18.5 C
Pontevedra
Venres, 19 de Abril de 2024
Máis
    HomeVal MiñorNigránNigrán aprobará un novo plan de rescate destinados aos sectores pesqueiro, de...

    Nigrán aprobará un novo plan de rescate destinados aos sectores pesqueiro, de hospedaxe e deportivo

    O goberno local consignará a este fin 51.526 € outorgados a través da liña 2 do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra contemplándose axudas de 1.200 € e 750 € por beneficiario

    O goberno de Nigrán aprobará no próximo pleno ordinario do 28 de xuño un cuarto plan de rescate municipal por importe de 51.526 € destinado nesta ocasión ao sector pesqueiro, de hospedaxe e de rendemento deportivo da localidade con axudas de 1.200 € para os empresarios e 750 € para a tripulación de barcos. Esta partida orzamentaria xurde a través dunha convocatoria excepcional da Liña 2 do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra co obxectivo de paliar os efectos económicos do Covid-19 naqueles sectores que determine cada concello, sendo estes os elixidos desde Nigrán: mariñeiro (patróns e tripulantes), hospedaxe (hostais, pensións, hoteis, campings…) e deportivo (ximnasios, centros deportivos ou empresas de deportes).

    O Concello de Nigrán suma xa anterioremente 240.000 € en fondos propios aprobados en tres liñas de axudas directas compatibles entre si para suavizar os efectos da crise económica na hostalaría e no taxi e agora engade estes 51.526 € para estes novos sectores. A última delas  pechou esta semana o prazo de solicitude e foi pedida por 25 taxistas, 30 autónomos societarios, 41 autónomos individuais e 10 autónomos colaboradores.

    Mariñeiros de Panxón. Ani Pérez ©

    “Ata agora centrámonos na hostalaría e no taxi por ser estes sectores especialmente prexudicados cos sucesivos peches e limitacións sanitarias, agora consideramos que é o momento de chegar a estes outros tamén duramente danados para paliar os efectos económicos da crise da Covid-19”, considera o alcalde, Juan González, quen destaca ao sector do mar “como o máis tradicional no municipio e moi dependente da hostalaría”. “Non se entende a nosa localidade sen a súa Historia e a súa cultura mariñeira, por iso queremos protexelo especialmente con este plan que previamente consultamos coa Confraría”, destaca.

    O borrador das novas bases elaboradas xa desde o Concello contemplan axudas de 1.200 € para empresarios destes tres sectores empadroados no municipio ou simplemente con negocio no municipio (inclúe patróns nigraneses de barcos con base en Nigrán ou Baiona) e 750 € para tripulantes de  embarcacións con base en Nigrán ou Baiona e empadroados en Nigrán.

    Como nos demais plans de rescate municipais, as axudas son compatibles con calquera outra concedida polas distintas administracións e son por concorrencia non competitiva, é dicir, concéndense sucesivamente ata esgotarse os fondos. Tras a súa aprobación no Pleno do 28 de xuño serán publicadas no Boletín Oficial da Provincia, abríndose un prazo de 20 días de solicitude desde ese momento.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.