22.2 C
Pontevedra
Sábado, 20 de Abril de 2024
Máis
    HomeVal MiñorBaionaBaiona propon catro días de cervexa artesá, música e comida na 'I...

    Baiona propon catro días de cervexa artesá, música e comida na ‘I Festa da Cervexa Artesá de Baiona «A Pinta»’

    Case 40 clases de cervexa ao alcance de calquera que se achegue ao Parque da Palma entre o vindeiro xoves, 24 de xuño, e o domingo, 27. Esa é a interesante proposta da ‘I Feira da Cervexa Artesá de Baiona «A Pinta»’, organizada polo Concello de Baiona –a través da Concellería de Cultura–, e a Asociación Galega de Cervexeiros Artesáns.

    Unha celebración da cervexa de autor que, na súa primeira edición, converterá á localidade en punto de encontro entre afeccionados e produtores. Artesáns chegados dende toda a provincia de Pontevedra e desde diferentes partes de Galicia e algún invitado de fóra terán instaladas estes días as súas casetas na A Palma.

    A feira é de acceso gratuíto na que tamén se ubicarán distintos foodtrucks que ofrezan ao público variadas opcións culinarias.

    A concelleira de Cultura, Miriam Costas Iriarte, sinala que “se trata dun evento seguro” xa que para iso disporáse dun protocolo anti covid con todas as medidas de seguridade: control da temperatura na entrada do recinto, xel desinfectante, entradas e saídas separadas, distancia entre mesas e desinfección das mesmas , aforo limitado, etc.

    O Concello de Baiona quere poñer o foco “en reforzar o carácter familiar da celebración”, asegura o alcalde Carlos Gómez e, por esa razón, nesta primeira edición contaráse cunha variedade de xogos infantís destinados a entreter aos máis pequenos e pequenas da casa. Ademais, “cada xornada estará amenizada por DJ’ s do ámbito local. Haberá foodtrucks, catas, charlas, talleres, sesionés BEER- MÚ e moita diversión con seguridade”, destaca o alcalde de Baiona.

    O xoves pola tarde ás 18:00 h darase o pistoletazo de saída ao festival e o evento alongarase ata o domingo 27 en horario de 12:00 a 00:00 horas. Sen dúbida, a calidade das cervexas artesás será un dos principais alicientes para atraer ao público.

    “A organización deste tipo de eventos é un piar básico para o desenvolvemento e a desestacionalización de Baiona. O que se pretende é romper co encasillamiento das actividades e empezar a diversificar a oferta cultural con actividades distintas que dinamicen e desestacionalicen os 12 meses do anos. Outra das metas é conseguir atraer público ao noso comercio e hostalería local ”, finaliza o rexedor.

    En canto ás firmas de cervexa artesá que estarán presentes no festival figuran: Cervexa TRIK- ALE de Nigrán; Cervexa Silvestres de Pontevedra; Cervexa Irmaos dá Lei, de Cangas do Morrazo; The One, Sanxenxo; Atlántica de Vigo; Castrexa, do Bierzo; Go, de Madrid.
    “Todas as marcas terán prezos máis baratos que o habitual e haberá para todoslos gustos: cervexa rubial tradicional, suaves ou de máis gradación”, explica Esteban Barreiro, portavoz da asociación, quen sinala que o obxectivo é “promocionar é o consumo deste produto artesán nuns momentos moi difíciles para o sector debido á crise sanitaria do COVID-19, polo que máis que nunca necesitamos o apoio dos nosos consumidores habituais. Tamén o que se pretende é dar a coñecer un produto elaborado de forma artesanal e profundar na cultura desta bebida”.

    A celebración coincidirá co desenvolvemento do I Festival de Maxia ‘Baiona Pinta Maxia’, que se celebrará o sábado 26 e o domingo 27 de xuño. Este evento, congregará a artistas de recoñecido prestixio dentro do ilusionismo, como Camilo Vázquez, Roberto Lolo, Meigo Rafa ou Dani Polo.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.