Xoves, 18 Setembro de 2025

Ponteareas súmase á loita pola igualdade das persoas LGTBIQ+

Ponteareas conmemora o vindeiro luns 28 o Día Internacional do Orgullo LGTBIQ+ con actividades coas que visibilizar a este colectivo en todos os ámbitos da vida cotiá e sumarse así á celebración, denuncia e reivindicación da diversidade sexual e de xénero.

A concelleira de Benestar Social e Igualdade, Verónica Carrera, anima a toda a veciñanza a participar na concentración que se celebrará ás 12.00 horas diante da Casa do Concello en colaboración coa plataforma POD Ponteareas, na que se procederá á lectura dun manifesto. O acto rematará cunha pequena actuación.

Esa loita pola igualdade e a dignidade tamén quedará reflectida nun mural que varios membros da plataforma realizarán ao lado da fonte situada na rúa de Abaixo e que se poderá visibilizar dende a N-120. Ademais, durante este mes de xuño o balcón da Casa Consistorial estará decorada coas cores oficiais da bandeira.

“En pleno século XXI aínda hai moitos países no mundo nos que a diversidade sexual non é que non sexa unha opción, senón que está perseguida e criminalizada por parte da lei, das autoridades e mesmo da sociedade. Estamos na obriga de continuar loitando para acadar esa igualdade, porque a sociedade aínda está lonxe de aceptar unha situación que debería estar normalizada hai moito tempo”, destaca a concelleira.

A Plataforma Orgullosa e Diversa de Ponteareas (POD Ponteareas) é unha agrupación de recente creación que xorde das inquedanzas da veciñanza no activismo LGTBIQ+. As persoas participantes organizan accións dirixidas ao recoñecemento da diversidade para visibilizar e reivindicar os dereitos do colectivo ao tempo que xeran redes de coidado entre elas.

Máis de 200 persoas visitan o Escape Room creado polo alumnado de Instalacións de Telecomunicacións de Tomiño

0

A Escape Room deseñada polo alumnado de 2º de CM de FP de Instalacións de Telecomunicacións do IES Antón Alonso Ríos, vén de rematar unha exitosa xira por outros centros educativos da comarca, onde alumnado e profesorado puideron desfrutar nos recreos de diferentes xogos e probas para tentar conseguir códigos que permitían ir abrindo caixas e portas onde se atopaban novas pistas que levaban ao xogo final.

No remate do curso, unhas 200 persoas aproximadamente xogaron con este proxecto, entre alumnado do centro e alumnado externo, así coma profesorado e persoal do IES tomiñés. O Seminario Menor San Paio de Tui e o CPI Manuel Suárez Marquier de O Rosal, foron os dous centros visitados na última semana.

Trátase dun proxecto innovador onde o alumnado realizou as prácticas do módulo “Circuíto pechado de televisión e seguridade electrónica” pero adaptadas para crear unha Escape Room. “Isto deulles unha motivación extra á hora de realizar as prácticas”, explica o profesor responsable.

O visitantes, seguindo as pistas, conseguen abrir caixas e portas que lle darán máis pistas para avanzar no xogo e poder chegar á proba final, que consiste en desbloquear a porta da aula da Escape Room do IES de Tomiño, ou facer o propio cunha tablet na versión itinerante.

 Deste xeito puidose dar a coñecer unha pequena parte dos módulos impartidos neste ciclo formativo de grao medio entre oalumnado de 4º de ESO dos centros educativos da contorna, co fin de que este ciclo medio sexa unha das alternativas a seguir polos estudantes tras rematar o ensino secundario obligatorio.

O proxecto da Escape Room comezou a xestarse no curso 2019-2020 cunha visita á empresa  colaboradora “Eskapark” de Vigo, na que o alumnado puido ver as súas instalacións e vivir a experiencia. Isto axudou ao grupo a familiarizarse con este tipo de xogos e coller ideas para poder adaptalas a unha Escape Room.

Coa declaración do estado de alarma o alumnado dese curso non puido rematar o proxecto que pretendía ofertar a Escape Room tanto ao alumnado do IES  coma ao alumnado doutros centros e mesmo á veciñanza de Tomiño. Pero neste curso retomouse o proxecto coa condición de que fóra portátil e así poder dar a coñecer, dun xeito lúdico, as ensinanzas que se imparten no CM de Instalacións de telecomunicacións do IES Antón Alonso Ríos.

O Concello de Mos pon en marcha 5 andainas medioambientais polos montes do municipio

0

A primeira será este domingo 27 de xuño en Louredo, con saída desde á aldea  Alfacuca en San Antoiño, e regreso ao mesmo punto.

Un xeito ideal despois desta tremenda pandemia para facer deporte, coñecer o municipio, e gozar dos moitos espazos naturais de Mos.

Este vindeiro domingo día 27 de xuño terá lugar a primeira das 5 rutas medioambientais 2021, neste caso na parroquia de Louredo onde se percorrerá unha parte do seu monte comunal, coa aldea Alfacuca como punto de encontro. A saída tera lugar fronte ás escaleiras de Alfacuca, onde está a caseta informativa de madeira.

A ruta ten un percorrido medio de 2 horas.

Ás 10 da mañá é a hora de reunión e o remate está previsto preto das 12 horas.

Aconséllase levar calzado cómodo e que agarre ben, ademais de levar un bastón de sendeirismo ou calquera bastón de apoio.

As rutas estás catalogada para todos os públicos, pero desde o concello sinalan  que esta en concreto, conta con algúns puntos de bastante ascenso o que pode resultar difícil para nenos de corta Idade e persoas maiores.

Tamén indica a organización que está permitido a compañía de cans; apelando desde a  responsabilidade de cada un, de que estes saben convivir e levarse ben con outros cans e persoas.

Perfil da ruta

Ten unha lonxitude de 6,8 quilómetros con saída e chegada desde a restaurada aldea Alfacuca.

A ruta ten un inicio cun falso chan duns 500 metros chegando despois a unha subida de 1,2 quilómetros que non é difícil pero si con bastante elevación. Ao remate desta subida segue en ascenso pero xa con terreo moito máis favorable.

Chegados ao punto máximo de elevación de 419 metros comeza o descenso sobre o quilometro 3,8 polo rego do Torroeira, un regato que acompañará aos camiñantes por máis de 1,4 quilómetros.

Despois deste descenso que nalgún punto é algo pronunciado, chégase de novo á pista principal que comunica novamente con Alfacuca.

Os participantes estarán acompañados do Servizo de Protección Civil de Mos.

A próxima andaina está prevista para o 4 de xullo polo monte comunal da parroquia de Mos; o Salgueirón.

Nigrán organiza as festas patronais de San Pedro co novo espectáculo do ‘Bruxo Queimán’

0

O Concello de Nigrán continúa co seu programa ‘Música nas Parroquias’ organizando as festas patronais de San Pedro da Ramallosa  coa gran actuación do ‘Bruxo Queimán’ o 28 de xuño (22:30 horas) no Torreiro de San Pedro. Ademais, pensando nos pequenos, haberá show infantil ás 19:00 horas a cargo do Rey Midas e xa o martes 29, festivo local, será o concerto da Banda de Música de XXXX ás 13:00 horas. O goberno local asume íntegramente a súa organización co obxectivo de preservar esta tradición, xa que por mor do covid-19 non se constituíu comisión de festas.

O ‘Bruxo Queimán’ presenta o seu novo show coas Bruxas-Peregrinas, un acto onde se mestura o tradicional conxuro coa exaltación da terra e do mar, do Camiño de Santiago que precisamente atravesa a parroquia de San Pedro, do folclore galego, a súa gastronomía, as súas paisaxes… Paixón, sentimento, forza escénica, música folk-celta, danzas, pirotecnia fría e moito lume. Está composto por 4 bruxas, 2 músicos… e o ritual da QUEIMADA é o momento máis vistoso e esperado para espantar o mal ollado de toda presenza. Interprétanse temas musicais inéditos, como “Alalá do Mariñeiro” ou “O Meighacho” e tamén hai espazo para unha danza onde se homenaxea as mulleres do mar e do rural. En definitiva, unha fusión de arte pouco habitual de declamación, música e danza que envolve ao público nun halo elegante, creativo e próximo.

O espectáculo está composto por música folk, danzas, 4 bruxas, 2 músicos, piroctecnia fría onde o ritual da QUEIMADA é o momento máis vistoso e esperado para espantar o mal ollado de toda presenza. Interprétanse temas musicais inéditos, como “Alalá do Mariñeiro” ou “O Meighacho”. Tamén haberá espazo para unha danza onde se homenaxea as mulleres do mar e do rural.

En definitiva, unha fusión de arte pouco habitual de declamación, música e danza que envolve ao público nun halo elegante, creativo, e asemade próximo, tanto polo sentimento que esconde detrás de cada verba ou nota coma pola novidade e amplitude do público que abarca.

BRUXO QUEIMAN

O actor galego conta con máis de 20 anos de experiencia, como transmisor e defensor dunha cultura milenaria, a Cultura Atlántica. Representa a esencia da terra, o que máis lle caracteriza, é a súa forza e sensibilidade. Bruxo Queiman, esperta o soño da indiferenza a moitos, aos que descoñecen o valor do ancestral, de aquilo que se vai herdando desde fai milenios da nosa nai Terra. Tamén é imaxe dun dos maiores Festivais en Portugal “Sexta 13”, en Montalegre, onde se convoca en cada evento a máis de 40.000 persoas. En definitiva, a súa forza e o seu sentimento son algunhas das características máis salientables.

ELENCO ARTÍSTICO

Irene Senín, artista polifacética. Cantante de teknopunk do grupo “Blikxter” creado en Madrid en 2011 e co que percorreu diferentes puntos de Europa, Londres, Milán, Roma…acompañada de outros grupos como son “Neokaoss”, “La voz rota”…artista circense na compañía “La Conejera” de Barcelona.

Suso Feixón, percusionista e gaiteiro. Actuou en EEUU, durante 6 anos, Colombia, Rusia, Singapur co grupo “DJ POTC&FLYDRUMS”. Foi membro do grupo galego “A Roda” durante 13 anos. Fundador do grupo de folk “Pelepau”.

Inés Silva, actriz e bailarina. Unha larga traxectoria teatral, cinematográfica e televisiva. As xiras artísticas e de baile levárona a actuar por máis de 20 países xunto a importantes artistas de nivel internacional como Juan Magán, Kate Ryan, David Guetta…Participou como actriz en “A Estiba”, “O Sabor das margaridas”, “Fariña”, “Olvido y león”…

Laura Naveira, actriz e bailarina multidisciplinar. Trabllou en diferentes compañías en Inglaterra durante 6 anos. En Galicia foi membro de “Ibuprofeno teatro” con Santiago Cortegoso e Marian Mañobre. Fai traballos como estatua vivinte, como clow, misturando diferentes técnicas, posúe o seu propio estilo.

Traballou tamén en “Crearte” a nivel nacional con pasarrúas.

Samuel Soto, guitarrista e compositor. Mestre de Canto e Corda pulsada. Membro dos grupos “Ardentía”, “Son de Seu”, “Isidro Vidal”, “Manuele de Felisa” e da compañía Queiman e Pousa dende 2016. O seu traballo levouno a actuar a países como: Costa Rica, Italia, Finlandia, Escocia, Londres…

Raquel Salgado, artista multidisciplinar. Modelo de pasarela e fotografía, nacional e internacional, desfilou para Roberto Verino, David Delfín, entre outros. Cantante e integrante da banda emerxente “Rouge Bandits”. Bailarina de varias disciplinas e actriz, serie “Vivir sin permiso” e película “Cautivo”.

O Club Bádminton Ponteareas ofrece o seu propio Campus deportivo

El Club Bádminton Ponteareas desenvolverá, durante os mércores de xullo e agosto o seu propio Campus de Bádminton tanto para iniciación como perfeccionamento, unha iniciativa que busca que os que xa practican este deporte adquiran técnicas e habilidades que lles permitan mellorar e, os que non o coñezan poidan tomar contacto con esta atractiva disciplina deportiva.

As actividades desenvolveránse no Complexo Deportivo Alvaro Pino de Ponteareas todos os mércores de xullo e agosto en horario de 9:30 h a 11:00 h. Para que sexa máis doado participar, non é preciso achegarf material, xa que o club dispón de todo o que fai falta para realizar a actividade.

O Campus está dirixido a nenos e nenas con idades comprendidas entre os 7 e 16 anos. Para máis información, interesadas e interesados poden dirixirse ao teléfono 609 927 471 ou ao enderezo de correo electrónico [email protected]

O inigualable marco do Castelo de Santa Cruz da Guarda acolle este domingo as actividades do Día Internacional do Ioga

0

Despois do aprazamento por motivos meteorolóxicos da pasada fin de semana finalmente celebraremos o Día Internacional do Ioga este domingo 27 de xuño no Castelo de Santa Cruz ás 10.30 h da mañá. Esta actividade está organizada polo Centro Awen Yoga en colaboración co Concello da Guarda e xa vai pola súa terceira edición neste fermoso enclave natural. Con este encontro preténdese celebrar este día e que as persoas de diferentes idades e condicións físicas poidan coñecer o mundo do Ioga e os seus beneficios.

En sánscrito Ioga significa unión entre corpo, mente e espírito. O Día Internacional do Ioga recoñece tanto a orixe do ioga como a súa práctica. A iniciativa de celebrar este día a nivel internacional foi presentada ante as Nacións Unidas polo Primeiro Ministro da India, Narendra Modi, en setembro de 2014 con estas palabras:

«El yoga es una inestimable contribución de la antigua tradición de la India. Encarna la unidad de la mente y el cuerpo, el pensamiento y la acción, la moderación y la satisfacción plena, la armonía entre el hombre y la naturaleza, y un enfoque holístico de la salud y el bienestar».

Trala súa proposta, a ONU aprobou a resolución, cuxa iniciativa foi apoiada por 175 países, o máis elevado número de países solidarios na historia da organización.

Esta actividade vai a estar dirixida polos profesionais do Centro Awen: Elvira, Pablo, Iria e Carmiña, profesora de ioga para nenas/os e adolescentes.

Se podes respirar, podes practicar Ioga. O Ioga é para todas e todos sen importar a idade e o estado físico. Anímate a coñecelo aínda que nunca o practicases!

Prazas limitadas. Actividade gratuíta.

Recoméndase aos participantes traer una esterilla ou toalla, unha manta e roupa cómoda.

Para máis información, a interesadas e interesados poden dirixirse aos teléfonos 986 611 871 (Awen Yoga) ou 986 610 000 (Casa do Concello ext.7) ou tamén ao enderezo de correo electrónico [email protected]

A Deputación aprobará novas achegas para Tui, Salceda, Mos e Ponteareas

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra dará o visto bo este venres a recursos por máis de 1,8 millóns de euros para outros nove municipios da provincia ao abeiro das liñas 1 e 2 do Plan Concellos 2021. Trátase de oito achegas da liña 1 de Investimentos que superan os 1,7 millóns de euros e que chegarán aos concellos de Tui, Salceda de Caselas, Mos, Pazos de Borbén, Cangas, Vilaboa, Sanxenxo e Cuntis. Ademais, aprobaranse dúas subvencións da liña 2 para Ponteareas por case 85.000 euros. Con estes recursos, a Deputación revalídase como “a administración que garante os servizos e os dereitos nos concellos da provincia de Pontevedra para que todas as veciñas e veciños dispoñan de aquelo que é fundamental”, tal e como afirmou Carmela Silva.

Unha importante achega de 535.200 euros chegará a Tui para actuar na rúa Colón, a principal entrada ao centro urbano, e reformar as beirarrúas e dotala dos elementos necesarios. Salceda de Caselas recibirá 141.000 euros para financiar a primeira fase da reforma e acondicionamento das piscinas municipais adaptándoas á normativa vixente, mellorando a eficiencia das instalacións e ampliando o abanico de persoas que poidan desfrutar delas. Mos recibirá 151.500 euros para a mellora da seguridade viaria do camiño da Estrada Real e do camiño de Cabezal. Do mesmo xeito, a Pazos de Borbén chegarán 201.400 euros para o asfaltado de camiños en sete parroquias, estes viarios atópanse deteriorados tanto polo seu uso como polas fortes precipitacións.

Tamén se aprobará unha achega de 160.300 euros para que Cangas poida humanizar o barrio de Nazaret, intervindo nas beirarrúas, iluminación e recollida de pluviais. Vilaboa financiará a rede primaria de abastecemento de auga potable entre os lugares de Rialiña e Santa Marta, na parroquia de Bértola, cunha subvención de 100.000 euros. Pola súa banda, Sanxenxo empregará os 287.300 euros que aprobará a Xunta de Goberno para humanizar a rúa Unión e as súas transversais, unha zona céntrica do concello cuxo pavimentos se atopan moi deteriorados, e que conta con mala iluminación e deficiencia nos servizos. A Cuntis destinaranse 150.000 euros para financiar obras de emerxencia de viarios que se atopan en mal estado polo último temporal

No que atinxe á Liña 2, a Xunta de Goberno aprobará dúas achegas para Ponteareas de 84.800 euros. O concello empregará estas partidas en gastos correntes de iluminación, asfaltado e material de obra (62.000 euros) e axardinamento da contorna da piscina e do centro deportivo así como a sinalización horizontal (22.800 euros).

Tui acolle, este domingo, o VII Campionato Ibérico de Kung Fu da Eurocidade Tui-Valença

0

Tui acolle este domingo 27 de xuño, a partir das 10:30 horas, no novo pavillón deportivo municipal, o VII Campionato Ibérico de Kung Fu Eurocidade. Este evento está organizado polo Club Di Som Tui, en colaboración coa Eurocidade Tui-Valença e a Federación Galega de Kung Fu. O evento poderá seguirse en liña a través da canle de Youtube da Federación Galega de Kung Fu, ou presencialmente até completar o aforo do pavillón.

O evento foi presentado esta semana no salón de plenos do Concello de Tui nun acto que contou coa presenza do alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro; o concelleiro de Deportes de Tui, Rafael Estévez; a vereadora de Educación da Câmara Municipal de Valença, Elisabete Domingues, así como a do presidente da Federación Galega de Kung Fu, Carlos Alonso, o director do campionato, Eduardo Méndez, e o director do departamento de Kung Fu moderno da Federación Galega de Kung Fu, Aarón Blanco. Amáis tamén participaron, Julio Conde, campión do mundo de Kung Fu e Elena Cruces, actual campioa galega de Kung Fu.

O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, sinalaba na súa intervención que “esta proba da Eurocidade Tui-Valença, aínda que só se realizará no Concello de Tui, é de enorme valor e supón un recoñecemento que pon de manifesto o significado da Eurocidade e o traballo que se leva facendo en moitos ámbitos, especialmente no deportivo, unha das nosas sinais de identidade conxuntas”. Remataba dicindo que “os tudenses e valencianos nos congratulamos todos de ser a sede de moitos campionatos, de ter deportistas de recoñecido prestixio e de ter entre as dúas cidades un número de equipamentos deportivos importante”.

O campionato de Kung Fu dividirase nunha parte de Kung Fu tradicional e outra de Kung Fu moderno. Participarán 325 deportistas e o evento contará coa participación dos 15 mellores competidores de Galicia seleccionados fai quince días en Ourense, xunto a unha selección de competidores de Portugal, a maioría medallistas na súa federación. “Na competición demos un salto de calidade no deportivo e ademais faremos o campionato máis visual para o público, coa instalación dun novo sistema dixital de marcadores no pavillón que facilitará o seguimento da competición”, sinalaba o presidente da Federación Galega de Kung Fu, Carlos Alonso.

Dende a directiva da Federación Galega de Kung Fu salientan tamén o importante esforzo levado a cabo dende a organización para a retransmisión do campionato, co despregamento de máis de oito cámaras e un equipo de montaxe de primeiro nivel. “Na anterior edición houbo picos de conexión de máis de 6.000 persoas polo que o campionato vai estar aberto moito máis lonxe do que é a presencia limitada de público nas instalacións de Tui”, sinalaba o presidente da federación galega.

A organización asegurará o correcto cumprimento da normativa para a prevención de contaxios por covid-19 e ademais estableceranse grupos burbulla entre os diferentes equipos e xogadores. Todos os participantes realizaran, previo inicio da competición, unha proba PCR obrigatoria como medida adicional de seguridade.

Último asfaltado do Plan Municipal de Mellora de Camiños en Mos

0

A falla únicamente da sinalización horizontal, mediante pintado, nos 5 camiños, onte iniciouse o último dos asfaltados incluídos no Plan Municipal de Mellora da Pavimentación en Camiños do concello de Mos: o Camiño de Mosqueira, na parroquia de Guizán, que quedará finalizado esta mesma tarde.

Os outros 4 nos que xa se levou a cabo a reposición do firme son os camiños de Couso (Pereiras), Xaberga (Pereiras), Pardellas (Cela) e Piñeiro (Louredo).

Estas obras, que forman parte do Plan Municipal de Mellora da Pavimentación, fináncianse con fondos propios da administración local mosense e dividíronse en 2 lotes.

O lote 1 inclúe os camiños Mosqueira (Guizán) e Piñeiro (Louredo) e o lote 2 os camiños Xaberga (Pereiras), Couso (Pereiras) e Pardellas (Cela). A inversión total que fai o Concello de Mos nestas melloras ascende a 231.611,70 euros.

O Camiño Mosqueira (Guizán) ten unha lonxitude de 271 metros e un ancho medio de 5 metros, o Camiño Piñeiro (Louredo) unha lonxitude de 488,50 metros e un ancho medio de 5 metros, o Camiño Xaberga (Pereiras) unha lonxitude de 538 metros e un ancho medio de 6 metros, o Camiño de Couso (Pereiras) unha lonxitude de 775 metros e un ancho medio de 5 metros e o Camiño de Pardellas (Cela), unha lonxitude de 1001 metros e un ancho medio de 5 metros. Un total de máis de 3 quilómetros de viais foron así asfaltados.

As obras de mellora da pavimentacion, comprenden actuacións previas como o desbrozado lateral, limpeza de cunetas e noiros, seguidas dos firmes e pavimentos nos que se realiza unha regularización da capa de rodadura coa aplicación de asfalto, recrecido, aplicación do rego de adherencia con emulsión asfáltica e por último as obras adicionais que son as necesarias para realizar actuacións que non están englobadas na pavimentación pero que son imprescindibles para que a obra quede perfectamente rematada e garantir totalmente a seguridade viaria. Como obras adicionais considéranse o recrecido das tapas das arquetas e dos pozos e o arranxo das beiravías. Para finalizar dotarase aos camiños con sinales de prohibición e obriga co fin de facilitar as incorporacións nas interseccións.

O Concello de Mos ten como un dos obxectivos principais da administración local que o viario municipal se atope nas mellores condicións de uso, o que supón un garante na seguridade viaria. Así como avanzar no Plan Mos Humanizado para seguir a construír un municipio máis transitable e habitable, máis cómodo e amable para circular tanto a pé como en vehículo. É por elo que se consideran estas obras tan necesarias, posto que supoñen unha importante optimización da seguridade viaria.

Concerto da Banda da Escola de Música de Xinzo no Auditorio Municipal de Ponteareas

A Banda da Escola de Música de Xinzo desembarcará este domingo 27 na sala multiusos do auditorio municipal de Ponteareas para ofrecer un concerto dirixido baixo a batuta de Ángel Antonio Montes.

A actuación será ás 12:30 horas e de balde, aínda que contará con prazas limitadas e será preciso reservar entrada a través do enderezo electrónico [email protected].

Dende a Concellaría de Cultura que dirixe Fernando Groba invítase a toda a veciñanza a participar nesta actividade cultural protagonizada por unha banda con preto de 15 anos de historia e numerosos premios ás súas costas.

A Banda da Escola de Música de Xinzo naceu ao abeiro da Banda de Música Xuvenil de Xinzo, que conta cunha escola de música propia con máis de 60 alumnas e alumnos matriculados e na que se imparten todas as disciplinas instrumentais.

Concello de Nigrán e as Escolas de Surf de Patos festexan este domingo o ‘International Surfing Day’

0

Concello de Nigrán e Escolas de Surf de Patos abren a tempada de verán este domingo 27 de xuño festexando o ‘International Surfing Day’, unha xornada mundial simultánea adicada á promoción desde deporte e a súa cultura. Durante este día desde Nigrán achegarase ao público a cultura e o deporte do Surf a través de cursos, talleres e diferentes actividades completamente gratuítas, ademais de ter a oportunidade de coñecer a surfeiros profesionais e compartir valores de convivencia e respecto polo medio ambiente.

Entre as diferentes actividades prevista nesta décimo segunda edición na localidade destaca a posibilidade de que os empadroados en Nigrán maiores de 7 anos e que saiban nadar reciban un bautismo de surf totalmente gratis previa solicitude a [email protected] ata cumplir o máximo de 50 participantes (será por rigorosa orde de inscrición).

The Mirror

Igualmente, destaca o concerto de The Mirror ás 15:00 horas (instalaranse diferentes food-truks). O grupo, con fonda raigame na comarca, nace no 2018 froito da unión de varios músicos de proxectos diferentes e con longas traxectorias que decidiron xuntase cun claro obxectivo: crear unha banda de temas propios con influencias do rock, funk e soul. Así, Tania Rodríguez (vocalista), Alejandro Vasconcellos (vocalista e guitarrista), Óscar Román (baterista), Gorio Álvarez (baixista – actualmente é Mikel Román) e Pablo Doallo (guitarrista – actualmente Rubén Carrera), formaron unha banda que lles permitiría levar aos escenarios as súas propias creacións musicais. Neste breve pero intenso período de tempo comezaron a asomar a cabeza pola escena musical miñorana e viguesa, sendo uns dos progagonistas do festival Solpor Monteferro, regresando agora a Patos.

O horario das actividades

  • 11:00 Confirmación inscricións
  • 12:00 Charla teórica na praia
  • 12:15 Ioga
  • 12:30 Limpeza de praia
  • 13:00 Práctica no mar
  • 14:15 Fin do bautismo surfista
  • 14:30 Foodtruks
  • 14:45 Zoa
  • 15:00 Musica en directo con ‘the mirror’
  • 16:00 Xogos na area
  • 16:30 Entrega de agasallos e premios.

Luis López e Cristina Fernández visitan a Área de Rehabilitación Integral de Ponteareas

A alcaldesa de Ponteareas, Cristina Fernández Davila, visitou hoxe acompañada do delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Luis López Diéguez, e do xefe territorial de Medio Ambiente, José Manuel González, a recentemente declarada Área de Rehabilitación Integral de Ponteareas. Trátase da primeira zona con este recoñecemento do concello, unha zona de 92.875 metros cadrados que ocupa o núcleo histórico da vila e que beneficiará a un total de 518 vivendas agrupadas en 74 edificios de uso residencial colectivo e 133 vivendas unifamiliares, así como 5 edificios de equipamentos e 16 destinados a outros usos.

Na visita a rexedora explicou a López Diéguez que “catalogar o núcleo histórico como ámbito ARI supón dar un paso máis na recuperación desta zona tan emblemática de Ponteareas, unha zona vella moi degradada, con numerosas vivendas desocupadas e nun deficiente estado de conservación”. “Queremos poñer en valor o noso núcleo histórico, recuperando as súas edificacións, adaptando á contorna ás necesidades funcionais actuais e sentando as bases para a súa proxección futura. Un futuro no que urbanismo e política social irán da man, porque para nós é fundamental contar cunha Ponteareas accesible na que toda a veciñanza poida desfrutar en igualdade dos espazos urbanos, dos equipamentos e das instalacións públicas”, recalcou Fernández Davila.

O Concello de Ponteareas apostou por conseguir a declaración de zona ARI do núcleo histórico “como parte da estratexia marcada para dinamizar o núcleo urbano, o que supón unha mellora indiscutible da calidade de vida das persoas e a recuperación de espazos públicos e privados”. Para a rexedora, este recoñecemento “axudará á recuperación urbanística do núcleo histórico e favorecerá a creación de emprego”. Unhas medidas nas que tamén se encadra a adquisición dun edificio na Praza maior que se destinará a servizos municipais para a veciñanza.

Como recolle o informe presentado á Xunta, o custo estimado polo Concello das actuacións de rehabilitación residencial necesarias neste ámbito ascende ata case os 46 millóns de euros á que habería que sumar outro 4,9 millóns para as obras de reurbanización, algunhas delas xa en marcha ou en trámite. Tendo en conta as axudas de tata 24.000 euros para o arranxo das vivendas das que poden beneficiarse as persoas propietarias dentro da zona ARI, calcúlase que Ponteareas podería recibir nos vindeiros anos ata 12,4 millóns de euros en achegas públicas para investir na recuperación e rehabilitación das edificacións.

Para facilitar o acceso a estas axudas, Ponteareas porá en marcha unha oficina municipal de rehabilitación ARI, que estará situada de forma provisional na Casa do Concello. Nesta oficina as persoas interesadas en solicitar algunha das subvencións poderán, entre outras cousas, solicitar asesoramento técnico, pedir información sobre as axudas dispoñibles ou acceder á documentación técnica necesaria.

O ámbito do ARI en Ponteareas organízase arredor de dúas prazas da vila, a Praza Maior e a Praza de Bugallal, que compoñen o centro da Área de Rehabilitación Integral. Dende aí a zona ARI medra comezando dende o sur, os Xardíns da Xiralda, a Casa do Concello e a Praza de Bugallal, a conexión entre ambos espazos pola Avenida da Constitución e a contorna da Igrexa. A continuación está a conexión entre ambas prazas principais, incluíndo así tamén a Rúa de Oriente e a Rúa da Esperanza.

Un punto importante do núcleo histórico é a Praza Maior e as rúas que saen dende ela para conectala con distintos espazos da vila. As rúas traseiras da Praza Maior, xunto coa Rúa dos Ferreiros forman outro espazo cun carácter propio, e de grande importancia no ámbito. A Rúa dos Ferreiros prolóngase cara o sur coa Rúa do Doutor Fernández Vega, que remata o ámbito antes da Praza de Abastos. Finalmente, a parte máis ao norte da zona ARI será a Rúa Real, que corresponde ao paso da N-120 pola vila. Na zona onde esta rúa desemboca dende a Praza Maior indo pola Baixada de San Gregorio atópanse uns edificios históricos con clara necesidade de rehabilitación.

O Concello de Redondela expresa o seu apoio a ‘Pegadas con alma’, iniciativa de impulso de acciones de voluntariado social

0

A alcaldesa de Redondela, Digna Rivas e a concelleira Olga García Ballesteros, reuníronse esta semana con Patricia Rodríguez e Heidi Vander Biest, promotoras da iniciativa #pegadasxlenda que se inclúe dentro de ‘Pegadas con alma’, unha proposta creada para impulsar accións de voluntariado social e crecemento persoal en Redondela.

Neste primeiro reto, Patricia Rodríguez e Heidi Vander Biest percorrerán 130 quilómetros do Camiño de Santiago que separan Triacastela de Santiago de Compostela. O farán entre o 2 e 9 de xullo coa intención de recadar os 1.604 euros que a Asociación Lenda-Saúde Mental precisa para a renovación do material deportivo utilizado polas persoas usuarias nas súas terapias.

Será un camiño de quilómetros ‘apadriñados’. Así, calquera particular pode sumarse a iniciativa e cubrir, coa súa doazón, os quilómetros que desexen: 5 euros = 1 quilómetro. Ditas doazóns poden realizarse por transferencia ou ingreso na conta de Lenda en Abanca, a traves de PayPal e, próximamente en Bizum. Outro xeito de colaborar é a través das huchas que quedarán instaladas nos establecementos colaboradores que figuran os carteis anunciadores.

Ao igual que as persoas de xeito individual, as empresas, entidades ou colectivos tamén poden facer as súas achegas obtendo a cambio un detallado programa de presenza en redes sociais e outros beneficios.

Tanto a alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, como a concelleira Olga García Ballesteros, expresaron a importancia desta iniciativa “que reflicte a propia esencia das e dos Redondeláns que sempre destacaron pola súa solidariedade e a súa capacidade de axudar, nos momentos máis difíciles, as persoas que máis o necesitan”.

Digna Rivas felicitou a Patricia Rodríguez e Heidi Vander Biest e expresou o seu total convencemento “de que a cifra que precisan de 1.604 euros, será superada con creces”.

Compre salientar que se a recadación final unha vez que remate a campaña, que estará vixente ata o 31 de xullo, os fondos recadados superasen o presuposto marcado para a compra de material deportivo, o superávit destinaríase á realización de actividades complementarias de Lenda-Saúde Mental nos seus programas de ocio e descanso familiar.

A Deputación “Aviventa o Deporte” cunha programación chea de actividades

Baixo o lema “Aviventa o Deporte” a Deputación de Pontevedra segue a impulsar a práctica deportiva como un dos seus eixos fundamentais de actuación. A presidenta Carmela Silva desvelou hoxe a programación deportiva e sustentable que o ente provincial ten preparada para os vindeiros meses cunha chea de actividades que “pasarán por todas as comarcas e por diversos concellos da provincia” coas DepoAndainas, as DeporutasBTT, Depo Orienta e Depo Auga, a novidade que o ente provincial preparou para este verán.

Por sexto ano consecutivo as DepoAndainas percorrerán a provincia con catro rutas que comezarán o 18 de xullo na Vía Verde, entre os concellos de Caldas de Reis, Portas e Vilagarcía de Arousa, e seguirán o 1 de agosto na Ruta do muíños de Golfariz, na Estada. O 22 de agosto as DepoAndainas chegarán á Senda do río Tea, en Mondariz, e finalizarán o 12 de setembro na Senda azul do río Verdugo, en Ponte Caldelas. A presidenta provincial lembrou que cando se abren os prazos de inscrición “as prazas rematan de forma inmediata así que a xente ten que estar atenta para apuntarse”. As Deporutas BTT acadan a súa quinta edición con tres rutas que levarán aos e ás amantes deste deporte a percorrer o 29 de agosto os Montes do Deza, en Silleda, o 19 de setembro a Costa da Vela, nos concellos de Bueu e Cangas, e o 17 de outubro a Costa do Atlántico, na Guarda.

Tras o éxito acadado o verán pasado o programa Depo Orienta volve con tres actividades que se levarán a cabo o 5 de setembro no monte do Galiñeiro, en Gondomar, o 26 de setembro no monte do Acibal, en Barro, e o 10 de outubro na desembocadura do río Umia, en Cambados. Depo Auga chega como a gran novidadedo ano para achegar o pádel surf e o caiac á cidadanía a través de dúas actividades que terán lugar o 8 de agosto no río Deva, no concello da Cañiza, e o 28 de agosto no río Miño, no concello das Neves.

Deporte de alto nivel

A presidenta provincial anunciou tamén a creación dunha liña específica de bolsas destinada a apoiar ás e aos deportistas olímpicos da provincia clasificados para competir nos Xogos de Tokio. En total serán 75.000 euros os que a Deputación repartirá entre todas as persoas que finalmente se clasifiquen para as olimpíadas. Carmela Silva lembrou que a día de hoxe hai 12 persoas na provincia que xa conseguiron o seu billete a Tokio, unha lista que pode verse incrementada nos próximos días.

Amais, a presidenta provincial puxo en valor aos 219 deportistas que xa foron recoñecidos e recoñecidas coa marca provincial nas categorías de DEPODAN , Deportista de Alto Nivel, 169, e DEPOPROMESA, 50. Son persoas que “nos representan na elite” polo que se prevé que na Xunta de Goberno da semana que vén se aproben “as becas que lles permitirán desenvolver a súa carreira deportiva con recursos” e que este ano ascenden aos 250.000 euros.

Con estas achegas a Deputación xa dedicou ao deporte investimentos por case 3,7 millóns de euros converténdose así na administración que máis recursos dedica ao deporte nesta provincia atendendo de forma relativa ao noso orzamento.

O obradoiro de escrita teatral de Ponteareas baixa o pano

Mergullarse na escrita dramática e facelo da man dunha persoa de primeira liña. Ese era o obxectivo do obradoiro de escrita teatral posto en marcha pola Concellaría de Cultura e que acaba de rematar despois de tres meses explorando no reparto das voces na escritura escénica.

Da man da dramaturga Laura Porto, 12 persoas participaron neste taller con actividades que combinaron as clases presenciais coas virtuais e que seguía a liña dos cursos de teatro e escrita creativa impartidos por Roi Vidal e María Lado en 2019 e 2020.

“Estamos moi contentos coa boa acollida que está tendo este tipo de obradoiros por parte da veciñanza. Se os anteriores se centraban no traballo actoral e nos xéneros poético e narrativo, este ano quixemos enfocalo no eido teatral, de novo da man dunha profesional de primeira liña como Laura Porto”, salienta o concelleiro Fernando Groba.

Porto, natural de Covelo, acadou a súa titulación superior en Arte Dramática no ano 2019, na especialidade de Dirección de Escena e Dramaturxia. Dende entón, traballou como axudante de dirección de Marián Bañobre na compañía de Olivas Negras durante a montaxe da peza ’12 uvas, 2mulleres e 1 oliva’ e, como dramaturga e directora da compañía Amorod(i)o no seu primeiro espectáculo, ‘Reino da extinción’, que se estreará este outono. Ademais, unha das súas obras, ‘O senso da floración’, será publicada proximamente no volume colectivo ‘Dramaturxia galega actual’, que edita Feira do Leste.

Tomiño adhírese á rede galega “Praias sen Fume”

0

O Concello de Tomiño vén de adherirse á rede galega de PRAIAS SEN FUME. Por este motivo, o areal da praia fluvial de Goián manterase a partir de agora libre de cabichas e de malos fumes. A medida ten, sobre todo, un fin educativo e de sensibilización social, razón pola que non haberá sanción polo incumprimento. “Xa que non pretendemos recadar, senón educar e concienciar, non sancionaremos, apelando en todo caso á responsabilidade  cívica de cada persoa”, explican dende o Concello.

A medida busca evitar, ademais da evidente molestia para as persoas non fumadoras, o feito de atoparse con cabichas na área, ou que as nenas e os nenos vexan natural o feito de fumar diante deles, normalizando un hábito prexudicial para a saúde.

Paralelamente á toma da decisión, o Concello convida á cidadanía a realizar unha enquisa co fin de coñecer a súa opinión respecto do tema (https://forms.gle/hDvbfTZSJQCZqZA26).

“Toda prohibición acostuma xerar enfrontamento na opinión pública; non é o que pretendemos e por iso nos interesa coñecer a opinión das persoas que utilizan a praia de Goián”, comentan.  

O proxecto ‘ESTRAEE’ pecha con éxito o pioneiro sistema de recollida e tratamento do lixo electrónico

Unha xornada técnica sobre a estratexia transfronteiriza da xestión dos RAEE (residuos eléctricos e electrónicos), serviu hoxe para pechar os programas e actividades do Proxecto ESTRAEE que, desde 2017, liderou a Deputación de Pontevedra, xunto a socios españois e portugueses como Lipor, para poñer en marcha un sistema de recollida e tratamento do lixo electrónico. Cun orzamento de máis de 2 millóns de euros, o 75% financiado polo FEDER, ten sido unha experiencia piloto cara a transición ecolóxica para sentar as bases da xestión dos RAEE, “un éxito en todos os seus obxectivos”, como sinalou a presidenta Carmela Silva, que abriu a xornada xunto aos socios do proxecto, que supuxo a implantación de 9 puntos limpos na provincia e outros 9 en territorio portugués, que foron adaptados á normativa europea.

Carmela Silva destacou o “exemplo de cooperación transfronteiriza” entre as administracións, institucións, concellos e persoas participantes de Galicia e Portugal no ESTRAEE: “Cada día, Portugal e España, o norte de Portugal e o sur de Galicia estamos a ser capaces de traballar máis e mellor conxuntamente para dar respostas aos problemas que son de hoxe, e neste concreto do tratamento destes residuos, que están a aumentar de forma exponencial e que danan o planeta, con influencia na saúde das persoas”. Na mesma liña pronunciouse Paulo Carvalho, representante do Consello de Administración de Lipor, quen salientou que este “innovador proxecto” permitiu “fomentar o espírito de cooperación, a aprendizaxe, o coñecemento conxunto e fortalecemento para acadar un futuro máis sustentable”.

A presidenta subliñou que os resultados teñen demostrado “que era imprescindible poñer en marcha este proxecto, que servirá como unha ferramenta de accións concretas para implementar a directiva europea que obriga a tratar os residuos eléctricos e electrónicos. E agora temos propostas que se constataron e poden servir de referencia”. Neste senso, augurou que virán outros proxectos “a corto, medio e longo prazo” e emprazou aos participantes no ESTRAEE a seguir traballando conxuntamente. A presidenta destacou especialmente o papel dos concellos nos que se implementaron as medidas recollidas no proxecto “por ser imprescindibles e ter a capacidade de adiantarse a unha norma de obrigado cumprimento” e mellorar amais da xestión destes residuos, cuestións como a ”concienciación cidadá, a información e a economía circular”. “Dando polo tanto unha resposta aos obxectivos da Axenda 2030 na súa implementación nacional, pero facéndoo desde o local, que é onde acontece todo”, apuntou.

Click para ampliar

Na xornada interveu tamén o presidente da Fegamp e alcalde de Vilagarcía, Alberto Varela, que cualificou o ESTRAEE como “un proxecto de éxito transferible á realidade do noso territorio, Galicia” e que “marca o camiño” no obxectivo da xestión e tratamento de todo tipo de residuos. Así, subliñou a necesidade de contar con “estruturas supramunicipais de xestión” para axudar aos concellos, especialmente aos pequenos”.

Lanzamento de Gestraee

Na xornada se presentou a nova aplicación de monitorización Gestraee, en palabras de Carmela Silva, “un exemplo do uso das novas tecnoloxías para responder aos retos medioambientais e aos desafíos que teñen que ver co coidado do planeta”. Este novidoso software permitirá controlar a entrada e saída dos residuos eléctricos e electrónicos (RAEE) para optimizar a xestión dos puntos limpos. Esta tecnoloxía mesmo se adianta á posta en funcionamento da plataforma electrónica de xestión de RAEE do Estado, que contempla o Real Decreto estatal (RD 110/2015) ao incorporar xa esa información que esixe a norma, de xeito que os concellos poderán adaptarse á lexislación estatal. Amais de poñer a aplicación a disposición dos concellos, a Deputación desenvolverá unha sesión de formación online para os municipios con punto limpo ao longo do verán, a fin de que poidan implantar a nova ferramenta con celeridade. Tamén entregará en cada punto limpo un dispositivo móbil para que operen con este pioneiro software, e farase entrega dunha guía de funcionamento.

Balance do ESTRAEE e puntos limpos

Na xornada informouse das accións concretas que a través do ESTRAEE se desenvolveron por parte da Deputación de Pontevedra. Neste senso, a actuación central do proxecto consistiu na adaptación dos 9 puntos limpos na provincia (Meaño, A Guarda, A Lama, Gondomar, Nigrán, Mancomunidade do Morrazo, Ponteareas, Silleda, Vilagarcía) á Directiva Europea dos RAEE. Neles fixéronse obras de adaptación e dotáronse de equipamento, cun investimento que ascendeu a preto de 557.000€. Doutra banda, o pasado ano desenvolveuse unha campaña de recollida dos residuos electrónicos, coa instalación de miniecopuntos en puntos fixos dos concellos da provincia como Bueu, Nigrán ou Vilagarcía de Arousa. Así mesmo, en Silleda e Gondomar realizouse unha campaña itinerante para a recollida de RAEE e, en Meaño, fíxose nas instalacións do punto limpo. Esta campaña permitiu a recollida de aparellos como cargadores e pilas e recolléronse máis de 125 móbiles.

Nos 9 puntos limpos do ESTRAEE na provincia recolléronse o pasado ano 450 toneladas de residuos de aparellos eléctricos e electrónicos, cunha media por habitante de 2,6 quilos anuais. Os residuos maioritarios en peso son os frigoríficos, aires acondicionados e radiadores (os aparellos de intercambio de temperatura, que supoñen o 30%), seguidos de monitores e pantallas e outros grandes electrodomésticos como lavaroupas, lavalouzas ou microondas (son o 25%). Os pequenos aparellos constitúen cerca do 20%.

Por concellos, na Guarda é maioritaria a recollida de pequenos electrodomésticos, seguidos dos grandes aparatos e monitores e pantallas, mentres que na Lama a maior parte dos residuos son grandes electrodomésticos, e logo os de intercambio de temperatura e dos monitores e pantallas. En Gondomar depositáronse en maior medida aparatos de intercambio de temperatura, seguidos dos grandes electrodomésticos, monitores e pantallas e de pequenos aparellos e, en Nigrán, monitores e pantallas, xunto a pequenos electrodomésticos, de aparellos de intercambio de temperatura e de electrodomésticos voluminosos.

Na comarca do Morrazo as recollidas son de aparellos de intercambio de temperatura, grandes electrodomésticos, monitores e pantallas e finalmente os pequenos electrodomésticos. En Ponteareas son monitores e pantallas, seguidas dos grandes electrodomésticos, dos pequenos e dos de intercambio de temperatura, mentres que en Silleda os principais residuos son monitores e pantallas, así como de aparatos de intercambio de temperatura, grandes aparatos e pequenos electrodomésticos. En Vilagarcía a maior parte son monitores e pantallas, seguidos dos aparatos de intercambio de temperatura, dos pequenos electrodomésticos e dos grandes aparellos. E, por último, en Meaño a porcentaxe maioritaria é para aparellos de intercambio de temperatura, grandes electrodomésticos e monitores e pequenos electrodomésticos.

Amais, a Deputación ten elaborado unha ordenanza municipal marco (dispoñible na web www.estraee.depo.gal) para a provincia, que establece medidas destinadas a protexer o medio ambiente e á saúde coa prevención e redución dos impactos adversos derivados da xeración e xestión dos residuos de aparatos eléctricos e electrónicos. Outra das accións é o Análise do Ciclo de Vida (ACV) das diferentes tipoloxías de RAEE, comparando a súa reciclaxe e reutilización a fin de cuantificar os parámetros de sustentabilidade do proceso de reutilización fronte ao de reciclaxe. A ACV está sendo testada agora mesmo con material dos puntos limpos e, aínda que os volumes analizados polo de agora son pequenos, estimáronse unhas porcentaxes potenciais de reutilización en móbiles do 12,34%; en tabletas, do 37,5%, e en lavadoras do 14,29%.

Oia manten aberta a inscrición para o Campus Deportivo ata o vindeiro 29 de xuño

0

Oia acolle este verán unha nova edición do seu campus deportivo, que se celebrará do 5 ao 16 de xullo nas instalacións do campo de fútbol das Tornas e no CEIP Mestre Manuel García. Dirixido a nenos e nenas de entre 5 e 14 anos, a programación incluirá actividades como fútbol, tenis e escalada, entre outras.

O campus está organizado polo Oiense CF e conta coa colaboración do Concello de Oia. Desenvolverase en horario de mañá (entre as 10.00 e as 14.00 horas) por parte de monitores titulados.

O prezo da inscrición é de 65 euros por neno (120 euros no caso de que asistan dous irmáns) e inclúe mochila, merenda saudable e equipamento. As persoas interesadas poden informarse e realizar a inscrición nos teléfonos 645.823.657 e 639.329.493. O prazo permanece aberto ata o 29 de xuño.

A Cañiza solicita á Xunta “potenciar” a Galicia interior

0

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, visitou hoxe A Cañiza xunto ao seu alcalde, Luis G. Piña, para coñecer de primeira man as necesidades do municipio.

Dende alí solicitou á Xunta que traballe para “potenciar” a Galicia interior, xa que “necesita desenvolvemento, modernización e posibilidades de futuro”. “Alí onde estamos os socialistas, pedimos todo o impulso e a forza para aumentar en poboación, xerar emprego e dar posibilidades de vida e de futuro á xente”, reivindicou.

Ao fío disto, Gonzalo Caballero chamou á Xunta a “cooperar cos concellos” e a traballar na xeración de postos de traballo e na loita contra o reto demográfico no interior de Galicia. “Necesitamos unha Cañiza potente e potenciar a Galicia interior”, subliñou, logo de incidir en que este municipio debe ser “referencia” para a zona sur da provincia de Pontevedra e tamén para a interacción coa provincia de Ourense.

Piña, “un alcalde comprometido”

Noutra orde de cousas, Gonzalo Caballero destacou o traballo do equipo de goberno, dirixido por Luis G. Piña, “un alcalde de primeira” e “comprometido cos seus veciños e veciñas” que fixo unha “magnífica tarefa” durante a crise da covid e, agora, “está a impulsar a reactivación” da vila.

De feito, resaltou a súa boa xestión logo de recordar que, cando chegou á alcaldía, atopouse “máis de catro millóns de euros en facturas sen pagar” froito da xestión da anterior corporación municipal.

A pesares das dificultades derivadas da situación herdada, “o goberno da Cañiza está solucionando os problemas e facendo avanzar o municipio”, valorou Gonzalo Caballero.

Luis Piña

Pola súa banda, o alcalde da Cañiza, Luis G. Piña, amosou o seu “compromiso” no labor de “sacar adiante o concello”.

Ademais, agradeceu a Gonzalo Caballero a súa visita, así como “o cariño e o apoio que me transmitiu ao longo dos últimos meses”, xa que “en todo aquilo que necesitei dende a acción municipal do meu partido, así como nas xestións oportunas coas diferentes administracións, tanto coa Administración Xeral do Estado como coa Deputación de Pontevedra, estivo aí”.

Por último, puxo en valor o labor do secretario xeral ao querer “coñecer in situ a realidade do noso día a día”, así como “as preocupacións dos veciños e veciñas” da Cañiza.

A Policía Local de Ponteareas realiza controis de velocidade con radar para mellorar a seguridade viaria

O pasado mes de maio cumpriuse un ano dende que o Concello de Ponteareas, adiantándose á normativa xeral aprobada pola DGT recentemente, limitou a velocidade no casco urbano a 20 km/h. Ademais, as zonas de plataforma única ou peonís con tráfico restrinxido teñen unha limitación de 10 km/h por ser espazos de convivencia dos vehículos cos peóns. A Avenida de Castelao pola súa banda é a excepción á norma ao contar cunha limitación de 30 km/h.

No mes de setembro do pasado ano a concellaría de Mobilidade e Tráfico desenvolveu, coincidindo coa Semana Europea de Mobilidade, unha campaña de control de velocidade con radar precedido dunha lona informativa que advertía da presenza do dispositivo e que contribuíu a difundir os novos límites de velocidade e a que as persoas condutoras acomodasen a velocidade á nova limitación. “Cumprir con eses límites supón mellorar a seguridade viaria, reducir o risco e a gravidade de accidentes e atropelos e facilita o uso da bicicleta nas calzadas sen perigo e sen temores, ademais de reducir a contaminación”, sinala o departamento da Policía Local.

Agora, unha vez que xa é de coñecemento xeral da poboación o límite de velocidade a 20 km/h, a Policía Local iniciou unha nova campaña de control de velocidade, pero sen elementos informativos previos. “O que queremos é que se respecten os límites de velocidade sempre e non só cando se sabe que hai un radar próximo. Para iso as persoas condutoras deben saber que, como en calquera outra vía de circulación autonómica ou estatal, no centro urbano de Ponteareas pódense realizar controis de velocidade en calquera intre e que superar os límites pode levar aparellada unha infracción”, explican dende o Goberno local. Coa limitación de velocidade a 20 km/h circular por enriba dos 40 km/h supón a perda de dous puntos de carné e por enriba dos 50 km/h catro puntos.

A Concellaría de Mobilidade e Tráfico amósase satisfeita co impacto da limitación de velocidade implementada hai un ano, xunto con outras de calmado do tráfico como a reordenación de sentidos de circulación e o estreitamento de carrís. “Nos últimos meses vense observando unha evidente redución da velocidade media dos vehículos no casco urbano. Aínda así, unha minoría de persoas condutoras continúan circulando a velocidades moi elevadas polas nosas rúas poñendo en perigo ao resto de persoas. Os controis con radar pretenden corrixir esas condutas”, sinalan dende a Concellaría de Mobilidade e Tráfico.

O alumnado do CPI Manuel Suárez Marquier aprende a revalorizar os residuos plásticos

0

O Concello do Rosal levou ás aulas un novo obradoiro de sensibilización medioambiental dirixido ao alumnado de 5º de Primaria do CPI Manuel Suárez Marquier, posto en marcha ao abeiro da subvención cofinanciada con fondos Feder Galicia 2014-2020 para fomentar a reparación e reutilización de obxectos.

“Buscamos concienciar sobre a nosa realidade ao máis pequenos e pequenas, para que coñezan todas as posibilidades que temos á hora de tratar os obxectos e para que acollan a idea de alongar a vida útil dos bens materiais dun xeito natural”, salienta a concelleira de Medio Ambiente, Sara Vicente.

[su_image_carousel source=”media: 39694,39692,39691,39690″ crop=”5:4″ link=”lightbox” autoplay=”0″]

Neste obradoiro especializado en residuos plásticos, os rapaces e rapazas puideron desfrutar dunha experiencia de reciclaxe íntegra, xa que ademais de recibir unha charla educativa para concienciar sobre o problema actual dos residuos plásticos, cunha máquina inxectora puideron transformar en vivo residuos plásticos en novos obxectos. Unha forma de deixar de ver estes residuos como lixo e revalorizalos en proximidade, evitando longas viaxes.

Durante a primeira parte, nunha charla dinámica introduciuse ao alumnado no mundo do plástico, nas súas virtudes e defectos, analizando o actual sistema de xestión de residuos ou a degradación do plásticos e os microplásticos e como iso afecta á contorna. Persoal especializado de Aventura Plástica abordou cos nenos e nenas as posibles solucións e se lles ensinou como funciona o proceso de reciclaxe con diferentes máquinas.

Xa na segunda parte do taller as rapazas e rapaces aprenderon a identificar os diferentes tipos de plástico de consumo diario e puideron ver como unha máquina de inxección transformaba varios destes plásticos previamente triturados en novos obxectos únicos e irrepetibles.

O Concello da Guarda convoca os ‘Premios de Educación 2020/2021

0

O Concello da Guarda ven de publicar as Bases de participación nos Premios de Educación 2020-21, co ánimo de incentivar o estudo e reforzar actitudes e hábitos relacionados co traballo, esforzo, participación e convivencia entre as persoas mozas.

Participa nesta convocatoria o alumnado que curse estudos nos centros públicos e concertados de primaria ou secundaria da localidade de A Guarda durante o curso 2020-2021, establecéndose un máximo de 28 premios consistentes en material informático.

Son requisitos ter obtido unha nota media mínima de 8, salvo naqueles casos nos que se propoña ao alumnado o recoñecemento polo seu traballo, esforzo e participación.

Constituirase unha comisión avaliadora integrada por un/unha Presidente/a, catro vogais e un/unha Secretario/a, entre os cales haberá representantes municipais e dos centro educativos municipais, que serán os encargados de ditaminar aos/as premiados/as. O listado de premiados/as será publicado na web municipal www.aguarda.es

Concello de Salvaterra e CRA A Lagoa reafirman o seu proxecto de colaboración educativa

A alcaldesa de Salvaterra de Miño, Marta Vacárcel Gómez, supervisou as obras que nestes momentos estánse a realizar nas aulas do CRA. A Lagoa, obras que son froito dun traballo conxunto entre o Concello, profesorado e pais e nais do centro.

Trátase dun proxecto de restauración e mantemento das escolas infantís que busca “dar resposta ás novas situacións educativas, pensando sempre no beneficio do alumnado que acode ás mesmas”, sinala a alcaldesa Marta Valcárcel.

Trátase dun proxecto, que iniciou neste curso e que, con carácter gradual, pretende abordar a totalidade das escolas que conforman o CRA A Lagoa. Neste proxecto contase coa colaboración e implicación non só do Concello de Salvaterra senón tamén da ANPA Pequeniños e as distintas Asociacións Veciñais da zona e o profesorado do centro.

A colaboración das familias, lembra a rexedora local, “resulta fundamental para levar a cabo este proxecto que ten como obxectivo a contribución á mellora da escola pública. Por unha escola de todos/as e para todos/as”.

Oito concertos são destaque do ‘Vi(m)ver Cerveira’ 2021

Perante um verão ainda atípico, devido à Covid-19, Vila Nova de Cerveira consegue readaptar-se e manter a excelência do programa ‘Vi(m)ver Cerveira’, em segurança. São oito concertos e mais quatro eventos diversificados que prometem devolver alguma normalidade à dinâmica cultural, cumprindo rigorosamente as orientações emanadas pela Direção-Geral de Saúde.

Os concertos de verão são o grande destaque pela qualidade dos artistas e pela quantidade. A edição 2021 do ‘Cerveira Acústica’ e das ‘Noites de Fado’ apresenta quatro fins-de-semana com oito espetáculos musicais, aqueles que tiveram de ser adiados em 2020 e os do corrente ano. Em julho, o ‘Cerveira Acústica’ conta com Miguel Araújo (16), António Zambujo (17), Ana Bacalhau (23) e Pedro Abrunhosa & Comité Caviar (24), e em agosto canta-se o fado com Marco Rodrigues (6), Katia Guerreiro (7), Sara Correia (13) e Aldina Duarte (14).

As novidades não se ficam por aqui, pois os condicionalismos epidemiológicos obrigaram à implementação de um conjunto de medidas excecionais. A mais relevante prende-se com o local dos concertos pois, de acordo com Resolução Conselho Ministros n.º 70-b/2021 para a Programação ao Ar Livre, no ponto 71, “a ocupação máxima do espaço pelos clientes, preferencialmente com lugares sentados, deve ser calculada com base na equação de 1 pessoa por 20m2”, além do uso obrigatório de máscara e do distanciamento físico. Neste sentido, foram ponderadas várias opções, nomeadamente o Auditório Municipal que ficaria condicionado a 70 lugares, os Jardins da Piscina Municipal para 110 lugares ou a Praça Alto Minho com 70 lugares.

Após reflexão e alcançados os pareceres técnicos e de saúde pública favoráveis, o Centro Municipal de Atletismo afigurou-se como a escolha mais correta, tendo em conta a dimensão do espaço e o fato de acolher quase 1000 pessoas, além de garantir todas as condições de segurança necessárias.

A partir do dia 1 de julho, os bilhetes estarão à venda na Loja Interativa de Turismo e na Plataforma Eurocidade Online (eurocidadecerveiratomino.eu), ou no próprio dia no local dos concertos, a 7€ o bilhete individual. Nesta vertente, também há novidades, com a venda de packs, o ‘Acústico’ e o ‘Fado’, a 20€ cada.

O ‘Vi(m)ver Cerveira’ 2021 conta ainda com mais quatro eventos, nomeadamente o XVII Dancerveira – Festival Internacional de Dança de Vila Nova de Cerveira, de 1 a 4 de julho, no Centro Municipal de Atletismo; o inovador UMBRA – Festival Internacional de Artes e Multimédia, de 9 a 11 de julho, que, através de instalações luminosas desenvolvidas por artistas e arquitetos nacionais e internacionais, constitui-se como uma oportunidade única para conhecer espaços singulares do concelho; o ‘O Crochet sai à Rua…em Cerveira – 2021’, que de 23 de julho a 30 de dezembro, apresenta-se a rigor (como sempre) e adaptado à temática dos 700 anos, com 13 quadros/cenários minuciosamente elaborados em crochet, com episódios singulares que escrevem a história de Cerveira durante a época medieval, um dos quais a ‘Assinatura do Foral atribuído a Vila Nova de Cerveira em 1321, por Rei D. Dinis’; e o XV Festival de Bandas de Música, com cinco bandas de música convidadas, agendado para 19 de setembro.

De salientar que Vila Nova de Cerveira está a assinalar, em 2021, os 700 Anos da Fundação, com a atribuição do foral por El Rei D. Dinis, a 1 de outubro de 1321, pelo que para dignificar tão memorável efeméride, o Município de Vila Nova de Cerveira tem uma programação condizente e representativa da identidade, sob o slogan “700 Anos a fazer História”.

Tui conmemora o 103 aniversario dos Xogos Florais de Galicia (1891-2021) cun recital poético

0

O Concello de Tui, a través da súa concellaría de cultura, conmemorará esta semana o CXXX aniversario da celebración na nosa cidade dos Xogos Florais de Galicia, que tiveron lugar do 24 ao 26 de xuño do ano 1891 e que marcaron un singular fito na historia de Galicia, ao ser o primeiro acto público celebrado integramente na nosa lingua.

Esta conmemoración consistirá na celebración dun recital poético este venres, 25 de xuño ás 20.00 horas na Praza de Frómista (fronte ao Teatro Principal que acolleu os actos centrais destes Xogos Florais), titulado Xela Arias no século XXI. Un recital que reunirá as compañeiras de xeración da escritora galega a quen estivo dedicado este ano o Día das Letras Galegas. O acto estará presentado pola escritora Susana Trigo e contará coa presenza de Ana Romaní, Cristal Méndez, Marga do Val e María Xosé Queizán.

A parte musical deste recital poético estará a cargo da Orquestra do Conservatorio Profesional de Música de Tui. O cartel desta conmemoración foi deseñado por Enrique Maté Sánchez.

Para a concelleira de Cultura do Concello de Tui, Sonsoles Vicente Solla, estes actos conmemorativos do CXXX aniversario da celebración en Tui dos Xogos Florais de Galicia, “sitúan por uns días a nosa cidade como protagonista no ámbito da cultura de Galicia e evidencian unha vez máis, a singular achega de Tui á cultura de Galicia realizada ao longo do tempo, salientando este acontecemento dos Xogos Florais que supuxeron a recuperación da nosa lingua no ámbito público”.

Recital poético

O recital poético contará, de xeito extraordinario, coa presenza das compañeiras de xeración de Xela Arias nun recital único neste ano dedicado á figura de Xela Arias.

Ana Romaní (Noia, 1962). Entre 1985 e 1989 foi actriz de dobraxe. En 1988 realiza con Chema Gagino o programa de humor A Viborona en RNE-Radio Catro. En 1989 incorpórase á Radio Galega. Desde 1990 ata xullo de 2018 dirixe nesta emisora o programa Diario Cultural, de emisión diaria. Ana Romaní é membro da Real Academia Galega, Premio Nacional de Xornalismo Cultural do Goberno de España en 2018. Publicou os poemarios Palabra de Mar (Ed. Espiral Maior, 1987), Das ultimas mareas (Ed. Espiral Maior, 1994), Arden (Ed. Espiral Maior, 1998), Estremas (Galaxia, 2020) e A desvértebra (2020). Por este libro foille concedido, hai uns días, o Premio da Crítica 2020 á poesía en lingua galega. É autora tamén do conto Marmelada de amoras (Nova 33, 1997), e Antoloxía de Antón Avilés de Taramancos (Ed Galaxia, 2003). Coordinou o volume de relatos Narradio. 56 historias no ar (Ed Xerais, 2003) promovido polo Diario Cultural da Radio Galega.

Cristal Méndez (Vigo, 1964), cantante e poeta, inicia a súa formación artística en Berlín e máis tarde en Galicia onde comeza a súa carreira como cantautora e funda o grupo Mar de fondo. Gravou un disco de swing e bossa coa formación jazzística Crazy coraçao. Dirixiu e interpretou o espectáculo de música e poesía A lei dá selva (1999) e a performance de canto e poesía Andamos a moer (2001). Tamén participou como intérprete e compositora en varios espectáculos e montaxes teatrais como Libreacan (2002) ou “Cabral capricornio” (2003), este último baseado en textos seus. Amizade con Mowgli (Espiral Maior, 1997) foi o seu primeiro libro de poemas. A súa poesía tamén se atopa en revístalas Dorna e Festa dá palabra silenciada. Afincada en Barcelona desde o ano 2000, n 2018, retorna a Galicia para se establecer no Baixo Miño e continuar coa súa actividade como ensinante de canto.

Marga do Val (Vigo, 1964), nome literario de Marga Romero Lorenzo. É licenciada en Filoloxía Hispánica, Galego-Portugués pola Universidade de Santiago de Compostela e profesora de Ensino Medio de Lingua e Literatura Galega.  Crítica literaria e articulista en diversos medios, autora de varios poemarios (Entre dunas, Poemas pola memoria, Sarabia, A cidade sen roupa ao sol pola que obtivo o Premio da Critica en 2011), da novela O prognóstico da lúa e de varias adaptacións teatrais para a compañía viguesa Teatro Arte Libre, así como a tradución de diversas obras literarias: Cousas da rapazas, de Peter Bichsel, en colaboración con Joachim Wormuth (Alfaguara, 1998), A Casa da paixón, de Nélida Piñón (Galaxia, 2006) e Randea do alento, de Herta Müller (Xerais, 2010) premio á tradución da Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG) no ano 2011. Autora de diversos ensaios sobre Otero Pedrayo, Rafael Dieste, Carolina Otero (La Bella Otero) e Lorenzo Varela. Marga do Val está estreitamente vinculada á nosa cidade.

María Xosé Queizán (Vigo,1939), foi Catedrática de Lingua e Literatura galega, impartindo clases nun IES de Vigo. Pioneira no feminismo en Galicia, é Presidenta de FIGA (Feministas Independentes Galegas) e colaboradora literaria de La Voz de Galicia. É Directora da revista Festa da palabra silenciada e, dende 1999, da colección As Literatas de Edicións Xerais de Galicia. É Escritora, tradutora e conferenciante. En 1977 publicou o ensaio A muller en Galicia ao que lle seguiría en 1980 Recuperemos as mans e, en 1998, Misoxinia e racismo na poesía de Pondal (Laionvento). En 1989 publicou unha obra de teatro, Antígona ou a forza do sangue, coa que quedou finalista do Premio Álvaro Cunqueiro. O seu primeiro poemario Metáfora da metáfora apareceu en 1991, seguido por Despertar das amantes en 1993 e Fóra de min en 1994. Como tradutora, figuran no seu haber pezas como: O caderno azul de Marguerite Yourcenar, e tamén contos de Karen Blixen, Emilia Pardo Bazán e Charlotte Perkins Gilman. No outono de 2018 publicou en Xerais o libro de memorias “Vivir a galope”.

Susana Trigo Arcos (Vigo, 1964), escritora e profesora de ensino medio. Foi compañeira de Xela Arias no Vigo dos anos oitenta.

Xogos Florais

Estes actos rememoran a celebración na nosa cidade o 24 de xuño de 1891 dos Xogos Florais de Galicia, primeiro acto público realizado integramente na nosa lingua, e que organizados pola Asemblea Rexionalista Galega, premiaban composicións en galego e castelán de diversos xéneros, como no caso tudense, a poesía. O primeiro presidente da institución, Manuel Murguía, converteríase aquel día no primeiro intelectual en dirixirse ao público en galego, lendo un discurso que constitúe un compendio do seu pensamento historicista e reivindicador, sinalando que o principal obxectivo era “o renacemento dunha nacionalidade case morta e esquecida por medio da literatura, das tradicións e da historia”.

Na cidade de Tui unha Xunta Rexionalista, integrada por Manuel Fernández de Herva, como presidente,  xunto a Eduardo Caballero Canals, o cóengo Antonino Cerviño González, Juan Areses Alonso, o tamén cóengo Manuel Lago González, Juan Álvarez Cardero, Indalecio Rodríguez de Córdoba, Justo Salvador Fortes, Leoncio Comesaña González, Vicente García Rivera e Martín Díaz Spuch, organizaron, como representantes do Consistorio dos Xogos, un amplo programa que supuxo incluso o traslado das festas patronais de San Telmo. Do amplo programa desenvolvido salienta o propio acto dos Xogos, xunto a un concurso de gaiteiros, un banquete “rexionalista” ou a función solemne de San Telmo na Catedral tudense coa actuación da orquestra catedralicia dirixida polo mestre Manuel Martínez Posse.

O Auditorio de Goián, escenario este sábado dun recital de trompeta a cargo de Desirée Gómez Bouzada

0

O Auditorio de Goián vístese de festa o vindeiro sábado, 26 de xuño, para acoller o recital de trompeta de Desirée Gómez Bouzada, unha das músicas máis destacadas da Agrupación Musical de Goián. Acompañada por Alejo Amoedo (piano), Rubén Fernández (tuba); Damián Riobó (trombón baixo); Ainara González (trompa) e José Miguel Pérez (trompeta), Desirée actuará ás 21.00 horas, ofrecendo un concerto composto de dúas partes, nas que interpretará pezas de J. Haydn, Andrés Álvarez, J.G. Pennequin e Victor Ewald.

As entradas, de balde, poden reservarse chamando ao Departamento de Cultura do Concello de Tomiño (986 62 20 01/03) ou enviando un correo electrónico a [email protected]

Datos biográficos e traxectoria profesional

Desirée Gómez Bouzada nada no ano 1997 en Tomiño, inicia os seus estudos musicais na especialidade de trompeta ós oito anos na Agrupación Musical de Goián da man de Juan Carlos Díaz e Andrés Álvarez. Con catorce anos comeza os seus estudos no Conservatorio Profesional de Tui e continúa no Conservatorio Profesional de Vigo tendo como mestre a Luís González Amosa. Ademais dos estudos no conservatorio, tamén participou en cursos na especialidade de trompeta con músicos da talla de Roberto Bodí, Javi Simó, Frank Pullicini, José Forte, John Aigi, Luis González, Yael Fiuza, Alfonso González, Iván Crespo e Manu Mellaerts, entre outros.

Actualmente finaliza o Grao Superior de Música na especialidade de trompeta, cos mestres Adolfo Caride e Javier Viceiro, no Conservatorio Superior de Vigo. Forma parte do Curso de Especialización Instrumental (CEI) en Santiago co mestre Javi Simó, sendo este o segundo o ano. Formou parte da Xove Orquestra 430 e actualmente da Nationaal Jeugd Orkest (NJO) de Holanda. Participou en diferentes encontros ca Orquestra Vigo 430 de Vigo e ca Banda Sinfónica da Federación Galega de Bandas de Música. Forma parte da Agrupación Musical de Goián e imparte clases de trompeta na escola de música, á vez que remata a carreira de Pedagoxía na UNED. Tamén desempéñase como voluntaria da Oficina Municipal de información Xuvenil (OMIX) de Tomiño.

Programa do concerto

  • 1ª Parte
    • J. Haydn- Concerto para trompeta en Mib Mayor (15 min.)
      • Allegro
      • Andante
      • Finale Allegro
    • Andrés Álvarez – Moods, para trompeta e piano (12 min.)
      • SHAME-ANGER
      • SADNESS-LOVE
      • FEAR-HAPPINES
  • 2ª Parte
    • J.G. Pennequin – Morceau de Concert (7:30)
    • Victor Ewald- Quinteto para vento metal No.1 (12 min)

Deputación e Universidade de Vigo lanzan o observatorio de machismo dixital ‘Stop Machitroles’ para analizar a violencia machista nas redes

A Deputación de Pontevedra e a Universidade de Vigo poñen en marcha, a través da web da Cátedra de Feminismos 4.0, o Observatorio de Machismo Dixital Stop Machitroles, que permitirá analizar distintos tipos de violencias machistas no eido de Internet e as redes sociais. Esta é unha das novidades da terceira edición da Cátedra, que presentaron este mércores a presidenta da Deputación, Carmela Silva, e o reitor da Universidade de Vigo, Manuel Reigosa, na sede viguesa da Deputación.

A través deste espazo web, “Stop Machitroles”, as persoas poderán denunciar de forma anónima as agresións, acosos, vexacións, ridiculizacións, ataques á dignidade das mulleres e calquera comportamento de carácter misóxino, machista e/ou sexista. Ao finalizar o ano, realizarase un informe no que se dará conta das incidencias recollidas neste Observatorio, co obxectivo de amosar cal é a frecuencia, intensidade ou tipoloxía das formas nas que se presenta a violencia contra as mulleres, machismo e a misoxinia na contorna dixital.

Carmela Silva sinalou que “queremos facer unha análise das redes identificando comentarios machistas e misóxinos. Identificar e tamén ser proactivas na creación de deseños e microprodutos culturais para difundir na rede. Análise, e acción para dar resposta aos “ataques brutais e evidentes que sufrimos todas cada día”. A presidenta incidiu “na “extraordinaria” idea de crear e manter esta Cátedra de Feminismos 4.0: “Creo que faltaba. Hai moitísimas iniciativas que teñen que ver coa loita pola igualdade e coa análise da situación das mulleres nas carreiras STEM. Pero faltaba unha cátedra que se dedicara en toda a súa extensión a analizar a era dixital”. Neste senso, incidiu no feito de que “a Universidade de Vigo é unha universidade feminista, e este título convértea nunha referencia cada vez mellor situada a nivel internacional pero, sobre todo, de aposta polo feminismo con ideas avanzadas e accións concretas que cambian, transforman e que van máis alá do discurso”.

Pola súa banda, o reitor da Universidade de Vigo, Manuel Reigosa, lembrou que “na rede o machismo está campando as súas anchas”, facendo que nos atopemos en internet “unha serie de cuestións impensables nas relacións interpersoais que fai moi importante que esta Cátedra manteña os seus estudos”. Reigosa fixo fincapé tamén no fundamental de que na universidade “a metade feminina do talento non deixe fora das súas inquedanzas as carreiras STEM, porque non hai titulacións nin profesións nas que as mulleres deban estar fóra”; e festexou o éxito acadado polas actividades da Cátedra para centrarse no que está por vir: “agora toca o futuro, que son as novas actividades”.

Laboratorio de Ideas do Comité

Entre as novidades desta edición tamén se creará un Laboratorio de Ideas no marco do Comité de Sabias da Cátedra, no que as sabias desenvolverán propostas a través dunha perspectiva de xénero para propiciar espazos de reflexión común que converxan nun produto científico para difundir posteriormente, a fin de convidar á reflexión de toda a sociedade en torno aos retos que é preciso afrontar para eliminar as barreiras e resistencias sociais e permitir que as mulleres se apropien, accedan e actúen no mundo dixital con igualdade e xustiza e se incorporen a este eido contidos elaborados dende a perspectiva feminista. Amais, o Comité de Sabias, este ano tamén actuará a modo de comité científico do próximo workshop Sociedade dixital e xénero: Hackeando o patriarcado.

Accións de éxito que repiten en 2021

A presidenta da Deputación sinalou que tamén volverán a realizarse accións celebradas en anos anteriores. Entre elas, as axudas á investigación que, debido ao éxito obtido na convocatoria de 2020, impulsaranse nos mesmos termos, adaptándose ás limitacións da pandemia e ás súas implicacións. Para esta actividade destinaranse 30.000 euros, dos que cada persoa beneficiaria poderá xestionar un máximo de 6.000 euros. Pola súa banda, os Premios GirlGeekCovid continuarán coa súa misión de promocionar, apoiar e fomentar os estudos STEM entre as alumnas da Universidade de Vigo. Haberá un Premio de 2.000 euros e un Accésit de 1.000 euros por cada ámbito de estudo: o científico e o tecnolóxico de titulacións dos Campus situados na provincia (Campus de Pontevedra e Campus de Vigo) .

Ademais, o workshop Sociedade dixital e xénero: Hackeando o patriarcado vaise desenvolver no mes de outubro cunha xornada matinal de conferencias a cargo de investigadoras expertas no ámbito das STEM e o feminismo. Haberá recoñecemento de créditos de libre elección para favorecer a asistencia do alumnado da Universidade de Vigo. A modalidade presencial ou dixital decidirase en función da situación da pandemia.

En paralelo con estas actividades, a Cátedra de Feminismos 4.0 continuará utilizando as súas canles de comunicación, desde a súa propia web, redes sociais e boletín trimestral, para continuar visibilizando a presenza das mulleres nos eidos científico e tecnolóxico e, ao mesmo tempo, denunciando situacións de discriminación e desigualdade contra as mulleres. Para conseguilo, tamén se elaborarán produtos dixitais didácticos e divulgativos sobre diversas temáticas, incluída a difusión da produción científica da Cátedra.

Balance da segunda edición

O reitor da UVigo quixo aproveitar a sinatura do convenio da III edición da Cátedra para poñer en valor o traballo feito ata agora. Desta forma, salientou as seis investigacións financiadas en 2020, que abordaron, outro outros, temas de actualidade como a misoxinia nas redes sociais, a percepción das estudantes ante as carreiras técnicas ou o desenvolvemento dun microcurso de aprendizaxe feminista, de utilidade para empresas e institucións.

Os Premios GirlGeekCovid premiaron o labor e o talento de catro estudantes da Universidade de Vigo con traxectorias brillantes en Ciencias e Enxeñería, que puxeron de manifesto o potencial feminino nas carreiras técnicas. Pola súa banda, o workshop Hackeando o patriarcado de 2020 contou coa participación de relatoras de enorme nivel, que achegaron as súas experiencias, coñecemento e inspiración de gran valor a moitas outras mulleres e mozas. O evento contou cos relatorios de Montserrat Boix, Coral del Río, Ana Freire, Silvia Rueda Pascual, Luz Castro e Proyecto Una, así como cos obradoiros desenvueltos por BenCuriosa e Macarena Hernández Conde. Como moderadoras participaron a xornalista Selina Otero e a investigadora Soledad Torres.

Finalmente, entre os seus fitos de comunicación, durante a segunda edición a Cátedra realizou o lanzamento da súa propia web, mantivo unha difusión diaria sobre as temáticas STEM e do feminismo 4.0 e estreou un boletín trimestral que dá conta das súas actividades e publicacións, así como de terceiras entidades.

A Xunta esixe a retirada do recurso contra a reforma da Lei de Saúde tras non recorrer o Goberno o mesmo texto en Baleares

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, lamentou, esta tarde no Parlamento de Galicia, a “dobre vara de medir” empregada polo Goberno central á hora de aceptar as modificacións propostas polas comunidades autónomas, de cara a modificar os textos das súas leis sanitarias, para optimizar a xestión da crise sanitaria.

Durante a súa intervención, o responsable da Sanidade galega reprobou o feito de que o Goberno central considere que “o Parlamento galego ten menos lexitimidade que o Parlamento balear”, en alusión á aprobación das modificacións introducidas polo Goberno das Illas Baleares, cando se trata, exactamente, dos mesmos parágrafos que están incluídos na lei galega.

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, responde no Parlamento de Galicia a unha pregunta dun dos grupos da Cámara, relacionada coa Lei de Saúde de Galicia. Pazo do Hórreo.

García Comesaña remarcou que as decisións adoptadas contra a normativa galega responden “exclusivamente a motivos partidistas”, unha circunstancia “inadmisible” que deixa a Galicia sen as ferramentas precisas para xestionar con maiores garantías a pandemia provocada pola covid-19.

Ante este agravio comparativo, o conselleiro de Sanidade anunciou que, esta mesma mañá, o Executivo galego vén de enviar unha carta aos Ministerios de Sanidade e Política Territorial solicitando a retirada do recurso interposto contra a Lei galega, e o levantamento da suspensión dos artigos referidos á xestión da pandemia.

O conselleiro, solicitou tamén un “mínimo de coherencia” ao Goberno central, ao non comprender como para unha Comunidade Autónoma un mesmo texto normativo é válido, mentres que noutras, é susceptible de recurso

Tomiño mellora a súa eficiencia enerxética coa renovación de 217 puntos de luz

0

O Concello de Tomiño comezou a semana pasada os traballos para renovar 217 puntos de luz situados en varios tramos das estradas PO-552, PO-344 e PO-553 (Ponte da Amizade), con arranxo ao convenio asinado coa Deputación de Pontevedra ‘Iluminación Exterior Sostible II.

Click para ampliar

Trátase dun proxecto de renovación da iluminación pública e redución do consumo eléctrico, cun investimento de preto de 100.000 euros financiados nun 80 % con fondos FEDER (Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional) a través do IDAE (Instituto para a Diversificación e Aforro da Enerxía).

Os tramos comprendidos nas obras suman un total aproximado de 8 quilómetros, comezando no límite co concello do Rosal, entre as parroquias de Tabagón e Goián; seguindo até o cruce do ‘Empalme’ e dende aquí continuando cara ao acceso ao núcleo urbano de Tomiño.

A redución do consumo de enerxía eléctrica que se conseguirá tras a intervención, será polo menos de un 30 % respecto do consumo actual. As tarefas que se levan a cabo estas semanas para lograr o obxectivo son a substitución das lámpadas e luminarias actuais por outras máis eficientes de tecnoloxía LED; substitución de balastros electromagnéticos por electrónicos e instalación de reloxos astronómicos para control da iluminación nocturna, entre outras.

O investimento total ascende a 98.775,44 euros, dos cales 79.020,35 serán achegados polo IDAE e cofinanciados con fondos FEDER; 12.255,09 polo Concello de Tomiño e 7.500,00 pola Deputación de Pontevedra.

“Este proxecto, co que Tomiño amosou o seu compromiso, ten como finalidade participar na transición ecolóxica cara a un modelo máis sostible que garanta o medio natural e o medio ambiente para as futuras xeracións, dando un pulo á economía baixa en carbono e contribuíndo á redución das emisións de CO2 á atmosfera e ao uso eficiente das enerxías limpas, especialmente, desde as administracións locais”, explica o concelleiro de Servizos Públicos, Lois Vázquez.

O programa Cultura24 volve ás parroquias de Ponteareas

A Concellería de Cultura continúa a levar actividades ás diferentes parroquias do municipio ao abeiro do Cultura24, un programa posto en marcha “para achegar a actividade cultural ás vinte e catro parroquias que compoñen o concello ponteareán”, como salienta o edil responsábel, Fernando Groba. Todas as actuación do programa son de balde.

Esta fin de semana, a programación centrarase no eido musical con dous concertos para todos os públicos. O primeiro será o sábado 26 de xuño coa actuación da A.C. Os Muíños de Oliveira no torreiro parroquial de Celeiros a partir das 20.00 horas.

O domingo 27, a música trasladarase ao torreiro de Guláns cunha actuación a cargo de Voces de Arrieiro ás 20.30 h. Este grupo ponteareán creouse no seo do obradoiro vocal ‘A Vila’ coa idea de render unha pequena homenaxe á figura dos arrieiros como importantes difusores dos cantos populares, das novas e doutros chismes. Arrieiros inclúe tamén no seu repertorio cantos das rexións ou países que acolleron aos galegos nos momentos da emigración.

Dada a situación excepcional, o Concello decidiu que as agrupacións musicais ponteareás (bandas de música, grupos folclóricos, corais, grupos de teatro….) sexan as protagonistas das actividades ofertadas ao abeiro do Cultura24 “como medio de promoción da súa arte, para potenciar o seu funcionamento e contribuír ao seu mantemento”.

Estas actividades culturais celébranse nas fins de semana e preferibelmente ao aire libre para cumprir con maior seguridade con todas as medidas sanitarias de prevención da COVID-19. A programación do Cultura24 arrancou este xuño e continuará a desenvolverse ata o vindeiro mes de outubro.

A bandeira multicolor loce en bancos das zonas máis concorridas de Mos para conmemorar o Día do Orgullo

0

Os concelleiros Leo Costas e Sara Cebreiro presentaron hoxe as iniciativas municipais para conmemorar o Día do Orgullo LGTBI+ que se celebra o vindeiro luns 28 de maio. Fixérono nas Angustias, Sanguiñeda, onde se atopa un dos varios bancos coa bandeira multicolor, pintados estes días na localidade mosense, de xeito conmemorativo con motivo da devandita data.

De novo este ano por mor da Covid-19 non se poderá realizar unha programación con actividades presenciais pero desde as concellerías de Mocidade, Participación Cidadá e Política Social e Igualdade que dirixen os edís, Leo Costas e Sara Cebreiro, respectivamente, ideáronse iniciativas acordes coa situación actual para conmemorar o Día Internacional do Orgullo LGTBI+:

– II Concurso frase conmemorativa polo día LGTBI+ que se exporá na fonte da rotonda das Angustias.

– Pintado de varios bancos en lugares destacados do concello, coa bandeira LGBTI+ (entre eles o auditorio Multiusos, Puxeiros e Sanguiñeda). En apoio a diversidade e reivindicando os dereitos das persoas deste colectivo.

– Ademais, como non podía ser doutro xeito, colocarase no balcón do Concello a bandeira LGBTI+ como todos os anos.

O Concurso da frase para exposición na fonte das Angustias ten un prazo de presentación de candidaturas que comezou o 19 de xuño e remata hoxe 23 xuño.

Para o envío as persoas participantes no concurso deben remitir un correo electrónico ao enderezo [email protected] coa frase conmemorativa que presenten a concurso (dúas por persoa), nome, idade, dirección e teléfono de contacto.

Poden participar as persoas maiores de 12 anos.

As frases que se presenten a concurso deben constar dun máximo de 30 caracteres con espazos, contabilizándose como 1 carácter cada espazo. Ningunha frase poderá superar esta lonxitude. As frases deberán conter unha mensaxe que reivindique os dereitos ou empoderen ás persoas LGTBI+.

Só se admite un correo electrónico por persoa participante. A frase gañadora estará exposta dende o día 25 ata o 30 de xuño nas pantallas da rotonda das Angustias.

O Rosal desfila pola diversidade

0

O Concello do Rosal e o CPI Manuel Suárez Marquier preparan unha xornada lúdica e festiva para amosar que “somos diversos e iso enriquece”. Con gallo do Día Internacional do Orgullo LGTBI, este sábado 26 de xuño a Praza do Calvario converterase no epicentro de diferentes actividades coas que se busca visibilizar a loita en favor dos dereitos deste colectivo. Ás 22.00 horas comezará a soar música na praza para que os veciños e veciñas vaian achegándose e desfrutando dun photocall en forma de armario, das pulseiras co arco da vella que se repartirán entre o público ou das accións realizadas ao abeiro do Revolucionando Mentes do Concello ou do Proxecto VÍA.

Xa a partir das 22.30 horas os alumnos e alumnas de Plástica da ESO do CPI Suárez Marquier converteranse nos protagonistas cun desfile de moda nas que se amosarán os seus propios deseños. Tras todo un ano traballando en clase a evolución da moda, dende as súas orixes ata a actualidade, as rapazas e rapaces do CPI subirán á pasarela para amosar as súas propias creacións, dende accesorios ou prendas soltas ata pezas de vestiario completos. Non estarán sos, xa que no desfile tamén participarán creadores rosaleiros: Nerea Rodríguez, que presentará pezas de dúas das súas coleccións, e Adanegra, unha firma con deseños orgánicos e de estilo andróxino moi creativos.

O alumnado desfilará presentando as súas propias creacións, pero tamén contarán coa colaboración doutras 18 persoas de diferentes asociacións rosaleiras que se subirán á pasarela para lucir dos diferentes deseños.

A actividade conta tamén coa colaboración da Rede Educativa Apoio LGBTIQ+ de Galicia e do Proxecto VIA, unha iniciativa posta en marcha polo alumnado do CPI Manuel Suárez Marquier co apoio do profesorado para visibilizar, informar e apoiar. Como complemento a esta actvividade de conmemoración, un arco da vella xa cubre dende hoxe a Praza do Calvario.

A Deputación mellora a EP-4201 no tramo entra Setados e Ribarteme nas Neves

0

As obras de mellora da seguridade viaria na estrada provincial EP-4201 Setados-Ribarteme-Vide, ao seu paso polo concello das Neves, están en marcha cun investimento de 291.383 euros da Deputación. Os traballos, que ademais da pavimentación reforzan a seguridade na mobilidade peonil, foron visitados hoxe polo deputado de Infraestruturas, Gregorio Agís, e o alcalde, Xosé Manuel Rodríguez, acompañados polo tenente de alcalde, Marcelino Castro.

A mellora abrangue un tramo de case 4 Km, dende o comezo da estrada en Setados, no cruzamento coa estrada autonómica PO-400, ata a igrexa e mosteiro de Santa Marta de Ribarteme, onde a Deputación xa realizou no ano 2019 unha significativa actuación de humanización para garantir a seguridade e a posta en valor desta contorna patrimonial, moi significativa para As Neves, pois alí celébrase unha das principais romarías populares de Galicia a finais do mes de xullo. As dúas obras quedarán así enlazadas optimizando a seguridade viaria e poñendo en valor esta contorna patrimonial.

Gregorio Agís puxo en valor “a continuidade nas obras desta vía, que responden a unha programación e a un criterio de seguridade do século XXI dentro do modelo da Deputación”. Explicou que os traballos son financiados ao 100% pola Deputación ao tratarse dunha responsabilidade propia de conservación. O deputado anunciou que a entidade provincial seguirá “traballando nestas contornas rurais, porque entendemos que as estradas de calidade axudan a consolidar poboación”. O deputado remarcou que o proxecto inclúe a construción de 2.550 metros lineais de cunetas transitables nas zonas con maior presión peonil para garantir a tranquilidade das persoas que camiñan polas beiras.  Esta solución, que aproveita a cuneta para ofrecer un firme moi similar ao dunha senda, xa está a funcionar con éxito en moitas estradas provinciais.

Xosé Manuel Rodríguez subliñou que a mellora das comunicacións entre a zona urbana das Neves e a igrexa de Santa Marta era unha vella ambición. “O tránsito a pé, dentro dun ámbito tan singular, ao que acode moita xente camiñando dende a parte sur do territorio municipal o día da romaría, vaise facer agora dunha maneira máis ordenada”. Destacou que a obra encaixa coa intención do Concello de dotar a tódolos espazos municipais de rutas peonís seguras, “así que a colaboración institucional coa Deputación é ben saudada dende o Concello, porque contribúe a alcanzar os obxectivos que nos temos fixado”.

 As obras que agora se executan, cun prazo de execución de 6 meses, enmárcanse no modelo de mobilidade segura e sostible da institución provincial, e veñen dar resposta ás necesidades detectadas polo departamento provincial de Infraestruturas. Consisten na reposición do firme da estrada, a mellora da drenaxe con instalación de tubaxes, habilitación das novas cunetas de seguridade e a completa renovación da sinalización horizontal e vertical. O proxecto, despois da exhaustiva revisión do firme da estrada, determina que é necesario sanear 540 metros cadrados, mentres que noutros 3.600 basta cun tratamento da superficie. A situación do firme obrigará a fresar noutros 5.350 metros cadrados e posterior extensión de asfalto en quente. Outros 15.900 metros cadrados da EP-4201 recibirán un microaglomerado en frío. As obras rematarán co pintado de todo o tramo.

O PXOM de Ponteareas afronta a súa recta final e espérase que sexa aprobado definitivamente pola Xunta neste verán

O Goberno Municipal do BNG e PSOE aprobarán no pleno deste mes de xuño o Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) de Ponteareas cos cambios esixidos pola Xunta. Tras a recente convocatoria da comisión informativa, o PXOM levarase a sesión plenaria tras decidir demorar un pouco máis a súa aprobación para que os grupos políticos municipais dispuxeran de máis tempo para analizar o documento e realizar axustes técnicos derivados de cambios recentes na cartografía oficial da Confederación Hidrográfica Miño-Sil.

Con esta será a terceira vez que o Goberno de coalición aprobe de forma provisional o PXOM coa intención de que a Xunta lle dea a súa aprobación definitiva. A última aprobación provisional realizouse a finais de 2019 cando no documento se introduciron os cambios esixidos pola Xunta a comezos de 2017. Non obstante, a administración autonómica, ao revisar o documento volveu formular numerosas obxeccións e reparos que obrigaron a revisar de novo o documento.

Ante ese novo bloqueo, Concello e Xunta acordaron a comezos de 2020 realizar un traballo coordinado entre técnicos municipais, empresa redactora do PXOM e técnicos da Xunta para que o documento definitivo atendese todas as esixencias da administración autonómica. “Queríamos seguridade xurídica para evitar o que aconteceu nas dúas ocasións anteriores, nas que os cambios introducidos por esixencia da Xunta non foron despois validados. Agora, traballando de xeito coordinado, cremos que non hai marxe para novas sorpresas e agardamos que o PXOM sexa aprobado definitivamente pola Xunta antes de que conclúa o verán”, explica a alcaldesa, Cristina Fernández Davila.

Ponteareas ten suspendido o seu plan xeral dende o ano 2002. Entre ese ano e o 2015, cando se produciu o cambio de goberno, unicamente se realizou unha aprobación inicial. Dende o 2015, o goberno de coalición aprobou por dúas veces o PXOM, pero a Xunta de Galicia, que ten a última palabra, rexeitouno nas dúas ocasións. A aprobación prevista para o vindeiro pleno será a terceira nos últimos cinco anos e goberno local confía en que se trate da última e definitiva.

Redondela reafirma a súa aposta pola diversidade cun amplo programa de actividades para conmemorar o Día LGTBIQ+

0

“Redondela sempre apostou pola diversidade, a tolerancia e a igualdade de dereitos e, neste ano, reafirmamos ese compromiso dende o convencemento de que so co respecto e a tolerancia na diversidade, poderemos acadar unha sociedade máis xusta, igualitaria e decente”. Con esas palabras avanzaba a alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, o programa de actividades para o Día LGTBQI+ que será presentado máis amplamente esta semana nun encontro cos medios de comunicación.

Os actos previstos comezarán o 25 de xuño, xornada na que, por primeira vez, iluminarase coas cores arco iris a ponte de madeira da Alameda Castelao, un alumeado que, sinalou a rexedora local, “servirá para amosar noso compromiso con esta xornada pero, ao mesmo tempo, acenderase noutras ocasións, coas cores de diversas iniciativas sociais solidarias”.

O día 28, xornada do Día LGTBIQ+, ás 12 horas terá lugar a lectura do manifesto, para o que se conta coa colaboración das asociacións Irisar, de Redondela, e PVLSE. Nesa mesma xornada terá lugar a posta en marcha doutra iniciativa pioneira, como é a presentación do photocall ‘Posa pola Diversidade’, que se desenvolverá na Praza do Concello.

Xa o 2 de xullo e na sala de exposicións do Multiúsos da Xunqueira, terá lugar unha charla coloquio, impartida pola asociación PVLSE, que levará por título ‘Diverdidade e Historia LGTBI’.

Ese mesmo día, ás 21:30 horas, quedará instalado na Alameda Castelao un ‘Punto de información ArcoIris’ e a xornada pecharase ás 22 horas co concerto de Sacha na Horta, tamén na Alameda Castelao.

Un programa, sinala a alcaldesa de Redondela, “co que demostramos, unha vez máis, que Redondela, como cuarto municipio da provincia, ten que estar ao fronte de iniciativas que dean visibilidade a diversidade dentro da normalidade social”. “Camiñar cara o futuro precisa de todos e todas, das súas capacidades, cualidades e aptitudes, sen condicionantes de sexo ou preferencia sexuais porque, todos e todas, sen distinción algunha, conformamos este municipio”.

Ponteareas continúa co labora de orientación laboral para a mocidade do municipo e a comarca

O Concello de Ponteareas continúa co seu labor de orientación laboral para as mozas e mozos tanto do municipio coma da comarca. Ao longo de todo este ano, o Departamento de Orientación Laboral, dependente da Concellaría de Emprego e Formación dirixida por Vanesa Fernández, levou a cabo charlas de Asesoramento Vocacional e Formativo a estudantes en diferentes centros de ensino do Condado.

Click para ampliar

A última destas charlas foi en EFA A Cancela, en As Neves, onde a orientadora laboral Isabel Illán centrouse fundamentalmente en informar ao alumnado do ciclo medio de Auxiliar de Enfermaría sobre as saídas laborais, tanto no sector público con convocatorias fixas e temporais nas diferentes administracións, como no privado dende as bolsas e prácticas dos primeiros empregos ata a busca de emprego específica no sector sanitario. Ademais, Illán explicoulles a formación non regulada que poden realizar como complemento aos seus estudos.

Para a concelleira estas charlas “son fundamentais para abrir o abano de posibilidades laborais aos rapaces e rapazas que son o noso presente e o noso futuro e que moitas veces precisan de alguén que os guíe nese camiño”. Fernández anima tamén a todas as persoas que o precisen a acudir ao Centro de Desenvolvemento Local e solicitar cita coa orientadora para coñecer a realidade laboral e as posibilidades ás que poder optar.

A nova escavación no Castro de Chandebrito revela o comercio dos seus habitantes con Roma

0

O Concello de Nigrán e a Comunidade de Montes de Chandebrito dan un paso máis na musealización do Castro da parroquia cunha terceira escavación xa a piques de finalizar e que foi subvencionada íntegramente con 13.000 € da Deputación de Pontevedra como parte das súas axudas para rehabilitar e sinalizar o patrimonio histórico-cultural.

Esta última intervención, que rematará esta mesma semana, confirmou un florecente comercio dos habitantes do Castro con Roma a partires do S.II a.C. habida conta da gran cantidade de ánforas romanas atopadas precisamente nesta muralla que se escavou (estes elementos cerámicos foron empregados como entullo). Entre os productos transportados máis habitualmente á península nestes recipientes figuran o aceite, o viño e o peixe en conserva. “Son ánforas estéticamente moi correntes pero que nos proporcionan unha gran cantidade de información incluso a nivel xeopolítico, porque a partires do S.II a.C. Roma pasa a ser potencia dominante fronte aos cartaxineses, algo que como podemos comprobar tamén tivo consecuencias nas relacións comerciais deste Castro, onde chegamos a atopar unha conta púnica moi anterior ao S.II a.C.”, explica Darío, arqueólogo da cooperativa Árbore, quen sinala que tamén precisamente neste século II a.C. “hai evidencias de que os seus habitantes abandonan xusto esta zona para centrarse noutras”. “Esta intervención complementa ás anteriores e ten un fin didáctico, ademais, demostra que un Castro é unha urbanización que vai cambiando co tempo a base de diferentes remodelacións, que non sempre foi igual”, destacan desde Árbore, onde ratifican que foi habitado mínimo desde o S.VIII a.C. Entre os outros achados destacados desta exhumación sobresae un muíño circular de pedra e de uso manual empregado de maneira doméstica para facer fariña, este elemento formaba parte da muralla ao ser reutilizado para este fin polos antigos poboadores.

En definitiva, esta derradeira intervención permitíu restaurar un tramo de aproximadamente 110 metros cadrados de muralla localizados na terraza superior e que xa quedara parcialmente á vista nas escavacións promovidas desde o Concello no 2019 nos 58 metros cadrados lindeiros, onde se atoparon tres construcións diferentes e outras dúas murallas a maiores. Agora se apreciará mellor a natureza do Castro como recinto típicamente fortificado.

Novo proxecto

Adicionalmente, o goberno local consignou 11.000 € do remanente de Tesourería para a redacción dun proxecto que contempla a exhumación de 400 metros cadrados de terreo ubicado entre esta muralla e a seguinte inferior, o que permitirá deixar ao descuberto moitas máis estrututas (principalmente vivendas) e consolidar ambas fortificacións.

“A meta é situar este castro como un referente etnográfico en toda Galicia, o potencial é enorme e non queremos desaproveitalo”, indica Juan González, alcalde de Nigrán, quen subliña que “é o gran tesouro patrimonial de Nigrán e da comarca”.

“Desde abaixo apreciase como un muro totalmente vertical dificilmente expugnable, pero unha vez que te achegas a él podes ver que é máis ben un socalco onde amoreaban as pedras, estamos seguros de que os seus habitantes xogaron con esta perspectiva ao seu favor á hora de construílo”, sinalan os arqueólogos.

“Todos comprendemos que a cultura, o respecto ao medio ambiente e a actividade económica deben ir sempre da man, por iso desde o goberno local apostamos por facer investimentos como a musealización deste espazo único polo seu significado histórico e pola situacón con incríbles vistas á ría de Vigo e á comarca”, destaca o rexedor, quen resalta “a grandísima implicación da parroquia a través da súa Comunidade de Montes e Asociación de Veciños O Castro”.

Historia do Castro

O Castro de Chandebrito foi oficialmente escavado no 2008 nunha pequena intervención que permitiu situalo como habitado entre os séculos VI a.C ao II a.C, sen embargo, unha nova investigación realizada no 2019 por Árbore Arqueoloxía a instancias do Concello de Nigrán amplía a ocupación do VIII a.C ao I d.C. É dicir, ten a súa orixe a finais da Idade de Bronce, nos inicios da cultura castrexa que tres séculos máis tarde se espallaría por toda Galicia dando lugar á maioría dos asentamentos coñecidos. Así o certifican as decenas de pezas atopadas (fusos de fío, la e liño, pedras de afiar, pezas de metal, unha conta púnica…) e os miles de fragmentos de cerámica de diferentes épocas da Historia e moi ben conservadas, algunhas delas con decoración profusa (apareceron desde ánforas romanas ou fenicias que certifican o comercio dos habitantes de Chandebrito cos pobos mediterráneos a cerámica propiamente castrexa). Así, a pesares da creencia popular de ser unha sociedade eminentemente guerreira, os antigos habitantes de Chandebrito vivían da agricultura y da gandeiría.

Tui contará co financiamento preciso para converter o cárcere vello en centro de acollida de peregrinos e visitantes

0

Tui recibirá 329.859,49 € do Plan Nacional Turístico Xacobeo 2021-22 para converter o cárcere vello nun centro de acollida e interpretación de peregrinos e visitantes, proxecto que foi financiado integramente polo Concello de Tui. O Plan Nacional Turístico Xacobeo ten por obxectivo impulsar os Camiños de Santiago. Foi presentado hai uns días pola ministra de Industria, Comercio e Turismo, Reyes Maroto.

O obxectivo é crear no Cárcere Vello un novo espazo cultural de referencia para a cidade no que dinamizar as visitas ao Conxunto Histórico-Artístico de Tui. O proxecto redactado pola empresa Trivium estratexias en cultura e turismo S.L., contempla o acondicionamento do local e montaxe do Centro Cárcere Vello para a acollida aos visitantes do conxunto histórico de Tui e aos peregrinos do Camiño de Santiago.

Sala do Camiño Portugués

Estas instalacións serán completamente reformadas para acoller un proxecto museográfico que porá en valor o patrimonio e legado histórico de Tui. Os espazos expositivos contarán coa tecnoloxía máis punteira. Os visitantes poderán realizar experiencias audiovisuais inmersivas a través de holografías e paneis interactivos que percorrerán as orixes prehistóricas de Tui, a vía romana que a atravesaba, as invasións normandas e musulmáns, o mercado medieval e os personaxes da nobreza que protexían a cidade, a relación milenaria con Portugal, a fenomenal comunidade xudía e a simboloxía secreta que utilizaban. Tamén destacarán personaxes ilustres tudenses como o filósofo Francisco Sánchez, precursor de Descartes, ou Frei Rosendo Salvado, evanxelizador de Australia. A exposición permanente contará cunha sala dedicada en exclusiva ao Camiño Portugués a Santiago.

Primeiro andar do proxecto do cárcere vello

O Centro Cárcere Vello será completamente accesible grazas á instalación de elementos de mobilidade e paneis informativos adaptados para persoas con diversidade funcional e cognitiva. Contará ademais cun Programa Didáctico, con varios espazos reservados a tal fin, con actividades e visitas dirixidas á comunidade educativa.

O Centro Cárcere Vello de Tui será tamén un lugar de acollida de peregrinos que disporán dunha consigna onde poderán gardar os seus vultos e visitar tranquilamente o centro da cidade. O complexo disporá dunha zona recreativa con espazos verdes, fonte, bancos, aparcadoiro para bicicletas, e servizos de venda de bebidas. O patio do Cárcere Vello estará aberto para conformar unha nova praza pública para o goce de tudenses e visitantes.
O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, amosa a súa satisfacción por esta achega que permitirá converter o cárcere vello nun punto de referencia en pleno Camiño Portugués ao seu paso por Tui. E que a súa vez permitirá tamén pór en valor e avanzar na recuperación do conxunto histórico. O proxecto a executar combinará o patrimonio e a historia tudense coas últimas tecnoloxías nun proxecto innovador e accesible. Asemade agradece a Directora Xeral de Turismo da Xunta de Galicia, Nava Castro as xestións realizadas para a inclusión deste proxecto no Plan Nacional Turístico Xacobeo 2021-2022, que lle fora trasladado para a súa tramitación.

O concelleiro de Patrimonio e Camiño de Santiago, Laureano Alonso, considera de vital importancia o investimento no Camiño Portugués ao seu paso por Tui que redundará positivamente na cidade.

Juan Galán presenta na Biblioteca Municipal do Rosal o seu libro ‘Romanza de los naranjos en flor’

0

Proseguen as actividades culturais no Rosal para este mes de xuño. Este xoves 24 a Biblioteca municipal acolle a presentación do libro ‘Romanza de los naranjos en flor’, a novela coa que o filólogo, docente e investigador Juan Galán inicia a súa carreira literaria. Será a partir das 19.30 horas con aforo reducido e entrada de balde e libre ata completar prazas. A presentación contará con todas as medidas de prevención e seguridade marcadas polas autoridades sanitarias.

‘Romanza de los naranjos en flor’ é unha combinación de novela histórica e de intriga que transcorre durante a Guerra Civil española. Cunha estrutura complexa, con diversas voces narrativas e con saltos no tempo, o libro inclúe ademais entradas nun caderno a modo de diario, cartas, informes e novas xornalísticas.

A novela narra a historia de dous personaxes: Alfonso Castro Weiss, falanxista coruñés, avogado e fillo de republicano nado en Ferrol; e Miguel Artimes Llana, violinista ovetense afiliado á CNT. As súas vidas transcorren de xeito paralelo, sen vínculos entre eles, ata que coinciden no campo de concentración do Mosteiro de Oia, Alfonso como inspector, Miguel como recluso.

Juan Galán retrata nesta obra unha traxedia colectiva na que, ademais de describir a dureza das condicións carcerarias, consegue atopar espazo para o amor, a música, a solidariedade, o humor e a amizade entre persoas de bandos enfrontados.

Licenciado en Filoloxía Inglesa pola Universidade de Santiago, Galán viviu en países de varios continentes e traballou como profesor de inglés en Karoi, Zimbabwe. Tras exercer a docencia durante máis de 30 anos, acaba de xubilarse e está centrado na súa segunda novela, que xira arredor da escritora británica Virginia Wolf e a súa relación con Galicia. Ademais de docente e escritor, Galán tamén e investigador da Memoria Histórica Democrática e está preparando unha biografía sobre varios prisioneiros republicanos.

Salvaterra de Miño xa conta co seu banco LGTBIQ+

O Concello de Salvaterra de Miño vén de sumarse ás reivindicacións do colectivo LGTBIQ+ e aos actos conmemorativos do Día do Orgullo “co fin de dar visibilidade e loitar por unha sociedade máis xusta, igualitaria e diversa”. Este 28 de xuño celébrase en todo o mundo o Día do Orgullo LGTBIQ+ e o Concello de Salvaterra de Miño quere ser partícipe aportando o seu gran de area con algúns xestos que, aínda que queda camiño por percorrer, axudan a confiar nun futuro social máis xusto e tolerante.

Dentro das iniciativas para visibilizar ao colectivo LGTBIQ+, o balcón do Concello lucirá a bandeira e instalará un banco destinado a concienciar sobre a diversidade, o respecto e tolerancia cara este colectivo.

“Desexamos que este banco permita facer visible e sirva de apoio á causa, promovendo o respecto, a liberdade e a igualdade que persegue o colectivo LGTBIQ+ e que consideramos que debe ser un piar fundamental no desenvolvemento evolutivo dunha sociedade saneada, tolerante e adaptada aos novos tempos”, asegura a alcaldesa de Salvaterra de Miño, Marta Valcárcel.

O banco, pintado coas cores da bandeira LGTBIQ+ foi creado polo alumnado de Carpintería do IES SALVATERRA, implicando así á comunidade educativa dun xeito directo en iniciativas tan importantes coma esta.

Dende O Concello, afirma Marta Valcárcel, “queremos agradecer a todo o persoal docente, equipo directivo do centro e ao alumnado, o traballo conxunto que se leva a cabo día tras día e que se fan tan visibles en datas coma estas”.

Neste banco aparecen reflexados os nomes de todos e todas as participantes deste proxecto, que foron as alumnas e alumnos do 1º Ciclo de Carpintería.