Xa está aberto o prazo de inscricións para solicitar praza nas escolas deportivas de verán no concello de Tui.
Esta escola de verán pretende fomentar o deporte entre a veciñanza da comarca, animándoa así a practicar deporte e levar unha vida saudable. A idade mínima para participar son 6 anos en adiante, tamén está programada para adultos.
A súa realización discorrerá entre os meses de xullo e agosto no Pavillón de A Carballa, en Tomiño. A realización das actividades será os luns e os mércores polas mañás, e poderase escoller entre dous horarios:
- Primeiro turno: de 10:00 a 11:30 horas.
- Segundo turno: de 11:30 a 13 horas.
Para calquera dúbida ou para realizar as inscricións o teléfono de contacto é 685 960 370 ou na dirección: cbtomino@gmail.com.