17.5 C
Pontevedra
Venres, 4 de Outubro de 2024
Máis
    HomeÉ NoticiaA Deputación abre a inscrición para as rutas dos bosques terapéuticos do...

    A Deputación abre a inscrición para as rutas dos bosques terapéuticos do mes de xullo

    A Deputación ofrece 210 prazas, quince en cada un dos itinerarios, nos baños de bosque que se desenvolverán por nove espazos naturais da provincia

    Trala súa excepcional acollida durante este mes de xuño, a Deputación de Pontevedra abre este luns 21 de xuño o prazo de inscrición para as catorce rutas do programa Bosques Terapéuticos que se desenvolverán no mes de xullo por nove espazos naturais da provincia. Esta é a segunda edición deste programa da institución provincial, que a través dos “baños de bosque” une medio ambiente, exercicio, saúde e cultura cunha actividade integral e participativa na que se prima a propia experiencia das persoas coa natureza, conxugada coa interpretación do patrimonio.

    Para o vindeiro mes de xullo ofértanse 210 prazas para o total das catorce rutas previstas (quince por cada unha delas). Máis polo miúdo, celebraranse dúas rutas dos baños de bosque polos Salóns do Lérez (os días 3 e 30), polo Espazo natural Arco da Vella (10 e 16), por Cabo Udra (11 e 23), pola Ruta da Pedra e da Auga (2 e 17), polo Sendeiro azul do río Verdugo (9 e 24)  e unha polo Parque Monte Aloia (día 4), polo Bosque da Picaraña (18), pola Senda do Almofrei (25) e pola Fraga de Catasós (día 31).  As persoas interesadas en asistir deben inscribirse no formulario que atoparán na web da Deputación (www.depo.gal).

    Cada unha das rutas dos parques terá un tema central deseñado especificamente para estas rutas, segundo as características e valores de cada espazo, e sobre o que xirará toda a actividade.  Isto fomentará que as persoas poidan participar, se o desexan, nas distintas rutas, sen que se repitan os contidos.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.