no Concello, participaron o secretario da Fundación, Telmo Crespo, e o concelleiro de Cultura de Redondela, Daniel Boullosa

    A Fundación Filomena Rivero Alonso formalizou, nun evento no Concello, a aportación económica a prol do Concello de Redondela que, ao longo de 2021, supón un total de 2.200 euros para a compra de libros, tanto para nenos e nenas como para adultos, para ampliar os fondos da Biblioteca pública municipal Valle-Inclán. No acto participaron o secretario da Fundación, Telmo Crespo Tojeiro, e o concelleiro de Cultura de Redondela, Daniel Boullosa.

    Durante o evento, que tivo lugar ás 19.00 horas, o concelleiro de Cultura agradeceu “a implicación da Fundación Filomena Rivero Alonso que, ano tras ano, vén colaborando na ampliación do fondo bibliográfico municipal, achegando aos veciños e veciñas e nenos e nenas desta localidade á cultura e facilitando o acceso á lectura e á formación”. Neste intres, as bibliotecas municipais atenden a cerca de seis mil redondelanos. A pesares do descenso dos préstamos durante os meses de restricións por mor da Covid-19, entre as sedes de Redondela e Chapela atendéronse en 2020 preto de 20.000 visitas e xestionáronse uns 13.000 préstamos.

    A Fundación, presidida por Gracia Regojo, leva anos traballando a prol do apoio e promoción da cultura en Redondela. Concretamente, este vínculo remóntase ao ano 2006 cando comeza a colaborar coas ANPAS. Anos máis tarde, consolídase xa a relación e, a través da rede de bibliotecas, créase un “Club de Lectura” que continúa na actualidade, aínda que hoxe depende, orzamentariamente, da Concellería de Cultura de Redondela, pasando a destinarse a aportación económica da Fundación integramente á compra de libros.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.