4.5 C
Pontevedra
Martes, 5 de Decembro de 2023
Máis
    HomeBaixo MiñoA Guarda'Daniela Pirata e as mozas pirata' chegan o 26 de xuño á...

    ‘Daniela Pirata e as mozas pirata’ chegan o 26 de xuño á Guarda

    A actividade, organizada dende a Biblioteca Pública Municipal da Guarda, require unha inscrición previa en centrocultural@aguarda.es

    O Centro Cultural da Guarda acolle o vindeiro sábado día 26 de xuño a actividade de animación á lectura ‘Daniela Pirata e as mozas pirata’, por Donde Viven los Cuentos. A actividade, organizada dende a Biblioteca Pública Municipal da Guarda, terá lugar o sábado 26 de xuño ás 12:00 horas no salón de actos do Centro Cultural e require dunha inscrición previa no enderezo electrónico centrocultural@aguarda.es.

    ‘Daniela Pirata e as mozas pirata’ é un contacontos interactivo no que a nosa pirata preferida, Daniela, vivirá unha nova aventura co Caimán Negro. Nesta ocasión, coñeceremos ás Pirañas Intrépidas, un equipo que cumprirá as misión de Daniela con máis rapidez. Daniela competirá con elas pero descubrirá que xuntas son mellores. Unha aventura de cooperación trepidante e emocionante na que xogaremos e bailaremos.

    LIBROS

    Amador Castro Moure, «Pronto hei de volver»

    A emigración, como non podía ser doutra maneira, é un deses temas aos que a literatura galega volve unha e outra vez. Dende distintas perspectivas e con diferentes enfoques e intencións, forma parte troncal do noso sistema literario dende o momento en que comezou a tomar forma.

    Xosé M. Eyré, «Ou as dúas estaredes mortas»

    Moito temos falado neste mesmo espazo dos cada vez máis difusos lindes entre xéneros literarios; de como novela e relato –tamén a poesía ou o teatro– semellan lidar pola posesión de espazos que tradicionalmente lles eran alleos e que pretenden converter en propios, alimentando así unha fusión que, no fondo, non deixa de ser a procura de novas vías de expresión aínda non transitadas.

    Raquel Castro, «Sobremesas sobre versos»

    Dende fai xa varios anos, Raquel Castro é unha das habituais na literatura infantil galega, pero a maioría dos seus traballos publicados enfocábanse cara ao mundo do teatro para nenos, onde deixou pezas de excelente facturación.